Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


5. A tradición manuscrita, Apuntes de Lengua y Literatura Gallega

Asignatura: medie, Profesor: María Lydia Fontoira Suris, Carrera: Lengua y Literatura Gallega, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

Antes del 2010

Subido el 01/02/2010

luz_varela
luz_varela 🇪🇸

4.3

(756)

231 documentos

1 / 17

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
5. A tradición manuscrita
Literatura galega medieval I
2009/2010
USC
1
0. Introdución
1) Terminoloxía:
a) Tradición manuscrita / tradición diplomática: conxunto de manuscritos
que transmiten ou texto ou un movemento literario.
b) Códice: libro manuscrito.
 Codicoloxía: disciplina que ten o códice, e por extensión os
manuscritos en xeral, como obxecto de estudo, analizando o seu estado,
as causas do seu estado, o material, etc.
2) Datación dos manuscritos:
a) Materiais:
 Pergamiño: os manuscritos de pergamiño son, na lírica galego-
portuguesa, os máis antigos.
 Papel: os manuscritos cartáceos son máis doados de datar xa que o papel
adoita ter unha marca de fábrica / marca de auga / filigrana.
b) Letra (paleografía).
c) Lingua.
3) Manuscritos profanos conservados:
a) 4 códices.
b) 6 manuscritos breves.
Aínda que o número de manuscritos conservados da lírica galego-
portuguesa moi escaso (na provenzal consérvanse 95 cancioneiros), transmiten un
gran número de textos de xéneros diversos.
1. O estudo dos grandes cancioneiros
1.0. Introdución
1) Características xerais dos cancioneiros:
a) Son antoloxías, polo que hai unha selección de composicións que implica a
aplicación do gusto da época ou do antólogo. Así, conservamos máis de
700 cantigas de amor, unhas 500 de amigo e unhas 430 de escarnio e
maldicir.
b) Están estruturados por xéneros (amor > amigo > escarnio e maldicir).
c) Todos pertencen á mesma familia xa que, aínda sendo antoloxías,
transmiten case os mesmos textos.
d) Levan o nome da biblioteca na que se conservan. Algún mudou de nome
ao ser trasladado.
2) Teoría sobre a formación e estruturación dos cancioneiros romances
(G. Gröber, 1895): segundo G. Gröber os amanuenses que elaboraron os
cancioneiros tiñan que dispoñer de materiais previos aos cancioneiros (aínda
que algunha composición é posible que fose ditada por un xograr), estes
materiais podían ser de tres tipos:
a) Liederblätter ('follas de cancións'):
 É unha única folla que contén as composicións que caben nela.
 Pode ter as presentacións:
 Enrolada: rótulo.
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9
pfa
pfd
pfe
pff

Vista previa parcial del texto

¡Descarga 5. A tradición manuscrita y más Apuntes en PDF de Lengua y Literatura Gallega solo en Docsity!

Literatura galega medieval I 2009/ 1

0. Introdución 1) Terminoloxía : a) Tradición manuscrita / tradición diplomática : conxunto de manuscritos que transmiten ou texto ou un movemento literario. b) Códice : libro manuscrito.  Codicoloxía : disciplina que ten o códice , e por extensión os manuscritos en xeral, como obxecto de estudo , analizando o seu estado, as causas do seu estado, o material, etc. 2) Datación dos manuscritos : a) Materiais :  Pergamiño : os manuscritos de pergamiño son, na lírica galego- portuguesa, os máis antigos.  Papel : os manuscritos cartáceos son máis doados de datar xa que o papel adoita ter unha marca de fábrica / marca de auga / filigrana. b) Letra (paleografía). c) Lingua. 3) Manuscritos profanos conservados : a) 4 códices. b) 6 manuscritos breves. Aínda que o número de manuscritos conservados da lírica galego- portuguesa moi escaso (na provenzal consérvanse 95 cancioneiros), transmiten un gran número de textos de xéneros diversos. 1. O estudo dos grandes cancioneiros 1.0. Introdución 1) Características xerais dos cancioneiros : a) Son antoloxías , polo que hai unha selección de composicións que implica a aplicación do gusto da época ou do antólogo. Así, conservamos máis de 700 cantigas de amor, unhas 500 de amigo e unhas 430 de escarnio e maldicir. b) Están estruturados por xéneros (amor > amigo > escarnio e maldicir). c) Todos pertencen á mesma familia xa que, aínda sendo antoloxías, transmiten case os mesmos textos. d) Levan o nome da biblioteca na que se conservan. Algún mudou de nome ao ser trasladado. 2) Teoría sobre a formación e estruturación dos cancioneiros romances (G. Gröber, 1895) : segundo G. Gröber os amanuenses que elaboraron os cancioneiros tiñan que dispoñer de materiais previos aos cancioneiros (aínda que algunha composición é posible que fose ditada por un xograr), estes materiais podían ser de tres tipos: a) Liederblätter ('follas de cancións'):  É unha única folla que contén as composicións que caben nela.  Pode ter dúas presentacións :  Enrolada : rótulo.

Literatura galega medieval I 2009/ 2  Dobrada : folla voante ( Pergamiño Vindel ).  Na lírica galego-portuguesa conservamos o Pergamiño Vindel , o único material deste tipo da lírica románica e que corrobora a hipótese de Gröber (anterior ao descubrimento do Pergamiño Vindel ). b) Liederbucher ('libros de cancións'):  Libro que contén as composicións dun determinado autor.  Na lírica galego-portuguesa non se conserva ningún, pero segundo investigadores coma Tavani ou Resende de Oliveira deberon existir algúns de D. Dinis ou Johan Airas de Santiago xa que as súas composicións aparecen xuntas nos cancioneiros. c) Liedersammlungen ('pequenos cancioneiros'):  Pequenos cancioneiros que compilan as composicións de:  Varios autores con algún nexo entre eles (orixe, clase social, etc.).  Un xénero. 1.1. Cancioneiro da Ajuda 1.1.1. Historia externa

  1. Datación : é o máis antigo dos catro, xa que data probablemente da última década do s. XIII (é anterior á extinción do momevento).
  2. Localización : é ibérico , mentres que os outros catro son italianos
  3. Conservación : consérvase no Pazo da Ajuda en Lisboa desde 1832.
  4. Descubrimento : a) É descuberto en 1810 por Ricardo Raimundo de Nogueira e estaba na Biblioteca do Real Colegio dos Nobres de Lisboa. b) En 1842 descóbrese en Évora un fascículo de 11 folios , que se integra como parte do cancioneiro en 1843.
  5. Historia : sabemos que na 2ª 1 / 2 do s. XV pertencía a Pedro Homem , xa que asina o cancioneiro como o seu dono. Trátase dun poeta da pequena nobreza do que podemos atopar composicións no Cancioneiro Geral de Garcia de Resende.
  6. Edicións : a) 1823 : Lord Chales Stuart (diplomático) realiza a primeira edición. 1.1.2. Descrición
  7. Soporte : 88 folios de pergamiño de tamaño variable, o que implica que se realizou nun centro con menos recursos ca unha corte real.
  8. Descubrimento : aparece no mesmo volume có Livro de linhagens do Conde de Barcelos , sen ningunha transición marcada entre o cancioneiro e esta obra.
  9. Conservación : a) Comeza no medio dunha cantiga de Vasco Fernandez Praga de Sandim , polo que faltan os folios iniciais.

Literatura galega medieval I 2009/ 4 c) Segundo Maria Ana Ramos o compilador debeu dispoñer de materiais de diferente tipo :  Materiais con música só para a primeira cobra.  Materiais con música para a primeira cobra e a fiinda. d) Nalgúns casos hai unha separación silábica no texto que se pode deber á necesidade dun espazo maior para o pneuma. e) Maria Ana Ramos conclúe que o cancioneiro ten 3 seccións en canto á musica , unha división que é congruente coa que tira Resende de Oliveira a partir do estudo histórico-literario da obra. Estas seccións son:  Sección na que non se transcribe a música nas fiindas.  Sección con transcrición da notación musical das fiindas.  Sección na que a transición da notación musical das fiindas pode aparecer ou non.

  1. Lugar e momento da súa elaboración : a) C. Michaëlis :  Lugar : corte portuguesa.  Cronoloxía : fins do reinado de Afonso III , de xeito que a súa morte sería a causa de que quedara inacabado.  O cancioneiro sería unha copia do Livro das trovas de el rei D. Afonso que aparece no listado da biblioteca do rei D. Duarte. Para C. Michaëlis Afonso III é o promotor desta obra, aínda que outros autores consideran que era só o seu posuidor. b) Tavani :  Lugar : corte de Afonso X, xa que atopa concomitancias cos códices das CSM :  Decoración.  Transcrición da música.  Grafías ll e nn.  Cronoloxía : fins do s. XIII, quedaría inacabado pola morte de Afonso X en 1284. c) Francisco Adolfo de Varnhagen :  Autoria : Conde de Barcelos.  Cronoloxía : mediados do s. XIV. d) A. Resende de Oliveira :  Considera que é unha copia dun cancioneiro hipotético , o Segundo canconeiro aristocrático.  Cronoloxía : última década do s. XIII ou, con menor probabilidade, inicios do XIV. Baséase na inclusión dunha cantiga de Paio Gomes Chariño datable entre 1287 e 1288 xa que fai referencia ao momento no que o autor deixa de ser almirante.

Literatura galega medieval I 2009/ 5 e) M. Ana Ramos :  Segundo esta autora o compilador coñecía ben a arte de trobar pero non tiña tantos medios coma os que podería ter nunha corte real.  Lugar : norte de Portugal ou Galiza, xa que:  Pola paleografía achégase aos textos galego-casteláns.  Considera que as grafías non son un indicio para situalo en diferentes lugares da Península, xa que eran comúns antes dos cambios introducidos por Afonso III.  Cronoloxía : última década do s. XIII.

  1. Contido : a) Contén 310 cantigas de amor (agás a Cantiga da guarvaia , que é de escarnio e maldicir). Podería estar destinado a ser un cancioneiro só de cantigas de amor ou a conter os tres xéneros maioritarios. b) Son composicións de 38 autores anteriores ao período dionisíaco. Aínda que non figura o seu nome (intencionadamente ou non), moitas das composicións aparecen tamén nos apógrafos italianos. Para a atribución das cantigas aos seus autores é importante a Tavola colocciana , xa que é o índice dun cancioneiro.
  2. Siglas : cancioneiro A (ou CA, menos usada).
  3. Edicións : a) Lord Charles Stuart (1823): publica unha edición parcial en París, con só 25 exemplares. b) F. Adolfo Varnhagen (1849): edición parcial en Madrid, na que se identifica o compilador con D. Pedro de Barcelos. c) C. Michaëlis (1904): edición crítica que sigue vixente en grande parte. Na reimpresión de 1990 inclúese un glosario da autora, que publicara por separado, e un estudo de Ivo Castro. d) Henri Hare Carter (1941): primeira edición diplomática completa. e) Edición facsimilar (1994), publicada en Lisboa. 1.2. Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (B, CB) 1.2.1. Historia externa
  4. Denominación : ata 1924 foi coñecido coma o Cancioneiro Colocci-Brancuti: a) Angelo Colocci foi o mecenas que promoveu a copia do cancioneiro. b) Paolo Antonio Brancuti era o dono da biblioteca na que se atopou.
  5. Importancia : a) É o que transmite máis autores e textos (1647, dun total de 1679 segundo Tavani). b) Unhas 250 cantigas só se transmiten neste cancioneiro. c) É o único cancioneiro que nos transmite a Arte de trobar ou Poética fragmentaria.

Literatura galega medieval I 2009/ 7  Usa a letra cursiva itálica chanceleresca , mentres que os outros usan variedades gótico-bastardas. d) Intervención directa de Angelo Colocci :  Rúbricas introdutorias.  Notas marxinais.  Razós.  Correccións.  Numeración das cantigas , aínda que con lagoas e duplicacións (numera 1664, pero na actualidade conservamos 1647).  Inicio da Arte de Trobar.

  1. Carácter da copia : segundo Anna Ferrari foi unha copia alla pecia , é dicir, o orixinal tivo que ser desmembrado e repartido entre diferentes amanuenses para ser copiado con rapidez. Indicios disto son: a) O gran número de copistas. b) Os diferentes tipos de papel.
  2. Notas de Angelo Colocci : a) Localización :  Marxinais.  Folios enteiros encadernados por erro. b) Finalidade :  Organizativas.  Atributivas (autores, razós, etc.).
  3. Cronoloxía : a) Anna Ferrari dátao en 1526 tendo en conta os seguintes datos:  Marcas de auga do papel: nos 5 casos son papeis usados en Roma entre 1520 e 1530.  No folio 13v está anotado o que lle pagaba Angelo Colocci aos copistas con valores de moedas usadas entre 1504 e 1526.  No folio 1r Colocci confronta este cancioneiro co cancioneiro M da lírica provenzal valéndose para iso das notas que fixera entre 1525 e 1526 ao Cancioneiro M. b) Datos que corroboran o anterior:  Elsa Gonçalves apunta que o orixinal que serviu como base para o Cancioneiro B puido chegar a roma a través dun sacerdote portugués que se sitúa nesta cidade en 1525.  Non podería ser posterior a 1526 xa que en 1527 prodúcese o saco de Roma e o Papa abandona a cidade , polo que non se podería elaborar na Curia.
  4. Antecedentes : a) Tavani : apunta que B e V teñen como base orixinais diferentes. b) Anna Ferrari , Elsa Gonçalves , J. M. D'Heur e H. Livermore defenden que as dúas copias derivan do mesmo orixinal.
  5. Contido : a) 1647 cantigas.

Literatura galega medieval I 2009/ 8 b) Tres xéneros en tres seccións. c) Autores por orde cronolóxica. d) Erros na estrutura , pola posible mudanza dos criterios ordenadores.

  1. Edicións : a) E. Molteni ( 1880 ):  Edición diplomática.  Parcial : non inclúe as composicións comúns ao Cancioneiro V, que editara en 1875 Ernesto Monacci. b) Elsa Paxeco e J. P. Machado ( 1949 ): edición en 8 vols. moi criticada por outros investigadores. c) L. F. Lindley Cintra ( 1982 ): edición facsimilar. 1.3. Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (V, CV) (Códice Vaticano Lateranense

1.3.1. Historia externa

  1. Finalidade : probablemente Angelo Colocci o concibise para intercambialo ou regalarllo a outro humanista, de aí que sexa máis coidado (letra regular, un único copista, case non hai notas marxinais, etc.).
  2. Cronoloxía : 1526.
  3. Descubrimento : a) Debeu entrar na Biblioteca Vaticana xa en 1558 , segundo Ernesto Monacci , de aí o seu bo estado de conservación en comparación con B. b) 1840 : Ferdinand Wolf descúbreo. c) 1877 : sofre a única alteración da súa historia por mor dun proceso de restauración no que:  Os folios en branco repartidos ao longo do cancioneiro son concentrados ao final do mesmo.  Realízase unha nova numeración das páxinas sen contar cos antigos folios en branco. Con todo, podemos coñecer a estrutura orixinal grazas á edición paleográfica que fixera Ernesto Monacci en 1875. 1.3.2. Descrición
  4. Características físicas : a) Cartáceo , con papel de tres tipos difrentes. b) 210 folios en 11 cadernos. c) Non se distinguen as liñas para escribir sobre elas, ao contrario ca en B. d) Letra cursiva humanística itálica chanceleresca. e) Columnas :  Os 9 primeiros folios están escritos a unha columna.  Os folios restantes están a dúas columnas.  Aparece unha páxina polo medio a unha columna , da que se cre que foi a proba para contratar ao copista. f) Numeración : aparecen varios tipos de numeración, non sempre coincidentes e que deben remitir ao orixinal (alén da numeración asignada polo propio Colocci.):

Literatura galega medieval I 2009/ 10 1.4. Cancioneiro da Bancroft Library 1.4.1. Historia externa

  1. Denominación antiga : Cancioneiro Berkeley (a Bancroft Library é a biblioteca da Universidade de Berkeley).
  2. Cronoloxía : arredor de 1600.
  3. Descubrimento : a) F. A. de Varnhagen dá noticias de que se atopa en Madrid en 1857 , denominándoo Cancioneiro dun grande de Hespaña. Decátase de que está incompleto e da súa relación con V, polo qeu en 1858 viaxa a Roma para coñecer V e compáraos:  Semellanzas :  Os dous comezan abruptamente cunha cantiga de Fernán Gonçalves de Seavra.  No alto da primeira páxina atópase o número 103.  Ao lado da 3ª cantiga da primeira páxina figura a cifra 86 en números romanos (LXXXVI).  Diferenzas :  O Cancioneiro K presenta unha letra e un papel máis modernos.  K ten 272 folios segundo F. A. Varnhagen, pero coa 111 repetida , polo que serían un total de 273. b) Ata 1983 pérdese a pista deste Cancioneiro, pero neste momento é adquirido pola Bancroft Library xunto cun amplo grupo de manuscritos pertencente á familia Gutiérrez de los Ríos , condes e duques de Fernán Núñez. 1.4.2. Descrición
  4. Características físicas : a) Cartáceo , con papel d untipo usado en Roma entre 1566 e 1600. b) 273 folios , incluíndo a repetición dun deles aínda que se trata do 191 e non do 111 como apuntaba Varnhagen. c) Fascículos de 4 follas (8 folios). d) Letra cursiva , a propia da 2ª 1 / 2 do s. XVI e comezos do XVII.
  5. Amanuenses : tres.
  6. Promotor : seguramente foi Juan Fernández Velasco , duque de Frías e conde de Haro (familia protectora da lírica trobadoresca): a) Era gobernador español en Milán e tamén tivo destinos en Roma entre 1592 e 1612, polo que se sitúa no lugar e momento da confección de K. b) Era coleccionista e sabemos que parte do adquirido á familia Gutiérrez de los Ríos procedía deste nobre.
  7. Contido : é unha copia de V , con 43 poemas menos (a maioría dos poemas que faltan sitúanse ao final do Cancioneiro).
  8. Edicións : actualmente está sendo estudado por A. Askins , pero aínda non dispoñemos de ningunha edición.

Literatura galega medieval I 2009/ 11

2. Os manuscritos breves 2.1. Tavola colocciana 1) Características físicas : 8 folios. 2) Contido : a) Trátase do índice dun cancioneiro , escrito polo propio Angelo Colocci que chega a nós nun códice misceláneo da Biblioteca Vaticana cuxa parte principal é un vocabulario de diferentes autores tamén de Colocci ( Catálogo de autores portugueses ). b) Contén os nomes dos poetas precedidos por cifras , do 1 ao 1675, que coinciden en xeral cos nomes e cantigas de B , aínda que este cancioneiro só ten 1647 cantigas. 3) Interpretacións : a) Índice dun cancioneiro perdido máis completo ca B ( β ), postura defendida por:  Molteni.  Tavani.  Silvio Pelegrini. b) Dúbida entre se é un índice dun hipotético cancioneiro β ou de B :  Monacci , descubridor do manuscrito.  C. Michaëlis , quen tamén expón a cuestión de se foi elaborado por Colocci ou copiado doutro índice. c) Seguranza de que se trata do índice de B completo , postura defendida por Elsa Gonçalves e outros (Anna Ferrari, J. M. D'Heur e H. Livermore). Esta investigadora asegura ademais que non pode ser unha copia doutro índice, xa que Colocci nunca realizaba copias el mesmo, polo que se trata dun orixinal de Colocci realizado en dúas fases:  Lista dos autores.  Colocación da numeración á esquerda dos nomes. 4) Edicións : Elsa Gonçalves. 2.2. Pergamiño Vindel (R, N) 1) Historia : a) Descuberto por Pedro Vindel en 1914. b) Formaba parte da encadernación dun códice do s. XIV que contiña De oficiis de Cicerón. c) En 1915 Vindel publica unha edición cunha reprodución fotográfica do pergamiño. d) En 1918 adquíreo o musicólogo Rafael Mitjana , quen morre en 1921 sen estudalo. e) O pergamiño fica perdido e mesmo se chega a pensar que nunca existiu, ata que en 1977 é redescuberto por Ismael Fernández de la Cuesta na Pierpoint Morgan Library de Nova York, onde se conserva actualmente.

Literatura galega medieval I 2009/ 13 2.3. Manuscritos M e P

  1. Historia : a) Cronoloxía : s. XVII. b) Lugar de conservación :  M : Biblioteca Nacional de Madrid.  P : Biblioteca Pública Nacional do Porto.
  2. Descrición : a) Contido : son dous manuscritos que nos transmiten a mesma tenzón entre D. Afonso Sanches (fillo de D. Dinís) e Vasto Martins de Resende, sen engadir nada novo ao xa contido nos grandes cancioneiros b) O manuscrito P engade unha nota na que se di que o orixinal do que foi copiado pertencía a André de Resende e que tiña música , pero no s. XVII a notación musical xa non debía ser entendida, de aí que non se copiase. 2.5. Manuscrito dos cinco lais de Bretaña (Vª, L)
  3. Descrición : a) Física :  3 follas integradas nun volume misceláneo da Biblioteca Vaticana.  Texto a unha columna sen división versal.  Letra minúscula gótica da escola española do s. XVI. b) Contido : 5 lais de Bretaña , que xa se atopan no inicio de B. c) Antecedentes :  Tavani : considera que B e tiveron antecedentes diferentes.  Anna Ferrari : defende que Vª e B tiveron un mesmo antecedente. d) Amanuense : non debía ser hispánico , xa que parece non comprender o texto.
  4. Siglas : a) : é a sigla adxudicada e aceptada de xeito xeral (Vaticano). b) L : é a sigla adxudicada recentemente polo CIRP e fai referencia a lais. Isto rompe co costume de establecer as siglas en relación ao lugar de conservación. 2.6. Pergamiño Sharrer
  5. Historia : a) Descóbreo Sharrer en 1990. b) É unha folla arrincada dun códice. c) Siglas :  L (Lisboa).  D (D. Dinís), atribuída polo CIRP.
  6. Descrición : a) Física :  Texto a tres columnas (moi raro) de ancho desigual.

Literatura galega medieval I 2009/ 14  En moi mal estado de conservación. Cotexando os textos cos de B e V Sharrer determina que se debeu tratar dunha folla de gran tamaño, polo que tivo que pertencer a un códice. b) Contido :  7 cantigas de amor de D. Dinís , xa contidas en V e B.  Música das cantigas, a única conservada para cantigas de amor.

3. A xénese da tradición manuscrita ( stemma codicum ). Diferentes teorías 3.1. Tavani ω A α | β (C) γ δ ε | | B ζ | V Tavani realiza a súa análise baseándose sobre todo nos apógrafos italianos (B e V), así considera que:

  1. Existe un arquetipo común a toda a tradición manuscrita (ω) 1 : a) Probablemente compilado na corte de Afonso X. b) Razón para considerar que existe un único arquetipo: a maior parte dos textos conservados repítense en todos os cancioneiros, por exemplo:  266 1 as composicións de A = 91 - 450 de B.  B 391 = V 1.
  2. División entre A e α : a) A :  Características diferenciais : textos anónimos.  Outros trazos : debeu ser copiado na corte de Afonso X e ficaría incompleto pola morte do rei. b) α :  Características diferenciais :  Nomes dos autores.  Erros de lectura inexistentes en A, comúns a B e V. (^1) Esta parte da proposta de Tavani é aceptada pola maioría dos investigadores, aínda que J. M. d'Heur afirmou nalgún momento que non existiu tal arquetipo común, pero nunca argumentou esta postura.

Literatura galega medieval I 2009/ 16

  1. Segunda proposta : simplificación da anterior, eliminando as dúas divisións hipotéticas de α: ω A α | B (C) V 3.3. A. Resende de Oliveira^2
  2. Conclusións tiradas do cruzamento da estrutura dos cancioneiros cos datos da vida dos autores : existencia dos seguintes materiais: a) Cancioneiro de cabaleiros :  Data : 1275.  Autores : 35 trobadores galegos.  Estrutura : tripartita por xéneros.  Lugar de elaboración: podería ser a corte de Afonso X, a corte dun nobre galego, dun nobre castelán... b) Segundo cancioneiro aristocrático :  Data : 1290.  Autores : engade 19 trobadores portugueses ao anterior.  Estrutura : tripartita por xéneros.  Lugar de elaboración: tivo que ser o mesmo có do Cancioneiro de cabaleiros. c) Cancioneiro de xograres galegos :  Data : fins do XIII ou comezos do XIV.  Autores : 28 xograres galegos.  Estrutura : tripartita por xéneros.  Lugar de elaboración: Galiza ou Castela.  Anexión aos cancioneiros aristocráticos : seguramente se debe á compilación feita por D. Pedro de Barcelos , xa que sabemos que en 1340 estivo en Galiza, polo que puido ter acceso a este cancioneiro. d) Cancioneiro da Ajuda :  Data : fins do XIII ou comezos do XIV.  Antecedente : Segundo cancioneiro aristocrático (sería unha copia da primeira sección).  Textos engadidos : de Martin Moxa e Rui Fernandez de Santiago, dous clérigos , polo que se rompe a estrutura inicial xa que non son cabaleiros. Quizais esta fose a razón pola que se deixou de copiar.  Estrutura : responde a unha estrutura tripartita por xéneros. (^2) Depois do espectáculo trovadoresco : a estrutura dos cancioneiros peninsulares e as recolhas dos séculos XIII e XIV (1994); Trobadores e xograres : contexto histórico (1995)

Literatura galega medieval I 2009/ 17 e) Libros de autores (de estrutura tripartita):  D. Dinis , o máis extenso.  Johan Airas de Santiago (burgués), o 2º en extensión.  Estevam da Guarda , posterior aos anteriores.

  1. Desaparición da estrutura tripartita : debe darse a partir de α , xa que o obxectivo de D. Pedro é reunir o máximo número de textos posible, sen atender a división por xéneros. Esta compilación: a) É a última compilación colectiva da lírica galego-portuguesa, os manuscritos posteriores son copias. b) Está feita en Portugal. c) Ten textos engadidos posteriormente (durante os séculos XIV e XV), pertencentes xa á lírica epigonal (posterior a 1350).