Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


sucesiones, Apuntes de Derecho Privado

Asignatura: Derecho de Sucesiones, Profesor: Angel Luis Rebolledo Varela, Carrera: Derecho, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2013/2014

Subido el 12/02/2014

kirbymon
kirbymon 🇪🇸

3

(31)

7 documentos

1 / 5

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
FACULTADE DE DEREITO
DEPARTAMENTO DE DEREITO COMÚN
DEREITO DE SUCESIÓNS
(GRUPOS A e B)
ANTONIA NIETO ALONSO
Titular de Dereito Civil
MARÍA JOSÉ PARDO PUMAR
Profesora de Dereito Civil
ANGEL LUIS REBOLLEDO VARELA
Catedrático de Dereito Civil
Santiago, xaneiro 2014
pf3
pf4
pf5

Vista previa parcial del texto

¡Descarga sucesiones y más Apuntes en PDF de Derecho Privado solo en Docsity!

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

FACULTADE DE DEREITO

DEPARTAMENTO DE DEREITO COMÚN

DEREITO DE SUCESIÓNS

(GRUPOS A e B)

ANTONIA NIETO ALONSO Titular de Dereito Civil

MARÍA JOSÉ PARDO PUMAR Profesora de Dereito Civil

ANGEL LUIS REBOLLEDO VARELA Catedrático de Dereito Civil

Santiago, xaneiro 2014

A SUCESIÓN MORTIS CAUSA EN XENERAL

Lección 1.- Sucesión mortis causa. 1. Concepto e recoñecemento constitucional. 2. Clases de sucesións. 3. A herdanza. 4. Os sucesores: o herdeiro e o legatario. 5. Momentos do fenómeno sucesorio: apertura da sucesión, vocación e delación da herdanza. 6. Transmisión do ius delationis. 7. Capacidade para suceder. Incapacidades relativas e indignidade. 8. Acrecemento na sucesión mortis causa. 9. O dereito de representación.

Lección 2.- Sistemas de adquisición da herdanza. 1. A herdanza xacente. 2. Aceptación da herdanza. 3. O dereito de deliberar. 4. O beneficio de inventario. 5. Efectos da aceptación. 6. A acción de petición de herdanza. 7. Responsabilidade do herdeiro por débedas e cargas da herdanza. 8. Alleación da herdanza. 9. A repudiación. 10. A comunidade hereditaria: réxime xurídico.

Lección 3.- A partición da herdanza. 1. Partición: concepto e natureza xurídica. 2. Clases de partición no Código civil e na Lei de Dereito civil de Galicia: polo propio testador, por comisario, polos herdeiros. 3. Operacións particionais: inventario, valoración, liquidación, formación de lotes e adxudicación de bens. 4. A colación. 5. Efectos da partición. 6. Evicción e saneamento. 7. Modificación e ineficacia da partición.

A SUCESIÓN TESTADA

Lección 4.- A sucesión testada. 1. Testamento: concepto, contido e carácteres. 2. Capacidade para testar. 3. Clases de testamentos. 5. Testamentos comúns: aberto, pechado, hológrafo. 6. O testamento mancomunado. 7. O testamento por comisario. 8. O Rexistro de Actos de Derradeira Vontade.

Lección 5.- Institución de herdeiro. 1. Formas de designación. 2. Substitucións hereditarias: concepto e tipos: as substitucións vulgar, pupilar e exemplar. 3. Substitución fideicomisaria. O fideicomiso de residuo.

Lección 6.- O legado. 1. Elementos persoais e reais do legado. 2. Tipos de legados regulados polo Código civil. 3. A adquisición do legado. 4. A entrega do legado. 5. Responsabilidade do legatario. 6. Ineficacia do legado. 7. O modo testamentario. 8. Disposicións testamentarias especiais na Lei de dereito civil de Galicia.

Lección 7.- Execución testamentaria. 1. A testamentaría: concepto, carácteres e clases.

  1. Facultades, deberes, prohibicións e responsabilidade do testamenteiro. 3. Interpretación do testamento: criterios legais, interpretación integrativa e proba extrínseca. 4. Ineficacia do testamento. 5. Nulidade do testamento: causas, acción e efectos. 6. Revogación. 7. Caducidade dos testamentos.

Se utilizarán as últimas edicións cuxa consulta pode facerse la Biblioteca Concepción Arenal.

CRITERIOS DE AVALIACION

8 Realizarase, para a comprobación individualizada dos resultados da aprendizaxe dos alumnos/as, unha proba final que representará o 70% da nota total. O 30 % da nota deriva dos traballos e prácticas que se realizarán nas aulas interactivas, valorándose a estrutura dos mesmos e asemade a manexo de bibliografía e xurisprudencia e a exposición oral.

8 A proba final terá unha parte teórica (40% da nota) e unha parte práctica (60%), consistente, xa na elaboración dun dictame sobre un problema xurídico real, xa na resolución dun caso práctico, dando resposta as cuestións formuladas, xa nun comentario xurisprudencial.

No grupo A, profesores Pumar Pardo e Rebolledo Varela, para a realización da proba final o alumno/a poderá utilizar todos os textos legais que estimen convenientes, pero non auxiliarse doutro material bibliográfico. Para a superación da materia en todo caso é necesario acadar na proba final unha puntuación mínima de 4 sobre 10.

No grupo B, profesora Nieto Alonso, na realización da proba final o alumno/a non poderá utilizar texto legal ningún.

8 Para o avaliación de recuperación seguirase os mesmos criterios que para a avaliación ordinaria da materia. Respecto dos traballos e actividades realizadas polo alumno/a nas aulas interactivas, xa realizados ou non, teranse en conta tamén para esta avaliación de recuperación na que, en todo caso, serán de aplicación as porcentaxes de 70 e 30 %.

TITORIAS

Grupo A: luns, martes e mércores, de 9 a 10

Grupo B: mércores, xoves e venres, de 9 a 10.

NOTA IMPORTANTE:

Advírtase que segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que

o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".”

A tales efectos, advírtese que todas as actividades realizadas nas aulas interactivas serán valoradas. Xa que logo, para que o alumno/a figure como non presentado na correspondente convocatoria será necesario que non realizase ningunha das actividades encargadas nin o exame final da materia.