




















Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: prehistoria I, Profesor: Ramón Fábregas, Carrera: Historia, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 28
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!





















0
A arqueoloxía é unha ciencia autónoma que se encarga do estudo das sociedades pasadas a través, exclusivamente, dos seus restos materiais, como método único da Prehistoria. Precedentes A arqueoloxía nace da preocupación dos pobos por coñecer o seu pasado. Hai referencias a este interese xa desde a Antigüidade: os romanos xa se interesaran por pobos como Grecia, Etruria ou Exipto (coma Lucrecio). Tras o lapso que abrangueu toda a Idade Media, foi no Renacemento cando se recupera este interese, en especial pola civilización grecorromana: créanse os Gabinetes de Antigüidades (integrados polos dilettanti ) e as viaxes ultramariñas do século XVI puxeron aos europeos en contacto con outros pobos máis primitivos, o que os levou a pensar nun substrato común a todas as civilizacións. No século XVIII, Winckelmann escava en Pompeia e Herculano, non tanto cun interese científico como para conseguir pezas para os reis de Nápoles. Napoleón, nas súas campañas por Exipto (nos últimos anos do XVIII) levou con el unha gran cantidade de científicos de todo tipo, entre os que se contaban arqueólogos, etnógrafos, etc. Exploraron os restos exipcios e atoparon, por casualidade, a Pedra Rosetta. Esta sería levada para Londres, pero non foi até 1822 que Champollion logrou descifrala e, con ela, o idioma xeroglífico. Século XIX Neste tempo é cando a arqueoloxía bota a andar de maneira efectiva, aínda que o fundamentalismo relixioso e o fixismo que defende seguirán sendo un atranco. A xeoloxía avanza e confirma que os fósiles atopados se corresponden con animais extintos. Así, os achados que De Perthes realiza no Somme confirman que tivo que haber poboación humana antes do "Diluvio Universal". Aparecen algunhas teorías catastrofistas, que por primeira vez falan de que os animais se puideran extinguir por catástrofes naturais. Entón, Lyell defende no seu A antigüidade do home probada pola xeoloxía que a idade do home non se corresponde co que di a Biblia e que, polo tanto, ten que haber unha maior profundidade temporal. Un punto de inflexión prodúcese en 1859, cando Darwin publica o seu A orixe das especies , no que explica a evolución dos animais e as plantas a través da selección
hipóteses, como noutras disciplinas científicas. Queren atopar leis predictivas do comportamento humano que expliquen o seu desenvolvemento (non se limitan a descubrilas). Para eles, a cultura non é senón unha ferramenta de adaptación do individuo ao medio. ARQUEOLOXÍA POSTPROCESUAL OU CONTEXTUAL Xorde como reacción á anterior. Entenden que a arqueoloxía como unha forma de entender o pasado, de chegar ao seu contexto, ás mentes dos antigos poboadores, polo que importa a ideoloxía do arqueólogo e tamén dos estudados. Por iso non serven as análises "obxectivas" nin científicas e hai que acudir a fórmulas máis idealistas. Critican tamén o materialismo histórico. Diferénciase da anterior tamén en que para estes a concepción do mundo é moi poderosa: a ideoloxía dun grupo pode suporlle un impedimento ou unha vantaxe para adaptarse ao medio e, polo tanto, acadan distintos graos de desenvolvemento. Esta escola dálle novos enfoques, como o marxista (non dogmático), e permite vincular a arqueoloxía con outras inquietudes sociais, como o feminismo ou o indixenismo.
A Prehistoria é un estudo interdisciplinar porque require traballo nos campos da antropoloxía (física e cultural), da xeoloxía, a bioloxía, a física e a química, da xeografía, da historia (polas referencias a puntos de interese) e mesmo da literatura (polas lendas ou obras de tradición oral) e a lingüística (pois a toponimia pode axudar a localizar puntos e informar sobre as sociedades). O estudo arqueolóxico abrangue dúas fases: o traballo de campo e o traballo de laboratorio.
O primeiro paso é a prospección , que consiste en localizar e avalar os xacementos arqueolóxicos (ao aire libre, en covas ou baixo auga), se ben é un estudo con bastante independencia e pode non ir seguido do traballo de escavación. A prospección pode ser extensiva, se se realiza nunha área ampla, sumando estudos de rexións adxacentes, pero con pouca precisión e profundidade; ou intensiva, se se realiza máis profundamente nunha área máis limitada. Tamén se empregan outros métodos, como a fotografía aérea, que identifica sobre todo noiros, marcas no terreo e marcas nos cultivos; ou o LIDAR, que consiste nun sistema que escanea fotografías aéreas e amósaas libres de vexetación. A escavación consiste en extraer ou documentar sistematicamente artefactos, ecofactos ou estruturas dun xacemento. A estratigrafía, ou o estudo das diferentes capas do terreo que, polas súas características diferentes nos permiten percibir os cambios, é unha das claves da escavación. Cómpre distinguir estratigrafía vertical (que estuda os distintos estratos en vertical) e horizontal, que estuda os achados atopados nun mesmo plano. Na maioría de casos faise unha "escavación en área", na que o terreo se divide en cuadrículas de referencia menores e se empregan testigos e se escava segundo o estrato que corresponda.
É unha fase complexa que consiste nas seguintes fases: clasificar e analizar os materiais, conservalos e restauralos e facer publicacións e divulgacións.
A cronoloxía absoluta permite fixar o número de anos transcorridos desde que aconteceu algo. Hai distintos métodos para obtela: De base biolóxica : a dendrocronoloxía permite establecer cronoloxías contando o número de aneis das árbores e comparándoos. O grosor dos aneis será semellante na mesma especie e no mesmo ano, se ben hai anos bos ou malos que o poden modificar. Establecemos series deondrocronolóxicas e podemos reconstruír climas pasados e calibrar o C14. De base xeolóxica : sabendo que o campo magnético da Terra sufriu variacións ao longo do tempo (a nivel local ou planetario), unha vez feitas series de referencia podemos datar sobre todo lavas e arxilas, observando a orientación dos seus compoñentes. De base física : os reloxos radioactivos baséanse en que os isótopos dalgúns elementos son inestábeis e descompóñense a un ritmo que pode ser calculado. Así, podemos saber cando se formou unha rocha ou cando morreu un ser vivo. o Carbono 14 (isótopo radioactivo de carbono): mide o momento en que cesa o intercambio co medio e o C14 comeza a diminuír (o momento da morte dun ser). O C14 ten unha vida curta (5568 anos) e a partires dos 40000 deixa de resultar eficaz. Emprégase o AMS para mostras menores de 1 gramo, proporcionando ademais maior precisión. o Potasio/argón : o Potasio 40 transfórmase en Argón 40. Permite medir a formación de rochas volcánicas, sendo axeitado para mostras moi antigas. Dátanse as mostras anteriores e posteriores a unha mostra. o Termoluminiscencia : os minerais acumulan partículas cargadas emitidas por materiais radioactivos. Se se quentan por riba dos 500ºC, estas partículas libéranse e o proceso comeza de novo: a termoluminiscencia emitida permite facer datacións. Podemos empregalo con mostras de 300000 anos, en especial aquelas que foron sometidas a cocción (arxilas, cerámicas, sílex...).
O Cuaternario é a era xeolóxica en que se desenvolve a Prehistoria da Humanidade. É moi difícil comprender calquera aspecto da vida prehistórica sen ter en conta o medio en que se deu, pois as súas variacións impuxeron determinadas pautas de comportamento e condicionaron as súas actividades. Esta era caracterízase polas glaciacións, o arrefriamento climático e a aparición e desenvolvemento do xénero humano. Distinguimos dúas etapas: Pleistoceno (períodos glaciares e interglaciares) e Holoceno (cambios no clima). Nos últimos 700000 anos producíronse cambios no clima, o que sabemos grazas ao estudo dos casquetes polares e dos restos orgánicos depositados no fondo do mar. As glaciacións foron un conxunto de fases frías (estadios isotópicos fríos) que se alternaron con outras máis cálidas ou interglaciais. Estas déronse por múltiples factores: cambios na radiación solar, no relevo, na distribución oceánica, no eixo da Terra, etc. Nestes períodos baixaban as temperaturas e as precipitacións, formábanse glaciares , depósitos de arxilas e cantos, cambios nas costas e nas liñas fluviais e o xeo cubría grandes superficies continentais. Polo tanto, só as especies máis resistentes e mellor adaptadas lograban sobrevivir.Nos períodos interglaciais, aumentaba a pluviosidade e as masas de xeo retrocedían, desenvolvéndose máis a flora e mais a fauna. Nas zonas máis cálidas, que hoxe ocupan os grandes desertos, non se deron glaciacións senón períodos moi húmidos e cálidos. Albergaron unha vexetación e unha fauna diversas e abundantes. O Holoceno é a prolongación da última etapa interglaciar na que actualmente nos atopamos. Sabemos que existiron varios tipos de paisaxe vexetal: Tundra , chans xeados ou espazos abertos sen árbores, con musgos e liques, con animais como o mamut, o reno, a lebre ártica, o rinoceronte laúdo. Bosques , en zonas máis cálidas, podendo ser a taiga (climas fríos, coníferas, con uros, osos, linces e renos) ou bosques caducifolios (áreas cálidas, rinocerontes e elefantes de pel núa) Estepas , áreas con climas extremos e de composición variada, escasa vexetación e animais como o cabalo, o bisonte,o boi ou o rinoceronte laúdo. No Cuaternario producíronse constantes cambios climáticos con ata un grao de diferenza por ano.
A paleoantropoloxía é a rama da antropoloxía física que se encarga do estudo da evolución humana. Abrangue un gran rango de materias porque estuda tamén as bases biolóxicas e xeolóxicas da evolución do home. A evolución humana non debe ser contemplada como algo illado , senón que deben estudarse a evolución en xeral e a dos simios en particular. Por iso se di que é un proceso complexo. Estudo da evolución: orixes A comezos do século XIX, Lamarck rompeu co fixismo e o creacionismo do seu tempo afirmando que non todas as especies non foran creadas nin eran inmutables, senón que procedían doutras máis simples. Sen embargo, non sería até 50 anos despois que Darwin formulou a súa teoría evolucionista, fundamental para explicar a evolución humana, no seu libro A orixe das especies de 1859. Constata que a evolución existe, o que permite recoller nunha árbore filoxenética a historia da mesma, relacionando especies antigas e actuais. Explica a evolución a través do mecanismo da selección natural, isto é, o medio condiciona a maneira como os individuos se desenvolven. Os individuos sofren mutacións (anomalías físicas) que poden ser beneficiosas ou prexudiciais para a súa relación co entorno. No primeiro caso, obtén unha vantaxe sobre os demais individuos que o fai dominante na súa poboación; no segundo, supón un lastre. Por iso, unha mutación positiva tende a conservarse e unha negativa, a desaparecer. Sen embargo, tamén hai características que non poden ser explicadas por este método. Con posterioridade, Mendel descubriría, facendo experimentos con chícharos, o mecanismo que fai que unhas ou outras mutacións pasen dunha a outra xeración. Chegou á conclusión de que hai algunhas que son dominantes e que prevalecen sobre outras recesivas na composición xenética dos individuos. Así solucionaba o que lle faltaba á teoría darwinista: o mecanismo polo que se rexía a selección natural. Método Para facer unha clasificación das especies (entendidas como o conxunto de individuos que poden producir una descendencia fértil) fósiles e actuais e a súa relación entre elas realízanse taxonomías. O criterio para facer unha clasificación depende da morfoloxía. Así, dúas especies diferentes poden ter unha mesma característica morfolóxica por descender pola mesma liña evolutiva (homoloxía) ou sen compartir un pasado común (analoxía).
A xenética permítenos comparar as distintas especies (compartirán menos ADN canto máis diferentes sexan) e establecer os seus antepasados comúns. A cladística permítenos facer unha especiación, é dicir, determinar a posición das especias na árbore filoxenética. Así, quedan vinculadas a un clado, que é cada un dos sectores ou pólas en que se divide a árbore. Este método permítenos determinar de que "especies mai" proceden as demais. Os niveis en que se divide un cladograma son, por esta orde e de menor a maior: especie, subxénero, xénero, subfamilia, familia, suborde, orde, clase, filo, reino e dominio. Na árbores filoxenética hai nodos, que representan o punto en que dous grupos acumulan tantas diferenzas entre si que podemos caracterizalos como parte de especies diferentes. En base a isto podemos distinguir os carácteres ancestrais, que son os que se herdan da especie mai, e os derivados, que son os que caracterizan a unha especia concreta. Fósiles da familia hominoidea O traballo arqueolóxico permite coñecer e estudar as especies que constitúen a historia evolutiva do home, así como aquelas que tomaron camiños diferentes e quedaron atrás, ademais extinguíndose. Algunhas destas especies son as seguintes: Procónsules (20-18 m.a.). Antropoides moi primitivos, só con algúns trazos hominoideos. Outras especies (17-15 m.a.) Sahelanthropus tchadensis, orrorin tugenensis (7-6 m.a.). Capacitados para a bipedestación pero moi próximos aos primates. Ardiphitecus (6-4 m.a.). Bípedo primitivo. Australopithecus (4 m.a.). Primeiro bípedo. Orixe do xénero homo. Paranthropus (3,5- 1 m.a.). Descenden do anterior. Empregaban algunhas ferramentas. Homo habilis (2,5-1,5 m.a). Bípedo que fai ferramentas con pedra lascada.
Claves: O Paleolítico Inferior é a etapa máis extensa da Prehistoria humana. Abrangue desde a aparición dos primeiros homínidos (2 MA) e as súas primeiras manifestacións culturais (nun comezo, ferramentas líticas conseguidas pola modificación de cantos de maneira rudimentaria). Dous grandes complexos: o Olduvaiense dáse en África desde 2,6 MA ata 1, MA, pero noutras áreas prolóngase máis; e o Acheuliense. A evolución non é lineal: conviven diferentes especies. Trazos comúns dos homínidos e os homo : o Pentadactilia (trazo moi primitivo: réptiles, anfibios...) o Non especialización o Visión frontal (depredadores) o Bipedestación: para protexerse (ver con antelación), reducir a exposición solar e liberar o tren superior. Provoca problemas no parto (crías prematuras). COMPLEXO OLDUVAIENSE Actuais Etiopía e Quenia (2,6 MA en Gona, 2,3 MA en Quenia). Discusión sobre o responsábel foi australopiteco ou homo. Na altura, eran territorios húmidos e cun clima benigno. Industrias moi simples: lascas, núcleos e fragmentos de núcleos. Utensilios formados por percusión directa con outro canto, dando lugar choppers (tallado por unha soa cara) ou chopping tools (polas dúas). Irregulares, multifuncionais, para golpear ou machacar. Fabricantes maioritariamente destros. COMPLEXO ACHEULIENSE Definido por primeira vez en Francia, pero moito máis antigo en África (1,5 MA). África e sur de Eurasia (en Extremo Oriente perviven os cantos tallados). Ata hai uns 150000 anos.
Artefactos de grande tamaño feitos sobre o núcleo; tamén obxectos máis pequenos e elaborados. Continúa a polifuncionalidade e cada vez hai unha maior elaboración. o Bifaz: núcleo tallado por dúas caras, con forma amendoada, para cavar ou cortar (F, G). o Triedro: para cavar ou perforar (H). o Fendedor: non é un núcleo; é unha lasca de gran tamaño con fío (C, D, E). o Lascas: son traballadas e modificadas. Así temos raedeiras (para materiais duros), muescas (para afiar paus) (I, J). o Lanzas: atopáronse poucas. Endurecidas ao lume, empregadas para pinchar.
Nota: Ver as claves e a cronoloxía dos complexos olduvaiense e acheulense no tema 5. COMPLEXO OLDUVAIENSE Convivían diferentes especies de homínidos (australopitecos e homos) que tiñan unha tecnoloxía simple e se desprazaban pouco, mais con estratexias de subsistencia diferentes. Preferían asentamentos próximos aos ríos (auga, árbores para sombra e protección). Modelos de asentamento: o Binford: defende que os grupos se desprazaban en busca de alimento, de maneira conxunta pero individualmente. o Glynn-Isaac: un grupo obtiña alimento e outro (as crianzas) ficaba nun lugar de referencia para ser protexido. A solidariedade podía ser algo necesario. Alimentación o O vexetarianismo estaba bastante estendido
En Europa e no Próximo Oriente, van predominar os Neandertais PERÍODO MUSTERIENSE Neandertais en Europa e perdura nos Sapiens en Oriente Industria sobre lasca principalmente Técnica Levallois : consiste en predeterminar a forma da lasca para logo extraela do núcleo
Persisten os grupos familiares de cazadores e recolectores Caza
O Paleolítico Superior coñeceu unha serie de importantes cambios: Cambios tecnolóxicos: industrias laminares e óseas, novos útiles de caza (propulsores e posibelmente o arco) e na vestimenta (agullas e emprego de peles cosidas). Cambios xeoeconómicos: Incremento demográfico. Xacementos ao aire libre. Novas técnicas de caza e conservación de alimentos. Ocupación de novas áreas (América, illas). Incremento das redes de intercambios e das relacións intergrupais. Cambios ideolóxicos: Aparecen os primeiros adornos persoais Arte rupestre e móbel Xeneralízanse os soterramentos CAMBIOS TECNOLÓXICOS Neste período, xeneralízase a industria laminar, cuxas vantaxes son: a) Aprovéitase mellor a materia prima e a superficie cortante é maior con respecto á superficie total. Isto facilitaba o seu transporte e permitía a súa fabricación alí onde a materia prima escaseaba (caso do sílex en Galiza). b) Permite ou facilita a produción estandarizada, que ao mesmo tempo facilita que as pezas poidan ser substituídas unhas por outras. Empréganse novas técnicas, como a percusión con cicel ou a presión, que permiten un maior control do proceso de fabricación. Empréganse útiles máis especializados como: Burís : fórmanse golpeando un ángulo diedro nunha lasca ou lámina. Válido para traballar materiais duros.
Raspadeira : fórmanse retocando unha lasca laminar deixando unha fronte semicircular. Empréganse soltas ou unidas a un mango de madeira. Relaciónanse coa limpeza de graxa das peles para vestir, de aí a súa frecuencia en áreas frías. Tamén se desenvolven industrias óseas (ósos, cornos) e sobre madeira, que permiten a fabricación de: Agullas : pezas clave para a supervivencia dos humanos nos ambientes máis fríos porque lles permite fabricar pezas de roupa que os illen do frío. Propulsores : varas alongadas sobre as que se coloca un obxecto para ser lanzado. Poden incluír ocos cos que ser suxeitados a algo e mellor transportados. Algúns xa aparecen personalizados. Permitían un forte impacto. Azagaias: armas arreboladizas. Arpóns: tamén se arrebolaban pero eran máis eficaces porque se fixaban na presa. Bastóns de mando: cornas frecuentemente decoradas. Servían máis que como elemento simbólico, como utensilio para endereitar azagaias ou arpóns. INDUSTRIAS PERÍODO AURIÑACIENSE Posibelmente orixinaria de Oriente Próximo cos primeiros sapiens. En canto á industria de base laminar , atopamos raspadeiras carenadas ou de fouciño, láminas estranguladas ou con retoque escamoso. En canto á ósea , azagaias de base fendida. Atopáronse os primeiros obxectos adornados (arte moble en Vogelherd e parietal en Chauvet). PERÍODO GRAVETENSE