













Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: Conceptos de la literatura, Profesor: Anxo Abuín, Carrera: Lengua y Literatura Inglesa, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 21
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!














♦ Modernidade
A Modernidade fai referencia a una serie de principios que xorden dende a expansión da Revolución Francesa. Estos principios son:
-A racionalidade tómase como forma suprema de coñecemento
A Modernidade é un concepto máis xeral e a partir del chegamos ao Modernismo literario, o cal tamén conta cunha serie de características:
-Está vinculado aos avances científicos
-O poder pasa do autor ao lector, o cal ten que facer un maior esforzó para reconstruír o texto e darle unidade significativa (libros de V. Woolf).
-Eclosión de novas idead asociadas as vangardas, como o surrealismo.
O Modernismo opta polo rexeitamento das tendenciqas realistas e naturalistas, así como polo rexeitamento do positivismo. A realidade tómase como un constructo que só pode ser revelado a través da visión artística. O primerio movemento que poderíamos asociar a esta idea sería o Simbolismo, o cal desconfía da realidade percibida polos sentidos.
Ademáis, no Modernismo comezarase a entender que o individuo non só é una entidade física senon tamén una entidade que presenta una consciencia interior, a cal se expresa a través do arte. Todos os movementos aspiran a expresar a realidade dende un prisma novo, “make it now”.
Así, no Modernismo destaca o experimentalismo e a autoreflexividade, xa que é moi habitual que un texto reflexione sobre sí mesmo (monólogo interior). Asociado a estas ideas encntraríamos ao formalismo ruso a as ideas de extrañamento e desautomatización.
Tamén no Modernismo aparece o chamado xiro lingüístico, concpto que recolle a incapacidade da linguaxe para describir o mundo.
♦ Posmodernidade
Na Posmodernidade hai una continua sospeita epistemolóxica, posto que non se pode acceder ao mundo, o cal ten una forte repercusión en numerosos estudios como a “deconstrucción”, que afirma que é imposible acceder ao significado total dun texto.
F. Jameson asocia a Posmodernidade coa sociedade post-industrial, donde aparece a consumición e a esquizofrenia do individuo contemporáneo. Modernidade e Posmodernidade non son movementos contradictorios, senon un continuo de ideas.
Dentro da Posmodernidade nacería o Posmodernismo literario, o cal se convirte nunha esaxeración do Modernismo, donde destacan dobre todo tres ideas: a indeterminación (a realidade é inaccesible, posto que xa non é un constructo e ademáis a linguaxe non nos permite acercarnos), a exacerbación da dimensión meta- (o arte chega ao seu fin e tómase a ela mesma como tema) e a autoconsciencia de autores e persoaxes.
O posmodernismo opta polo abandono do ideal de autenticidade e verdade, non hai una xerarquía e rómpese esa separación entre cultura elitista e cutura de masas. Ademáis, hai una preferencia pola ironía, a parodia, o eclecticismo e a hibridación dos xéneros literarios.
Para Jameson o fundamental é a inmediatez,a consumición da realidade. Polo tanto, o pasado deixa de existir como tal, e convítese nun depósito de productos culturais aos que volvemos para consumir outros productos no presente. Dese xeito, non existe a orixinalidade en sí, senon que as obras ríxense pola imitación
♦ Metarreleto – non relato
Segundo Lyotard, a Modernidade baséase no pensamento teleolóxico, o que pretende acadar un fin. Deste modo, aparecen os chamados metarrelatos, que explican a Historia dende o punto de vista da Modernidade. Lyotard afirma que estes metarrelatos entran en crise coa chegada do Posmodernismo, posto que se lle van encontrando erros. Son metarrelatos totalizadores pero tamén autoritarios. Unha visión posmodernista sería poner en dúbida eses metarrelatos.
Desta maneira, aparecen outras ideas de concebir a Historia na Posmodernidade como o non- relato. Comezan a parecer historias nas que non ocorre nada e xorden debido ao mencionado anteriormente xiro lingüístico, o cal leva a comprender que a linguaxe é incapaz de describir o mundo. O non-relato caracterízase pola fragmentación sucesiva da historia e consiste básicamente en non contar nada. Deste modo, o destinatario ten que poner moito da súa parte para a comprensión do mesmo. Un exemplo sería a película 21 gramos.
Esta desaparición dos metarrelatos e a aparición de outras cousas como os non-relatos que da un reflexo de outras realidades, é o que fai que xorda o concepto seguinte.
♦ Fin da Historia
A Posmodernidade relaciónase cun cambio de paradigma, trátase dunha crise dos grandes metarrelatos (cristianismo, marxismo, capitalismo), é dicir, co fin das ideoloxías e da historia en sí. Dende a perspectiva da Modernidade a historia era una historia de avance, de progreso, pero despois da Segunda Guerra Mundial esa confianza desaparece, desaparecendo tamén a idea de historia e de utopía. O progreso substitúese pola recesión, e o individuo queda reducido ao cosmopolitismo.
Por outra parte, este cambio de paradigma fai que se comece a escribir sobre persoas común e sobre as súas vidas cotiás. Aquí é importante destacar a figura de Vattimo, quen compara a Historia coas linguas. Afirma que non só debemos estudiar a variedade estándar dunha lingua, o cal se correspondería cos metarrelatos; senon que debemos prestar atención ás diversas variedades da lingua, as cales se corresponden coas historias non contadas, marxinadas. Deste
♦ Tematoloxía
O termo foi utilizado por primerira vez nos anos 30 por Van Tieghem. Guillem defínea como a disciplina que compendía e congrega diversos tratamenos dun mesmo tema ou asunto ou dunha mesma figura considerados globalmente e que se preocupan de trazar o itinerario dun mito tradicional.
Na tematoloxía atopamos problemas de tipo epistemolóxico como a delimitación do obxecto, o cal é varible sengudo o autor. Ademáis de problemas de tipo terminolóxico, xa que moitos termos entran dentro desta disciplina como tema, mito, motivo, tópico, figura, símbolo, imaxe, etc., todos termos complicados de definir.
A tematoloxía sufriu diversos ataques posto que se afastaba do que algún consideraban verdadeiramente importante que é a forma e a esturtura, é dicir, o cómo se conta.
♦ Mito
Sobre o estudo do mito hai diferentes perspectivas. En primeiro lugar encontramos a corrente psico-crítica, a cal estuda aos autores a través da repetición de obsesións nas súas obras, é dicir, cómo ao longo dun corpus literario un autor manifesta una serie de obsesións que definen a súa visión do mundo e que explican por qué o escritor é como é (o amor frustrado en Lorca como símbolo do difícil que era ser homosexual na súa época). Trátase dun enfoque moi autobiográfico.
En segundo lugar, na mitocrítica hai grandes estudosos como Brunel ou Pegaeux os cales buscan definir o mito desde un punto de viste antropolóxico e relixioso. O método mitocrítico desenvólvense en 3 fases: establecemento de temas redundantes e obsesivos, descurimento das combinatorias de sistemas de persoaxes e decorados, e a búsqueda de relación con outros mitos dunha época e un espazo culturalmente determinados Así, o mito podería ser definido como un conxunto narrativo de elementos invariantes consagrado por una tradición,é dicir, unha narración que explica a orixe, o cómo e o por qué. O mito explica os valores dunha cultura botando man do sagrado e do sobrenatural. Servían para explicar os limites do ser humano frente a realidade dos deuses e da natureza. Serven para definir sociedades, os seus costumes, crenzas e institucións. Así según De Grève, poderíamos dicir que o mito conta con 6 elementos:
-É una narración fundadora que remite a tempos primitivos
-Narración anónima e colectiva. Crean comunidade.
-Ten una función socio-relixiosa xa que propón un modelo de conducta.
-Pon en xogo héroes desprovistos de psicoloxía que encarnan forzas primordiais.
-Poñen en funcionamento oposicións, dualismos moi fortes.
-Sempre é considerado como verdadeiro polo destinatario.
Segundo Pegaeux o mito é una serie de secuencias: é un saber que organiza a realidade e o mundo sensible, narra o tempo e o lugar en función do home, ten un valor ético.
Dentro do concepto de Mito, é importante tratar o concepto de monomito. O monomito é un termo de J. Campbell que toma prestado de James Joyce. O monomito refírese a una estrutura fundamental que caracteriza calquera lado heroico e mítico, a partir de determinadas fases e determinados persoaxes. Tanto Campbell como Vogler manteñen a estrutura circular tripartita do monomito dos héroes: iniciación, aventura e retorno. Cada una de esas fases serían os chamados mitemas. En relación con esto encontraríamos a chamada teoría dos actantes de Greimas e Bremond onde atopamos sempre; suxeito, obxecto, antagonista, axudantes, destinador e destinatario.
Debemos diferenciar tamén entre mito e mito literario. O primeiro remite ao ritual e ao relixioso; e o segundo depende dunha plasmación histórica, é variable e pode ser manexado con gran liberdade.
Pageaux define estereotipo como a aplicación duns trazos recoñecibles, imitados e moitas veces falseados e caricaturescos en figuras alleas ao noso ser cultural.
♦ Exotismo
A súa forma máis coñecida sería o orientalismo e revela algunas das estratexias de escritura de grande interese, como son: a fragmentación espacial, a limitación aos espazos pintorescos, a teatralización, o cadro de costumes e a sexualidade.
♦ Orientalismo
Trátase dun termo polisémico que se usa tanto para designar ao estudos orientais, como para designar á representación, sexa imitación ou mistificación, de determinados aspectos das culturas orientais en Occidente por parte de diversos escritores e artistas. Estes aspectos terminaron moirtas veces por convertirse en tópicos estereotipados e adquiriu moitas veces connotacións negativas ao implicar, as veces, interpretacións prexuiciosas sobre as culturas e pobos de Oriente. Todo isto foi desenvolto por Edward Said.
♦ Oralidade
A expresión oral é o tipo de comunicación máis utilizado polos seres humanos. Percíbese como un proceso inherente ao ser humano que se adquire a partir da interacción social. A oralidade é algo primitivo, unha forma comunicativa que vai dende o grito dun bebé ata un diálogo entre amigos.
Para Paul Zumthor é indiscutbile a importancia do papel que a voz desempeña na conservación das sociedades humanas. O que chamamos tradicións orais vincúlanse con máis ou menos forza aos comportamentos que rixen unha comunidade, así como a percepción da vida que ten cada individuo. Ademáis, Zumthor afirma que aáinda que é bastante doado ver esa importancia da tradición oral nas civilizacións arcaicas, a nosa cultura occidental, coa súa racionalidade e tecnoloxía, está totalemente impregnada de tradicións orais e non podería subsistir sen elas.
Seungo Walter Ong, a literatura oral xustifica que haxa moitas verisóns dos textos, adaptándose dependendo das diversas culturas. Ademáis, o propio Ong fala de que a oralidade é estrutura da escritua, posoto que non se concibe unha sen a primeira.
Deste modo, Walter Ong distingue dous tipos de oralidade: primaria e secundaria. Sen embargo, outros estudosos como Zumthor, distingue entre primaria, mixta e secundaria; tamén fala dunha oralidade mediatizada dunha maneira máis difuminada.
-Oralidade primaria: é inmediata, pura e non ten ningún contacto con ningunha forma de escritura. Esta oralidade permite que a memoria se active e permite consultar todo ese conxunto de coñecementos. Dalgún modo, permite consultar un coñecemento non escrito pero que é permanente.
-Oralidade mixta: é aquela que coexiste coa escritura nun contexto sociolóxico no que a influencia da escritura é parcial, externa ou retardada.
-Oralidade secundaria: recompónse a partir da escritura. A voz pronuncia o que anteriormente foi escrito ou se pensou en termos de escritura. Predomina unha atmósfera onde predomina o escrito ante a voz.
-Oralidade mediatizada: é a que hoxe se nos ofrece na radio ou outros medios de comunicación.
Por outra parte, hai quen fala de oralidade terciaria, que sería aquela que incorpora as tecnoloxías informáticas. Trataríase la linguaxe falada que aparece nos medios telemáticos e electrónicos, nos chamados hipermedios.
♦ (^) Linguaxe oral vs. linguaxe escrito
Linguaxe oral
A literatura oral é executada nun momento preciso no que cobra moita importancia a teatralidade. Leva consigo un código quinéisco, proxémico e paralingüístico. Na literatua oral cobran importancia as estruturas simples (aunsencia de frases de relativo), o uso de paralelismos sintácticos, a preferencia polos deícticos, o enterno conversacional, a utilización de enumeracións e epítetos. Ademáis, a literatua oral tende a ser agregativa e acumulativa, os errores son aceptados polo interlocutor, uso frecuente de sintagmas nominais, hai unha clara retroalimentación entre emisor e receptor, un uso impreciso de conectores, cambios de rexistro, pouca preparacion, improvisación, efemeridade das palabras, vocabulario simple e pouco abstracto, uso de abundantes repeticións e redundancia e economía na produccion de frases e oracións. A literatura oral é inmediata e performativa na que a xestualidade cobra gran importancia, incluso en moitos casos o enunciado non pode ser entendido sen o compeñente xestual, este compoñente a menudo complementa ás palabras emitidas. Dáse o que se chama compoñente "in fieri" que significa no instante, no mesmo momento. Ademáis, existe ao mesmo tempo a inmediatez e a fugacidade como se comentou na oralidade primaria.
pintura e escultura posto que na performance é o suxeito elemento principal da obra artística e non o obxecto.
O acto performativo é a suma do acto de falar máis a acción ao mesmo tempo. A performanceé unha modalidade artística que intenta distanciarse do teatro acentuando o carácter efímero da acción. Así, pónse en xogo a corporabilidade do autor mediante accións violentas, perigosas e desagradables. As performances son algo que se fai unha soa vez ante un público e que deberían ser inmediatamente canceladas como actividade artística.
Segundo Susan Sontag, a performance caracterízase polo seu carácter antinarrativo, posto que non hai nin principio nin final, búscase molestar e provocar ao espectador, así como a súa participación. Preténse crear sensacións.
Erica Fisher afirma que unha boa performance é aquela na que o espectador sae da mesma sendo unha persoa diferente.
Segundo Finnegan, na performance non só hai que prestarlle atención ás palabras en sí, senon a cómo estas son transmitidas. A participación cos espectadores convítese nun factor esencial. Outros factores como a música, os xestos ou a danza tamén cobran especial importancia. Ademáis, o contexto da performance, incluíndo por exemplo a organización do propio evento, deben ser factores tamén importantes dentro de este concepto.
♦ Estudos culturais
Os chamados estudos culturais contan con dúas vertentes: o materialismo cultural e o multiculturalismo. Ambas tendencias, e en global os estudos culturais tentan mostrar e describir a relación que gardan as diversas produccións culturais coas distintas estructuras de poder, así como averigúar cómo se constitúen as identidades culturais nun mundo dominado polos medios de comunicación de masas, o capitalismo cultural e a globalización.
O materialismo cultural ten as súas orixes no pensamento marxista polo que centra o seu nas estudo nas representacións literarias das ideoloxías, tentando mostar o papel que xogan algúns textos que expoñen as contradiccións e inconsistencias que rixen as estructuras de poder dominantes.
o multiculturalismo, por outra parte, xorde como resposta ás realidades e problemas que se presentan nas sociedades modernas: industrialización, imperialismo, migración, etc. O multiculturalismo presta especial atención aos productos da cultura popular, productos marxinados e apartados da teoria literaria. Dirixe, polo tanto, os seus esforzos ao cuestionamento e transformación do canon literario, e tenta por de manifesto as relacións existentes entre os textos literarios e as estruturas de poder á hora de configurar o canon.
Así, ambas vertentes teñen algo en común: o seu compromiso político. Comparten unha visión crítica da cultura tradicional dominante e defenden que se articulen igualitariamente as diferenzas sexuais, raciais e nacionais.
♦ Cultura de masas vs. cultura popular
A cultura de masas engloba todas aquelas manifestacións culturais que poden ser asimiladas por unha gran cantidade de persoas, oponse, deste xeito, á cultura de élite. Trátase de todos eses valores, dominantes en sociedades desarrolladas, transmitidos a través dos medios de comunicación de masas (radio, televisión, "mass media").É unha cultura producida pola élite pero non para a élite. Trátase dunha cultura producida baixo as regras da industria, onde existen uns fins lucrativos e vai dirixida a uns consumidores. Deste modo, válese de ferramentas de marketing, e publicidade para así, como industria que é, acadar os máximos beneficios.
A cultura de masas ten á sociedade de consumo e á cultura comercial como dous dos seus pilares. A súa aparición está moi relacionada coa aparición masiva de diversos medios de comunicación e así, vai ligada á globalización. Algúns exemplos deste tipo de cultura sería o deporte, a música ou o cine.
A través dos diversos medios de comunicación, unha gran cantidade de poboación asimila diversas ideas e costumes que máis tarde acollen como propias.A cultura de masas nace como un proceso no que se absorbe a cultura de élite e a cultura popular, que se da na chamada sociedade de masas. Nesta cultura unifícase o cultural, o tecnolóxico e industrial, e o económico.
Este tipo de cultura caracterízase por: pasividad receptiva, individualismo, sexismo, privacidade, competitividade,defensa do estilo de vida medio-alto, violencia como medio ou o racismo.
En contraposición encontramos a chamada cultura popular. Méndez Rubio define o popular como unha forma de práctica dialógica, participativa e autorreflexiva que, normalmente, se da nas clases sociais máis desfavorecidas. O popular é algo múltiple e interactivo.
A diferenza da cultura de masas, a cultura popular pode chegar a caracterizar a cada pobo, considérase como un dos factores que distingue a identidade dunha nación. Este concepto engloba todas as manifestacións artísticas que emanan dos valores e tradicións dun pobo, polo tanto, xorden como distinción fronte a cultura de élite e de masas que se crean a partir dos gustos das clases dominantes.
♦ Paraliteratura
Como o seu prefixo explica, o termo Paraliteratura refírese a todos esos textos que existen ao marxe, non de maniera negativa, da literatura, posto que non poden ser considerados como literarios. É o termo co que se designa a todas as formas non canónicas da literatura. Un texto literario, a grandes rasgos, é aquel que ten unha finalidade artística, que utiliza as funcións expresiva e poética da linguaxe e que é ficción. Deste modo, todos aqueles textos que non teñen estas características non se poderían englobar dentro da literatura, polo tanto nace este novo termo, a paraliteratura.
estaría relacionado coa hipertextualidade de Genette. Exemplo: converter un cómic nunha película.
♦ (^) Remediación
O termo remediación fai referencia ás novas tecnoloxías electrónicas. É o proceso polo cal un novo medio remodela, remota ou organiza aos anteriores medios; é ademáis un proceso inevitable. En poucas palabras: o novo medio remedia os anteriores. Os novos medios, como por exemplo Internet, son espazos onde todos os medios anteriores teñen cabida, é dicir, Internet actúa como contenedor de todos os medios anteriores.
♦ Hipermediación
Segundo Scolari, a hipermediación refírese aos procesos de intercambio, producción e consumo simbólico que se desenvolve nun entorno caracterizado por unha gran cantidade de suxeitos, medios e linguaxes interconectados tecnoloxicamente entre sí. Estes procesos fundaméntanse principalmente en 5 puntos: a dixitalización, a reticularidade, a hipertextualidade, a multimedialidade e interactividade dus usuarios.
Na hipermediación búscase que o espectador sexa totalmente consciente do medio que se está utilizando para plasmar unha determinada manifestación artística, pola contra, na chamada inmediación, búscase o contrario, que o medio utilizado sexa totalemente transparente e non perceptible para o espectador.
♦ (^) Transmedialidade e cultura participativa
O concepto de transmedialidade provén dun pensador chamado Henry Jenkins, e parte da chamada cultura participativa. O concepto de transmedialidade refírese ao modo de explotar un
mesmo produto en varios medios á vez. Exemplo: Disney na televisión, en películas, videoxogos, etc. Ademáis, as historias configúranse moitas veces a través da súa presenza en diversos medios ao mesmo tempo, e cada medio é utilizado de forma coordinada co resto para facer distintas contribucións ao entendemento da historia.
Este concepto está moi vinculado á chamada cultura participativa ou de participación. Algúns exemplos deste tipo de cultura sería a poesía kinésica ou a literatura electrónica, onde o lector ten que ser activo, ten que construir el mesmo o texto, o cal será distinto dependendo da interacción do usuario. Deste xeito, aparece a figura do "prosumidor", posto que segundo Jenkins, hoxe en día os lectores teñen a capacidade para consumir pero tamén de producir.
Os novos medios prefiren tratar con espectadores que sexan capaces de completar os seus distintos universos ficticios. Un destes fenómenos é a Fan Fiction, unha plataforma na que os lectores se adican a completar historias, sobre todo dos grandes fenómenos. As historias son reelaboradas e reestructuradas polos fans, é a cultura da participación.
♦ Transtextualidade
Genette, para referirse á relación entre textos concretos, acuña o termo de transtextualidade. Literalemente Genette define transtextualidade como "todo lo que pone al texto en relación, manifiesta o secreta, con otros textos". Deste modo establece cinco categorías atendendo ás relacións que se establecen entre os textos:
-Intertextualidade: relación de co-presenza entre dous ou máis textos, é dicir, no hipertexto aparece o hipotexto. Esto pode dárse das seguintes maneiras:
--Cita: é a forma máis explícita e xeral. Empregar nun texto unha palabras ou paragrafos doutro texto do mesmo autor ou de autor diferente, aclarando de quen é a cita e resaltandoa con outro tipo de letra.
--Plaxio: tomar varias palabras ou parágrafos sen indicar a quen pertencen. O lector é enganado polo autor. O plaxio está penado pola lei.
--Alusión: Mesmo caso só que o autor dá por suposte que o lector coñece o hipotexto e comprenderá a alusión. Se o lector non ten coñecemento do hipotexto, non se realiza a comprensión plena do hipertexto.
-Hipertextualidade: Un texto deriva de outro para transformalo dalgunha maneira. A transformación sempre é directa e simple. O hipotexto ( texto A ) deriva no hipertexto (texto B), este último apartándose do A, buscando unha creación con características e sentido propio. Exemplo: a parodia
-Arquitextualidade: refírese á realción que mantén o texto co conxunto de catergorías xerais ás que se adscribe. Exemplo: lazarillo -> novela picaresca
-Paratextualidade: relación que mantén un texto cos paratextos (títulos, subtítulos, epílogos, prólogos, etc.)
-Metatextualidade: relación de comentario que une un texto a outro do cal se fala a ao cal pode chegar a non citarse. É dicir, un texto que fala de outro, aínda que non o cite
programas; e canon oficial, o canon selectivo apoyado por unha institución; e canon crítico, configurado pola cita reiterada de autores.
Ademáis, é entón cando Even Zohar introduce o termo de polisistemas afirmando que o canon é o centro do mesmo, o cal estaría rodeado por unha serie de textos que intenta acceder a el que se encontrarían na periferia.
Xurde entón a chamada loita polisistémica, na cal, segundo Zohar, as obras que se encontran na periferia loitan por entrar no canon sen conseguilo, pero deixando unha importante pegada. Unha vez que se configura o centro do canon, o grupo que está no centro, ou ben adquire as propiedades do canon e toma o control, ou ben modifica as propiedades do canon para manter o control; se ningunha destas cousas ocurre, o grupo e o seu repertorio serán empuxados ao marxe por outro grupo que se abre camiño ao centro do canon.
É na periferia onde encontramos a chamada Escola do Resentimento. Aquí sitúanse as manifestacións literarias e culturais excluídas dos estudos canonizados e canonizantes. As institucións do canon adoitan estar caracterizas por un perfil moi marcado: home, branco, europeo, heterosexual, e de clase media. Deste modo, se as institucións do canon están gobernadas por este perfil, é lóxico que o propio canon presente estas características. Así, a Escola do Resentimento intenta compensar a falta de outro tipo de literatura como a feminina, a infantil e xuvenil ou o cómic, así como autores homosexuais, de distinta raza ou ideoloxía ás do canon.
Este afán de compensación fixo que algúns autores canónicos perderan peso en favor destes autores minoritarios, o que provocou que en Estados Unidos xurdise o chamado multiculturalismo, do cal falaremos máis adiante.
Actualmente, poderíamos falar dun rexurdir do canon, o cal é moi comodo xa que permite que se comparte diversos estudos dun xeito máis doado. Está recuperación do canon estase a levar a cabo mediante a creación de listaxes de obras literarias, volvendo principalmente sobre Goethe e o termo Weltliteratur.
A elaboración dos canon responde a un mecanismos moi diversos e moitas veces bastante cotiáns, o cal pode remitir á subxectividade do canonizador que o pode levar a determinados excesos (no 1956, o autor francés Queneau fixo unha destas listaxes na que introducia 100 títulos, dos cales 60 eran franceses. Isto dá boa conta da subxectividade a que pode estar sometido o canonizador).
Con todo isto poderíamos falar de diversas función do canon:
-O canon proporciona modelos morais e ideais de inspiración
-Transmite e mantén unha continuidade do pensamento
-Crea marcos de referencia comúns a unha sociedade ou cultura determinadas
-Permite analizar os intercambios de favores entre grupos
-Lexitima unha teoría e un sistema de valores
Ofrece unha visión do mundo en cada época
-Dbe intentar ser o vehículo de expresión dun certo pluralismo formal
♦ Multiculturalismo
O canon, a partir da aparición da Escola do Resentimento, comeza a perder forza en detrimento do multiculturalismo. En 1992 na MLA Convention debatiuse sobre a necesidade de revisión do canon e da diversificación curricular. A literaura multicultural é moi útil para a comprensión dos ditintos grupos culturais, así como para que dentro dos propios grupos haxa unha boa comprensión e respeto, axuda tamén a asegurar a igualdade na nosa sociedade actual.
Ademáis, no 1995 Bernheimer publica un informe baixo o nome de A Literatura Comparada na Era do Multiculturalismo, no que avoga por unha dimensión multicultural e aberta que recoñeza as demandas éticas das minorías. Este informe deu lugar a unha serie de conclusións sobre a Literatura Comparada:
-A LC non debe limitarse ao estudo de textos literarios, tamén aos textos artísticos, cinematográficos, etc.
-Non debe estudar só os textos pertencentes a alta cultura, tamén a textos de xéneros populares.
-Debe ocuparse dos problemas da formación do canon dende unha perspectiva académica e contestataria.
-Debe evitar o eurocentrismo, atendendo a outras culturas como a xapones ou a africana.
-Debe estudar tamén os procesos de postcolonialismo.
Deste modo, a literatura comparada admite a influencia dos estudos culturais e pretende abordar a literatura como un campo expandido.
♦ Postcolonialismo
O postcolonialismo refírese a un conxento de obras de caracteríticas moi diversas segundo o ambito do que procedan. É unha invitación ao compromiso ideolóxico contra os discurso do poder imperialista e das xerarquías dominantes, así, neste termo, inclúense mecanismos de loita contra o eurocentrismo hexemónico. Polo tanto, garda moita relación e é unha consecuencia do multiculturalismo explicado anteriormente. Está moi relacionado á súa vez coa colonización. Para Frantz Fanon implica alienación e marxinación, ademáis dun maniqueísmo.
Unha das primeiras achegas procede da negritude desenvolta por algúns autores africanos, que supón unha importante reivindicación do distinto e diferente, e polo tanto, garda relación co imagolóxico. Tamén xurden outros conceptos como o orientalismo de Said, que se refire a un discurso unilateral que considera as culturas orientais a partir de parámetro europeos, reducindo esa cultura a termos de exotismo ou rareza, expresando unha sentimento de superioridade da raza branca e occidental.
últimas non sufren ese proceso de interiorización dos valores do dominador, senon que buscan reivindicarse e dárlle a volta a esa dominación.
♦ Ideoloxía
Eagleton da unha serie de puntos que podería definir o que é unha ideoloxía:
-Proceso de producción de signficados, signos e valores da vida cotiá
-Ideas características dun grupo ou clase social
-Ideas que lexitiman un poder político dominante
-Ideas falsas que lexitiman un poder político dominante
-Comunicación sistemática deformada
-Ilusión socialmente necesaria
-Unión entre discurso e poder
-Medio polo cal os axentes sociais dan sentido ao seu mundo conscientemente.
-Creencias orientadas á acción
-Medio polo cal as persoas expresan as súas relacións nunha estrutura social.
♦ Literatura comparada
Por literatura comparada enténdese o estudo das relacións da literatura con outras áreas de coñecemento e creencias. Sen embargo, na escola francesa este concepto está máis restrinxido a: unha disciplina que estuda as relacións internacionais das literaturas (por exemplo como influiu Shakespeare en Racine).
A definición ccanónica dada no IX Congreso de Literatura General e Comparada é, en resumo, a compración dunha literatura con outra ou outras e a comparación da literatura con outras esferas da expresión humana. Así, aparece unha serie de funcións da mesma:
-Demostración dos principios xerais sobre a estructura da obra literaria
-Síntesis inductiva mediante a analoxía, o contraste ou relacións causa-efecto
-Intensificación da comprensión verbal e cultural dos textos
-Investigación en aspectos como intermediarios, influencia, traducción ou imaxes dun país e unha literatura noutro
-Desarrollo de estudios que poñan en contacto a literatura con outras esferas da creación humana
♦ Literatura supranacional
É un termo acuñado por Claudio Guillén, para así superar os nacionalismo culturales. Para el, o punto de arranque non son as literaturas nacionais ni as relacións entre elas. Distingue tres modelos de supranacionalidad:
-Estudo de fenómenos e conxuntos supranacionales que implican internacionalidad
-Análisis de fenómenos e procesos xenéticamente independentes, pertencentes a civilizacións diferentes
-Análisis de fenómenos xenéticamente independentes que compoñen conxuntos supranacionais de acordo cos propósitos e principios derivados da teoría da literatura.
♦ (^) Literatura mundial
A noción de literatura mundial/universal provén de Goethe e está relacionada co termo Weltliteratur. Para el, era moi importante a traducción para que as obras circulasen polo mundo. Dalgún modo, a literautra mundial relaciónase co canon posto que se teran que establecer unha orbas que sirvan de modelo para crear esa literatura mundial. Non hai forma de abarcar todas as obras do mundo, nin hai forma de que todas sexan traducidas.
Deste modo, a literatura comparada vai a dar sempre maior potencialidade á literatura europea, posto que a maioría de comparatistas son europeos. Dalgunha maneira, a Weltliteratur está ligada ao advenemento da burguesía
♦ Globalización
Segundo Ritzer, a globalización é un proceso transplanetario ou un conxunto de procesos referido ao crecente fluxo multidireccionais de persoas, obxectos e información por encima das fronteiras de calquer estado-nación.
Pola súa banda, Beck define globalización como os procesos mediante os cales os estados soberanos se mesturan grazas a actores transnacionais e sus respectivas probabilidades de poder, ortientacións, identidades e entramados varios.
Por outra parte, García Canclini diferencia entre internacionalización e globalización. Para el, a internacionalización foi unha apertura das fronteiras xeográficas de cada sociedade para incorporar bens materiais e simbólicos das demais. A globalización supón unha interacción de actividades económicas e culturais, bens e servizos xerados por un sistema con moitos centros, onde importa moito a velocidade para recorrer o mundo.
Na globalización, as literaturas nacionais vense afectadas negativamente. Antes líase unha novela frances e podiamos entender a forma de vida desa sociedade, hoxe en día é imposible. A