




Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: Sintaxe galega, Profesor: Francisco Antonio Cidrás Escáneo, Carrera: Lengua y Literatura Gallega, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 8
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!





Cómpre distinguir entre dous grandes tipos de oracións segundo o seu núcleo predicativo, xa que teñen tamén diferentes funcións sintácticas:
(^1) A denominación da gramática tradicional non é a máis precisa, xa que tanto as oracións predicado verbal coma as de predicado non verbal son predicativas ('comunican algo') e, ademais, as de predicado non verbal non sempre son atributivas. Por exemplo, María é alta é unha oración de predicado non verbal atributiva, pero María é a alta é unha oración de predicado non verbal non atributiva. Sintaxe galega 2009/ 1
Sinálase que o CD e o CI son complementos do N da FV. Tamén se sinala que dentro da FV o CD é máis directo có CI. Ademais, tamén se reflicte que o CC se opón en bloque ao Sux. e o Pred. Con todo, isto non é así cando o CC é argumental : O FV N |
vivo en Lugo
estrutura non focalizada estruturas focalizadas Uxía defendeume onte no xulgado Foi Uxía quen me defendeu onte no xulgado Foi onte cando me defendeu Uxía no xulgado Foi no xulgado onde me defendeu Uxía onte b) Propiedades formais : Non son oracións de predicado non verbal en senso estrito, xa que poden selo ou non dependendo de como sexa a oración base. Predicado verbal Foi Uxía quen me defendeu onte no xulgado Predicado non verbal É María a que é alta A súa estrutura é sempre ser + foco + oración de relativo que contén os elementos non focalizados. Son reversibles , pero se o foco vai antes de ser deixa de ser unha oración enfática. Exemplo: oración enfántica oración identificativa Foi Uxía quen me defendeu onte no xulgado Uxía foi quen me defendeu onte no xulgado
A existencia de diferentes verbos auxiliares: a) Supón unha posible obxección ao que vimos de explicar, xa que o feito de que nalgunhas linguas coma o galego existan dous auxiliares pódenos levar a pensar que existe entre eles unha diferenza léxica, pero en realidade trátase dunha oposición gramatical e, en concreto, aspectual : Ser : atribución de características permanentes. Exemplo: a parede é negra. Estar : atribución de características transitorias. Exemplo: a parede está negra. Parecer e semellar : contido modal (posibilidade). b) Esta oposición entre ser e estar só se dá nas atributivas propiamente ditas e con propiedades que non son intrinsecamente permanentes ou transitorias. Exemplos: propiedades non intrinsecamente permanentes ou transitorias negr@ a parede é negra permanente a parede está negra transitoria alt@ a nena é alta permanente a nena está alta transitoria propiedades intrinsecamente permanentes intelixente a nena é intelixente permanente *a nena está intelixente propiedades intrinsecamente transitorias canso a nena está cansa transitoria *a nena é cansa Sintaxe galega 2009/ 4
Neste caso non estamos perante unha situación intermedia, senón mediante unha dobre predicación na que se combinan:
Tanto no caso de verbos predicativos habilitados coma atributivos coma nas predicacións dobres, identificamos a funcións sintáctica complemento predicativo, unha denominación mixta que responde tamén á súa natureza mixta: a) En parte é un complemento circunstancial (da predicación verbal). b) En parte é o que se predica do CD ou do Sux., cos que concorda (polo que non pode ser un CC). Sintaxe galega 2009/ 5
Para que o nivel de ambigüidade sexa baixo , as linguas adoitan empregar os tres procedementos anteriores de xeito complementario. Xeralmente adoitan complementarse a marca de caso e a concordancia, de xeito que a orde só entra en xogo cando estes dous procedementos non son suficientes:
Marca de caso flexiva - - - - adposicións (preposicións )
A preposición a non é marca de CD , senón que se trata dunha marca inequívoca (marca de caso) que se pon en marcha nos casos nos que a concordancia non é suficiente. Así, emprégase a marca empregada pola seguinte función na escala (en orde descendente), é dicir, a do CI. Isto é o que se denomina un sistema de marcado selectivo ou diferencial de obxecto (cómpre ter en conta a influencia do castelán na extensión do seu uso en casos nos que, en principio, non sería necesario).
Non existen suxeitos con preposición , estes son só aparentes: a) Segundo e ata : son complementos máis externos, que se sitúan fóra dos límites da oración. b) Entre : non introduce un suxeito, senón que é unha FPrep. coa función de CCManeira. Exemplo: entre os dous dérono feito → así dérono feito , pero o suxeito está elidido; María e Xan estaban alí. Entre os dous dérono feito → o suxeito é María e Xan non entre os dous. 2.3. Identificación das funcións sintácticas nos esquemas oracionais básicos 2.3.1. Sistemas bicasuais vs. tricasuais 2.3.2. Sistemas diferenciais vs. non-diferenciais 2.3.3. OD con preposición. Funcionamento do sistema de Marcaxe Diferencial de Obxecto en galego 2.3.4. A transitividade preposicional Sintaxe galega 2009/ 8