

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
posibles textos selectividad Kant explicados
Tipo: Tesis de Bachillerato
1 / 3
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!


Kant: resume textos Texto 1 Kant define Ilustración como “a saída do home da súa minoría de idade”. Esta “minoría de idade”, na que o ser humano se atopa, consistiría en que este non usa a súa razón por si mesmo, é dicir, na falta de autonomía da razón: “minoría de idade é a incapacidade de servirse do seu entendemento sen a dirección doutro”. Ante isto Kant proclama: “¡Sapere aude!”- ¡atrévete a saber!- “¡Ten o valor de servirte do teu propio entendemento!” Pero, cal é a causa desta minoría de razón? A preguiza e a covardía é o que fai que as persoas non se guíen pola súa razón senón polos “titores”, aqueles que lles din como teñen que comportarse. Respecto á preguiza, Kant dá un grande número de exemplos: “se teño un libro que (…) tan amoladora tarefa”. Por outro lado, a covardía débese a que moitos titores controlan os seres humanos mediante o medo, facendo que as persoas vexan un perigo na autonomía da razón: “A inmensa maioría (…) do seu control” É, polo tanto, para o individuo, moi difícil saír da minoría de razón e moi poucos o conseguen. A solución podería ser deixar ó pobo en liberdade, e que aqueles que realmente pensan por si mesmos propaguen entre o resto da humanidade o valor que ten para todo home a autonomía da razón Texto 2 O dogmatismo racionalista ofrece coñecementos verdadeiros (verdades evidentes) pero “nada nos ensina”, é dicir non amplia realmente os coñecementos, pois constrúe estes “baixo o título da razón pura” (deducíndoos de ideas innatas dentro da mesma razón, independentemente da experiencia dos sentidos). Este dogmatismo ten en fronte o escepticismo empirista radical de Hume que “nada promete” - recordemos que Hume só acepta verdades probables na ciencia e anula a metafísica- é dicir, non nos ofrece o “necesario coñecemento” que buscamos. Ante isto, Kant propón a pregunta de si é posible a metafísica (entendida coma un coñecemento verdadeiro, como ciencia ). Para el a física de Newton e as matemáticas xa son, de feito, ciencias. A resposta a esta pregunta non consiste en ir valorando, poñendo obxeccións a cada unha das metafísicas existentes: “Esta pregunta, non obstante, non ha de ser respondida con obxeccións escépticas fronte a unha metafísica existente (...)” Aquí o autor recórdanos que non aceptamos ningunha delas. Polo tanto, a resposta á pregunta de se a metafísica pode ser ciencia ten que facerse “ a partir do concepto puramente problemático dunha tal ciencia”. Trátase de fundamentar a ciencia que xa é indiscutible (matemáticas e física) investigando como a razón pode producir ciencia nestes dous casos, é dicir, como pode producir leis universais e necesarias que ó mesmo tempo amplían o noso coñecemento. Logo habería que averiguar se a razón pode facer o mesmo no caso da metafísica. Doutro xeito, a pregunta sería : cales son as condicións que fan posible a ciencia (xa existente)?e pode a metafísica cumprir tales condicións? O único camiño para responder á pregunta pola metafísica é, polo tanto, analizar a razón tratando de ver como funciona, como pode chegar a un coñecemento universal e necesario (cientifico) do dado na experiencia. Éste exame ou crítica da razón faino Kant na “Crítica da razón pura” Texto 3 Kant distingue entre coñecementos “a priori” (“independentes da experiencia e ata de todas as impresións dos sentidos”) e “a posteriori”, coñecementos empíricos “os cales teñen as súas fontes (…) na experiencia” O autor acepta que a experiencia ten un papel fundamental no coñecemento, pois como sosteñen os empiristas, este “comeza coa experiencia”. Isto é porque as impresións poñen en marcha o noso entendemento para que una e ordene esas mesmasimpresións, as representacións sensibles, pois doutro xeito non sería posible coñecelas: “poñen en movemento (…) dos obxectos que chamamos experiencia” Pero, a pesar da importancia das impresións, puidera ser que para facer posible o coñecemento o entendemento producira algo por si mesmo: “Máis, aínda cando todo o noso coñecemento empece
consciente disto de xeito inmediato, polo que ó final do texto Kant plantea que é necesario investigar se é verdade que a razón produce por si mesma certos elementos para que se produza o coñecemento, é dicir, se existe este coñecemento a priori*: “hai pois (…) todas as impresións dos sentidos” *Xa sabemos que iso que é a priori, que o entendemento produce por si mesmo son as chamadas categorías; no ámbito da sensibilidade tamén son a priori os esquemas do espazo e do tempo
Texto 4 “Sen sensibilidade ningún obxecto nos sería dado, e sen entendemento ningún podería ser pensado. Pensamentos sen contido son baldeiros, intuicións sen conceptos son cegas” Respecto á primeira parte do texto dinos Kant que a intuición (coñecemento directo, inmediato, de algo verdadeiro) non pode ser intelectual ou racional (como sostiña Descartes que era o cogito) senón que só hai intuición sensible. O único modo en que somos afectados polos obxectos que coñecemos, o único modo en que algo nos é dado, en que recibimos algo no que basear os nosos coñecementos é mediante os datos que nos proporciona a sensibilidade. Esta calidade da sensibilidade chámase “receptividade”: “ Sen sensibilidade ningún obxecto nos sería dado” Pola contra, o entendemento non ten intuicións das que derivar os coñecementos, non hai ideas innatas que capte en si mesmo ( como o cogito en Descartes), que reciba en si mesmo. O entendemento non ten receptividade. Pero, en contrapartida, ten a capacidade de producir por si mesmo representacións mentais, que son os conceptos. A esta capacidade chámalle Kant “espontaneidade” (a sensibilidade non ten espontaneidade posto que recibe impresións (cores. figuras, …) pero ela non é capaz de producilas). Sen esta calidade do entendemento “ningún obxecto podería ser pensado”. O entendemento recibe as impresións sensibles e “pensaas” (enlázaas, ordénaas)
Para coñecer necesitamos as dúas facultades pois “ pensamentos sen contidos son baldeiros ” (os conceptos, as categorías sen estar recheas de impresións, non coñecen nada) pero “intuicións sen conceptos son cegas” (as intuicións sensibles, as impresións, sen conceptos que as ordenen son incomprensibles e tampouco proporcionan coñecemento) Respecto á segunda parte do texto, amosa Kant, o que xa viñen dicindo de que o entendemento non pode intuír (captar inmediatamente dentro de si mesmo, recibir) nada e, polo tanto, non pode realizar a función da sensibilidade. Tampouco a sensibilidade pode “pensar” nada (pois non produce conceptos que ordenen as súas impresións, non ten espontaneidade) e, polo tanto, non pode realizar a función que fai o entendemento. Por isto, dadas as súas distintas características e funcións, hai que estudar sensibilidade e entendemento por separado. O estudio do funcionamento da primeira chamase Estética Transcendental mentres o segundo estudarase na Lóxica trascendental (14-17) Texto 5 Non hai nada bo en si mesmo máis que unha boa vontade. Unha vontade non é boa polo fin que busca , polos resultados que pretende ou polos seus propósitos, senón que é boa “en si mesma”. É boa a vontade que actúa por deber , é dicir, porque é necesario respectar a lei, polo “respecto á lei”. O ben moral non está nos efectos ou resultados das nosas accións, senón en que a nosa vontade se determine, se rexa, por “unha lei universal das accións en xeral”. É dicir, a miña vontade ten que rexerse polo imperativo categórico: “eu debo conducirme sempre unicamente de xeito que eu poida tamén querer que a miña máxima se torne en lei universal”.* Kant está expoñendo, como vemos, a primeira fórmula do imperativo categórico *máxima: calquera norma concreta que sigo nas miñas accións. P. ex: “Debo cumprir as promesas” Texto 6 Kant critíca aquí as éticas materiais. Concretamente, os imperativos hipotéticos , os das éticas materiais, que ordenan unha acción como medio para acadar un fin , que “ representan a necesidade práctica dunha posible acción como medio para acadar outra cousa que se queira”. Segundo Kant, estes imperativos refírense á “materia”- ó contido, ós resultados- das nosas accións. Sen embargo, o imperativo categórico é o imperativo de moralidade pois non pon un fin ou condición para realizar unha acción, non busca resultados á hora de actuar, non ten materia: é formal. Para o imperativo categórico unha acción é boa pola “disposición de ánimo”- pola boa vontade con que a facemos- e non porque con ela consigamos determinados resultados. Texto 7 A liberdade en sentido negativo é, segundo Kant, que as normas morais que dita a razón e que acepta a nosa vontade (libre arbitrio) sexan independentes respecto de toda materia, de todo contido empírico concreto, de todo desexo, fin concreto ou resultado. Se non fose así, a razón e a vontade non serían autónomas senón heterónomas, é dicir, non ditarían leis universais senón subxectivas e, polo tanto, non estariamos obrigados a cumprilas.