Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Los microorganismos., Esquemas y mapas conceptuales de Biología

Está en gallego, si alguien no entiende que me avise.

Tipo: Esquemas y mapas conceptuales

2023/2024

Subido el 26/01/2025

clauu-11
clauu-11 🇪🇸

7 documentos

1 / 40

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
Unidade 9. Os microorganismos
1. Concepto
2. Os microorganismos acelulares
3. Arqueobacterias e eubacterias
4. Os microorganismos eucariotas
5. Os microorganismos e as enfermidades
6. O cultivo e illamento dos microorganismos
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9
pfa
pfd
pfe
pff
pf12
pf13
pf14
pf15
pf16
pf17
pf18
pf19
pf1a
pf1b
pf1c
pf1d
pf1e
pf1f
pf20
pf21
pf22
pf23
pf24
pf25
pf26
pf27
pf28

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Los microorganismos. y más Esquemas y mapas conceptuales en PDF de Biología solo en Docsity!

Unidade 9. Os microorganismos

**1. Concepto

  1. Os microorganismos acelulares
  2. Arqueobacterias e eubacterias
  3. Os microorganismos eucariotas
  4. Os microorganismos e as enfermidades
  5. O cultivo e illamento dos microorganismos**

Os microorganismos

  • Os microorganismos ou microbios son un variado e extenso grupo de organismos que, debido ao seu pequeno tamaño, só son observables coa axuda do microscopio.
  • Poden ser unicelulares , capaces de levar a cabo os seus procesos vitais de reprodución, xeración de enerxía e crecemento, ou pluricelulares pero, neste caso, as células non se especializan nin forman tecidos. Tamén son microorganismos os virus , los viroides e os prións , que non posúen estrutura celular.
  • As unidades de medida empregadas para indicar as dimensións dos microorganismos son o micrómetro (μm) , o nanómetro (nm) e o ángstrom (Å) , que teñen as seguintes equivalencias:
  • Os microorganismos encóntranse nos tres dominios nos que se dividen, na actualidade, os seres vivos:
    • Archaea: microorganismos procariotas
    • Bacteria: microorganismos procariotas
    • Eukarya: microorganismos eucariotas Os virus non son considerados seres vivos xa que non poden realizar as funcións vitais por si mesmos.

Os microorganismos acelulares

1. Os virus

  • Os virus son partículas microscópicas que carecen de estrutura celular e posúen unha organización moi sinxela. Debido ao seu pequeno tamaño, entre 100 e 400 nm, só se poden observar co microscopio electrónico. 1. 1. A estrutura dos virus
  • Aínda que os virus presentan unha gran variedade de formas, a maioría están constituídos por:
    • Ácidos nucleicos. Os virus conteñen ADN ou ARN , pero nunca ambos á vez. O ácido nucleico pode estar formado por unha soa cadea (monocatenario) ou por dúas cadeas (bicatenario). Ademais, pode ser lineal ou circular.
    • Cápside. É unha cuberta de natureza proteica que envolve o ácido nucleico do virus. Cada cápside está formada por subunidades proteicas chamadas capsómeros. Existen distintas morfoloxías nas cápsides: helicoidais, con forma similar a cilindros proteicos ocos; poliédricas, con forma de poliedro regular; e complexas, nas que ás cápsides se asocian estruturas que realizan funcións especificas, como a cola, as espículas e as vaíñas. O conxunto de xenoma vírico e cápside denomínase nucleocápside.

Os microorganismos acelulares

**1. Os virus

    1. A estrutura dos virus**
  • Aínda que os virus presentan unha gran variedade de formas, a maioría están constituídos por: - Envolta ou cuberta. É unha envolta membranosa constituída por unha bicapa lipídica que procede da membrana plasmática da célula hospedeira. Ás veces esta envolta pode estar cuberta por espículas que se proxectan desde a superficie da envoltura cara ao exterior e que se usan para adherirse á célula que van infectar. - Enzimas dos virións. Aínda que o virión non é activo, algúns deles posúen enzimas que realizan funcións no proceso de infección. Por exemplo, a retrotranscriptase, enzima que regula o proceso de obtención de ADN a partir de ARN (retrotranscrición). A partícula vírica morfoloxicamente completa chámase virión. Cápside Material^ xenético^ Espículas Envolta

Os microorganismos acelulares

**1. Os virus

    1. Clasificación dos virus B. Segundo o seu ácido nucleico**
  • Virus ADN. Virus con ADN monocatenario ou con ADN bicatenario. Estas moléculas poden ser lineais ou circulares. Por exemplo, os bacteriófagos e os virus do herpes simple.
  • Virus ARN. Virus con ARN monocatenario ou bicatenario. Por exemplo, o virus da gripe, o SARS-CoV 2 , o virus da inmunodeficiencia humana (VIH) e o virus do mosaico do tabaco. C. Segundo a presenza ou ausencia de envoltura
  • Virus envoltos. As súas cápsides están rodeadas por unha envolta. Por exemplo, o VIH, o virus da gipe, o da rabia e o do herpes simple.
  • Virus espidos. As súas cápsides non están rodeadas por unha envolta. Por exemplo, o adenovirus humano, o virus da hepatite A e o virus da polio. D. Segundo o hospedeiro que infecten
  • Virus bacterianos ou bacteriófagos. Infectan bacterias
  • Virus vexetais.
  • Virus animais.

Os microorganismos acelulares

**1. Os virus

    1. A multiplicación dos virus**
  • Os virus necesitan das células para multiplicarse e isto acontece cando o virus penetra no interior da célula e utiliza a maquinaria desta para producir novos virións.
  • Os virus poden presentar dous tipos de ciclos de multiplicación: o ciclo lítico e o ciclo lisoxénico. A. O ciclo lítico
  • No ciclo lítico un virus infecta unha célula, reprodúcese e acaba lisando o hóspede (é dicir, matándoo). Estes virus denomínanse virulentos e, normalmente, é o ciclo de reprodución dos bacteriófagos e dos virus animais. Este ciclo pódese resumir nas seguintes etapas: - Fixación ou adsorción do virión a receptores específicos da célula hóspede para empezar a infección. - Penetración do ácido nucleico do virus na célula e degradación do ADN da célula. - Fase de eclipse. Transcrición do ácido nucleico do virus, utilizando a maquinaria da célula hóspede e síntese de proteínas da cuberta. - Ensamblaxe dos capsómeros para formar a cápside e empaquetamento do ácido nucleico nela. - Lise da célula e liberación dos virións maduros ao exterior da célula.

Os microorganismos acelulares

**1. Os virus

    1. A multiplicación dos virus B. O ciclo lisoxénico**
  • Algúns virus, cando invaden unha célula non a destrúen, senón que o seu ADN intégrase no ADN da célula hóspede e replícase e transmítese con el durante sucesivas xeracións. Estes virus denomínanse virus atenuados ou profagos e a célula receptora, célula lisoxénica.
  • O ADN do profago pode permanecer latente durante varias xeracións da célula hóspede, ata que un estímulo determinado induza a separación do ADN do profago do ADN da célula. Neste momento, o ADN do profago iniciará un ciclo lítico típico desde a fase de multiplicación.
  • Mentres a célula hóspede posúa o ADN do profago, será inmune a infeccións deste mesmo virus.

B. O ciclo lisoxénico

Os microorganismos acelulares

3. Os prións

  • Os prións son partículas infecciosas de natureza proteica que causan enfermidades neurodexenerativas incurables nas persoas e no gando. Estas proteínas atópanse ancoradas na membrana plasmática. O prión provoca un cambio conformacional da proteína nativa e transfórmaa nun novo prión. Adoitan ser proteínas da membrana das neuronas, acumulándose os prións, polo tanto, no sistema nervioso central, o que produce neurodexeneración.
  • As enfermidades xeradas polos prións son patoloxías neurolóxicas chamadas encefalopatías esponxiformes transmisibles ou enfermidades priónicas. Nas persoas existe unha variante, a enfermidade de Creutzfeldt-Jakob, asociada ao consumo de vacas con encefalopatía esponxiforme bobina ou enfermidade das vacas tolas.

Arqueobacterias e eubacterias

1. As arqueobacterias

  • As arqueobacterias englóbanse dentro do dominio Archaea. Son procariotas , xeralmente anaerobias , e adoitan vivir en ambientes extremos (microorganismos extremófilos): - Halófilas extremas: gran salinidade. - Acidófilas: pH menor de 3. - Termófilas: entre 45 - 121 °C. - Metanóxenas. - Psicrófilas: xeos oceánicos.
  • A súa membrana pode ser bicapa ou monocapa, e os fosfolípidos presentes nelas atópanse unidos ao glicerol mediante enlaces tipo éter.
  • A súa parede celular carece de peptidoglicano ou mureína.
  • O seu xenoma consta duna única molécula de ADN circular , máis pequeno ca o das eubacterias. Os procesos de transcrición e tradución non teñen as características bacterianas típicas e, en moitos aspectos, son máis parecidos aos do dominio Eukarya.
  • As arqueas carecen de sistemas de membranas internas e tampouco teñen núcleo.

Arqueobacterias e eubacterias

**2. As eubacterias

    1. A estrutura das eubacterias**
  • Parede bacteriana. As paredes celulares das eubacterias conteñen mureína , pero non son todas iguais. Segundo sexa a súa estrutura agrúpanse en:

Arqueobacterias e eubacterias

**2. As eubacterias

    1. A estrutura das eubacterias**
  • Parede bacteriana. As paredes celulares das eubacterias conteñen mureína , pero non son todas iguais. Segundo sexa a súa estrutura agrúpanse en:

Arqueobacterias e eubacterias

**2. As eubacterias

    1. A estrutura das eubacterias**
  • Pili. Son filamentos cuxa función é o intercambio de material xenético con outras bacterias.
  • Fimbrias. Son filamentos máis pequenos ca os pili. Están relacionados coa fixación da célula a outras células e a superficies.
  • Flaxelo. Algunhas células contan con este apéndice que parte da membrana plasmática e que lles proporciona movemento.

Arqueobacterias e eubacterias

3. A reprodución e a transferencia horizontal en bacterias

  • As bacterias reprodúcense asexualmente por bipartición ou fisión binaria.