Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


A Frase nominal , Apuntes de Lengua y Literatura Gallega

Asignatura: Sintaxe galega, Profesor: Francisco Antonio Cidrás Escáneo, Carrera: Lengua y Literatura Gallega, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

Antes del 2010

Subido el 23/05/2010

luz_varela
luz_varela 🇪🇸

4.3

(756)

231 documentos

1 / 13

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
3. A frase
1. A frase como unidade sintáctica
1.2. O concepto de Núcleo e os tipos de frase
1.2.1. Delimitación e propiedades do Núcleo
O Núcleo é o elemento central da F e o único constituínte obrigatorio, o
que implica que lle outorga á F as súas propiedades categoriais, de xeito que as
frases son proxeccións dos seus núcleos. Por exemplo:
FN. ≈ Subs. expandido: neno louro expansión de neno
FAdx. ≈ Adx. expandido: moi alto expansión de alto
FAdv. ≈ Adv. expandido: moi cedo expansión de cedo
Así, a F tería unha forma mínima (só o N) e unha forma máxima (teoricamente
infinita).
Ademais o N ten que ser un N léxico (salvando os recursos cohesivos).
A determinación das propiedades categoriais da F debémola entender en
dous sentidos:
1) Control das propiedades morfolóxicas : o N é o elemento que resolve ou
determina a concordancia dos demais constituíntes dunha F. Exemplos: as
nenas altas, a nena alta, etc.
2) Control das propiedades semánticas e sintácticas dos complementos :
o núcleo é o elemento que selecciona os complementos, aos que lles impón
restricións:
a) Semánticas :
Núcleo Restrición Exemplos
comer alimentos sólidos comer patacas
*comer auga
entre varias entidades entre as mesas
*entre a mesa
b) Sintácticas : o N indica as condicións nas que deben aparecer os
complementos. Neste senso, pódense dar tres situacións:
Que non esixan ningún complemento (verbos inacusativos). Exemplo:
caer.
Que sempre esixan un complemento. Exemplos: atopar [algo], necesitar
[algo]; residente [localización].
Que seleccionen un complemento, pero que poida expresarse ou non.
Exemplos: cantar (a expresión do complemento é rara, pero posible) ou comer
(a expresión do complemento é bastante frecuente).
Núcleo e criterio distribucional
1) A caracterización que realizamos do N implica rexeitar o criterio
distribucional xa que, segundo este criterio, o N da frase é aquel elemento
que pode aparecer só (desempeñando a función de toda a F) en determinados
contextos, pero vimos de afirmar que entre as propiedades do núcleo está
precisamente a de poder seleccionar un complemento necesario (esixir un
elemento subordinado). Exemplos:
Sintaxe galega
2009/2010
USC
1
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9
pfa
pfd

Vista previa parcial del texto

¡Descarga A Frase nominal y más Apuntes en PDF de Lengua y Literatura Gallega solo en Docsity!

1. A frase como unidade sintáctica

1.2. O concepto de Núcleo e os tipos de frase

1.2.1. Delimitación e propiedades do Núcleo O Núcleo é o elemento central da F e o único constituínte obrigatorio, o que implica que lle outorga á F as súas propiedades categoriais , de xeito que as frases son proxeccións dos seus núcleos. Por exemplo: FN. ≈ Subs. expandido: neno louro ≈ expansión de neno FAdx. ≈ Adx. expandido: moi alto ≈ expansión de alto FAdv. ≈ Adv. expandido: moi cedo ≈ expansión de cedo Así, a F tería unha forma mínima (só o N) e unha forma máxima (teoricamente infinita). Ademais o N ten que ser un N léxico (salvando os recursos cohesivos ). A determinación das propiedades categoriais da F debémola entender en dous sentidos:

  1. Control das propiedades morfolóxicas: o N é o elemento que resolve ou determina a concordancia dos demais constituíntes dunha F. Exemplos: as nenas altas, a nena alta , etc.
  2. Control das propiedades semánticas e sintácticas dos complementos: o núcleo é o elemento que selecciona os complementos, aos que lles impón restricións : a) Semánticas : Núcleo Restrición Exemplos comer alimentos sólidos comer patacas *comer auga entre varias entidades entre as mesas *entre a mesa b) Sintácticas : o N indica as condicións nas que deben aparecer os complementos. Neste senso, pódense dar tres situacións:  Que non esixan ningún complemento (verbos inacusativos). Exemplo: caer.  Que sempre esixan un complemento. Exemplos: atopar [algo], necesitar [algo] ; residente [localización].  Que seleccionen un complemento, pero que poida expresarse ou non. Exemplos: cantar (a expresión do complemento é rara, pero posible) ou comer (a expresión do complemento é bastante frecuente).  Núcleo e criterio distribucional
  3. A caracterización que realizamos do N implica rexeitar o criterio distribucional xa que, segundo este criterio, o N da frase é aquel elemento que pode aparecer só (desempeñando a función de toda a F) en determinados contextos, pero vimos de afirmar que entre as propiedades do núcleo está precisamente a de poder seleccionar un complemento necesario (esixir un elemento subordinado). Exemplos: Sintaxe galega 2009/ 1

a gasolina está moi cara * gasolina está moi cara maniféstanse en defensa dos postos de traballo *maniféstanse en defensa o temporal impediu a saída dos barcos *o temporal impediu unha persoa acorde cos seus tempos *unha persoa acorde pousou os libros encol da mesa pousou os libros encol

  1. Tendo en conta a nosa caracterización, as FPrep. non carecen de N, como se defende tradicionalmente, xa que as preposicións seleccionan un complemento , e tamén as súas condicións de aparición. Exemplos: Núcleo condicións Exemplos entre necesario explicitalo entre as mesas *entre sobre necesario explicitalo sobre a mesa *sobre con necesario explicitalo cun martelo *con Esta é unha propiedade derivada de seren N. Así, N doutras categorías co mesmo valor semántico poden aplicar condicións de aparición diferentes: Núcleo condicións Exemplos enriba pode aparecer ou non enriba da mesa enriba Ademais, aplicando este criterio, todos os tipos de F terían ocorrencias con N e ocorrencias sen N , xa que hai contextos nos que os complementos non son suprimibles Tipo de F Exemplo FV necesitar algo FAdx. carente de algo
  2. Por outra banda, a FPrep. e a FAdv. son dous tipos peculiares de F: a) En realidade, son variantes do mesmo tipo de F con diferentes condicións sintácticas:  FPrep .: esixe sempre a presenza de complementos , de xeito que o N nunca pode aparecer só.  FAdv .: é o único tipo de F na que o N pode aparecer sempre só. Núcleo condicións Exemplos sobre necesario explicitalo sobre a mesa *sobre enriba pode aparecer ou non enriba da mesa enriba ante necesario explicitalo ante el *ante diante pode aparecer ou non diante del Sintaxe galega 2009/ 2

FN

DET FN

NÚCN MOD

2.1. O Núcleo

2.2. A determinación gramatical e os Determinantes

  1. Determinantes vs. modificadores: a) Os determinantes son palabras gramaticais , pertencentes a categorías pechadas (predefinidas pola gramática), mentres que os modificadores pertencen a clases léxicas (abertas). b) Realizan operacións determinativas diferentes:  Determinantes : identificación e cuantificación.  Modificadores : cualificación.
  2. Operacións determinativas: a) Identificación (maioría):  Sinalan cal é o referente do nome.  Funcionan como identificadores:  Artigos.  Demostrativos.  Identificadores.  Posesivos. b) Cuantificación :  Sinalan o número de referentes ou o seu tamaño , sen identificalos  Funcionan como cuantificadores:  Cuantificadores indefinidos.  Cuantificadores definidos. Modificación Sintaxe galega 2009/ 4 bocadillo marabilloso de chourizo

Identificación Cuantificación 2.2.1. Actualización, identificación e deixe

  1. Actualización e univocidade: a actualización é un marcador de univocidade , é dicir, de que a entidade á que nos referimos ten unha interpretación única ( referencia en acto , non en potencia). Moitas linguas teñen unha clase de palabras para marcar a univocidade, no caso do galego é o artigo: a) Univocidade : artigo definido. Tamén se pode usar en primeira mención, pero en contextos nos que a interpretación é univoca. b) Non univocidade : artigo indefinido.
  2. Deíxe: a) Son categorías deícticas as que remiten a circunstancias do acto comunicativo , pero non todas as categorías deícticas realizan operacións determinativas:  Circunstancias do acto comunicativo :  Identificación dos intervenientes nos discurso:
  • Emisor(es).
  • Receptor(es).  Lugar que ocupa cada interlocutor.  Momento en que ten lugar o acto comunicativo:  Categorías deícticas non determinativas (non teñen como función identificar unha entidade dentro dun conxunto de entidades posibles):  Pronome persoal : o pronome persoal de primeira e segunda persoa non é propiamente un pronome (non se refiren a unha clase nin determinan un elemento dentro dunha clase), xa que a súa función é a de identificar o emisor e o receptor do acto comunicativo. Sintaxe galega 2009/ 5 bocadillo marabilloso de chourizo x bocadillo marabilloso de chourizo x x
  1. Tipos: a) Cuantificación imprecisa : expresada polos cuantificadores indefinidos ( algunhas, poucas, varias, bastantes... ). b) Cuantificación precisa : expresada polos numerais cardinais ( un, dous, tres... ).
  2. Construcións mensurativas: a) Con substantivos que designan entidades continuas, que non admiten cuantificacións, pode empregarse unha especie de locución cuantificadora ( Q + N 1 + de + N 2 ) na que intervén un substantivo cuantificativo contable e que funciona como determinante: Mercou seis vasos de viño | O NÚC CD | FN DET NÚC | FN N MOD | de - FN N | mercou seis vasos de viño Bebeu seis vasos de viño | O NÚC CD | FN DET NÚC | | bebeu seis vasos de viño b) Tamén se empregan as construcións mensurativas con nomes contables en casos coma:  Cuantificacións colectivas construídas con nomes cuantificativos de grupo ( grupo, serie, feixe, fato, manda, mundo, morea, monte, mar, Sintaxe galega 2009/ 7

chea, restra, mangado, puñado ). Exemplos: unha chea de persoas asistiu / asistiron^3 (moitas persoas).  Cuantificacións partitivas , con nomes que expresan fraccións. Exemplo: un anaco de meditación (unha pouca meditación); unha porción de queixo ( un pouco queixo )^4.  Cuantificacións multiplicativas. Exemplo: o dobre de persoas.  Cuantificacións con nomes de unidades de peso e medidas. Exemplo: un quilo de peixe.  Cuantificacións numéricas precisas , que nalgúns casos adoptan esta estrutura como determinante. Nestes casos a alternancia entre nomes ( milleiro ) e pronomes ( mil ) pode vir motivada polo valor aproximativo dos primeiros. Exemplo: un millón de persoas (pero 999.999 persoas ). c) Concordancia :  O nome cuantificativo da estrutura mensurativa pode atraer a concordancia do verbo , malia non ser núcleo. Nestes casos a gramática presenta dúas alternativas: Concordancia co N da FN Concordancia co Subs. Cuant. Un grupo de escolares foron visitar a catedral Un grupo de escolares foi visitar a catedral Quedaron unha chea de problemas sen solucionar Quedou unha chea de problemas sen solucionar A maioría dos presentes votaron en contra A maioría dos presentes votou en contra O quilo de sardiñas estaban a tres euros O quilo de sardiñas estaba a tres euros Un milleiro de persoas aclamaron ao seu ídolo Un milleiro de persoas aclamou ao seu ídolo  Nas entidades continuas cuantificadas numericamente mediante construcións mensurativas é o determinante cuantificador o que determina a concordancia. Exemplo: *dous quilos de peixe custaba seis euros > dous quilos de peixe custaban seis euros.

2.3. A determinación léxica (cualificación) e os Modificadores

2.3.2. A frase como predicación. FFNN con e sen estrutura argumental 2.3.2.1. Nomes con estrutura argumental

  1. Abstractos: a) Substantivos deverbais ou asociados a verbos. O descubrimento [Núc] do Brasil [Met] por Cabral [Ax] en 1500 [Temp] b) Substantivos asociados a unha acción ou proceso , para os que non existe un verbo correspondente. (^3) Esta vacilación débese a que a gramática non ten claro cal é o N ( chea ou persoas ). Con todo, a entidade designada é sen dúbida persoas , de aí que poidamos considerar que persoas é o N e unha chea de o Det. (^4) Porción pode ser tamén colectivo: unha porción de problemas sen resolver. Sintaxe galega 2009/ 8

X 3 = a nena b) Ás veces realízase a través de FN con estrutura argumental e, polo tanto, con complementos do nome (argumentos ou adxuntos). Exemplos: inxesta, venda... X 1 = os nenos X 2 = bocadillo de chourizo a inxesta excesiva de bocadillos de chourizo Y = execesiva

  1. Atribución de propiedades a entidades ( atributiva ): a) O formato habitual é a oración :

X ← P

X = neno o neno está gordo P = gordo X = neno o neno é loiro P = loiro b) Ás veces tamén poden adoptar o formato dunha FN con estrutura argumental Exemplos:

X ← P

X = neno a intelixencia o neno P = intelixencia X = neno a altura o neno P = altura X = neno a gordura o neno P = gordura X = neno a bondade o neno P = bondade P = construción a construción do edificio polos obreiros en 1992 X 1 = polos obreiros X 2 = edificio Y 1 = en 1992 Sintaxe galega 2009/ 10

Por outra banda, cómpre ter en conta que os nome que dan lugar a FN con estrutura argumental son sempre abstractos ( altura, gordura, bondade... ) fronte os que designan entidades do mundo, que son concretos ( neno, bocadillo, edificio... ). Ademais, as FN con estrutura argumental admiten tamén modificadores : X 1 = Cabral o importante descubrimento do Brasil por Cabral en 1500 X 2 = o Brasi Y 1 = en 1500 MOD = importante 2.3.3. Tipos de Modificadores: Complementos do Nome e Modificadores atributivos. Xerarquía da determinación 2.3.3.1. Tipos de modificadores Nomes sen estrutura argumental → MOD Nomes con estrutura argumental CN argumentos satélites MOD 2.3.3.2. Xerarquía da determinación FN DET artigo NÚC FN MOD Adx. NÚC FN NÚC FN CN FPrep NÚC FN CN F NÚC Subs. CN F Sintaxe galega 2009/ 11

= rompeu a porta usando un machado para 'finalidade' xuntaron cartos para a festa = xuntaron cartos destinados á festa

  1. FPrep. aparentes: non teñen significado léxico , senón que expresan contidos gramaticais (son marca de función sintáctica ): a) CD → a^6 : vin a Pepe ( a -FN) b) CI → a : regaloulle un libro a Pepe ( a -FN). c) MOD de FN → de : mesa de piñeiro, mesa de cociña, mesa de Pepe... ( de - FN). d) CCP / CAx.^7 por : a escuridade é temida polos menos ( por- FN) e) MOD de FAdx. ou FAdv. e mesmo de FPrep. → de : enriba da mesa; difícil de ler, carente de recursos; tras da porta. (^6) A preposición a tamén pode ter os significados léxicos de 'prezo' ( a sardiña está a 1€ ) ou 'dirección' ( vou a Vigo ).. (^7) Non sempre cumpre a función semántica de axente, polo que é preferible denominalo complemento preposicional da pasiva (CCP). Sintaxe galega 2009/ 13