Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Sucesións: Temas 1 e 2, Apuntes de Derecho Privado

Asignatura: Derecho de Sucesiones, Profesor: Angel Luis Rebolledo Varela, Carrera: Derecho, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2013/2014

Subido el 18/03/2014

coral1525
coral1525 🇪🇸

4.1

(57)

6 documentos

1 / 15

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
Lección 1.- Sucesión mortis causa.
1. Concepto e recoñecemento constitucional.
Sucesión inter vivos podemos identificalo con unha doazón, unha compravenda …
entre dúas persoas vivas transmítese un ben.
Cando falamos de sucesión mortis causa, é unha transmisión de alguén que
morreu: a adquisición trae a súa orixe na morte do causante.
É posible transmitir mortis causa un ben entre dúas persoas vivas. No Dereito Civil
de Galicia hai institucións mortis causa que permiten adquirir un ben antes de que
unha persoa morra: pacto de apartación e pacto de mellora: transmiten en vida os
bens aínda que é unha transmisión mortis causa. (Artigo 181 LDCG e seguintes).
No dereito común iso non é posible. Artigo 657 e seguintes: mentres unha persoa
non morre non é posible facer nada sobre unha herdanza que aínda non se abriu.
O dereito á herdanza está recoñecido constitucionalmente, non é un dereito
fundamental, que está despois desenvolvido pola lexislación ordinaria.
O dereito autonómico se aplica antes que o código civil, que vai xogar como dereito
supletorio. Por iso unha parte moi grande do dereito civil vai entrar na herdanza
dos galegos como norma supletoria. É necesario saber determinar en qué aspectos
entra o dereito galego e en cales o dereito común.
Temos que distinguir cales son os aspectos básicos do dereito sucesorio no dereito
común e cales no dereito galego.
Respecto á lexislación aplicable, tense en conta sempre a data da morte do
causante. Unha data da morte que vai a delimitar moitas cousas: a lexislación
aplicable dependendo da súa nacionalidade e dependendo da súa veciñanza
civil, independentemente de onde morra. Para un español morra onde morra,
rexerá o dereito español, e dentro do dereito español haberá que ter en conta a
súa veciñanza civil. ¿Cómo determinamos a veciñanza dun causante? eu teño
veciñanza civil galega, pero trasládome a Madrid, e pasan 10 anos e morro,
aplícase o dereito común, polo artigo 14.5 do Código Civil. Moita xente cambia
de veciñanza sen sabelo, pero en sucesións é clave. É posible que alguén faga
testamento ou pactos sucesorios permitidos pola lexislación vixente, pero é
posible que morra con unha veciñanza civil diferente. Isto resólveo o propio
artigo 9.8 do Código Civil. As disposicións testamentarias feitas conforme á
lexislación aplicable no momento de facelo e os pactos sucesorios van conservar
a súa validez aínda que a lexislación aplicable no momento do falecemento non
o permita. Pero vai ter un límite: as lexítimas (dereito que teñen unhas persoas
chamadas herdeiros forzosos ou lexitimarios para que perciban por lei
necesariamente unha parte da herdanza que o causante non lle pode negar a
non ser que concorran unhas causas taxadas). Os cambios de veciñanza civil
implican que se van respectar os pactos sucesorios e testamentos, pero as
lexítimas vanse rexer pola lei do lugar do falecemento. Pode suceder tamén que
cambie a lexislación: ¿Qué ocorre cos testamentos, pactos, cláusulas que
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9
pfa
pfd
pfe
pff

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Sucesións: Temas 1 e 2 y más Apuntes en PDF de Derecho Privado solo en Docsity!

Lección 1.- Sucesión mortis causa.

1. Concepto e recoñecemento constitucional.

Sucesión inter vivos podemos identificalo con unha doazón, unha compravenda … entre dúas persoas vivas transmítese un ben.

Cando falamos de sucesión mortis causa, é unha transmisión de alguén que morreu: a adquisición trae a súa orixe na morte do causante.

É posible transmitir mortis causa un ben entre dúas persoas vivas. No Dereito Civil de Galicia hai institucións mortis causa que permiten adquirir un ben antes de que unha persoa morra: pacto de apartación e pacto de mellora: transmiten en vida os bens aínda que é unha transmisión mortis causa. (Artigo 181 LDCG e seguintes).

No dereito común iso non é posible. Artigo 657 e seguintes: mentres unha persoa non morre non é posible facer nada sobre unha herdanza que aínda non se abriu.

O dereito á herdanza está recoñecido constitucionalmente, non é un dereito fundamental, que está despois desenvolvido pola lexislación ordinaria.

O dereito autonómico se aplica antes que o código civil, que vai xogar como dereito supletorio. Por iso unha parte moi grande do dereito civil vai entrar na herdanza dos galegos como norma supletoria. É necesario saber determinar en qué aspectos entra o dereito galego e en cales o dereito común.

Temos que distinguir cales son os aspectos básicos do dereito sucesorio no dereito común e cales no dereito galego.

  • Respecto á lexislación aplicable, tense en conta sempre a data da morte do causante. Unha data da morte que vai a delimitar moitas cousas: a lexislación aplicable dependendo da súa nacionalidade e dependendo da súa veciñanza civil, independentemente de onde morra. Para un español morra onde morra, rexerá o dereito español, e dentro do dereito español haberá que ter en conta a súa veciñanza civil. ¿Cómo determinamos a veciñanza dun causante? eu teño veciñanza civil galega, pero trasládome a Madrid, e pasan 10 anos e morro, aplícase o dereito común, polo artigo 14.5 do Código Civil. Moita xente cambia de veciñanza sen sabelo, pero en sucesións é clave. É posible que alguén faga testamento ou pactos sucesorios permitidos pola lexislación vixente, pero é posible que morra con unha veciñanza civil diferente. Isto resólveo o propio artigo 9.8 do Código Civil. As disposicións testamentarias feitas conforme á lexislación aplicable no momento de facelo e os pactos sucesorios van conservar a súa validez aínda que a lexislación aplicable no momento do falecemento non o permita. Pero vai ter un límite: as lexítimas (dereito que teñen unhas persoas chamadas herdeiros forzosos ou lexitimarios para que perciban por lei necesariamente unha parte da herdanza que o causante non lle pode negar a non ser que concorran unhas causas taxadas). Os cambios de veciñanza civil implican que se van respectar os pactos sucesorios e testamentos, pero as lexítimas vanse rexer pola lei do lugar do falecemento. Pode suceder tamén que cambie a lexislación: ¿Qué ocorre cos testamentos, pactos, cláusulas que

conforme á nova lexislación non valen? En dereito transitorio sempre se aplica a lexislación vixente no momento do falecemento, non a lei vixente no momento de facer o testamento. A disposición transitoria 12 do Código Civil indica que a lexislación aplicable será a vixente no momento do falecemento. A clave non está en aplicar a lexislación vixente no momento da consulta do problema, está en buscar a lexislación no momento do falecemento. Hai un caso moi coñecido que nestes momentos pende no Tribunal Constitucional: ata 1978, no que o artigo 39 da CE consagra o principio de igualdade na filiación, os únicos que herdaban eran os fillos lexítimos (matrimoniais canónicos); dende o ano 1978 non hai discriminación por razón da filiación. Hai un caso do TS dunha herdanza aberta no ano 1976, que tiña 3 fillos matrimoniais. Separouse de feito. Formou outra familia e tivo 8 fillos (“ILEXÍTIMOS”). No ano 2000, plantéxase o preito, e o TS resolve a favor dos 3 fillos “lexítimos”, pola lexislación vixente no momento, aínda que sexa hoxe con unha lexislación distinta.

EXCEPCIÓN: No Dereito Civil de Galicia, as normas de partición la Lei do ano 2006, vanse aplicar a herdanzas abertas con anterioridade.

Calquera pacto, convenio que se poida referir a unha herdanza non aberta é NULO. Ten algunha excepción pequena. ARTIGO 816 do Código Civil.

No Dereito Galego xa dende o ano 1995, pero tamén recollido na Lei do ano 2006, si se admiten os pactos sucesorios: o pacto de apartación (o ascendente sempre que sexa de veciñanza civil galega, pacta con un fillo a entrega de bens ou cartos de forma que se perde a condición de lexitimario).

  • En relación cas herdanzas de membros da UE, que poden vivir en distintos países da Unión, hai un regulamento comunitario, de 4 de xuño do ano 2012, que entrará en vigor o 17 de agosto do ano 2015, que di que para as herdanzas dos membros da UE que viven nos países membros, vai establecer un criterio distinto do que vimos no artigo 9.8 do Código: vai rexer a lexislación do país no que resida.

Cando una Comunidade Autónoma ten lexislación propia, a sucesión do causante vaise rexer en primeiro lugar pola lexislación autonómica e subsidiariamente, pola lexislación estatal.

A disposición dos bens mortis causa en principio réxese pola liberdade de testar, recoñecida no Código Civil. No dereito común o testamento é sempre un acto individual. No Dereito Galego admítese o testamento mancomunado. O testamento do Código Civil é persoalísimo; no Dereito Galego admítese o chamado testamento por comisario, para que despois de que eu morra faga testamento por min.

No Código Civil existe o sistema lexitimario, no Dereito Galego tamén, pero distinto. A primeira diferenza está en quen é lexitimario.

No CC a lexítima é o que se chama pars bonorum, é dicir, parte dos bens: si o causante ten 3 pisos, e eu son lexitimario, a min hai que darme dous como

Hai un terceiro tipo de sucesión, que é a sucesión contractual, que nos leva a poder transmitir bens mortis causa en virtude de pactos sucesorios (apartación e mellora), que se recolle nos artigos 181 e seguintes LDCG. Todo fillo que recibe máis que outro, non diríamos que está mellorado, porque ese concepto xa non existe; “mellora” utilízase en termos coloquiais, porque esa institución xa desapareceu.

No Dereito Galego non se admiten, nos artigos 181 e 209 da LDCG, con carácter xeral os pactos sucesorios. Pero si noutras CCAA. No Dereito Galego pódese facer iso só para bens concretos. Os pactos sucesorios son irrevogables.

Aparte disto, a sucesión pode ser forzosa ou lexitimaria. Prodúcese cando hai lexitimarios. As persoas que teñen herdeiros forzosos teñen limitada a súa liberdade de testar. Entra en xogo a institución das lexítimas. Os lexitimarios son os chamados na sucesión intestada, polo que aquí non ten demasiada importancia a institución da lexítima.

Pode haber herdanzas mixtas. Artigo 658. Son aquelas que se producen cando hai un testamento que non contén disposición algunha sobre os bens, ou sobre todos os bens. Ábrese a sucesión testada e intestada ao mesmo tempo. Prodúcese a sucesión mixta cando o testador non dispón sobre todos os seus bens no testamento. Ábrese a sucesión intestada da parte non disposta (artigo 912).

Pode ser tamén universal ou particular (artigo 660): universal é a sucesión a título de herdeiro. A sucesión particular é a título de legatario. O herdeiro é un sucesor universal. O legatario é un sucesor particular. Para que haxa legatario ten que haber testamento, se non hai testamento non hai legatarios. Se hai testamento, pode habelos ou non.

Calquera forma de manifestación de vontade que non reúna os requisitos formais de testamento é nula de pleno dereito. Un testamento que no código civil que é revogable.

Das débedas non dispón o testador. As débedas transmítense sempre polo que di a lei. Podemos decidir quen vai herdar o piso, pero quen vai pagar as débedas está disposto pola lei.

3. A herdanza.

A apertura da sucesión prodúcese pola morte dunha persoa.

Cando esa persoa está viva ten un patrimonio, constituído por bens, dereitos de contido patrimonial e non patrimonial, e obrigas.

Cando unha persoa morre, automaticamente convértese en herdanza.

Na herdanza hai dous elementos:

Elementos persoais: o causante e os destinatarios da herdanza (herdeiros e legatarios);

Elementos formais: testamento (na herdanza testada), ou a declaración de herdeiros ab intestato (na sucesión intestada, a lei é a que fai o chamamento aos herdeiros)

A herdanza está composta dun activo e dun pasivo. O causante, en vida, era titular de dereitos pero tamén de obrigas.

¿Qué dereitos pode haber dento dunha herdanza? Todos os dereitos de crédito que non se extingan coa morte do causante e non sexan transmisibles; os dereitos persoalísimos; non se transmiten por herdanza bens e dereitos que teñan por lei un sistema de sucesión distinta; …

O activo que se integra na herdanza, vai ter como destinatarios aqueles que o testador queira. O pasivo que compón a herdanza, o seu destinatario, por lei é necesariamente o herdeiro. A transmisión das débedas queda fóra da transmisión mortis causa. Tal e como se desprende dos artigos 1003 e 1023 do Código Civil. Os legatarios non pagan nin están obrigados a pagar as débedas.

A aceptación pode ser pura e simple ou a beneficio de inventario. Cando se acepta pura e simple, a responsabilidade é ultra vires. Se se acepta a beneficio de inventario, é intra vires. O beneficio de inventario é xudicial. Supón que durante un período de tempo non se poida dispoñer dos bens da herdanza.

4. Os sucesores: o herdeiro e o legatario.

Pode haber unha pluralidade de herdeiros (suposto máis frecuente) e pluralidade de legatarios.

Cando hai pluralidade de herdeiros surxe a comunidade hereditaria.

A herdanza necesariamente ten que ser aceptada. Esa comunidade hereditaria estará formada polos herdeiros que aceptan a herdanza. Non implica que os herdeiros adquiran titularidade dun ben concreto, senón que será unha comunidade xermánica. Serían titulares do 50% da comunidade hereditaria, pero non habería un dereito de copropiedade de cada ben concreto.

O dereito que os coherdeiros teñen sobre a comunidade hereditaria é o dereito hereditario. Falamos de dereito hereditario referíndonos ao dereito que ten o coherdeiro na comunidade hereditaria.

Ese dereito extínguese coa partición hereditaria. Agora si que se van a repartir os bens concretos que conforman a herdanza.(ARTIGO 1068 CC).

Os acredores poden embargar o dereito hereditario; pódese subastar xudicialmente, ou ser adquirido por un terceiro. O que non pode é enaxenar ningún ben concreto.

Existe o legado de parte alícuota. O legatario de parte alícuota segue sendo un legatario, e polo tanto non paga as débedas. Sen embargo, o legatario de parte alícuota recibe o mesmo tratamento na herdanza que o herdeiro. O legatario de parte alícuota ten a posición case idéntica que o herdeiro, pero diferénciase na responsabilidade no pago das débedas.

5. Momentos do fenómeno sucesorio: apertura da sucesión, vocación e delación da herdanza.

APERTURA DA SUCESIÓN

Momento no que o patrimonio do causante se converte en herdanza. Momento da morte do causante.

Para que unha persoa poda suceder, ten que cumprir un requisito imprescindible: que o sucesor, sexa herdeiro ou legatario, ten que sobrevivir ao causante. O chamado á herdanza ten que estar vivo no momento da apertura da sucesión: ARTIGO 766 CC.

ARTIGO 33 CC: cando dúas persoas morren ao mesmo tempo, non se transmiten ningún dereito de herdanza.

VOCACIÓN HEREDITARIA

Chamamento xenérico a todos os posibles sucesores que poidan existir con respecto a un causante.

ADQUISICIÓN DA HERDANZA

6. Transmisión do ius delationis.

DELACIÓN HEREDITARIA

Chamamento concreto a persoas concretas para que, se aceptan, adquiran a herdanza.

¿Quen pode aceptar a herdanza? O que teña delación hereditaria.

A delación hereditaria prodúcese no CC por dúas vías:

I. Testamento

II. Sucesión Intestada con declaración de herdeiros ao meu favor

No dereito galego son 3:

I. Testamento

II. Lei

III. Pactos sucesorios

A condición de herdeiro só se adquire cando acepte. A adquisición da herdanza é un paso posterior á delación. Non por ter delación se adquire a herdanza nin a condición de herdeiro.

Se non sobreviviu ao causante…

Se sobreviviu ao causante pero non dixo nada: IUS DELATIONIS. O delado é o chamado a ser herdeiro pero que aínda non aceptou. Cando acepto son herdeiro. Mentres non acepto, só hai IUS DELATIONIS. O IUS DELATIONIS é transmisible mortis causa. ARTIGO 1006 CC.

De acordo co artigo 1009 CC, quen repudia a herdanza á que é chamado en virtude dun testamento, enténdese que tamén o repudia ab intestato.

En cambio, sucede o contrario ao revés: se alguén repudia a herdanza á que é chamado ab intestato, aínda pode aceptar a testamentaria.

Só pode aceptar a herdanza quen teña unha delación hereditaria ao seu favor.

Para poder aceptar a herdanza por quen é chamado a esa herdanza, é IMPRESCINDIBLE que sobreviva ao causante. Se sobrevive ao causante, non por iso é xa herdeiro. Nunca esquezamos que tivo que aceptar a herdanza. Pode ser que morra sen aceptar nin repudiar: ARTIGO 1006 CC.

A repudiación é formal, mentres que a aceptación, que non é formal, o CC regula supostos nos que se pode chegar a probar se se produciu ou non.

7. Capacidade para suceder. Incapacidades relativas e indignidade.

A capacidade para suceder está regulada con carácter xeral nos artigos 744 e seguintes do CC.

Son incapaces para suceder as recollidas no artigo 745.

Teñen capacidade para suceder as persoas xurídicas.

Hai supostos nos que se dan incapacidades relativas en determinados casos para suceder en determinadas herdanzas. Están recollidas nos artigos 752 e seguintes.

Artigos 981 e seguintes CC.

Se na sucesión testada non hai substitución ou na sucesión intestada non entra en xogo o dereito de representación habería que ver se se da o dereito de acrecer.

Se tampouco se da o dereito de acrecer, abriríase a sucesión intestada.

9. O dereito de representación.

Artigos 924 e seguintes CC.

Teremos que ir a estes artigos para ver se se da ou non o dereito de representación.

Lección 2.- Sistemas de adquisición da herdanza.

1. A herdanza xacente.

No dereito romano, implica que dende a apertura da sucesión ata que esa herdanza é aceptada, pasa un tempo. Esta herdanza é un patrimonio que está esperando o titular pero mentres non se produza a aceptación, prodúcese esta institución cuns perfís moi concretos.

É unha institución que non está regulada no CC, aplícanse criterios xurisprudenciais e certas normas da LAC.

As herdanzas xacentes non teñen titular pero dende un punto de vista procesual, os artigos 6 e 7 recoñécenlle capacidade procesual. A herdanza xacente pode ser demandante ou demandada.

A herdanza xacente ten lexitimación activa.

Cando alguén morre pode ser que os seus bens estean ahí e non haxa ninguén que os administre e pode pedirse xudicialmente a intervención do caudal hereditario, onde o xuíz nomea un administrador que se faga cargo cando non hai quen o faga ou cando un herdeiro o pide (ARTIGO 790 CC).

O administrador designado rende contas ante o xuíz e posteriormente aos herdeiros, polo que responderá da súa mala xestión.

2. Aceptación da herdanza.

A mera apertura da sucesión non crea herdeiros, a delación hereditaria tampouco fai herdeiros. No sistema español para a adquisición da herdanza requírese a aceptación. Para ser herdeiro necesítase aceptar a herdanza pero para ser legatario chega con gardar silencio. A aceptación só pode darse por quen se produce ao seu nome a delación hereditaria. Esta materia está regulada nos artigos 988 e seguintes e non hai ningunha especialidade no dereito galego.

O momento no que o chamado a ser herdeiro, que ten mera delación, mediante a aceptación adquire a condición de herdeiro.

É unha declaración de vontade por parte de quen é chamado a ser herdeiro para aceptar a herdanza.

É presuposto previo que a herdanza estea aberta, que exista unha delación a favor do herdante.

Sempre é voluntaria (artigo 988 Código Civil), aínda que ten algún matiz. Hai algúns actos (artigos 1001 e 1002 CC) situacións que non son exactamente aceptacións, que matizan esa voluntariedade.

Artigo 1007: uns poden aceptar e outros non.

É unilateral: só pode aceptar quen teña ao seu favor o IUS DELATIONIS. Non é recepticia.

De acordo co artigo 997, é irrevogable. Non son infrecuentes os casos nos que despois da aceptación o herdeiro se encontra con situacións imprevistas, pero xa non hai volta atrás.

A aceptación é pura: non se pode facer unha aceptación condicional ou parcial (sería nula).

De acordo co artigo 989 produce os seus efectos retroactivamente dende a apertura da sucesión, e por tanto, subrogación na posición do causante.

Artigo 998 CC: aceptación pura ou a beneficio de inventario. A principal diferenza é a responsabilidade do herdeiro polas débedas e cargas.

ACEPTACIÓN PURA:

Artigo 1003: o herdeiro responde ultra vires das débedas do causante.

Pode ser expresa ou tácita (artigo 999 CC). A aceptación expresa é aquela que se fai documentalmente (cando se fai notarialmente, esa escritura denomínase “Escritura de manifestación e aceptación de herdanza”. Normalmente esta escritura faise cando os herdeiros van dispoñer dos bens da herdanza). A aceptación tácita son actos realizados por quen ten a delación hereditaria que manifestan a súa vontade de facelo a título de herdeiro. O Código Civil, no artigo 1000 establece unhas condutas polas cales se considera aceptada a herdanza de forma tácita. Ossupostos máis frecuentes de aceptación da herdanza son tácitos, mediante os actos recollidos no artigo 1000.

Non se considera aceptación tácita os actos de mera administración realizados por quen é chamado a ser herdeiro, pero só como administrador.

Conforme ao artigo 1000, cando varios son chamados a ser herdeiros, cando un deles enaxena a herdanza, iso é aceptación tácita. Cando un renuncia á herdanza a favor doutro, iso e aceptación tácita.

O que non é aceptación tácita é a renuncia pura e simple ou renunciar a favor das mesmas persoas respecto ás que se daría o dereito de acrecer.

Prazo para aceptar (pura e simplemente): a regra xeral do artigo 1016 CC, pódese aceptar a herdanza mentres non prescriba a acción da reclamación da herdanza. Hai dous tipos de acción:

  • Acción de reclamación de herdanza: suposto de delación sen aceptación. (15 anos: acción persoal).
  • Acción de petición de herdanza: acción que ten o herdeiro que aceptou. (30 anos: acción real).

O prazo para aceptar unha herdanza é de 15 anos, pero é discutible, porque hai quen entende que se pode aplicar o prazo de 30 anos.

De acordo cos artigos 1004 e 1005, podo pedir ao xuíz un prazo para que o herdeiro acepte ou repudie. (INTERROGATIO IN IURE) Isto non impide que a aceptación sexa voluntaria.

Unha vez aceptada a herdanza, é sucesor a título universal do causante en todo o seu patrimonio. Adquire a posesión civilísima.

É moi importante para a adquisición dos bens por usucapión. Todos os anos que tivera o causante, súmanse aos do herdeiro. Hai que ter en conta o artigo 442 do CC.

**6. A acción de petición de herdanza.

  1. Responsabilidade do herdeiro por débedas e cargas da herdanza.**

O herdeiro que acepta asume as débedas do causante. As débedas transmítense por lei aos herdeiros, e non, como regra xeral, aos legatarios.

Aceptación pura e simple: ultra vires.

A beneficio de inventario: intra vires.

No caso de pluralidade de herdeiros: artigo 1084 CC: a responsabilidade é solidaria.

Aparte das débedas hai un concepto que é o de cargas da herdanza: son débedas que xorden despois como consecuencia do falecemento do causante. O réxime xurídico é o mesmo que o das débedas.

Os herdeiros pagan os legados (artigo 859 CC) na mesma proporción en que son herdeiros. Hai unha responsabilidade mancomunada. Se os bens da herdanza non chegan para pagar o legado, o artigo 887 CC contempla como se pagan.

8. Alleación da herdanza.

Artigo 1067.

Cando o herdeiro enaxena o dereito hereditario, chámase cedente.

9. A repudiación. O artigo 1101 do Código civil.

Ten a mesma estrutura e requisitos que a aceptación.

É formal (artigo 1008 CC), ten que facerse necesariamente por escrito, e concretamente en instrumento público. Normalmente repúdiase notarialmente. Non é frecuente a repudiación mediante escrito dirixido ao xuíz.

Cando afecta a menores de idade ou incapacitados sometidos a tutela: necesítase autorización xudicial.

Cando se repudia unha herdanza, a repudiación ten efectos retroactivos.

Conforme ao parágrafo 2º do artigo 890 é posible que alguén sexa chamado á herdanza en condición de herdeiro e legatario. Chámase “prelegado”. Pódese repudiar a herdanza e conservar o legado, e viceversa.

O artigo 1001 CC, contempla a repudiación en prexuízo de acredores. Contémplase unha aceptación da herdanza por parte dos acredores en nome do herdeiro.

10. A comunidade hereditaria: réxime xurídico.

Cando hai pluralidade de herdeiros, xorde a comunidade hereditaria.

A comunidade hereditaria extínguese a través da partición. A cada herdeiro adxudícanselle bens concretos.

O herdeiro non vai ser propietario de ningún ben concreto da herdanza ata que se realice a partición.

Se hai pluralidade de herdeiros, non é propietario dun ben ata despois da partición.

A comunidade hereditaria comeza coa aceptación de varios herdeiros e conclúe coa realización da partición.

Non existe no CC unha regulación específica da comunidade hereditaria.

Cando hai un causante que morre, o seu patrimonio convértese en herdanza. Se hai pluralidade de herdeiros, xorde a comunidade hereditaria.

Moitas veces o causante, está casado. Ademais, casado en sociedade de gananciais. O CC concibe o fenómeno sucesorio dende a posición do causante.