Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Práctica 5, Ejercicios de Historia del Arte

Asignatura: Geografía Humana y Territorial, Profesor: José Antonio Aldrey Vazquez, Carrera: Historia del Arte, Universidad: USC

Tipo: Ejercicios

2015/2016

Subido el 10/05/2016

nustre
nustre 🇪🇸

4.2

(114)

15 documentos

1 / 2

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
Práctica nº 5
Villanustre Rodríguez, Clara
Xeografía humana e territorial
Grupo interactivo, D
Curso 1015/2016
Comentario
No documental visto na clase que recibe o nome de Benvidos ao paraíso reflexa
a situación dunha cidade Española, neste caso Almería, no que respecta ao traballo
agrícola e aos estranxeiros que traballan as terras como xornaleiros. Este documental
aborda o fenómeno económico que esta a sufrir este lugar, incluíndo a modificación
xenética que se lles fai ás hortalizas, así como os efectos que teñen os plásticos dos
invernadoiros sobre o ecosistema. Neste ámbito malviven os inmigrantes, moitos dos
cales se atopan en situación ilegal. Digo malviven por varios feitos, como poden ser os
lugares nos que albergan, polas condicións laborais, que moitas veces son impostas por
mafias que operan nesa rexión ao tempo que levan o negocio da prostitución local.
Podemos comezar por falar da inmigración cara España, uns 60000 traballadores
de orixe magrebí (aínda que despois será substituída pola ecuatoriana, xa que xerará
menos conflictos) e xeralmente dunha idade media, entre os 20 e os 50. A maioría desta
xente non ten un grao de cualificación adoitado, senón que son xente sen estudos, pero
ese non é o único problema que presentan estes estranxeiros, senón que o grao de
integración na cidade española non é moi boa, xa que non se adaptan á nosa cultura e
seguen aquí os modelos de vida do seu lugar de orixe, o que moitas veces crea conflitos
entre os xefes e os empregados ou mesmo coa xente das rúas e establecementos. Dende
o meu punto de vista, cando se visita outro país ou se emigra, unha persoa debe
adaptarse ás normas e mesmo á cultura na cal acaba de integrarse. A conflitividade
social entre a xente de Almería e os inmigrantes é cada vez maior, en liñas xerais, xa
que como en todos os casos, hai persoas que se adaptaron perfectamente ao entorno
social. Os traballos que realizan estas persoas son os que podemos denominar como
traballos de forza, ou mesmo precarios, pois son os encargados do traballo sucio, é dicir,
de carrexar as colleitas, da labranza das terras, etc. Son tamén uns traballos mal
remunerados, pois o que adquiren por esta labor é moi pouco comparado co trabalo
físico, e mesmo psíquico que sofre estas persoas. Neste ámbito falamos tamén das
diferenzas sociais entre o empresario e o inmigrante, as cales son sconsiderables.
Con respecto ao sector agrario en xeral podemos comentar un par de aspectos.
Aparece reflexado no documental como as técnicas agrarias evolucionan e non solo iso,
senón que hoxe por hoxe, coa tecnoloxía que temos, podemos modificar xeneticamente
os alimentos para conseguir deles que sexan máis resistentes a determinadas condicións
climatolóxicas, ou mesmo conseguir que un tomate obteña unha forma alongada para
poder cortas as rebandas perfectas á hora de facer unha hamburguesa nun restaurante, xa
que sendo o tomate alongado, as talladas sairán cunha forma moito máis estética., é
pf2

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Práctica 5 y más Ejercicios en PDF de Historia del Arte solo en Docsity!

Práctica nº 5 Villanustre Rodríguez, Clara Xeografía humana e territorial Grupo interactivo, D Curso 1015/

Comentario

No documental visto na clase que recibe o nome de Benvidos ao paraíso reflexa a situación dunha cidade Española, neste caso Almería, no que respecta ao traballo agrícola e aos estranxeiros que traballan as terras como xornaleiros. Este documental aborda o fenómeno económico que esta a sufrir este lugar, incluíndo a modificación xenética que se lles fai ás hortalizas, así como os efectos que teñen os plásticos dos invernadoiros sobre o ecosistema. Neste ámbito malviven os inmigrantes, moitos dos cales se atopan en situación ilegal. Digo malviven por varios feitos, como poden ser os lugares nos que albergan, polas condicións laborais, que moitas veces son impostas por mafias que operan nesa rexión ao tempo que levan o negocio da prostitución local. Podemos comezar por falar da inmigración cara España, uns 60000 traballadores de orixe magrebí (aínda que despois será substituída pola ecuatoriana, xa que xerará menos conflictos) e xeralmente dunha idade media, entre os 20 e os 50. A maioría desta xente non ten un grao de cualificación adoitado, senón que son xente sen estudos, pero ese non é o único problema que presentan estes estranxeiros, senón que o grao de integración na cidade española non é moi boa, xa que non se adaptan á nosa cultura e seguen aquí os modelos de vida do seu lugar de orixe, o que moitas veces crea conflitos entre os xefes e os empregados ou mesmo coa xente das rúas e establecementos. Dende o meu punto de vista, cando se visita outro país ou se emigra, unha persoa debe adaptarse ás normas e mesmo á cultura na cal acaba de integrarse. A conflitividade social entre a xente de Almería e os inmigrantes é cada vez maior, en liñas xerais, xa que como en todos os casos, hai persoas que se adaptaron perfectamente ao entorno social. Os traballos que realizan estas persoas son os que podemos denominar como traballos de forza, ou mesmo precarios, pois son os encargados do traballo sucio, é dicir, de carrexar as colleitas, da labranza das terras, etc. Son tamén uns traballos mal remunerados, pois o que adquiren por esta labor é moi pouco comparado co trabalo físico, e mesmo psíquico que sofre estas persoas. Neste ámbito falamos tamén das diferenzas sociais entre o empresario e o inmigrante, as cales son sconsiderables. Con respecto ao sector agrario en xeral podemos comentar un par de aspectos. Aparece reflexado no documental como as técnicas agrarias evolucionan e non solo iso, senón que hoxe por hoxe, coa tecnoloxía que temos, podemos modificar xeneticamente os alimentos para conseguir deles que sexan máis resistentes a determinadas condicións climatolóxicas, ou mesmo conseguir que un tomate obteña unha forma alongada para poder cortas as rebandas perfectas á hora de facer unha hamburguesa nun restaurante, xa que sendo o tomate alongado, as talladas sairán cunha forma moito máis estética., é

decir, semillas híbridas. Tamén se pode facer referencia á ausencia de control ambiental, esta falta de control pode verse reflexada na aparición de invernadoiros no Parque Natural de Cabo de Gata. Aínda que esta situación foi boa para Almería xa que viviu un período que podemos denominar como “milagre alimenticio” no cal uns 300km cadrados eran de invernadoiros, unhas 180000 familias vivían desta agricultura e outras 30000 da industria auxiliar a estas actividades. Dise que as familias posuían unha gran dimensión de terras, o cal xeraba unha inversión considerable de diñeiro. A situación humana que se reflexa no documental é de conflito social continuo entre as xentes de Almería e os inmigrantes. Con respecto a á situación territorial, vese perfectamente como os humanos estamos a destruír o mundo no cal vivimos, construíndo invernadoiros que afectan ao ecosistema, modificando os alimentos xenéticamente. No ámbito económico si que é unha vantaxe todo isto, xa que se produce moito máis e se vende máis, o cal favorece ás familias da zona que viven grazas ao traballo dos invernadoiros.