



















































Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: CONCEPTOS DE TEORIA Y CRITICA LITERARIA, Profesor: ARTURO CASAS Y ANXO ABUIN, Carrera: Lengua y Literatura Española, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 59
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!




















































Descargar en pdf Ver no móbil
www.ogalego.eu
1.- Exame de selectividade (estrutura) 2.- Teoría.
Alfabeto Acento ortográfico Coma Punto e coma Guión Diérese Maiúsculas Interrogación e admiración Substantivo Comparativo e superlativo Artigo Pronome persoal Posesivo Demostrativo Verbo Cuantificadores e identificadores Relativo, interrogativo e exclamativo Adverbio Preposición Conxunción Análise sintáctica Análise das cláusulas/oracións Léxico Semántica Fonoloxía Dialectoloxía
3.- Sociolingüística 4.- Literatura
5.- Exames de selectividade PAU Xuño e setembro 2010 PAU Xuño e setembro 2011 PAU Xuño 2012 e setembro 2012 PAU Xuño 2013 e setembro 2013
I. Competencia comunicativa. 5 puntos a) Comprensión textual. 2 puntos (2 preguntas de 1 punto) b) Produción textual. 3 puntos (1 pregunta) II. Contidos específicos da materia. 5 puntos c) Lingua e gramática. 2 puntos (2 preguntas de 1 punto) d) Sociolingüística. 1 punto (1 pregunta) e) Literatura. 2 puntos (1 pregunta)
Na parte de compresión textual (preguntas I-a) formularanse dúas breves cuestións sobre algún aspecto de interpretación e análise do texto proposto. Velaquí algunhas posibles preguntas:
Resumo breve do texto ou dunha parte del. Estrutura do texto. Ideas principais e secundarias. Intencionalidade do texto. Será especialmente interesante que o/a alumno/a perciba o sentido real do texto, máis alá da súa literalidade (pénsese en recursos como, por exemplo, a ironía). Opinión do autor sobre algún aspecto que se indique. Será especialmente interesante que o/a alumno/a perciba o sentido real do texto, máis alá da súa literalidade (pénsese en recursos como, por exemplo, a ironía). Significado concreto no texto dalgunha palabra ou expresión.
Na parte de produción textual (pregunta I-b) pediráselles aos alumnos e alumnas que constrúan un texto persoal cunha extensión aproximada de 200-250 palabras sobre un tema proposto, relacionado dalgún xeito co contido do texto sobre o cal se basea o exame. Valorarase a capacidade para producir un texto que sexa informativo, coherente, ben estruturado, adecuado á situación comunicativa e correcto ortográfica e gramaticalmente. Os 3 puntos desagregaranse en tres tramos de 1 punto cada un, do seguinte xeito:
4.- O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós. 5.- A poesía entre 1936 e 1975: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais. 6.- A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas). 7.- A Nova Narrativa galega. Características, autores e obras representativas. 8.- O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia. 9.- A literatura do exilio entre 1936 e 1976: poesía, prosa e teatro. 10.- A poesía de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes. 11.- A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes. 12.- O teatro de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis relevantes.
En ningún caso se considerarán correctas respostas que consistan nunha mera listaxe de autores e obras. Valorarase a adecuada inclusión dos seguintes elementos sobre o tema escollido: i) Información sobre o contexto: acontecementos históricos, grupos, influencias, iniciativas, tendencias… ii) Información acerca dos principais autores dun período ou corrente. Esta información non só debe facer referencia ás principais obras senón tamén aos trazos que caracterizan cada un dos autores. iii) Información acerca do que un grupo, autor ou época supuxeron na historia da literatura galega. Como orientación en canto á extensión podemos falar aproximadamente dunhas 400 palabras, aínda que isto pode ser moi variable dependendo de se o alumnado opta por unha resposta con redacción máis desenvolvida ou máis esquemática. Observacións comúns para as preguntas de sociolingüística e literatura:
Consideracións relativas á corrección lingüística Tamén se valorará a corrección lingüística do exame, polo que sobre a cualificación global se poderán descontar ata un máximo de 2 puntos por erros ortográficos. Os erros poderán ser: — Moi graves : aquelas solucións que son alleas ó sistema lingüístico do galego (tempos compostos, mala colocación do pronome persoal átono...). Descontaranse 0,2 puntos. — Graves : solucións ortográficas contrarias á norma lingüística ( b/v , h , y ...). Acentuación diacrítica. Descontaranse 0,1 puntos. — Leves : solucións galegas alleas ó estándar vixente. Acentuación non diacrítica. Penalizaranse con 0,05 puntos. Estas penalizacións non se aplicarán sobre a pregunta 3, xa que, tal como indicabamos,
na propia valoración da pregunta vai incluída a avaliación da corrección lingüística do texto producido.
I.- Alfabeto GRAFEMA: representación escrita dun fonema 1.- Os nomes das letras teñen xénero masculino: o gue, o que, o xe, o zeta. .. Os dígrafos representan un único son: o che, o gue u, o elle, o ene hache, o que u, o erre dobre. 2.- k, w, j, y, ç ( ka, uve dobre, iota, y grego, cedilla ) só se usan en palabras tomadas doutros idiomas: kantiano, byroniano, wagneriano, Jefferson, Eça de Quiroz Obsérvese: quilo , quilómetro , quilovatio. (Abreviaturas con k ) 3.- Exemplos de uso do h : Helena, Henrique, Heladio, hendecasílabo, hedra, hipocrisía, harmonía (compostos e derivados dos anteriores) Mais: arpa , orfo, oso, oco, irmán, inchar, ermida, ombreiro, baía, aí. 4.- Exemplos de uso do v/b :
1.- Agudas (oxítonas). Ex. : chofer, chinés Acentúanse as polisílabas rematadas en -vogal (+n,s,ns) Mais non levan acento gráfico: a) Monosílabos : leis, el, ti. b) As rematadas en ditongo decrecente ( +n,s ): papeis, colleu, amei, tomou, pediu, azuis. c) As rematadas noutra consoante que non sexa -n ou -s : cantar, nariz, arroz. 2.- Graves (Paroxítonas). Ex. : atmosfera, biosfera, heroe Levan acento gráfico cando rematan en consoante diferente de n, s , ou en grupos consonánticos distintos de - ns: álbum, móbil, mísil, réptil, Félix, tríceps, carácter. (Tamén se acentúan as que teñen ditongo decrecente na última sílaba: amábeis). Polo tanto: cantan, cantas, lapis, canons, colons, dolmens. 3.- Esdrúxulas (Proparoxítonas). Todas levan acento gráfico: mágoa, bárbaro, tépedo, xílgaro, térmite. 4.- i, u en hiato. Independentemente das regras anteriores, levan acento gráfico as vogais i, u tónicas cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que ámbalas vogais non forman ditongo: aínda, baúl, caída, egoísmo, miúdo, raíña, raíz, ruído, saía, súa, traía, túa, xuízo ... (mais: prohibo ) 5.- Estranxeirismos e latinismos : seguen as normas anteriores.
1.- güe, güi para indicar que se pronuncia o u : ungüento, antigüidade, lingüista. 2.- Co i na 1ª e 2ª persoas do plural do imperfecto de indicativo/copretérito dos verbos acabados en -aer, -oer, -oir, -uir: caïamos, doïades, moïamos, saïades, constituïamos, destituïades.
1.- Comezo de escrito, despois de punto. 2.- Nomes propios e alcumes. 3.- Formas abreviadas de tratamento: Dra., Vde. 4.- Na 1ª palabra do título dunha obra: Follas novas (xornais e revistas en todas: A Nosa Terra ). 5.- Nos substantivos e adxectivos dos nomes de institucións e empresas: Xunta de Galicia, Adega Cooperativa. 6.- As siglas escríbense con maiúsculas: ONU, TVG.
Colócanse só ao final do enunciado (? !). Ao inicio só excepcionalmente.
(EXERCICIOS SOBRE ORTOGRAFÍA en ogalego.eu)
IX.- SUBSTANTIVO (e adxectivo) Forma: lexema (significado básico) + morfemas (xénero e número). Significado: común/propio e concreto/abstracto. 1.- XÉNERO 1.1.- Substantivos nos que o cambio de xénero non se refire ao sexo: 1.1.1.- Tamaño: pipo, rato, barco, vasoiro. 1.1.2.- Feminino colectivo: madeiro, gran, ovo. 1.1.3.- Semanticamente diferentes: porto, corte, cura 1.2.- Xénero mal usado por influencia do castelán: 1.2.1.-Masculinos: b erce, cal, cárcere, costume, couce, cume, cuspe, dote, fel, labor, leite, lume, mel, nariz, riso, sal, sangue, sinal, sorriso, ubre, legume, nomes de letra. 1.2.2.-Femininos:
( deus, rapaz, avó, só, cru, chinés, burgués ) ou substitúe a vogal final da forma masculina ( sobriño, presidente ). Mais: 1.3.1. Nomes rematados en -n: 1.3.1.1.- -án/-á : aldeán, artesán, chan, cidadán, cristián, curmán, irmán, pagán, san, alemán, catalán, afgán 1.3.1.2.- -án/-ana : despectivos: folgazán, charlatán. ... 1.3.1.3.- - ón/-oa : ladrón (ladra), león, patrón, campión. Nos aumentativos e despectivos - ona: cabezón, abusón, faltón. 1.3.1.4.- - in/-ina : bailarín (ruín é invariable) 1.3.2. Sufixos especiais : barón, duque, abade, poeta, rapaz, galo, actor, emperador, rei, heroe, xudeu, sacerdote, tsar. 1.3.3. Palabras diferentes ( heterónimos ) : mao, bo, cabalo, xenro, castrón, can, home, macho, frade, padriño, pai, marido, padrasto, compadre, príncipe. 1.3.4. Non hai formas para o feminino : Úsase o artigo: intérprete, estudante. Úsase macho/femia para animais: sapo, pardal, paspallás. 2.- PLURAL. 2.1.- As palabras rematadas en vogal, ditongo : engaden s : lei, i, u, bambú, custo, bocoi. 2.2.- As palabras rematadas en -r e -z : engaden es : mar, vez, luz. 2.3.- As palabras rematadas en - s e – x (ks): 2.3.1.- As agudas: + es : deus, compás. .. Mais: luns, fax, lux, unisex son invariables. 2.3.2.- As graves e esdrúxulas son invariables: choromicas, lapis, martes, oasis, télex, tórax. 2.4.- As palabras rematadas en -n : engaden s : can 2.5.- As palabras rematadas en - l :
X.- COMPARATIVO E SUPERLATIVO (adxectivos)
1.- Grao positivo: o significado non está modificado. 2.- Grao comparativo : 2.1.- De igualdade: tan.. coma/como / igual... ca/que/do que 2.2.- De superioridade: máis... ca/que/do que 2.3.- De inferioridade: menos... ca/que/do que bo/mellor, mao-malo/peor, grande/maior-meirande, pequeno/menor
El Ela Eles Elas
de del^ dela^ deles^ delas en nel nela neles nelas
2.- Formas Átonas:
Singular Plural
1ª persoa Me nos 2ª persoa te (comple. directo ) che (comple. indirecto e solidar.)
vos
3ª persoa o, a/lo, la/no, na (comp. directo) lle (comp.indirecto e solidar.)
os, as/los, las/nos,nas (com. dir.) lles (compl. indirecto e solidar)
- Reflexivo 3ª persoa : se Cortesía : 3ª persoa - O - s final da 1ª de plural dos verbos pérdese ante o pron. persoal nos: perdémonos, esquecérmonos. - Solidariedade : che: atuando a 1. vos: atuando a varios. lle: de vostede a 1. lles : de vostede a varios.
3.- Contraccións:
ME mo ma Mos mas CHE cho cha chos chas
LLE llo^ lla^ Llos llas NOS nolo nola nolos Nolas VOS volo vola volos volas
LLES llelo llela llelos llelas
4.- Valores de SE (me,te,se,nos,vos,se). Resume.
5.- Colocación do pronome átono na frase: 1 .- En oracións subordinadas: antes do verbo 2.- Non subordinadas: despois do verbo. EXCEPTO (vai antes): 2.1.- Oracións desiderativas e enfáticas. Para salientar a palabra que precede ao verbo.
2.2.- Oracións introducidas por partícula interrogativa/exclamativa. 2.3.- Se ao verbo precede un negativo 2.4.- " " " : alguén, todos, calquera.... 2.5.- " " " : case, ata, disque, eis, mesmo, seica, velaí, aínda, axiña, sempre, só, tamén, ben, cedo, tarde, mal, moito,talvez, quizais, ..... 3.- Cos infinitivos: se o infinitivo é suxeito, predicado nominal ou aposto, o pronome vai despois. No resto dos casos pode ir antes ou despois, mesmo se pode intercalar entre o inf. e unha preposición/conxunción que o rexe. 4 .- Cos xerundios: se é núcleo verbal, o pronome vai despois; no resto dos casos antes ou despois.
4.- Orde de colocación dos pronomes: Primeiro vai se, logo o pron. de solidariedade, logo o complemento indirecto e finalmente o complemento directo.
(EXERCICIOS SOBRE O PRONOME PERSOAL en ogalego.eu)
masculino feminino Masculino Feminino
meu Miña meus miñas teu Túa Teus túas seu Súa seus súas noso Nosa nosos nosas voso Vosa vosos vosas seu Súa seus súas singular Singular Plural Plural
Existe un posesivo de respecto mi que acompaña a madre, padre, tío, señor, amo ... Observacións : 1.- É obrigatorio o uso de artigo ante adxectivo posesivo (excepto nos vocativos). Cos nomes de parentesco é optativo. 2.- Os de 3ª persoa acompañados de numerais poden indicar cantidade aproximada ou ponderación; xa ten os seus 20 anos / valerá as súas boas pesetas. 3.- De meu, de noso, de teu, de voso, de seu : propiedade exclusiva ou por si: teño casa de meu/ a casa caeu de seu. 4.- Os meus, os teus.... : a familia 5.- Das miñas, das túas... : falcatruadas, trasnadas, tarefas: xa anda a facer das súas / xa che pasei as miñas. 6.- Cadanseu, súa, seus, súas : sentido distributivo, algo para cada un. 7.- Posesivo= de+pron. persoal: diante miña, túa, súa.. .. 8.- O posesivo pode indicar algo habitual: xa volveron ao seu
(EXERCICIOS SOBRE O POSESIVO en ogalego.eu)
referente).
2.3.- AS FORMAS NOMINAIS. Non expresan tempo nin modo. 2.3.1.- O Infinitivo (=substantivo). Expresa a acción verbal en potencia, sen ter en conta se se está a realizar ou non. 2.3.2.- O xerundio (=adverbio). Modifica adverbialmente o verbo principal expresando unha circunstancia a el referida. A acción está vista na súa realización. Precedido de en : acción sucedida inmediatamente antes que a do verbo principal. 2.3.3.- O participio (=adxectivo). Pode funcionar como un adxectivo perdendo case o seu sentido verbal ou como núcleo (case sempre seguido dun substantivo suxeito)
( VERBOS REGULARES E IRREGULARES CONXUGADOS ) PERÍFRASES VERBAIS/COMPLEXOS VERBAIS/FORMAS PERIFRÁSTICAS
Verbo auxiliar +(partícula)+ Verbo auxiliado en forma persoal en forma impersoal: infinitivo/xerundio/participio perdeu o significado propio conserva o significado propio aporta: persoa, tempo, aspecto... A perífrase compórtase como unha unidade formal e non como dous verbos PRINCIPAIS PERÍFRASES 1.- Temporais: futuridade, inmediatez.
(Para ver as perífrases ordenadas doutro xeito)
(EXERCICIOS SOBRE O VERBO en ogalego.eu)
aquí aí alí :repouso, estado acó .. aló :movemento acá .. alá :repouso e movemento acolá : usado moito como 2º termo dunha oposición
dentro / fóra arredor // cerca-preto / lonxe arriba-enriba-derriba-encima / abaixo-embaixo-debaixo adiante-diante-/ atrás-detrás en fronte //velaí, velaquí algures ningures xalundes Algunhas locucións adverbiais: a carón, ao pé, á beira, a rente(s), á dereita, á esquerda, a desmán, a contramán..
2.- Adverbios situacionais de tempo. Cando? antano, hogano sempre, decote asemade antonte/trasantonte (antes de antonte), onte, hoxe, mañá, pasadomañá antes, noutrora, agora-arestora, despois, outrora aínda, xa mentres nunca, xamais (endexamais) xacando antes, entón, logo, daquela, axiña cedo/tarde arreo, pronto, seguido, sempre Algunhas locucións adverbiais : de contado, de camiño, a deshora, ás veces, aos poucos, a cotío, a miúdo, á tardiña, de cando en vez, hoxe en día.
3.- Adverbios nocionais de modo. Como? -Adxectivos: alto, baixo, doado, só ... -Adxectivos co sufixo - mente : comodamente, facilmente, soamente. -así, ben, mellor, como, gratis, mal, peor, engorde, paseniño, case, adrede... Algunhas locucións adverbiais: á/de presa, de vagar, a modo, a escape, ás carreiras, a eito, a feito, ao chou, ás toas, a treu, de balde, de socato,a mantenta, a tergo, ...
4.- Adverbios nocionais de cantidade e precisión. Canto? abondo, algo, bastante, ben, canto, case, dabondo, demasiado, máis, menos, moito/moi, nada, pouco, só, tanto, xusto. Algunhas locucións: a mares, ás mancheas, a encher, a esgalla...
5.- Negación-afirmación-dúbida. Compórtanse sintacticamente de xeito diferente ao adverbio. Son as tres formas de presentar unha oración canto ao xuízo nela emitido: negativo (termo marcado), positivo ou incerto. 5.1.- Negación 5.1.1. Total : colócase non entre suxeito e verbo: ti non vas -non si? = non? non é? tampouco ca! (categórico) -Expletivo (non nega): mira, se non é parvo .. -nin.. nin..: coordinación negativa 5.1.2.- Parcial : un suxeito ou complemento negativo, non toda a oración. nada, ninguén, ningún, nunca, xamais. 5.2.- Afirmación. Se non hai marca negativa, calquera enunciado é de por si afirmativo (termo non marcado). Nas respostas ha de repetirse o verbo: chegaches cedo? - Cheguei. Reforzos da afirmación: si, si que, abofé, de seguro, claro, así é, así mesmo, con certeza, de certo, tamén, efectivamente, certamente, xaora....
5.3.- Dúbida. Vale para a afirmación e para a negación. acaso, quizá-quizais-quizabes, ao mellor, talvez, se cadra, se callar, seica, disque, igual
(EXERCICIOS DE ADVERBIOS en ogalego.eu)
É a clase de palabras invariables que serve para relacionar dous elementos da oración, sinalando a dependencia que hai entre eles. O sintagma que encabezan é a frase preposicional. Clasificación formal: 1.- Propias .- Sempre funcionan como preposición: a, ante ... 2.- Impropias .- Formalmente pertencen a outra categoría gramatical, mais poden funcionar como preposicións: fóra, segundo, onde. .. 3.- Locucións prepositivas .- conxunto de palabras que funcionan como unha preposición (a última sempre é unha preposición): en vez de ... a, ante/perante, ata/deica, baixo/so, cara, con contra, de, desde/dende/des, en, entre, para, por, sen, sobre, tras Outras: agás/bardante/menos/salvo, canda, cas, malia, segundo a carón de, ao pé de, a rente(s) de, a poder de, de par de, co gallo de, a/en prol de, por mor de, verbo de, alén de, encol de, en troques de, cabo de, en fronte de, no canto de ...
(EXERCICIOS DE PREPOSICIÓNS en ogalego.eu)
1.- Copulativas : e, mais, nin, a mais, e mais 2.- Distributivas e disxuntivas : ou, ben...ben, cal...cal, nin...nin, ora...ora, quer...quer, xa...xa. 3.- Adversativas : mais, pero, senón, agás que, non obstante, porén... 4.- Concesivas : aínda que, a pesar de que, así, mesmo que, nin que, pese a que, por máis que, por moito que. 5.- Condicionais : se, con que, con tal que, caso de que... 6.- Causais : porque, que, dado que, pois, pois que, por causa de que, por mor de que, posto que, xa que... 7.- Consecutivas : conque, daquela, de aí que, de forma que, de maneira que, de xeito que, entón, logo, polo tanto, xa que logo... 8.- Finais : a fin de que, para que, que, en favor de que... 9.- Locativas (lugar) : onde, onde queira que. 10.- Temporais: cando, antes de que, asemade, ata que, axiña que , cada vez que, desde que, despois de que, inda ben que, logo que, mal, mentres, mentres tanto, namentres, non ben, sempre que... 11.- Modais: como, como se, como queira que, conforme, consonte, segundo, sen que, tal e como... 12.-. Comparativas: ca, que, coma, como.
0.- Modalidades: aseverativas, interrogativas, imperativas, desiderativas, exclamativas. 1.- Xustapostas : non hai nexo (pausa, coma) 2.- Coordinadas
copulativas (e, mais, nin)
adversativas (mais, pero, porén...)
disxuntivas (ou, ben...)
distributivas (ben... ben, xa... xa, ...)
explicativas (é dicir, ou sexa...)
3.- Subordinadas
substantivas (función de CD, CI, SUX, SUP, PRED, AT) (que, se)
adxectivas (nexo relativo: que, cal...)
adverbiais :
1.- Función de CC :
tempo (cando, antes de que, asemade, despois de que, mentres...)
lugar (onde)
modo (como, segundo, consonte...)
cantidade (canto)
2 .- Función non CC :
comparativa (ca, que, coma, como)
causal (porque, dado que, posto que, xa que ...)
condicional (se, con tal que ...)
consecutiva (conque, de maneira que, de xeito que... )
concesiva (aínda que, a pesar de que ...)
final (para que, a fin de que ...)
(EXERCICIOS DE SINTAXE en ogalego.eu)
XXIV .-LÉXICO-SEMÁNTICA 1: A formación de palabras.
1.- Derivación : (morfema)+lexema+(morfema). É o procedemento máis común para formar palabras sobre unha primitiva. 1.1.- Derivación prefixal. A maioría dos prefixos son de orixe grega e latina:
Prefixos gregos : a/an- , arqui- , ex-, hiper-, peri- ... Prefixos latinos : bis-, re-, extra-, vice- ..
Moitos radicais grecolatinos funcionan como prefixos na lingua: electro-, aero-, euro-, foto-, macro- neo-, tele-, radio-, video-... 1.1.1.- Prefixos apreciativos (valor intensificador): arqui-, extra- hiper-, pre-, re-, sobre- super -... 1.1.2.- Prefixos nocionais (modifican o contido do lexema): negación: a-, anti-, contra-, des/dis-, in-... lugar: entre-/intra-, meta-, retro-, sobre/super-, sub, tras/trans, ultra ... tempo: ante-, pos-, pre-... cantidade ou tamaño: bis/bi-, multi-, pluri-, semi-, uni-... 1.2.- Derivación sufixal. O sufixo é un morfema ligado que serve para formar novas palabras. 1.2.1.- Sufixos alterativos ou apreciativos (achegan matices de tamaño ou afectividade):
diminutivos: - iño (valores afectivos, etc.), - acho, -echo, etc .. aumentativos: -ó n, -án, -azo, -ata, -udo ... despectivos ou pexorativos: - exo, -astro, -orra, -uza, -ete ...
intensificadores : ísimo, érrimo. 1.2.2.- Sufixos nocionais (forman novas palabras con significado diferente) eiro : home/muller que exerce as funcións de..., colectivo ou conxunto de, lugar onde hai, profesión, plantas ou árbores, recipiente, etc. a) Sufixos formadores de substantivos :
desubstantivais: -ado/a, -axe, -eiro, -ismo, -ista... deadxectivais: -dade, -eza, -ismo, -ume... deverbais : -ción, -deiro/a, -dela, -dor, -mento...
Polo significado: colectivo ( -al ), locativo (-al, -eiro ), acción (-ación, -axe ), ocupación (- eiro, -ismo ), doutrina (-ismo ), etc... b) Sufixos formadores de adxectivos :
desubstantivais: -al -és, -oso... deverbais : -ble, -nte, -ón/ona...
Polo significado: caracterizador (-ble, -az, -ado ), relativo ou pertencente a (-al- ar, - exo ), xentilicio (-és, -eiro, -an/ano/ao ) c) Sufixos formadores de verbos (a maioría dos verbos fórmanse sobre a primeira conxugación):
desubstantivais: – ar, -ear, -izar...