Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


resumen libro fácil., Apuntes de Gallego

entretenido, ameno y fácil de leer.

Tipo: Apuntes

2023/2024

Subido el 27/03/2024

emma-radley-villar
emma-radley-villar 🇪🇸

1 documento

1 / 13

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
A CAIXA DE MORTO
Xa fai moito tempo que pasou o que lles vou contare. Foi
inantes da guerra de Cuba, cando aínda non se fixera o
cambeo do ouro.
En calquera casa pudente do val de Queiroga, había
gardados moitos centos de onzas. Tamén había alfaias de
moito valor. Inanque era moi neno, eu ben me acordo de
todo. Polas serras do Caurel andaban os ladró
n
s. Aínda fai
poucos anos os había. Non vos acordades do ladrón de
Oencia? E do de Río? Andaban en bandas, e arroubaban e
mataban... O mesmo ós arrieiros que ós gandeiros. E tamén
iban ás casas. Probe do que lles negase os cartos! Xa
sabedes que na Rodela queimaron vivo a un home. No pazo
de Ruitelán levaran máis de cen onzas e esforzaran a unha
rapaza. Xa se sabe que entón non había bancos p
a
ra garda-
lo diñeiro.
Non sentíchedes falar do Valente? Iba ó frente dunha partida
de oito ou nove homes. Levaban co iles dúas mulleres. O
Valente amontárase porque matara ó pai da súa noiva, que
din qui era unha das mulleres que iban co il. Tamén dixeran
que o pai tivera que ver coa filla... Cousas da xente qui está,
fóra da lei de Dios... Que Il nos arrede dila!
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9
pfa
pfd

Vista previa parcial del texto

¡Descarga resumen libro fácil. y más Apuntes en PDF de Gallego solo en Docsity!

A CAIXA DE MORTO

Xa f ai moito tempo que pasou o que lles vou contar e. Foi in antes da guerra de Cuba, cando aínda non se fixera o camb e o do ouro.

En calquera casa p u dente do val de Queiroga, había gardados moitos centos de onzas. Tamén había alfaias de moito valor. Inanque era moi neno, eu ben me acordo de todo. Polas serras do Caurel andaban os ladróns. Aínda f ai poucos anos os había. Non vos acordades do ladrón de Oencia? E do de Río? Andaban en bandas, e arroubaban e mataban... O mesmo ós arrieiros que ós gandeiros. E tamén i b an ás casas. P ro be do que lles negase os cartos! Xa sabedes que na Rodela queimaron vivo a un home. No pazo de Ruitelán levaran máis de cen onzas e esforzaran a unha rapaza. Xa se sabe que entón non había bancos para garda- lo diñeiro.

Non sentí ched es falar do Valente? I b a ó fr e nte dunha partida de oito ou nove homes. Levaban c o i les dúas mulleres. O Valente amontárase porque matara ó pai da súa noiva, que din qu i era unha das mulleres que i b an c o i l. Tamén dixeran que o pai tivera que ver coa filla... Cousas da xente qu i está, fóra da lei de Dios... Que I l nos arrede d i la!

Meu pai fora caseiro na torre do Conde i eu servira alí de pastor, cando era un rapaciño. Xa verán, señoritos, que conto tan int re sante.

Era unha casa moi grande cos m i llores eidos do val. Tiña cinco grandes balcóns na parte dianteira. Había un curro pechado a mao d i reita, ond i a estaban as cuadras c^ i os cuartos dos criados. Fr e nte por fr e nte, ó outro lado do camiño real, estaba o xardín, que era un pouco costeiro. María Santísima, cant o albre p^ alí había! Teixos, alcipreses , outros que lles chamaban pauloni o s os señoritos, castaños d i ses de Indias e buxos de centos de anos. Tamén había unha laga para a rega i un canaval. E moitísimas roseiras. Daba g r oria andar por alí pola primave i ra. Chegaba o cheiro das f rol es ó outro lado do río. Aqu i les señores antigos sabían vivir moi ben...

Por detrás da casa había un gran piñeiral i un carriozo con moitas mimoseiras. Alí empezaba a serra ond i a se levaban a pacer as ovellas. Máis de dous mil ferrados de serra eran da casa. E despois viñan a viña, os prados i o labradío.

Collíanse máis de oitocentos canados de viño e máis de vinte de aceite. Había seis ou sete cabalos e tres parexas c de bois. Máis de cen capóns i outros tantos cabritos cobraban de renta c^ ó ano, e oitenta libras de anguías.

criar e en cas duns labregos da terra de Lemos. Era home de moita comida. Eu o vin paparse nun xantar dúas perdices e ducia e media de filloas con mel. Sempre tomaba café despois de xantar.

Outro dos criados máis vellos na casa era ‘ Lombo de palla ’. Chamábanlle asina v^ porque tiña un carrelo moi ancho, con xoroba c. Era un home duns co a renta anos, un pouco fato. No traballo fa gu ía a labor de dous. Era horteIán c^ e partía a leña. Cando se embebedaba, todos fuxían do seu carón, pois cegábase, i era capaz de fa gu er unha morte. Collía a machada e púñase a dar golpes a tódalas ma o s, berrando: “Teño sede de sangue...” Había que ir buscar a don Froilán, que era o único a quen non se lle es trevía a repoñer. O ad e ministrador non lle andaba con andrómenas. Chegaba xunto i l e berráballe, poñéndolle un revólver ó peito:

–Non te movas, brutarate , qu i es vítima! Tanta présa tes de defuntarte?

E ‘ Lombo de palla ’ botábase a chorar coma un neno, pousando a machada.

–Ai, don Froilán –d e cía– sáqueme i se ferro, que me estremece!

Todos nos marchabamos mortos de risa, pois sabiamos que o revólver non estaba cargado.

Don Froilán dáballe unhas loradiñas coa fust r a no lombo, d e cíndolle:

–CaIa, home, cala, que todos sabemos o qu i é un trago de máis.

Don Froilán, inanque era home moi arrufado, tiña medo ós ladróns. E non era por menos. En Quintá, fa gu ía pouco tempo, mataran un arrieiro para ar roubalo. E todos sabían que na torre do Conde había moito ouro. Unha hora in antes da noite pechábase a porta da casa, e inanque chamasen de fóra non se abría a ninguén. Don Froilán saía polo balcón cunha escopeta...

Era polo mes de Nadal, polo tempo da escaldeira dos prados. Os amos estaban fóra.

Cando empezaba a anoitecer, unha miaxiña c^ in antes de pechar a casa, chegaron dous homes pola calzada. Paráronse diante da porta e chamaron petando coas cachabas na folla aberta. Tra gu ían c o i les un burro, i enriba d i l un cadaleito ou caixa de morto, atado con cordas.

Segúndo me dixo a ‘ Rebola ’, os dous homes aínda eran mozos. Un levaba unha capa de xuncos i o outro unha manta.

A ‘ Rebola ’ berraba dende d re nto:

Cando cheguei á torre xa non estaban os dous homes na casa. Mandáronme coller leña ó alpendre do forno. Alí vin a caixa pousada nun carro. Parece que a ‘ Rebola ’ deixounos soios mentr a s a metían no curro.

Era a ntre lusco e fusco. Ollei para i la. Xuraría que ‘ algo ’ b o ligaba d re nto. Unha caixa de morto sempre amedrenta a un rapaz. Ademais, os cans ladraban moito cara (^) a i la. Tiven medo. Collín a leña á présa e funme á cociña. Os cans seguían a ladrar. Tirei a leña e botei ma o a un farol... Fun outra vez ó alpendre. Achegueime ó cadaleito. Pareceume sentir un ruidiño, coma s i serraran. Houbérame derrubado morto de sutaque se non foran os cans. Regañaban os dentes cara ó cadaleito. Tanto tremel e cía, que cáseque non podía termar do farol. E fun falar co ad e ministrador...

Don Froilán estaba no seu despacho. Tiña a estufa de cozas acesa. Estaba sentado á mesa escribindo moitas contas á lu s dun quinqué. Nin s i quera se decatou que eu entrara, pois non pedira p re miso. Sentín que me que n cían moito as orellas. Díxenlle de súpeto:

–Ai, señor...! Non sabe o que pasa?

–E coma o hei saber –contestoume– se ti non o dis?

–Mais non s i nte –dixen eu– ladrar os cans?

I l sorriu e faloume moi agarimoso:

–Déixaos que ladren. Non teñen outra cousa que fa gu er.

I eu teimei:

–É que non sa i en do pé da caixa de morto que trou gu eron i ses dous homes que se foron a Carballo.

I l seguiu coa súa bu lr a:

–E sería o d i funto que veu voando e meteuse n i l, para darlles máis que fa gu er.

Naqu i l intre ladraban os cans con máis for ci a.

–Mire, señor –lle ad e vertín–, que cando fun pola leña pareceume que algo bulía d re nto... E se fora un vivo e non un d i funto? porque os cans regañan os dentes e mais eu non os encirrei...

Don Froilán deixou de s u rrir. Ergueuse e dixo:

  • Cecais teñas razón Hai que ir aló.

Dito isto, colleu a escopeta de dous canos, que penduraba dun cravo xunto á xanela. Cargouna con dous cartuchos de bala que había enriba da mesa, e deixouna alí. Despois sacou seis ou sete cartuchos de postas do caixón da mesa, ond ia and ivo remexendo, e meteunos no peto da chaqueta.

S u rriu de novo. Púxome a ma o no carrelo, e díxome:

Todos ficamos ó asexo... pasaron coma cinco minutos, ou cecais dez... Eu diría que pasara unha semána. Sentimos que chamaban ós cans. Todo quedou caladiño. Soamente s se ouvía o gorgolexar da fonte do curro. Volveron a ladra-los cans. De alí a un pouquiño, un tiro fixo treme ce r a casa. Eu, que estaba quentándome, sentado no escano, erguinme de súpeto e nun tris estivo que me derrubara enriba do lume. Outro tiro. A voz de ‘ Lombo de palla ’ chegou hastra nós:

–Non ve a escorra de sangue? Asegúndelle noutra descarga, don Froilán.

Outros dous tiros, seguidiño un de outro. I a voz do ad e ministrador:

–Agora ti, coa machada.

Pouquiño tempo despois petaron á porta.

–Abride –d e cía don Froilán–, que xa non hai por que ter medo.

Abrimos. Diante viña Daniel co farol. Parecía un d i funto. O ad e ministrador acendeu un pitelo na chama do candil. E díxolles ás mulleres:

–Preparade a cea. Tamén eu cearei ei quí. Que Daniel vaia a ceiba-los cans, mais que lles pechen a porta do curro. E que colla a escopeta dun cano. Que me traia tamén o

revólver e tódolos cartuchos, que están no caixón. Preparade café e que traian augardente e viño da bodega. Temos que velar toda a noite, porque poden vir os seus compañeiros para v e ngalo. Aventuraría mil reás a qu i era da banda do Valente ... Xa saberedes que había un home vivo d re nto da caixa. Tiña razón o rapaz. Hoxe mesmo lle darei unha onza.

As mulleres secábanse os ollos coas p o ntas dos mandi le s. Un a un i b amos sentándonos todos arredor do lume.

Eu pensaba no vestido e nas botinas que mercaría coa onza o día da feira. Xa non me acordo se lle d i ra as gra ci as...

Don Froilán seguía contando:

–Se non fora polo rapaz, sabe Dios o que pasaría. Quen sabe se nos segarían os pescozos a todos? Tivemos boa sorte. Achegueime apuntando ó cadaleito. Apuntaba cara ond ia podería ter a cabeza o que est u vera alí. Un tiro... asegundeille. Volvín a cargar. Polas reidixas da caixa saían pingas de sangue. Sentimos un asubío pola banda do carriozo. Outro asubío contestou dende o piñeiral. Despois o ruído dunhas galochas pola calzada. Xa non agardei máis zorregueille outros dous tiros. Foi cando lle berrei ó ‘ Lombo de palla ’ para que (^) desfondara a caixa. Trem ába che ben a ma o , Danieliño, cando te a rre chegaches co farol. E ben...

Máis de vinte anos tiven a onza de ouro que me d i ra don Froilán. Era moi bo n home. Que Dios o teña na G r oria.

Á lus do candil Galaxia, Vigo, 1953