Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


La Distribución Social del Conocimiento: Tipos Ideales y Zonas de Relevancia - Prof. Outei, Apuntes de Comunicación Audiovisual

Este texto analiza el concepto de distribución social del conocimiento y propone tres tipos ideales: el experto, el hombre de la calle y el ciudadano informado. Además, se discuten las zonas de relevancia primordial, menor y las relevancias intrínsecas y impuestas. El texto también aborda la clasificación de los comunicadores según su sistema de relevancia.

Tipo: Apuntes

2012/2013

Subido el 31/12/2013

sgfonseca
sgfonseca 🇪🇸

3.7

(3)

3 documentos

1 / 7

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
O cidadán ben informado. Ensaio sobre a distribución social do coñecemento.1
Alfred Schutz
A característica sobranceira da vida do home no mundo moderno é a convicción de que o seu mundo da
vida a xeito de todo non é nin plenamente comprensible para el nin plenamente comprensible para ningún
dos seus iguais. Hai un depósito de coñecemento teoricamente dispoñible para calquera, contruído pola
experiencia práctica, pola ciencia, e pola técnica en calidade de visións e intuicións garantidas. Porén, este
depósito de coñecemento non está integrado. Consiste nunha pura xustaposición de sistemas máis ou
menos coherentes de coñecemento que de seu nin son coherentes nin compatibles entre si. Pola contra, os
abismos entre as distintas actitudes implicadas na aproximación ós sistemas especializados son de seu
condición do éxito da investigación especializada.
Se isto é certo no caso dos distintos campos de investigación científica, con máis razóns é válido no
tocante ós distintos campos de actividade práctica. Alá onde predominan os nosos intereses prácticos,
satisfacémonos co coñecemento de que certos medios e procedementos acadan certos resultados
desexados ou indesexados. O feito de que non entendamos o porqué e o cómo do seu funcionamento e de
que non saibamos nada das súas orixes non nos estorba á hora de manexarnos cómodamente con
situacións, cousas e persoas. Usamo-los aparellos máis complicados preparados por unha técnica moi
avanzada sen saber como funcionan os dispositivos. Non se dá por suposto que un conductor teña que
estar familiarizado coas leis da mecánica, nin un oínte de radio coas da electrónica. Un pode ser mesmo
home de negocios exitoso sen ter visión ningunha do funcionamento do mercado, ou banqueiro sen
rudimento ningún da teoría monetaria. Pode dicirse o mesmo do mundo social no que vivimos.
Apoiámonos no feito de que os nosos iguais han reaccionar segundo prevemos se actuamos perante eles
de certa maneira, en que institucións coma os gobernos, as escolas, os tribunais e os servizos públicos han
funcionar, de que unha orde de leis e costumes, de crenzas relixiosas e políticas, ha goberna-lo
comportamento dos nosos iguais igual ca goberna o noso. En termos do grupo social, podemos dicir con
Scheler que todo membro dun grupo ten un concepto relativamente natural do mundo que os membros
dese grupo dan por garantido.
Por útil que este concepto sexa en moitos aspectos, está claro que tódolos membros dun grupo non dan
por garantido e incuestionable o mesmo sector do mundo e cada un deles selecciona diferentes elementos
del a xeito de obxecto de investigación ulterior. O coñecemento está socialmente distribuído e o
mecanismo desta distribución pode vira-lo asunto dunha disciplina sociolóxica. É certo, temo-la así
chamada socioloxía do coñecemento. Sexa como for, con moi poucas excepcións, a disciplina que mal
chamamos así abordou o problema da distribución social do coñecemento só dende o punto de vista da
fundamentación ideolóxica da verdade no tocante a súa dependencia de condicións sociais e,
nomeadamente, económicas ou dende o punto de vista das implicacións sociais da educación, ou o do
papel social do home que ten coñecementos. Non foron os sociólogos, senón os economistas e os
filósofos os que estudaron algúns dos moitos outros aspectos teóricos do problema. Os economistas
descubriron que algúns conceptos da economía, como é o caso de competición perfecta, o monopolio e
tódalas formas intermedias, presupoñen que os diferentes actores no mundo da economía se conciben a
xeito de posuidores de depósitos variables de coñecemento e recursos económicos, fins, procedementos,
oportunidades e riscos implícitos na mesma situación. Os filófosos, pola súa banda, trataron do carácter
intersubxectivo do coñecemento, intersubxectivo non só porque se refira ó mundo real que nos é común a
todos e porque está suxeito á confirmación e a refutación dos outros, senón tamén porque o coñecemento
persoal de cada un de nós refire ó coñecemento acadado por outros: os nosos profesores e predecesores
(e transmítesenos a xeito de depósito preorganizado de problemas, xunto cos medios para as súas
solucións, regras procedimentais e cousas semellantes). Todos estes problemas polifacéticos pertencen á
ciencia teórica que trata da distribución social do coñecemento. Esta investigación é só un paso modesto
nesta dirección. O seu cometido é investigar qué motivos incitan ós homes que viven a súa vida cotiá na
nosa civilización moderna a aceptar incuestionablemente algunhas partes do concepto relativamente
natural do mundo que se lles transmite e a someter a cuestioamento outras partes.
1 A. Schutz, “The Well-Informed Citizen. An Essay on the Social Distribution of Knowledge” en Collected Papers II.
Studies in Social Theory. The Hague, Martinus Nijhoff, 1964, pp. 120-134.
pf3
pf4
pf5

Vista previa parcial del texto

¡Descarga La Distribución Social del Conocimiento: Tipos Ideales y Zonas de Relevancia - Prof. Outei y más Apuntes en PDF de Comunicación Audiovisual solo en Docsity!

O cidadán ben informado. Ensaio sobre a distribución social do coñecemento.^1 Alfred Schutz A característica sobranceira da vida do home no mundo moderno é a convicción de que o seu mundo da vida a xeito de todo non é nin plenamente comprensible para el nin plenamente comprensible para ningún dos seus iguais. Hai un depósito de coñecemento teoricamente dispoñible para calquera, contruído pola experiencia práctica, pola ciencia, e pola técnica en calidade de visións e intuicións garantidas. Porén, este depósito de coñecemento non está integrado. Consiste nunha pura xustaposición de sistemas máis ou menos coherentes de coñecemento que de seu nin son coherentes nin compatibles entre si. Pola contra, os abismos entre as distintas actitudes implicadas na aproximación ós sistemas especializados son de seu condición do éxito da investigación especializada. Se isto é certo no caso dos distintos campos de investigación científica, con máis razóns é válido no tocante ós distintos campos de actividade práctica. Alá onde predominan os nosos intereses prácticos, satisfacémonos co coñecemento de que certos medios e procedementos acadan certos resultados desexados ou indesexados. O feito de que non entendamos o porqué e o cómo do seu funcionamento e de que non saibamos nada das súas orixes non nos estorba á hora de manexarnos cómodamente con situacións, cousas e persoas. Usamo-los aparellos máis complicados preparados por unha técnica moi avanzada sen saber como funcionan os dispositivos. Non se dá por suposto que un conductor teña que estar familiarizado coas leis da mecánica, nin un oínte de radio coas da electrónica. Un pode ser mesmo home de negocios exitoso sen ter visión ningunha do funcionamento do mercado, ou banqueiro sen rudimento ningún da teoría monetaria. Pode dicirse o mesmo do mundo social no que vivimos. Apoiámonos no feito de que os nosos iguais han reaccionar segundo prevemos se actuamos perante eles de certa maneira, en que institucións coma os gobernos, as escolas, os tribunais e os servizos públicos han funcionar, de que unha orde de leis e costumes, de crenzas relixiosas e políticas, ha goberna-lo comportamento dos nosos iguais igual ca goberna o noso. En termos do grupo social, podemos dicir con Scheler que todo membro dun grupo ten un concepto relativamente natural do mundo que os membros dese grupo dan por garantido. Por útil que este concepto sexa en moitos aspectos, está claro que tódolos membros dun grupo non dan por garantido e incuestionable o mesmo sector do mundo e cada un deles selecciona diferentes elementos del a xeito de obxecto de investigación ulterior. O coñecemento está socialmente distribuído e o mecanismo desta distribución pode vira-lo asunto dunha disciplina sociolóxica. É certo, temo-la así chamada socioloxía do coñecemento. Sexa como for, con moi poucas excepcións, a disciplina que mal chamamos así abordou o problema da distribución social do coñecemento só dende o punto de vista da fundamentación ideolóxica da verdade no tocante a súa dependencia de condicións sociais e, nomeadamente, económicas ou dende o punto de vista das implicacións sociais da educación, ou o do papel social do home que ten coñecementos. Non foron os sociólogos, senón os economistas e os filósofos os que estudaron algúns dos moitos outros aspectos teóricos do problema. Os economistas descubriron que algúns conceptos da economía, como é o caso de competición perfecta, o monopolio e tódalas formas intermedias, presupoñen que os diferentes actores no mundo da economía se conciben a xeito de posuidores de depósitos variables de coñecemento e recursos económicos, fins, procedementos, oportunidades e riscos implícitos na mesma situación. Os filófosos, pola súa banda, trataron do carácter intersubxectivo do coñecemento, intersubxectivo non só porque se refira ó mundo real que nos é común a todos e porque está suxeito á confirmación e a refutación dos outros, senón tamén porque o coñecemento persoal de cada un de nós refire ó coñecemento acadado por outros: os nosos profesores e predecesores (e transmítesenos a xeito de depósito preorganizado de problemas, xunto cos medios para as súas solucións, regras procedimentais e cousas semellantes). Todos estes problemas polifacéticos pertencen á ciencia teórica que trata da distribución social do coñecemento. Esta investigación é só un paso modesto nesta dirección. O seu cometido é investigar qué motivos incitan ós homes que viven a súa vida cotiá na nosa civilización moderna a aceptar incuestionablemente algunhas partes do concepto relativamente natural do mundo que se lles transmite e a someter a cuestioamento outras partes. (^1) A. Schutz, “The Well-Informed Citizen. An Essay on the Social Distribution of Knowledge” en Collected Papers II. Studies in Social Theory. The Hague, Martinus Nijhoff, 1964, pp. 120-134.

II

Por razóns do noso estudo imos construír tres tipos ideais que chamaremos o experto, o home da rúa e o cidadán ben informado. O coñecemento do experto vese restrinxido a un campo limitado mais é, a ese respecto, claro e distinto. As súas opinións fúndanse en afirmacións garantidas; os seus xuízos non son pura conxectura nin vagas suposicións. O home da rúa ten coñecemento útil en moitos campos que non son necesariamente coherentes entre si. É un coñecemento de receitas que indican como acadar resultados típicos en situacións típicas por medios típicos. As receitas indican procedementos nos que se pode confiar, aínda que non se entendan claramente. Seguindo a prescrición coma se fose un ritual, pode acadarse o resultado desexado sen se preguntar por qué hai que seguir cada un dos pasos do procedemento e seguilos exactamente segundo a secuencia prescrita. Este coñecemento, en toda a súa vaguidade, é aínda abondo preciso para o obxectivo práctico que se persegue. En tódolos asuntos que non están conectados con tales obxectivos prácticos de interese inmediato, o home da rúa ten por guía os seus sentimentos e paixóns. Baixo a súa influencia, establece un conxunto de conviccións e de visións non clarificadas nas que se apoia sinxelamente na medida en que non intefiran coa súa procura da felicidade. O tipo ideal que propomos chamar o cidadán ben informado (abreviando así a expresión mási correcta: o cidadán que tenta estar ben informado) está entre o tipo ideal do experto e o do home da rúa. Por unha banda, non é, nin tenta ser, detentador de coñecemento experto; por outra banda, non se conforma coa fundamental vaguidade dunha pura receita de coñecemento nin coa irracionalidade das súas paixóns e sentimentos sen clarificar. Estar ben informado significa para el chegar a ter opinións razoablemente fundadas en campos que, polo que sabe, son polo menos de mediano interese para el, aínda que non inflúan no obxectivo que o ocupa. Todos estes tres tipos que esbozamos rudimentaraimente son, abofé, puros constructos ideados para o obxectivo da presente investigación. Con efecto, cada quen de nós na vida cotiá é a cada intre simultáneamente experto, cidadán ben informado e home da rúa, mais en cada caso a respecto de diferentes provincias do coñecemento. Amais, cada quen de nós coñece que o mesmo se pode dicir de calquera dos nosos iguais, e precisamente este feito codetermina o tipo específico de coñecemento que se emprega. Poño por caso que para o home da rúa é abondo saber que hai expertos ós que consultar se é que necesitase o seu consello para acada-los seus propósitos prácticos. As receitas das que se vale diranlle cando consultar a un avogado ou a un doutor, onde acada-la información que lle cómpre e cousas polo estilo. Por outra banda, o experto sabe moi ben que só un experto igual a el ha entender tódolos aspectos técnicos e implicacións dun problema do seu campo, e nunca aceptará un leigo ou diletante a xeito de xuíz competente das súas actuacións. Porén, é o cidadán ben informado o que se ten el propio por perfectamente cualificado para decidir quen é un experto competente e mesmo para se decidir despois de oír opinións de expertos opostas entre si. Moitos fenómenos da vida social poden entenderse plenamente só se os referimos á estrutura xeral subxacente da distribución social do coñecemento esbozada deste xeito. Só con este recurso faise posible unha teoría sociolóxica das profesións, do prestixio e maila competencia, do carisma e maila autoridade, e esta teoría lévanos á comprensión de relacións sociais tan complicadas como as que se dan entre o artista, o público e os críticos ou entre o fabricante, o minorista, o axente publicitario e o consumidor, ou entre o axente do goberno, o seu asesor técnico e a opinión pública. III Os tres tipos de coñecemento expostos difiren no tocante á disposición de da-las cousas por garantidas. A zona de cousas dadas por garantidas pode definirse dicindo que é ese sector do mundo que, en conexión co problema teórico ou práctico que nos preocupa nun momento determinado, non parece requerir máis investigación, aínda que non teñamos visión clara e distinta, nin comprensión, da súa estrutura. Do que se dá por garantido, ata a invalidación, crese que é sinxelamente o “dado”ou “dado segundo me parece a min” – quere dicir, segundo o experimentei e interpretei eu ou outros nos que confío. Toda o nosa posible interrogación á procura do descoñecido xurde só dentro de tal mundo de cousas supostamente precoñecidas, e presupón a súa existencia ou, para o dicir en palabras de Dewey, é a situación indeterminada da que toda posible investigación parte co obxectivo de transformala nunha determinada.

relevancias intrínsecas son o resultado dos nosos intereses elixidos, establecidos pola nosa decisión espontánea de resolver un problema por medio do noso pensamento, para acadar un obxectivo por medio da nosa acción, para acadar un estado das cousas proxectado. Seguramente somos libres de escoller aquilo no que estamos interesados, máis este interese, en canto está establecido, determínao o sistema de relevancias intrínseco ó interese escollido. Temos que nos conformar coas elevancias que así se establecen, acepta-la situación determinada pola súa estrutura interna, cumprir cos seus requerimentos. Con todo, seguen a estar, polo menos en certa medida, baixo o noso control. Visto que o interese do que dependen e no que se orixinan as relevancias intrínsecas se estableceu por causa da nosa escolla espontánea, podemos en calquera momento cambia-lo foco do seu interese e modificar, logo, as relevancias que lle son intrínsecas, obtendo entón un máximo de claridade por medio da investigación continua. Este proceso todo aínda ha amosar tódalas características dunha actuación espontánea. O carácter de todas estas relevancias en canto relevancias intrínsecas (quere dicir, intrínsecas ó interese elixido) ha manterse. Sexa como for, non só somos centros de espontaneidade, engranándonos co mundo e dando lugar a cambios dentro del, senón que tamén somos puros recipientes pasivos de acontecementos que están alén do noso control e que acontecen sen interferencia nosa. Hai situacións e acontecementos que se nos impoñen en calidade de relevantes e que non están conectados con intereses elixidos por nós, que non se orixinan en actos dependentes do noso arbitrio e que temos que coller como o que son, sen poder ningún para os modificar por medio das nosas actividades espontáneas, agás no caso de transforma-las relevancias que así se nos impoñen en relevancias intrínsecas. Mentres non se acada iso, non pensamos que as relevancias impostas están conectadas cos nosos obxectivos espontanemanete escollidos. Debido a que se nos impoñen, seguen sen clarificar e son case incomprensibles. Non é o meu cometido abordar aquí en detalle a entrada de relevancias que se impoñen ó individuo por acontecementos da súa vida persoal coma a doenza, a aflición, as intervencións divinas ou os problemas metafísicos do fado, o destino, a providencia ou o sentimento de estar “guindado no mundo” que Heidegger considera condición fundamental da existencia humana. En todo caso, as relevancias impostas teñen unha función importante na esfera social, o estudo da cal hanos levar de volta ó noso problema principal. IV Un esbozo das distintas zonas de relevancia revelou que o mundo que está da miña man é a cerna da relevancia primordial. Este mundo que está o meu alcance é, antes de nada, o sector do mundo que está verdadeiramente da miña man; despois, ese sector que anteriormente estaba ó meu verdadeiro alcance e agora está ó meu alcance potencial porque o podo volver traer ó meu verdadeiro alcance; e, finalmente, está ó meu alcance verdadeiro o que está ó alcance verdadeiro de vostede, o meu igual, e estaría ó meu verdeiro alcance de eu non estar aquí onde estou, senón aí onde está vostede (dito en poucas palabras, se eu estivese no seu lugar). Entón, verdadeira ou potencialmente, un sector do mundo está ó alcance común de min e do meu igual; está ó noso alcance, sempre que (e esta restricción é de moita importancia) o meu igual teña un lugar definido no mundo ó meu alcance como eu o teño no seu. Temos, logo, un entorno común que se ten que definir por medio dos nosos intereses comúns, o seu e o mailo meu. Seguramente, un e outro teremos un sistema de relevancias distinto e un coñecemento diferente do entorno común, aínda que só sexa pola razón de que el ve dende “alí” todo o que eu vexo dende “aquí”. Porén, podo establecer dentro deste entorno común e dentro da zona de intereses comúns relacións sociais co Outro individualizado. Dito en poucas palabras, o Outro está parcialmente baixo o meu control do mesmo xeito que eu estou baixo o del, e el e mais eu non só sabemos isto, senón que tamén sabemos do noso mutuo coñecemento que é de seu un medio pra exercer control. Dirixíndonos espontánemaente o un ó outro, “sintonizando” espontáneamente, temos polo menos algunhas relevancias intrínsecas en común. Algunhas só. En toda interacción social permanece unha porción do sistema de relevancias intrínsecas de cada compañeiro que non é compartida polo Outro. Ten isto dúas consecuencias importantes. En primeiro lugar, supoñamos que Pedro e Pablo son parella nunha interacción social de calquera tipo. Na medida en que Pedro é o obxecto da acción de Pablo e ten que ter en conta os obxectivos específicos de Pablo que el, Pedro, non comparte, as relevancias intrínsecas de Pablo son para Pedro relevancias extrínsecas e viceversa. (O concepto de relevancias impostas aplicado ás relacións sociais non contén referencia ningunha ó problema de se a imposición implicada é aceptada ou non por un dos membros da parella. Parece que o grao de disposición para aceptar ou non aceptar, para dar lugar, ou para resistir, a imposición das relevancias intrínsecas do outro pode usarse vantaxosamente para facer unha clasificación dos varios tipos de relación social). En segundo lugar, Pedro ten coñecemento pleno só do seu propio sistema de relevancias intrínsecas. O sistema de relevancias intrínsecas de Pablo, a xeito de todo, non é plenamente accesible a Pedro. Na medida en que Pedro ten coñecemento parcial del (saberá polo menos o

que Pablo lle impón) este coñecemento nunca terá aquel grao de precisión que sería suficiente se o que é puramente relevante para Pedro fose un elemento do sistema de relevancias intrínsecas de Pablo. As relevancias impostas seguen a ser previsións baleiras, incumpridas. Tal é a distribución do coñecemento na relación social entre individuos, se cada un deles ten o seu lugar determinado no mundo do Outro, se cada un está baixo o control do Outro. En certa medida, pode dicirse o mesmo da relación entre endogrupos e exogrupos se cada un deles é coñecido para o Outro na súa especificidade. En todo caso, canto máis anónimo vira o Outro e menos pode o seu par enxergar o seu lugar no cosmos social, máis mirra a zona de relevancias intrínsecas común e máis medra a das impostas. Sexa como for, é característico da nosa civilización moderna estende-la anonimidade recíproca das parellas ou persoas que se relacionan entre si. Estamos cada vez menos determinados na nosa situación social polas relacións con pares individuais que están ó noso alcance inmediato ou mediado, e cada vez estamos máis determinados por tipos moi anónimos que non teñen lugar fixo no cosmos social. Somos cada vez menos capaces de escolle-los nosos compañeiros no mundo social e de comparti-la nosa vida social con eles. Estamos, para dicilo dalgún xeito, potencialemtne suxeitos ó control remoto de calquera. Non hai punto ningún do mundo que estea a máis de sesenta horas de avión do lugar no que vivimos; as ondas eléctricas levan mensaxes nunha fracción de segundo dun cabo a outro da terra; e moi logo tódolos lugares deste mundo serán albo potencial de armas destructivas lanzadas dende calquera oturo lugar. O noso propio entorno social está ó alcance de calquera, en calquera lugar; un Outro anónimo, dos que nos son descoñecidos os obxectivos por mor da súa anonimidade, pode pornos baixo o seu control xunto cos nosos sistemas de intereses e relevancias. Somos cada vez menos donos do noso dereito a definir o que é relevante para nós e o que non o é. As relevancias política, económica e socialmente impostas que están alén do noso control temos que telas en conta tal como son. Temos, logo, que coñeceleas. Ora ben, en qué medida? V Esta cuestión lévanos de volta ós tres tipos ideais de coñecemento descritos ó principio a xeito de experto, cidadán ben informado e home da rúa. Este último vive, por dicilo dalgún xeito, infantilmente atendendo ás relevancias intrínsecas de seu e do seu endogrupo. As relevancias impostas tenas en conta só a xeito de elementos da situación que hai que definir ou a xeito de datos ou condicións para o seu curso de acción. Tenas sinxelamente por dadas e non se esforza por tentar entende-la súa orixe e estrutura. Por que é que algunhas cousas son máis relevantes ca outras, por qué zonas que aparentan ser de intrínseca irrelevancia poden ocultar elementos que se lle poden impor o día de mañá a xeito de cousa de máxima relevancia non é asunto do seu interese; estas cuestións non inflúen no seu actuar e pensar. Non cruzará a ponte antes de chegar a ela, e dá por garantido que atopará unha ponte cando lle cumpra e que será forte dabondo para sostelo. Esta é unha das razóns de por qué á hora de forma-las súas opinións está moito máis dominado polo sentimento ca pola información, e de que prefira, como amosaron amplamente as estatísticas, as páxinas de viñetas dos xornais ás noticias da sección internacional, os concursos de preguntas da radio ós comentaristas de noticias. O experto, segundo entendemos este termo, síntese cómodo nun sistema de relevancias impostas (impostas, quere dicir, polos problemas prestabelcidos dentro do seu campo) ou, para ser máis precisos, pola súa decisión de virar experto en canto aceptou as relevancias impostas no seu campo a xeito de relevancias intrínsecas, e as únicas intrínsecas, para o seu actuar e pensar. Porén, este campo está estritamente limitado. É ben certo que hai problemas marxinais e mesmo problemas fóra deste campo específico, mais o experto inclínase a llos asignar a outro experto do que supostamente son competencia. O experto parte da presuposición non só de que o sistema de problemas establecido no seu campo é relevante, senón de que é o único sistema relevante. Todo o seu coñecemento refírese a este campo de referencia que se estableceu dunha vez por todas. O que non o acepta a xeito de sistema monopolizado de relevancias intrínsecas non comparte co experto un universo de discurso. Pode esperar do consello do experto só a indicación de medios oportunos para acadar fins prestablecidos, mais non a determinación dos propios fins. A famosa declaración de Clemenceau de que a guerra é un negocio importante de máis para llo deixar exclusivamente ós xenerais ilustra a maneira en que un home orientado cara a fins máis amplos reacciona á recomendación do experto. O cidadán ben infomado atópase el propio emprazado nun dominio que pertence a un número infinito de marcos de referencia posibles. Non hai dispostos fins prestablecidos, non hai fronteiras fixadas dentro das que un poida procurar abeiro. Ten que escolle-lo marco de referencia por medio da elección do seu interese; ten que investigar as zonas de relevancia vinculadas a el; e ten que recadar todo o coñecemento posible da orixe e fontes das relevancias que se lle impoñen verdadeira ou potencialmente. En termos da

calquera outra relación social, se temos coñecemento íntimo do informante ou se permanece máis ou menos anónino. Sexa como for, todos estes factores son extremadamente importantes, mesmo decisivos, polo peso que nós, cidadáns á procura de información, atribuímos á fonte do noso coñecemento socialmente derivado. É imposible entrar aquí en tódalas implicacións do problema. Sexa como for, mesmo o cadro rudimentario que aquí se esboza estaría incompleto sen se mencionar brevemente outro aspecto da distribución social do coñecemento que é, en certa medida, ó contrario do coñecemento socialmente derivado. Chamarémoslle coñecemento socialmente aprobado. Todo coñecemento, as nosas propias experiencias orixinarias igual ca todo tipo de coñecemento socialmente derivado, gaña peso adicional se o aceptamos non só nós mesmos, senón outros membros do noso endogrupo. Eu coido que as miñas experiencias son correctas sen dúbida ningunha se outros ós que considero competentes corroboran o que me parece, quer de resultas das súas experiencias ou sinxelamente porque confían en min. Se creo que o meu pai, o meu sacerdote e o meu goberno teñen autoridade, entón as súas opinións teñen peso especial e este propio peso ten o carácter dunha relevancia imposta. O poder do coñecemento socialmente aprobado está tan extendido que o que o endogrupo todo aproba (maneiras de pensar e actuar, tales coma os costumes, tradicións e hábitos) dáse sinxelamente por garantido; vira elemento do concepto relativamente natural do mundo, aínda que a fonte de tal coñecemento permaneza enteiramente oculta na súa anonimidade. Logo, a zona de cousas dadas por garantidas, o concepto relativamente natural do mundo a partir do que empeza toda investigación e que toda investigación presupón, revélase el propio a xeito de sedimento de actos de experiencia previos (tanto meus coma dos outros) que están socialmente aprobados. Permítaseme rematar con algunhas indicacións verbo da natureza e función da relación recíproca entre o coñecemento socialmente derivado e o coñecemento socialmente aprobado, secomasí tirar só unha conclusión práctica para a diagnose da situación presente. O coñecemento socialmente aprobado é fonte de prestixio e autoridade; tamén é o ambito propio da opinión pública. Só se ten por experto ou cidadán ben informado o que é socialmente aprobado en calidade de tal. Obtido este grao de prestixio de experto ou de cidadán ben informado, as opinións reciben peso adicional nun reino de coñecemento socialmente derivado. Nos nosos tempos, o coñecemento socialmente aprobado tende a suplanta-lo sistema subxacente de relevancias intrínsecas e impostas. As enquisas, entrevistas e os cuestionarios tentan calibra-la opinión do home da rúa, que nin sequera mira ningún tipo de información que vaia alén do seu sistema habitual de relevancias intrínsecas. A súa opinión, que é opinión pública no senso no que hoxe se entende, vira cada vez máis socialmente aprobada a expensas da opinión informada e daquela imponse ela propia a xeito de relevante sobre os membros mellor informados da comunidade. Certa tendencia a malinterpreta-la democracia a xeito de institución política na que a opinión do home desinformado que anda pola rúa debe predominar incrementa o perigo. O deber e o privilexio do cidadán ben informado nunha sociedade democrática é, logo, facer que a súa opinión privada prevaleza sobre a opinión pública do home da rúa.