Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


CONCEPTOS DITERLI RESUMIDOS, Resúmenes de Idioma Español

Asignatura: CONCEPTOS DE TEORIA Y CRITICA LITERARIA, Profesor: ARTURO CASAS Y ANXO ABUIN, Carrera: Lengua y Literatura Española, Universidad: USC

Tipo: Resúmenes

2010/2011

Subido el 09/07/2011

jessicariveiro-1
jessicariveiro-1 🇪🇸

3.8

(150)

14 documentos

1 / 19

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
Ideoloxía:
Para Napoleón Bonaparte o pensamento estaba baseado en categorías apriorísticas que non
derivan da experiencia.
Raymond Williams incorpóraa ao marximos e distingue tres sentidos do concepto:
a. Un sistema de crenzas característico dunha clase ou grupo social particular
b. Un sistema de ideas ilusorias que pode ser contrastado co coñecemento verdadeiro ou
científico
c. o proceso xeral de produción de significados e ideas
Francisco Sampedro contemplou a ideoloxía como a falsa consciencia e as formas de conciencia
sociais, é dicir, un uso pexorativo e outro neutro.
Marx e Engels definirano como as ideas dominantes non son máis que a expresión ideas das
relación materiais dominantes, as relacións dominantes captadas en forma de ideas”. Unha
ideoloxía é pois un sistema de pensamento que perdeu o contacto coa realidade material da
sociedade na que se insire: unha versión invertida da realidade.
A ideoloxía como sistema de crenzas dunha clase social determinada, de xeito que se pode falar
de ideoloxía burguesa, de ideoloxía proletaria, etc.
Valentin Nikolaevich atribuirá a palabra catro características básicas: pureza sígnica,
neutralidade ideolóxica, capacidade para tornar en discurso interno e ubicuidade.
A palabra é o material sígnico da vida anterior, isto é, da consciencia de forma que aínda que a
súa natureza sexa social , xoga un papel indispensable na consciencia individual. Esta dobre
presenza é a que determina a ubicuidade da palabra como fenómeno ideolóxico.
A ideoloxía é o proceso xeral de producción de significados e ideas: o signo existe ubicuamente
na totalidade social e plo tanto é atravesado pola loita de c lases. É precisamente esta
multiacentuación o que lle dá vitalidade ao signo. A intención da clase dominante é fixar un
carácter inmutábel ao signo ideolóxico, de forma que apareza como por enriba das clases
sociais, isto é, convertilo en signo monoacentual vulnerando o carácter internamente dialéctico
do signo ideolóxico.
A estructura da ideoloxía pode ser examinada mediante seis categorías básicas: os seus
membros, as súas actividades, os seus fins, os seus valores, a súa posición na sociedade e os
seus recursos. Cada unha das ideoloxías existentes pode privilexiar unha ou varias destas
categorías, de modo que pode haber ideoloxía de fins, de recursos, etc.
Incluíu entre os aparatos ideolóxicos o sistema educativo, a relixión, a familia, a igrexa, etc. A
ideoloxía enténdese como a relación vivida entre os seres humanos e o mundo. A ideoloxía leva
a cabo un proceso de interpelación do suxeito, de forma que este se identifique ilusioriamente
coas demandas do modo de producción e acepte o seu sometemento como algo voluntario.
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9
pfa
pfd
pfe
pff
pf12
pf13

Vista previa parcial del texto

¡Descarga CONCEPTOS DITERLI RESUMIDOS y más Resúmenes en PDF de Idioma Español solo en Docsity!

Ideoloxía:

Para Napoleón Bonaparte o pensamento estaba baseado en categorías apriorísticas que non derivan da experiencia.

Raymond Williams incorpóraa ao marximos e distingue tres sentidos do concepto:

a. Un sistema de crenzas característico dunha clase ou grupo social particular

b. Un sistema de ideas ilusorias que pode ser contrastado co coñecemento verdadeiro ou científico

c. o proceso xeral de produción de significados e ideas

Francisco Sampedro contemplou a ideoloxía como a falsa consciencia e as formas de conciencia sociais, é dicir, un uso pexorativo e outro neutro.

Marx e Engels definirano como as ideas dominantes non son máis que a expresión ideas das relación materiais dominantes, as relacións dominantes captadas en forma de ideas”. Unha ideoloxía é pois un sistema de pensamento que perdeu o contacto coa realidade material da sociedade na que se insire: unha versión invertida da realidade.

A ideoloxía como sistema de crenzas dunha clase social determinada, de xeito que se pode falar de ideoloxía burguesa, de ideoloxía proletaria, etc.

Valentin Nikolaevich atribuirá a palabra catro características básicas: pureza sígnica, neutralidade ideolóxica, capacidade para tornar en discurso interno e ubicuidade.

A palabra é o material sígnico da vida anterior, isto é, da consciencia de forma que aínda que a súa natureza sexa social , xoga un papel indispensable na consciencia individual. Esta dobre presenza é a que determina a ubicuidade da palabra como fenómeno ideolóxico.

A ideoloxía é o proceso xeral de producción de significados e ideas: o signo existe ubicuamente na totalidade social e plo tanto é atravesado pola loita de c lases. É precisamente esta multiacentuación o que lle dá vitalidade ao signo. A intención da clase dominante é fixar un carácter inmutábel ao signo ideolóxico, de forma que apareza como por enriba das clases sociais, isto é, convertilo en signo monoacentual vulnerando o carácter internamente dialéctico do signo ideolóxico.

A estructura da ideoloxía pode ser examinada mediante seis categorías básicas: os seus membros, as súas actividades, os seus fins, os seus valores, a súa posición na sociedade e os seus recursos. Cada unha das ideoloxías existentes pode privilexiar unha ou varias destas categorías, de modo que pode haber ideoloxía de fins, de recursos, etc.

Incluíu entre os aparatos ideolóxicos o sistema educativo, a relixión, a familia, a igrexa, etc. A ideoloxía enténdese como a relación vivida entre os seres humanos e o mundo. A ideoloxía leva a cabo un proceso de interpelación do suxeito, de forma que este se identifique ilusioriamente coas demandas do modo de producción e acepte o seu sometemento como algo voluntario.

A axioloxía representaría a ordenación paradigmática dos valores, mentres que a ideoloxía é a ordenación sintagmática dos mesmos. Estos resultan actualizados e pasan a estar baixo o control do suxeito individual ou colectivo. As ideoloxías forman parte das estructuras semióticas da superficie.

Greimas e Courtés caracterizan a ideoloxía como unha estructura actancial que actualiza os valores que ela mesma selecciona nos sistemas axiolóxicos. Dentro desta procura de valores o discurso pode resultar máis ou menos figurativizado e entrar polo tanto no campo da mitoloxía.

Escola de Frankfurt:

Denominación que a partir dos anos cincuenta do século XX vén recibindo un grupo bastante amplo e heteroxéneo de investigadores alemán que en 1922 comezaran a colaborar na preparación de simposios sobre a actualidade do materialismo e da filosofía social e que un ano despois fundaron o Institut fur Sozialforschung (Institituto para a investigación social) na cidade de Fráncfort.

Os integrantes da escola procedían en xeral de familias burguesas acomodadas de orixe xudia e compartían a preocupación por renovar os principios marxistas á luz dunha metodoloxía fundamentada no debate multidisciplinar destinado a reorganizar as diversas ciencias sociais sobre as pautas do que, sobre todo a partir de 1936, foi común denominar Kritische Theorie. Entenderon que ese programa debía desenvolverse en colaboración con instancias académicas. Isto último resultou garantido gracias ao sostemento financiero proveniente das familias dalgúns dos mozos membros do grupo e tamén pola reticencia a formalizaren os franksfurteses militancia ningunha de tipo partidario. Outro elemento controvertido é o da vivencia relixiosa xudía incluso a posibilidade dunha tendencia metadisciplinar á teoloxía e a herméneutica talmúdica.

O institut tivo varios órganos de expresión Zeitschrift für Sozialforschung e Studies in Philosophy and Social Sciences. Nestas revistas tiveron acollida traballos sobre economía, teoría política, historia e movementos sociais, teoría do dereito, psicoloxía social e psicanálise, antropoloxía cultural e socioloxía da literatura, entre outras áreas.

Benjamin quixo ser e foi no fundamental un crítico de cultura e un historiador desa actividade ao longo do século XIX, en particular entre os románticos.

O tempo no que a Escola funcionou como tal, mantendo unha certa cohesión metodolóxica e unha estratexia colectiva, non superou os albores da Segunda Guerra Mundial.

Fronteira: (semiótica da cultura)

Lotman concibe a fronteira como a suma de “tradutores” ou “filtros bilingües” polos que un texto, na noción cultural ampla que Lotman utiliza, se traduce a outras maneiras de significar que se atopan fóra dunha semioesfera dada e, á inversa, como mecanismo bilingüe que permite traducir os textos extrasemióticos para seren apropiados pola semiosfera que serve de referencia. A tradución considérase unha operación indispensábel, pois é o único modo en que a

institucional de control hexemónico. Edward Said empregou o concepto de hexemonía para explicar o dominio da cultura europea sobre a oriental. Parte da crítica feminista tamén recorreu ao termo para explicar o modo en que certas ideas ou modos de pensar patriarcais son reproducidos pola institución literaria.

INSCONCIENTE COLECTIVO:

Expresión acuñada polo psicólogo suízo Carl Gustav Jung, fundador da psicoloxía analítica ou complexa. Jung atribúelle ao inconsciente unha dimensión hereditaria e, polo tanto, colectiva, grazas á cal consegue explicar constantes non conscientes do comportamento humano que veñen sendo reproducidas de forma invariabel sen que sexan determinantes o lugar nin á época na que se producen, como tampouco factores de trasmisión cultural. O inconsciente colectivo e os seus contidos específicos, os arquetipos, conforman xunto ao inconsciente persoal a totalidade do insconsciente humano que atopa precisamente na súa dimensión colectiva un trazo xenérico de carácter supraindividual definidor da especie.

As pulsións e as experiencias individuais reprimidas por cuestión de orde moral e social, fornecedoras até entón da maioría dos contidos do inconsciente, son complementadas coa incorporación á morfoloxía da psique do inconsciente colectivo e os seus contidos arquetípicos. Estes últimos constitúen constantes psíquicas universais, empíricamente observabeis en productos culturais diversos. Unha parte da psique que se distingue dun inconsciente persoal por vía negativa, xa que non debe a súa existencia a experiencia persoal e non é polo tanto unha adquisición persoal. Consta no esencial de contidos que foron conscientes por ter sido esquecidos ou reprimidos, os contidos do inconsciente existen debido exclusivamente a herdanza.

As nocións de insconciente colectivo e de arquetipo son contribución fundamentais de Jung ao pensamento antropolóxico, a psicoloxía, a filosofía, á historia das relixións e á mitoloxía.

IMAXINARIO:

Conxunto aberto das figuracións, imaxes e crenzas que constitúen o contorno mental, consciente ou inconsciente dun autor, unha época ou un grupo humano. Polo xeral, no imaxinario atópanse dúas categorías ben diferenciadas: as imaxes primordiais ou arquetipos e os esquemas.

O terreo común destes dous enfoques é a crenza de que a especie humana comparte unha serie de arquetipos común a todas as culturas, que afectan a todos os seres humanos e poden ser sistematizados. Jung trata de conciliala coa práctica da psicanálise froito do cal é o seu concepto de inconsciente colectivo, é dicir, o inconsciente da humanidade enteira.

Ademais son de interese as comprensións máis totalizadoras formuladas por Gaston Bachelard, cuxa análise considérase a miúdo a iniciadora da crítica temática no contexto francés.

  • método de Bachelard consiste en escoller unha serie de temas e compilar numerosos exemplos do tratamento dos mesmos en diversas obras e autores, que posteriormente

son estudados en conxunto. Este enfoque foi continuado por Gilbert Durand para quen o racionalismo implicou sempre unha condena do imaxinario, o imaxinario estaría na orixe de toda actividade racional.

Para Jean Paul Sartre incidiu tamén no eido da psicoloxía da imaxe e o imaxinario está reducido ao rango de simples copias mentais das cousas obxectivas.

O imaxinario é un dos tres campos que conforman a topoloxía da psique humana, xunto co Simbólico e o Real. O simbólico é o campo da linguaxe ordenada, parafraseable e estructurada, é dicir, á area da lei.

O real é o máis problemático dos tres campos e o que recibe menor definición por parte de Lacan. Trátase da área fóra da linguaxe e das relación entre significantes, é dicir, a área externa ao simbólico que retorna en trastornos como a psicose para atormentar ao suxeito.

Para Lacan os campos da topoloxía psíquica inflúen non só no individuo, senón tamén na interacción entre individuos. Cornelius Castoriadis manexa os conceptos de imaxinación radical, imaxinario social e significacións e institucións imaxinarias sociais. A primeira destas nocións é o locus central da psique a actividade creadora da mesma para constituír representacións e desexos.

A imaxinación radical crea un imaxinario social instituínte, que forma o histórico-social, o imaxinario social é precisamente a expresión colectiva da imaxinación radical de cada individuo. O imaxinario social é o real en si mesmo. No seu interior actúa un número de significacións imaxinarias sociais que poden ser de dous tipos: ou ben significacións centrais desprovistas de referente, ou ben secundarias, que son instituídas polas centrais. Estas institucións non teñen por que ser explícitas, nin corresponder co que os suxeitos se representan, senón que son elas as que definen os individuos sociais.

As institucións xurdidas da imaxinación radical de cada individuo constituído en parte dun colectivo, definen os individuos sociais.

Esta reproducción e re-creadora.

O concepto de imaxinario atopou tamén unha aplicación nos estudos literarios. Antonio García Berrio fala de imaxinario cultural para indicar as referencias culturais de momentos anteriores que a literatura pode reutilizar, nun proceso que cualifica de endogámico.

Dentro dos estudos poscoloniais, o imaxinario é obxeto dunha análise diferente que ten en conta a súa natureza dividida nas sociedades coloniais. O suxeito destas sociedades vese forzado a inserirse nun imaxinario imposto dende a metrópole que lle resulta alleo e mesmo antagónico. Na sociedade poscolonial, o imaxinario gobernase pola dialéctica entre ver e ser visto, é dicir, entre a percepción de si mesmo do propio suxeito e a forma en que este é percibido.

ESTEREOTIPO (sinónimo de clixe):

Fórmula lingüística ou ideolóxica de carácter convencional. A diferenza entre estereotipo lingüístico e o estilema radica nas características e amplitude do código de referencia:

Resulta en consecuencia, unha reconfiguración das categorías de análise das formas de representación e comunicación, que afecta non só as expresións contemporáneas marcadamente intermediais, senón tamén as expresións tradicionais.

Inter-remite a unha posición interseccional, concibida de forma relacional e integradora.

Medialidade denótase “medio” nun sentido abarcador, como dispositivo que acolle dende a pura materialidade sensíbel da representación á espesa rede de disposicións simbólicas, convencións, institucións e prácticas culturais que configura o contexto mediador dunha creación.

Distínguense tres niveis de aplicación: a relación entre diversos medios como sistemas de representación e entre as prácticas artísticas asociadas a medios delimitados; a configuración dun novo contexto medial, que emerxe desa interacción e se institucionaliza; e o propio medio en tanto que soporte e artefacto de mediación que opera transformacións.

A intermedialidade ramificase en dirección múltiples e hteroxéneas e aínda non é un concepto plenamente asentado. Entre os puntos de delimitación difusa, sitúase como asunto central a acoutación do termo fronte ao máis consolidado da intertextualidade. Heinrich F. Plett, consideran a intermedialidade unha dimensión ou subdivisión da intertextualidade. Interarte e remediación poden considerarse formas ou manifestacións da intermedialidade.

A práctica da análise intermedial tivo como foco de interese preferente o dos espazos intermediais por definición, moi especialmente a cinematografía e o teatro e distintas experiencias sinestésicas na arte como na écfrase ou o iconotexto.

No ámbito teatral Pavis considera a intermedialidade entre as categorías da práctica interdisciplinar, xunto con interarte e interculturalidade e, por outra parte, como un dos medios posíbeis de análise do espectáculo dramático. Pavis delimita como obxecto a incorporación dos elementos específicos dun medio na escena cando estes adquiren unha nova dimensión; así, por exemplo, o componente cinematográfico da estética teatral de Vsevolod Meierhold, a mímica de Étienne Decroux e os elementos fílmicos ou de vídeo na danza de Pina Bausch.

A literatura comparada está na atención ao seu proceso de configuración. Non se considera o mero feito de interrelación, interferencia ou presenza de códigos dun medio noutro, senón a integración artística que xera un novo medio caracterizado pola hibridación. A atención ao obxecto desprázase cara ao contexto intermedial.

DOMINACIÓN:

O concepto pode enfocarse dende disciplinas como a socioloxía, a antropoloxía, a teoría económica, o dereito, a filosofía política e os estudos literarios.

A dominación é remitida, de xeito directo ou indirecto, a esfera do poder. A partir do post- estructuralismo a dominación converteuse nun concepto nuclear do pensamento crítico, sobre todo en orientacións como as teorías poscoloniais, marxistas, feministas e sistémicas.

Os estudos poscoloniais defínena como o resultado das relacións de forza ou de imposición cultural exercidas pola metrópole sobre as colonias e describen as repercusións desta forza sobre a cultura dos colectivos colonizados a través da análise dos procesos de socialización. A alfabetización, a miúdo supón a imposición da lingua e do sistema de valores dos colonizadores, é un dos procesos cuxas implicacións ten merecido máis análise por parte dos teóricos

vinculados ao poscolonialismo. Á hora de describir o proceso de descolonización e os intentos de superar a subalternidade, os teóricos poscoloniais botan man de conceptos como os de apropiación ou subrogación.

A abrogación adoita implicar un rexeitamento explícito das ferramentas da cultura dominante e a apropiación, en cambio, é unha estratexia por medio da cal os colonizados, sen renunciaren a determinadas herdanzas da cultura colonial, sométenas a un proceso de resementización que as dota dun alcance potencialmente subversivo. Os movementos de abrogación e de apropiación son descritos como estadios sucesivos na articulación de alternativas ao dominio colonial e na construción dunha identidade cultural e mesmo nacional diferenciada da metropolitana. O uso da lingua nos colonizadores por parte das comunidades coloniais é un dos casos máis paradigmáticos de apropiación cultural e explica moitas das dinámicas de intercambio nas literaturas contemporáneas, como se deixar ver, por exemplo, nas relacións que contraen os escritores africanos de expresión lusófona ou francófona coas literaturas nacionais portuguesa e francesa.

Na teoría dos polisistemas, o concepto de dominación xorde moi vinculado á análise das interrelacións entre centro e periferia. Itamar Even-Zohar recoñece a complexidade dos procesos de intercambio cultural ou transferencia a través do concepto de estratificación, que contribúe a explicar a evolución dos sistemas literarios e o xeito no que as culturas dominantes ou centrais actuaron como activadoras de determinados repertorios culturais periféricos.

A teoría dos campos literarios, entende a dominación como efecto do poder exercido polos axentes que desempeñan o capital simbólico nunha determinada sociedade.

Bordieu defende a teoría da dominación masculina que para el é a forma por excelencia do poder simbólico, e asenta non só na inscrición corporal e ideolóxica da diferenza sexual, senón tamén na complicidade imposta dos que sofren a violencia. A idea do consentemento arrincado permite conectar as reflexións de Bordieu con algunhas consideracións do denominado feminismo da terceira vaga. Non é casual que o traballo feito dende a teoría dos campos sobre a dominación masculina teña atopado no feminismo teórico unha ampla resonancia.

Pascale Casanova explora a proxección literaria do concepto de dominación. A autora fala de dobre dominación ou dobre constricción para se referir aos grupos ou axentes que son suxeito de forzas que operan en dúas direccións e estuda o modo no que o contexto global no que circulan os productos literarios xera determinadas ideas sobre a universalidade da cultura, ao tempo que desvela os intereses que subxacen ao postulado dunha internacionalización literaria.

As comunidades literarias periféricas adoitan deseñar estratexias de oposición ou resistencia cuxo resultado dependerá da súa posibilidade de acceder ao capital simbólico.

A teoría marxista atinxe aos estudos culturais británicos nos cales cavila Raymond Williams entre formas dominantes ou hexemónicas, residuais e emerxentes. As formas culturais dominantes son definidas como o espazo no que se desprega a reprodución cultural.

Os estudos culturais e a teoría crítica maniféstanse debedores do esforzo de Antonio Gramsci por superar a xerarquía marxista estrutura/superestrutura. Gramsci considera que a dominación é froito dunha determinación que se manifesta como coerción explícita e considera que a política e o seu espazo de intelixibilidade. A hexemonía proxectaríase no espazo social e cultural como un conxunto de prácticas, expectativas e experiencias.

A indiferenza e aínda hostilidade que as críticas feministas angloamericanas sentiron pola teoría, considerada unha actividade de homes, comezou a cambiar na década dos oitenta. Poden destacarse as reflexións teóricas de Elaine Showalter para quen o texto é un medio co que pode acadar a experiencia. Para esta investigadora, as feministas deben facer xinocrítica, un tipo de crítica que, separada da teoría elaborada por homes, trata os aspectos históricos, antropolóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos presentes no texto da muller. Considera o estudo da literatura escrita por mulleres unha necesidade política urxente para o cuestionamento do canon de gran literatura. Toril Moi, pola súa parte, acusa á crítica feminista angloamericana de non ser suficientemente política debido ao seu reiterado empeño en separar a política da estética.

En canto á teoría feminista francesa, hai que salientar en primeiro lugar o feminismo marxista de Simone de Beuvoir, autora de Le deuxiéme sexe, que situou a problemática da muller en relación á loita de clases, tal como farían moitas feministas de Escandinavia e Gran Bretaña. Este tipo de crítica marxista feminista centrouse no estudo da formación histórica das categorías de sexo e no modo en que estas categorías son culturalmente representadas. O novo feminismo francés está vinculado á revolta estudiantil de maio do 68, a partir de que as feministas empezaron a formar grupos exclusivamente de mulleres seguindo o exemplo das americanas. Estes poñen a énfase na diferenza pola cal a muller podía manter os seus valores específicos en vez de adoptar un modelo masculino. A tal propósito servironse da lingüística, a filosofía, e a psicanálise, mediante as que elaboraron as súas reflexións sobre a natureza da muller e a linguaxe. O feminismo francés estivo máis preto da filosofía e a psicanálise. A cuestión da escritura feminina foi central nos debates dos anos setenta. O rexeitamento da autora a ser cualificada de feminista esténdese dende o momento en que o feminismo se lle aparece como a demanda burguesa de poder por parte das mulleres dentro do sistema machista vixente. O pensamento binario machista, formado por unha serie de oposicións xerárquicas nas que o lado feminino é sempre o negativo. Cixous proxectou unha escritura feminina rexida pola diferenza que rompe as limitacións das oposicións binarias falogocéntricas, entre elas a que se atopa no propio termo feminino unha vez que se confirma a natureza bisexual de todo ser humano. Este tipo de escritura ten que ver, pois, cun estilo determinado aínda que o estilo bisexual que a define é máis propio das mulleres que dos homes. De aí que a muller que escribe dende a plenitude do imaxinario é inmensamente poderosa, mesturando textualidade e sexualidade até converter a escritura nun acto libidinoso.

Para Luce Irigaray o discurso patriarcal exclúe a muller da representación, reprímea até convertela no reflexo negativo do home, tal como acontece na psicanálise freudiana. Di Irigaray que unha maneira de rachar coa lóxica machista é a imitación por parte da muller do discurso do home, que resulta deste modo, parodiado. A súa análise da feminidade está ligada á idea dunha linguaxe específica da muller que chama o falar-muller que se dá de forma espontánea entre mulleres pero que desaparece cando hai homes diante e que se caracteriza pola súa fluidez e calidade táctil. A cuestión da linguaxe é fundamental nas reflexións da teoría Julia Kristeva.

A linguaxe convértese con Julia Kristeva nun proceso de significación heteroxéneo vinculado a un contexto específico, fronte ao sistema monolítico proposto pola lingüística. A análise da linguaxe concibida deste xeito sería o obxecto da Semiótica. O semiótico preséntase como un conxunto de impulsos básicos carentes dunha estrutura. Na orde simbólica patriarcal o semiótico queda reprimido, aparecendo só en forma de contradicións, absurdos ou silencios, dende os que a linguaxe pode ser desestabilizada, esta é a revolución levada a cabo pola linguaxe poética. A teoría lingüística é, ante todo, unha teoría da marxinalidade e a subversión e na medida en que a muller é marxinada pola orde simbólica patriarcal pode loitar co poder estabelecido igual que o proletariado, os disidentes políticos ou os escritores.

O cambio de categoría de sexo a xénero permitiu as feministas estudar os condicionamentos sociohistóricos, culturais e literarios que actúan na cuestión da muller. O termo xénero foi utilizado para a construción social e histórica fronte á categoría biolóxica. Para Judith Butler o xénero é un efecto do discurso e dedicase a descubrir os mecanismos polos que o xénero se converte en algo aparentemente natural.

Para outras autoras é precisamente a desestabilización do significado a que fai posíbel a loita política en diferentes contextos. O feminismo e o poscolonialismo teñen en común a problematización da representación do outro dende unha centralidade que, no caso do feminismo, é a de hexemonía patriarcal.

Pode localizarse discursos diferentes na teoría e crítica literaria feministas até o punto de que podemos falar de feminismos literarios. O feminismo practica o estudo interdisciplinar, ademais, os retos proporcionados polas feministas afroamericanas, lesbianas e chicanas, que eran marxinais dentro da tendencia dominante, fixo que a partir dos anos noventa gañara en profundidade e flexibilidade.

LITERATURAS EMERXENTES:

Denomínase emerxente a aquel sistema literario non canonizado, en fase de conformación de xeito que o discurso dos grupos que o xeran e as súas producións en particular, atópanse nunha situación de subsidiaridade en relación ao sistema ou sistemas canonizados, é dicir, aqueles lexitimados, polos círculos dominantes dunha cultura. As relación establecidas entre os diversos estratos dun sistema son dinámicas, polo que nun momento da evolución diacrónica un sistema literario emerxente pode chegar a se canonizar ao tempo que un sistema literario canonizado que se automatice pode ser desprazado a un nivel periférico. O estado de emerxencia pode afectar a un sistema literario na súa totalidade ou a algún dos elementos constitutivos do seu repertorio como, por exemplo, os modelos xéneros e, en consecuencia os productos nos que estes se actualizan.

Para C. Guillén existe un conxunto de signos que permiten explicar o proceso de emerxencia dunha literatura por exemplo:

Algún sectores sociais poden asociarse a unha literatura en proceso de emerxencia para sustentala, canonizando obras, escritores e xéneros. Contribúen ao proceso de conformación literaria diferentes organización ou a influencia de certas publicacións.

As antoloxías ou as traduccións constitúen actividade de mediación no proceso que constrúe un sistema literario emerxente e diríxeo cara a súa canonización. Para este autor, un acontecemento inaugural deste tipo de literaturas foi, a tradución da Biblia no caso das nacionalidades europeas.

Os procesos de emerxencia enténdense moitas veces dende a perspectiva do nacionalismo literario, que tende a equiparar a identidade nacional cunha variante lingüística normalizada e cunha literatura realizada con esta mesma variante. As diversas actividades de mediación constrúen un sistema estático e homoxéneo do que son marxinados aqueles sistemas literarios que empregan outro idioma ou unha variante lingüística non normalizada.

Existen tamén literaturas emerxentes de tipo diatópico, é dicir, aquelas marxinadas polo uso dunha variante lingüística dialectal fronte á variante lingüística estandarizada. Jon Juaristi

Aristóteles referiuse de xeito restritivo á actividade hermenéutica como aquela operación mental que formula xuízos relativos á verdade ou falsidade de certos enunciados, cometido que a separaría claramente dos ámbitos respectivos da Lóxica e da retórica.

Para Platón a fixación do sentido do texto escrito demandaría a resposta a certas preguntas que o lector non está capacitado para trasladar ao autor, interacción que en cambio si faculta sen problemas a comunicación oral e que está na base da opción maiéutica asociada a Sócrates. A autonomía no texto escrito forzaría, pois que as preguntas ao autor deban ser contestadas en realidade polo propio texto e está consideración é a que tería determinado a conveniencia de fixar algún método interpretativo.

O eido epistemolóxico propio da Hermenéutica foi constituíndose sucesivamente en seis liñas descritas por Richard E. Palmer.

A primeira sería unha teoría da eséxese bíblica orientada teoloxicamente e fundamentada na existencia dalgún sistema de interpretación capacitado para a resolución de calquera pasaxe concreta, tanto na confesión católica como na protestante e con implicacións históricas a ámbitos como o xurídico, o literario e outros.

A segunda responde a unha metodoloxía filolóxicamente xeral xurdida da asunción da historicidade de todo texto , incluídos os sagrados e por tanto lexitimada para incorporar as regras xerais da eséxese filolóxica, camiño anunciado xa por Baruch de Spinoza e logo ampliado por Friederich Ast e Friedrich August Wolf.

A terceira conduciu a unha ciencia da compresión lingüística centrada xa na propia capacidade de comprender e na idea de que a comprensión ten sempre un carácter dialóxico, tal e como o postulou Friedrich Scheleiermacher.

A cuarta perfilou unha base metodolòxica do conxunto das ciencias sociais e humanísticas no sentido explorado por Wilhelm Dilthey a partir de claves conceptuais como vida histórica, expresión e vivencia ou elerbenis.

A penúltima é a fenomenoloxía da existencia e da comprensión existencial ao xeito heideggeriano ou gadameriano no primero caso con forte compromiso ontolóxico no segundo con implicacións lingüísticas e estéticas focalizadas a subliñar a radical historicidade de todo proceso comprensivo.

Finalmente Palmer menciona a sistematización da interpretación cultural referida sobre todo ao ámbito mítico-simbólico.

Sen dúbida, a estes desenvolvementos sería necesario engadir o propiciado pola deconstrucción.

Gadamer e Ricoeur, Mario J. Valdés presentaron un conxunto de sete premisas da hermenéutica fenomenóloxica que constituirían non só unha teoría da interpretación senón ademais unha teoría literaria e un procedemento para a crítica literaria. Esas premisas son as seguintes:

Toda cuestión feita sobre o texto serao sobre o significado compartido, toda consideración sobre a obra literaria debe diferenciar dúas relacións distintas a dada entre o escritor e texto e a existente entre texto e lector, todo texto transcende as súas condicións de produción e proxéctase cara ás condicións da lectura, que por definición son indeterminadas; o encontro hermenéutico defínese como proceso e consiste na superación da alienación orixinal do texto do

outro; ese proceso é en realidade unha apropiación que actualiza o significado virtual do texto na lectura, respondendo así as esixencias do propio texto; o comentario hermenéutico comeza na explicación da organización formal do texto e, por último, todo texto é inesgotábel como fonte de experiencia, razón pola que resulta fútil calquera pretensión de fixar o seu significado.

Distinguimos entre dous tipos de hermenéutica:

Hermenéutica de impronta reconstrutiva con antecedente principal en Schleiermacher pero actualizada no exercicio de teóricos como Donald Hirsch, nalgún punto seguido por Fernando Lazaro Carreter: dirixese a correcta comprensión do texto do que se quixo dicir

Hermenéutica negativa ou integradora representada por Gadamer: opta por unha fusión horizóntica na que se fan esenciais a conciencia histórica e a historia efectual- mediación, sobre o acto comprensivo que se emprende, de todos os efectos causados ao longo da historia polo obxecto que se aspira a comprender-, os prexuízos individuais vistos como a realidade histórica do ser e como presuposto necesario para a existencia do xuízo, o círculo hermenéutico e a propia historicidade do acto de interpretación. A fusión horizóntica sería o resultado do encontro do presente dende o que se quere comprender- el mesmo, un resultado do pasado- e o propio pasado.

Walter Mignolo no campo dos estudos literarios defendeu a complementariedade das comprensións teórica e hermenéutica procedentes da diferenciación entre ciencias descritivas (orientadas ao descubrimento e confirmación de datos) e ciencias teoréticas (as que formulan hipóteses e constrúen teorías). A actividade científico- descritiva tería o seu fundamento metodolóxico na Filoloxía, ocupándose da reconstrución racional de acontecementos literarios do pasado, polo que o seu compromiso vén sendo empírico e historiográfico. A actividade científico- teórica, fundamentada na filosofía, oriéntase cara á comprensión teórica dos aspectos xerais e repetibeis do fenómeno literario. A partir de aquí, Mignolo diferencia catro paradigmas que ao longo do século XX deron lugare a cadansúas teorías específicas, o paradigma semiolóxico onde conviven as teorías lingüístico- literarias e as teorías do texto literario

O paradigma fenomenolóxico coas teorías sobre a estrutura ontolóxica da obra literaria e as teorías da recepción de fundamento hermenéutico

O paradigma sociolóxico tamén con dúas liñas teóricas fundamentais, a que estuda as relacións entre a estrutura do texto e a estrutura significativa e a que analiza a práctica discursiva e a producción do texto

O paradigma psicoanalítico

Neste mesmo espazo de debate Susana Wahnón vai máis alá cando apunta a inconveniencia de crermos no refuxio mathesis universalis de orixe cartesiana ou na posibilidade dun coñecemento obxectivo do feito literario, polo que defendeu que deberían desacreditarse os debates esencialista e cientificistas sobre o concepto de literatura e propugna un avance decidido dos estudos literarios a prol dunha praxe hermenéutica.

HEXEMONÍA:

determinada lectura, forma parte do proceso institucional de control hexemónico. Edward Said empregou o concepto de hexemonía para explicar o dominio da cultura europea sobre a oriental. Parte da crítica feminista tamén recorreu ao termo para explicar o modo en que certas ideas ou modos de pensar patriarcais son reproducidos pola institución literaria.

HISTORIA LITERARIA:

Disciplina que ten por obxecto o estudo da literatura entendida dende unha perspectiva cronolóxica. Rene Wellek entende por historia literaria un conxunto de obras literarias dispostas como partes do proceso histórico e inscritas nunha serie temporal. A historia literaria ocupouse tradicionalmente da investigación das fontes e relacións mutuas dos textos literarios e da análise e mais da elucidación da súa xénese, tanto dende o punto de vista da traxectoria biográfica e creativa dos seus autores como do contexto estético e cultural pertinente. O horizonte destas tarefas sería a plasmación das ligazóns entre os diferentes feitos de relevancia literaria, de xeito tal que se puidese amosar unha evolución histórica na que os fenómenos de cambio e permanencia terían unha importancia funcional igualmente substantiva.

A historia literaria revélase como un dos medios máis eficaces para configurar ese mesmo obxecto e conferirlle unha aparencia de autonomía e evidencia. Adóitase acudir nos últimos anos ao termo invención para se referir a esta mestura sutil da dimensión constatativa e performativa ou realizativa dos discursos historiográficos e culturais. Precisamente nesta conciencia radica un dos alicerces epistemolóxicos da proliferación de historias literarias alternativas que procuran a recuperación da presenza de aspectos e suxeitos preteridos polas tradicións historiográficas hexemónicas. É o caso das que se centran na produción literaria das mulleres ou das que tratan de incorporar dimensións en principio alleas ao discurso historiográfico canónico como poden ser a cultural oral e popular.

Non sorprende que a historia literaria sexa sometida en certas ocasións a análises que a aproximan ao status dunha formación ou práctica discursiva, coas consecuencias ideolóxicas e epistémicas que isto ten. A este propósito, cómpre recordar a conexión íntima entre a consolidación institucional da historia literaria, como disciplina académica e como elemento relevante da cultura moderna, co desenvolvemento do concepto de nación nos últimos douscentos anos. Unha boa parte das historias literarias modernas, especialmente a partir dos primeiros anos do século XIX, admite ser entendida como un esforzo por narrar a identidade nacional (propia ou allea) en clave literaria, certo que dende situacións e contextos irredutibeis a unha descrición apresurada. A dialéctica constitúe un dos aspectos de maior incidencia neste sentido, reveladora, por outra parte dos centros decisivos na conceptualización e formulación do saber histórico- literario da época.

A historia literaria constituía un xénero de seu, caracterizado pola definición da visión global dunha tradición literaria determinada utilizando criterios canónicos de ordenación e explicación, como poden ser os períodos, xéneros, xeracións ou estilos, o certo é que tamén podería falarse dun conxunto máis amplo e heteroxéneo de formas de escritura historiográfica que se integra no mesmo campo epistémico. Habería que considerar opción do tipo das antoloxías, bibliotecas, cronoloxías, dicionarios, edicións críticas e anotadas, ensaios académicos, etc.

A progresión dende as formas máis sinxelas e menos estruturadas cara as propias das grandes historias de carácter narrativo Wellek presentaba o xurdimento da historiografía literaria como o resultado da converxencia da biografía coa crítica no marco da consolidación da historiografía política no século XVIII. Os propios historiadores desta época reivindicaron a novidade dos seus proxectos fronte a outras formas previas.

A primeira formulación dunha visión pragmática da historia literaria podese atribuir a Francis Bacon. Daría lugar a unha concepción da Historia literaria definida por un marcado falante propedéutico e por un entendemento do discorrer temporal como unha serie de vicisitudes, distinguidas por un vocabulario inconfundíbel- orixe, progresos, adiantamentos, decadencia- e conducentes a unha presentación do correspondente estado actual da literaria da que se tratase. Este modelo deixou a súa impronta nalgunhas das máis importantes propostas historiográficas do Setecentos.

Trátase de empresas intelectuais encamiñadas a ofrecer unha visión unitaria e crítica do seu obxecto cunha énfase nidia na xustificación causal dos diferentes estadios literarios, é dicir, próximas ao que na propia época se concibía como historia filosófica. Nesta dimensión filosófica radica precisamente o cambio paradigmático respecto a unha serie de modelos discursivos (antoloxías, bibliotecas, diccionarios…) que, como xa se indicou, tamén se identificaron moi a miúdo coa historia literaria.

Máis específicas son sen dúbida as historias da poesía que así mesmo comezaron a ser cultivadas no século XVIII.

A tensión entre a constitución dun repertorio acumulativo de información literarias e a articulación dunha visión unitaria e coherente mediante procedementos basicamente narrativos foi un dos aspectos decisivos deste período inicial da historiografía literaria. Outro consistiu na problemática relación entre este esforzo sintético e as mutacións crecentemente aceleradas do campo do saber que se definira como o seu obxecto. Un dos índices desas trasnformacións recoñécese de feito nos límites tan variábeis da noción mesma de literatura, que evolucionaron dende a equiparación co conxunto dos saberes de transmisión escrita até a concepción de carácter estético identificada progresivamente coa idea de imaxinación.

Un terceiro aspecto que define as tensións constitutivas destes modelos de historiografía literaria ten que ver co ámbito xeográfico. Franca Sinopoli, distingui, por exemplo entre as obras de alcance cosmpolita, mundial ou europeo e as que se limitan a unha determinada nación tratando de conectar esta disciplina de perspectiva coa consabida dicotomía posterior, entre a historiografía literaria nacional e a comparatista.

A historiografía literaria oitocentista se caracterizou polo mencionado acoutamento do seu campo da man dun entendemento moito máis restrinxido do concepto de literatura. Valla como exemplo a actitude de Desiré Nisard quen distinguía entre Historia literaria, dedicada ao conxunto dos textos escritos dunha nación e a Historia da literatura que restrinxiría o seu obxecto en virtude dun criterio estético.

Cómpre sinalar como outro dos trazos máis salientábeis a estreita vinculación coa idea de nación e de lingua que se foi desenvolvendo a partir, fundamental pero non exclusivamente do romanticismo alemán. Este proceso simbólico de nacionalización literaria se efectou nun contexto definido pola reflexión sobre a literatura europea, incluíndo en ocasión a literatura clásica e mesmo a dalgunhas culturas non europeas, pero sempre dende o presuposto da súa influencia sobre as literaturas de Europa.

En terceiro lugar, a conciencia metodolóxica e os debates subsecuentes ocuparon tamén un lugar importante no decurso da historiografía no XIX. A pegada do positivismo marcou o desenvolvemento de diversas actitudes e propostas que tenderon a equiparar o estudo científico da literatura coa historia literaria.

Tampouco non se pode esquecer a incidencia do posestruturalismo sobre os principios básicos que fundamentaron durante tanto tempo a historia literaria como forma de coñecemento privilexiada do feito literario.

Máis peso tivo aínda a conversión da narratividade en obxecto predilecto do cuestionamento teórico. A conciencia de que os textos historiográficos son esencialmente construcións narrativas, coas constricións e procedementos de creación de sentido que lles son propias, e de que, polo tanto non poden funcionar plenamente dende un punto de vista histórico e erudito, pero tampouco seren de todo eficaces como artefactos narrativos polas esixencias científicas da disciplina que se reclaman. Nela apréciase a reticencia respecto ao modelo sintético, unitario e causal da historia literaria filosófica do setecentos.

De aí a tendencia actual a evitar as grandes construcións narrativas a favor de obras de composición máis fragmentaria, en forma de colectivas ou compilacións de traballos de autoría diversa, ou mesmo desbotando a idea de linealidade e causalidade no desenvolvemento cronolóxico dunha certa literatura.

Outro factor clave vén sendo a modificación do concepto de literatura e o distanciamento con respecto aos límites e xerarquías que regulaban implicitamente o seu emprego por parte do común das obras historiográficas.