Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Programación Microeconomía I, Apuntes de Microeconomía

Asignatura: Microeconomia, Profesor: Manel Antelo, Carrera: Administración y Dirección de Empresas, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2016/2017

Subido el 26/01/2017

vkrdepau
vkrdepau 🇪🇸

4

(28)

10 documentos

1 / 4

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
Universidade de Santiago de Compostela
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Departamento de Fundamentos da Análise Económica
Programación docente
Microeconomía I
Curso 2016-2017
1º curso de Grao en ADE
Profesores da materia:
Manel Antelo Suárez: Grupo Expositivo 3
Grupos Interactivos 7, 8
Contacto: Despacho 126 / Teléfono despacho: 881811535
Sesi Barcia Domínguez: Grupo Expositivo 1
Grupos Interactivos 1, 2, 3, 5, 6
Contacto: Despacho 123 / Teléfono despacho: 881811542
E-mail: sesi.barcia@usc.es
Juan Carlos Reboredo Nogueira: Grupo Expositivo 2
Grupo Interactivo 4
Contacto: Despacho 133-A / Teléfono despacho: 881811675
E-mail: juancarlos.reboredo@usc.es
pf3
pf4

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Programación Microeconomía I y más Apuntes en PDF de Microeconomía solo en Docsity!

Universidade de Santiago de Compostela

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Departamento de Fundamentos da Análise Económica

Programación docente

Microeconomía I

Curso 2016-

1º curso de Grao en ADE

Profesores da materia:

Manel Antelo Suárez : Grupo Expositivo 3

Grupos Interactivos 7, 8

Contacto: Despacho 126 / Teléfono despacho: 881811535 E-mail: [email protected]

Sesi Barcia Domínguez : Grupo Expositivo 1

Grupos Interactivos 1, 2, 3, 5, 6

Contacto: Despacho 123 / Teléfono despacho: 881811542 E-mail: [email protected]

Juan Carlos Reboredo Nogueira : Grupo Expositivo 2

Grupo Interactivo 4

Contacto: Despacho 133-A / Teléfono despacho: 881811675 E-mail: [email protected]

MICROECONOMÍA I: OBXECTIVOS DA MATERIA No curso de Microeconomía I preténdese ofrecer unha visión completa, pero accesible, da economía de mercado como mecanismo de asignación de recursos. Iso supón analizar a conduta das unidades económicas individuais e a solución do problema asignativo mediante a interacción no mercado de axentes económicos individuais que actúan racionalmente. As nocións de racionalidade e equilibrio constitúen os principios organizadores do estudio. A partir da comprensión básica destes principios úsase a análise microeconómica como un instrumento para abordar de forma rigorosa diferentes problemas económicos; entre outros, a toma de decisións empresariais, xeitos da política microeconómica e da intervención pública, e, mais en xeral, os distintos elementos e institucións que conforman o funcionamento dunha economía moderna.

CONTIDO O contido principal da materia son os axentes económicos, consumidor e produtor, e explicar o seu comportamento e os seus procesos de toma de decisións. Na primeira parte , introdutoria ao curso, preséntase o obxecto de estudo da microeconomía, introducindo o enfoque que se adopta, isto é, a análise do comportamento das unidades económicas individuais. É importante que os alumnos comprendan que a forma en que produtores e consumidores toman decisións é similar. Preséntanse ao estudante diferentes conceptos como prezo de reserva, prezo de mercado, eficiencia e equilibrio, así como diferentes mecanismos asignativos como o do mercado competitivo, ou o monopolio. A segunda parte (temas 2 a 7) presenta a teoría do consumidor. Os temas 2 e 5 son o fundamento deste bloque, polo que o alumno debe entender e dominar os conceptos e intuicións detrás da formalización presentada. Establécense os fundamentos da teoría: conxunto de elección, preferencias, utilidade, elección óptima e demanda. É dicir, preséntase unha formalización dos gustos individuais, as restricións ás que está sometido, a decisión en función dos parámetros relevantes e o cambio das decisións ante cambios nas condicións da contorna. Presentarase aos alumnos cada unha destas cuestións ilustrándoas con exemplos de diferentes tipos de bens, que son a motivación de diferentes clases de preferencias, e mostrando a intuición dos resultados obtidos. Nos temas 6 e 7, tamén se desenvolven os complementos á teoría do consumidor, moi útiles á hora de abordar as diferentes aplicacións da teoría a problemas máis específicos: as medidas de benestar, a ecuación de Slutsky e os índices de prezos. É importante a comprensión dos conceptos (efecto renda e efecto sustitución), conceptos que se adoitan utilizar en materias onde se presentan estudos aplicados. A terceira parte do curso está adicada ás decisións tomadas polos produtores, e abarca os temas 8 a 10. Existen tres tipos de restricións ás que se enfrontan os produtores: i) tecnolóxicas (función de produción), ii) económicas (custos), e iii) do mercado. Neste curso analizaremos as dúas primeiras, mentres que a terceira estudaríase en profundidade no seguinte curso de Microeconomía II. No tema 8 descríbense as restricións tecnolóxicas que explican os procesos produtivos e preséntanse os conceptos de curva isocuanta e función de produción. Os temas 9 e 10 analizan os problemas de minimización de custos da empresa e maximización de beneficios (supoñendo que a empresa é prezo aceptante), respectivamente. Finalmente, o tema 11 estuda a oferta da empresa e industria, tanto a curto como a longo prazo, nun marco de competencia perfecta.

BIBLIOGRAFÍA Aínda que hai moitos textos que tratan de xeito adecuado esta materia, como referencias básicas, xa que o tratamento e a secuencia que fan dos temas desde un punto de vista intuitivo e formal considérase adecuado para os estudantes deste curso introductorio de microeconomía, e polo seu seguimento fiel do programa da materia recoméndanse estes textos:

  • Antelo, M. (2015), Curso práctico de microeconomía intermedia, Servizo de Publicacións da USC.
  • Pindyck, R.S y Rubinfeld, D.L. (2013) Microeconomía. Pearson, Prentice Hall, 8ªEd.
  • Reboredo, J.C. (2014) Microeconomía. Teoría y cuestiones tipo test. Servizo de Publicacións da USC, 1ºEd.

SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE

O sistema de avaliación da aprendizaxe e dos coñecementos adquiridos constará de dous apartados:

  1. A valoración dos coñecementos adquiridos levarase a cabo a través dun exame escrito a realizar nas datas oficiais propostas pola facultade (31 de maio e 30 de xuño de 2017). O exame constará de dúas partes:
    • Test: 3 puntos. 15 preguntas con resposta única, onde cada pregunta correcta puntúa 0,20 facendo o total de 3 puntos. As respostas incorrectas non restan puntos.
    • Exercicios: 7 puntos.
  2. A avaliación continua , na cal se terá en conta o traballo nas aulas (clases expositivas, interactivas e titoriais), e a realización das actividades propostas nas clases interactivas, O peso relativo de cada un dos apartados anteriores será: 1- Un 70% da nota final corresponderá á cualificación obtida no exame final da materia. 2- Un 30% da nota final corresponderase á avaliación continua. - Este apartado terase en conta unicamente para o curso académico correspondente (nas dúas convocatorias de maio e de xullo) e non se manterá para cursos posteriores

Este sistema de avaliación é único, o mesmo para todo o alumnado matriculado na materia

Teoría da empresa Tema 8: Produción 8.1 Introdución 8.2 A función de produción 8.3 Produción en corto prazo: produto marxinal e medio 8.4 Produción en largo prazo: curva isocuanta e relación técnica de sustitución 8.5 Algunhas funcións de produción 8.6 Os rendementos de escala 8.7 Función de produción e progreso tecnolóxico Antelo, M. (2015), Curso práctico de microeconomía intermedia, Servizo de Publicacións da USC- Capítulo 6 Pindyck, R.S y Rubinfeld, D.L. (2013, 8ªEd.) Microeconomía – Capítulo 6 Reboredo, J.C. (2014, 1ºEd.) Microeconomía. Teoría y cuestiones tipo test – Capítulo 8

Tema 9: Costos de produción 9.1 Introdución 9.2 Cálculo de costos 9.3 Os costos a longo prazo 9.3.1 Recta isocoste: propiedades 9..3.2 Minimización de costos a longo prazo 9.3.3 Minimización de costos e maximización da produción 9.3.4 A función de costos 9.3.5 Costos medios e marxinais 9.3.6 Desprazamento da función de costos 9.3.7 A demanda de factores de produción 9.3.8 Progreso técnico e función de costos 9.3.9 Rendementos a escala e función de costos 9.4 Costos a corto prazo: costos totais, medios e marxinais 9.5 Relación entre costos a largo e corto prazo 9.6 OS costos de producir varios bens conxuntamente Antelo, M. (2015), Curso práctico de microeconomía intermedia, Servizo de Publicacións da USC- Capítulo 7 Pindyck, R.S y Rubinfeld, D.L. (2013, 8ªEd.) Microeconomía – Capítulo 7 Reboredo, J.C. (2014, 1ºEd.) Microeconomía. Teoría y cuestiones tipo test – Capítulo 9

Tema 10: Obxectivos e oferta da empresa 10.1 Introdución 10.2 Os ingresos da empresa 10.3 A maximización de beneficios 10.4 A función de beneficios 10.5 Outros obxectivos da empresa Pindyck, R.S y Rubinfeld, D.L. (2013, 8ªEd.) Microeconomía – Capítulo 8 Reboredo, J.C. (2014, 1ºEd.) Microeconomía. Teoría y cuestiones tipo test – Capítulo 10

Mercados competitivos Tema 11: O mercado de competencia perfecta 11.1 O mercado de competencia perfecta 11.2 A oferta da empresa en competencia perfecta 11.2.1 O corto prazo 11.2.2 O longo prazo 11.3 O excedente do produtor 11.4 A oferta de mercado 11.5 O equilibrio nun mercado de competencia perfecta 11.5.1 O corto prazo 11.5.2 O longo prazo 11.6 Eficiencia e benestar nun mercado de competencia perfecta Antelo, M. (2015), Curso práctico de microeconomía intermedia, Servizo de Publicacións da USC- Capítulo 8 Pindyck, R.S y Rubinfeld, D.L. (2013, 8ªEd.) Microeconomía – Capítulo 9 Reboredo, J.C. (2014, 1ºEd.) Microeconomía. Teoría y cuestiones tipo test – Capítulo 11