Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Os textos periodísticos, Guías, Proyectos, Investigaciones de Gallego

Faise un análise dos distintos textos periodísticos da tirada galega.

Tipo: Guías, Proyectos, Investigaciones

2020/2021

Subido el 07/12/2023

jhonmy-xu-hung
jhonmy-xu-hung 🇪🇸

1 documento

1 / 8

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
Lingua Galega e Literatura
OS ARTIGOS DE OPINIÓN,
AS COLUMNAS E AS
EDITORIAIS.
pf3
pf4
pf5
pf8

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Os textos periodísticos y más Guías, Proyectos, Investigaciones en PDF de Gallego solo en Docsity!

Lingua Galega e Literatura

OS ARTIGOS DE OPINIÓN,

AS COLUMNAS E AS

EDITORIAIS.

A Coruña, 19 de febreiro de 2021

O disfrace da alegría ( Artigo de opinión)

ANTONIO CORTÉS

CRISTINA PATO

12/02/2021 05:00 H

Ás veces pregúntome como

lembraremos este momento das nosas

vidas: que partes desta pandemia

decidiremos esquecer, e con cales nos

quedaremos. É curioso pensar que xa hai

un ano que apareceran (oficialmente) os

primeiros casos no noso país. E é aínda

máis curioso pensar no paso do tempo

durante este ano, pois para min fluíu a

un ritmo diferente ao que estaba

acostumada. É coma se fose un tempo

flotante, que espera, que non sabe se

gardar os minutos ou deixalos pasar.

E igualmente a vida segue, e o tempo pasa,

e polo camiño imos perdendo un pouco de

todo (vidas, soños, paciencia), e esa nube

na que habita o tempo da pandemia

semella que está agrisando todo o que nos

propoñemos. E entón pensei no Entroido,

na ilusión de imaxinar outra realidade na

que unha pode ser outra cousa, na alegría

da comunidade. Pero, por algunha razón,

pensei no Entroido en tempo pasado, a

pesar de que o Entroido é xa, en presente.

Pois é coma se o tempo estivera estancado

desde aquel último Entroido, e ao mesmo

tempo pasaron tantas cousas! Pode ser que

levemos un ano de Coresma? Hoxe, antes

de facer a rolda de chamadas familiares,

decidín poñer o meu disfrace, o disfrace da

alegría, pois non quería contaxiar a miña

tristura ás miñas mulleres e heroínas. Non

foi fácil atopalo, pois estaba moi

escondido: debaixo das cousas que

esquecer e no fondo do armario das

penurias, alí estaba o meu disfrace da

alegría. E unha vez o puxen, coa intención

de facelas sorrir coas miñas ridículas

nimiedades, acabei sorrindo eu tamén, e

por un momento esquecín que estaba

triste. Entón decidín deixalo posto até que

Unhas eleccións máis aló do deber ( Columna periodística) ENRIC FONTCUBERTA

ROBERTO L. BLANCO VALDÉS

13/02/2021 19:26 H

Desde a recuperación da democracia en 1977 vivimos en España un ininterrompido proceso electoral: oito eleccións europeas, 15 xenerais, 46 autonómicas non agrupadas, 132 autonómicas agrupadas e 11 municipais. Se engadimos 10 referendos, a suma é impresionante: 222 consultas en pouco máis de catro décadas, unha media de cinco cada ano. En ningunha, excepto nas xerais de 1989, tras as que se impugnaron os resultados nun número significativo de provincias, houbo máis incidentes que os inevitables cando varios millóns de persoas son chamadas a dirimir co seu voto a repartición do poder. Ningún deles, polo demais, digno de mención. Rompendo con esa sa tradición, hoxe teñen lugar en Cataluña unhas eleccións que levan no seu ADN o xene da discordia: o nado do agre debate sobre a data mesma da votación. Aínda que estou convencido de que todos os contendentes -tanto os que querían que as eleccións fosen hoxe, como quen esixían pospolas- defendían a data que crían que se axustaba mellor aos seus respectivos intereses, o certo é que, ao contrario que en Galicia e País Vasco -onde os comicios se atrasaron por acordo de todos os partidos- en Cataluña vai votarse nunha situación totalmente inoportuna para a celebración dunha xornada electoral. De feito, unha conxuntura moito peor que a que provocou o atraso das eleccións vascas e galegas. Cataluña, como todo o resto do país, está sanitariamente en risco extremo (nivel 4), que é o peor dos posibles, con máis de 250 infectados por 100.000 habitantes nos últimos catorce días e con máis do 25 % das camas uci ocupadas por enfermos de covid-19, entre outros parámetros que marcan a gravidade do momento sanitario. A situación é tal que ao redor de 35.000 -máis do 32 % dos cidadáns chamados a formar parte das 9.100 mesas habilitadas para votar- presentaron alegacións para ser eximidos da súa deber, o que nunca acontecera. Suceda o que suceda finalmente, é dicir, constitúanse ou non a maioría das mesas, poidan ou non votar todos os que queiran facelo e inflúa ou non a existencia dun risco extremo sanitario na participación nos comicios -o que, de ser o caso, provocará un arrancamoños entre os partidos que fará palidecer ao que xa os enfrontou-, as eleccións de hoxe, máis aló dos seus resultados en termos de repartición de votos e de escanos no Parlamento catalán, expoñen unha cuestión de moitísima importancia: a de ata onde pode chegar o Estado na imposición de obrigacións aos particulares (formar parte dunha mesa), ou na fixación de condicións de risco para o exercicio dun dereito, neste caso o de votar, que tamén é un deber cidadán.

Porque parece razoable soster que

nunha sociedade democrática

non debería pretenderse que

haxa que antepor tal obrigación

nin tal dereito ao que todos

temos a protexer a nosa saúde e a

dos nosos.

Unha reforma de urxencia en Sar ( O editorial) El Correo Gallego 2021/02/1401:00 H. TRÁTASE, sen dúbida, dunha actuación extremadamente urxente na cidade. Os veciños de Sar non poden seguir sufrindo a diario o pésimo estado no que se atopa o tramo comprendido entre Castrón Douro e o núcleo deste barrio compostelán. Circular por esta rúa converteuse nunha misión de alto risco e necesita unha solución inminente. Por iso é polo que sexa fundamental que o goberno que preside Xosé Sánchez Bugallo faga o posible por incluír unha partida para esta reforma nos orzamentos. Xa nos deste ano, si, porque a intervención non pode esperar moito máis. A situación da calzada é crítica. Circular por este treito supón un perigo tanto para os condutores como para os peóns, que se enfrontan a unha paisaxe lunar con fochas e obstáculos que danan amortiguadores de vehículos e tamén son propicios para caídas e consecuentes danos patrimoniais. Santiago debe deixar atrás a mala fama de fochancas city, que avivou a mala xestión do goberno anterior de CA. Aínda que é certo que o actual concelleiro de Obras, Javier Fernández, fai todo o posible reparar o abandono dos anos de Martiño Noriega cos medios dos que dispón, cada día aparecen novas zonas afectadas na cidade. E noutras onde xa se actuou, as fochancas reprodúcense. Pero este segmento de Sar sofre unha posición dramática, como o é tamén desde hai semanas a situación do periférico SC-20, onde as últimas choivas esnaquizaron o asfalto. O vial, polo que discorren miles de condutores a diario, non é nada seguro nestes momentos. Un mínimo descoido e a viaxe pode acabar en desgraza. Os catro carrís reclaman desde hai moito tempo unha reforma integral. Por iso debe compremeterse o Goberno de Pedro Sánchez e executar a obra dunha vez por todas, en lugar de dar longas. BEATRIZ CASTRO / Xornalista