Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Arte Galego, Apuntes de Historia del Arte

Asignatura: Arte galego I: Antiga e medieval, Profesor: Xose Ramon Garcia Iglesias, Carrera: Historia del Arte, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2016/2017

Subido el 23/09/2017

scaregods
scaregods 🇪🇸

4.3

(9)

9 documentos

1 / 205

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
HISTORIA DO ARTE GALEGO II (MODERNO E CONTEMPORÁNEO)
Profesor: Xosé Ramón García Iglesias. Correo do profesor: joseramon.garcia.iglesias/usc.es.
Toda a materia, clases expositivas e prácticas, é obxecto de exame. Resumes das clases na aula
virtual. Son cinco séculos, e de cada un faremos dúas clases prácticas, excepto do XX que
faremos tres por motivos de cadrar as datas, con contidos concretos, autores e obras concretas.
Teremos de antemán material revisado do curso anterior con susceptibles moitas melloras e
pulible, que serve de punto de partida para as interactivas onde por grupos deberemos expoñer
o tema que nos corresponda. Divídese a materia en ambos casos en tres partes, unha dedicada
ós tempos, non podemos explicar o arte sen a historia, e a isto dedicámoslle cinco clases, unha
por semana. Tamén falaremos do espazos, a xeografía é espazo e a historia é tempo, e a historia
do arte encaixa no medio, pero é importante distinguir os tipos de espazos onde nos atopamos,
o espazo xeográfico é algo a ter en conta, os espazos ós que se adapta o arte de funcións
diferentes e de lugares distintos, determinan moitas cousas. Logo están os sentimentos,
iconografía con maior voo, a iconografía marca uns atributos pero a iso fáltalle algo, o que en
definitiva se lle queira dar de sentimento ó mundo do arte, algo ó que dedicaremos dúas clases,
unha ó sentimento do sacro e outra ó sentimento do profano. As clases prácticas deberemos
preparalas á priori, e iremos facendo “camiño ó andar”. Sistema de avaliación: a nota divídese
en dúas partes, a parte do exame escrito no que entra todo o temario, caerá un tema a
desenvolver dos 13, e valerá 3 puntos, e das clases prácticas sairán 4 puntos, en catro obras de
arte, das recollidas en clase, nos materiais previamente entregados, nos que haberá que falar
de dúas cousas, de autor e de obra. Se o levamos ó día, está sacado. Todo o que se ve na práctica
darase na teórica, pero son dúas perspectivas diferentes e complementarias. Logo 1,5 de
actuación en clases interactivas e o outro 1,5 polo mínimo traballo que presentaremos nun
documento ó profesor, o comentario da obra co seu autor e punto, non é cuestión de lonxitude,
senón de facer algo que estea ben feito, que sexa corto, sen dicir nada máis do preciso, de folio
e medio ou dous folios, con fotos e o que queiramos montar, sobre unha cuestión concreta.
Debemos acadar o mínimo en cada parte para aprobar.
TEMA 1. Galicia. Tempos: O SÉCULO XVI.
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9
pfa
pfd
pfe
pff
pf12
pf13
pf14
pf15
pf16
pf17
pf18
pf19
pf1a
pf1b
pf1c
pf1d
pf1e
pf1f
pf20
pf21
pf22
pf23
pf24
pf25
pf26
pf27
pf28
pf29
pf2a
pf2b
pf2c
pf2d
pf2e
pf2f
pf30
pf31
pf32
pf33
pf34
pf35
pf36
pf37
pf38
pf39
pf3a
pf3b
pf3c
pf3d
pf3e
pf3f
pf40
pf41
pf42
pf43
pf44
pf45
pf46
pf47
pf48
pf49
pf4a
pf4b
pf4c
pf4d
pf4e
pf4f
pf50
pf51
pf52
pf53
pf54
pf55
pf56
pf57
pf58
pf59
pf5a
pf5b
pf5c
pf5d
pf5e
pf5f
pf60
pf61
pf62
pf63
pf64

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Arte Galego y más Apuntes en PDF de Historia del Arte solo en Docsity!

HISTORIA DO ARTE GALEGO II (MODERNO E CONTEMPORÁNEO)

Profesor: Xosé Ramón García Iglesias. Correo do profesor: joseramon.garcia.iglesias/usc.es. Toda a materia, clases expositivas e prácticas, é obxecto de exame. Resumes das clases na aula virtual. Son cinco séculos, e de cada un faremos dúas clases prácticas, excepto do XX que faremos tres por motivos de cadrar as datas, con contidos concretos, autores e obras concretas. Teremos de antemán material revisado do curso anterior con susceptibles moitas melloras e pulible, que serve de punto de partida para as interactivas onde por grupos deberemos expoñer o tema que nos corresponda. Divídese a materia en ambos casos en tres partes, unha dedicada ós tempos, non podemos explicar o arte sen a historia, e a isto dedicámoslle cinco clases, unha por semana. Tamén falaremos do espazos, a xeografía é espazo e a historia é tempo, e a historia do arte encaixa no medio, pero é importante distinguir os tipos de espazos onde nos atopamos, o espazo xeográfico é algo a ter en conta, os espazos ós que se adapta o arte de funcións diferentes e de lugares distintos, determinan moitas cousas. Logo están os sentimentos, iconografía con maior voo, a iconografía marca uns atributos pero a iso fáltalle algo, o que en definitiva se lle queira dar de sentimento ó mundo do arte, algo ó que dedicaremos dúas clases, unha ó sentimento do sacro e outra ó sentimento do profano. As clases prácticas deberemos preparalas á priori , e iremos facendo “camiño ó andar”. Sistema de avaliación: a nota divídese en dúas partes, a parte do exame escrito no que entra todo o temario, caerá un tema a desenvolver dos 13, e valerá 3 puntos, e das clases prácticas sairán 4 puntos, en catro obras de arte, das recollidas en clase, nos materiais previamente entregados, nos que haberá que falar de dúas cousas, de autor e de obra. Se o levamos ó día, está sacado. Todo o que se ve na práctica darase na teórica, pero son dúas perspectivas diferentes e complementarias. Logo 1,5 de actuación en clases interactivas e o outro 1,5 polo mínimo traballo que presentaremos nun documento ó profesor, o comentario da obra co seu autor e punto, non é cuestión de lonxitude, senón de facer algo que estea ben feito, que sexa corto, sen dicir nada máis do preciso, de folio e medio ou dous folios, con fotos e o que queiramos montar, sobre unha cuestión concreta. Debemos acadar o mínimo en cada parte para aprobar.

TEMA 1. Galicia. Tempos: O SÉCULO XVI.

1. ATA OS REIS CATÓLICOS

  • Significado, causas e características do Renacemento

Reinos que comparten un territorio, algo que se fragua no tempo dos Reis Católicos, que acaba como matrimonio cando morre a raíña, Isabel A Católica en 1511, todo ese tempo final do século XV e inicio do XVI, punto de inicio da conversión en Reino de España do territorio español. Entre o XV italiano o XV noutras partes de Europa hai moitas diferenzas, porque no resto de Europa aínda se falaría no 1400 de gótico, como diferenza acusada entre Italia e o conxunto do demais, de Europa, como retagarda. A diferenza pode ser pedagoxicamente e a nivel de escribir bastante clara, pro a realidade non o é tanto, poderíase levar isto o conxunto de España, con ritmos diferentes na sunción do Renacemento. Nin o Renacemento será tan avanzado nin o Gótico tan antigo, nin o gótico morre co XVI nin o renacentista en moitos aspectos chega co XVI, nalgúns casos concretos incluso poderíamos encontralo en determinadas areas da cultura no século XV. Non é unha moa e un conxunto de cousas que caracterizan un tempo, é moito máis que todo iso. Debemos poñer como imaxe paradigmática do Renacemento a Rafael e Miguel Anxo, pero tamén poderíamos poñer a Lutero, Calvino ou Erasmo, é unha maneira diferente de estar e entender o mundo, a relación do humano, das persoas, da sociedade, coa divindade, co sacro, hai un cambio de mentalidade, que ven en definitiva acompañado dunha serie de inventos que revolucionan a sociedade, a teoría de Copérnico que cambia a idea de como estamos ubicados no Universo. Coezamos a vivir doutra maneira, cambiamos os castelos polos pazos. Cambia a nosa maneira de estar no mundo, tamén a través da industria e o comercio. Déixao de ser en Galicia o Finisterre, o fin da terra, a ser unha das portas do Atlántico con toda a fachada costeira peninsular que nos une a Portugal, neste mundo no que a navegación adquire gran importancia, mentalidade cambia porque hai mundo o outro lado do mar e iremos a ese outro lado.

Significado: Un movemento cultural, en tempo moderno, un hoxe, que significa tamén que o saber antigo renacía, é o espertar dos pobos e a renovación dos espíritos.

Causas: as principais son os grandes inventos (a pólvora, a brúxula, o papel, a imprenta, etc. ) que permitían os grandes descubrimentos xeográficos; a influencia cultural helenística, ó caer Constantinopla en poder dos Turcos; e o enriquecemento das cidades, o industrial e o comercial a presenza de homes ricos que se permiten adornar os seus pazos e se ofrecen como mecenas de arte.

Características: o xurdimento das formas embrionarias. O desenvolvemento da manufactura e comercio. O comercio das cidades e o nacemento, xurdindo unha nova cidade con unha nova clase: a burguesía.

  • A suma de dous Reinos e o Reino de Granada como territorio a incorporar

Mentalidade moi hispana, na que Galicia está tamén, pasámonos século mirando o sur, facendo cristiáns terras que eran ou foron islámicas, a pesar de ter antes o cristianismo como referencia, pero o islamismo é un antes e un despois que fai que do norte o sur vaian crecendo o territorios cristiáns. Boa parte do reinado dos reis católicos pasará para que o reno nazarita de Granada deixe de selo para ser territorio de Castela, castelán. U reino de Castela, un Reino de Aragón, un reino de Portugal e un Reino de Navarra, que perdurará durante todo o tempo en que son monarcas os reis Católicos, nunca os reis católicos como matrimonio reinaron en Navarra, incorporarase a España en data posterior. Concilio de Trento tentando calmar as voces do mundo protestante, guerras de relixión tan importantes no século XVI. Loita tamén contra o turco, que chega a asumir parte da Europa oriental en boa parte da historia moderna e contemporánea. o outro lado do mar tamén se están facendo católicos as culturas precolombinas que se conquistan. Non se entende nada sen ter en conta o tema do relixioso. Mundo fráxil no que se buscan continuamente dende España alianzas en Europa que van dende

Media, debemos distinguir vilas, cidades de pequeno tamaño, a máis grande no século XVI sería Pontevedra, con un bo porto e moita pesca. Galicia a día de hoxe vémola como unha unidade, pero o peso de Santiago fixo que todo xirase en torno ó compostelá. Antes o importante era Mondoñedo, despois tirou cara Ferrol, logo as dioceses de interior como Lugo e Ourense, tamén importantes, e que non coinciden no seu territorio coas provincias, Lalín pertencería á de Lugo. Marcan a arte, porque as dioceses marcan o arte que lles marca un determinado episcopado. Abaixo tamén debemos contar con Tui. Algo moi curioso é que boa parte do sur de Lugo e norte de Ourense, é diocese de Astorga, e todo o que é o renacemento astorgano, entrara na Galicia Sur oriental precisamente pola diocese de Astorga. Tamén debemos ter en conta o mundo dos mosteiros e as ordes relixiosas, orde por orde, tamén nas conventuais, teñen o seu propio mapa no ate galego e a súa propia personalidade.

A nobreza e fidalguía: as casas de Andrade, Lemos e Monterrei. O Mariscal Pardo de Cela

Logo está outro mundo hoxe desaparecido, que non se pode esquecer, que é o mundo dos grandes liñaxes galegos, cando falamos destas casas, estamos falando de auténticas casas con poder en partes de Galicia. Isto está nu período de estudo moi embrionario, practicamente sen estudar, porque se vai das mans en testemuñas artísticas moito máis que o arte relixioso. Todo aquilo que ten que ver coas liñaxes grandes de Galicia, desvaneceuse, as políticas de entronques entre familias, que quedou en mans practicamente, case totalmente, de casas como Medinaceli e os Alba. Ese mundo familiar e nobiliario aínda está por estudar e habería que encaixalo na historia do arte de Galicia. Figuras como a de Pardo de Cela no Norte, castelos que se entenden por isto, personaxes non xa no XVI, ocupaban postos de relevancia nas embaixadas e birreinados, certamente importantes, obras que veñen de Italia e Perú por parte dun birrei do condado de Lemos, importantes para entender como chegaron esas obras aí e en que condicións. Tamén personaxes como Diego de Muros, clave na fundación da Universidade o do Hospital Real, tampouco entenderiamos Santiago sen o Arcebispo Fonseca. Precisos para tratar con plenitude o mundo da historia do arte.

2. FERNANDO, A RAÍÑA JUANA E CARLOS I (1504-1556)

  • O matrimonio de Juana de Castilla e Maximiliano de Austria

Historia complexa, Xoana, unha máis, nin sequera a maior, casada con Felipe o Fermoso que morre de novo, en España, cando ven a ser rei aproveitando o estado mental da súa sogra enclaustrada en Tordesillas. Concepto de familia como conxunto de personaxes que forman o mundo do poder, o conxunto de familia cambia co cambio de reinado. Xentes dun mesmo compromiso, uns fillos e uns pais, Carlos V será o elixido para facer carreira lidiando por boa parte de Europa para chegar a ser quen foi. Morre moi novo en Yuste tras pasa toda unha vida fora de España, rexendo este territorio unha portuguesa, a súa muller. Xoana e Felipe aparecen como unha nva parella real que supón un novo paso no que é o mundo dos poderes.

  • A morte de Maximiliano en 1506 e a continuidade en Aragón de Fernando (1516)

Germana de Foix, segunda esposa de Fernando o Católico, por interese, por estar o carón de Navarra en territorio francés. Cando fan o escudo por 1513, nun determinado cuartel partido en catro aparecen sumadas as armas de Navarra, sumase a España, morta a raíña Isabel e vivindo aínda Fernando, facéndoo parte de Aragón.

  • Juana de Castilla, raíña ata a súa morte, en 1555. Comparte o poder co seu fillo Carlos, do antigo Reino de Castilla.

Coa morte de Felipe, Carlos sería o herdeiro polo que e aposta como se pode ver nos cadros, nos que nai e fillo aparecen xuntos, suma de poderes. A reina Xoana morre en 1555, nunca deixou de ser raíña de Castela, sen perder os seus dereitos, aínda co fillo en Yuste, e ela en Tordesillas, toda a rebelión das xermanías e as comunidades dos anos 20, triunfarían se a raíña Xoana se puxera da súa parte, apoio ós dereitos do seu fillo, e os tipos de moeda significan o que de lugar a que Carlos puidera facerse en definitiva forte. Carlos como gran personaxe do seu tempo, con moita iconografía por todas partes, tamén en Galicia.

  • A incorporación do Reino de Granada
  • Plus ultra: Luigi Marliano, 1515

Imaxe do plus ultra, o máis alá da mar, que antes era n non plus ultra, pero agora é un plus ultra. Matrimonio con Isabel de Portugal, algo sumamente acertado, unir España e Portugal nunha mesma persoa, Carlos e aínda o seu fillo, navegación portuguesa e castelá unidas, a navegación aragonesa é menor.

  • As Comunidades e Germanías

Revélanse contra o poder do rei, batalla interna, mundo bélico no que se move o emperador Carlos, en relación cos ingleses, o mundo xermano e pare do mundo francés. En 1530 é nomeado emperador.

  • A actividade política e bélica de Carlos

Ten como gran contrapunto a figura de Francisco I de Francia. Dende o mundo da celada de Carlos V podemos ver esa personalidade guerreira de Carlos, contrapunto absoluto no seu fillo, Carlos, personaxe políglota, movíase moi ben por toda Europa, sempre en guerra, non será o caso de Felipe II, o seu fillo.

o GALICIA

O Hospital Real

Novo mundo, non é un hospital mais senón un dos máis grandes de Europa, que sufrirá un golpe forte con Lutero, pero que segue sendo importante neste momento co mundo da peregrinación.

O Colexio de Fonseca

Inicio da Universidade. Tiña un número de estudantes moi baixo, 15 e algúns de prestado, poucos, era un mundo moi pequeno pero moi prometedor, estaban chegando a Galicia os estudos, os colexios, algo circunscrito o mundo da relixión os cabildos catedralicios, os mosteiros, ata estes momentos, esta é unha figura nova que moi pronto será protexida polo reino, xa con Felipe II e non ó mundo relixioso como ata o momento.

3. FELIPE II (1556-1598)

Primeiro período a tratar no século XVI. Idea de unidade que comeza con Xoana e Carlos, que perduran case ata o final, e non é anecdótico, porque Xoana non deixa de ser raíña en ningún momento, porque en determinados momentos tomou decisións moi importantes.

  • O seu amplo poder territorial. América, Filipinas, Europa…

Concretase a consolidación do poder ibérico, castelán portugués fundamentalmente, o outro lado dos mares, complementando dúas estratexias diferentes, a portuguesa que conquista a

atopamos moi vinculados a Castela e Portugal. Se ó final imos entender a historia de are de Galicia como suma de obras de arte que deu, quedarémonos coa nata, e non teremos a leito, o conxunto de arte galego, que son centos e miles de centros parroquiais, pazos, vilas expandidas por todo o territorio, esa é Galicia.

TEMA 2. EUROPA NO SÉCULO XVII.

  • Crise política, económica, relixiosa e cultural.

Monarquía absoluta que continúa e a guerra dos 30 anos. Crise política pola monarquía absoluta e a Guerra dos 30 Anos. Crise relixiosa polas guerras de relixión, a Paz de Westfalia e a tolerancia relixiosa. Crise económica polas malas colleitas e o declive comercial. Crise social polas epidemias, a mala alimentación, que crean un descenso demográfico, e os conflitos sociais, porque os problemas que trae unha crise, vense na rúa, a crise social tamén marca a temperatura dunha sociedade, a súa capacidade de actuación. No século XVII o número de fieis aumenta, as crises sociais aumentan a fe, e a máis fieis, máis grande debe ser unha igrexa precisase facer igrexas con naves mais grandes, cousa que non pasa en Oriente, que mantén as mesmas, co cal todo vai interrelacionado.

  • Ciencia e pensamento.

Revolución científica e o método. As matemáticas comezan a impoñerse nas Universidades que antes tiñan estudos fundamentalmente teolóxicos, pasa en Galicia.

  • O Barroco: Cultura, Literatura e Arte.

Século de Ouro español. Reséntese o mundo da arte porque boa parte da economía se base nas colleitas, e ante a fame a falta de medios o mundo tende a declinar, aínda que non de todo porque os grandes mecenas seguen sendo ricos, pero o pulso do país, merma, a crise económica, afecta ó arte, sobre todo a arquitectura, as grandes obras. Século de gran arquitectura en Galcia e non tanto en España, algo que ten que ver coa riqueza agrícola, porque os beneficios da terra adoitan derivar en pazos, catedrais, conventos, feitos ou reformados, tradúcese o crecemento económico en arquitectura, algo que non é igual en España.

4. FELIPE III E FELIPE IV (1598-1665)

  • A complexidade do poder monárquico: Felipe III: “Don Phelippe, pola Gratia de Dios, Rey de Castilla, de León, de Aragón, das dúas Sicilias, de Hierusalem (algo que se mantén a día de hoxe de xeito simbólico) , de Portugal, de Navarra, de Granada, de Toledo, de Valentia, de Galicia, de Mallorca, de Sevilla, de Cerdeña, de Cordoua, de Corcega, de Murcia, de Jaen, de los Algarbes, de Algezira, de Gibraltar, de las Islas de Canaria, das Indias Orientales e Occidentales, islas e Terra firme do Mar Oceano, Archiduque de Austria, Duque de Borgoña, de Brauante e de Milan, Conde de Habspurgo, de Flandes, de Tirol e de Barcelona, Senor de Bizcaya e de Molina”. Dálles unidade o poder dun rei, que non é o mesmo rango de poder en todos, pero que mantén a unión que nunca chega a ser un todo, algo que conseguen os Borbóns. Tradúcese isto ó mundo heráldico, cos escudos e blasóns dos distintos territorios do reino.

Felipe III (1598-1621) no interior leva a cabo a expulsión dos moriscos e no exterior os anos de paz. O Greco. Idea de rei que nos vemos aquí pero que podemos ver a nivel Europeo por ese contexto de paz no que se move, de aí as imaxes de representación, que non son en guerra, imaxes bélicas. Neste momento as cidades do conxunto de España comezan a construír prazs maiores, lugares e puntos de encontro nos que pasea a xente e se fai comercio e festas en liñas xerais.

Felipe IV (1621-1665) no interior fai unha reforma fiscal, algo que fai que chegue a sublevación de Cataluña e a Independencia de Portugal; e no exterior a guerra dos Trinta Anos e a Paz de Westfalia, custosa en España, que se reformaba para afrontar esta crise, e que tiña dúas partes da península reformada, algo que non pode afrontar, co cal opta por enfrontarse a un nada máis, o Catalán, por ter fronteiras con outros países que o puidera acoller ou axudar, e o non facer fronte a Portugal, supón a súa independencia, e créase unha fronteira así estre Galicia e Portugal, un fronte no que hai posicións enfrontadas, de aí que a un e outro lado da liña divisoria proliferen as fortalezas, aínda que teñan moitos lazos de unión. Nos últimos 20 anos esta liña desapareceu pero na época de Felipe IV rompe para o arte Galego unha unión natural, río Miño e Támoga son tan galegos como portugueses. Velázquez e Goya determinan o arte da época, quen pesa máis, o rei ou o artista.

Dúas grandes correntes na plástica española, unha márcaa en Sevilla Montalbés, e Gregorio Fernández en Valladolid, non se entende sen el o mellor da escultura do XVII galego, e non nos queda tan lonxe o arte andaluz, porque no XVII existen artistas e ideas que chegan a todas partes dende todos os puntos, e hai moito que une Andalucía e Galicia, sen necesidade de pasar po Madrid, por mar, unións que tamén existen entre cidades como Santiago de Compostela e o territorio andaluz. Todo o mundo de grandes pintores (Murillo), e escultores, móvense entre os anos finais do reinado de Felipe III e un rei como Felipe IV, con graves problemas. Unha España de poucos recursos económicos e na que existen artistas moi sensibles, capaces de representar esa diabólica asociación que é a pobreza e a infancia.

  • Expulsión dos moriscos.

Expulsados non por raza senón por relixión, que se traduce en termos económicos nunha perda, porque se perde unha parte de man de obra cualificada, o que tamén se traduce no arte, xa que nalgunhas cousas eran expertos. De gran importancia, feita no reinado de Felipe III, e para entender o are galego en definitiva hai que entendelo en base ó que se fai noutras partes do que é o territorio hispano.

  • Madrid, centro da Corte.

Felipe IV, rei que reina dende Madrid, e que identificamos dende o punto de vista histórico- artístico co cadro das Meninas.

  • A España dos válidos: o Duque de Lerma, o Conde Duque de Olivares.

o GALICIA

O territorio galego dentro do conxunto ibérico e da monarquía no século XVII.

  • Retrato de Pedro Fernández de Castro e Andrade, VII Conde de Lemos, expresión dunha nobreza que tende a facerse foránea.

Tempo no que debemos facer mención a algúns personaxes pouco coñecidos en liñas xerais aínda que moi situados nos últimos anos polo mundo do coñecemento, polo académico, pero que non foron trasladadas as súas imaxes á poboación en xeral. Influencia en círculos afastados, con gran preocupación polo arte. Traen obras de lugares foráneos, obras de arte importantes que veñen a Galicia. Para entender unha obra, saber o capital, debemos saber que non todo é de aquí e non todo e simple, as veces son cousas complexas que pasan por moitos lugares, por iso debemos enlazalo co se contexto histórico e non so no artístico, debemos ter en conta con que está relacionado, quen o promociona, e demais.

  • Felipe IV e a instauración das Ofrendas Reais ó Apóstolo.

comparten forma, que son columnas e teñen na forma do seu fuste antecedentes en columnas helenísticas e medievais, soan a antigo, tempos vellos con formas novas. Centradas por unha reliquia, a cabeza de Santiago. Dous dos doce apóstolos se chaman Santiago, o Maior e o Menor/Alfeo. A reliquia principal, a cabeza de Santiago que centra o relicario compostelán, e a de Santiago o Menor, reliquia que chega a Compostela nos tempos áureos do arcebispo Xelmírez, de culto importante nese momento e despois, sempre en épocas de prelados importantes se volve ó culto de Santiago o Menor. O común dos mortais confúndeo con outro Santiago. Ó final esta historia é unha idea sintomática do que foi ou quixo ser Santiago no conxunto da historia, cando polos anos 60 do XVII, un canónico de Santiago pretensioso fai os seus debuxos, despois de viaxar a Roma e vir e Madrid, coa catedral de Santiago con moito tempo de recaudo para as obras, fai un informe inacabado, porque se pon ó fronte das obras da catedral en base ó que levaba feito, coas directrices de como vai ser a Catedral, e unha das cousas que comentan as súas imaxes, é algo que chega ó corazón do cabildo, porque se avergoñou a imaxe que tiña a igrexa antiga chea de recovecos da Catedral de Santiago, pobreza e igrexa segundona a nivel formal, que é enriquecida, na capela maior, a outra idea, enxendrando un tabernáculo que quere ser pero non pode ser o baldaquino de Roma polas contadas medidas do presbiterio, en románico moi grande pero en barroco moi pequeno.

Realización na que te unha parte importantísima Domingo de Andrade. Pártese para a realización dunha imaxe dun gravado incluído nun libro que é a festa e canonización celebrada en Sevilla, a do rei Fernando, conquistador de Sevilla. Relación entre o barroco efémero sevillano e o barroco eterno, para sempre, galego. Unha festa inspira unha arquitectura. No conxunto de Castela e León, no que está Andalucía e Galicia, e no conxunto ibérico, só pode haber dúas referencias de primeira liña nas que mirarse Compostela, Toledo e Sevilla. As fontes nas que se nutre o arte galego son moi diversas.

5. CARLOS II (1665-1700)

No interior fai reformas económicas e no exterior persisten as derrotas. Fin desta historia de reinado dos Austrias, que ocupa boa parte do século XVII español, con reformas fiscais, económicas, que non acaban de servir. Triste, estraño e melancólico rei.

  • Mantéñense as circunstancias de crise e perdeuse a hexemonía en Europa.
  • Un rei sen herdeiro directo.
  • A complexidade da sucesión.

o GALICIA

  • Continúan as obras barrocas da Catedral de Santiago e nos grandes mosteiros: San Martiño Pinario, Celanova.

Non se pode entender por outra parte o arte galego, e compostelán en concreto, sen o que son esas dúas grandes fabricas que acompañan a Catedral. San Martín Pinario como algo fundamental para entender a historia do arte galego, sen el comémonos a metade deste arte practicamente, grandísima importancia, o mundo monástico e ligado ós beneditinos, gardiáns, centinelas, do que é a Catedral de Santiago, con amizades grandes e momentos distantes, de

preito, así é a historia. Unha das grandes arquitecturas e España tamén polo tamaño, gran fábrica monacal tras O Escorial. Unha das grandes fachadas de Compostela.

A Galicia dos grandes mosteiros, pazos e casas. Mosteiros como o de Celanova. Tempo tamén n que todas esas arquitecturas se enriquecen con grandes obras de arte, o Cristo de Conxo, obra foránea documentada, de Gregorio Fernández traballando para a mercé compostelán, potencia e irradiación dalgúns talleres galegos deste tempo. Mateo Prado na sillería de San Martín Pinario que non se pode entender sen vinculalo ó taller de Gregorio Fernández, relacións elementais e evidentes. Nunca podemos compartimentar de maneira excesiva a historia do arte porque non a comprenderíamos.

Decaeu co fito reformista todo o culto ás reliquias, algo que a contrarreforma contesta con grades relicarios, como o Armario de Vilanova de Lourenzá con bustos relicarios, parte do tesouro de cada mosteiro, catedral ou igrexa.

Tamén o mundo da pintura, importancia áurea no XVII galego, que pasa ó esquecemento e logo a incardinación, ese arte de fronteiras máis amplas, con iconografías que nos levan a talleres diferentes, e Gregorio Fernández, e de Zurbarán, as dúas artes de España poden ter a súa conxunción en obras galegas como unha pintura pobre da Catedral de Mondoñedo.

Galicia que revitaliza dándolle un aire novo a Catedral de Santiago, que sobre os vellos mosteiros medievais engrandece as fábricas con construcións modernas, a Galicia na que o mundo dos pazos inicia unha época áurea que chegará á máxima fortaleza no século XVIII.

Todo isto non se entende ben sen unha amizade e logo non con Portugal, se non se ven as relacións con carácter distinto e diverso co conxunto de España, sen a relación obvia entre o que é o mundo católico de todo con Roma, igrexa católica e romana. E non se entende sen unha economía pobre en Galicia pero con unha agricultura que crece de maneira importante con repercusión importante no crecemento demográfico. Dous momentos áureos no arte e Galicia, con febre importante por construír, un é o do románico, e outro o do Barroco, algo que podemos explicar de moitas maneiras, dous momentos e movementos longos, e de tendencia á alza, de crecemento, traducido en máis demografía, algo capital.

TEMA 3. EUROPA NO SÉCULO XVIII

Cambio de dinastía, na anterior, o inimigo principal era Francia, tratando de aliviar as tensións con casamentos, pero non ía máis alá a cuestión. Morto Carlos II planteanse dúas liñas de sucesión, buscar a alguén os Austrias que continuase o reinado, e seguir na mesma relación con Francia, e o outro, o que camiña, é optar polo contrario, non seguir cos Austrias e buscar unha sucesión por esas vías de enlaces das dúas casas durante o século XVII coa casa dos Borbóns, vai máis alá dun cambio dunha familia por outra, é o cambio dun bloque por outro, aqueles que foron sempre os teus inimigos son os teus aliados. Aquí está o principio de como en definitiva os ollos da Universidade, da Literatura, da Música, da creatividade artística e o pensamento, van mirar a Francia. Entramos con este século XVIII nunha dinámica na que de maneira paulatina e sosegada se irá cara posicións máis laicas racionais , baseadas máis no mundo da razón. Camiño lento. Podemos dividilo en dous grandes ciclos:

 DE 1700 A 1813. - DINASTÍA CAPETIANA / CASA DE BORBÓN

6. Felipe V “O Animoso”(1683-1746), rei entre 1700-1746.

A Coroa de España recae en Felipe de Francia, Duque de Anjou / Guerra de Sucesión Española 1701-1713. Cambio de dinastía.

grandiosidade que marcan un poderío de todo o que son esas ordes: os beneditinos (negros) e os cistercienses (brancos).

Cando vemos a enigmática fachada de Santa Clara, con eses cilindros, no século XVIII, fachada de portería nada máis, debemos pasar por alí e por un xardín, para chegar á Igrexa. Rama das clarisas, a máis importante feminina.

De Fernando VI a Xosé I (1746-1813), Fernando VI (1713-1759) rei de España entre 1746 - 1759, Carlos III (1716-1788) rei de España entre 1759-88, Carlos IV (1747-1819) rei de España entre 1788-1808 (abdica-exiliado), Fernando VII (1784-1833), 1808 a 1808 (abdica-exiliado).

7. DE FERNANDO VI A JOSÉ I (1746-1813).

Carácter do retrato que mantén a liña francesa no modo de representar ó que será o rei, e o mesmo sucede no modo de compoñer o retrato. Téntase esa unión coa Casa Real Portuguesa, boas relacións perseguidas tras estar enfrontados bélicamente co matrimonio con unha infanta portuguesa que busca a paz, tempo de Fernando VI que se caracteriza por ser un tempo de paz, sen demasiados problemas. Ambiente pacífico que supón que o mundo da cultura e o arte se desenvolvan de xeito máis fluído, afrancesamento, cultura, Ilustración, momento tranquilo e circunstancias ideais para que naza por iniciativa real, auspiciado polo rei:

  • A posta en marcha da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

Oficio do arte máis considerado socialmente, iso é o bonito, e logo está a parte francesa, de unificar, a de xerar reglas comúns. En tempos e estilos anteriores, atopábamos diversidade, algo enriquecedor no mundo do arte, non ten nada de malo ser diferentes cando as diferenzas non empanan nunha democracia na que os diferentes queiran ser máis. Implántanse e subordínanse gustos, figuras como a de Ventura Rodríguez que o lidera todo. Tránsito, dentro do que é a pintura e o arte español, por ente galego, que é ese mundo tan potente, tradicional, centenario, do arte barroco, terá unha certa doma a través da implantación do neoclásico, formas académicas ó fin e o cabo. Morrerá o barroco, en Galicia, nunha terra na que o románico e o barroco foron moi potentes, nunha terra tan tradicional e cun peso eclesiástico tan importante, a máis afastada da Corte salvo as illas no que se refire á Península, co cal persevera o barroco en formas ata o século XIX e case o XX, especie de resistencia a deixar o que un ten e como fai as cousas. Cando falamos de arte galego en séculos como este, falamos dunha sociedade eminentemente rural algo clave para entendelo.

Carlos III como o mellor rei de España, para Madrid, pero ó que lle costou asentarse, por vir de cortes como a de Flandes, encerrándose coa familia, porque xa a función de rei illa, por ser de gran grandiosidade en tempos do absolutismo. Festas de Arajuez, como a do globo no 1784, algo que non pasa en Galicia, onde aínda hoxe son os patróns os que marcan as nosas festas.

Reinado de Carlos IV movido en torno ó Neoclásico, no que aínda pesa o francés, con un control da cultura, polo peso da Inquisición, da Igrexa, que perdura ata o XIX. Pintores como Goya e Vicente López. Aínda no absolutismo, moeda de 1798, aínda rei por gracia de Deus, e o escudo do reino de Castela, mantense a idea de Felipe V e dos reis católicos, de vincular particularmente as Indias ó antigo reino de Castela.

  • A abdicación dos Borbóns. O Rei Xosé I. España en guerra.

Poder de Bonaparte asentado en España a través de seu irmán, con un reina entre 1808-1813, tempo superior o da República, deixando unhas marcas en todos os ámbitos francesas que fan que o século XIX sexa moito máis francés que español, como veremos na seguinte clase. Os Borbóns ganan a batalla, pero non de todo a guerra ó non poder eliminar este legado que deixan.

A heráldica marca tempos e cando se cambia de réxime normalmente acabase coa anterior, algo que pasou e segue pasando, coa heráldica franquista que tratamos de borrar pero que so son signos que marcan tempos, a heráldica marca tempos, non persoas.

  • As Cortes de Cádiz.

Reúnen xentes de todos os territorios de España e das Indias en 1812, é unha constitución española e das Indias. Danse estas dous cuestións, un reinado francés en Madrid, que encarna os ideais dunha revolución sucedida en Francia, rei masón, e outro reinado que segue sendo francés pero doutra liña.

o GALICIA

  • Seguen as obras na Catedral compostelá.

Dalgunha maneira acábanse as obras coa realización da fachada que da á azabachería. Fachada da que hai planos aínda, nos que se ve que se pensaba acabar a obra en barroco, lóxico para completar ese concepto barroco que xa tiña, pero xa estamos no tempo da Academia, e o que ía ser barroco, será unha obra de transición ó Neoclásico, as columnas significan unha ordenación que polo matiz que pasa ós planos Ventura Rodríguez, pasa de ser barroco a ser máis lineais pese as superposicións de columnas. Remátase o cerre dunha catedral iniciada pola zona da Quintana e que seguiría ata chegar aquí. Arquitectura moi ben encaixada no conxunto e na cidade.

  • Complétase a obra da igrexa de San Francisco, en Santiago de Compostela.

Fachada neoclásica que non pode enmascarar aínda así o barroco. Da época do papa Xoán XXIII, de aí o nome da rúa. Media fachada en subterráneo por unha vía de comunicación,que se cargou a imaxe do conxunto. Vense os novos palnteamentos académicos.

  • Do pazo urbano ó rural, ou viceversa: Santiago de Compostela, Barciademera.

O tempo áureo do pazo galego, os pazos chegan as súas máximas dimensións e grandiosidades, e incluso ó ver algún deles, o de Oca por exemplo, vemos o espírito francés da Granxa, porque nobreza e fidalguía sempre miraron á corte. O pazo é algo rural e urbano, moitas veces o nobre ten as dúas casas ou máis. Pazo de Vendaña. Mestura no urbano e o rural os dous tipos de vida. Sería inxusto dicir que o pazo rural é unha translación ó campo do urbano, é o mesmo viceversa. Sinxelamente é un modo de vivir aplicado ós dous contextos territoriais. Dentro do mundo da clerecía rica, está o pazo de Barciademera, parte riquísima a nivel agrícola, casa reitoral de fachada barroca, rematada coa mesma idea, pero máis púdica.

O século XVIII é un século puxante dentro da historia de Galicia, co barroco como estilo dominante, con unha puxanza que se vive na Catedral, en Mosteiros e Conventos, e nos Pazos de Galicia, e tamén o podemos levar a algunhas igrexas parroquiais.

TEMA 4. EUROPA NO SÉCULO XIX.

8. Fernando VII e Isabel II (1813-1870)

Evidentemente no arte galego hai unha serie de factores históricos a ter en conta para entender o que sucede neste territorio entre dúas datas, a da Constitución de Cádiz, tras o derrocamento

Novo tempo para a vida parroquial, cando caen os mosteiros e conventos dos que dependían, todo o que hai ó redor revive e adquire importancia, porque concentraban poder, patrimonio e posibilidades.

Mosteiros de Galicia que se converten en fábricas abandonadas. Oseira, reactivación vinculada coa deputación de Ourense e feita con mans de monxes. Ó mesmo tempo no tempo anterior ata o rexurdimento de Oseira, foi unha canteira de pedra para as construcións de vilas e pazos. Fenómeno do que non nos podemos estrañar.

  • 1879: re descubrimento do corpo do Apóstolo. Non había corpo, so tumba, non se coñecía. Ías abrazar ó santo, iso era o material. O corpo do Apóstolo, por medo a incursións, fora trasladado ó trasaltar da Catedral, feito dende o secreto para que non se descubrira, e queda a idea de que está nun lugar descoñecido. Pero a devoción non morre, ven o vemos na historia da arte, pero é como un ídolo con pes de barro. Será un prelado compostelán, o cardeal Pallá, o que poña en marcha unha escavación secreta, e nesta busca co algo de arqueolóxico e de novelesco, estará presente unha figura fundamental para Galicia: Antonio López Ferreiro, canónico. Recupérase así o corpo, concertos vaivéns temporais, volve a rexurdir a peregrinación. Téntase revitalizar o xacobeo e Compostela.
  • Nova arquitectura parroquial: Santa Uxía de Ribeira, 1960- 64. Faustino Domínguez Domínguez. Mundo pesqueiro que florece máis. Formas novas, neoclásicas, novo entendemento do espazo eclesiástico, con parroquias de gran importancia coma esta.

9. De Amadeo I a Alfonso XIII (1870-1931)

Dinastía moi diferente, período efémero da historia de España, do arte español. Acontecen cousas semellantes as dos tempos de Xosé I, afinidades con este. Logo de Amadeo ven unha etapa longa, a da Restauración, guerras dramáticas, inestabilidade clara, época que remata cando se inicia unha República. 1873 Primeira República que nace dun baleiro de poder, 1876 cuarta constitución, Alfonso XII, 1885 república de María Cristina e monarquía parlamentaria.

  • Amadeo I de Saboya (1870-73)

Tiña ideas afíns as de Xosé I, mesma estirpe intelectual/ideolóxica, da masonería. Desastre de Cuba e Filipinas que se lle achacan ó monarca, e a masonería, masón será o peor que che poden chamar durante moito tempo. Mundo das Indias que decrece, Goberno Provisional (1868-70) e Repúblicas (1873-74 e 1831-39).

España sempre foi un territorio no que manter a idea de unidade era difícil, sempre houbo alternativas ó poder oficial. Mundo dos carlistas con foco centra en Galicia, que non houbese revoltas non significaba que non houbese carlistas. Alternativa ó poder aínda máis conservadora: Carlos (VII) como o último aspirante ó trono. Chegou a acuñar moeda propia en Bruselas.

  • Alfonso XII

Principio dun tempo longo na historia, a Restauración. Escudo que case é como o actual. Casa con dúas mulleres, a importante é a 2ª, María Cristina, que gobernará como rexente (1885-1902) tras a prematura morte de Alfonso XII (1885). A Igrexa volve a ter importancia, recupera poder, restauración de mosteiros e conventos. Advenimiento da República no 1931, cando sae do trono Alfonso XIII, que comezara a reinar con tan só 16 anos.

o Galicia

En todo este tempo de restauración veremos o axardinamento de vilas e cidades, mundo das alamedas, simulan un tempo novo. Novo concepto de espazo urbano. Edificios das diferentes deputacións. Todo o tema das comunicacións cobra importancia, o impulso da rede ferroviaria. Buscase a conexión con Portugal: Ponte Internacional Valença-Tui no 1882-85, Pelayo Mancebo. Lugares que se fan importantes polo feito de ter tren, que crecen por iso. Vías novas e vías antigas que se renovan. Mundo dos cemiterios, en espazos distintos e as veces periféricos, auténticas cidades de mortos. Algo que en moitas ocasións non sucede, vilas nas que seguen os cemiterios o carón das Igrexas. Outra cousa que xorde en Galicia por estes tempos, anos 20 do XX, é unha arquitectura que ten que ver co mundo da Banca. O mundo bancario, novos espazos para o arte. Mondariz, no rango dos grandes balnearios europeos. Lugares de ocio e tertulia como os cafés: Café Kiki, 1922, Praz. Galicia, Castromil. Edificio modernista.

  • Movemento do Rexurdimento

Símbolo de identidade cultural que se sinala na historia do arte co Panteón dos Galegos Ilustres. Entre mestúranse moitas historias de Galicia. Rosalía trasladada de Iria a Compostela. A Galicia da asociación de amigos, dos que están máis alá do atlántico, etc. Alfredo Brañas, pai do racionalismo galego, moi conservador pero á vez galeguista. Galicia que comeza a ser querida e recoñecida como de letras, e téntase incorporala no desenvolvemento universal. Exposición Rexional de 1909, en Compostela, tentando xa facer arte da historia de Galicia, moi limitada pero froito da importancia de personaxes que se deben coñecer: López Ferreiro, Murguía...

As cousas comezan a cambiar en Galicia de forma significativa e illada. Século XIX, que para Galicia está cheo de belas historias que estudar, porque non é unha continuación, é a contemporaneidade xa, a pesar de todos os atrasos, supón un mundo distinto.

TEMA 5. TEMPOS. O SÉCULO XX.

Tras a ditadura de Primo de Rivera, tempo cheo de esperanzas, o da Segunda República. Galicia nun contexto de periferia. Guerra Civil longa. Castelao, Luís Seoane, Figueira Valverde... grandes pensadores galegos deste século.

10. A SEGUNDA REPÚBLICA (1931-1939)

  • A crise económica de 1929 como telón de fondo do tempo revolucionario.

Problema grave que supón un punto de partida negativo a hora de desenvolver estes plans. Tentase aplicar á arquitectura galega fins sociais e algo tan natural como é estar ó día, a modernidade. Mirada limpa e social, moderna, que vemos a través desta arquitectura.

  • A xeración do 98.

Ramón María del Valle-Inclán.

Francisco Sorei (escultor da raza, do pobo, O tesouro ), restos no panteón de galegos ilustres.

  • As tensións entre o Estado e a Igrexa.

Caso de Palacios, gran arquitecto desta etapa, Templo votivo do Mar que mira a historia medieval de Galicia, certo ton rexionalista pero ecléctico no interior que nos leva o modernismo. Asasinatos a curas e destrucións de igrexas, acicate para que a Igrexa estea do lado de Franco durante tanto tempo.

o GALICIA:

grandes murais. Deixaron de ser importantes e en tempo actual foron revalorizados. Marcan a senda máis imaxinativa da literatura e arte.

12. JUAN CARLOS I (dende 1975).

  • A Constitución de 1978 e a España das Autonomías.

Gran cambio coa morte de Franco, repercusión absoluta, as autonomías.

  • 1992: O Quinto Centenario do Descubrimento e as Olimpíadas.
  • O 2000: Os cambios tecnolóxicos. Un novo concepto: Internet e o Ciberespazo.
  • 2008 - 2012: A crise económica.

o GALICIA:

  • A Comunidade Autónoma, xeradora de actividade artística.

País que busca mimbres para construírse en galego. Colexios singulares que se van á periferia, caso de Coruña moi sintomático a este respecto. Todo o mundo de centros de saúde son grandes obras de arquitectura sanitaria que teñen os seus especialistas. Arquitectura para a ensinanza, a cultura, a sanidade, arquitectura da sociedade de benestar que a crise minguou. Unha Galicia nova o renovada.

  • A promoción de Santiago e do Camiño de Santiago.

Sinal de identidade e distinción da cultura galega.

  • As novas vías de acceso.

TEMA 6. MARCOS VITAIS

INTRODUCCIÓN

Debemos colocar Galicia no marco da cultura e o arte, e na súa situación xeográfica, nunha costa recortada na esquina da península e con unha importancia grandísima na súa rede hidrográfica, os seus ríos, que dan en boa medida a súa personalidade, terra de ríos e costa que fai que o mar e adentre no territorio de xeito importante. Se non lle damos a importancia que ten ó medio rural, perdemos boa parte danosa identidade artística e cultural, e no medio da identidade urbana e a rural, está o mundo das vilas en Galicia, un mundo interesantísimo: Allariz, Foz, Chantada... pequenos lugares con esta connotación que teñen un arte importante.

 A CIDADE E A VILA

O punto de partida na cidade antiga e medieval: Lugo, Viveiro, Ribadavía…

A cidade hai que vela no espazo que é o que valoramos neste momento, e sabemos que se falamos da idade moderna ou contemporánea, temos que valorar esa cidade que se desenvolve a partir do ano 1500, como a herdeira de lugares de maior untura histórica, un tempo anterior a ese ano. Non podemos entender o Lugo do 1500 ó 2000, se non partimos do anterior. As divisións facémolas por motivos de educación e estudo, pero non se entende o moderno sen o anterior. Debemos ver as cidades en relación co seu territorio, co que gobernan. Relacións co entorno que varían e que supoñen novas variedades para o mundo do arte, con diferentes arquitecturas e urbanismo en relación co que son e con onde están situadas tamén, posto que isto é algo que tamén debemos ter en conta.

A importancia do enclave: as rías e os ríos

As cidades poden cambiar de entidade polo seu enclave, e ser coñecidas como no caso de Pontevedra por ser un porto, pese a que detrás haxa algo máis. As cidades crecen en función dos seus enclaves, e crean arquitectura que mira cara as vías principais de entrada ou saída, como no caso de Betanzos e a súa Porta.

O seu crecemento no Barroco: o desenvolvemento urbano de Santiago e o papel de Ferrol para a Mariña española

É nestes tempos cando se xeran espazos urbanos moito máis desenvoltos, o caso do Obradoiro é sumamente sintomático a este respecto. Concepto de praza que se desenvolve no entorno da catedral para dar resposta a finalidade da cidade nun espazo máis amplo, o dos Camiños de Santiago, isto é o que explica a cidade. Afecta a isto moito as vías de comunicación, o mapa das vías férreas de Galicia e de vías de circulación, determina o crecemento e a importancia dos lugares, o que está ben comunicado é máis importante. Comunicación acertada de vilas e cidades que te fan forte no contexto e no conxunto. Cidades como a de Ourense, vinculada ó río Miño, coa súa ponte vella á que suceden unha retaila de pontes que cambian unha cidade, por unificar territorios que antes eran diferentes, xerase unha cidade que se desenvolve igual a un lado e outro da ponte, perfil da cidade cambiado polas pontes e a vía do tren. Inflúe moito no desenvolvemento urbanístico as vías que no caso de Coruña e Pontevedra están moi ben comunicadas e Lugo e Ourense, que se comunican peor, o que tamén inflúe moito no mundo do arte.

O século XIX: o reparto provincial actual e o desenvolvemento de A Coruña e Vigo

A Coruña: Poder financeiro, militar e de xudicial que marca o seu perfil como cidade provinciano, algo que lle da Paco Vázquez, que converte o militar en público. A proximidade das construcións á Torre de Hércules fai que se infravalore un pouco. Aparcamentos, algo fundamental ara que unha cidade non se converta en lugar inhabitable e inhóspito. Espazos que se conservan e melloran en casos de espazos vivos.

O século XX: o desenvolvemento industrial e comercial urbano

As cidades de Galicia asumen nos seus en tornos os polígonos industriais e os centros comerciais, xeran novas cidades e conceptos de cidade. Remataremos en ir ata Cancelas ou Cidade da Cultura andando porque se asumirán como parte da cidade. Debemos entender o patrimonio como algo expansivo e cambiante no tempo para entender a arte. Non son ideas novas senón vellas que as cidades tardan en aplicar, como abrirse ó mar, fundamental para cidades de paraxes tan belos como os da Ría de Vigo.

Ferrol, con esa organización militar nesa profunda Ría pola que ten porto, e fai que non se poidan entender vilas e cidades sen estes porque as dimensionan.

A Galicia das autonomías: Santiago como sede das institucións autonómicas.

 MEDIO RURAL

Sinatura sempre pendente en Galicia, ó mundo urbano cóstalle asumir o rural, porqué o ve inferior ou non o ve. Patrimonio propio que debemos intentar conservar.

A variedade do territorio: a costa, a montaña, os vales…

Aldeas concentradas en Lugo e Ourense, e outras diseminadas, con perfiles diferentes segundo os materiais da zona, con amplitude diferente dos ocos de luz e de relación co entorno segundo co clima. Aldeas que se desvanecen ante os nosos ollos por falta de veciños. Territorio cambiante, paisaxes míticos que están poboados de eólicos. Galicia tende a cambiar tamén no