Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Teoría e Crítica Literaria, Apuntes de Literatura

Teoría y Crítica Literaria Anxo Abuín

Tipo: Apuntes

2018/2019

Subido el 23/12/2019

edudasilva
edudasilva 🇪🇸

4.7

(27)

5 documentos

1 / 45

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
TEORÍA E CRÍTICA LITERARIA
Tema 1. A Literatura
1. Evolución histórica do termo “literatura”.
Durante a Antigüedade clásica, o concepto de literatura equivalía ao de “scriptura”
definido por Quintiliano como “saberes e ciencias profanos conservados mediante a
letra escrita. No humanismo o discurso superdítase ás regras da retórica: corrección,
precisión e beleza. No século XVIII a arte literaria comeza a estar rexida por unha
finalidade exclusivamente estética e, non será até o século XIX cando se consoliden
as concepcións actuais do termo literatura:
Conxunto da producción literaria dunha época (literatura victoriana) ou dun
espazo (literatura mediterránea).
Conxunto de obras clasificadas o particularizadas pola súa orixe, temática ou
intención.
Bibliografía existente sobre un asunto específico.
Sinónimo de “retórica”.
Sinónimo de Historia da Literatura.
Coñecemento sistemático e científico do fenómeno literario.
2. A literatura como fenómeno comunicativo.
A literatura é un fenómeno comunicativo “sui generis”, no cal a mensaxe ten tanta
importancia coma o seu contido. Para explicar esto nos servimos da teoría de
Jakobson, o cal, mediante o seu cadro dos elementos comunicativos, tenta resumir o
proceso comunicativo. Na súa teoría, cada elemento comunicativo leva unha función
determinada: emisor (f. expresiva), refererente (f. referencial), mensaxe (f. poética),
canle (f. fática), código (f. expresiva) e receptor (f. metalingüística). Así pois,
observamos que a importancia desta teoría reside en que con ela Jakobson explica a
literatura, porén, as relacións entre os elementos comunicativos tradicionais e os
literarios son diferentes xa que, por exemplo, a mensaxe na literatura ten unha
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9
pfa
pfd
pfe
pff
pf12
pf13
pf14
pf15
pf16
pf17
pf18
pf19
pf1a
pf1b
pf1c
pf1d
pf1e
pf1f
pf20
pf21
pf22
pf23
pf24
pf25
pf26
pf27
pf28
pf29
pf2a
pf2b
pf2c
pf2d

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Teoría e Crítica Literaria y más Apuntes en PDF de Literatura solo en Docsity!

TEORÍA E CRÍTICA LITERARIA

Tema 1. A Literatura

  1. Evolución histórica do termo “literatura”. Durante a Antigüedade clásica, o concepto de literatura equivalía ao de “scriptura” definido por Quintiliano como “saberes e ciencias profanos conservados mediante a letra escrita. No humanismo o discurso superdítase ás regras da retórica: corrección, precisión e beleza. No século XVIII a arte literaria comeza a estar rexida por unha finalidade exclusivamente estética e, non será até o século XIX cando se consoliden as concepcións actuais do termo literatura:
    • Conxunto da producción literaria dunha época (literatura victoriana) ou dun espazo (literatura mediterránea).
    • Conxunto de obras clasificadas o particularizadas pola súa orixe, temática ou intención.
    • Bibliografía existente sobre un asunto específico.
    • Sinónimo de “retórica”.
    • Sinónimo de Historia da Literatura.
    • Coñecemento sistemático e científico do fenómeno literario.
  2. A literatura como fenómeno comunicativo. A literatura é un fenómeno comunicativo “sui generis”, no cal a mensaxe ten tanta importancia coma o seu contido. Para explicar esto nos servimos da teoría de Jakobson, o cal, mediante o seu cadro dos elementos comunicativos, tenta resumir o proceso comunicativo. Na súa teoría, cada elemento comunicativo leva unha función determinada: emisor (f. expresiva), refererente (f. referencial), mensaxe (f. poética), canle (f. fática), código (f. expresiva) e receptor (f. metalingüística). Así pois, observamos que a importancia desta teoría reside en que con ela Jakobson explica a literatura, porén, as relacións entre os elementos comunicativos tradicionais e os literarios son diferentes xa que, por exemplo, a mensaxe na literatura ten unha

relación diferente co referente polo que entra en xogo a f. poética coa ficticiedade, é dicir, a responsabilidade dunha mensaxe nun entorno é diferente se é real ou non, a función do “eu” literario é totalmente ficticia; as frases que se din na literatura non son reais, son frases ditas por personaxes ficticios pois, nin o narrador nin os personaxes son autores, todo xoga coa ficción. 2.1. As especialidades comunicativas da literatura. As especialidades son características que definen a literatura como un proceso comunicativo:

  1. Disxuntiva: non é conxuntiva, o emisor e o receptor non comparten espazo físico.
  2. Diferida: en referencia ao tempo, a mensaxe repousa, polo xeral nun código escrito e que, por conseguinte, non precisa que o receptor e o emisor manteñan unha comunicación simultánea.
  3. In absentia: a comunicación na literatura dase entre individuos sós un respecto ao outro.
  4. Unidireccional: unha única dirección, non hai resposta inmediata (agás no teatro)
  5. Intransitiva: a literatura non afecta á realidade (excepcións como a sátira ou a novela social).
  1. Teorá da ficción e o pacto comunicativo. 3.1. Teoría da ficción Para falar da literatura como un fenómeno comunicativo debemo falar de ficción, de suma importancia xa para Aristóteles, que definía a literatura como “algo que non sucedeu pero que podería suceder”, enfocado nun dos conceptos fundamentais da súa Poética , a “mímese”, a cal consiste na imitación da realidade, na ficción. Debemos contar os feitos ficticios como reais, é dicir, darlle verosimilitude. Así pois, a ficción é a maneira de crear outros mundos posibles. A literatura e ficción, xa que fronte ao mundo empírico, real, que podemos percibir a través dos sentidos, existen outras posibilidades elaboradas pola mente humana, mundos alternativos creados pola palabra.

linguaxe baseadándose no principio da recorrencia, é dicir, no coidade e delixadeza de calquer elemento do sintagma, xa que pode ter unha repercusión na totalidade do discurso. 4.2. Teorías antiobxectivistas As teorías antiobxectivistas beábanse en que non hai nada de seu que poida definir a literatura, senón que está constituída por elementos culturais e históricos cambiantes. A literatura cambia co contexto, non se acepta un concepto univerla de literatura.

  • Teorías pragmático-sistemáticas: elaboradas por teóricos como Bourdiei, José Lambert ou Even-Zohar, os cales, entenden a literatura como un sistema socio- cultural e como un fenómeno comunicativo que se define de xeito funcional, é dicir, a través das relacións establecidas entre os factores interdependentes que conforman o sistema literario. A literatur non ten un paradigma, constrúese día a día, cada cultura ao seu xeito.
  • Teoría dos polisistemas: formulada por Even-Zohar como unha crítica ao textocentrismo e unha aposta pola concepción relacional dos fenómenos literarios. Para Even-Zohar, a literatura estrutúrase como un conxunto ou rede de elementos interdependentes cuxo papel específico está determinado pola súa relación de cara aos demais; noutras palabras, pola función que desenvolve en dita rede. Así, o texto literario perde o seu lugar central e deixa de ser a fin única da investigación e búscase unha apertura a novas prácticas semióticas.
    • O importante é a relación entre o texto e os axentes que inflúen neste.
  1. O problema do canon literario. O canon é un mecanismo de exclusión, plagado de sistemas de valores, sendo unha especie de filtro a través do cal se establecen as “boas” e “malas” obras literarias. O canon oprime á literatura e á producción natural desta, polo que a creatividade vése coacciónada. Segundo Even-Zohar, non hai “boa” ou “mala” literatura, senón literatura máis ou menos canonizada.

Tema 2. As disciplinas literarias.

  1. Teoría da literatura A ciencia da literatura. A cuestión do método e do obxecto. A problemática das ciencias humanísticas e sociais.
  2. Crítica literaria A crítica literaria é a disciplina da ciencia da literatura que se engarda de analizar, dende unha perspectiva sincrónica, os textos e as obras literarias. Existen tres niveis de crítica: impresión, eséxese e xuízo.
  3. Historia da literatura A historia da literatura é o estudo da literatura dende unha perspectiva cronolóxica, centrándose na investigación e relación mútuas dos textos literaios, tanto dende o punto de vista da traxectoria biográfica dos autores como do contexto estético e cultural.
  4. Literatura comparada
    • Henry Remark, La literatura comparada: definición y función, 1961 “ A literatura comparada é o estudo da literatura máis alá das fronteiras particulares dun país e o estudo das relacións entre a literatura e outras áreas de coñecemento e opinión, como a filosofía, a historia, as artes.. En resumo, é a comparación dunha literatura con outras e a comparación da literatura con outros ámbitos da expresión humana.”
    • Claudio Guillén, Entre lo uno y lo diverso. Introducción a la Literatura Comparada (ayer y hoy), 1985 “ A rama da investigación literaria encarregada do estudo de sistemas conxuntos supranacionais, e digo supranacionais e non internacionais, para subliñar que o punto de saída non o constitúen as relacións nacionais, nin as internacionais que houbo entre eles.”
  1. Xéneros históricos e xéneros teóricos. Hai dúas formas de teorizar sobre os xéneros: de xeito sincrónico, concibíndoos como construcións abstractas conceptuais universais que están máis alá da historia (xénero teórico), e de xeito diacrónico, tendo en conta o seu contexto sociocultural e as súas características concretas (xénero histórico). Segundo Tzvetan Todorov:
    • Os xéneros teóricos son elaboracións mentais que existen no ámbito da literatura sendo resultado dunha dedución de índole teórica.
    • Os xéneros históricos son resultado da observación dunha realidade literaria nunhas determinadas circustancias.
  2. A dimensión arquitextual de G. Gennete. G. Gennete elabora unha teoría dos xéneros dende unha ollada actual. Non dá importancia ao texto en sí, senón as relacións de transtextualiade entre os textos. Gennete define a transtextualidade como o conxunto de relacións dadas entre distintos enunciados literarios. Calquer enunciado está determinado por patróns e circustancias aínda que non sexamos conscientes. Así pois. Gennete defende a existencia de cinco tipos de relacións entre textos:
    • Arquitextualidade: o superior, o texto dos textos. Unha identidade abstracta na que encaixan entidades concretas, os arquitextos (xéneros).
    • Intertextualidade: a relación dun texto cun texto interno.
    • Paratextualidade: a relación dun texto cos seus paratextos (pés de páxinas, imaxes..)
    • Metatextualidade: relación dun texto con outro texto do que fala (a crítica literaria, ensaios..)
    • Hipertextualidade: relación entre un texto co texto no que está inspirado (Eneida-odisea). O FENÓMENO DOS XÉNEROS ESTÁ MARCADO POLA HIPERTEXTUALIDADE. Así pois, a dimensión arquitextual dos xéneros de Gennete designa unha propiedade ou propiedades que poden ser entendidas como referencia xeral, capaces de explicar as semellanzas agrupadas en diversos textos literarios. Deste xeito, Gennete establece tres arquixéneros: a épica, a lírica e o drama (tríade xenérica de Gennete).

Cada un destes ten asociados unha serie de personaxes, animais, escenarios… A idea é que non se podían mesturar e que a súa presencia determinaba o xénero. 6.4. Modelo romántico dos xéneros literarios. No Romanticismo, os xéneros experimentan unha modificación debido á concepción de que os vellos esquemas non serven coa nova auxe da subxectividade e, en consecuencia, do eu , que abandona a realidade e o mundo exterior polo intimismo. A vida e realidade son plurais, non se poden esquematizar. Instáurase a idea de que o drama pode representar ese novo mundo. Nace a renuncia á pureza xenética. Autores como Hegel e os irmáns Schlegel reorientan algunhas destas ideas e buscan unidades proteicas. Ademais, os Schlegel sosteñen que a noción de nación inflúe nos xéneros, xa que estes dependen dun contexto espazo-temporal. Así, establécese unha tríade xenérica similar á proposta por G. Gennete:

  • Épica: o xénero que dá conta da obxectividade do mundo, o propio dos textos antigos. Representa a máis primitiva expresión da conciencia dun pobo, que pode abranguer todo o mundo, a historia dunha nación e dunha época enteira.
  • Lírica: o xénero que serve de canle expresiva ao “eu” do autor, ao seu mundo interior, á alma axitada polos sentimentos. O “eu” sepárase do substancial da nación para falar por sí mesmo.
  • Drama: o xénero que reconcilia as dúas etas anteriores, sendo a fase máis elevada da arta porque implica unha totalidade e un desenvolvemento obxectivo dos acontecementos, pero consciente da interioridade do suxeito. No teatro exprésanse os sentimentos os personaxes e plásmanse en accións dramáticas.

Tema 4. A análise do texto narrativo.

  1. Fundamentos da narratoloxía A narratoloxía é unha disciplina existente dende a Poética de Aristóteles aínda que o termo non foi acuñado até a década dos 70. A narración non é un factor exclusivamente literario, é tamén unha forma de comunicación humana. 1.1. Narración e cultura Non existe cultura que non tenha unha narrativa propia, ademais disto, a miúdo soa existir un metarelato que reafirma a identidade de dita cultura. A maior parte dos relatos teñen enlaces con outras culturas polo que debemos observar certo trasfondo intercultural. A posteriori, as propias culturas desenvolven formas de elaboración complicando e facendo único cada relato. 1.2. A narración Narrar é vincular acontecementos nunha secuencia temporal determinada, é un proceso selectivo, donde se decide contar os feitos que nos parecen máis significativos e que están interrelacionados. No relato debe haber unha lóxica interna, polo cal uns acontecementos levan a outros, ademais de ter cohesión e coherencia, pero ao mesmo tempo debe haber unha progresión nos feitos que se están narrando. Os primeiros narratólogos estadounidenses (XIX) destacaron dúas técticas de narración fundamentais:
    • Showing: contar determinados feitos sen que o narrador interveña (obxectividade).
    • Telling: intromisión do narrador no que se está narrando (subxectividade). 1.3. Narración e relato Dous conceptos fundamentais:
    • Mythos: plano xeral, selección de acontecementos que deben ser narrados, pertinentes ao relato. NARRACIÓN.

atributos ou condicións sexan diferentes semánticamente, son equivalentes no plano morfolóxico xa que as funcións narrativas activadas son as mesmas. Propp establece catro teses sobre as funcións:

  1. As funcións narrativas son o fundamento contitutivo do conto marabilloso.
  2. O número de función é limitado, son 31, pódense agruparar por parellas ou en series máis amplias e son desenvolvidas por sete esperas de acción.
  3. A sucesión das función é invariable, non todas teñen que aparecer pero si respectar uha orde.
  4. Todos os contos marabillosos son estruturalmente homólogos. Propp da o nome de “esferas de acción” ás clases de personaxes que desempeñan unha determinada función. Esta noción foi un precedente dos “actantes” dos estruturalistas nos anos 60. Propp é o primeiro en entender a narración como un conxunt de elmentos cuxa función se define en relación con outros elementos.
  1. Personaxes 3.1. O esquema actancial de Greimas Greimas buscou nos anos 60 unha alternativa aos esquemas das sete esferas de acción de Propp. Establece un sistema máis estrutural, escollendo o termo de “actante” para designar ao participante nun programa narrativo, o que realiza unha acción. Prefire este termo xa que lle parece que o termo “personaxe” está demasiado psicoloxizado. Establece unha combinación binaria de actantas, en total seis:
    • Suxeito/obxecto: alguén quere algo.
    • Opoñente/adxuvante: alguén que complica e algúen que axuda.
    • Destinador/destinatario: algúen que promove unha acción e quen recibe as consecuencias da dita acción. O actante é meramente sintáctico, funciona como un elemento máis a nivel estrutural pero sen profundidade. O actor ademáis de sintáctico ten características semánticas e diferenciadoras, pero non ter porque ser un personaxe. O personaxe é unha categoría semántica, a concreción en individos antropomórficos de actores. 3.2. Características dos personaxes
  • Principais ou secundarios.
  • Planos ou redondos.
  • Hamorin di que un personaxe é un morfema discontínuo, é dicir, achega información de forma progresiva. Os personaxes coñécense a medida que avanza a historia.
  1. A enunciación narrativa. 4.1. A enunciación literaria. Hai varios niveis na enunciación literaria: nun primeiro atópanse narrador e lector/narratario empíricos, nun segundo, narrador implícito non representado e lector implícito non representado. Logo estarían o narrador e lector implícitos representados (os puramente chamados narrador e narratario) e, nun último nivel, paranarrador e paranarratario. 4.2. A voz: clasificación do narrador por G. Gennete.
  • En relación á historia, o narrador pode ser:
  • Homodiexético: dentro da historia que narra (1ª, 3ª p.).
  • Heterodiexético: fóra da historia que narra (3ª p.).
  • Autodiexético: protagonista da historia (1ª p.)
  • En relación ao nivel narrativo:
  • Extradiexético: 1er. grao, fóra da diéxeses, dentro da historia pero non participa nos feitos que narra.
  • Intradiexético: 2º grao, dentro da diéxeses, participa nos feitos que narra. 4.3. A focalización ou punto de vista de G. Gennete.
  • Focalización externa: quen narra sabe menos que o personaxe, é un narrador testemuña en 3ª p.
  • Focalización interna: sabe tanto coma o personaxe, é un narrador protagonista en 1ª p.
  • Focalización 0: quen narra sabe máis que o personaxe, é un narrador omnisciente en 3ª p.

4.4. Clasificación dos narradores segundo Darío Villanueva.

  • 1ª p. : “eu testemuña” ou “eu protagonista” (homodiexético ou autodiexético).
  • 3ª p. : de tres tipos:
    • Omnisciencia autorial; o punto de vista non coñece limitacións, o narrador é omnisapiente e ubicuo. Existe autor implícito que emite xuízos..
    • Omnisciencia neutral; sen autor implícito.
    • Omnisciencia selectiva; un dos personaxes presta o seu punto de vista ao narrados. Distínguese visión e voz.
    • Omnisciencia multiselectiva; varios personaxes prestan o seu punto de vista ao narrador. Distinguir visión e voz e, adóitase empregar o estilo libre indirecto. Ademais destas dúas formas de narración, Villanueva contempla unha terceira opción na que se prescinde da persona que transmite o relato. Dúas modalidades:
  • Modo dramático: personaxes que diaologan interrumpidamente.
  • Modo cinematográfico: todo se cede ao que pode ser observado por unha cámara.

Tema 5. O tempo

  1. O concepto de tempo O tempo é un dos elementos básicos do relato, durante o século XX pensábase que era o elemento central do relato e os estudos literarios centrábanse nel. Autor como Bakthin centra o seu estudo literario no tempo a través do termo “cronotopo” que engloba espazo e tempo e, a través do cal establece unha clasificación das novelas, como por exemplo o cronotopo de camiño ou o cronotopo de castelo. O concepto de tempo ten unha gran importancia xa que os feitos narrados nunha historia sitúanse nunha liña temporal fortemente semiotizada elixindo as fazañas que se contan do total das que forman a liña temportal. Isto está claramento corroborado por Aristóteles que afirmaba: “o relato debe ser unha sucesión lóxica de acontecementos”. Ricoeur define a temporalidade como carácter determinante na experiencia humana, así pois, orienta a nosa experienza nun plano vivencial, sendo conscientes de que nos constitúen como persoas, a través da construción de identidades, as persoas somos “relatos con patas”. Todorov consideradous planos fundamentais:
    • Plano da historia: os contidos narrados; conformado polo tempo da historia, o tempo no que transcurren os feitos narrados. A temporalidade da historia mídese en unidade cronolósicas.
    • Plano do discurso: a expresión dos contidos para conformar o relato; conformado polo tempo de discurso, o tempo no que se narran os contidos. A temporalidade do discurso mídese en unidades cronolóxicas. Os creadores da retórica eran conscientes da importancia da narrativa precisamente pola temporalidade, xa que narrar era organizar, ordear os feitos. Asi pois, se unha narración situaba os feitos de forma ordeada chamábase “natural” e se polo contrario narraban ditos feitos desordeados denominábanno “artifical”.
  • Anisocronía: desaxuste entre o tempo da historia e o tempo do discurso. Hai tres formas fundamentais para conseguir esta desigualdade: o resumo, a elipse (salto no tempo) e a pausa (descriptiva ou digresiva). Para medir a duración do tempo da historia é necesario analizar os marcos temporais e, para a duración do tempo de discuro, o tempo de lectura. 2.3. A frecuencia A frecuencia é a relación cuantitativa establecida entre o número de eventos da historia e o número de veces que se mencionan no relato.
  • Relato singulativo: unha vez o que aconteceu unha vez (1R/1H), ou diversas veces o que sucedeo o mesmo número de ocasións (nR/nH).
  • Relato reiterativo: varias veces o que aconteceu unha vez (nR/1H).
  • Relato interativo: unha vez o que sucedeu varios veces (1R/nH). Tema 6. O espazo.
  1. O espazo O espazo é un elemento estrutural, determinante na propia acción. Normalmente o cambio de espazos implica unha evolución a nivel existencial ( Arredor de sí). 1.1. O espazo da historia e o espazo do discurso. Distinguidos polo teórico Chatman:
  • Espazo da historia: contén os personaxes, convértese nun signo de valores e relacións diversas. Hai espazos urbanos, domésticos, abertos, paisaxes..
  • Espazo do discurso: xeito concreto en que é visto e contado o espazo, depende do xeito de focalización da voz narrativa e dos personaxes. Normalmente o espazo de discurso é un espazo vivido, dependente de quen o percibe.
  • Descrición. “Ancilla narrationais”; sometemento da descrición á narración. As descricións poden ser moi plurais, sempre son unha pausa, non hai paso do tempo. Todas as descricións tenhen unha estrutura similar que consiste na enumeración o na amplificación dos datos que xa tiñamos antes.

Poden ser obxectivas ou subxectivas, depende do enfoque do narrador. Tipos de descricións:

  • Prosopografía: descrición consistente en definir a un personaxe físicamente.
  • Epopea: descrición de aspectos morais e intelectuais.
  • Retrato: prosopografía + epopea.
  • Pragmatografía: descrición dun obxecto.
  • Topografía: describe lugares. A forma máis habitual de presentar un espazo. Se o lugar é inventado chámase “topotesía”.
  • Corografía: descrición en termos de xeografía física e política.
  • Cronografía: descrición dun marco temporal determinado. 1.2. O cronotopo. Bakthin influenciado pola teoría da relatividade e Einstein chega a conclusión de que as dimensións espazo-temporais son indivisibles e adapta a teoría do científico aos estudos literarios, xurdindo así o termo “cronotopo”. Os distintos cronotopos determinan as variantes do xénero novelesco ao longo da historia, polo tanto tamén ten revelancia temática, dado que funciona como organizador dos principais acontecementos argumentais. Tema VII. Poesía.
  1. A poesía e a lírica. Bases teóricas. Poesía e lírica non son o mesmo; a poesía é un xénero literario no que se recurren ás cualidades estéticas da linguaxe. Válese de diversos artificios ou procedementos a nivel fónico-fonolóxico; por outra banda, a lírica é un xénero literrio no que autor expresa os seus sentimentos e emocións a un ente ou obxecto de recepción. A idea actual de poesía nace a través de Petrarca no Recnacemento, consolidándose cos autores románticos. Os grandes tratandistas greco-latinos non estudaron a poesía, de feito Aristóteles non lle da importancia, xa que baseaba a súa concepción da literatura na “mímese”, concepto non relacionado á poesía.