



Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: Biología Celular, Profesor: Jesus Lamas, Carrera: Biología, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 7
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!




A estrutura básica da membrana plasmática consiste nunha bicapa lipídica con proteínas asociadas (e carbohidratos). Esta estrutura determina unha dobre función: illamento da célula (a membrana define o límite da célula e determina a composición do citoplasma) e interacción entre a célula e seu medio. A maioría das membranas biolóxicas están formadas polos mesmos compoñentes: lípidos, proteínas e hidratos de carbono (glícidos). Dentro dos lípidos que compoñen a membrana diferéncianse varios tipos:
O carácter anfipático ou anfifílico dos lípidos é o responsable de que éstes formen espontáneamente bicapas lipídicas en solución acuosa. Cando as moléculas anfipáticas se atopan rodeadas por un ambiente acuoso, tenden a agregarse de tal xeito que as súas partes hidrofóbicas ou apolares (colas) se esconden no interior e as súas partes hidrofílicas ou polares (cabeza) quedan expostas á auga. Dependendo da súa forma, poden conseguir esta disposición formando micelas esféricas, cas colas cara ao interior, ou poden formar láminas bimoleculares ou bicapas , cas colas hidrofóbicas escondidas entre dúas capas de cabezas hidrofílicas. Debido á súa forma cilíndrica, a maioría dos fosfolípidos de membrana forman bicapas en medio acuoso.
A distribución dos distintos tipos de lípidos é a responsable das propiedades das bicapas lipídicas (e por extensión da membrana plasmática):
■ Son extensas. ■ (^) Péchanse sobre si mesmas, formando compartimentos herméticos para evitar a entrada de auga. ■ Son autorreparables, pola razón anteriormente explicada. ■ Son impermeables a moléculas polares grandes e ións, pero permeables a moléculas pequenas non cargadas (polares ou non polares). ■ Transición de fase (punto de conxelación). ■ Son cristais líquidos. Están máis ou menos empaquetadas, dependendo da temperatura (a menos temperatura, menos movemento e máis empaquetamento). Isto débese aos movementos que poden levar a cabo os lípidos, grazas ao aporte de enerxía en forma de calor: poden difundir lateralmente na súa propia capa, mover as colas debido aos dobre enlaces (flexión), rotar e flip-flop (necesita aporte de enerxía; é raro que se produza, xa que a parte hidrofílica tería que atravesar a parte hidrofóbica debido a que se cambia de capa). Estes movementos provocan que a membrana sexa lixeira e flexible.
está distribuído en ambas capas. A capa interna contén fosfatidiletanolamina, fosfatidilserina e fosfatidilinositol. As cabezas destes dous últimos están cargadas negativamente, de forma que a súa predominancia na cara interna resulta nunha carga neta negativa na cara citoplasmática da membrana. Ademais, desempeñan funcións importantes na sinalización e na morte celular: cando unha célula morre por apoptosis (morte celular programada ou provocada polo mesmo organismo, co fin de autocontrolar o seu desarrollo e crecimiento), é fagocitada polos macrófagos, pero para iso é necesario que a célula teña cargas negativas no exterior celular (cando normalmente as ten no interior).
*Funcións fosfolípidos: son a base estrutural formada polos lípidos, interveñen na sinalización e no tráfico entre compoñentes. Da súa distribución depende as propiedades da membrana plasmática.
3.3. AS PROTEÍNAS DE MEMBRANA: PROTEÍNAS INTEGRAIS E PERIFÉRICAS
Aínda que a estrutura básica das membranas biolóxicas está determinada pola bicapa lipídica, a maioría das súas funcións específicas están desempeñadas por proteínas. Éstas poden actuar como transportadoras de moléculas a través da membrana, como áncoras entre proteínas extracelulares e proteínas do citoplasma (conectoras), como receptores e por suposto como encimas.
Como os lípidos de membrana, é común que as proteínas de menbrana leven adosadadas cadeas de oligosacáridos. Así, a superficie que a célula presenta o exterior posíe unha gran cantidade de carbohidratos, o que forma o denominado glicocálix.
As proteínas son sintetizadas nos ribosomas do R.E.R. Existen unhas reglas para que se inserten as proteínas. O movemento de flip-flop non se da nas proteínas.
Os hidratos de carbono únense ou a lípidos ou a proteínas. O lugar onde ten lugar esa unión é o retículo endoplasmático e o aparello de Golgi. Cos enzimas que os
unen a lípidos e proteínas pasa o contrario, teñen o centro activo no interior luminal, co que todos se sintetizan na cara luminal.
TIPOS DE PROTEÍNAS
O córtex celular é o conxunto da membrana plasmática e do citoesqueleto. Sitúase no lado interno da membrana e
molecular, ancoramento de encimas e cambios na carga eléctrica do medio extracelular.