








Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Tema de Platon de 2ºbachillerato
Tipo: Apuntes
1 / 14
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!









Platón (427-347 a.C.) naceu en Atenas pouco despois da morte de Pericles (495-429 a.C.), o gobernante que levara esta polis grega ao seu máximo apoxeo político, cultural e artístico.
O século V a.C., a gran época democrática de Atenas, comezara coas guerras médicas (490-449 a.C.). Apenas cincuenta anos despois da derrota dos persas, o imperialismo ateniense foi a causa doutra guerra, desta vez liderada por Esparta, contra a propia Atenas: a guerra do Peloponeso (431-404 a.C.). A contenda rematou coa derrota de Atenas e supuxo o fin do soño de Pericles: unha Grecia unida baixo leis democráticas.
Esparta impuxo un goberno aristocrático —os trinta tiranos—, do que formaron parte algúns parentes de Platón. A súa familia pertencía á nobreza, polo que debeu recibir unha educación privilexiada, e é probable que loitase como soldado contra Esparta.
Entón comeza a decadencia de Atenas. A democracia sería reinstaurada, pero a cidade xa nunca volvería ao seu antigo esplendor, aínda que mantería un prestixio cultural que se prolongaría durante séculos. Politicamente, a cidade entrou nunha fase na que a habilidade retórica dos seus cidadáns marcaría a toma de decisións. Platón culparía os sofistas desta situación, que, ao seu xuízo, converteran os políticos en embaucadores.
Ademais, aos vinte anos, o mozo Aristocles —Platón é un alcume— coñece a Sócrates, a quen sempre considerou o máis xusto dos homes do seu tempo. Anos máis tarde, a condena a morte do seu mestre por parte dun réxime democrático provocou un xiro na vida de Platón: mentres na súa xuventude se inclinara pola política —un interese que sempre mantivo—, a morte inxusta de Sócrates empuxouno á filosofía.
Nun primeiro momento, Platón refuxiouse en Megara e, posteriormente, viaxou ao sur de Italia, onde entrou en contacto co pitagorismo, e a Sicilia, onde fixo amizade con Dion, curmán do tirano de Siracusa, Dionisio I. Tentou que o tirano puxese en práctica a súa filosofía política, pero fracasou no seu intento e regresou a Atenas. Alí abriu unha escola, a Academia, que podería considerarse a primeira universidade europea, onde ensinou durante vinte anos.
Posteriormente, volveu a Siracusa en outras dúas ocasións, tentado pola posibilidade de instaurar un goberno de filósofos, pero o asasinato do seu amigo Dion fíxolle renunciar para sempre ao seu soño político. A experiencia volveuno
interpretación. Ademais, Platón emprega con frecuencia mitos na súa exposición. Estes mitos teñen unha intención didáctica e non deben tomarse ao pé da letra, pero non sempre resulta fácil saber onde remata o mito e onde comeza o pensamento filosófico. Con todo, os diálogos de Platón estimulan sempre a reflexión e nelos formúlanse a maioría das cuestións que decidirán o camiño de toda a filosofía posterior.
Todos os diálogos escritos por Platón foron conservados na biblioteca da Academia e todos chegaron ata nós, aínda que non se preservou ningunha das leccións que impartiu. Quédannos, ademais, algunhas cartas, entre elas a famosa Carta VII, documento importante para esclarecer a vida de Platón e na que o propio filósofo dá as claves para interpretar o seu pensamento.
Principais diálogos platónicos:
● Primeiros diálogos: Apoloxía de Sócrates, Critón, Protágoras. ● Diálogos de transición: Gorgias, Menón, Crátilo. ● Diálogos de madurez: Banquete, Fedón, República, Fedro. ● Últimos diálogos: Parménides, Sofista, Político, Leis, Critias, Timeo.
A teoría das ideas é a concepción central da filosofía platónica e consiste en afirmar que as ideas abstractas procedentes das matemáticas —o concepto de círculo, por exemplo—, da ética —como a noción de ben— e, en xeral, de toda a realidade sensible —as especies de animais ou plantas— teñen existencia e son reais.
Con todo, as ideas non existen no mundo sensible que nos rodea, caracterizado pola imperfección, senón nun mundo que se atopa máis aló do mundo sensible e que, por ser alcanzable exclusivamente mediante a razón en lugar de polos sentidos, coñécese como mundo intelixible. Ao distinguir entre dous mundos, Platón defende unha concepción dualista da realidade, un dualismo ontolóxico.
As ideas —Platón chamábaas tamén formas— non son simplemente abstraccións ou representacións mentais, senón que existen con independencia das cousas: son realidades obxectivas que existen, ademais, independentemente do noso pensamento. Así, hai moitas cousas belas, pero un único concepto universal da beleza mesma, e neste concepto capta a esencia das cousas que chamamos belas. Platón vai aínda máis aló: as ideas son a verdadeira realidade, mentres que o mundo sensible é meramente apariencia.
Platón atribúe ás ideas as mesmas características que o ser para Parménides: son únicas, eternas, inmutables e inalterables. As cousas, pola contra, son sensibles,
múltiples, sometidas permanentemente ao cambio e, por tanto, menos reais que as ideas.
Un círculo, por exemplo, pode ser debuxado con lapis, compás ou mediante un ordenador. Tres círculos así debuxados serán moi diferentes e conterán distintos niveis de imperfección. Con todo, nos tres casos serán círculos, aínda que ningún se adecúe perfectamente á definición. Os matemáticos, con todo, estudan unha noción de círculo perfecta, e a innovación de Platón consistiu en asegurar que esa noción, perfecta e inmutable, tiña existencia real. Esta idea perfecta de círculo non podía existir no mundo sensible, onde só se dan círculos imperfectos, senón no mundo intelixible, onde se atopan as ideas, sendo a máis elevada de todas elas, segundo Platón, a idea do Ben.
A relación entre os dous mundos
As ideas son o modelo das cousas e pode dicirse, por tanto, que as cousas existen grazas ás ideas. Platón afirma que as ideas son causas das cousas e que todos os xuízos que emitimos sobre elas teñen como referencia a idea correspondente, de xeito que podemos afirmar, por exemplo, que unha acción é xusta porque existe a idea de xustiza.
Entre as ideas e as cousas hai unha relación que Platón caracterizou en algúns diálogos como participación ( methexis ) e noutros como imitación ( mímesis ). Pode dicirse, por tanto, que as cousas brancas o son porque teñen parte da idea de brancura ou porque imitan a idea de brancura. En ambos casos, Platón expresa que as cousas sensibles son meras copias ou reflexos das ideas, e, por tanto, son menos reais que estas.
A contraposición entre os dous mundos (sensible e intelixible) aparece ilustrada en a República co máis célebre dos mitos platónicos, a alegoría da cova. Platón pídenos imaxinar unha cova subterránea cunha entrada pola que penetra a luz. Na cova, uns homes encadeados desde nenos teñen a vista posta na parede do fondo. Tras eles, hai un lume e, no medio, un camiño a certa altura e un muro que fai de pantalla. Polo camiño desfilan homes que levan todo tipo de obxectos, e as sombras destes obxectos reflíctense na parede da cova. O único que poden ver os prisioneiros son as súas propias sombras e as dos obxectos reflectidos na parede, e estas sombras serán para eles a realidade.
Se un destes prisioneiros fose liberado e obrigado a mirar cara á luz do lume, tería que facer un esforzo para acostumar a vista. Se, tras ser conducido polo camiño escarpado, alcanzase a saída, ao principio quedaría cego pola luz do sol. Ao cabo dun tempo, con todo, empezaría a vislumbrar os obxectos reais, ata ser capaz de mirar directamente ao sol e comprender que é a fonte que dá vida a todas as cousas da natureza.
A teoría das ideas ou das formas desenvolvida por Platón supón, por unha banda, unha alternativa ao relativismo dos sofistas e, por outra, permite conciliar concepcións tradicionalmente discrepantes da etapa presocrática, como a defendida por Parménides (o verdadeiro ser, a verdadeira realidade, non cambia) e por Heráclito (o mundo sensible atópase nun cambio constante).
No orixe da teoría atopamos tres aspectos fundamentais:
A teoría das ideas ten tres obxectivos en Platón, relacionados coa teoría do coñecemento ou gnoseoloxía, coa ética e coa política:
● Teoría do coñecemento: Para Platón, o coñecemento verdadeiro non pode tratar dos obxectos sensibles, xa que só hai coñecemento do que é estable e permanente, é dicir, do universal. O verdadeiro coñecemento debe versar sobre as ideas ( eidos ) ou formas ( morphe ).
● Ética: Como Sócrates, Platón necesita valores absolutos universais, para rexeitar o relativismo moral dos sofistas. Para ser bo ou xusto, é preciso coñecer que é a bondade ou que é a xustiza.
● Política: A finalidade última das concepcións platónicas céntrase na organización da cidade. Para que haxa xustiza na polis, precisan existir gobernantes xustos, é dicir, que coñezan as ideas de xustiza e ben. Os gobernantes deben ser filósofos/as, e a filosofía é a única garantía de gobernos xustos.
Todo este edificio teórico baséase na división entre dous mundos, que afecta tamén ao ser humano.
A relación entre as partes da alma explícase nun dos mitos platónicos máis coñecidos, o mito do carro alado, narrado no Fedro. A alma humana compárase cun carro alado: o elemento racional da alma está representado por un auriga que conduce dous cabalos (as outras dúas partes da alma). Un dos cabalos é dócil e bo —o elemento irascible, as pasiones nobres—, mentres que o outro resístese ás ordes do auriga —o elemento apetitivo, os desexos máis baixos— e é necesario que o auriga o domine.
O carro alado —a alma— circula polo mundo das ideas, que é o seu lugar natural. As ás permiten ao auriga, que sabe controlar os cabalos, ascender e contemplar as ideas. Se o auriga perde o control dos cabalos, perde as ás e cae ao mundo sensible. Prisioneira nun corpo, a alma desexará únicamente regresar ao seu lugar natural. Esta condición intermediaria da alma, a medio camiño entre dous mundos, permite ao ser humano coñecer as ideas.
Para Platón, o coñecemento científico consiste na contemplación das ideas. Estas pertencen a un mundo intelixible diferente do mundo sensible no que vive o ser humano. A concepción platónica do coñecemento baséase en que o ascenso ao coñecemento se logra por dúas vías: a reminiscencia e a dialéctica. En ambos casos, ambas vías son posibles grazas á mediación da alma. Neste ascenso, Platón sinala tamén un compoñente emocional: o amor.
Na teoría da reminiscencia, Platón defende que coñecer non é máis que recordar. A alma humana —recordando que a parte racional é inmortal— contemplara previamente as ideas. Platón sostén que, na súa unión coa materia, a alma esquecera as ideas ao unirse a un corpo, pero é posible recordalas ao observar as cousas sensibles. Isto significa que o coñecemento non é máis que reminiscencia ( anamnesis ), é dicir, recordo do que xa estaba na alma.
A teoría aparece no Menón , un dos diálogos de transición. Nesta obra, Sócrates logra que un escravo descubra por si mesmo un teorema matemático, sen que ninguén lle ensinase xeometría. A idea deste coñecemento previo tamén aparece no Fedro , ao final do mito do carro alado, cando se considera a posibilidade de que a alma recupere as ás perdidas, «indo de moitas sensacións a aquilo que se concentra no pensamento».
Deste xeito, o coñecemento sensible permite que a alma inicie o proceso de recordo, e, aínda que non sexa coñecemento auténtico, é un primeiro peldaño cara ao verdadeiro coñecemento. Platón defende unha xerarquización no estudo do coñecemento, que tamén se aplica á dialéctica na República.
Platón entende a dialéctica como o método polo que se ascende gradualmente desde o coñecemento sensible ata o verdadeiro coñecemento, que consiste na contemplación directa das ideas. Ascéndese mediante diferentes graos de coñecemento descritos na República de maneira metafórica a través do símil da liña.
Descríbese unha liña dividida en segmentos desiguais:
● O primeiro segmento corresponde ao coñecemento do mundo sensible —o interior da cova—, que comeza pola realidade sensible. Sobre esta realidade cambiante non se pode facer ciencia, polo que Platón chama a este coñecemento opinión (doxa).
○ Grau máis baixo: imaxinación ou conxectura , referido a imaxes ou reflexos das cousas sensibles (as sombras da cova). ○ Segundo grao: crenza , que ten como obxecto as cousas sensibles e inclúe o estudo da física, aínda que non sexa ciencia.
● O segundo segmento , o coñecemento do mundo intelixible, recibe o nome de ciencia (episteme) e representa o exterior da cova, tamén dividido:
○ Pensamento discursivo: propio das matemáticas, baseado na reflexión e a razón. ○ Intelixencia/Intelección: o verdadeiro coñecemento, contemplación directa das ideas, equivalente á visión dos obxectos reais fóra da cova.
Platón considera que as matemáticas son coñecemento abstracto, pero que aínda require representacións materiais das ideas. Distingue entre opinión e coñecemento certo , sendo este último independente dos sentidos.
Segundo a mentalidade grega, Platón sabe que o individuo depende da comunidade e está suxeito a ela: a virtude na vida privada e pública están estreitamente relacionadas, pois é o Estado o encargado de proporcionar os medios para alcanzar a sabedoría. Así, ética e política son inseparables.
Ao deseñar o Estado ideal, Platón ten en conta que non todos os individuos teñen as mesmas cualidades por natureza: en cada cidadán predomina unha parte da alma —un temperamento—, e a educación do Estado axustarase a isto, independentemente de que sexan homes ou mulleres.
A comunidade divídese naturalmente en tres clases sociais : gobernantes, soldados/gardiáns e produtores (artesáns, comerciantes e labradores). Platón fai corresponder estas clases coas partes da alma predominantes:
● Os máis valentes, con predomino da parte irascible, serán gardiáns e defensores da cidade. Virtude: fortaleza e valor. ● Os produtores, con predomino da parte concupiscible, abastecerán a cidade de bens e recursos. Virtude: templanza e control dos impulsos. ● Os gobernantes, con predomino da parte racional, serán educados en filosofía para coñecer as ideas, gobernar con xustiza e guiar ao ben. Virtude: prudencia/sabedoría.
A xustiza na polis consiste na harmonía das partes. O Estado platónico é estrito: todas as clases serven á comunidade e son necesarias. As dúas clases superiores renuncian á propiedade privada e á familia para evitar corrupción e garantir o servizo exclusivo á cidade.
O Estado pode degradarse:
● Aristocracia: goberno dos máis sabios. ● Timocracia: ambición dos gardiáns por gloria e honores. ● Oligarquía: goberno dos ricos, conflito coa clase baixa. ● Democracia: igualdade sen garantías de competencia; desorde que pode levar á tiranía. ● Tiranía: o peor dos Estados. Unha única persoa goberna para o seu interese particular.
A teoría das ideas é tamén a base da explicación do cosmos-o mundo sensible- que podemos atopar no Timeo , e que recolle moitos elementos da filosofía presocrática.
Neste diálogo Platón lémbranos que a súa explicación non pode ir máis aló de ser unha narración verosímil, tendo en conta que- como xa se viu no símil da liña- non é posible facer ciencia sobre a natureza sensible e que só podemos aspirar a un coñecemento probable.
Platón recorre aquí á figura dunha intelixencia ordenadora, dun artífice divino, o demiurgo -inspirado probablemente no Nous de Anaxágoras que ordenou unha materia caótica e eterna, sometida ao movemento, e fíxoo nun espazo tamén eterno, seguindo o modelo do mundo das ideas. A partir do cal considera que xorde un universo ordenado, un cosmos. Platón defende que este cosmos é o mellor e o máis belo dos mundos posibles-dada a bondade do demiurgo- e que a súa imperfección debe atribuírse á imperfección da materia. Deste xeito, Platón consegue levar a cabo unha explicación cosmolóxica partindo da división entre mundo inteligible e mundo sensible explicando a imperfección da materia e reafirmando a perfección ideal do mundo intelixible.
Para Platón o demiurgo dá forma ao cosmos como un gran organismo vivo e, en consecuencia, dotouno dun alma- a alma do mundo- que o move todo. A cosmoloxía platónica introduce unha explicación teleolóxica-finalista do universo: o demiurgo é unha intelixencia e toda intelixencia actúa con algunha finalidade. Neste caso, a finalidade do Demiurgo consiste en trasladar á materia, no posible, a orde e a beleza das ideas.
Non está claro se o demiurgo debe ser interpretado como un mito ou como un deus que modela a materia, pero en todo caso non debe ser entendido como un deus creador- a idea de creación a partir da nada é absolutamente allea á mentalidade grega - senón como unha intelixencia ordenadora a partir duns elementos que xa existían.