

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: Antropología, Profesor: Jose Luis Blazquez Caeiro, Carrera: Biología, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 3
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!


TEMA 9: REXIÓN CEFÁLICA II (arquitectura craneana)
Veremos como a Caixa craneana de homínidos está implicada na evolución. Comecemos co maxilar (superior-inferior, co borde alveolar)/dentición. Nunha Caixa craneana baixa e alargada a mandíbula (o maxilar inferior) proxectarase cara adiante, se se acurta antero-posteriormente non. A (DEBUXO APUNTES CLASE) redución do olfacto levaba a un acurtamento do esplacnocráneo, e isto refléxase na mandíbula. Hai que ter en conta que a fórmula dentaria é igual en ambos (2123/2123), isto ocorre xa que aínda que se acurte anteroposteriormente, prodúcese un ensanchamento lateral, polo que hai ramas mandibulares converxentes (isto é tipicamente homínido). En pónxidos serán ramas paralelas ou en U, será morfoloxía upsiloide. Nun patrón upsiloide a distancia entre 1 e a 2 son practicamente iguais. Nunha morfoloxía de ramas converxentes a distancia 2 é maior que a distancia 1. Isto tamén serve para saber se restos achados poden ser humanos ou non. Esta morfoloxía é típica dende o comezo dos homínidos.
Adqirense rapidamente na linaxe dos homínidos, pero non no punto nodal. Polo que os primeiros exemplares presentarán valores intermedios, con certo(DEBUXO APUNTES CLASE) predominio da D2 sobre a D1.
A fórmula dentaria fun homínido é igual que en tódolos catarhinii, pero a dentición presentará rasgos propios. En primeiro lugar haberá incisivos planos, espatulares de implantación vertical. Noutros exemplares implántanse cara adiante (procumbencia). Haberá caninos cónicos, que non sobrepasan a media altura das outras pezas dentarias. En pónxidos sí que hai diferencias polo que ten que haber diastemas (ocos intercalares para alonxar o canino oposto). Os homínidos carecen de diastemas, ten unha fileira dentaria continua. Os premolares adoptan unha estrutura e forma molariforme (recordar--- Mammalia--- dentición heterodonte--- cada peza dentaria ten estruturas e formas diferenciadas para a función que desempeñan). (o caso contrario é a difiodonte, que é máis primaria).
(DEBUXOS APUNTES CLASE) A dentición posterior ( premolares e molares) serve para triturar. De aí que os premolares adopten formas molariformes. Adoptan un recubrimento de esmalte, para protexer a dentina, tamén ocorre en molares. Tanto premolares como molares, aumentarán a superficie de trituración. Os molares (hai que ter en conta que homínidos teñen menor potencia trituradora que os pónxidos), pero non perden a eficacia trituradora, por aumentar a superficie de trituración. Os molares serán pentacúspides.
Os molares como tal presentarán nas cúspides individuais, non como cen cercopithecoideos, onde as cúspides estarán unidas por ponte de esmalte (serán bilofodonte, haberá 2 grandes crestas e unha depresión no medio onde se tritura).
A articulación maxilo-temporal será o punto da panca de trituración. A medida que nos acercamos ao punto de (DEBUXO APUNTES CLASE) apoio da panca e se incrementa a eficacia trituradora. Entón a redución do olfacto tamén repercute na eficacia trituradora. Nos masticamos con movementos circulares (antero-posterior e lateralmente). A erupción diferencial marca un atributo propio de homínidos, isto ocorre nos molares (M1,M2,M3). En pónxidos primeiro aparece M1, máis tarde M2 e ao final M3, con pouco tempo de espazo entre eles. En homínidos premeiro aparece M1, máis tarde aparece M2 e moito máis tarde aparecerá M3. Isto imlica unha maduración somática
ralentizada, prolongada. A adquisición da etapa adulta é máis tardía que noutros vertebrata. Ata que non é adulto hai unha dependencia paterno-filial. E xunto con esta dependencia tamén se produce un proceso de aprendizaxe. A ralentización da maduración somática implica que se acada a madurez máis tarde. Isto implica un maior tempo de dependencia cos proxenitores, habendo máis tempo de aprendizaxe, asegurando a supervivencia do adulto. Isto é típico de homínidos. Xa nos primeiros homínidos atopamos esta pauta, cendo que en Austrolopeticinos vemos que M1 está máis desgastado que M3.
A caixa craneana non é só esplacnocráneo- olfato. Hai que entrar na gracilización craneana, a humana presenta unha harmonización, non é tosca, brusca, como en gorillas. O masetero insértase dende a mandíbula ata o borde inferior do arco zigomático e o temporal dende o a borde superior (DEBUXO APUNTES CLASE) do arco zigomático ata ás paredes do cráneo, na bóveda craneana, isto é o que ocorre en Gorilla. Son músculos masticatorios, o punto fixo no masetero sempre vai ser o arco zigomático e o punto móbil será a mandíbula, ao comprimilo podemos triturar. Xéranse vectores de tracción mecánica cara o borde inferior do arco zigomático e transmítense ao borde superior do arco zigomático que vai e bifúrcase no temporal ata a bóveda craneana, vemos que hai unha cresta saxital desenrolada para soportar esa forte tracción mecánica. Pero parte desa tracción mecánica será transmitida cara adiante cara a rexión supraorbitaria, formando a rexión supraorbitaria, formando a rexión supraorbitaria, amortiguando esa tracción.
En homínidos a tracción mecánica xerada polo masetero vai ao arco zigomático e irradia en abanico cara o temporal que é suficiente para amortiguar esa tracción. Desaparecendo a cresta saxital e a supraorbitaria (desta quedan restos aínda do pasado). Entón podemos inferir o grao de desenrolo do aparato masticador analizando estas crestas.
Hai un forte desenrolo da musculatura nucal en Gorillas xa que hai un gran peso do esplacnocráneo que ten que ser contrarrestado por un vector posterior, de aí o forte desenrolo da musculatura nucal e unha cresta nucal.
En homínidos o esplacnocráneo non se proxecta cara adiante, polo que apenas é necesario unha importante musculatura nucal. Este retroceso afectará ao trapecio, esplenio e semiespinoso (DEBUXO APUNTES CLASE) serán os que máis se reducen e desaparecerá a cresta nucal, pero quedarán as liñas curvas occipitais, que serán máis gráciles.
Arquitectura cranena
As caixas craneanas en primates son largas e estreitas e vanse acurtando e ensanchando nos homínidos. Isto afecta ás proporcións craneanas. (DEBUXO APUNTES CLASE)
O valor angular de a vai decrecendo paulatinamente cara homínidos. Entón a estará medindo o grao de inclinación do macizo facial, o prognatismo. Na porción occipital temos o foramen magnum, e coa horizontal está o valor de b, diminuíndo cara homínidos. Entón os valores angulares de a van a par cos valores de b, habendo unha correlación entre eles, aínda que raro, ca que a fai referencia a posición do olfacto (prognatismo) e b á posición do foramen magnum. Este último vaise basalizando cara homínidos, conseguindo o óptimo punto de engarce da caixa craneana en humanos. E parece que a e b non terían que ver, pero as modificacións de a (prognatismo) e b (ortogradismo) están relacionados, xa que sen a redución do prognatismo sería imposible o ortogradismo.
(DEBUXO APUNTES CLASE)Entón a arquitectura craneana máis grácil permite un maior campo de visión no ortogradismo, o que é imprescindible para a supervivencia na sabana. O campo de visión aumenta ao engarzar a caixa craneana basalmente, aumentando a rotación da caixa craneana.