




























































Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: Metodología de la Historia, Profesor: Presedo Presedo, Carrera: Geografía e Historia, Universidad: UVIGO
Tipo: Apuntes
1 / 68
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!





























































Metodoloxía da Historia
I.1. Epistemoloxía e metodoloxía da historia. I.2. Heurística e hermenéutica: tipoloxía e crítica de fontes. I.3. Relación teoría/método e métodos/fontes. I.4. Historia e tempo: cronoloxía e periodización.
II.1. As metodoloxías e técnicas cualitativas. II.2. As metodoloxías e técnicas cuantitativas. II.3. As metodoloxías de traballo compartidas con outras Ciencias Sociais e apertura interdisciplinaria
III.1. O oficio ou práctica do historiador e a investigación histórica. III.2. Deseño e pasos na elaboración dun traballo de investigación histórica.
Crítica minuciosa da documentación procedente do pasado para fixar con rigor as cronoloxías: Niebuhr
Corrente historiográfica da filosofía da historia baseada no idealismo de Hegel, que inflúe no posterior desenvolvemento do historicismo e do materialismo histórico.
Ranke é o principal representante do historicismo clásico e con el a historia se consolida como unha ciencia:
A obra científica do historiador fundaméntase na busca de documentos.
A documentación histórica debe ser sometida á crítica paleográfica filolóxica e diplomática.
A historia débese suxeitar ós feitos: o principal precepto do historiador consiste na exposición rigorosa do feito.
Acepta os presupostos do positivismo histórico:
Non existe independencia entre o suxeito cognoscente e o feito histórico.
A interpretación debe ser pasiva e contemplativa.
Prevalece a imparcialidade do historiador.
Historicismo
Os historicistas alemáns Droysen (1858 e 1882) e Berheim (1889 e 1903) redactan os primeiros tratados de metodoloxía histórica nos que se insiste na importancia da crítica na investigación histórica.
Elemento inseparable para diferenciar a ciencia histórica da simple narración novelesca.
A principal función da crítica histórica consiste en comprobar a autenticidade das fontes documentais.
A crítica textual tamén está presente na Escola Histórica Francesa
Unha corrente historiográfica liberal burguesa consolidada
A principal aportación historiográfica está constituída pola Escola Metódica
O seu medio de expresión é a Revue Historique (1876)
Presenta elementos epistemolóxicos comúns coa Escola Histórica Alemá:
A ciencia histórica debe afastarse da especulación filosófica e garantir a obxectividade do historiador.
Débense aplicar técnicas rigorosas de inventario de fontes, de crítica documental e de organización das tarefas profesionais do historiador.
A influencia do positivismo de A. Comte
A ciencia debe aspirar a descubrir leis efectivas baseadas en relacións invariables de sucesión e semellanza a través do uso e da combinación do razoamento e da observación.
O home debe limitarse a saber aquelo que é positivamente dado.
É preciso atopar a relación entre a causa e efecto para coñecer as series de acontecementos encadeados uns a outros.
Non houbo historiadores propiamente ditos, senón historiadores que se decantaron por unha interpretación positiva.
H. Berr refírese a unha ciencia global histórica do social.
O historicismo amplía a súa influencia.
J. Huizinga e a súa concepción da historia como unha construción cultura.
O impacto da ruptura intelectual e cultural que supón a Gran Guerra tamén inflúe na evolución epistemolóxica da historia.
Avance das novas concepcións no campo das ciencias sociais no período de entreguerras.
Ábrense camiño as tres correntes historiográficas que darán lugar ás tres paradigmas científicas que permitían transformar as bases epistemolóxicas da historia.
a.Escola de Annales
Datos e feitos de referencia:
Annales d’Histoire Economique et Sociale fundada en 1929 por M. Bloch e L. Fevbre.
IX Congreso Internacional de Ciencias Históricas de París (1950)
i. Etapa fundacional
Vai derivar nunha reformulación epistemolóxica da disciplina que parte da reflexión sobre cal debe ser o obxecto da historia e o oficio do historiador.
Análise de problemas.
Ampliación do obxecto de estudo da historia = historia total.
Diálogo coas ciencias sociais e emprego de novas metodoloxías.
O suxeito social ocupa un lugar destacado na investigación.
A xeografía, a demografía e a economía son consideradas como forzas motoras da historia.
Estudo das estruturas como eixe da investigación histórica.
A historia debe permitir analizar tódolos aspectos da sociedade.
ii. Segunda xeración: Braudel
Rebautizo da revista en 1947: Annales: économìes, societès, civilisations.
Predominio das investigacións económicas e demográficas sobre os séculos XVI e XVIII.
Desenvolvemento da historia total a partires das monumentais monografías comarcais/rexionais.
Concepto da civilización.
Influencia do estruturalismo de Levi-Strauss.
A historia pode aspirar a realizar unha síntese do resto dos saberes das ciencias sociais.
Braudel establece unhas novas coordenadas temporais para analizar as estruturas históricas:
Corta duración
Tempo medio
Longa duración (=historia estrutural)
Conxuntura
A investigación histórica débese realizar a partires de problemas ben definidos.
iii. Transformación dos Annales
A proposta de Histoire Nouvelle de 1978 aporta novas perspectivas.
Ábrense camiño a historia dos acontecementos políticos e da cultura e das mentalidades.
Sectorialización e fraccionamento da historia total.
Novos postulados de 1989: a historia debe constuirse dende a investigación científica empregando unha perspectiva multidisciplinar que contribúa a unificar o corpo das ciencias sociais.
iv. Síntese das principais aportacións epistemolóxicas
Reformulación do concepto de feito histórico:
Escola marxista británica: unha social que aspira a ser totalizadora.
c. Cuantitativismo e Cliometría
Promovido pola historia económica.
Annalistas e marxistas empregan metodoloxía cuantitativista.
As súas aportacións metodolóxicas continúan sendo esenciais para a investigación histórica.
Un modelo explicativo esencialmente matemático.
O cuantitativismo non só se aplica á historia económica.
i. Cliometería
Representa o seu desenvolvemento extremo.
Unha matematización de modelos explícitos de comportamento temporal que pretende constituír explicacións de procesos históricos a longo prazo.
Emprégase a simulación contrafactual para constituír un modelo explicativo, principalmente en cuestión relativas ó crecemento económico.
ii. Historia estrutural-cuantitativista
Emprego da estatística e da cuantificación para obter representacións estatísticas das estruturas económicas, sociais e culturais.
A explicación resultante non é cuantitativista.
Establecemento dunha metodoloxía para realizar a pesquisa de datos históricos numéricos.
Os datos deben ser tratados de acordo cunha planificación no contexto dun gran proxecto.
Os feitos históricos son contemplados a través de series temporais homoxéneas e comparables.
O método científico da historia na actualidade e herdeiro das aportacións epistemolóxicas e metodolóxicas destes tres grandes paradigmas historiográficos do século XX.
Crítica á concepción decimonónica do historiador e da investigación histórica a partires dun manual ou método.
O historiador xoga un papel decisivo na investigación histórica.
O historiador debe acadar un coñecemento científico da súa disciplina, a preparación do historiador é relevante.
A formulación de hipóteses é fundamental para o desenvolvemento da investigación histórica:
hipótese: suposición ou conxectura sobre algo do que se infiren unha/s consecuencia/s.
as hipóteses de traballo son decisivas:
as preguntas están presentes na investigación e diríxena.
o historiador debe formular as preguntas que tentará contestar.
O método científico da historia consiste en seguir unha serie de procedementos que permiten formular e verificar as solucións que se propoñen.
Método comparativo.
Elaboración dos métodos teóricos:
método tipolóxico.
comprobación dunha estrutura histórica.
O resultado final é un coñecemento non completamente definitivo pero si exhaustivo.
O historiador só pode obter relativísticas de valor limitado, que non son físicas.
i. estrutura física ou carácteres
externos *Clase:
-textuais
-iconográficos
-sonoros
-audiovisuais
-electrónicos
*Tipo ou forma *Soporte *Formato
ii. Contido ou carácteres internos
*Primarios (orixinarios ou únicos)
*Secundarios (elaborados a partires de documentos privados)
*Terciarios (primarios editados)
iii. difusión
*Públicos *Reservados *Inéditos *Persoais
Documento de arquivo:
Está recollido nun soporte concreto.
Inclúe unha información específica.
A información exprésase a través dun rexistro determinado.
Salvedades a ter en conta:
Co tempo constitúen series.
Están relacionados co seu produtor.
Conteñen información exclusiva.
As pezas illadas xeralmente carecen de sentido por si soas.
Pode ser singular ou único (peza documental) ou composto (unidade arquivística).
Reúnense en agrupacións naturais (históricas) ou artificiais:
Fondo
Sección
Serie
Fonte histórica é calquera tipo de documento existente que aportar unha testemuña sobre o pasado histórico, independentemente do seu soporte e da súa linguaxe.
Clasificación segundo o criterio posicional (forma de elaboración).
Fontes directas.
Fontes indirectas.
Clasificación segundo o criterio intencional (intención na súa elaboración).
Arquivos xerais:
Arquivo Histórico Nacional (Madrid).
Sección nobreza depositado en Toledo.
Arquivo Xeral da Guerra Civil (Salamanca).
Arquivo Xeral de Simancas (provincia de Valladolid).
Arquivo Xeral de Indias (Sevilla).
Arquivo da Coroa de Aragón (Barcelona).
Arquivo Xeral da Administración (Alcalá de Henares).
Arquivos Históricos de Distrito: arquivos das antigas Reais Chancelerías de Valladolid ou Granada.
Arquivos de Ministerios:
Os arquivos do Ministerio de Asuntos Exteriores conta con abundante documentación histórica.
Arquivos Militares.
Arquivos das Comunidades Autónomas.
Arquivos Históricos Provinciais.
Arquivos das Deputacións Provinciais.
Arquivos Municipais.
Arquivos da Igrexa:
Arquivos catedralicios ou capitulares.
Arquivos episcopais ou diocesanos.
Arquivos parroquiais.
Nos arquivos históricos españois non se conserva a totalidade da documentación histórica española.
Fonte histórica: todo aquel obxecto material, instrumento ou ferramenta, símbolo ou creación intelectual, que procede da creatividade humana, a través da cal se obtén a
información concreta referida a unhas coordenadas espaciais e temporais igualmente concretas.
Nalgunhas destas fontes resulta difícil establecer a separación entre fonte bibliográfica e fonte documental
Tres grandes apartados:
i. Fontes fiscais. ii. Fontes xudiciais. iii. Fontes estatísticas.
a. Fontes fiscais
Fiscalidade real (AHN e AXS).
Catastros e amillaramentos:
A mediados do século XVIII elabórase o primeiro catastro de carácter xeral dun monarca europeo: Catastro do marqués da Ensenada
Obxectivo: reforma do sistema impositivo castelán para implantar unha única contribución.
A recolla da información efectúase entre 1749 e 1757.
As averiguacións parten das declaracións feitas polos propios veciños de cada localidade.
A reforma fiscal non prosperou finalmente, pero aportou unha importantísima e singular fonte histórica.
Seccións do Catastro de Ensenada:
Respostas Xerais (respostas que deu un grupo de peritos designados para cada localidade a un interrogatorio composto por 40 preguntas).
Respostas Particulares (averiguacións completas de cada localidade):
Autos Xerais.
Libros de Reais de Legos e Eclesiásticos.
Libros de Persoais de Legos e Eclesiásticos.
Xurisdición privativa exercida pola Inquisición.
Creación das Audiencias Reais e restitución do Tribunal Supremo en 1834.
Causa Xeral
Unha fonte de natureza xurídica fundamental para o estudo da Guerra Civil española (1936-1939).
Permite estudar:
A conspiración e a rebelión franquista.
A represión física e económica.
A destrución do patrimonio.
A revolución socioeconómica.
Protocolos notariais:
Rexistros de escrituras de contratos que ó cabo dun ano pasaron diante dun notario e dos que este deu fe.
O maior número de documentos refírense ós sectores da sociedade dos niveis máis elevados.
Homoxeneidade formal e tipolóxica nos distintos tipos de contratos.
Unha fonte serial.
A documentación notarial permite abordar case tódalas temáticas históricas.
Principais conxuntos de documentación notarial:
De carácter xudicial.
De carácter patrimonial.
De carácter familiar.
c. Fontes estatísticas
Destacan polo seu carácter demográfico:
Arquivos parroquiais.
Rexistro civil (constitúese en España en 1870)
En 1856 créase a Comisión de Estatística Xeral do Reino.
A estatística oficial nace co obxectivo principal de coñecer os datos demográficos nun país, para o cal é preciso elaborar un censo: o censo de 1857 é considerado o primeiro censo moderno español.
Elaboración dos nomenclátores
.
Evolución técnica da prensa:
O desenvolvemento da prensa sempre estivo moi unido ás innovacións tecnolóxicas.
1796: invención da litografía.
1797: invención da máquina de fabricación continua de papel.
1840: invención do movemento rotativo das máquinas.
Invencións relacionadas coa composición linotipia (1884), monotipia (1887) e foto composición (mediados do século XX).
Evolución histórica da prensa:
Século XVIII
Avance notable na temática cultural e científica nos xornais.
Expansión da prensa oficial ou semioficial de contido principalmente político.
Expansión do xornalismo privado.
Século XIX
Impulso definitivo que converte á prensa nun medio de comunicación de masas.
A progresiva politización da sociedade europea contribúe a consolidar un público lector que busca na prensa a educación política necesaria en todo cidadán.
O triunfo da iniciativa privada.
A prensa agrúpase en torno a grupos de poder políticos ou económicos.