Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


2. A cohesión textual, Apuntes de Lengua y Literatura Gallega

Asignatura: Prácticas de Lingua Galega II, Profesor: Francisco Antonio Cidrás Escáneo, Carrera: Lengua y Literatura Gallega, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

Antes del 2010

Subido el 10/06/2008

luz_varela
luz_varela 🇪🇸

4.3

(756)

231 documentos

1 / 4

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
1. Cohesión e recursos cohesivos
1) Cohesión e recursos cohesivos: a cohesión é a expresión da unidade
semántica dun texto (Halliday e Hassan), que materializa nunha rede de
recursos lingüísticos que enlazan unidades sintacticamente independentes:
os recursos cohesivos.
1).)a A cohesión é unha noción relacional dentro dos límites do texto
(polo que as referencias exofóricas non poden ser recursos cohesivos) e
estas relación poden ser anafóricas ou catafóricas.
1).)b A cohesión depende da habilidade do emisor para manexar os
recursos cohesivos e é unha propiedade instrumental respecto da
coherencia, que se constrúe na mente dos interlocutores.
2) Tipos de recursos cohesivos:
2).)a Referencia: envío ou substitución mediante unha partícula
gramatical.
2).)b Elipse: substitución por cero en condicións de recuperabilidade.
2).)c Substitución léxica: substitución por outra palabra léxica distinta.
2).)d Conexión: explicitación verbal da vinculación lóxico - semántica
dun enunciado cos anteriores.
3) Funcións:
3).)a Primaria: marcar a continuidade temática e a integración
semántica do texto como unidade comunicativa.
3).)b Secundaria: garantir a eficacia comunicativa:
Factor de ecacia comunicativa Recurso co que se consigue
Axilidade e uidez Referencia e elipse
Variedade Substitución lexical
Vinculación Conexión
4) Carácter textual, que fai que non poidamos considerar recursos
cohesivos certas partículas que envían a outro lugar da oración, pero non máis
alá dela, e que o seu uso é obrigado pola gramática.
4).)a Pronomes relativos.
4).)b Pronomes reflexivos e recíprocos, cuxo referente é sempre o suxeito
da oración.
4).)c Clítico de dativo redobrando a posición léxica do OI (deixeille o libro
a teu curmán) ou redobro do clítico de acusativo cun OD en posición
temática (o libro merqueino eu).
En ocasións é posible que na linguaxe literaria se faga un uso escaso da
cohesión procurando efectos estilísticos.
2. A referencia
1) A referencia acádase mediante palabras gramaticais carentes de valor
léxico propio e acompañadas duns trazos morfolóxicos que remiten a un
elemento léxico situado noutro lugar do texto. Así, contribúe á eficacia
comunicativa porque evita a reiteración léxica, alixeirando o discurso.
2) Clasicación segundo a localización do referente:
2).)a En anáfora: remite a un elemento que apareceu antes no discurso.
2).)b En catáfora: remite a un elemento que vai aparecer no discurso.
. A cohesión textual
PAGE 3
Prácticas de Lingua Galega II
pf3
pf4

Vista previa parcial del texto

¡Descarga 2. A cohesión textual y más Apuntes en PDF de Lengua y Literatura Gallega solo en Docsity!

  1. Cohesión e recursos cohesivos
  1. Cohesión e recursos cohesivos : a cohesión é a expresión da unidade semántica dun texto (Halliday e Hassan), que materializa nunha rede de recursos lingüísticos que enlazan unidades sintacticamente independentes : os recursos cohesivos. 1).)a A cohesión é unha noción relacional dentro dos límites do texto (polo que as referencias exofóricas non poden ser recursos cohesivos) e estas relación poden ser anafóricas ou catafóricas. 1).)b A cohesión depende da habilidade do emisor para manexar os recursos cohesivos e é unha propiedade instrumental respecto da coherencia , que se constrúe na mente dos interlocutores.
  2. Tipos de recursos cohesivos : 2).)a Referencia : envío ou substitución mediante unha partícula gramatical. 2).)b (^) Elipse : substitución por cero en condicións de recuperabilidade. 2).)c Substitución léxica : substitución por outra palabra léxica distinta. 2).)d Conexión : explicitación verbal da vinculación lóxico - semántica dun enunciado cos anteriores.
  3. Funcións : 3).)a Primaria : marcar a continuidade temática e a integración semántica do texto como unidade comunicativa. 3).)b Secundaria : garantir a eficacia comunicativa :

Factor de eficacia comunicativa Recurso co que se consigue Axilidade e fluidez Referencia e elipse Variedade Substitución lexical Vinculación Conexión

  1. Carácter textual , que fai que non poidamos considerar recursos cohesivos certas partículas que envían a outro lugar da oración , pero non máis alá dela, e que o seu uso é obrigado pola gramática. 4).)a Pronomes relativos. 4).)b Pronomes reflexivos e recíprocos , cuxo referente é sempre o suxeito da oración. 4).)c Clítico de dativo redobrando a posición léxica do OI (deixeille o libro a teu curmán) ou redobro do clítico de acusativo cun OD en posición temática (o libro merqueino eu).

En ocasións é posible que na linguaxe literaria se faga un uso escaso da cohesión procurando efectos estilísticos.

  1. A referencia
  1. A referencia acádase mediante palabras gramaticais carentes de valor léxico propio e acompañadas duns trazos morfolóxicos que remiten a un elemento léxico situado noutro lugar do texto. Así, contribúe á eficacia comunicativa porque evita a reiteración léxica, alixeirando o discurso.

  2. Clasificación segundo a localización do referente : 2).)a (^) En anáfora : remite a un elemento que apareceu antes no discurso. 2).)b En catáfora : remite a un elemento que vai aparecer no discurso.

PAGE 3

Pode haber referencias en exófora , é dicir, que remiten fóra do texto, pero precisamente por iso non son recursos cohesivos.

  1. Clasificación segundo a relación dos elementos vinculados : 3).)a Referencia non – comparativa :
  • Definición : referencia que introduce un vínculo de carácter non contrastivo.
  • Unidades que a realizan :
    • Pronomes persoais de terceira persoa.
    • Posesivos de terceira persoa^1.
      • Demostrativos.
      • Artigo determinado , cando remite a unha mención previa e, en ocasións, tamén en catáfora.
    • Adverbios demostrativos de lugar.
      • Partículas de identidade cando remiten á mesma realidade ( así, mesmo, tal ).
      • Partículas ponderativas cando remiten ás mesma realidade ( tanto, semellante, tamaño ).
  • Clasificación segundo as circunstancias discursivas :
  • Referencia por reaparición dunha mesma entidade, a máis frecuente.
  • Referencia por aparición por primeira vez no discurso dunha entidade pertencente á mesma clase ca outra xa presentada.

)a Referencia comparativa :

  • (^) Definición : introduce un vínculo de carácter contrastivo.
  • Pode realizarse por :
    • Afinidade (igualdade ou semellanza co referente).
  • Diferenza (non – identidade, desemellanza, superioridade ou inferioridade respecto do referente).
  • Tipos de partículas referenciais polas que se pode acadar:
  • Referenciais xenéricos : relación de afinidade ou diferenza en termos xerais / globais ( mesmo, igual, idéntico, semellante, parello, parecido, outro, diferente, distinto, restante, demais, tal, así, así mesmo, ao revés, ao contrario, adverbios rematados en –mente, etc. )
  • Referenciais específicos : relación de afinidade ou diferenza restrinxida a un aspecto concreto ( máis / tant@s / menos, mellores / peores, maiores / menores, etc. ). Tamén no caso de cuantificadores e numerais que dan conta dunha selección dentro dunha clase ou grupo xa expresado no texto.
  1. A elipse
  1. Definición : procedemento de omisión en condicións de recuperabilidade inequívoca dunha información léxica presentada plenamente noutro lugar do discurso.

PAGE 3

(^1) Os pronomes e posesivos de primeira e segunda persoa son deícticos, polo que se

limitan a identificar quen é o emisor e o receptor, pero non son referenciais, polo que carecen de efectos cohesivos. O de terceira persoa tamén pode ser deíctico en usos exofóricos.

  1. A conexión
  1. Definición : permite marcar mediante procedementos lingüísticos a vinculación temporal ou lóxica entre enunciados , aínda que con frecuencia esta pode percibirse sen ningún marcador.

  2. Contribúe a: 2).)a Condicións de textualidade : articulación. 2).)b Eficacia comunicativa : vinculación.

  3. Elementos que eventualmente funcionan como conectores (sempre constituíntes extraoracionais): 3).)a Conxuncións e locucións conxuntivas. 3).)b Adverbios e locucións adverbiais. 3).)c Frases preposicionais ( en calquera caso, por outra banda, con tal motivo, por exemplo, noutras palabras... ) 3).)d Oracións ( volvendo ao caso, como estaba dicindo, expresándoo con outros termos, para sermos máis precisos... )

  4. Tipos de conectores segundo o contido lóxico-semántico do vínculo que marcan : 4).)a De adición : acumulación ou suma de enunciados sen especificar o vínculo lóxico ( e, nin, tamén, tampouco, ademais, mais, e mais, para máis, enriba... ) 4).)b De oposición : relación de obxección, contraposición ou contrariedade ( pero, mais, emporiso, agora ben, así e todo, con todo, por contra, non obstante, nembargante, ora ben... ) 4).)c De consecuencia : relación causa – efecto desde a perspectiva da consecuencia ( logo, por tanto, entón, por conseguinte, daquela, xa que logo... ), xa que desde outras perspectivas os conectores son intraoracionais e non teñen efectos cohesivos (perspectiva da causa, a condición, a concesión). 4).)d De orde : sucesión espacial ou temporal ( primeiro, en primeiro lugar, despois, logo, máis tarde, seguidamente, a continuación, posteriormente, previamente, por último... ) 4).)e Metatextuais ou organizadores textuais : reflicten inflexións de reformulacións na organización do discurso. Poden marcar os seguintes tipos de relacións :

  • Explicación – exemplificación ( é dicir, noutras palabras, isto é, por exemplo, a saber, ou sexa... )
  • Recapitulación – conclusión ( en suma, resumindo, en poucas palabras, total, en fin, en conclusión... )
  • Derivación – retoma ( a propósito, por certo, volvendo ao caso, como estaba dicindo...)
  • Corrección – precisión ( mellor dito, quero dicir, concretamente, para ser máis precisos... )

PAGE 3