Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Apuntes Bloque I, Apuntes de Literatura inglesa

Asignatura: teoria y critica literaria, Profesor: Juan Casas, Carrera: Lengua y Literatura Española, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2017/2018

Subido el 06/02/2018

palf-7
palf-7 🇪🇸

3.8

(5)

1 documento

1 / 15

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
I. O CONCEPTO DE LITERATURA A TRAVÉS DAS
DISTINTAS CORRENTES TEÓRICAS.
1. O concepto de literatura: aproximación histórica.
1.1. Literatura: orixe e desenvolvemento histórico do termo.
A orixe do termo é o étimo latino Littteratura, á súa vez esta é un calco do grego
γραμματικη, de γραμμα. Etimoloxicamente a literatura comprende todo aquel texto
pensado para permanecer rme no tempo, esquece todo o oral e determina unha lei
non escrita: a literatura está feita para permanecer, para non ser caduca. O termo
“literatura” entra lentamente nas linguas románicas como cultismo a partir do século
XV.
Poiese (do grego) ou poesía, é o termo utilizado para denominar á literatura, antes dos
Románticos presentábase un modelo para crear literatura que debía ser seguido sen
modicacións, pero despois dos Románticos, comezou a premiarse a orixinalidade.
A literatura non é algo virxe, está mediada por elementos como a historia, estudamos
a literatura que os historiadores consideran canónico (modelos de literatura), por
cambios de datos por outros máis “adecuados” ao momento histórico...
Houbo momentos nos que non existiu a literatura, non en todas as épocas houbo unha
“denición” concreta e igualitaria. É unha arte universal, que comezou en todas as
linguas sendo oral, vinculada a elementos máxicos e espirituais, á música, á danza e
ao traballo. Polo tanto, podemos dicir que a literatura é un concepto complexo e
dinámico que depende do tempo histórico, da época e do lugar no que se desenrola.
Na época contemporánea, o termo literatura utilízase:
Conxunto da produción literaria dunha época (literatura vitoriana) ou dun
espazo (literatura mediterránea).
Conxunto de obras que se particularizan pola súa orixe, polo seu tema ou pola
súa intención (literatura feminista, literatura gótica, literatura política).
Bibliografía existente sobre un asunto especíco (literatura médica).
Sinónimo de retórica, expresión articiosa, insubstancial.
Termo disciplinar, sinónimo de Historia da Literatura.
Coñecemento sistemático e cientíco do fenómeno literario (literatura
comparada).
1.2. Literatura: orixe e desenvolvemento histórico do concepto.
Evolución:
A partir da Antigüidade clásica, o concepto equivale ao de scriptura, é dicir, ao
conxunto de saberes e ciencias profanas conservadas mediante a letra escrita. A
literatura é todo aquelo que está escrito, tanto destinado ao pracer, como leis e
saberes. Aristóteles introduce a primeira noción na súa Poética: hai textos referidos á
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9
pfa
pfd
pfe
pff

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Apuntes Bloque I y más Apuntes en PDF de Literatura inglesa solo en Docsity!

I. O CONCEPTO DE LITERATURA A TRAVÉS DAS

DISTINTAS CORRENTES TEÓRICAS.

1. O concepto de literatura: aproximación histórica.

1.1. (^) Literatura: orixe e desenvolvemento histórico do termo.

A orixe do termo é o étimo latino Littteratura, á súa vez esta é un calco do grego γραμματικη, de γραμμα. Etimoloxicamente a literatura comprende todo aquel texto pensado para permanecer firme no tempo, esquece todo o oral e determina unha lei non escrita: a literatura está feita para permanecer, para non ser caduca. O termo “literatura” entra lentamente nas linguas románicas como cultismo a partir do século XV. Poiese (do grego) ou poesía, é o termo utilizado para denominar á literatura, antes dos Románticos presentábase un modelo para crear literatura que debía ser seguido sen modificacións, pero despois dos Románticos, comezou a premiarse a orixinalidade.

A literatura non é algo virxe, está mediada por elementos como a historia, estudamos a literatura que os historiadores consideran canónico (modelos de literatura), por cambios de datos por outros máis “adecuados” ao momento histórico...

Houbo momentos nos que non existiu a literatura, non en todas as épocas houbo unha “definición” concreta e igualitaria. É unha arte universal, que comezou en todas as linguas sendo oral, vinculada a elementos máxicos e espirituais, á música, á danza e ao traballo. Polo tanto, podemos dicir que a literatura é un concepto complexo e dinámico que depende do tempo histórico, da época e do lugar no que se desenrola.

Na época contemporánea, o termo literatura utilízase:

  • Conxunto da produción literaria dunha época (literatura vitoriana) ou dun espazo (literatura mediterránea).
  • Conxunto de obras que se particularizan pola súa orixe, polo seu tema ou pola súa intención (literatura feminista, literatura gótica, literatura política).
  • Bibliografía existente sobre un asunto específico (literatura médica).
  • Sinónimo de retórica, expresión artificiosa, insubstancial.
  • Termo disciplinar, sinónimo de Historia da Literatura.
  • Coñecemento sistemático e científico do fenómeno literario (literatura comparada).

1.2. (^) Literatura: orixe e desenvolvemento histórico do concepto.

Evolución:

A partir da Antigüidade clásica, o concepto equivale ao de scriptura, é dicir, ao conxunto de saberes e ciencias profanas conservadas mediante a letra escrita. A literatura é todo aquelo que está escrito, tanto destinado ao pracer, como leis e saberes. Aristóteles introduce a primeira noción na súa Poética: hai textos referidos á

verdade e outros á invención, o propiamente literario é o funcional; o relato histórico aspira a contar a realidade dos feitos, mentres que a ficción debe ser sempre verosímil (ou lóxico, que uns acontecementos conduzan a outros).

No Humanismo o discurso supeditase ás regras da Retórica: corrección, precisión e beleza. Está vinculado á Igrexa Católica. A linguaxe ten que ser fina e coidada, a literatura non é linguaxe vulgar.

No século XVIII a arte literaria comeza a estar rexida por unha finalidade exclusivamente estética, a estética é igual á beleza. A arte é a plasmación da beleza, está feita para ser gozada esteticamente, de ai que o que coñecemos hoxe como literatura ideolóxica naquel tempo non fose considerado literatura.

No século XIX consolídanse as acepcións actuais dos termos literatura e poesía, que nalgúns casos conflúen ou subsisten con usos anteriores. Os románticos combinan modelos clásicos e actuais.

Actualmente a aparición de novos xeitos de creación provocou cambios substanciais no futuro do libro e de todos os factores implicados no sistema literario.

2. A literatura como fenómeno comunicativo.

O sistema emisor-mensaxe-receptor foi desenrolado por Bühler, cada un destes factores mencionados están vinculados con funcións.

1.3. (^) A especificidade comunicativa da literatura.

Algúns autores coinciden en que a literatura é distinta do resto de comunicacións humanas porque ten distintas características, esta afirmación non é certo. Según eles a comunicación literaria é:

  • Disxuntiva: a comunicación co profesor nunha clase é conxuntiva, o envío dunha carta é disxuntiva. Na literatura é aceptable? Depende, a literatura oral, o teatro e as regueifas son fenómenos conxuntivos.
  • Diferida: podemos ler a Quevedo (comunicación diferida). A comunicación por whatsapp, o teatro, a literatura oral e as regueifas son comunicación simultánea.
  • In absentia: quen escribe e quen recibe está en soidade. Isto é falso xa que é habitual a lectura de obras en alta voz para un público.
  • Unidireccional: normalmente si o é, pero excepcionalmente danse por exemplo, obras de teatro onde o público non está calado, os aplausos e os asubíos fai que non sexa comunicación unidireccional.
  • Intransitiva (famosa por Barthes): a literatura non ten unha función, non está para facer algo (unha pota está para cociñar). A literatura didáctica non é intransitiva, así como as receitas...

Cos soportes dixitais habería que matizar máis estes puntos, por exemplo, a escritura de literatura a catro mans (con varios autores). A literatura ora e os soportes dixitais fundaméntanse na simultaneidade e na copresenza.

1.7. Teorías antiobxectivistas.

Entenden que o que se debe estudar nos estudos literarios non é a literatura, se non o campo literario. Según Bourdieu o campo é o estado de cousas con autonomía relativa que ten en xogo en certo capital que os axentes pretenden apropiarse; o campo literario: nas grans producións o que importa é o capital monetario; na definición restrinxida, o capital é simbólico a través do recoñecemento dos coetáneos do autor.

  • Teorías pragmático-sistémicas: estas teorías (Pierre Bourdieu, Itamar Even-Zohar, José Lmabert...) entenden a literatura como un sistema socio-cultural e como un fenómeno comunicativo que se define de xeito funcional, a través das relacións establecidas entre os factores interdependentes que conforman o sistema literario.
  • Teoría dos polisistemas: formulada polo profesor da Universidade de Tel Aviv, Itamar Even-Zohar, como unha crítica ao textocentrismo e unha aposta pola concepción relacional dos fenómenos literarios.

4. O problema do canon literario.

1.8. As teorías antiobxectivistas ante o problema do canon: canonicidade ou canonización?

Malia se situaren na órbita das posicións antiobxectivistas, xa algúns teóricos da Escola de Praga recoñeceron que o canon estaba vencellado aos procesos de cambio literario. Segundo as teorías antiobxectivistas, a caracterización da literatura depende da fixación duns valores canonizadores que dan lugar a conflitos, tensións e desprazamentos entre os repertorios máis e menos canonizados do sistema. A canonicidade comprende a todos os principios que organizan e nutren o canon. A historia da literatura é a plasmación dun canon.

  • O canon á luz da teoría dos polisistemas: Itamar Even-Zohar e José Lambert. Segundo Itamar Even-Zohar, non hai “boa” ou “mala” literatura, senón literatura máis ou menos canonizada polos axentes culturais (a crítica, as institucións, o sistema educativo...). O proceso de valorización pasa a ser considerado obxecto de estudo.

Segundo José Lambert, fenómenos textuais como a crítica ou a tradución contribúen no proceso de canonización dos repertorios.

  • O canon á luz da teoría dos campos sociais: Pierre Bourdieu e Pescale Casanova. A teoría dos campos sociais axuda a comprender cuestións relacionadas cos procesos de canonización, tales como a obtención de capital simbólico por parte dos escritores ou os mecanismos de obtención de prestixio literario (premios, procesos de antologación...).

II. AS DISCIPLINAS DOS ESTUDOS LITERARIOS.

1. Os estudos literarios: a cuestión do método e do obxecto.

1.1. Estudos literarios e ciencia da literatura.

A partir do momento no que hai estudo filosófico, hai estudos literarios (Poética de Aristóteles). A noción de ciencia é cambiante, son os estudos literarios unha ciencia? O principio de refutabilidade di que hai ciencia onde calquera cousa que se diga é demostrable, é empírico. Popper di que hai ciencia onde podo someter a calquera lei a ser demostrada.

Os paradigmas científicos constrúen leis empíricas para a explicación dun fenómeno. Newton explica por que chocan dous coches e se destrúen pero esa lei non demostraría máis tarde o choque de dous átomos e as consecuencias que tería este feito. A día de hoxe, o modelo de ciencia é a física-matemática e é asumida polos estudosos cando enuncia leis demostrables.

1.2. O problema da cientifidade nas ciencias humanísticas e sociais.

Dilthey comeza a falar de ciencias sociais. Isto implica a apertura de algo novo, non lle esixe a enunciación de leis demostrables; introdúcese a historicidade (v.gr. dunha cebra, dunha rosa...).

Nas ciencias humanas o básico é comprender. A finasis do século XIX, aparece un novo espazo proclive para que nas universidades se vaian introducindo as ciencias socias (ciencia política, economía, socioloxía...).

Os estudos literarios buscan un lugar nas ciencias. A finais do século XIX, os alemáns marcan a ciencia da literatura, os científicos non poden marcar leis, pero non todos o cumplen (Even-Zohar formula leis, v.gr. a transferencia de literatura dunha cultura a outra).

Nas ciencias sempre acaban de explicarse as leis mentres que nos estudos literarios non é así (unha persoa pode entender un texto dunha forma e outra persoa, doutra forma).

A noción de ciencia está sempre aberta. Nas ciencias experimentais, non hai relación entre o investigador e o investigado. As nocións de ciencia son algo en proceso, están en equilibrio.

Os formalistas rusos (1915-1930): traballan en san Petersburgo que intentan construír unha teoría literaria científica chamada “Teoría del método formal”. Hai teoría literaria se nos centramos no estudo das estruturas, das formas. “Deixemos de estudar sobre a historia do texto, ahora estudamos sincronicamente, non se estuda a biografía do autor”.

  • "Nosotros no teníamos y no tenemos aún ninguna doctrina o sistema acabado. En nuestro trabajo científico, apreciamos la teoría sólo como hipótesis de trabajo con cuya ayuda se indican y comprenden los hechos: se descubre el carácter sistemático de los mismos gracias al cual llegan a ser materia de estudio... Establecemos principios concretos y, en la medida en que pueden ser aplicados a una materia, nos atenemos a ellos. Si la materia requiere una complicación o una modificación de nuestros principios, obramos de inmediato: nos sentimos

1.4. Crítica literaria.

Disciplina que ten como campo funcional propio determinar. É en algún sentido analítica. Fala sempre en concreto (de certa obra). Hai dous tipos: a. Crítica académica: producida por universitarios.

b. Crítica xornalística: publicada nos xornais.

Existe como tal desde o século XVIII. Aristóteles xulga obras na súa Poética, pero o seu libro é teórico, non crítico. Toda crítica é teórica, todos temos uns preceptos do que nos gusta e do que non.

"A concepción máis estendida na actualidade do que é a crítica literaria, principalmente no ámbito europeo, leva a considerala como unha das disciplinas integrantes da ciencia da literatura, xunto coa historia literaria, a teoría da literatura e a literatura comparada. De todas elas, a crítica literaria en canto actividade relacionada cos textos parece ser a primeira en xurdir no tempo, puidéndose datar a utilización do termo crítico, co valor de "xuíz", xa a finais do século V a. C. Aínda que polémica e controvertida, a noción de crítica literaria máis empregada no eido académico é a que a concibe como a disciplina encargada de analizar dende unha perspectiva sincrónica os textos e as obras literarias. O escritor Alfonso Reyes (1944) distinguía nun traballo xa clásico tres graos ou niveis da crítica: a impresión, a esexese e o xuízo (...)".

“Crítica literaria” no DiTerLi.

1.5. (^) Historia literaria.

Non aparece ata o século XVIII pero é moi desmesurada, fan historia da literatura de todo o que está escrito. Nace na gran explosión Romántica e provoca o nacemento das historias das literaturas nacionais. A literatura foi vista como un elemento de cohesión lingüística, estatal e cultural. A historia da literatura como arma política, o máis importante é a Nación, construíuse un canon ad hoc para a política.

"(...) a disciplina que ten por obxecto o estudo da literatura entendida dende unha perspectiva cronolóxica. (...) Dun xeito algo máis preciso, a Historia literaria ocupouse tradicionalmente da investigación das fontes e relacións mutuas dos textos literarios e da análise e mais da elucidación da súa xénese, tanto dende o punto de vista da traxectoria biográfica e creativa dos seus autores como do contexto estético e cultural pertinente. O horizonte, explícito ou tácito, destas tarefas sería a plasmación das ligazóns entre os diferentes feitos de relevancia literaria (...)" “Historia literaria” no DiTerLi.

"[…] la historia literaria tradicional privilegiaba las dos primeras haciendo hincapié en la génesis de los textos y daba la impresión de que esta génesis, por sí sola, constituía su historia […] Pero ninguna historia de la literatura estaría completa si no tuviera en cuenta al

destinatario del texto, es decir, la lectura, los lectores, los públicos, la recepción [..]. Una vez más aquí es todo un mundo nuevo el que se agrega a la historia; vemos, así pues, que las posibilidades que se ofrecen al historiador se han multiplicado, no sólo en el aspecto del corpus, sino también en los enfoques teóricos y metodológicos."

Eva Kushner, “Articulación histórica de la literatura” en Teoría literaria, 1993.

1.6. Literatura comparada.

Aparece no século XIX como relación entre dúas grandes literaturas, a francesa e a alemana, e a influencia de grandes escritores no estranxeiro (Shakespeare en Italia).

A partir da II Guerra Mundial, cambia grazas ao exilio de moitos estudosos centroeuropeos a EEUU e a Canadá. Grandes movementos migratorios que elaboran cultura híbrida. Son máis importantes as relacións da literatura e outras disciplinas (pintura, filosofía).

"La literatura comparada es el estudio de la literatura más allá de las fronteras de un país particular y el estudio de las relaciones entre la literatura y otras áreas de conocimiento o de opinión, como las artes (i. e., pintura, escultura, arquitectura, música), la filosofía, la historia, las ciencias sociales (i. e. , política, economía, sociología), las ciencias naturales, la religión, etc. En resumen, es la comparación de una literatura con otra u otras y la comparación de la literatura con otros ámbitos de la expresión humana."

Henry Remak, la literatura comparada: definición y función, 1961.

"Por literatura comparada (rótulo convencional y poco esclarecedor) se suele entender cierta tendencia o rama de la investigación literaria que se ocupa del estudio sistemático de conjuntos supranacionales... Y digo supranacional, mejor que internacional, para subrayar que el punto de arranque no lo constituyen las literaturas nacionales, ni las interrelaciones que hubo entre ellas."

Claudio Guillén, Entre lo uno y lo diverso. Introducción a la Literatura Comparada (ayer y hoy), 1985.

Claudio Guillén é fillo de Jorge Guillén (xeración do 27) e di que para ser comparatista hai que saber sobre linguas.

1.7. Teoría da Literatura.

Intenta pensar nos grandes conceptos culturais e literarios. É herdeira directa da Poética de Aristóteles.

  1. Cada xénero ten unha vinculación clara con certas pautas enunciativas: determinadas formas de novela deben estar en primeira persoa; v.gr. a novela picaresca está en primeira persoa no que o eu que fala trata de xustificarse porque é así. Os modelos son así porque están vinculados a un modelo anterior.

“Un determinado modelo de situación comunicativa, de modalidade enunciativa (así, a autobiografía distínguese da novela e da biografía porque o autor empírico se identifica co narrador e o narrador coa personaxe principal; importa a relación do emisor co texto, deste último co receptor, do emisor co receptor...)”.

  1. A novela histórica é innegable que teña como correlato a historia, a traxedia e o fatum (destino). Cada xénero está vinculado ao mundo, a unha cosmovisión (o mundo da traxedia e da comedia son distintos, o mundo da elexía é o da morte).

“Un determinado modelo de contido, elementos semánticos de orde transtemporal e histórica (así, a elexía no Renacemento asóciase á morte e a una reflexión sobre a natureza precaria da vida)”.

  1. Modelos de expresión dende o punto de vista métrico, formal, de contido. O estilo sublime dunha traxedia non pode ser utilizado nunha comedia.

“Un determinado modelo de expresión (microestruturas formais do texto, convencións retóricas e compositivas, esquemas métricos...)”.

2. Xéneros históricos e xéneros teóricos.

1.3. A dimensión arquitextual de G. Genette.

Leva a súa teoría dos xéneros á arquitextualidade, o arquitexto é o que está arriba de todo, o que está xerarquicamente máis arriba; hai tres tipos: a épica, a lírica e a gramática (a partir do Renacemento, antes non era así). Partindo do prefixo arqui-, que significa primacía e superioridade, a dimensión arquitextual dos xéneros designa unha propiedade ou conxunto de propiedades que poden ser entendidas como referencia xeral, capaz de explicar as semellanzas que agrupan moitos textos literarios.

A problemática dos xéneros ten moito que ver coa transtextualidade, desígnase deste xeito o conxunto de relacións que un enunciado literario mantén cos outros. En todo texto hai outros textos ou trazas deles. Da lugar á transcursividade (en todos os discursos hai outros). Os tipos de transtextualidade son:

  • Arquitextualidade. Relación que mantén un texto con outro texto exterior. Traxedia- Eneida.
  • Intertextualidade. Nun texto hai elementos explícitos ou implícitos doutro texto. Plaxios, citas.
  • Paratextualidade. Relación existente entre un texto e outros paratextos. Textos que acompañan a o texto grande, as lapelas dun libro, unha nota de presentación.
  • Metatextualidade. Relación que ten un texto con todos os que explican e analiza, a crítica. Comentarios dunha película, dun libro.
  • Hipertextualidade. Texto que nace directamente doutro texto. A Eneida é o hipertexto da Odisea e a Odisea é o hipotexto da Eneida.

1.4. Consideracións de Tzvetan Todorov.

Di que hai xéneros históricos e xéneros teóricos. Os xéneros históricos perfílanse baixo formas e historias concretas, elaboracións abstractas que os autores fan a partir de realidade histórica-literaria. Segundo el os xéneros históricos resultarían dunha observación da realidade literaria e os xéneros teóricos dunha dedución de índole teórica.

1.5. N. Frye e os radicais de presentación.

Para el os xéneros defínense pola relación que ten o protagonista co resto de personaxes (en Superman o protagonista é superior ao resto; os deuses...).

O radical de presentación refírese a mecanismos de difusión específicos, como a imprenta ou os medios audiovisuais e informáticos. En ambos casos, está a prestarse atención á determinación material e sociocultural da comunicación literaria e ao modo no que estas prácticas definen o sentido e o uso social das mensaxes literarias. É a interface que permite o desenvolvemento dun xénero (v.gr. a imprenta é o r.d.p. da novela). É decisivo no desenvolvemento histórico dos xéneros.

3. O modelo clásico dos xéneros.

1.6. A distribución de Platón.

Non era teórico da literatura, era político. So xéneros poden clasificarse dende unha perspectiva

concreta (o modelo de Platón e Aristóteles ten que ver coa comunicación, de quen é a voz que aparece en cada xénero).

"¿No es una narración de cosas pasadas, presentes o futuras todo lo que cuentan los fabulistas y poetas? (...) Muy justa apreciación -dije-. Creo que ya te he hecho ver suficientemente claro lo que antes no podía lograr que entendieras: que hay una especie de ficciones poéticas que se desarrollan enteramente por imitación; en este apartado entran la tragedia, como tú dices, y la comedia. Otra clase de ellas emplea la narración hecha por el propio poeta; procedimiento que puede encontrarse particularmente en los ditirambos. Y, finalmente, una tercera reúne ambos sistemas y se encuentra en las epopeyas y otras poesías. ¿Me entiendes?"

Platón, La República Según Platón o relato pode dividirse en tres campos:

  • Mimético (teatro): só falan os personaxes ou o narrador. Imitación directa sen intervención de outras voces.

habla, aquello de lo que habla y aquél a quien habla: pero el fin se refiere a esto último, quiero decir al oyente. Ahora bien, el oyente es, por fuerza, o un espectador o uno que juzga; y, en este último caso, o uno que juzga sobre cosas pasadas o sobre cosas futuras. Hay en efecto, quien juzga sobre lo futuro, como, por ejemplo, un miembro de una asamblea, y quien juzga sobre sucesos pasados, como hace el juez; el espectador, por su parte, juzga sobre la capacidad del orador. De modo que es preciso que existan tres clases de discursos retóricos: el deliberativo, el judicial y el epidíctico. Lo propio de la deliberación es el consejo y la disuasión en asuntos privados, como los que hablan ante el pueblo (...). Lo propio del proceso judicial es la acusación o defensa (...). Y lo propio del discurso epidíctico es el elogio y la censura (...). Cada uno de estos géneros tiene además un fin para el que delibera, el fin es lo conveniente o lo perjudicial (...). Para los que litigan en un juicio, el fin es lo justo y lo injusto (...). Para los que elogian o censuran, el fin es lo bello y lo vergonzoso.”

Aristóteles, Poética

1.9. Rota Virgilii

A relación entre os xéneros literarios é sistémica, había unha pauta que os identificaba:

4. O modelo romántico dos xéneros.

Caracterízase pola hibridación, a mestura. Concepción do eu como suxeito de experiencia propia. Reelaboración dos xéneros baio a subxectividade e a obxectividade. Hegel inspírase na división herdada de Aristóteles para pensar o seu sistema xenérico. No entanto, a presenza dese xénero proteico e antidogmático que é a novela fará desequilibrar a estética hegeliana. Os irmáns Schegel sosteñen que a noción de xénero está suxeita a determinacións espazo-temporais. 1.10. A tríade xenérica. Épica: é o xénero que dá conta da obxectividade do mundo, o propio dos textos antigos. É a máis primitiva expresión da conciencia dun pobo, obxectiva, que pode abranguer todo o mundo, a historia dunha nación ou dunha época enteira.

Lírica: é o xénero que serve de canle expresiva ao eu do autor/a, ao seu mundo interior, á alma axitada polos sentimentos. É una forma posterior, dunha humanidade máis avanzada, na que o eu se separa do substancial da nación para falar por si mesmo. Drama: é o xénero que reconcilia as dúas etapas anteriores, sendo a fase máis elevada da arte porque implica unha totalidade e un desenvolvemento obxectivo dos acontecementos, pero consciente da interioridade do suxeito. No teatro exprésanse os sentimentos das personaxes e plásmanse en accións dramáticas. Ex.: Antígona (familia + estado).

1.11. A tríade xenérica segundo F. Schegel.

5. Algunhas teorías contemporáneas sobre os xéneros literarios.

  • B. Croce e a impugnación dos xéneros desde o punto de vista da aplicación. Orixinalidade e xuízo estético. Hai obras singulares, non hai xéneros, hai individualidades.
  • F. Brunetière e as teorías evolucionistas, biolóxicas. Os xéneros pelexan no medio da literatura igual que as especies pelexan no mundo. Os xéneros teñen vida: nacen, momento de esplendor e morren.
  • A perspectiva do formalismo ruso, que considera o xénero un concepto inscrito na historia, unha noción en continua transformación.
  • M. Bakhtin, que considera a literatura e o xénero portadores de ideoloxía; xa que logo, dependentes da comunidade que os produce. Poética histórica dos xéneros para vr como os valores sociais aparecen no xénero por antomasia.
  • N. Frye, que establece unha teoría dos modos segundo as calidades do heroe e segundo o seu poder de acción (modo mítico, marabilloso, mimético elevado ou superior, mimético baixo ou inferior e irónico).
  • Perspectivas pragmáticas e sistémicas
  • F. Moretti: xéneros e literatura mundial. A creación dos xéneros débese ás grandes literaturas (francesa e inglesa) e as pequenas literatura acaparan esta configuración.

6. Novas xenericidades. Interdiscursividade e hibridación.