Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


TEXTOS PARA CORREGIR ERRORES, Exámenes de Historia de España

Banco de textos para corregir errores adecuados para la ABAU de Galicia.

Tipo: Exámenes

2024/2025

Subido el 18/11/2025

marta-alvite-trashorras-1
marta-alvite-trashorras-1 🇪🇸

2 documentos

1 / 2

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
pf2

Vista previa parcial del texto

¡Descarga TEXTOS PARA CORREGIR ERRORES y más Exámenes en PDF de Historia de España solo en Docsity!

PAU 2026 HISTORIA DE ESPAÑA 2” BAC PREGUNTA 1. SOCIEDADES NO TEMPO: REFLEXIÓN CRÍTICA DE FONTES DE INFORMACIÓN (2,5 puntos) Nestes textos hai 2 ersos: Responde estes tres apartados: 1.1. Identifica as informacións erróneas. (0,5 puntos) 1.2. Explica os eros detectados. (1,5 puntos) 1.3. Procede á súa redacción correcta, (0,5 puntos) A) Durante o século XVI! produciuse unha profunda crise demográfica e económica en toda Europa, especialmente en na península As principais causas foron as guerras continuas, as epidemias e a caída da produción agrícola. Tamén influiu a expulsión dos xudeus, que provocou a perda de moita man de obra especializada. Os privilexiados, como a nobreza e o clero, negáronse a pagar impostos e mantiveron os seus privilexios mentres o pobo soportaba a maior carga fiscal. Ante esta situación, o conde-duque de Olivares, valido de Filipe IV, promoveu un programa de reformas centralizadoras, entre as que destacou a Unión de Armas, coa que pretendía repartir os gastos militares entre todos os reinos da Monarquía. Este proxecto provocou o descontento e derivou na revolta de Cataluña e na rebelión de Portugal en 1640, que terminou coa independencia definitiva de Portugal. B) Durante os séculos XVI e XVII, Galicia experimentou un importante crecemento demográfico, sobre todo nas zonas costeiras, grazas á mellora das condicións agrícolas e ao comercio maritimo. A introdución do millo procedente de América transformou a agricultura, permitindo aumentar a produción e alimentar mellor á poboación. Porén, este avance non se deu por igual en todo o territorio: mentres o litoral prosperaba coa pesca e o comercio, o interior galego quedaba máis empobrecido e dependente do sector agrario. As desigualdades sociais e territoriais fixéronse cada vez máis evidentes. Na estrutura social destacou a fidalguía, que se converteu nun grupo rendista e pouco produtivo, vivindo das rendas da terra e dos campesiños. A actividade industrial e urbana tamén tivo un forte desenvolvemento neste período. C) A Guerra de Sucesión española comezou en 1701, tras a morte sen descendencia de Carlos Il, o último rei da casa dos Trastámara. O conflito enfrontou a dous candidatos ao trono: Felipe de Anjou, apoiado por Francia e polos reinos de Castela, e o arquiduque Carlos de Austria, respaldado por Inglaterra, Holanda e Austria, asi como por boa parle da Coroa de Aragón: A guerra tivo, polo tanto, unha dimensión interna —entre territorios partidarios dun ou doutro pretendente— e outra internacional, pola implicación das grandes potencias europeas. O contlito rematou coa sinatura do Tratado de Utrecht en 1713, polo que Felipe V foi recoñecido como rei de España, e gañou importantes territorios en Europa e cedeu Xibraltar e Menorca a Inglaterra. Este tratado marcou o inicio da hexemonía británica e consolidou o modelo centralista borbónico na monarquia hispánica. D) Os Decretos de Nova Planta formaron parte do programa reformista de Filipe V, primeiro rei da dinastia borbónica en España. Inspirado no modelo político inglés, Filipe Y buscou acadar unha maior centralización administrativa e territorial, eliminando boa parte das leis e institucións propias dos antigos reinos da Corca de Aragón. Estes decretos aplicáronse unicamente en Castela, mentres que Cataluña, Valencia, Aragón e Mallorca conservaron as súas leis e foros. As súas principais consecuencias foron a imposición dun modelo uniformizador, a desaparición das Cortes e Consellos territoriais, e a consolidación dun Estado máis centralizado baixo autoridade directa do rei e dos seus ministros, seguindo ú modelo francés.