
LOCKE:
TEXTO 1:
CONTEXTO DO AUTOR: (VER)
CONTEXTO DA OBRA:
TEMA: Definición e características do Estado de Natureza
TESES:
1. O Estado de Natureza non é un estado de liberdade incontrolada
Definicións: Estado de natureza, liberdade
Explicación: Locke fronte a Hobbes non ve o Estado de Natureza como un estado no que o home se
reduza a unha existencia animal. A racionalidade humana pon límites ao que de feito pode facer, en
concreto dí que o ser humano non pode danarse a sí mesmo nin aos outros, para o que dará argumentos
a continuación
2. A lei natural provén da razón que é común a todos os seres humanos:
Defincións: lei natural
• A razón obriga a recoñecer a todos os seres humanos como iguais e independentes
• Ninguén debe danar aos outros na súa vida, saúde e posesións
• todos os homes son obra dun creador omnipotente (Deus) do que son propiedade
• Os animais e outros seres foron creados por Deus para ser utiles ao ser humano
Explicación: A razón é a característica que define ao ser humano e o distingue dos animais, neste
sentido hai que dicir que Locke acepta a definición dos filosofós gregos como Platón e Aristóteles. A
defensa da racionalidade é tamén a característica da Ilustración. A razón humana fai a todos os homes
iguais e, como é o suposto previo da liberdade, fai del un individuo autónomo e independente. Esta
igualdade natural é a que precribe que non poida danar a vida dos outros nin nada que sosteña esa vida,
como a saúde ou a propiedade que precisa para sobrevivir, pois de facelo tamén daría por suposto que
ese ser e desigual a min e dependente da miña vontade. Ademáis Locke afirma que é a nosa condición
de creación de Deus o que prescribe a nosa igualdade natural, no sentido de que todos dependemos del.
Esta argumentación pon de manifesto os presupostos relixiosos do liberalismo político. Xa non é o
poder o que depende de Deus, pero a vida humana segue pertencendolle. Locke ademais fai unha
diferencia explícita do home cos animais, colocando a estos ao servicio do home, recurrindo ao
mandato divino. A explotación da natureza é tamén unha das bases do liberalismo: a explotación da
natureza é a base da sociedade e o progreso humanos e o ser humano ten dereito a apropiarse dela para
sobrevivir.
3. O Ser humano debe preservar a súa vida e a dos demais cando a súa preservación non estea en xogo
• Debe preservar tamén todo o que sexa necesario para a preservación da vida: liberdade, saúde,
integridade, bens
Defincións: bens
Explicación: A Idea de que estamos obrigados a preservar a vida extendese á preservación das
propiedades que garanten esa vída e extendense á idea de que os ben son de aquel que os traballa par
producir benestar para el e para a sociedade. Esta é unha das bases do liberalismo económico
CONCEPTOS A DEFINIR NA EXPLICACIÓN
Liberdade: Facultade e capacidade do ser humano de actuar por vontade propia sen coación exterior nin influencia dos
instintos
Estado de Natureza: Situación na que se atopa o ser humano antes da conformación de Estados e na que prima a lei da
supervivencia e as leis biolóxicas.
Lei Natural: As normas que se orixinan na natureza humana e na súa capacidade racional. Non son convencionais e
son previas á sociedade.
Propiedade: calqueira obxecto ou ser que deba a súa vida e accións a outro e dependa del totalmente
Bens: Obxectos propiedade dun ser humano que son útiles para o traballo ou o mercado
ESTRUTURA: argumentativa
Liñas 1-5: Os límites da liberdade no Estado de Natureza
liñas 5-8: A orixe da lei natural e as súas normasCONTEXTO DO AUTOR: (VER)
CONTEXTO DA OBRA:
liñas: 8-15: Deberes do Ser humano, respecto a sí mesmo e aos outros
INFLUENCIAS (VER) + OPINIÓN PERSOAL