Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


PROGRAMA REBOLLEDO SUCESIONES, Apuntes de Derecho

PROGRAMA REBOLLEDO DERECHO DE SUCESIONES

Tipo: Apuntes

2024/2025

Subido el 03/02/2026

aroa-fernandez-vaz
aroa-fernandez-vaz 🇪🇸

14 documentos

1 / 7

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
1
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
FACULTADE DE DEREITO
DEPARTAMENTO DE DEREITO COMÚN
DEREITO DE SUCESIÓNS
(GRUPO A)
ANGEL LUIS REBOLLEDO VARELA
Catedrático de Dereito Civil
Curso 2025-2026
pf3
pf4
pf5

Vista previa parcial del texto

¡Descarga PROGRAMA REBOLLEDO SUCESIONES y más Apuntes en PDF de Derecho solo en Docsity!

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

FACULTADE DE DEREITO

DEPARTAMENTO DE DEREITO COMÚN

DEREITO DE SUCESIÓNS

(GRUPO A)

ANGEL LUIS REBOLLEDO VARELA Catedrático de Dereito Civil Curso 202 5 - 2026

A SUCESIÓN MORTIS CAUSA EN XENERAL

Lección 1.- Sucesión mortis causa. 1. Concepto e recoñecemento constitucional. 2. Clases de sucesións. 3. A herdanza. 4. Os sucesores: o herdeiro e o legatario. 5. Momentos do fenómeno sucesorio: apertura da sucesión, vocación e delación da herdanza. 6. Transmisión do ius delationis. 7. Capacidade para suceder. Incapacidades relativas e indignidade. 8. Acrecemento na sucesión mortis causa. 9. O dereito de representación. Lección 2.- Sistemas de adquisición da herdanza. 1. A herdanza xacente. 2. Aceptación da herdanza. 3. O dereito de deliberar. 4. O beneficio de inventario. 5. Efectos da aceptación. 6. A acción de petición de herdanza. 7. Responsabilidade do herdeiro por débedas e cargas da herdanza. 8. Alleación da herdanza. 9. A repudiación. 10. A comunidade hereditaria: réxime xurídico. Lección 3.- A partición da herdanza. 1. Partición: concepto e natureza xurídica. 2. Clases de partición no Código civil e na Lei de Dereito civil de Galicia: polo propio testador, por comisario, polos herdeiros. 3. Operacións particionais: inventario, valoración, liquidación, formación de lotes e adxudicación de bens. 4. A colación. 5. Efectos da partición. 6. Evicción e saneamento. 7. Modificación e ineficacia da partición. A SUCESIÓN VOLUNTARIA Lección 4.- A sucesión testada. 1. Testamento: concepto, contido e caracteres. 2. Capacidade para testar. 3. Clases de testamentos. 4. Testamentos comúns: aberto, pechado, hológrafo. 5. O testamento mancomunado. 6. O testamento por comisario. 7. O Rexistro de Actos de Derradeira Vontade. Lección 5.- Institución de herdeiro. 1. Formas de designación. 2. Substitucións hereditarias: concepto e tipos: as substitucións vulgar e pupilar. 3. Referencia a substitución exemplar. 4. Substitución fideicomisaria. O fideicomiso de residuo. Lección 6.- O legado. 1. Elementos persoais e reais do legado. 2. Tipos de legados regulados polo Código civil. 3. A adquisición do legado. 4. A entrega do legado. 5. Responsabilidade do legatario. 6. Ineficacia do legado. 7. O modo testamentario. 8. Disposicións testamentarias especiais na Lei de dereito civil de Galicia. Lección 7.- Execución testamentaria. 1. A testamentaría: concepto, caracteres e clases. 2. Facultades, deberes, prohibicións e responsabilidade do testamenteiro. 3. Interpretación do testamento: criterios legais, interpretación integrativa e proba extrínseca. 4. Ineficacia do testamento. 5. Nulidade do testamento: causas, acción e efectos. 6. Revogación. 7. Caducidade dos testamentos. Lección 8. Os pactos sucesorios.- 1. O contrato sucesorio: concepto e clases. 2. A prohibición dos pactos sucesorios no Código civil. 3. A sucesión contractual no Dereito civil de Galicia. 4. Disposicións comúns aos pactos admitidos en Galicia. 5. O pacto de

O profesor proporcionará ao alumnado material complementario a través da aula virtual METODOLOXIA DA ENSINANZA A ensinanza da materia divídese en dous grandes apartados: as clases de expositivas, nas que o profesor adquire o principal protagonismo, e as clases interactivas, de carácter práctico, nas que o alumnado realizará e protagonizará exposicións, comentarios, discusións, exercicios e análise de casos. As clases expositivas terán carácter presencial. O profesor explicará na aula os conceptos e procesos básicos da materia, debendo o alumnado, posteriormente, complementar tales explicacións coa utilización dos materiais de traballo e manuais recomendados en cada caso. Nas clases interactivas, que tamén terán carácter presencial, o alumnado deberá demostrar a adquisición ou posesión dos coñecementos e competencias que se pretenden avaliar na asignatura. O desenvolvemento das clases interactivas tentará de complementar, de xeito práctico, o visto nas de tipo expositivo. Para elo, o alumnado deberá resolver diferentes exercicios e casos, exporá temas e realizará diferentes aportacións persoais solicitadas polo profesor. Os exercicios e casos serán realizados na aula. O alumnado contará, como apoio necesario á docencia, cun aula virtual (Moodle) á que poderán acceder tódolos matriculados oficialmente na materia. Esta aula será unha ferramenta de uso obrigado polo alumnado, pois na mesma atopará información, comunicacións e materiais de diferente tipo, (lexislación, xurisprudencia, etc.) necesarios para a preparación da materia, así como actividades relacionadas coas aulas interactivas. Será esencial para unha aprendizaxe adecuada que o alumnado dispoña dun manual da asignatura de entre os recomendados con referencia ao dereito común. Para o dereito civil de Galicia, e sen prexuízo da utilización do manual recomendado, é esencial dispor das notas tomadas nas aulas

SISTEMA DE AVALIACION

  • Para a comprobación individualizada dos resultados da aprendizaxe do alumnado a avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final. Para un total de 10 puntos da cualificación final, a mesma distribúese do seguinte xeito:
  1. A avaliación continua supón o 30% (3 puntos) da cualificación final, e deriva da asistencia as aulas expositivas e intervención activa nas mesmas (10%) e asistencia e realización dos traballos e prácticas que se levarán a cabo nas aulas interactivas (20%), valorándose a estrutura dos mesmos e asemade o manexo de bibliografía e xurisprudencia e a exposición oral. As faltas de asistencia poderán xustificarse nos termos dispostos polo “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela”. No caso de que a falta sexa xustificada, o estudantado deberá entregar un resumo da materia correspondente ao día da ausencia (clase expositiva) ou, de ser o caso, as actividades resoltas (clase interactiva), no prazo de una semana dende aquela ou dende a desaparición ou cese da causa que a motivara. O estudantado que xa cursara a materia en cursos anteriores quedará suxeito ao réxime ordinario de valoración da súa asistencia a clase, aínda que xa a tivera acreditada neles.
  2. A proba final, supón o 70% (7 puntos) da cualificación final, e terá unha parte expositiva na que debe darse resposta ás cuestións que se formulen (40% da nota: 2, puntos) e unha parte práctica (60% da nota; 4,2 puntos), consistente, xa na elaboración dun ditame sobre un problema xurídico real, xa na resolución dun caso práctico, xa nun comentario xurisprudencial. Para a realización da proba final o alumnado poderá utilizar todos os textos legais (en formato papel) que estimen convenientes, pero non auxiliarse doutro material bibliográfico. Para a superación da materia en todo caso é necesario conseguir na proba final unha puntuación mínima de 2,8 sobre 7. En ningún caso poderá superar a materia o alumnado que na proba final deixe algunha pregunta, incluída a parte práctica, en branco o cualificada con 0. A cualificación final se determinará sumando a nota correspondente á proba final e a obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia a suma debe ser 5 ou superior. O

En todo caso, o alumnado pode concertar co profesor as titorías que estime oportunas e no horario que mellor lle conveña.