Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


TEMA 5 ATMOSFERA 2 BACH, Esquemas y mapas conceptuales de Ciencias de la Tierra y del Medio Ambiente

TEMA 5 ATMOSFERA 2 BACHILLERATO CTMA

Tipo: Esquemas y mapas conceptuales

2022/2023

A la venta desde 25/06/2023

sofia-fernandez-94
sofia-fernandez-94 🇪🇸

4 documentos

1 / 8

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
1
TEMA 5. A ATMOSFERA
Enténdese por atmosfera a capa gasosa que envolve á Terra.
1 COMPOSICIÓN DA ATMOSFERA
Na súa composición participan gases:
Maioritarios (N2, O2, Ar, CO2).
Minoritarios, os cales poden dividirse á súa vez en:
o Reactivos (CO, CH4, hidrocarburos, NO2, NH3, SO2, ozono, etc.
o Non reactivos (He, Ne, Kr, Xe, H2, N2O).
Variables, como o vapor de auga, cun papel moi importante na regulación do clima; e os
contaminantes.
Compoñentes
% en volume
N2
O2
Ar
CO2
78,0
20,9
0.93
0,03
2 ALBEDO
Unha característica da atmosfera é que filtra parte das radiacións procedentes do Sol, protexendo a vida
das radiacións máis enerxéticas, así como mantendo unha temperatura media con menos oscilacións.
Da enerxía total que chega a Terra unha parte reflíctese de novo ó espazo nunha porcentaxe que se
denomina albedo. Este valor depende da composición da propia atmosfera e da mesma superficie
terrestre. Deste xeito, a nubosidade, po atmosférico ou os gases da atmosfera, así como a presenza
de masas de xeo e neve ou incluso da porcentaxe de solo con vexetación condicionan en grande
medida o albedo da Terra.
3 ESTRUTURA DA ATMOSFERA
Troposfera (tropos= xiro). É a capa inferior da atmosfera e termina na tropopausa. A súa temperatura
diminúe coa altura, dende uns 15 ºC de media na superficie ata uns -70 ºC na tropopausa.
Nela ocorren a maioría dos fenómenos meteorolóxicos, polo que se denomina capa do clima:
fórmanse a maioría das nubes, as precipitacións e existen movementos de masas de aire. Aquí ten
lugar o efecto invernadoiro provocado pola presenza de certos gases (CO2, vapor de auga, etc).
Estratosfera. Esténdese dende a tropopausa ata a estratopausa situada a uns 50-60 km de altitude.
Nela o aire é moi tenue e non existen movementos verticais, senón
horizontais. Non existen nubes, agás na súa parte inferior. A
temperatura aumenta ata acadar un valor máximo na estratopausa.
Entre os 15 e os 30 km de altura concéntrase a maior parte do
ozono atmosférico formando a chamada capa de ozono. Esta presenta
un espesor variable, máximo no Ecuador e mínimo nos Polos. O ozono
(O3) estase formando a partir do osíxeno molecular (O2) e destruíndose
nun equilibrio dinámico que retén o 90% das radiacións ultravioleta, ó
tempo que aumenta a temperatura nesta capa. Este feito ten unha gran
importancia para a vida.
Mesosfera. Esténdese ata a mesopausa, situada a uns 80 km de
altura. A temperatura diminúe de novo nesta capa.
Ionosfera ou termosfera. Prolóngase ata o quilómetro 600 aproximadamente. Aquí a temperatura
aumenta ata uns 1000 ºC debido á absorción das radiacións solares de onda máis curta (raios X e
gamma), provocando a ionización das moléculas de N2 e O2 presentes.
pf3
pf4
pf5
pf8

Vista previa parcial del texto

¡Descarga TEMA 5 ATMOSFERA 2 BACH y más Esquemas y mapas conceptuales en PDF de Ciencias de la Tierra y del Medio Ambiente solo en Docsity!

TEMA 5. A ATMOSFERA

Enténdese por atmosfera a capa gasosa que envolve á Terra. 1 COMPOSICIÓN DA ATMOSFERA Na súa composición participan gases: ❖ Maioritarios (N 2 , O 2 , Ar, CO 2 ). ❖ Minoritarios , os cales poden dividirse á súa vez en: o Reactivos (CO, CH 4 , hidrocarburos, NO 2 , NH 3 , SO 2 , ozono, etc. o Non reactivos (He, Ne, Kr, Xe, H 2 , N 2 O). ❖ Variables , como o vapor de auga, cun papel moi importante na regulación do clima; e os contaminantes.

Compoñentes % en volume

N 2

O 2

Ar

CO 2

2 ALBEDO

Unha característica da atmosfera é que filtra parte das radiacións procedentes do Sol, protexendo a vida das radiacións máis enerxéticas, así como mantendo unha temperatura media con menos oscilacións. Da enerxía total que chega a Terra unha parte reflíctese de novo ó espazo nunha porcentaxe que se denomina albedo. Este valor depende da composición da propia atmosfera e da mesma superficie terrestre. Deste xeito, a nubosidade, po atmosférico ou os gases da atmosfera, así como a presenza de masas de xeo e neve ou incluso da porcentaxe de solo con vexetación condicionan en grande medida o albedo da Terra. 3 ESTRUTURA DA ATMOSFERATroposfera (tropos= xiro). É a capa inferior da atmosfera e termina na tropopausa. A súa temperatura diminúe coa altura, dende uns 15 ºC de media na superficie ata uns - 70 ºC na tropopausa. Nela ocorren a maioría dos fenómenos meteorolóxicos, polo que se denomina capa do clima: fórmanse a maioría das nubes, as precipitacións e existen movementos de masas de aire. Aquí ten lugar o efecto invernadoiro provocado pola presenza de certos gases (CO 2 , vapor de auga, etc). ➢ Estratosfera. Esténdese dende a tropopausa ata a estratopausa situada a uns 50-60 km de altitude. Nela o aire é moi tenue e non existen movementos verticais, senón horizontais. Non existen nubes, agás na súa parte inferior. A temperatura aumenta ata acadar un valor máximo na estratopausa. Entre os 15 e os 30 km de altura concéntrase a maior parte do ozono atmosférico formando a chamada capa de ozono. Esta presenta un espesor variable, máximo no Ecuador e mínimo nos Polos. O ozono (O 3 ) estase formando a partir do osíxeno molecular (O 2 ) e destruíndose nun equilibrio dinámico que retén o 90% das radiacións ultravioleta, ó tempo que aumenta a temperatura nesta capa. Este feito ten unha gran importancia para a vida. ➢ Mesosfera. Esténdese ata a mesopausa , situada a uns 80 km de altura. A temperatura diminúe de novo nesta capa. ➢ Ionosfera ou termosfera. Prolóngase ata o quilómetro 600 aproximadamente. Aquí a temperatura

aumenta ata uns 1000 ºC debido á absorción das radiacións solares de onda máis curta (raios X e

gamma), provocando a ionización das moléculas de N 2 e O 2 presentes.

Exosfera. Esténdese ata o quilómetro 800 aproximadamente. É a última capa e o seu límite ven marcado por unha baixísima densidade atmosférica, similar á do espazo exterior. 3.1 Gradientes verticaisGradiente vertical de temperatura. Representa a variación da temperatura do aire na vertical, este (en condicións estáticas) ten un valor medio de - 0,65 ºC/100 m. O quere dicir que o aire situado a un quilómetro de altura terá unha temperatura 6,5 ºC menor que ao nivel do mar. ❖ Inversión térmica. É o espazo aéreo no cal a temperatura aumenta coa altura na troposfera en vez de diminuír. Estas inversións térmicas impiden os movementos verticais do aire e pódense presentar a calquera altura da troposfera. Unha das causas que orixina este fenómeno acontece nas noites frías: O chan perde calor por radiación facendo que arrefríe rapidamente xunto co aire que está en contacto con el. O resultado é unha capa de menor temperatura que o aire superior, o que adoita ir asociado a formación de néboas por condensación da humidade. A inversión térmica remata desaparecendo durante o día. 4 DINÁMICA ATMOSFÉRICA O aire atmosférico desprázase movido por variacións na temperatura, presión ou mesmo a humidade. 4.1 Convección debido á presión atmosférica A presión exercida pola atmosfera sobre a superficie terrestre é de 1 atmosfera (1013 mb). Non obstante, as diferenzas de temperatura provocan que as masas de aire teñan distinta densidade e por conseguinte exerzan diferente presión:  Borrasca. Zona de baixa presión(< 1013 mb): o aire menos denso tende a ascender facendo que o aire veciño en superficie tenda a ocupar o seu espazo.  Anticiclón. Zona de alta presión (> 1013 mb) na que o aire ó ser máis denso tende a baixar desprazando ó aire da superficie radialmente.

A máxima radiación solar recíbese no ecuador, iniciándose aquí o ascenso de masas de aire (Zona de Converxencia Intertropical) que normalmente veñen cargadas de humidade provocando intensas precipitacións. Os ventos en altura acaban descendendo por arrefriamento na zona subtropical situada a uns 30º de latitude, xerando así unha zona de anticiclóns subtropicais. En superficie estas masas de aire descendente desprázanse cara ó suroeste formando os ventos alisios que conflúen de novo no ecuador; e por outra parte os ventos antialisios que sopran cara ó nordeste. Por outra parte, a zona de menos radiación solar sitúase nas zonas polares onde se orixinan masas de aire frío anticiclónicas que en superficie acaban desprazándose cara ó sueste. Na zona subártica, situada ós 60º de latitude conflúen estes ventos fríos levantes cos antialisios subtropicais orixinando a zona de borrascas subártica de grande inestabilidade atmosférica. 4.3 Formación de precipitacións Precipitación é a caída de auga líquida ou sólida sobre a superficie terrestre procedente das nubes. Pode orixinarse por diferentes mecanismos: ❖ Convección térmica. Prodúcese como consecuencia do ascenso convectivo de aire cálido e húmido ata acadar o nivel de condensación. ❖ Convección orográfica. O choque dunha masa de aire húmido contra unha montaña provoca o seu ascenso por ela ata acadar o seu nivel de condensación e orixinará choivas. ❖ Precipitacións frontais. Orixínanse a partir dunhas situacións de tipo dinámico que se coñecen como frontes. Unha fronte é unha zona de contacto entre dúas masas de aire de distinta temperatura e humidade. As dúas masas compórtanse como sistemas illados, polo que non se mesturan senón que chocan e a máis cálida ascende sobre a fría provocando a condensación do vapor de auga que transporta. Existen tres tipos de frontes: ➢ Frías. Fórmanse cando unha masa de aire frío é movida polo vento ata que entra en contacto con outra de aire cálido. A masa fría, máis rápida e densa, introdúcese a modo de cuña baixo a cálida obrigándoa a ascender. Orixinan chuvascos e tormentas intensos e curtos. ➢ Cálidas. Fórmanse cando é a masa de aire cálido a que se despraza ata encontrarse con outra de aire máis frío. Ó igual que no caso anterior, a que ascende pola fronte é a cálida, que é a menos densa. Producen precipitacións débiles pero prolongadas. ➢ Ocluídas. Aparecen pola superposición de dúas frontes distintas, unha fría e outra cálida. Unha delas, xeralmente a cálida, acaba por perder o contacto co chan (ocluída) deixando á outra, xeralmente a fría, en contacto coa superficie. As precipitacións son variables. 5 O CLIMA Denominamos clima ó conxunto de fenómenos de tipo meteorolóxico que caracterizan o tempo atmosférico nun lugar determinado da Terra. O clima calcúlase a partir dos valores medios e características habituais do tempo atmosférico recollidos durante un mínimo de 20 ou 30 anos. Elementos do clima: ❖ Temperatura do aire. ❖ Insolación e nubosidade. ❖ Humidade do aire, néboa. ❖ Precipitacións líquidas e sólidas. ❖ Presión e vento. ❖ Evaporación , evapotranspiración e aridez.

Un instrumento para a representación e análise dun clima é o climograma. Un climograma é un gráfico no que se representan as precipitacións e temperaturas dunha zona

ó longo do ano. Cos valores extraídos dun

climograma podemor determinar as

características principais do clima nunha

zona determinada.

5.1 Condicionantes do clima nas nosas latitudes O clima nas zonas temperadas do hemisferio norte está condicionado pola posición que ocupe o dúo formado pola fronte polar e a corrente do chorro polar, que fan de fronteira entre o aire frío polar e o cálido tropical. ❖ Fronte polar está formada por unha serie de frontes cálidas, frías e ocluídas, que rodean a Terra como se fosen unha fronte única. Como calquera outra fronte, é unha zona imaxinaria que separa masas de aire a distinta temperatura: fría procedente do Nordeste por riba dos 60º que choca frontalmente cos ventos cálidos procedentes do Suroeste por baixo desa latitude. ❖ Chorro polar , denominado tamén "Jet stream" son uns fluxos de ventos moi rápidos (superiores na maioría dos casos ós 200 km/h) que se propagan de Oeste a Leste a altura da tropopausa. Este fluxo circumpolar orixínase polo ascenso rápido do aire quente tropical que queda atrapado entre a tropopausa e a propia masa de aire frío, circulando horizontalmente en altura. Non sempre resulta un fluxo rectilíneo, senón que ás veces configura ondas de lonxitude e frecuencia variables. Como a fronte e o chorro polares son elementos dinámicos que varían coas circunstancias, o tempo na nosa zona dependerá en grande medida da posición de ambos. No verán do H. norte a fronte polar e o chorro sitúanse nas proximidades do Polo Norte; mentres que no inverno descenden a latitudes menores. 5.2 O clima na Península A península ibérica atópase na zona de climas temperados. Non obstante, as características do clima non son homoxéneas, senón que existen subdivisións climáticas en función de aspectos como a proximidade ó mar, os ventos ou a altitude. A España peninsular pódese dividir en catro grandes zonas climáticas:  Clima mediterráneo Corresponde á franxa mediterránea peninsular. Os veráns son cálidos e secos, mentres os invernos son suaves. As precipitacións son irregulares e concéntranse sobre todo en outono, en moitos casos de carácter torrencial.

b) En que sentido sopra o vento na zona de Galicia? De onde procede?. En que lugares do mapa o vento será máis intenso?. c) Identifica as distintas frontes e sinala as súas consecuencias meteorolóxicas. d) A partir da información anterior, cales serán as condicións de precipitación e de temperatura que se esperan para a zona de Galicia?.

  1. Analiza os climogramas destas cidades comparando:
    • As precipitacións totais anuais
    • A distribución das precipitacións ó longo do ano.
    • A forma de precipitacións: auga cando a Tª é superior a 3º ou de neve cando é inferior.
    • A amplitude térmica verán-inverno.
    • As máximas temperatura de verán e inverno.
    • Os períodos de seca (cando as precipitacións son menores que o dobre das temperaturas e os de humidade (cando as precipitacións son maiores que o dobre das temperaturas)
  2. Segundo estes valores trata de clasificar e describir o clima de cada cidade. Que diferenzas se poden apreciar entre o clima de Vigo e o de A Coruña?.
  3. En función desas características, a que clima corresponden os anteriores climogramas.
  1. Completa o seguinte encrucillado cos termos correspondentes: