





















Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Documento que nos permite conocer y aplicar el protocolo de absentismo y los paso que tenemos que seguir
Tipo: Guías, Proyectos, Investigaciones
1 / 29
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!






















A Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do Dereito á Educación, dispón que “Todas e todos os españois teñen dereito a unha educación básica que lles permita o desenvolvemento da súa propia personalidade e a realización dunha actividade útil á sociedade. Esta educación será obrigatoria e gratuíta no nivel de educación xeral básica e, no seu caso, na formación profesional de primeiro grao, así como nos demais niveis que a lei estableza”.
Esa mesma Lei, no seu artigo 4.2.a (redactado pola Disposición derradeira primeira da Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación) establece que corresponde ás nais, aos pais ou ás persoas titoras legais ou gardadoras do alumnado “Adoptar as medidas necesarias, ou solicitar a axuda correspondente en caso de dificultade, para que os seus fillos ou pupilos cursen as ensinanzas obrigatorias e asistan regularmente á clase”.
Pola súa parte, a Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, establece que a educación primaria e a educación secundaria obrigatoria constitúen o ensino básico, que ten carácter obrigatorio e gratuíto e comprende dez anos de escolaridade; e se desenvolve, de forma regular, entre os seis e os dezaseis anos de idade. Esa mesma lei, na súa disposición adicional décimo sexta, establece que “As referencias contidas na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do Dereito á Educación, aos niveis educativos enténdense substituídas polas denominacións que, para os distintos niveis e etapas educativas e para os respectivos centros, se establecen nesta lei”.
A Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor, de modificación parcial do Código Civil e da lei de Axuizamento Civil, establece que “Calquera persoa ou autoridade que teña coñecemento de que un menor non está escolarizado ou non asiste ao centro de forma habitual e sen xustificación durante o período obrigatorio, deberá poñelo en coñecemento das autoridades públicas competentes, que adoptarán as medidas necesarias para a súa escolarización”. Tamén establece que “As autoridades e as persoas que pola súa profesión ou función coñezan o caso actuarán coa debida reserva”.
A Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, dispón que “A Xunta de Galicia, a través do organismo competente en materia de educación, garantirá o dereito dos nenos e as nenas e os e as adolescentes a unha atención específica por razón das súas necesidades e distintas capacidades, a unha atención temperá das súas necesidades educativas especiais e ao emprego de medios técnicos e novas tecnoloxías no ensino, realizando programas para a prevención, a detección e o seguimento do absentismo e o fracaso escolar”.
A lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, dispón que é un deber básico do alumnado “Asistir a clase con puntualidade e co material preciso”.
O Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, establece que unha das prioridades da consellería con competencias en materia de educación é “Asegurar a permanencia do alumnado no sistema educativo durante, cando menos, as etapas obrigatorias” e que “Esta actuación levarase a cabo directamente ou en colaboración con outras administracións ou entidades sen ánimo de lucro que realicen accións preventivas respecto do absentismo escolar”.
Ese mesmo decreto tamén dispón que corresponde aos centros educativos establecer os procedementos para o “Control e rexistro das incidencias na asistencia do alumnado aos centros escolares”, a “Información ás nais, pais ou titores e titoras legais do alumnado e intervención ante a detección de casos” e “Se procede, o traslado da información á Inspección Educativa por parte da dirección do centro”.
Por outra parte, os decretos que aproban os regulamentos orgánicos dos centros que imparten ensinanzas obrigatorias dispoñen que estes deben controlar as faltas de asistencia ou puntualidade do alumnado e informar as súas nais, pais ou persoas titoras legais ou gardadoras.
En definitiva, a asistencia a clase é un dereito do alumnado e unha obriga a súa garantía por parte das nais, dos pais ou das persoas titoras legais ou gardadoras dese alumnado, vinculado ao exercicio mesmo do dereito á educación. Este documento ten como obxecto, entre outros, facilitar aos centros educativos unha guía que axude a previr e abordar, de ser o caso, as situacións de absentismo, dando unha resposta áxil, eficaz e coordinada que permita fortalecer a implicación das familias nunha cuestión que presenta múltiples factores e facetas (escolar, familiar, persoal, etc.), pero na que o centro educativo xoga un rol fundamental.
En consecuencia co anterior, procede establecer un protocolo común de actuación que contribúa a garantir a asistencia aos centros educativos da totalidade do alumnado en idade de escolarización obrigatoria, coa finalidade de afondar nas medidas preventivas, unificar conceptos e regular e facilitar o procedemento de control e comunicación ás familias da asistencia a clase do alumnado e, no seu caso, guiar o procedemento do expediente de absentismo, de xeito que se favoreza a mellora da calidade educativa e os índices de éxito escolar.
Defínese, a continuación, a terminoloxía que se usa neste protocolo.
2.1. Absentismo
Tal como establece o artigo 22 do citado decreto 229/2011, do 7 de decembro, absentismo é a ausencia ao centro escolar sen causa debidamente xustificada do alumnado en idade de escolarización obrigatoria. Para ser considerado absentismo, esta ausencia debe supor un mínimo do dez por cento ( %) do horario lectivo mensual.
2.2. Protocolo de intervención en caso de absentismo
Por protocolo de intervención en caso de absentismo, ou protocolo de absentismo, enténdese o instrumento educativo que describe, especifica e contén o conxunto de actuacións coordinadas que se activan cando se produce un caso de absentismo escolar, coa finalidade de garantir a asistencia do alumnado aos centros educativos.
2.3. Falta de asistencia a clase do alumnado
Considérase falta de asistencia a clase ou ausencia ao centro escolar a non presenza dun alumno ou dunha alumna nunha sesión completa de clase. As faltas de asistencia non debidamente xustificadas serán as que computen para a cualificación do posible absentismo.
3.2. Prevención nos instrumentos de planificación do centro educativo
a) Reflectir no Plan xeral de atención á diversidade as actuacións, medidas e/ou programas para atender a diversidade, para concretar as actuacións dos distintos profesionais en relación coas medidas deseñadas e para establecer canles de colaboración coas nais, cos pais ou coas persoas titoras legais ou gardadoras do alumnado e cos diferentes servizos externos ao centro.
b) Incluír nos seus plans de acción titorial actuacións que faciliten a presenza das familias no centro, que as informen da obrigatoriedade que teñen as súas fillas e os seus fillos de asistir a clase de forma regular e do procedemento para trasladar as posibles faltas de asistencia a clase e como xustificalas.
c) Tratar que os plans de convivencia sirvan para fortalecer as relacións dentro das comunidades educativas, estean orientados por principios proactivos e presten maior importancia á asistencia do alumnado ao centro ca as posibles faltas que poida ter.
d) Establecer nos seus programas de acollida actuacións específicas para o alumnado e as familias de nova incorporación.
4.1. Control da asistencia a clase
O control da asistencia a clase do alumnado deberá realizarse diariamente por parte do profesorado da área, materia, ámbito ou módulo correspondente, quen rexistrará as posibles ausencias segundo o procedemento establecido polo centro educativo nas súas normas de organización, funcionamento e convivencia, nas que se establecerá, igualmente, o procedemento para que esas ausencias se introduzan na aplicación informática de xestión académica (XADE) que proporciona a Consellería.
4.2. Xustificación das faltas de asistencia a clase do alumnado
A xustificación das faltas de asistencia a clase do alumnado realizarase ante o profesorado titor e por parte da nai, do pai ou das persoas titoras legais ou gardadoras do alumnado, acompañando, segundo proceda:
4.3. Rexistro das faltas de asistencia a clase xustificadas
O profesorado titor rexistrará, na aplicación informática de xestión académica (XADE), a xustificación das faltas de asistencia a clase do seu alumnado.
4.4. Seguimento das faltas de asistencia a clase do alumnado e a súa comunicación
5.1. Concepto
5.2. Procedemento
5.2.1. Inicio do expediente
Cando o profesorado titor verifique que unha alumna ou un alumno presenta un número de faltas de asistencia a clase sen xustificar superior ao dez por cento (10 %) do horario lectivo dun determinado mes proporá, co visto e prace da dirección do centro educativo, o inicio dun expediente de absentismo e comunicará a situación á xefatura de estudos. O inicio dese expediente deberá realizarse, como máximo, dentro dos sete días naturais seguintes á data na que as faltas de asistencia a clase sen xustificar superaron o dez por cento (10 %) do horario lectivo mensual (ANEXO III).
5.2.2. Tramitación do expediente
a) Activado o protocolo de absentismo, a xefatura de estudos recollerá información de todos os profesionais que realizan algunha actuación e incorporaraa ao rexistro de contactos (ANEXO IV), indicando:
Con independencia da realización das accións previstas neste protocolo, en calquera momento no que o profesorado do centro educativo aprecie indicios de desprotección nun alumno ou nunha alumna deberá poñelo, inmediatamente, en coñecemento do Concello de residencia do alumno ou da alumna, ou ben notificalo a través do Rexistro Unificado de Maltrato Infantil (RUMI) https://rumi.benestar.xunta.es.
Don ................................................................................................................................................... e dona ...................................................................................................................: (Nome e apelidos do pai, da nai ou das persoas titoras legais ou gardadoras da alumna ou do alumno), Como profesor/a titor/a da alumna/o ..................................................................................... (nome e apelidos da alumna ou do alumno), á vista do número de faltas de asistencia a clase que presenta a referida alumna ou alumno, convócoos a unha reunión para:
A reunión terá lugar nas dependencias do centro educativo, o día ......... de .......................................... de ......................, de ......... a .......... horas. (Se se trata de alumnado de ESO ou de ciclos de FP básica advertirase que a alumna ou o alumno pode asistir á reunión)
.................................., ......... de ........................... de 20 ........
O/A profesor/a titor/a,
Vº e prace, O/A director/a,
gardadoras, indicalo)
Lugar: ...................................................................... (nome do centro e espazo onde se celebra)
Data: .......... de ................................ de ........................
Hora de comezo: ................
Hora de remate: .................
(Indicar nome e apelidos e a relación co alumno ou coa alumna)
De ser o caso:
Non comparecencia da persoa ou das persoas convocadas polo profesorado titor.
Sen máis asuntos que tratar, remata a sesión e redáctase esta acta.
O/A profesor/a titor/a,
............................................................................................................... xefa ou xefe de estudos do centro .........................................................., á vista do número de faltas de asistencia a clase e do expediente de absentismo iniciado á alumna ou ao alumno .........................................................................................., e segundo se establece no protocolo de absentismo,
Que desde o centro educativo mantivéronse os seguintes contactos coa nai, co pai ou coas persoas titoras legais ou gardadoras da citada alumna ou do citado alumno:
Convocatoria, por parte do profesorado titor, dunha reunión coa nai, co pai ou coas persoas titoras legais ou gardadoras. Achégase copia da convocatoria. Reunión do profesorado titor coa nai, co pai ou coas persoas titoras legais ou gardadoras. Achégase copia da acta. Convocatoria, por parte do profesorado titor, dunha reunión coa nai, co pai ou coas persoas titoras legais ou gardadoras unha vez iniciado o expediente de absentismo. Achégase copia da convocatoria. Reunión do profesorado titor coa nai, co pai ou coas persoas titoras legais ou gardadoras unha vez iniciado o expediente de absentismo. Achégase copia da acta. Convocatoria, por parte da xefatura de estudos, dunha reunión coa nai, co pai ou coas persoas titoras legais ou gardadoras. Achégase copia da convocatoria. Reunión da xefatura de estudos coa nai, co pai ou coas persoas titoras legais ou gardadoras. Achégase copia da acta. OUTROS CONTACTOS DATA MOTIVO FORMA DE CONTACTO PERSOA QUE INTERVIU CONCLUSIÓNS
.................................., ......... de ........................... de 20 .........
A/O xefa/e de estudos,
Don ............................................................................................................................................ e dona .........................................................................................................:
(Nome e apelidos do pai, da nai ou das persoas titoras legais ou gardadoras da alumna ou do alumno)
Como profesor/a titor/a da alumna/o ..................................................................................... (nome e apelidos da alumna ou do alumno), verificado que o número de faltas de asistencia a clase sen xustificar da citada alumna ou alumno durante o mes de ......................... superou o dez por cento (10 %) do horario lectivo dese mes e segundo se establece no protocolo de absentismo, convócoos a unha reunión para:
A reunión terá lugar nas dependencias do centro educativo, o día ......... de ................................ de ....................., de ......... a .......... horas.
(Se se trata de alumnado de ESO ou de ciclos de FP básica advertirase que a alumna ou o alumno pode asistir á reunión)
.................................., ......... de ........................... de 20 ..........
O/A profesor/a titor/a,
Vº e prace, O/A director/a,
Don ................................................................................................................................................ e dona .........................................................................................................: (Nome e apelidos do pai, da nai ou das persoas titoras legais ou gardadoras da alumna ou do alumno)
Como xefa ou xefe de estudos do centro ..........................................., tendo coñecemento da apertura dun expediente de absentismo á alumna ou ao alumno .............................................................................. ........................................ (nome e apelidos da alumna ou do alumna) e sendo informada/o, por parte do profesorado titor, de que non se acadou unha solución que permitise a paralización e arquivo dese expediente na reunión celebrada con vostedes o día ......... de ............................ de ......................., e segundo se establece no protocolo de absentismo, convócoos a unha reunión para:
A reunión terá lugar nas dependencias do centro educativo, o día ......... de ................................ de ....................., de ......... a .......... horas.
(Se se trata de alumnado de ESO ou de ciclos de FP básica advertirase que a alumna ou o alumno pode asistir á reunión)
.................................., ......... de ........................... de 20 .........
A/O xefa/e de estudos,
Vº e prace, O/A director/a,
Lugar: ..................................................................... (nome do centro e espazo onde se celebra) Data: .......... de ................................ de ........................ Hora de comezo: ................ Hora de remate: .................
PERSOAS ASISTENTES: (Indicar nome e apelidos e a relación co alumno ou coa alumna)
De ser o caso: Non comparecencia da persoa ou das persoas convocadas pola xefatura de estudos.
ORDE DO DÍA:
DELIBERACIÓNS:
DECISIÓN ADOPTADA: Desenvolvidos os puntos da orde do día, como se recolle nas deliberacións, resólvese:
Paralizar e arquivar o expediente de absentismo, dado o compromiso do pai e/ou da nai (de seren as persoas titoras legais ou gardadoras, indicalo) de evitar as faltas de asistencia a clase sen xustificar do seu fillo ou da súa filla (se fose outra a relación, indicalo). Continuar co expediente de absentismo, comunicando o tratado e resolto nesta reunión á dirección do centro educativo por parte da xefatura de estudos, para o seu coñecemento e posterior notificación ao Servizo Territorial de Inspección Educativa e ao Concello de residencia da alumna ou do alumno.
Sen máis asuntos que tratar, remata a sesión e redáctase esta acta, da que se facilitará copia á dirección do centro educativo.
A/O xefa/e de estudos,
1.1 Datos da ou do menor Nome e apelidos:
Data de nacemento:
Enderezo: Teléfono:
1.2 Datos familiares
Nome e apelidos do pai:
Nome e apelidos da nai:
Se é o caso, nome e apelidos da persoa titora legal da ou do menor:
Parentesco:
No caso de estar baixo a garda ou tutela da Administración, nome e apelidos da persoa responsable:
Número total de irmáns: Lugar que ocupa: Nº de membros da unidade
familiar:
De ser o caso, relación de irmás ou irmáns matriculados no mesmo centro educativo:
Nome Curso
Nome Curso
Persoas que conviven co alumno ou coa alumna:
2.1 Centro escolar
Denominación:
Enderezo:
Teléfono: Director ou directora:
2.2 Escolarización da alumna ou do alumno
Etapa na que se atopa matriculada ou matriculado: Curso:
Profesora ou profesor titor:
De ser o caso, indicar outros centros nos que estivo matriculada ou matriculado:
Centro Concello
Hai constancia dalgunha problemática da alumna ou do alumno neses centros? Si Non
En caso afirmativo, descrición desa problemática
Repite ou repetiu algún curso? Si Non En caso afirmativo, cal?
Número total de faltas de asistencia a clase no actual curso escolar:
Ten antecedentes coñecidos de expedientes de absentismo tramitados con anterioridade? Si Non
2.3 Rendemento escolar É satisfactorio? Si Non Achega habitualmente o material escolar? Si Non Participa en actividades extraescolares e/ou deportivas? Si Non
2.4 Relacións cos seus iguais e co profesorado Ten condutas agresivas co profesorado? Si Non Ten dificultades de integración no grupo? Si Non En caso afirmativo, completar : Mantén unha conduta pasiva Mantén unha conduta agresiva Íllase Íllana/o Outros aspectos que se deben destacar:
2.5 Medidas de atención á diversidade adoptadas polo centro con esta alumna ou este alumno
Engadir calquera outro aspecto que se considere relevante e non foi recollido nos apartados anteriores.
....................................., ......... de ......................... de 20 ....... O/A Director/a,
De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, estes datos serán tratados de xeito confidencial, podendo incorporarse aos ficheiros das institucións con competencias ou responsabilidades no control ou tratamento do absentismo escolar. Todas as persoas que, en razón do seu cargo ou función, teñan acceso a eles están obrigados ao segredo profesional e ao deber de custodia.
Sr/a. xefe ou xefa do Servizo Territorial da Inspección Educativa de ... Sr/a. alcalde ou alcaldesa do Concello de ...