Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Teoría do Dereito. Tema 5, Apuntes de Teoría del Derecho

Asignatura: Teoría del Derecho, Profesor: Joaquín Rodriguez Toubes, Carrera: Derecho, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2011/2012

Subido el 07/12/2012

sarausc
sarausc 🇪🇸

3.8

(278)

42 documentos

1 / 3

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
LECCIÓN 5
O DEREITO E OUTRAS ORDES NORMATIVAS
Na sociedade coexisten diferentes conxuntos de normas que se propoñen regular a conduta da
sociedade: xurídicas, morais, relixiosas… Falaremos de normas sociais.
Estas normatividades historicamente estaban indiferenciadas. Había normas sociais ditadas polo
gobernante e pensábase que estas proviñan da divindade.
Na Grecia clásica, s. IV a.C, empeza a manifestarse un certo criterio de distinción entre orde
normativos: orde natural (phýsis) e orde social (nómos). Había un principio de distinción. En
torno a esa mesma época había un principio de distinción entre a orde xurídica (ius) e a moral e
relixiosa (fas). Aínda así, non eran unha diferenciación clara.
A partir da Idade Media xa se distingue o Dereito da moral. Interesa demarcar o Dereito, definir
esas fronteiras, no sentido conceptual para entender Que é o Dereito? e tamén para coñecelo.
Historicamente había unha indiferenciación do Dereito e da moral. Na Idade Media facíase unha
diferenciación entre o mundo do Estado e o mundo da Igrexa, era unha distinción conceptual
entre as normas romanas que estaban controladas polo Estado e as normas do individuo que
estaban controladas pola Igrexa. A teoloxía subordinaba o Dereito á moral. Era unha distinción
conceptual en certo modo, pero non unha distinción real.
É na idade Moderna cando ten lugar esa distinción propiamente dita. Desvinculase o Dereito da
relixión e danse argumentos para distinguir o Dereito da moral:
Tomasio ofrece argumentos para distinguir o Dereito da moral:
É un dos pioneiros nesta distinción. Aporta varios argumentos.
Kant: heteronomía e exterioridade do Dereito.
Tamén recolle esa idea de coacción e exterioridade do Dereito da que falaba Tomasio
pero incorporando uns argumentos máis elaborados. O argumento de Kant é a distinción
entre a autonomía da moral e a heteronomía do Dereito. A moral é un orde autónomo,
somos nós os individuos os que a través da nosa moral percibimos racionalmente as leis
morais, é unha norma ditada para un mesmo. En cambio o Dereito é heterónomo, é
externo, é ditado por unha fonte externa, non é creación nosa, vén de outros. O Dereito
busca que a nosa acción sexa conforme coas súas normas. A moral non se pode cumprir
só por conformidade ten que ser porque nós queremos, por sentido do deber.
A idea de separación conceptual entre Dereito e moral xa se recolle no positivismo do s. XIX.
POSIBLES CRITERIOS DE DISTINCIÓN
(Diapositiva)
A TESE DA SEPARACIÓN
O positivismo xurídico separa Dereito e moral.
Bentham fala de Dereito que é/Dereito que debe ser.
Kelsen desenvolve tamén esa separación. Kelsen é positivista, despreza o
Dereito natural. Ve o Dereito con dous rangos que permiten diferencialo da
moral: a coacción das normas xurídicas e o procedemento de creación, a forma
de facelas, a orixe.
Hart: Plantea tres ideas:
a) que é importante separar conceptualmente o Dereito da moral, está dicindo
que dende o punto de vista teórico é máis práctico ter un concepto de Dereito
que estea separado da moral porque senón sería imposible definir certos
dereitos como o nazi.
pf3

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Teoría do Dereito. Tema 5 y más Apuntes en PDF de Teoría del Derecho solo en Docsity!

LECCIÓN 5

O DEREITO E OUTRAS ORDES NORMATIVAS

Na sociedade coexisten diferentes conxuntos de normas que se propoñen regular a conduta da

sociedade: xurídicas, morais, relixiosas… Falaremos de normas sociais.

Estas normatividades historicamente estaban indiferenciadas. Había normas sociais ditadas polo gobernante e pensábase que estas proviñan da divindade.

Na Grecia clásica, s. IV a.C, empeza a manifestarse un certo criterio de distinción entre orde normativos: orde natural (phýsis) e orde social (nómos). Había un principio de distinción. En torno a esa mesma época había un principio de distinción entre a orde xurídica (ius) e a moral e relixiosa (fas). Aínda así, non eran unha diferenciación clara.

A partir da Idade Media xa se distingue o Dereito da moral. Interesa demarcar o Dereito, definir esas fronteiras, no sentido conceptual para entender Que é o Dereito? e tamén para coñecelo. Historicamente había unha indiferenciación do Dereito e da moral. Na Idade Media facíase unha diferenciación entre o mundo do Estado e o mundo da Igrexa, era unha distinción conceptual entre as normas romanas que estaban controladas polo Estado e as normas do individuo que estaban controladas pola Igrexa. A teoloxía subordinaba o Dereito á moral. Era unha distinción conceptual en certo modo, pero non unha distinción real.

É na idade Moderna cando ten lugar esa distinción propiamente dita. Desvinculase o Dereito da relixión e danse argumentos para distinguir o Dereito da moral:

  • Tomasio ofrece argumentos para distinguir o Dereito da moral: É un dos pioneiros nesta distinción. Aporta varios argumentos.
  • Kant: heteronomía e exterioridade do Dereito. Tamén recolle esa idea de coacción e exterioridade do Dereito da que falaba Tomasio pero incorporando uns argumentos máis elaborados. O argumento de Kant é a distinción entre a autonomía da moral e a heteronomía do Dereito. A moral é un orde autónomo, somos nós os individuos os que a través da nosa moral percibimos racionalmente as leis morais, é unha norma ditada para un mesmo. En cambio o Dereito é heterónomo, é externo, é ditado por unha fonte externa, non é creación nosa, vén de outros. O Dereito busca que a nosa acción sexa conforme coas súas normas. A moral non se pode cumprir só por conformidade ten que ser porque nós queremos, por sentido do deber.

A idea de separación conceptual entre Dereito e moral xa se recolle no positivismo do s. XIX.

POSIBLES CRITERIOS DE DISTINCIÓN

(Diapositiva)

A TESE DA SEPARACIÓN

  • O positivismo xurídico separa Dereito e moral.
    • Bentham fala de Dereito que é/Dereito que debe ser.
    • Kelsen desenvolve tamén esa separación. Kelsen é positivista, despreza o Dereito natural. Ve o Dereito con dous rangos que permiten diferencialo da moral: a coacción das normas xurídicas e o procedemento de creación, a forma de facelas, a orixe.
    • Hart: Plantea tres ideas: a) que é importante separar conceptualmente o Dereito da moral, está dicindo que dende o punto de vista teórico é máis práctico ter un concepto de Dereito que estea separado da moral porque senón sería imposible definir certos dereitos como o nazi.

b) na práctica hai unha conexión, unha relación, entre Dereito e moral. Unha relación que é así pero non é necesaria, podería non habela. c) Hai un contido moral mínimo en toda a sociedade que quere sobrevivir, que todo Dereito ten que recoller ese contido. Se a sociedade quere ser viable o seu Dereito ten que ter un “certo contido mínimo de dereito natural, de moral”.

Esta Tese da Separación é bastante aceptada pero aínda así é cuestionada por algún críticos.

RELACIÓN ENTRE DEREITO E MORAL

Temos que pensar de que Dereito e de que moral estamos falando. O problema está na relación do dereito positivo coa moral. Distinguimos 2 tipos de moral:

  • Moral social ou convencional
  • Moral crítica ou ilustrada

Cando falamos de relación entre Dereito e moral podemos falar de tres grandes teses:

  • Tese da conexión necesaria : o Dereito e a moral non poden desvincularse. Non poden concibirse como algo separado. Algúns iusnaturalistas vinculan o Dereito coa moral crítica.
  • Outras tese é a da separación conceptual (Hart e moitos positivistas actuais): Pode haber unha conexión entre Dereito e moral pero é continxente, non é necesaria, non é imprescindible.
  • E a última sería a tese da separación necesaria : sostén que o Dereito e a moral non poden estar vinculados, teñen que verse como ordes distintos. A idea é que algún autor contemporáneo sostén que o Dereito ten autoridade no sentido de que trata de impoñer as súas razón fronte a outras, pretende que se actúe polo que ordena, pretende que as súas normas se impoñan de xeito que non haxa que incluír a moral.

TESES DA CONEXIÓN NECESARIA

Só ten validez o Dereito minimamente xusto , o Dereito inxusto xa non existe como Dereito. O Dereito require dun certo contido moral para vincular e obrigar.

Outros argumentos serían que o Dereito precisa certos elementos formais de carácter moral para poder cumprir a súa función. Segundo Fuller o Dereito precisa duns certos elementos morais para cumprir o seu fin, para someter a conduta humana a regras: xeneralidade, promulgación, irretroactividade, claridade, consistencia, posibilidade de cumprimento, constancia, congruencia na aplicación. Segundo el calquera Dereito debe de ter eses elementos para poder acadar o seu fin. Unha norma que non cumpre certas condicións deixa de ser Dereito.

O Dereito ten un contido moral mínimo. Segundo Hart é un contido mínimo que o Dereito ten que ter se a sociedade quere ser viable. Toda sociedade viable ten que ter certas regulacións, certos contidos, que son imprescindibles.

É outro argumento é que o Dereito non son unicamente as normas, as leis, que recoñecemos como Dereito, senón que no seu fondo hai principios morais e non se pode coñecer o Dereito sen ter en conta ese transfondo moral que está aí detrás.O Dereito non se pode desconectar deses valores morais.

TESES DA CONEXIÓN CONTINXENTE