

















Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: Comentario literario de textos galegos, Profesor: María Lydia Fontoira Suris, Carrera: Lengua y Literatura Gallega, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 25
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!


















En oferta
1.. A lírica provenzal
Parte da lírica medieval galego- portuguesa deriva da lírica culta escrita en lingua d’oc que se deu na Provenza a comezos do século XII. Esta lírica supuxo unha revolución cultural por ser unha lírica culta escrita en romance e, ademais, dáse nunhas condicións sociais que favorecen a aparición do chamado amor cortés.
Esta lírica estenderíase por Europa, feito ao que axudaría a guerra contra os cátaros que se produciu neste territorio e que provoca o exilio de moitos trobadores a diferentes cortes europeas. Espállase por diferentes áreas :
A distinción de xéneros na lírica galego-portuguesa tamén ten semellanzas coa provenzal:
Provenzal Galego-portuguesa temática amorosa: cansó temática amorosa: cantiga de amor e cantiga de amigo temática satírica: sirventés temática satírica: cantiga de escarnio e maldizer xéneros menores xéneros menores (menos ca na lírica provenzal)
2.. As orixes da cantiga de amigo
A cantiga de amigo é un xénero autóctono , que se relaciona con: )a Un lirismo pretrobadoresco existente en Galiza do que non conservamos máis ca datos indirectos, pero do que sobreviviría a cantiga de amigo e o feito de ser o galego-portugués a lingua da lírica. )b As carxas mozárabes , composicións breves cuxa voz lírica era feminina, mais que se inscribían en composicións máis extensas escritas en árabe ou hebreo. )c A chanson de toile (canción de tear), posterior.
Nas 1679 cantigas conservadas podemos apreciar unha grande homoxeneidade formal. Cómpre ter en conta que ningún trazo formal é definitorio dun determinado xénero , aínda que hai trazos que son máis frecuentes nuns xéneros ca noutros. As principais características formais das cantigas galego-portuguesas son:
(^4) Nesta cantiga Don Denis establece un diálogo con Jaugré Rudel, quen se namorara dunha muller que só coñecía de oídas. (^5) Anna Ferrari denomía neste caso o fenómeno como dobre rico, xa que canda a palabra do dobre se repite sempre longe. (^9) Medievalistas coma Anna Ferrari consideran que o envío era físico, non só literario. (^10) Xa que a amada era unha muller concreta e casada o trobador non podía dar o seu nome, polo que inventaba un sinónimo poético: o senhal.
)d Dimensión dos textos : caracterízanse pola súa brevidade xa que arredor de 1000 cantigas están compostas por 3 cobras e unhas 400 por 4 cobras. As cantigas restantes presentan posibilidades diversas.
)e (^) Cobras :
I) Arredor dunhas 1000 cantigas están construídas sobre tres fórmulas estróficas que dan como resultado un total de sete esquemas :
)f Sete versos e tres rimas (máis común nas cantigas de mestría):
abbacca tetrástico de rima abrazada + dístico + retorno á rima inicial
ababcca tetrástico de rima alterna + dístico + retorno á rima inicial abbaccb tetrástico de rima abrazada + dístico + retorno á rima inicial
ababccb tetrástico de rima alterna + dístico + retorno á rima inicial
)g Seis versos e tres rimas (máis común nas cantigas de refrán):
abbaCC 1 tetrástico de rima abrazada + dístico + retorno á rima inicial
ababCC tetrástico de rima alterna + dístico + retorno á rima inicial
)h Tres versos e dúas rimas (máis común na cantiga de amigo paralelística):
aaB dístico monoasonantado ou monoconsonantado+ 2ª rima
Neste senso temos que lembrar que a rima se dá a partir da últ ima vogal acentuada e que pode ser asonante ou consonante. Cando se mestura a asonancia e a consonancia nunha composición diremos que esta é asonante.
II) Segundo a relación que manteñen entre elas en canto á súa estrutura e realización fónica , as cobras poden ser:
Exemplo de cobras singulars:
Falei un dia, por me baralhar con meu amigo, con outr’ , u m’ el visse e direi-vos qui lhi dix’ , u m’ el d isse porque lhi fezera tan gram pes ar : se vos i, meu amigo, pesar f iz , non foi por al, se non porque me qu ix.
Por baralhar con el e por al n on falei con outr’ , en tal que prov asse , e pesou-lhi mais ca se o mat asse e preguntou-m’e dixi-lh’eu ent on : se vos i, meu amigo, pesar f iz , non foi por al, se non porque me qu ix.
Ali u eu con outr’ ant’ el fal ei preguntou-m’ ele porque lhi faz ia tan gran pesar ou se o entend ia e direi-vos como lhi salv ei : se vos i, meu amigo, pesar f iz ,
a b b a C C a b b a C C a b b a C C
(^1) Na métrica medieval non se usan as maiúsculas e as minúsculas para adistinción entre versos de arte maior e de arte menor, xa que non se fai tal distinción. Neste caso as maiúsculas refírense aos versos de refrán, que normalmente aparecen nestes dous esquemas posíbeis (abbaCC e ababCC).
II).)3 (^) Cobras alternas ou alternadas : dentro do mesmo esquema estrófico dáse unha alternancia da realización fónica. Exemplo de cobras alternas:
Mandad' ey com igo ca ven meu am igo : E irey, madr', a V igo! Comigu' ey mand ado ca ven meu am ado : E irey, madr', a V igo! Ca ven meu am igo e ven san' e v ivo : E irey, madr', a V igo! Ca ven meu am ado e ven viv' e s ano : E irey, madr', a V igo! Ca ven san' e v ivo e d' el-rey am igo : E irey, madr', a V igo! Ca ven viv' e s ano e d' el-rey priv ado : E irey, madr', a V igo!
Martin Codax (B 1279 / V 885 / N 2)
a a B a a B a a B a a B a a B a a B
II).)4 Cobras dobras : a realización fónica repítese , pero de xeito non alterno , podéndose dar os seguintes casos:
II).)5 Cobras ternas : unha realización nas tres primeiras cobras e outra nas tres últimas. Son moi raras xa que non son moitas as cantigas de 6 cobras. Exemplo de cobras dobras:
Os que non amam nen saben d' am or fazen perder aos que amor am. Vedes porque: quand' ant' as donas v am , juram que morren por elas d' am or , e elas saben poys que non é 'ss y ; e por esto perç' eu e os que b en lealmente aman, segundo meu s én. Ca sse elas soubessen os que an ben verdadeyramente grand' am or , d' alguen sse doeria ssa senh or , mays, por aqueles que o jurad' am , cuydan-ss' elas que todus taes s on ; e por esto perç' eu e os que b en lealmente aman, segundo meu s én. E aqueles que ja medo non an que lhis faça coita sofrer am or , vÊen ant' elas e juran melh or ou tan ben come os que amor an , e elas non saben quaes cre er ; e por esto perç' eu e os que b en lealmente aman, segundo meu s én. E os ben desanparadus d' am or juram que morren con amor que an , sseend' ant' elas, e menten de pr an ; mays, quand' ar vÊen os que an am or , ja elas cuydan que vÊen ment ir ; e por esto perç' eu e os que b en lealmente aman, segundo meu s én.
Johan Baveca (B 1108 / V 699)
a b b a c D D a b b a c D D a b b a c D D a b b a c D D
II).)6 Sistemas mixtos : son moi frecuentes dada a complexidade formal das cantigas. Así, pódense dar casos de cobras singulars pola rima b, dobras pola rima b e á vez unissonans pola rima c.
III) Outros recursos retóricos son:
Exemplo de cobras capdenals:
Ai , dona fea , fostes-vos queixar que vos nunca louv[o] en meu cantar, mais ora quero fazer un cantar
Bem soub', amigo, por certo que o pesar d' aquel dia vosso, que par nom avia; mais pero foi encoberto, e porem seede certo que nom foi o vosso pesar que s' ao meu podess' igu ar. Ca o meu nom se pód' osm a r nem eu nom o pudi negar.
Don Denis (B 553 / V 156)
III).)3 Cobras capcaudadas : recurso que liga cobras sucesivas mediante a rima , xa que consiste en que o primeiro verso dunha cobra teña a mesma rima có último da anterior.
Exemplo de mordobre e rima derivada (▪):
(...)
E pois vos vós da coita non nembrades nen do afán que mi o Amor faz sofrer, por meu mal vivo máis ca vós cuidades, e por meu mal me fezo Deus nacer e por meu mal mon morrí u cuidei como vos viss', e por meu mal fiquei vivo, pois vós por meu mal ren non dades. Desta coita en que me vós tẽedes, en que hoj'eu vivo tan sen sabor, que farei eu, pois mi a vós non creedes? Que farei eu, cativo pecador? Que farei eu, vivendo sempre assí? Que farei eu, que mal día nací? Que farei eu, pois me vós non valedes? E pois que Deus non quer que me valhades nen me queirades mia coita creer, que farei eu? Por Deus, que mi o digades! Que farei eu, se logo non morrer? Que farei eu se máis a viver hei? Que farei eu, que conselh'i non hei? Que farei eu, que vós desemparades?
Martin Soarez
III).)4 Mozdobre ou mordobre^2 : repetición de palabras da mesma familia léxica con derivación (o máis frecuente é que se dea sobre o verbo). É un recurso moi frecuente , mais que está relacionado co contido , coa intencionalidade que teña o autor de lle dar énfase a certos aspectos conceptuais. Se esta repetición se dá en posición de rima , o fenómeno denomínase rima derivada 3.
(^2) É o que denominamos figura etimolóxica nos textos actuais. (^3) Os provenzais facían un uso moi frecuente deste recurso, como acontece na cantiga de Pero da Ponte (“Se eu podesse desamar”).
III).)5 Palabra rima : repetición da mesma palabra en posición de rima en diferentes cobras e á mesma altura estrutura. Se esta repetición se dá ao longo de toda a cantiga falaremos de palabra rima perfecta , senón de palabra rima imperfecta. Non se ten en conta o refrán
Exemplo de palabra rima:
Se eu podesse desamar a quen me sempre desamou, e podess' algun mal buscar a quen mi sempre mal buscou! Assy me vingaria eu , se eu podesse coyta dar, a quen mi sempre coyta deu. Mays sol non posso eu enganar meu coraçon que m' enganou, per quanto mi faz desejar a quen me nunca desejou. E per esto non dormio eu , porque non poss' eu coita dar, a quen mi sempre coyta deu.
(...) Pero da Ponte (A 289 / B 980 / V 567)
Exemplo de palabra volta:
(...)
Ca non vej' eu, pero vej' eu: quanto vej' eu non mi val ren; ca perdí o lume por en, porque non vej' a quen mi deu esta coyta que oj' eu ey , que ja mays nunca veerey , se non vir o parecer seu. Ca ja ceguey, quando ceguey; de pran ceguey eu logu' enton, e ja Deus nunca me perdon, se ben vejo, nen se ben ey ; pero, se me Deus ajudar e me cedo quiser tornar u eu ben vi, ben veerey.
Johan Garcia de Guilhade (A 231 / B 421 / V 33)
III).)6 Palabra volta (mot tornat) : é o mesmo fenómeno có anterior, pero sen se dar á mesma altura estrutural , polo que tamén se pode dar dentro da mesma cobra.
que lhis faça coita sofrer amor, vÊen ant' elas e juran melhor ou tan ben come os que amor an, e elas non saben quaes cre er ; e por esto perç' eu e os que ben lealmente aman, segundo meu sén. E os ben desanparadus d' amor juram que morren con amor que an, sseend' ant' elas, e menten de pran; mays, quand' ar vÊen os que an amor, ja elas cuydan que vÊen ment ir ; e por esto perç' eu e os que ben lealmente aman, segundo meu sén.
Johan Baveca (B 1108 / V 699)
III).)8 Palavra perduda : verso que queda libre en canto á rima, non rima con ningún outro da estrofa. Non se ten en conta o refrán e pódense dar dúas situacións:
Exemplo de cantiga de atehuda até a fiinda 7 :
Ay eu coitado! e quand' acharei quen me dé consello como possa ir a un logar u eu querria ir? e non posso! nen ar poss' achar quen me dé consello como possa ir veela dona que por meu mal vi, mais fremosa de quantas donas vi, E por que moiro , querendo lle ben; ca tan fremosa dona nunca fez Nostro Sennor de quantas donas fez, nen tan comprida de tod' outro ben. Por esta moiro, que Deus atal fez, e non llo disse, se me valla Deus! ca non ousei, assi me valla Deus! Ca me quis ante mia coita 'ndurar ca me perder con tan bÔa sennor a que deu tanto ben Nostro Sennor, e quero m' ante mia coita 'ndurar. Mais rogarei tanto Nostro Sennor que el me lev' u a possa veer, ca muit' á ja que non pude veer Niun prazer , ca non fuy a logar u a eu viss', e por aquesto non vi nunca mais prazer, nen ja mais non mi ar veerei, se non for a logar u veja ela, ca sei eu que non verei prazer e sempr' averei mal, se non vir ela que vi por meu mal. E meus amigos, se non est' assi, non me dé Deus dela ben, nen de si! E se non, leve Deus u son os seus, estes meus ollos que vejan os seus! E se os viren, veran gran prazer, ca muit' á que non viron gran prazer! Leve os Deus cedo, que pod' e val, u veran ela que tan muito val!
Pero Garcia Burgalês ()
(^7) Cantiga de atehuda até a fiinda na que se combina o encabalgamento e as partículas ilativas.
IV) Cantiga de atehuda : son aquelas cantigas nas que non se interrompe o pensamento ou contido desde o comezo até o final (ten que se dar en toda a cantiga). É típica do trobadorismo galego-portugués (preocupación pola unidade do poema) o que conséguese mediante dous procedementos:
Se a cantiga ten fiinda diremos que é unha cantiga de atehuda até a fiinda.
V) Paralelismo : é moi importante na estrutura das cantigas. Pode ser de tres tipos:
Mandad'hei comigo ca ven meu amigo: e irei, madr', a Vigo! Comigu'hei mandado , ca ven meu amado: e irei, madr', a Vigo! Ca ven meu amigo e ven san'e vivo: e irei, madr', a Vigo! Ca ven meu amado e ven viv'e sano: e irei, madr', a Vigo! Ca ven san'e vivo e del-Rei, amigo: e irei, madr', a Vigo! Ca ven viv'e sano e del-Rei privado: e irei, madr', a Vigo!
Martin Codax
Exemplo de leixa-pren (con paralelismo literal):
Mandad'hei comigo
ca ven meu amigo : e irei, madr', a Vigo!
Comigu'hei mandado, ca ven meu amado : e irei, madr', a Vigo!
Ca ven meu amigo e ven san'e vivo : e irei, madr', a Vigo!
Ca ven meu amado e ven viv'e sano : e irei, madr', a Vigo!
Ca ven san'e vivo e del-Rei, amigo: e irei, madr', a Vigo!
Ca ven viv'e sano e del-Rei privado: e irei, madr', a Vigo!
Martin Codax VI) Leixa - pren : repetición literal do último verso dunha estrofa como primeiro doutra. Poden darse dous casos:
)a Versos :
(...)
E pois vos vós da coita non nembrades nen do afán que mi o Amor faz sofrer, por meu mal vivo máis ca vós cuidades, e por meu mal me fezo Deus nacer e por meu mal mon morrí u cuidei como vos viss', e por meu mal fiquei vivo, pois vós por meu mal ren non dades.
(...) Martin Soarez
)j Fiinda : cobra de menor extensión situada ao final da cantiga.
Tornada Fiinda
A fiinda non é un trazo que defina o xénero dunha cantiga, pero é máis frecuente nas cantigas de amor.
Consideracións sobre a fonética medieval :
3.1. Cantiga de amor
As principais características da cantiga de amor son:
Senhor fremosa, pois me non queredes creer a coita'n que me ten Amor, por meu mal é que tan ben parecedes e por meu mal vos filhei por senhor, e por meu mal tan muito ben oí dizer de vós, e por meu mal vos vi: pois meu mal é quanto ben vós havedes.
E pois vos vós da coita non nembrades nen do afán que mi o Amor faz sofrer,
por meu mal vivo máis ca vós cuidades, e por meu mal me fezo Deus nacer e por meu mal mon morrí u cuidei como vos viss', e por meu mal fiquei vivo, pois vós por meu mal ren non dades.
Desta coita en que me vós tẽedes, en que hoj'eu vivo tan sen sabor, que farei eu, pois mi a vós non creedes? Que farei eu, cativo pecador? Que farei eu, vivendo sempre assí? Que farei eu, que mal día nací? Que farei eu, pois me vós non valedes?
E pois que Deus non quer que me valhades nen me queirades mia coita creer, que farei eu? Por Deus, que mi o digades! Que farei eu, se logo non morrer? Que farei eu se máis a viver hei? Que farei eu, que conselh'i non hei? Que farei eu, que vós desemparades?
Martin Soarez
Como vemos, a partir de poucos campos desenvólvense moitas composicións. Ademais estes campos son todos compatíbeis entre si, aínda que non teñen porque aparecer todos. Cómpre dicir tamén que na lírica galego – portuguesa o trobador non é correspondido, polo que nunca se chega ao joi provenzal (correspondencia), como moito albíscase certa esperanza. Por outra banda, a crítica actual defende que o que o trobador conta nas cantigas de amor non é un sentimento real, senón unha invención literaria , xa que a dama é abstracta , non se achegan características concretas dela.
3.2. Cantiga de amigo
As principais características da cantiga de amigo son:
Campos sémicos secundario paisaxe
principais
panexírico
temática amorosa
concordia de amor amor non correspondido prohibición
Martin Codax ◄ Do autor desta cantiga sabemos que debeu ser un xograr da zona de Vigo. As súas composicións chégannos a través de:
En canto á forma :
Por baralhar con el e por al non falei con outr’ , en tal que provasse, e pesou-lhi mais ca se o matasse e preguntou-m’e dixi-lh’eu enton: se vos i, meu amigo, pesar fiz, non foi por al, se non porque me quix.
Ali u eu con outr’ ant’ el falei preguntou-m’ ele porque lhi fazia tan gran pesar ou se o entendia e direi-vos como lhi salvei: se vos i, meu amigo, pesar fiz, non foi por al, se non porque me quix.
Johan Soarez Coelho
Johan Soarez Coelho foi un trobador portugués , ► un novo nobre non moi apreciado pola alta nobreza.
En canto ao contido , apreciamos:
(^13) Se o diálogo é entre o amigo e a doncela consideraremos a voz emisora a primeira que apareza, servíndonos isto para distinguir entre cantigas de amor e cantigas de amigo.
3.3. Cantiga de escarnio e maldicir
É o único xénero satírico da lírica galego-portuguesa medieval. Con todo, houbo intentos de separar o xénero en escarnio (sátira indirecta) e maldicir (sátira indirecta), xa desde a Idade Media. Pero non é posíbel facer estar división xenérica e, ademais, os cancioneiros tiñan unha estrutura xenérica que xa era só tripartita.
)a Características :
)b Campos sémicos (Tavani) :