

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Comentario artístico del monasterio de Oseira.
Tipo: Apuntes
1 / 3
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!


1. Clasificación Nome: mosteiro cisterciense de Santa Mª de Oseira. Estilo: igrexa románica de transición ao gótico. Cronoloxía: igrexa orixinaria de finais do século XII, foi consagrada no ano 1239. Todo o conxunto monástico sofriu numerosas ampliacións, ruinas e reconstrucións. Comitentes: os diferentes abades do mosteiro. Situación: provincia de Ourense 2. Breve historia do mosteiro Foi a primeira fundación do Císter en Galicia. Con anterioridade existía un mosterio fundado por uns poucos eremitas que en 1141 decidieron seguir a Regra Cisterciense motivo polo que chegaron novos monxes desde o propio Claraval. Nun principio comezaron con edificios moi modestos que foron ampliándose a medida que aumentou o poder económico da casa grazas ás continuas donacións que recibiron. O nome de Oseira, derivación de u rsus latino equivalente a oso, fai alusión ao lugar abrupto onde estaba situado o mosteiro nun val da serra Martiñá na marxe dereita do río Oseira na provincia de Ourense. Foron os séculos XII e XIII, os do seu maior esplendor, que empezou a decaer no XIV. Un incendio no século XVI reduxo a cinzas todos os edificios menos a igrexa, iniciándose despois unha longa restauración na que se levantou o coro aos pés do templo, os claustros e a nova fachada barroca da igrexa coas dúas torres campanario xa en 1647. Coa exclaustración provocada pola Desamortización de Mendizábal en 1835, o conxunto monástico é abandonado e comeza unha progresiva ruina da súa arquitectura. O monumental conxunto empezouse a restaurar en 1930, ata os nosos días. Os recintos medievais conservados ‐sobre todo a monumental igrexa abacial‐ fan deste conxunto un dos máis senlleiros da súa orde en toda a Península Ibérica. 3. Análise e comentario A igrexa románica de transición ao gótico foi iniciada a finais do séc. XII e concluiuse en 1239, cando foi consagrada. É de amplas proporcions, para acoller unha comunidad formada por un número considerable de monxes. Planta: de cruz latina con tres naves de sete tramos no eixo maior e unha soa con dous tramos no cruceiro. As naves laterais son moi estreitas e baixas, pola contra a central é de grandes dimensións. Soportes: as naves están separadas por piares de núcleo cadrado con columnas nos catro frontes. Capiteis moi sinxelos de follas e ábaco cadrado. Arcos formeiros : apuntados e dobrados Cubertas: bóvedas de canón en todas as naves con arcos de faixa lixeiramente apuntados, uns sen moldura e outros cun sinxelo baquetón. Non ten tribuna. Iluminación: os ventanais de medio punto son totalmente románicos. A nave norte recibe a luz a través de ventanais románicos abertos no muro, mentres que a sur ten cegadas as luces debido á construción adosada do claustro. A nave maior ten os ventanais abertos no mesmo arranque da bóveda
A cabeceira imitaba á de Santiago con xirola e capelas A ábsida describe un semicirculo precedido de 2 tramos rectos. O presbiterio está coberto por bóvedas de cruzaría de oxivas, sobre grandes piares cruciformes, nos tramos rectos. Rodeando o altar maior, na zona semicircular, unha semicúpula de nervios sobre grosas columnas monolíticas con enormes capiteis lisos. A xirola ou deambulatorio: de planta semicircular con 5 capelas radiais hoxe en día bastante modificadas, só unha conserva a súa estrutura románica primitiva. As capelas están separadas por espazos baleirados en ventás de medio punto sobre columnas. O deambulatorio coberto por bóvedas de nervios curvilíneas. Sobresae a beleza do presbiterio rodeado dun conxunto de columnas sostendo estreitos arcos oxivais dobrados. Cúpula sobre o cruceiro : a súa construción é un pouco posterior á igrexa, de finais do séc. XIII. No exterior é un simple corpo octogonal liso, cunha decoración de canzorros baixo a cornixa. No interior é unha gran cúpula nervada, con grosos nervios baquetonados e plementría en aneis. O cambio de planta faise por 4 trompas cónicas e