


















































Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: prehistoria I, Profesor: Ramón Fábregas, Carrera: Historia, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 58
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!



















































Descargado en: patatabrava .com PREHISTORIA I (USC) PREHSTORIA I FÁBREGAS , RAMÓN 16-
Prehistoria : pódese definir como a etapa da evolución da humanidade que antecede á existencia de fontes escritas. Tamén pódese definir como a disciplina ou a ciencia que estudia ese longo período. A Prehistoria, en xeral, é a carencia de escrita. Hai que ter en conta que a escrita é unha invención tardía, vinculada a sociedades de tipo estatal. Nun principio pódese facer unha equivalencia entra escritura e burocracia, cunha finalidade de control social e a través dun sistema de rexistro. De aí que cando se producen colapsos estatais tamén desaparece a escrita. A escritura non é un avance exento de retrocesos en determinadas áreas. Un exemplo sería o caso do Lineal B na Grecia Micénica. Existen zonas presentes na Historia, pero que ó non dispor de fontes escritas retroceden á Prehistoria. Aquí aparece o termo Protohistoria , que é un período de duración variable que se define pola existencia de referencias escritas a unha sociedade, pero externas a esa propia sociedade. Un exemplo sería gran parte de Europa a partir do 1.000 a.C., máis concretamente as rexións mediterráneas, descritas por sociedades que entran en contacto con elas (as colonias dende o Mediterráneo Oriental). Este período do que non se teñen referencias históricas denomínase Protohistoria. Aparece un problema co límite inferior da Prehistoria. A solución dataría coa aparición do home, pero, debido á falta de evidencias físicas, este marxe é difícil de situar. Un baremo para datar isto sería o linguaxe, pero tampouco se sabe cando comezou a linguaxe articulada. Outro baremo para datar a antigüidade sería a capacidade cranial, pero isto é tamén impreciso, polo que é moi difícil sinalar unha data exacta, que podería rondar os 2 millóns de anos. É evidente a importancia do documento escrito para percibir os aspectos ideacionais e reflexivos da sociedade dos grupos humanos. A carencia destas fontes é un importante obstáculo á hora de facer a Historia dos pobos prehistóricos. Pero a documentación escrita ten un fallo: o subxectivismo. A documentación escrita está dictada polo poder, polo que debe ser sometido á crítica. O ideal sería contrastar as fontes coa Arqueoloxía. Arqueoloxía : pódese definir como unha técnica de aprehensión do pasado a través da recuperación e a análise dos restos materiais. Neste sentido, a Arqueoloxía é aplicable a calquera período, non só a Prehistoria, senón tamén ás fases da evolución humana. A medida que avanzamos no tempo a Arqueoloxía vai suministrando unha porcentaxe decrecente de probas físicas. Non obstante a Arqueoloxía é utilizada tamén na época contemporánea. Na Prehistoria a información para a reconstrucción do pasado provén da Arqueoloxía, xa que non hai evidencias escritas nin orais. Nese sentido, a Arqueoloxía constituíu o método fundamental e único da Prehistoria. A Prehistoria como ciencia só existe no mundo europeo continental (Francia, Alemania, Península Ibérica). Sen embargo, en Gran Bretaña e en Estados Unidos non se fala de Prehistoria como ciencia, senón de Arqueoloxía. A Prehistoria é só un período, non unha ciencia. No caso dos Estados Unidos (e en moitos
recuperar a excelencia artística do mundo greco- romano. A partir do século XV comezan a constituírse os gabinetes de antigüidade , que serán os primeiros museos. Ó redor destes protomuseos móvese unha serie de xente interesada polas antigüidades (os chamados dilettanti ou aficionado ás coleccións). Os gabinetes son bastantes heteroxéneos, incluíndo obras de diversas épocas. Actúan como focos de interés polo pasado, sendo a primeira pedra para as coleccións posteriores e para os futuros museos do século XVIII (o Louvre, o British Museum). Coincidindo co Renacemento ten lugar un fenómeno clave: as viaxes e exploracións ultramarinas , que comezan a finais do século XV e prolónganse durante o século XVI (polo Pacífico, por América). Son importantes porque poñen en contacto ós europeos con culturas que se encontraban nun estadio de organización moi diferente ó dos europeos. Ó encontrarse con estas sociedades vaise propiciar a reflexión sobre o pasado lonxano, máis aló do mundo clásico. Así, a comezos do XVIII uns franceses, Jussieu e Lafitau comparan artefactos dos indios americanos con pezas semellantes que se coñecían en Europa, levando a cabo un paralelismo etnográfico, é dicir, van usar artefactos de sociedades do presente para investigar o pasado remoto. Se os machados de pedra eran iguais ós dous lados do Atlántico cabe pensar que no pasado había en Europa sociedades semellantes ás que estaban tratando en América (etnografía comparada). Xa a mediados do século XVIII ten lugar un acontecemento importante para a Historia da Arqueoloxía: o descubrimento dos restos de Pompeia. Vanse organizar escavacións ordenadas polo rei de Nápoles co fin de surtir de obras arqueolóxicas ás coleccións reais. É a primeira iniciativa estatal para investigar un pasado coñecido da Historia de Roma como foi a erupción do Vesubio co enterramento das cidades de Pompeia e Herculano. A finais do XVIII (1798) destaca a expedición napoleónica a Exipto. Napoleón pretendía darlle un golpe a Inglaterra pero non se limita a organizar unha expedición militar, senón que incluso vai levar unha serie de científicos, historiadores, arqueólogos para estudiar Exipto. Napoleón conquista o país faraónico e ten que se retirar da zona tras a derrota de Abuquir. Militarmente foi un desastre de expedición, pero culturalmente foi brillante. Faise un estudio sistemático minucioso de Exipto e publicaranse numerosos volumes sobre este tema. Durante as zonas de fortificación na zona do Delta do Nilo descóbrese a Pedra Rosseta , escrita en dúas variedades de lingua exipcia (xeroglífico, hierático) e en grego. A Pedra Rosetta vai ser clave tralo desciframento de Jean François Champolion (1822), mediante a comparación entre o grego e o exipcio. O ámbito da Historia retrocede 2.000 anos debido a existencia de documentos sobre Exipto. Entre o século XVIII e o XIX prodúcense outros avances como é a constatación de que en capas profundas da terra encontrábanse restos fósiles que non se correspondían con animais e plantas da época. Este recoñecemento tamén é importante porque rompe coa idea de fixismo, teoría baseada no inmobilismo desde os principios dos tempos. Desde esta época en adiante o desenvolvemento dos estudios sobre o pasado vai topar cun obstáculo importante para o avance da Arqueoloxía: o fundamentalismo cristián , que defenderá unha idea creacionista pola que o mundo tería unha escasa antigüidade (algúns clérigos dátano do 4.004 a. C.) e pola que se constituiría mediante o proceso de creación de Deus. O recoñecemento de fósiles plantexaba unha contradicción, que se intentaba resolver mediante a teoría catatrofista , na que se
defendía que o mundo había pasado por unha serie de cataclismos de alcance universal que haberían exterminado a vida dando lugar a unha nova creación. Así quedaba explicado o conflicto suscitado polos fósiles. Sen embargo, estaban producíndose avances, por exemplo, en 1819 un estudioso danés chamado Thomsen vai formular o que el denomina o sistema das tres ideas. A Thomsen lle encargaron catalogar as coleccións reais de Dinamarca, pero encontrouse cunha serie de artefactos para os que non tiña un criterio á hora de ordenalos, polo que decide empregar un criterio tecnolóxico, encadrándoos en tres idades: a Idade do Ferro , a Idade do Bronce e a Idade da Pedra , indo de máis recente a máis antigo. Este criterio tecnolóxico segue vixente na actualidade, naturalmente completado e perfilado: a Idade da Pedra divídese en dous grandes períodos: o Paleolítico e o Neolítico; entre o Neolítico e a Idade de Bronce aparece unha Idade do Cobre. Gracias a Thomsen a Arqueoloxía dótase dun sistema para clasificar os restos materiais do pasado histórico. Outro acontecemento importante ten lugar en 1833, cando se publica o primeiro libro, obra de Lyell. Nel expón os seus principios de Xeoloxía, rexeitando as teorías catastrofistas. Lyell propuña que nos tempos pasados as axentes que modifican a corteza terrestre seguían un ritmo e tiñan unhas características semellantes ás dos tempos actuais, negando así os cataclismos cósmicos. Unha consecuencia desta tese uniformista sería o incremento automático da antigüidade do planeta porque os fenómenos xeolóxicos son lentos. Ademais Lyell ten amizade con Darwin , ó que o libro de Lyell resulta moi suxerinte. Charles Darwin é o creador da teoría da evolución, tomando de Lyell a base para formulala. A teoría da evolución non é unha idea de Darwin, senón que era algo presente na Ciencia da época en Europa. Tal é así que Darwin, que tarda 20 ou 30 anos en elaborar a súa teoría, vese prohibido a publicar o libro xa que outro investigador, Wallace , que estaba traballando en Indonesia, tiña a mesma teoría e faillo saber. Darwin fixo dúas cousas: acelerar a edición do seu libro e publicar unha nota conxunta con Wallace sobre a evolución humana. A publicación do libro de Darwin ten lugar en 1859, e xerou moita polémica xa que viña a disputar o papel da acción divina na creación do mundo, sustituída por un proceso selectivo de especies. 1859 é un ano importante xa que se recoñece a antigüidade do home prehistórico. Anteriormente, no século XVIII (1770) ten lugar en Galicia un acontecemento importante. Un arquitecto chamado Ferro Caaveiro fixo unha escavación en Carballo do que serían unhas termas romanas e levantou un plano desa intervención. Esta escavación coincide coas primeiras escavacións en Europa (Pompeia e Herculano). Este descubrimento foi publicado recentemente pola revista Gallecia. Voltando ó anterior, 1859 foi unha data clave xa que se publica o libro de Charles Darwin. A importancia radica en que proporciona unha base teórica para explicar a aparición dos seres humanos, prescindindo da tese creacionista. Por outro lado, sendo a teoría de Darwin un mecanismo moi paulatino, engadiría unha nova evidencia (ou indicio) á gran antigüidade do ser humano. Ademais neste ano casualmente ten lugar o recoñecemento da gran antigüidade dos seres humanos , tras o descubrimento de artefactos humanos asociados á fauna fósil extinta, polo tanto, ó encontralos no mesmo lugar que a fauna fósil certifícase a antigüidade do ser humano. Por outro lado tiñamos a teoría da evolución, que reforzaba esa idea de antigüidade. Só tres anos antes deste recoñecemento, atopáranse uns restos fósiles con característicos
problema, pero dentro da escola converteuse nun fin en si mesmo. É perigoso, xa que canto máis afastadas están dúas sociedades máis problemática é a comparación. Tamén, ó aplicalo dunha maneira demasiado ríxida, esquecíanse que as sociedades son creativas e en distintos lugares fanse cousas de maneira independente. O método comparativo foi moi importante xa que non había outros datos de estudio, só as fontes de Oriente Próximo. Tras a II Guerra Mundial comeza a estenderse, no mundo anglosaxón, unha insatisfacción cos resultados da escola histórico- cultural, e desa maneira, nos anos 60, vai aparecer unha
Procesual recolle a herdanza do avance tecnolóxico desenvolto trala II Guerra Mundial para analizar artefactos, ecofactos vinculados ós grupos prehistóricos, etc. Isto vai servir para dar unha visión máis
libere da dependencia co método comparativo). Pódense dar fechas aproximadas en calquera lugar do mundo. Os novos arqueólogos van usar este novo método. Non son simplemente máis técnicos senón que tamén destaca o achegamento da Arqueoloxía á Antropoloxía. Vai favorecer modelos para a comprensión das sociedade do pasado. A etnografía realiza observacións en sociedades actuais que serven para interpretar os restos prehistóricos. Por exemplo, será frecuente que os arqueólogos estudien os restos animais. Estes estudios dannos información para entender o pasado. Estúdianse campamentos de pigmeos, de bosquimanos. Os neoarqueólogos préstanlles importancia á Antropoloxía funcionalista , cunha concepción sistemática da cultura, polo que está en equilibrio co medio. De haber oscilacións o sistema homeostático corríxeas. A cultura concíbese como un medio extrasomático (máis aló do corpo) de adaptación. Os arqueólogos procesuais pensan que o cambio nas sociedades prodúcese pola existencia de factores externos á propia cultura: cambios medioambientais ou alteracións demográficas. O cambio cultural ten que ver con procesos de axuste externos. Tras unha etapa de particularismo, o evolucionismo volve a ocupar un primeiro plano. Aparece tamén o uso das Ciencias , da Física, da Química. Faise unha énfase nas técnicas analíticas e na explicación de hipóteses, así como unha búsqueda de leis predictivas do comportamento humano que se reflectirán no rexistro arqueolóxico co interés polos procesos de formación dos xacementos (recurso á Etnoarqueoloxía e a traballos experimentais). Algúns arqueólogos destacados xa fixeran críticas a ese afán predictivo. Ken Flamery búrlase dese afán polo comportamento e falará de novas leis. Dentro da escola Procesual había máis críticos, coma Binfort e Renfrew. Nos anos 80 xorde a Arqueoloxía Postprocesual ou Contextual , en torno a investigadores da universidade de Cambridge (é necesario resaltar que as tres escolas non se suceden, senón que conviven no tempo). Máis cunha escola pódese denominar coma un movemento. Xorde máis como unha reacción diante da Arqueoloxía Procesual que como unha proposta teórica definida. Critican o funcionalismo daqueles, o economicismo das súas proposta, cunha visión máis particularista , entendendo as sociedades como autónomas. Loxicamente a Arqueoloxía Postprocesual supón unha volta da Arqueoloxía á Historia. Non se abandonan os modelos antropolóxicos nin a Etnoarqueoloxía, senón que se lles dota dun
verniz histórico, é dicir, observan en que medida o propio desenvolvemento das sociedades explicará que estas teñan uns trazos específicos. Os restos materiais haberá que entendelos no seu contexto. Os arqueólogos postprocesuais conceden unha importancia moi grande á ideoloxía , xa que é a ideoloxía a que permitirá entender o uso dos artefactos en cada cultura, pero ademais a ideoloxía é importante dende o punto de vista de cada prehistoriador, tendo unha importancia nos resultados obtidos da súa investigación. Toman datos da Arqueoloxía estructuralista. Os postprocesuais están influídos pola ideoloxía marxista, sobre todo pola noción de conflicto. O conflicto interno é coma unha fonte do cambio cultural, considerando á sociedades como algo dinámico. Dentro do postprocesualismo destaca Ian Hodder. A Arqueoloxía Postprocesual intenta ser crítica, vinculada a movementos coma o feminismo ou ás reivindicacións indíxenas. Isto foi un problema en EE.UU e en Australia, onde se estudiaron poboacións antigas. A partir de isto desenvolveuse a conciencia do respecto ás persoas estudiadas. O feminismo propiciou unha Arqueoloxía de mulleres, xa que a disciplina prehistórica estivo en mans dos varóns e isto ten incidencia na investigación, co estudio exclusivo dos corpos e constitución masculinas. Esta é unha aportación da escola Postprocesual situando na vangarda da Arqueoloxía actual. ❖ Fontes da Prehistoria. Hai unha serie de Ciencias e disciplinas que fan importantes aportacións ó estudio prehistórico: A Antropoloxía : a Antropoloxía nas súas dúas variantes: a cultural, que nos suministra modelos para comprender as sociedades do pasado mediante a observación e estudio das sociedades actuais. Esas observacións sobre o pasado facilitan información mínima canto máis se alonxe no tempo; e a biolóxica ou física, que trata da descripción do estudio do ser humano na súa constitución material. É evidente que a través do estudio dos restos humanos podemos obter moita información sobre as sociedades do pasado. Os ósos proporcionan características físicas (capacidade cranial, altura) e indicacións sobre as formas de vida, xa que conteñen moita información (estúdianse esqueletos, dentes). Actualmente hai investigacións co ADN usando os ósos. A Antropoloxía física suminístranos información que vai máis aló do aspecto físico. A Xeoloxía : trata as distintas capas que configuran a corteza terrestre e os procesos que deforman e alteran esta corteza. Danos unha información valiosa xa que estudia os xacementos arqueolóxicos. Máis aló desta información que suministra a Xeoloxía para entender os procesos de formación dos xacementos, dannos información d tipo cronolóxico, a través da estratigrafía e da análise do medio.Tamén hai unha rama dedicada ós fósiles máis antigos: a Paleontoloxía, que nos facilita información cronolóxica sobre a evolución das especies animais. A Xeoloxía é outra fonte obvia de información. A Bioloxía ou Paleobioloxía : danos moita información debido ó estudio dos restos animais e vexetais dos xacementos. Danos informacións valiosas sobre o medio en que se desenvolvía a humanidade,e sobre a relación da humanidade con ese medio. Hai estudios paleozolóxicos e paleobotánicos. Dentro da Paleobotánica hai unha rama que proporciona información ós arqueólogos: a Palinoloxía , que estudia á humanidade polo fósil depositado nos xacementos arqueolóxicos ou en lugares naturais. A Palinoloxía é importante pola conservación de restos orgánicos, o que é moi difícil, excepto o pole , que ten unha enorme
a) Naturais : determinan o enterramento desas evidencias. Pódense destruír por varios motivos:
frechas). Pero hai artefactos dos que non se teñen referentes claros para facer analoxías e se lles da un nome descriptivo. Hai unha serie de información proporcionada por outras disciplinas, especialmente polas ciencias naturais. Hai unha serie de técnicas que se aplican ós artefactos e ós ecofactos. As Ciencias auxiliares da Arqueoloxía son a Bioloxía, a Xeoloxía. A Palinoloxía é o estudio do pole e da especie que os produciu, en función do tamaño e da súa morfoloxía. A partir diso pódense establecer diagramas polínicos, que nos informan sobre as proporcións nas que aparecen as plantas e as formacións vexetais. O estudio palinolóxico e os estudios da erosión permiten reconstruír os cambios climáticos (temperatura, precipitacións) que ás veces pódense relacionar entre cos crises sociais. Estas reconstruccións serven para entender algúns dos factores que provocan os cambios ó longo da Historia.As distintas especies vexetais van modificándose, polo cambio climático (humidade- zona de bosque, seca- desertos). Outro tipo de estudios proporcionais é a fauna , que nos da indicacións valiosas. Por un lado cando son grandes animais infórmannos sobre a dieta, pero ademais os animais adáptanse a vivir en lugares concretos. A súa presencia remítenos información sobre as condicións ambientais. Se están nos xacementos é que foron consumidos polo ser humano. Á hora de analizar as condicións ambientais existe un sesgo: a incapacidade do ser humano. A gran fauna ten unha fiabilidade relativa. A Microfauna está presente nos xacementos de maneira accidental (roedores, moluscos, insectos). A microfauna soe estar adaptada a funcións concretas. Os estudios que se fan sobre pequenos mamíferos, insectos infórmanos sobre a temperatura, a humidade. Infórmanos con máis fidelidade sobre o medio ambiente. Hai outras técnicas que nos permiten identificar a materia prima da que están feitos os obxectos. A análise da materia prima pódenos revelar a súa procedencia. Isto nos da información sobre as redes de intercambio das materias primas entre as sociedades. Outro campo relacionado é o tratamento dos materiais , dependendo da súa formación. Os elementos máis duros son os de pedra e os máis fráxiles son os orgánicos (telas, coiro, ósos). Hai materiais intermedios como os metais, que dependen das condicións ambientais, de aí que a miúdo un dos traballos de laboratorio son os traballos de conservación e restauración dos artefactos. A conservación é importante nos materiais orgánicos, de difícil conservación (condicións secas). Outras veces os materias orgánicos se conservan ben en condicións moi húmidas (coma os pantanos). Estes restos unha vez retirados do lugar de encontro hai que tratalos para asegurar a conservación, mediante a absorción de sal, o uso de productos. Os silicios na auga fractúranse e se non se conservan continúan as rupturas. Os metais na auga oxídanse e se non se tratan continúa a corrosión. Os materiais orgánicos na auga rompen e se non se tratan secan e rompen. O xeo tamén é un importante medio de conservación (Siberia, Italia, Austria), co posterior tratamento en frío. ❖ A cronoloxía. Non hai Prehistoria nin Historia sen tempo, polo que é necesario coñecer a súa cronoloxía. Hai dous tipos de cronoloxía:
1. Cronoloxía relativa : intenta situar no tempo un artefacto con respecto a outro (si é anterior, coetáneo e posterior). Entre os varios sistemas utilizados polos arqueólogos destacan:
coníferas. Con este cambio, varía a fauna (o mamut, o reno, o cabalo e o boi almizclero ascenden ó norte e aparecen bisontes, corzos e xabarís máis ó sur). Os cambios ecolóxicos son notables, alternándose 19 fases cálidas e frías. A alternancia entre xeo e fundición ten importancia, non só no nivel mariño, xa que as masas de xeo gravitan sobre as masas continentais e os afunden. Ás veces as terras aumentan máis cas augas (vales de Escocia, Noruega). Un fenómeno característico son as terrazas fluviais. Cando descende o nivel do mar os ríos escavan no leito e van deixando ós lados antigos bancais, que se van escalonando de maneira complexa. Esto tamén pasa nos cursos baixos dos ríos cando descende o nivel do mar. Os xeos poden dicir de que épocas son as poboacións a partir da construcción de terrazas.
Na actualidade constituímos unha soa especie: o homo sapiens sapiens , pertencente ó xénero homo. Somos unha aparición recente (150.000 anos). Hai un lorgo percorrido anterior. En canto á nosa ubicación taxolóxica defínese así: mamíferos terrestres do orde primate , cos simios, monos como especie próxima. Con eles (é con simios máis primitivos) formamos ese orde. Tamén pertencemos a unha superfamilia dentro de ese orde primate, que é a superfamilia dos hominoideos (os seres humanos e especies coma o gorila, o chimpancé, o orangután, o xibón. Os máis cercanos a nós son os gorilas e os chimpancés ). Dentro temos unha familia, da que somos un único representante: a familia dos homínidos. Antes houbo dous grandes xéneros: os australopithecus e os homo. Dentro do homo existiron varias especies, das que só quedamos nós. Os primates teñen caracteres particulares , herdados por homínidos primeiro e por nós na actualidade:
Os rasgos específicos dos homínidos son:
comportamento máis complexo, chegando a controlar o lume e protagonizando a primeira saída de África.
Sudán) e dan o salto ó sur de Eurasia , desde a Península Ibérica ó Sur de China. Tiñan unha capacidade craneal de 1000-12000 cm^3 (límites inferiores actuais). Por outro lado van pasar cara ó oeste e ocupan Europa (polo Mediterráneo ou polo estreito de Xibraltar) e se instalan na Península fai 800.000 anos. Estes Erectus evolucionan, con novas variantes rexionais (China, Indonesia, Europa) e vai ser o grupo humano máis exitoso, aguantando ata 100.000 anos atrás. Máis adiante será tamén África o lugar no que nace o home moderno. Dos Homo Ergaster apareceu un rapaz (14- 15 anos) no Nariokotome, con gran robustez e altura
Os xacementos máis importantes de África aparecen en: Olduvai (Tanzania) , con tectónica dinámica desde o Mioceno ata o Plioceno. É unha zona de lagos, fallas, desecación de lagos, redes fluviais e corte barrancoso. Hoxe en día está desértica. Outro xacemento importante é o de Laetoli (Tanzania) con 3 millóns e medio de anos. Aparecen pegadas de dous individuos adultos e un pequeno e con sobreposición de pegadas, gracias a un proceso de conservación volcánico. O interesante é que é unha posición bípeda. Para datar a evolución humana un elemento moi importante son as pedras , pola súa dureza e conservación. Os Homo Habilis serían os primeiros en traballar a pedra. A tecnoloxía lítica usada na elaboración do utillaxe é fundamental nesta época. Hai criterios á hora de seleccionar a pedra : a existencia da pedra, a dureza e a fractura. Cumpren estas condicións o sílex , o cuarzo , a cuarcita e a obsidiana , ademais de outras menos comúns. Escollen rocas de tipo cristalino, duras e de fractura regular con aristas cortantes, xa que a finalidade é obter un frío cortante. Á hora de traballar a pedra pódese falar de varias maneiras :
retocada ( retoque plano ). Pola contra noutras pezas o retoque aplícase nun ángulo recto e afecta ó fío que queda cegado ( retoque abrupto ). Tamén aparece a aparición dun tipo de lascas denominadas láminas ou laminiñas. Distínguense por ter unha disposición alongada e os bordes máis ou menos paralelos. Para fabricar láminas é necesaria a preparación do núcleo para despois comezar a sacar láminas. Ó longo da Prehistoria, en canto a tecnoloxía lítica hai dúas tendencias:
É a etapa máis antiga dentro da evolución das culturas humanas. Dentro do Paleolítico Inferior, pola súa duración extensa (vai desde os 2 - 2´3 millóns de anos ó 100 - 150.000 anos , co comezo do Paleolítico Medio) adoitase distinguir dous grandes complexos :
Pebble Culture (cultura dos cantos). O olduvaiense localízase en África , anque hai cantos tallados noutros lugares en cronoloxías posteriores. Definiuse a partir dos cantos tallados , ordeados en dúas categorías: unifaciais (Chopper) e bifaciais (Chopping tool). Pénsase que as industrias olduvaienses están compostas por lascas , de maneira que non son útiles en sí, senón o resultado de obter lascas. Ademais das lascas hai outros instrumentos, como os poliedros (cantos golpeados repetidamente e cunha forma chea de ángulos, aristas). A cronoloxía do olduvaiense remóntase ós 2- 2´3 millóns de anos e persiste ata hai 1´ millóns de anos. Serían homo habilis e homo ergaster. Para valoralos tecnoloxicamente hai que ter en conta que faltan utensilios feitos en material orgánico , cunha Historia moi antiga, con procesos deposicionais e postdeposicionais. Probablemente usáronse materiais de madeira, ósos, pero non se conservaron. O uso dos artefactos en pedra é variado e non especializado. A diferencia entre chopper e chopping tool reside na dificultade de elaboración, sendo os primeiro mio sinxelo e o segundo de difícil elaboración, máis perfeccionado e afiado. En canto ó uso dos cantos tallados : son pedras grandes, instrumentos destinados a cortar golpeando, aproveitando o peso do canto e a forza (traballar a madeira, cortar a carne). O poliedro serve para a percusión sobre obxectos duros, como os ósos (para conseguir a médula). As lascas están destinadas ó corte de materiais brandos (carne, pel, vexetais) e ó traballo da madeira.