Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


03. A Época Nós. Prosa, Apuntes de Lengua y Literatura Gallega

Asignatura: Literatura Galega das Irmandades da Fala á Guerra Civil, Profesor: Anxo Tarrío Varela, Carrera: Lengua y Literatura Gallega, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

Antes del 2010
En oferta
30 Puntos
Discount

Oferta a tiempo limitado


Subido el 10/06/2008

luz_varela
luz_varela 🇪🇸

4.3

(756)

231 documentos

1 / 14

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
1. Introdución
Na Época Nós existe conciencia de que no Rexurdimento se favorecera
a expresión lírica, de xeito que a expresión en prosa quedara nun segundo plano1.
Desde as Irmandades da Fala preténdese darlle un pulo a Galiza en
tódolos ámbitos, a prol do discurso nacionalista. Así, neste momento os avances no
eido da narrativa son tamén importantes (novela moderna, relato curto...)
2. Empresas editoriais para a promoción da prosa
2.)1En 1918 créase na Coruña un suplemento de El Noroeste que lugar á
colección ¡Terra a Nosa!, que acolle traballos narrativos (coma Do caso
que lle aconteceu ao doutor Alveiros, de Risco). Con todo, non tivo moita
duración.
2.)2Desde 1922 xorden empresas máis competitivas, como é o caso de Céltiga:
2.)2.)a Creada por Antón Villar Ponte e Xaime Quintanilla en Ferrol.
2.)2.)b Pretende dirixirse a un público urbano que, desde 1908, estaba a ler
noveliñas por entregas en castelán pertencentes a coleccións coma El
cuento semanal2.
2.)2.)c Predomina a temática enxebre e ruralizante, así coma as historias de
amor. Ao contrario do que acontece nas coleccións españolas, en Céltiga
non aparecen novelas de temática erótica (sicolíptica) xa que era probable
que non fose acollida por un público maioritariamente católico e, ademais,
para os guieiros da Época Nós a relixión era un dos elementos
fundamentais do pobo galego.
2.)2.)d Algúns dos arredor de 13 títulos publicados (con cadansúa cuberta) en
Céltiga son:
Un ollo de vidro. Memorias d’un esquelete de Castelao, a primeira obra
publicada;
Os catro cisnes brancos, unha tradución de lendas nórdicas (celtismo e
atlantismo);
)a En 1924 desaparece.
)1 En 1924 aparece Lar:
3. A Época Nós. Prosa
1 Destacan autores coma M. Valladares, López Ferreiro, A. de Nóvoa ou Pérez Placer,
que publican fundamentalmente na prensa. A única iniciativa editorial relevante foi a
Biblioteca Gallega (Martínez Salazar e Fernández de la Torre), dedicada á publicación
de textos sobre Galiza, pero non só en galego.
2 En moitos casos os autores destas novelas son persoas importantes dentro do sistema
literario español (E. Pardo Bazán, Valle Inclán, Blasco Ibáñez, Wenceslao Fernández
Flórez...)
5 Felipe Ferández Armesto sería coñecido como xornalista baixo o nome de Augusto
Assía.
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9
pfa
pfd
pfe
Discount

En oferta

Vista previa parcial del texto

¡Descarga 03. A Época Nós. Prosa y más Apuntes en PDF de Lengua y Literatura Gallega solo en Docsity!

  1. Introdución

Na Época Nós existe conciencia de que no Rexurdimento se favorecera a expresión lírica , de xeito que a expresión en prosa quedara nun segundo plano 1.

Desde as Irmandades da Fala preténdese darlle un pulo a Galiza en tódolos ámbitos, a prol do discurso nacionalista. Así, neste momento os avances no eido da narrativa son tamén importantes (novela moderna, relato curto...)

  1. Empresas editoriais para a promoción da prosa

2.)1En 1918 créase na Coruña un suplemento de El Noroeste que dá lugar á colección ¡Terra a Nosa! , que acolle traballos narrativos (coma Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros , de Risco). Con todo, non tivo moita duración.

2.)2Desde 1922 xorden empresas máis competitivas, como é o caso de Céltiga :

2.)2.)a Creada por Antón Villar Ponte e Xaime Quintanilla en Ferrol.

2.)2.)b Pretende dirixirse a un público urbano que, desde 1908, estaba a ler noveliñas por entregas en castelán pertencentes a coleccións coma El cuento semanal^2.

2.)2.)c Predomina a temática enxebre e ruralizante , así coma as historias de amor. Ao contrario do que acontece nas coleccións españolas, en Céltiga non aparecen novelas de temática erótica (sicolíptica) xa que era probable que non fose acollida por un público maioritariamente católico e, ademais, para os guieiros da Época Nós a relixión era un dos elementos fundamentais do pobo galego.

2.)2.)d Algúns dos arredor de 13 títulos publicados (con cadansúa cuberta) en Céltiga son:

  • Un ollo de vidro. Memorias d’un esquelete de Castelao, a primeira obra publicada;
  • Os catro cisnes brancos , unha tradución de lendas nórdicas (celtismo e atlantismo);

)a En 1924 desaparece.

)1 En 1924 aparece Lar :

(^1) Destacan autores coma M. Valladares, López Ferreiro, A. de Nóvoa ou Pérez Placer, que publican fundamentalmente na prensa. A única iniciativa editorial relevante foi a Biblioteca Gallega (Martínez Salazar e Fernández de la Torre), dedicada á publicación de textos sobre Galiza, pero non só en galego. (^2) En moitos casos os autores destas novelas son persoas importantes dentro do sistema literario español (E. Pardo Bazán, Valle Inclán, Blasco Ibáñez, Wenceslao Fernández Flórez...) (^5) Felipe Ferández Armesto sería coñecido como xornalista baixo o nome de Augusto Assía.

)1.)a Ten como director técnico a Ánxel Casal^3 e como director literario a Leandro Carré Alvarellos^4. )1.)b Tódalas novelas presentan a mesma cuberta , con figuras do Pórtico da Gloria (pasado románico) e unha mámoa (celtismo). )1.)c (^) Ten máis continuidade ca Céltiga, xa que nela podemos atopar ata 41 títulos. )1.)d Buscábase un tipo de novela que Carré Alvarellos definiría nun artigo de 1926 na revista Nós : personaxes e escenarios urbanos , en oposición ao ruralismo do XIX. Con todo, non tódalas novelas responden a este modelo:

Novelas que non responden ao modelo de Carré Alvarellos Motivo Exemplos Novelas non narrativas (^) • O xardín do Castelo de Vidre, de A. María de las Casas.

  • A coutada , de Risco. Recompilacións da tradición oral (máis ca creacións orixinais)
  • Contos de Nadal , de Cotarelo Valledor.
  • O lobo da xente , de Risco.
  • A dona das torres , de Ánxel Casal. Semblanzas máis narracións (^) • Os probes de Deus , de Amado Carballo.
  • O vigoiro , de Filgueira Valverde. Fondo filosófico (xeralmente sentimento da terra) que contrasta co que busca o público urbano
  • Pantelas, home libre , de Otero Pedrayo.
  • Escrito na néboa , de Otero Pedrayo.

Relato curto (^) • Ladaíña , de Álvaro María de las casas.

  • (^) De como claudicou Xaquín Quiroga , de Xacobe Casal. Novela de aventuras (^) • Cabalgadas en Salnés , de Bouza Brey.

Novelas que responden ao modelo de Carré Alvarellos Grupos Subgrupos 12 novelas :

  • que se centran nas clases medias urbanas ;
  • que non reflicten a diglosia ;
  • sen o motivo do sentimento da terra.
  • Wenceslao Fernández Flórez: A miña muller ; O ilustre Cardona.
  • Leandro Carré Alvarellos: Naiciña ; O xornal de Maví , O home que deu vida a un morto ; A propia vida.
  • Francisca Herrera Garrido: Martes d’Antroido.
  • Xulián Magariños
  • Humorísticas : A miña muller , O ilustre Cardona, O kaliveira 30HP, O filósofo de Tamarica, O home que deu vida a un morto.
  • Novela rosa ou de conflito amoroso :
  • Motivo da parella de namorados : Martes d’Antroido, Ana María, A filla da patrona, O xornal de Maví.
  • Triángulo amoroso : Naiciña, A propia vida, O alevamento.

Os desenlaces das novelas de conflito amoroso poden ser:

  • Feliz: Martes d’Antroido, Naiciña, A propia vida.
  • Catástrofe romántica (suicidio): O alevamento.
  • Realismo melancólico: A filla da patrona.
  • Realismo infeliz (morte natural): Ana María.

(^3) Ánxel Casal ten un papel fundamental como editor. (^4) Fillo de Uxío Carré Aldao, o anfitrión da Librería Gallega da Coruña, onde se producían as reunións da Cova Céltiga que darían lugar ao nacemento da Real Academia Galega. Leandro Carré Alvarellos foi dramaturgo, novelista, ensaísta... e director da escola de arte dramático creada en 1922.

3.)2A súa evolución cara o nacionalismo producirase por influencia de Antón Losada Diéguez , ao igual cá de Otero Pedrayo ou Cuevillas^6 , que entrarían nas Irmandades da Fala. É moi importante para a historia de Galiza o feito de que persoas tan formadas se dedicasen á causa nacionalista.

3.)3Así, Risco converterase no principal teórico do grupo ( Teoría do nazonalismo galego , 1920) e en 1920 crea a revista Nós , que ten continuidade ata 1936 (agás nos primeiros anos da Ditadura de Primo de Rivera).

3.)4En 1930 fai unha viaxe por Centroeuropa e en 1934 publica Mitteleuropa. Ademais, é o autor da que se considera a primeira novela vangardista da literatura galega: O porco de pé.

3.)5En 1934 abandona o Frente Popular e crea a Dereita Galeguista , que asumiría o golpe de estado de 1936.

3.2. Obra

3.2.1. Primeiras obras

  1. Preludio a toda estética futura , ensaio publicado en La Centuria^7 (1917 –

  2. no que desenvolve o seu papel como guieiro do seu grupo. Deste ensaio destacan: 1).)a Rexeitamento da literatura realista (social), xa que considera que a función da literatura é proxectar a mente humana cara a fantasía. 1).)b Importancia da intuición^8 para penetrar na esencia das cousas, unha calidade que posúen os artistas no seu máis alto grao.

  3. Teoría do nacionalismo galego : ensaio publicado entre 1918 e 1919 en A Nosa Terra e en 1920 de xeito independente. É o texto programático da elaboración do discurso identitario nacionalista.

  4. Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros : primeira obra narrativa, publicada no suplemento de El Noroeste ¡Terra a Nosa! en 1919.

3.2.2. Dupla faceta: lúdica e ideolóxica

  1. Lúdica e desenfadada , tomada coma un xogo e sen preocupacións galeguistas: )a Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros , obra na que se fai referencia á liberación da momia de Tutankamon xa que está baseada na crenza de que os esqueletos son máis felices se poden moverse libremente.

(^6) Esta evolución reflíctese en Nós, os inadaptados de Risco, en Arredor de si de Otero

Pedrayo e no artifo “Dos nosos tempos” de Cuevillas, publicado no primeiro número da revista Nós en 1920. (^7) As ilustracións de La Centuria amosan o gusto polas novas tendencias plásticas, moi

na liña do art nouveau. (^8) Neste senso segue as teorías de Henri Bergson, aínda que xa Kant falara do

noumeno (esencia) e o fenómeno (aparencia) pero segundo risco a distancia entre noumeno e fenómeno é salvada grazas á intuición.

)b Os europeos en Abrantes (1927): obra incompleta na que se critica a sociedade provinciana e imitadora das prácticas da alta sociedade burguesa. Así, Risco clasifica os seres humanos en tres tipos: )b..1 Hílicos : comerciantes materialistas. )b..2 (^) Psíquicos : políticos. )b..3 Pneumáticos : homes de espírito, unha clase selecta e superior da que se considera pertencente.

)c O porco de pé (1928):

  • Crítica cruel aos hílicos e aos psíquicos.
  • O protagonista é o fillo dun maragato que é caricaturizado de xeito expresionista e caracterizado coma un porco. Evoluciona de hílico a psíquico. Isto supón un desenvolvemento da temática de Os europeos en Abrantes.
  • O narrador é un reflexo do propio autor , pero non hai unha intención de adoutrinamento nacionalista , xa que só é unha crítica á burguesía.
  • É unha novela vangardista , que podemos considerar a primeira novela realmente moderna da literatura galega. Algúns dos trazos que nos permiten cualificala deste xeito son:
  • caracterización expresionista dos personaxes , coma a que se fai do dr. Alveiros (inspirada en Quevedo);
  • ausencia de linealidade cronolóxica;
  • enumeracións longas que lembran ás técnicas surrealistas.
  • É moi importante a presenza do lector implícito :
    • A diferenza do lector do XIX, Risco (ao igual ca Dieste ou Castelao) busca a colaboración dun lector intelixente , con sentido do humor e culto, do mesmo xeito que xa o fixeran Joyce e Proust.
    • É un trazo especialmente importante no conto Meixelas de rosa , no que o autor lle dá ao lector a posibilidade de deseñar el mesmo os personaxes ( o lector poderá colaborar co autor ). Isto é un experimento vangardista no que se fai explícito o feito de que cada lector imaxina a historia dun xeito diferente, algo implícito ao longo de toda a historia da literatura. Ademais, é unha historia mínima na que se consigue manter a atención do lector sen contar case nada, feito que tamén é un trazo de modernidade.
  1. Ideolóxica , á que pertencen obras que buscan a difusión do ideario nacionalista:

2).)a (^) A trabe de ouro e a trabe de alquitrán :

  • Obra baseada na crenza popular de que o mundo está sostido por dúas trabes, unha de ouro e outra de alquitrán (o ben e o mal).
  • Argumento : está protagonizada por dous rapaces que van a unha cova n a que está unha moura que pretende seducilos. Un deles non lle fai caso e consegue ver a trabe de ouro custodiada polos antigos celtas, condenados a estaren recluídos mentres non se bauticen. Mentres o outro
  • Posteriormente Antón Losada Diéguez contribúe para que entren nas Irmandades da Fala e, desde entón, o grupo ficará vinculado ao galeguismo.
  • En 1919 consigue a Cátedra de ensino medio e exercerá nun instituto de Ourense, ao tempo que colabora en revistas e participa nos faladoiros.
  • Colabora co Seminario de Estudos Galegos , na sección de Xeografía e Historia.
  • En decembro de 1931 participa na fundación do Partido Galeguista e sería parlamentario das Cortes Constituíntes da República. Cando o PG se integra no Frente Popular acepta isto, malia a súa posición conservadora, ao contrario ca Risco, que funda a Dereita Galeguista.
  • (^) Durante a Guerra é expedientado e cesado da súa cátedra de instituto, polo que se retira a Trasalba , desde onde colabora na prensa de fóra de Galiza e, máis tarde, tamén na galega ( La Noche ).
  • En 1949 é restituído na súa cátedra e en 1950 consigue a cátedra de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago.
  • Participa na fundación de Galaxia en 1950.
  • Ata 1958 está en Santiago , onde entra en contacto coa mocidade universitaria galeguista, é dicir, cos integrantes da coñecida como Xeración dos 50 ou Xeración das Festas Minervais (Uxío Novoneyra, Ferrín, Bernardino Graña, Avilés de Taramancos, María Xosé Queizán, Fernández Ferreiro, García Bolaño...) Está é unha xeración moi heteroxénea da que destaca a creación da editorial Brais Pinto.
  • Morre en 1976 , considerado xa como o patriarca das letras galegas, sucesor de Murguía.

4.2. Narrativa

)2 Pantelas, home libre (1925) : noveliña coa que Otero se inicia na narrativa (aos 37 anos ), publicada en Lar e que presenta moitas das características que poderemos apreciar na súa narrativa posterior : )1.)e Comuñón coa natureza e intuición como esencia do home galego : Pantelas é un indixente cultural que sente unha especie de forza cósmica de comuñón coa natureza que lle vén dada pola intuición , que o libera de non ter un sistema filosófico sólido para se enfrontar ao mundo. Esta importancia da intuición é unha influencia de Henri Bergson , que tamén se deixa notar no estilo de Otero. )1.)f Fidalguía , á que se lle critica o absentismo dos seus pazos para ir á cidade exercer profesións liberais, de xeito que non exerce o seu papel como clase dirixente. )1.)g Panteísmo , un trazo definidor da cosmovisión do home rural. )1.)h Gusto polo outono : vendimas, castañeiras...

)3 O purgatorio de don Ramiro (1926) :

)3.)a Obra que está na liña de Do caso que lle aconteceu ao dr. Alveiros (1919) de Risco e de Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete de Castelao, que tamén tratan o mundo do alén.

)4 (^) Escrito na néboa (1927) : obra que simula ser o caderno de notas de Adrián Solobio , un fidalgo que se vai formar a Santiago e vai tomando notas do que lle acontece. As principais características deste personaxe son: )4.)a Busca a comuñón coa natureza que perde na cidade, onde o home se somete á tiranía dun ritmo imposto. )4.)b Ten pretensións intelectuais , a diferenza de Pantelas, polo que é o a lter ego perfecto de Otero Pedrayo e o prototipo de fidalgo desde a perspectiva do autor.

)5 Os camiños da vida (1928) : é a primeira novela longa de Otero. 2.)2.)e (^) Divídese en tres partes , que teñen cadansúa personaxe exemplar pola súa dignidade, excepcionalidade e esperanza perdida. Estas partes son: 2.)2.)e..1 Os señores da terra ; 2.)2.)e..2 A maorazga ; 2.)2.)e..3 O estudante ; 2.)2.)f O autor mostra a súa xenreira contra a fidalguía absentista que non se constitúe como clase dirixente. Isto está en relación cos cambios económicos , en especial coas desamortizacións eclesiásticas entre as que destaca a de Mendizábal (1835). Así, comezan a aparecer comerciantes que fan préstamos usureiros que quedan coas propiedades dos labregos. 2.)2.)g (^) En relación co anterior, hai unha postura de nostalxia romántica cara o pasado esplendoroso da fidalguía galega, que transloce nunha escrita cunha compoñente lírica importante que fai del un autor moderno.

)6 Arredor de si (1930) : )6.)a Retoma e desenvolve o personaxe de Adrián Solovio , o seu alter ego. )6.)b Explica o seu camiño de conversión ao galeguismo e o de toda a súa xeración, como tamén se fai en Nós, os inadaptados (1932) de Risco ou no artigo Dos nosos tempos de Cuevillas (publicado no primeiro número da revista Nós en 1920). Así, Adrián viaxa pola Península e por Europa, ata que se decata de que o que busca está en Galiza e que debe exercer o seu papel como fidalgo. )6.)c O estilo desta novela é diferente ao que normal no autor, xa que é un estilo contido , fragmentado , que lembra ao de Azorín.

)7 Contos do camiño e da rúa (1932) : relatos curtos entre os que destaca O fidalgo.

)8 A romeiría de Xelmírez (1934) : )8.)a Cóntase a viaxe de Xelmírez a Roma para conseguir a categoría de arcebispado para Compostela. )8.)b Otero parece querer cubrir con esta obra toda a literatura que en Ga liza non se puido desenvolver desde o século XV:

  • O protagonista é presentado coma un heroe épico ;
  • Introdúcese elementos próximos á novela bizantina (historias de amor inverosímiles) e á poesía pastoral.

2).)b Evoca o ambiente social e cultural de Ourense, cidade á que se refire como Auria.

  1. La vocación de Adrián Silva (1949) : novela de pazo na que está presente a vida da aldea e o outono. Narra a vida de Adrián Silva, un estudante do Seminario de Ourense que ten que seguir coa súa vocación obrigada, xa que é un tío o que lle paga os estudos.

4.3. Teatro

4.3.1. O teatro na Época Nós

O teatro é un xénero aínda menos desenvolvido cá prosa antes da Época Nós, un momento no que se pretende normalizar o galego en tódolos ámbitos. Por esta razón, as primeiras pezas son de carácter popular , para que poidan ser entendidas por todos os públicos (do mesmo xeito que na prosa se publicaron noveliñas curtas).

Malia que hai tentativas de potenciar o teatro, o panorama deste xénero na literatura galega nas tres primeiras décadas do século XX é moi pobre , xa que son moi poucas as obras que podemos destacar:

Obra Contido R. Cabanillas , A man da Santiña (1920)

Aínda que Cabanillas é sobre todo poeta, escribe tamén esta peza, unha comedia relixiosa. É autor, xunto con Antón Villar Ponte, de O Marsical. X. Luís Romero , O fidalgo (1925)

Trátase o tema da fidalguía na mesma liña ca na obra de Otero Pedrayo.

A. Cotarelo , Hostia (1926) Autor asturiano que chega a ser presidente do Seminario de Estudos Galegos. Esta peza é un drama histórico. R. Dieste^14 , A fiestra valdeira (1927)

Obra que está próxima aos postulados da Generación del 27 e, polo tanto, ás vangardas.

Antón Villar Ponte , A patrea do labrego (1905)

Crítica do caciquismo En 1928 aparecen publicadas xuntas.

Antón Villar Ponte , Almas mortas (1925)

Crítica á emigración na que se ridiculiza un indiano a través da súa lingua (mestura castelán e galego). É un aspecto interesante desde o punto de vista sociolingüístico. Antón Villar Ponte , Entre dous abismos (1920)

Crítica ás supersticións.

V. Risco , O bufón de El Rei (1928)

Obra sobre lendas que conecta con Do caso que lle aconteceu ao dr. Alveiros.

Otero Pedrayo , A lagarada (1928?)

4.3.2. A lagarada (1928?)

  1. Edicións : 1).)a Primeira edición : non se sabe a data exacta, xa que na portada indícase que é 1928 , pero na derradeira folla 1929. (^14) Deste autor, que escribiu a meirande parte da súa obra en castelán, destacan as reflexión sobre o relato curto incluídas no libro de relatos Dos arquivos do trasno (1926).

1).)b Segunda edición : non se volvería editar ata 1993 ( Centro Dramático Galego ).

  1. Influencias da vangarda europea : aínda que ten aspectos moi innovadores , Otero Pedrayo aínda non debía coñecer o que Castelao vira no teatro europeo na súa viaxe de 1921. Esta experiencia de Castelao, que vira un teatro no que era un todo no que tódolos elementos eran importantes (luces, máscaras, son, vestiario...) debeu influír máis no Teatro de máscaras , que Otero escribe en 1931 , sendo deputado das Cortes Constituíntes.

  2. Problemas de representación : parece unha peza feita para ser lida, como o mesmo Otero indica ( Farsada tráxica pra lêr ), xa que contén moitos aspectos cuxa representación era difícil no momento (obxectos que falan, etc.) Así, non se representaría por primeira vez ata 1993 , na casa de Trasalba.

  3. Interpretacións : 4).)a Primeira lectura : traxedia báquica ou dionísica, un canto ao viño. 4).)b Segunda lectura:

  4. Personaxes : 5).)a Son personaxes labregos , ningún é fidalgo (aínda que hai referencias á fidalguía). 5).)b Non hai un protagonista claro, pero destaca sobre os demais o Señor Vences da Alén ( un bicho^15 ). 5).)c Algúns dos personaxes son seres inanimados (un monte, unha cuba), outro factor que dificulta a representación da obra. 5).)d Destaca a recorrencia do fonema bilabial sonoro nos nomes das personaxes femininas ( Sabela, Bubela, Balbanela, Basilia ...)

  5. (^) Comentario do texto :

Introdución (^) • Lugar : mundo rural , pero sen unidade de espazo.

  • Tempo concreto , a comezos do século XX pero con reminiscencias do pasado.
  • Estrutura en tres actos , pero non marca as escenas (marcaríanse coa saíada e entrada de personaxes). Acto I Primeira acoutación
  • Vocabulario :
  • Caíño : tipo de parra.
  • Referencias a un pasado ancestral.
  • Século XX ( carretera ) vs. pasado ( un logar da outra veira con pazo e alciprestes ).
  • Rexistro do paso do tempo dentro do relato. Accións (^) • Acción primeira:

(^15) Así é como Otero Pedrayo denomina a personaxes dominadores.

un teatro que se caracteriza pola mestura do agarimo e a burla que dá lugar ao humor. Castelao poñerá isto en práctica en Os vellos non deben de namorarse , pero tamén lle fai saber deste tipo de teatro a Otero Pedrayo.

Así, en 1931 Otero Pedrayo escribe 16 pezas de teatro no papel timbrado das Cortes (case sen correccións). Castelao gárdaas e fican no Museo de Pontevedra ata que en 1975 son publicadas cun prólogo do autor baixo o título de Teatro de máscaras. É un teatro cunha lingua moi rica , pero non un teatro para a xente como pretendía Castelao, xa que está cheo de referencias culturalistas. Un exemplo é A subrevazón dos traxes.

  1. Castelao (1886 – 1950)

5.1. Vida 5.2. Obra narrativa

En A carón da natureza , o texto introdutorio de Cousas (1926), Castelao presenta a xustificación de por qué escribe. Así, di que decide ser un ventureiro das letras porque as artes plásticas non abondan para captar a esencia das cousas, de xeito que precisan o complemento da escritura.

Isto desenvolverao Castelao en practicamente toda a súa obra: Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete , Os dous de sempre , Retrincos , Cousas ou Cousas da vida (onde xa é máis importante a ilustración có texto),

  1. Dieste

6.1. Vida

6.2. Obra

6.2.1. Dos arquivos do trasno (1926)

  1. Poética do relato : limiar de Dos arquivos do trasno : 1).)a (^) Dieste sinala seis características do relato , nas que destaca a importancia do final : 1).)a..1 A unidade emotiva consíguese no conto posa ousesión do que ten de sobrevir. 1).)a..2 O remate ha de tela virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas. 1).)a..3 A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resoancia en tódolos currunchos do relato. 1).)a..4 O remate é unha imaxen que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, dempóis de inzalo poderosamente. 1).)a..5 O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxen contida. 1).)a..6 O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas volvoretas, todas mergulladas na mesma luz. 1).)b As reflexións sobre o relato de Cortázar ou E. Allan Poe son moi semellantes á de Dieste.

  2. Análise do relato A luz en silenzo : 2).)a Dimensión léxico-semántica : desenvólvese arredor de tres isotopías , presentes en todo o relato:

2).)b O medo : terríbel, medo, discordia, berros, noite, sobresalto, me inqueda, desacougo, falsa, turdios, criminais, afogar, asedio das sombras ... 2).)c O deterioro : trastos vellos, coche estragado, muros balorentos e madeiras vellas ... 2).)d O inconcreto : ningunha, dalgún, aquela, presenza baldeira, ninguén, a cousa, algúns anos, alá na viliña, uns cantos ... 2).)e Dimensión da fonética simbólica : uso do fonosimbolismo incidindo nas tres isotopías anteriores, en especial na do medo. Así, predominan os sons:

  • velares ,
  • vibrantes ( curruncho ),
  • oclusivos + líquida vibrante ( trasto ) 2).)f Estrutura : 2).)f..1 Primeira parte na que se prepara o lector , sen agocharlle o final. 2).)f..2 Narrador protagonista en primeira persoa que se ve na obriga de facer unha viaxe e informa dos motivos da mesma. A realización desta viaxe é o que rompe a situación inicial de equilibrio dando lugar ás loitas do heroe 16 , neste caso de xeito metafórico. 2).)f..3 (^) Realización de dúas viaxes , unha contida na outra:
  • Viaxe real , da cidade á vila.
  • Viaxe simbólica , da sala ao cuarto , que está contida dentro da anterior ( mise en abîme ).

(^16) Ver Propp, Morfoloxía do conto (1928)