












































Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Apuntes Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Experimentais I. Educación Primaria
Tipo: Apuntes
1 / 52
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!













































Para o progreso socio económico dun país Para promover futuras vocacións científicas Porque é parte da cultura/alfabetización científica Para desenvolver facultades cognitivas Para entender información relevante da nosas vidas Para poder tomar decisións, opinar e actuar dende o coñecemento Para o benestar persoal e coñecerse mellor Para desfrutar da natureza
Ciencia (do latín Scientia ) coñecemento
Ciencia: conxunto de técnicas e métodos que proporciona un coñecemento organizado sobre a estrutura de feitos obxectivos e accesibles a distintos observadores.
Coñecemento: A aplicación sistemática deses métodos xera coñecementos obxectivos (científicos) que toman forma de prediccións concretas e comprobables.
Coñecemento científico : complexo conglomerado de teorías que explican o mundo natural e social, mediante un proceso de construción lóxica, cognitiva, contextual e histórica por parte de especialistas en condicións específicas de interese, coñecemento e institucionalidade.
Que é a ciencia? Cómo funciona? Como se desenvolve? Como se constrúe o coñecemento científico? Como se relaciona coa sociedade?
Natureza da Ciencia (NCD)
A Ciencia é:
Sistemática Acumulativa Metódica Comprobable Especializada Aberta Produto da investigación Carácter acumulativo
É fundamental transmitir este carácter evolutivo e dinámico. Para isto é interesante recurrir á Historia da Ciencia. Metodoloxía Serie de procesos intelectuais que permiten:
A época na que viviron os diferentes científicos condicionou a súa forma de traballar.
Se algo caracteriza a un científico é a súa curiosidade e a súa tendencia a formular hipóteses sobre cómo se comporta a natureza. Ter curiosidade por saber cómo funciona un ser vivo, que leis rixen o movemento dos planetas, que fármacos son adecuados para combater unha enfermidade ou que transformacións sufriu a Terra desde a súa orixe, son só algunhas das tarefas propias dos científicos e que conseguiron tantos avances no coñecemento.
Consenso sobre a natureza da ciencia
i. O principal propósito da ciencia é adquirir coñecemento sobre o mundo físico. ii. No mundo hai unha orde fundamental que a ciencia pretende describir do xeito máis sinxelo e comprensivo posible. iii. A ciencia é cambiante, dinámica e provisional iv. Non existe un único método científico
Disenso sobre a natureza da ciencia
i. A xeración do coñecemento científico depende de compromisos teóricos e factores contextuais sociais e históricos. ii. A verdade das teorías científicas ven determinada por aspectos do mundo que existen de modo independente dos científicos.
Levar a práctica a planificación. Observar, medir, tomar datos.
Os científicos levan a cabo a actividade experimental deseñada na etapa anterior, tomando e rexistrando os datos obtidos.
Como tomamos os datos?
Como rexistramos os datos?
Nunha táboa.
Analizar os datos recollidos. Analizar e interpretar os resultados.
Tomados os datos, é preciso analizalos. Pódense elaborar gráficos ou novas táboas que nos den resposta á cuestión investigada. OLLO! Non todos os datos recollidos son válidos, temos que saber identificar cales dos datos nos permitan contrastar ou refutar a hipótese de partida.
Comparar os resultados coa predicción de partida. Contraste ou refutación da hipótese de traballo.
Se os datos recollidos son os axeitados permitirán refutar ou contrastar a hipótese de partida.
Establecer as conclusións. Propoñer a solución ao problema.
A conclusión da investigación consiste na resposta á cuestión investigada. Sempre se debe xustificar en base a probas. As probas podemos consideralas como os datos ou informacións que nos avalan a nosa conclusión.
A ciencia é unha colección de feitos A ciencia é completa Hai un único método científico que todos os científicos seguen Os procesos da ciencia son puramente analíticos e carecen de creatividade Cando os científicos analizan un problema usan o razoamento inductivo ou deductivo As ideas científicas son invariables A observación directa é a que produce coñecemento científico (este prodúcese na natureza, non se constrúe) As investigacións que non producen unha conclusión firme son inútiles
Aspectos da ciencia que se deben traballar na escola.
Provisionalidade : O coñecemento científico pode modificarse en base a novas probas ou á reconceptualización de probas anteriores. Base empírica : O coñecemento científico baséase ou deriva de observacións do mundo físico. Non existe un único método científico senon que existen certas características comúns nas distintas metodoloxías utilizadas para obter coñecemento científico. Subxetividade : A ciencia está influenciada e dirixida polas teorías científicas e leis aceptadas.
razoamento lóxico.
no avance do coñecemento científico.
sentidos humanos ou extensións dos sentidos. As inferencias son interpretacións das observacións.
formas de coñecemento científico. As leis describen as relacións, observadas ou percibidas de fenómenos. Mentres que as teorías son explicacións inferidas para os fenómenos naturais e mecanismos entre os fenómenos naturais.
k) Valorar a hixiene e a saúde, aceptar o propio corpo e o das demais persoas respectar as diferenzas e utilizar a educación física e o deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social.
l) Coñecer os animais máis próximos ao ser humano e adoptar modos de comportamento que favorezan o seu coidado.
Obxectivos formulados para o alumnado: (OLLO!: Promover, concienciar, etc son obxectivos formulados para o docente, evitalos).
Formulados en termos de capacidades.
Verbos que podemos utilizar para formular obxectivos:
Verbos correspondentes a cada plano de coñecemento da Taxonomía de Bloom (Keneddy, 2007).
Formulados de maneira que sexa posible avalialos (mellor explicar, distinguir etc que “coñecer” ou “aprender” ou “entender”). Os obxectivos relaciónanse cos contidos e actividades, pero son distintos deles.
Conxunto de coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que contribúen ao logro dos obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa, e á adquisición das competencias.
Contidos no currículo.
5 BLOQUES:
Bloque 1: Iniciación á actividade científica.
Bloque 4: Materia e enerxía.
1º CURSO:
Tarefas de reducción, reutilización e reciclaxe na escola e no seu contorno próximo. Uso responsable da auga na vida cotiá. Identificación do ruído como unha forma de contaminación acústica e de fontes sonoras no contorno próximo.
Comparación e clasificación dos materiais segundo propiedades físicas observables: dureza, solubilidade, estado de agregación e conductividade térmica. Diferentes procedementos para a medida da masa e do volume dun corpo. Explicación de fenómenos físicos observables en termos de diferenzas de densidade. A flotación nun medio líquido. Fontes de enerxía e materias primas: a súa orixe. Enerxías renovables e non renovables. Fontes de enerxías renovables e non renovables. O desenvolvemento enerxético, sostible e equitativo. Realización de experiencias sinxelas sobre reaccións químicas habituais na vida cotiá e doméstica: a combustión, a oxidación e a fermentación. Identificación de produtos químicos habituais no fogar e dos posibles riscos para o organismo. Identificación na etiquetaxe dos símbolos de perigo máis común.
6º CURSO:
Concepto de enerxía. Diferentes formas de enerxía. A luz como fonte de enerxía. Electricidade: a corrente eléctrica. Circuítos eléctricos. Magnetismo: o magnetismo terrestre. O imán: o compás. Os cambios de estado. As reaccións químicas: a combustión, a oxidación e a fermentación. Fontes de enerxía e materias primas: a súa orixe. Enerxías renovables e non renovables. O desenvolvemento enerxético, sostible e equitativo. Utilidade dalgúns avances, productos e materiais para a sociedade. Planificación e realización de experiencias diversas para estudar as propiedades de materiais de uso común e o seu comportamento diante da luz, o son, a calor, a humidade e a electricidade. Predición de cambios no movemento ou na forma dos corpos por efecto das forzas. Observación dalgúns fenómenos de natureza eléctrica e os seus efectos (luz e calor). Atracción e repulsión de cargas eléctricas. Separación de compoñentes dunha mestura mediante destilación, filtración, evaporación ou disolución. Reaccións químicas: a combustión, a oxidación e a fermentación. Normas de prevención de riscos
Bloque 5: A tecnoloxía, aparellos e máquinas.
Observación e clasificación de aparellos e máquinas sinxelas do contorno identificando a súa utilidade e evitando estereotipos sexistas. Manipulación e observación do funcionamento de aparellos sinxelos domésticos e escolares (lapis, afilalapis, teléfono, balanza, tesoira, espremedor, ect.) Montaxe e desmontaxe de xogos e obxectos sinxelos relacionados coa vida cotiá. Identificación dos compoñentes básicos dun ordenador. Coidado dos recursos informáticos
2º CURSO:
Observación e clasificación de aparellos e máquinas sinxelas do contorno identificando a súa utilidade e evitando estereotipos sexistas. Manipulación e observación do funcionamento de obxectos, aparellos simples domésticos e escolares, das partes que os compoñen e da enerxía que necesitan para funcionar. Prevención de riscos no emprego de máquinas e aparellos de uso cotiá. Identificación dos compoñentes básicos dun ordenador. Coidado dos recursos informáticos
3º CURSO:
Manipulación e observación do funcionamento de obxectos, aparellos e máquinas sinxelas (bicicleta, xoguetes, móbiles, tesoiras, roda manivelas, espremedor, reloxo, pinzas, triturador,…) Importancia da ciencia e da tecnoloxía para mellorar as condicións de vida e de traballo. Planificación e realización dalgún obxecto ou máquina de construción sinxela. Manexo de ferramentas, aparellos e máquinas de uso doméstico, superando estereotipos sexistas. Prevención de riscos no emprego de máquinas de uso cotiá.
4º CURSO:
Identificación da enerxía que fai funcionar as máquinas de uso cotiá e doméstico e algúns operadores mecánicos (eixe, roda, polea, plano inclinado, engrenaxe, freo, panca, manivela, etc.) Importancia da ciencia e da tecnoloxía para mellorar as condicións de vida e de traballo. Planificación e realización dalgún obxecto ou máquina de construción sinxela. Manexo de ferramentas, aparellos e máquinas de uso doméstico, superando estereotipos sexistas. Prevención de riscos no emprego de máquinas de uso cotiá
“Capacidade de poñer en práctica”: A súa incorporación está “orientada á aplicación dos saberes adquiridos en diferentes contextos.” Superar coñecemento inerte.
“de forma integrada ”: coñecementos conceptuais, destrezas e actitudes.
Orientadas a “ser capaz de desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida”
En resposta á demanda, en materia de educación, que require a sociedade actual.
Desvinculación do mundo laboral co mundo académico.
O alumnado ademais de “saber”, teñen que “saber aplicar” os coñecementos a contextos reais, comprender o aprendido, ter a capacidade de integrar os distintos aprendizaxes, relacionalos e usalos de maneira práctica nas distintas situacións e contextos.
imprevisibles; apóiase en coñecementos, mais tamén nos valores, habilidades, a experiencia...” (Eurydice, 2002).
As competencias implican…
Capacidades para aplicar de forma integrada os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa, co fin de lograr a realización axeitada de actividades e resolución eficaz de problemas complexos (D. 105/2014)
Son “as que debe desenvolver un alumno ou alumna para poder lograr a súa realización persoal, exercer a cidadanía activa e ser capaz de desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida.”
Finalidades: permitir utilizalas cando resulten necesarias en diferentes situacións e contextos.
Axudan a definir o que é importante. Son multifuncionais e transferibles, pois aplícanse en múltiples situacións e contextos. Son transversais e interdisciplinares ás areas e materiais curriculares. Son integradoras, a diferenza dos contidos específicos. Combinan coñecementos (“saber”), destrezas (“facer”) e actitudes (“ser”)
CCL: Competencia lingüística
CMCCT: Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
CD: Competencia dixital
CSC: Competencia social e cívica
CCEC: Conciencia e expresións culturais
CAA: Aprender a aprender
CSIEE: Sentido da iniciativa e espíritu emprendendor
Descrición de cada competencia Orden ECD/65/2015, de 21 de enero, por la que se describen las relaciones entre las competencias, los contenidos y los criterios de evaluación de la educación primaria, la educación secundaria obligatoria y el bachillerato (Anexo 1)
CMCT: Competencia matemática e competencias básicas en ciencias e tecnoloxía.
Contribúen ao desenvolvemento do pensamento científico.
Inclúen a aplicación dos métodos propios da racionalidade científica e as destrezas tecnolóxicas, que conducen á adquisición de coñecementos, contrastación de ideas e aplicación dos descubrimentos ao benestar social.
Capacitan para identificar, plantear e resolver situacións da vida cotiá – persoal e social– análogamente a como se actúa fronte aos retos e problemas propios da actividade científica e tecnológica.
Os métodos deben partir da perspectiva do docente como orientador , promotor e facilitador do desenvolvemento competencial no alumnado; ademais, deben enfocarse á realización de tarefas ou situacións problema , plantexadas cun obxectivo concreto, que o alumnado debe resolver facendo un uso adecuado dos distintos tipos de coñecementos, destrezas, actitudes e valores. E como fomentamos o desenvolvemento de competencias na aula?
Un dos elementos clave no ensino por competencias é espertar e manter a motivación cara a aprendizaxe no alumnado, o que implica que o alumnado adoite un papel activo e autónomo , consciente de ser o responsable da súa aprendizaxe.
Para potenciar a motivación pola aprendizaxe requírense, metodoloxías activas e contextualizadas , que faciliten a participación e implicación do alumnado e a adquisición e uso de coñecementos en situacións reais. Ditas situacións xerarán aprendizaxes máis transferibles e duradeiras.
As metodoloxías activas deben apoiarse na aprendizaxe cooperativa. A través da resolución conxunta das tarefas, os membros do grupo coñecerán as estratexias utilizadas polos seus compañeiros e podan aplicalas a situacións similares.
O profesorado debe implicarse na elaboración e deseño de diferentes tipos de materiais , adaptados aos distintos niveis e aos diferentes estilos e ritmos de aprendizaxe dos alumnos e alumnas, co propósito de atender á diversidade na aula e persoalizar os procesos de construción das aprendizaxes.
Débese potenciar o uso dunha variedade de materiais e recursos, considerando especialmente a integración das Tecnoloxías da Información e a Comunicación no proceso de ensino- aprendizaxe que permiten o acceso a recursos virtuais.
Actividades auténticas:
Contextualizadas Auténticas
É importante a forma en que se presenten as actividades na aula (contextualización) e o tipo de preguntas que se fagan para o desenvolvemento das competencias.
problema próximo a eles ou unha situación na que teñan que tomar parte.
contextos (familiares para o alumnado)
actividade
Contido ou contidos a tratar Curso ao que vai dirixido Contexto: científico ou sociocientífico Descripción do contexto Pregunta a responder
problema formulado