Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Gramática: Estudios de la Estructura de las Lenguas, Apuntes de Lengua y Literatura Gallega

La gramática busca describir las estructuras de las lenguas, estudiar cómo evolucionan y compararlas con otras gramáticas de diferentes idiomas. Esta publicación aborda conceptos básicos de gramática, morfología y sus diferencias descriptiva y prescriptiva. Además, se incluyen disciplinas gramaticales como fonética, fonología, morfología, sintaxis, semántica y pragmática.

Tipo: Apuntes

2018/2019

Subido el 29/10/2019

ana-lorenzo-1
ana-lorenzo-1 🇪🇸

5

(2)

7 documentos

1 / 2

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
GRAMÁTICA
A gramática pretende describir as estruturas das linguas, estudar como cambian, comparalas con
outras gramáticas de diferentes linguas.
1. Conxunto das características e normas seguidas polos usuarios dunha lingua para falala (e no
seu caso escribila) de forma comunmente aceptada pola súa comunidade de lingüística.
2. Disciplina científica que, dentro da lingüística, procura o estudo e descrición da estrutura
interna da lingua, dos elementos que a integran (fonemas, morfemas, palabras, frases...) e da
súa combinatoria.
3. Compendio, tradicionalmente en forma de libro, que reúne a descrición dunha lingua, coas
normas para falala e escribila correctamente.
Gramática descritiva /vs/ gramática prescritiva. A primeira comenta as diferenzas nunha mesma
lingua, a segunda establece unha norma estándar. Certas variacións do galego (*pantalois) son
incorrectas segundo a norma pero son gramaticais.
Disciplinas gramaticais:
Fonética: estuda os sons na parte acústica
Fonoloxía: estuda os sons e os fonemas na parte semántica
Morfoloxía: estuda a estrutura das palabras (morfemas)
Sintaxe: estuda a estrutura das partes e das oracións
Semántica: estuda o significado de morfemas, palabras e oracións
Pragmática: estuda a forma e o significado dos textos
MORFOLOXÍA
Morfoloxía, morfemas, morfos e alomorfos
Unidades do primeiro nivel de articulación: escur-idade – teñen significados
Unidades do segundo nivel de articulación: c,i,d,a,d,e – non están vencelladas a un significado
concreto
Morfema: cada unha das unidades mínimas compostas de significado e significante que conforman as
palabras. Son unidades biplanas, con singificado e signficante.
Nen – a – s, /nen/ é un morfo do morfema que significa persoa de curta idade.
As palabras fórmanse logo dun proceso de segmentación e conmutación /nen/ + o, a, os, as.
O morfema de plural ten como expresión /s/ ou /es/, que son diferentes morfos cun mesmo
significado. Este caso ten como nome alomorfia. Os alomorfos teñen unha distribución
complementaria /i/ diante de -s, -l, /im/ diante das bilabiais (p e b) e /in/ no resto.
Amálgama: unha palabra non sempre se pode segmentar doadamente en morfos individualmente
distintos
pf2

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Gramática: Estudios de la Estructura de las Lenguas y más Apuntes en PDF de Lengua y Literatura Gallega solo en Docsity!

GRAMÁTICA

A gramática pretende describir as estruturas das linguas, estudar como cambian, comparalas con outras gramáticas de diferentes linguas.

  1. Conxunto das características e normas seguidas polos usuarios dunha lingua para falala (e no seu caso escribila) de forma comunmente aceptada pola súa comunidade de lingüística.
  2. Disciplina científica que, dentro da lingüística, procura o estudo e descrición da estrutura interna da lingua, dos elementos que a integran (fonemas, morfemas, palabras, frases...) e da súa combinatoria.
  3. Compendio, tradicionalmente en forma de libro, que reúne a descrición dunha lingua, coas normas para falala e escribila correctamente.

Gramática descritiva /vs/ gramática prescritiva. A primeira comenta as diferenzas nunha mesma lingua, a segunda establece unha norma estándar. Certas variacións do galego (*pantalois) son incorrectas segundo a norma pero son gramaticais. Disciplinas gramaticais:

  • Fonética: estuda os sons na parte acústica
  • Fonoloxía: estuda os sons e os fonemas na parte semántica
  • Morfoloxía: estuda a estrutura das palabras (morfemas)
  • Sintaxe: estuda a estrutura das partes e das oracións
  • Semántica: estuda o significado de morfemas, palabras e oracións
  • Pragmática: estuda a forma e o significado dos textos

MORFOLOXÍA Morfoloxía, morfemas, morfos e alomorfos Unidades do primeiro nivel de articulación: escur-idade – teñen significados Unidades do segundo nivel de articulación: c,i,d,a,d,e – non están vencelladas a un significado concreto Morfema : cada unha das unidades mínimas compostas de significado e significante que conforman as palabras. Son unidades biplanas, con singificado e signficante. Nen – a – s, /nen/ é un morfo do morfema que significa persoa de curta idade. As palabras fórmanse logo dun proceso de segmentación e conmutación /nen/ + o, a, os, as. O morfema de plural ten como expresión /s/ ou /es/, que son diferentes morfos cun mesmo significado. Este caso ten como nome alomorfia. Os alomorfos teñen unha distribución complementaria /i/ diante de -s, -l, /im/ diante das bilabiais (p e b) e /in/ no resto. Amálgama : unha palabra non sempre se pode segmentar doadamente en morfos individualmente distintos

cant-a- s: 2ª persoa e singular, 1 morfo e2 significados. Sincretismo: 1 mesmo significante para significados diferentes calaba (eu ou ela) martes (os, o)

Orientacións e obxectivos da morfoloxía: Morfoloxía tradicional: enfoque estático, analiza palabras xa construídas peix-ería atrac-a-dor-a regra de formación de palabras: Xv + dor: Ys, persoa que + verbo, Xv + nte: Ys Morfoloxía actual: enfoque dinámico, descubrir como se forman as palabras dunha lingua Incontaminabilidade: palabra correctamente construída, construída a partir de unidades con significado que xa coñecemos, construída de acordo ás regras que coñecemos.

Na morfoloxía poden darse as palabras reais (existentes), as potenciais (non existen pero seguen as normas de formación e poderían existir) e as imposibles (agramaticais). O concepto de palabra en morfoloxía: palabra base (lexema), palabra de discurso e palabra gráfica. Palabra monomorfémica /vs/ polimorfémica mundial-izar: formación dunha nova palabra ama-ba: derivación A palabra base de amarei, amei é o verbo amar, non é o mesmo que RAÍZ. Palabra do discurso: a palabra efectivamente usada (realización dunha palabra base) Palabra gráfica: é un segmento separado na escritura por dous espazos en branco Un tema é unha secuencia de fonemas que expresan unha palabra base (tema: verbo amar). raíz de rozar: roz-a-r tema: roza-r A morfoloxía léxica fórmana as palabras bases (novas palabras), a morfoloxía flexiva as do discurso, modificando palabras xa existentes. As novas palabras fórmanse por: flexión e derivación, produtividade, transcategorización (cambiar o tipo de palabra), regularidade semántica, posición, esixencia sintáctica, necesidade expresiva. As palabras poden ser abertas (p. léxicas infinitas, significado concreto – gramáticas) ou pechadas (p.gramaticais [prep. ou demostr], son máis frecuentes – dicionario). (completar co powerpoint)