



Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Este documento contiene las lecciones de la materia de derecho de sucesiones impartida por los profesores marta carballo fidalgo, antonia nieto alonso y angel luis rebolledo varela en la universidad de santiago de compostela. Las lecciones abarcan temas como la sucesión mortis causa, sucesión voluntaria, límites a la libertad de disposición mortis causa y sucesión legal. El documento incluye referencias a varios libros para consulta adicional.
Tipo: Ejercicios
1 / 5
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!




DEPARTAMENTO DE DEREITO COMÚN
MARTA CARBALLO FIDALGO Contratada Doutora de Dereito Civil
ANTONIA NIETO ALONSO Titular de Dereito Civil
ANGEL LUIS REBOLLEDO VARELA Catedrático de Dereito Civil
Santiago, xaneiro 2018
Lección 1.- Sucesión mortis causa. 1. Concepto e recoñecemento constitucional. 2. Clases de sucesións. 3. A herdanza. 4. Os sucesores: o herdeiro e o legatario. 5. Momentos do fenómeno sucesorio: apertura da sucesión, vocación e delación da herdanza. 6. Transmisión do ius delationis. 7. Capacidade para suceder. Incapacidades relativas e indignidade. 8. Acrecemento na sucesión mortis causa. 9. O dereito de representación.
Lección 2.- Sistemas de adquisición da herdanza. 1. A herdanza xacente. 2. Aceptación da herdanza. 3. O dereito de deliberar. 4. O beneficio de inventario. 5. Efectos da aceptación. 6. A acción de petición de herdanza. 7. Responsabilidade do herdeiro por débedas e cargas da herdanza. 8. Alleación da herdanza. 9. A repudiación. 10. A comunidade hereditaria: réxime xurídico.
Lección 3.- A partición da herdanza. 1. Partición: concepto e natureza xurídica. 2. Clases de partición no Código civil e na Lei de Dereito civil de Galicia: polo propio testador, por comisario, polos herdeiros. 3. Operacións particionais: inventario, valoración, liquidación, formación de lotes e adxudicación de bens. 4. A colación. 5. Efectos da partición. 6. Evicción e saneamento. 7. Modificación e ineficacia da partición.
Lección 4.- 1. A sucesión testada e contractual. 2. A sucesión testada: concepto, contido e carácteres do testamento. 3. Capacidade para testar. 4. Clases de testamentos. 5. Testamentos comúns: aberto, pechado, hológrafo. 6. O testamento mancomunado. 7. O testamento por comisario. 8. O Rexistro de Actos de Derradeira Vontade. 9. O contrato sucesorio: concepto e clases. 10. A prohibición dos pactos sucesorios no Código civil.
Lección 5.- Institución de herdeiro. 1. Formas de designación. 2. Substitucións hereditarias: concepto e tipos: as substitucións vulgar, pupilar e exemplar. 3. Substitución fideicomisaria. O fideicomiso de residuo.
Lección 6.- O legado. 1. Elementos persoais e reais do legado. 2. Tipos de legados regulados polo Código civil. 3. A adquisición do legado. 4. A entrega do legado. 5. Responsabilidade do legatario. 6. Ineficacia do legado. 7. O modo testamentario. 8. Disposicións testamentarias especiais na Lei de dereito civil de Galicia.
Lección 7.- Execución testamentaria. 1. A testamentaría: concepto, carácteres e clases.
O’CALLAGHAN MUÑOZ, Compendio de Derecho Civil. Tomo V (Derecho de sucesiones). Ed. Edersa. Madrid.
Se utilizarán as últimas edicións cuxa consulta pode facerse la Biblioteca Concepción Arenal.
Os profesores proporcionarán aos estudiantes material complementario a través da aula virtual
Realizarase, para a comprobación individualizada dos resultados da aprendizaxe dos alumnos/as, unha proba final que representará o 70% da nota total. O 30 % da nota deriva dos traballos e prácticas que se realizarán nas aulas interactivas, valorándose a estrutura dos mesmos e asemade a manexo de bibliografía e xurisprudencia e a exposición oral.
No grupo A, profesora Carballo Fidalgo, para a realización da proba final o alumno/a poderá utilizar todos os textos legais que estimen convenientes, pero non auxiliarse doutro material bibliográfico. Para a superación da materia en todo caso é necesario acadar na proba final unha puntuación mínima de 4 sobre 10.
No grupo B, profesora Nieto Alonso, na realización da proba final o alumno/a non poderá utilizar texto legal ningún. Para a superación da materia en todo caso é necesario acadar na proba final unha puntuación mínima de 4 sobre 10.
No grupo C, profesor Rebolledo Varela, a proba final terá unha parte teórica (40% da nota) e unha parte práctica (60%), consistente, xa na elaboración dun ditame sobre un problema xurídico real, xa na resolución dun caso práctico, dando resposta as cuestións formuladas, xa nun comentario xurisprudencial. Para a realización da proba final o alumno/a poderá utilizar todos os textos legais que estimen convenientes, pero non auxiliarse doutro material bibliográfico. Para a superación da materia en todo caso é necesario acadar na proba final unha puntuación mínima de 4 sobre 10.
Para o avaliación de recuperación seguirase os mesmos criterios que para a avaliación ordinaria da materia. Respecto dos traballos e actividades realizadas polo alumno/a nas aulas interactivas, xa realizados ou non, teranse en conta tamén para esta avaliación de recuperación na que, en todo caso, serán de aplicación as porcentaxes de 70 e 30 %.
O 100% da cualificación será a determinada polo exame final. O alumno/a poderá asistir ao longo de todo o curso académico ás titorías que precise.
GRUPO A: Mércores de 12 a 14 da mañá; xoves de 9 a 11 da mañá. GRUPO B: luns e martes, de 12 a 14 da mañá. GRUPO C: Mércores e xoves de 10 a 12 da mañá.
Advírtase que segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".
Asemade, e aos efectos da Normativa de permanencia nas titulacións de Grao e Máster, advírtese que todas as actividades realizadas ao longo do curso serán valoradas. Xa que logo, para que o alumno figure como non presentado na correspondente convocatoria será necesario que non asistise as clases, non realizase as actividades encargadas nin o exame final da materia