¡Descarga Apuntes Arqueología. y más Apuntes en PDF de Arqueología solo en Docsity!
TEMA 4: ESPAZOS URBANOS E ESPACIOS RURAIS
1. ESPAZOS URBANOS
Máis da metade da poboación mundial habita nas cidades: o mundo actual é urbano.
- No 2008 a ONU declarou que por primeira vez na historia había máis xente vivindo nas cidades ca no rural
- En 1800, calcúlase que só 3 de cada 100 persoas vivían en cidades. Xa que logo, a urbanización é un proceso recente e acelerado A idea xeral de cidade é relativamente clara: construción densa, concentración de persoas e de actividades, axitación social, anonimato, ruído, contaminación O problema é concretar e definir dependendo do contexto
- España e Suíza, considérase urbano a núcleos de máis de 10. habitantes;
- En EEUU aos de máis de 2.500;
- En Xapón, a partir de 30.000;
- En Suecia e Dinamarca aos de máis de 200 habitantes
- En Canadá, Escocia e outros países, é suficiente con máis de 1. habitantes. Polo xeral tendeuse a soster que a revolución neolítica permitiu a creación das cidades, ao a agricultura posibilitar un excedente e a especialización social do traballo. Pola contra, Jane Jacobs (A economía das cidades, 1969) puxo en dúbida que fose a agricultura a que permitise as cidades no Crecente Fértil, senón que as cidades preexistían como centros de intercambio e información A revolución agraria produciuse nas cidades porque estas precisaban alimentación. É o argumento central de Edward Soja en Postmetropolis (2001), a partir dos achados de de James Melaart en Çatal Hüyük e do estudo de Xericó
- As civilizacións clásicas son urbanas, pero coa caída do Imperio Romano practicamente se paraliza o ritmo de urbanización
- Isto non afecta o mundo islámico (e no bizantino)
E durante a Idade Media as cidades son moi dependentes do campo e do feudalismo, pero progresivamente van converténdose no espazo da liberdade (“o aire da cidade fai libre”, en expresión de Max Weber). É o xerme da burguesía A revolución industrial é un axente urbanizador de primeira orde Antigas capitais (Granada), antigas cidades comerciais (Lisboa, Sevilla)... perden a súa primacía Emerxen as grandes cidades industriais, que se benefician do éxodo rural e medran sen parar Na cidade industrial nace en boa medida a ideoloxía antiurbana, entendendo a cidade como lugares de doenza e norte. Esta ideoloxía no século XX chegará a ser moi potente, vinculada a argumentos conservadores, na que se idealiza o campo A cidade como o lugar no que se perverte a moral, desaparecen os costumes e a tradición... As cidades vense como o lugar do progreso individual, pero tamén a un prezo demasiado alto Nacen daquela as utopías urbanas (a Garden city de Howard, 1898; a Carta de Atenas de Le Corbusier, 1933; etc.) como estratexias para tentar mellorar a calidade de vida nas cidades Desde o século XIX o crecemento urbano mundial non tem freo Van aparecendo os suburbs (barrios periféricos que medran como unha mancha de aceite) Nas últimas décadas, porén, a explosión das cidades é xeral pola irrupción do automóbil Rexións urbanas cada vez máis dispersas, asociadas aos eixos viarios A preferencia polo ‘modelo americano’ (dos EUA) causa nas cidades dos países desenvolvidos unha explosión das baixas densidades urbanas: a cidade dispersa é de baixa densidade Este modelo representa que os espazos centrais das cidades:
- Perden poboación: as cidades centrais do mundo desenvolvido perden poboación a favor das súas periferias
- Reconfiguran a súa centralidade: polo xeral neles desaparece a industria (que marcha lonxe) pero as maiores empresas seguen a localizarse nos centros
- Migracións pendulares diarias entre barrios residenciais cada vez máis afastados e os espazos centrais
equipamentos servizos, pero na actualidade, os territorios non dependen inequivocamente dun só punto central, senón de varios. En resumo: Nos EUA a oficina do censo emprega unha combinación de elementos xurídicos, demográficos, morfolóxicos e funcionais... Pero por moito que aumentemos a complexidade técnica de definición, a discusión dos límites urb. é irresoluble. A DEFINICIÓN DAS CIDADES A TRAVÉS DO MODO DE VIDA OU “CULTURA”? O modo de vida da cidade é de comportamento baseado en relacións superficiais e impersoais, o individualismo (a falla de solidariedade e de sentido comunitario), a competencia, a secularización, a mobilidade. Esta é a idea de cultura urbana proposta por Wirth, sociólogo da escola de Chicago: a urbanización xeneralizada crea unha nova sociedade Debido ao continuo movemento, o individuo só ten contactos parciais cos outros individuos. O individuo íllase cada vez máis no seu fogar, só ou en familia Estas ideas de Wirth foron moi criticadas. Por exemplo, estes trazos non son da cultura urbana exclusivamente, outros autores inciden na relación destes aspectos como relacións deribadas do capitalismo. As cidades serían o epicentro deste sistema no mundo desenvolvido. A oposición rural-urbano é moi simplista e só se refire a tipos ideais (senón estereotipos). A MORFOLOXÍA URBANA:
- Emprazamento: espazo concreto sobre o que se asenta a cidade. Depende da tipografía e da función para a cal se creou.
- Situación: Posición relativa con respecto a un entorno xeográfico amplo. Está relacionada coa función da cidade no seu entorno (dominio político militar, control de una ruta comercial, zona de intercambio ou comercio).
- Planos
- Construción y edificación
- Usos do solo
Elementos da morfoloxía urbana:
- Emprazamento: o lugar concreto no que se asenta un espazo urbano. O crecemento dunha cidade pódeo facer bastante imperceptíble
- Situación: a posición nun espazo xeográfico amplo e a posición que ocupa o espazo urbano en relación ós grandes accidentes do relevo ou das infraestruturas do transporte.
- O plano urbano: resultado, en dúas dimensións, da combinación no espazo de superficies edificadas e non edificadas (rúas, prazas, xardíns). É o elemento máis perdurábel: agás catástrofes, non hai alteracións dos planos, dado que manifesta un elemento xurídico (a división das propiedades). Hai planos regulares (planos fundacionais e exercicios de planificación) e planos irregulares (crecemento espontáneo) Desde Dickinson (1950) fálase de tres grandes tipos de planos:
- Ortogonais (liñas rectilíneas que se cortan en ángulo recto). O primeiro coñecido é o de Hipodamo de Mileto, no século V aC
- Radiocéntricos
- Irregulares Non se poden estudar os planos só como un elemento físico, senón que responde a unha cosmovisión, un simbolismo... TIPOS DE PLANOS URBANOS:
- Plano Irregular: Cidades medievais cristiáns e musulmáns. Cascos históricas das cidades actuais. Periferias de moitas cidades actuais.
- Plano Radiocéntrico: Está organizado en torno a un punto central destacado da cidade da cidade, normalmente unha praza, dende onde parten as rúas principais en forma de radios. Outras rúas importantes se dispoñen de forma concéntrica ao espazo central. Soe darse en cidades de orixe medieval nacidas en torno a un cruce de camiños no que se situaba un castelo, un monasterio, unha igrexa ou un lugar de mercado... Os edificios aglomerábanse ao redor dese espazo e unha muralla circular rodeaba a cidade. As rúas principais partían do espazo central ata as portas da muralla. Co paso do tempo, o crecemento das cidades obrigaba a derrubar
Desde un punto de vista xeográfico saliéntase a idea de entramado (a forma na que se dispoñen as distintas construcións). Dous tipos: 1 - Pechado: edificios situados uns á beira dos outros e ocupando o solo de xeito continuo e intensivo
- Edificación compacta, apiñada, sen espazos baleiros
- Edificación en mazás (cun patio central), poden ser abertas ou pechadas 2 - Aberto: os edificios dispóñense de xeito aberto
- Cidade-xardín... Howard
- Open planning (boques illados)... Le Corbusier ... OS USOS DO SOLO Son os distintos aproveitamentos do espazo. Hainos de moitos tipos: residencial, industrial, comercial, verde, infraestructura verde…
- Estes son os elementos de morfoloxía urbana máis dinámicos, mentres cós outros tenden a ser máis estábles.
- Pola contra, determinados usos simbólicos (relixiosos, políticos) soen ter unha gran capacidade de resistencia, mesmo se hai cambio de réxime político ou de relixión oficial.
- O plano de usos da cidade funcionalista, ainda vixente, enfatiza a vontade de segregar os distintos usos do solo, como mecanismo do capitalismo para aumentar a eficacia do sistema.
- Os modelos máis coñecidos de usos do solo son os da escola de Chicago (décadas 1920-30). MODELOS DE USOS DO SOLO
- Modelo de Burgess (1925). Os valores do solo diminúen uniformemente desde o punto central e os usos dispóñense en forma de aneis concéntricos.
- Modelo de Hoyt (1939). Determinado polas rutas que irradian desde o centro.
- Modelo de Harris e Hullman (1945). Aparecen varios centros a partir dos cales medra e organízase a cidade. ESTRUCTURA URBANA
É a división da cidade en áreas con morfoloxía e funcións características que teñen orixe nas diferentes etapas do proceso de urbanización.
- Casco antigo ou cidade histórica: é o núcleo inicial de formación do espazo urbano actual
- Normalmente casco antigo emprégase de xeito restritivo (até finais da Idade Media), mentres que a cidade histórica era tradicionalmente a preindustrial, pero cada vez máis, tamén parte da industrial
- O plano soe ser irregular, pero hai cidades vellas cun plano regular (por exemplo na América hispana)
- Os edificios son moi variados, pero agás determinadas excepcións (igrexas, pazos...) soen ser produto de sucesivas renovacións urbanas
- Normalmente prodúcese unha sobredensificación polas edificacións sucesivas, o que explica parte dos problemas de degradación e conservación de moitos destes cascos
- O proxecto hixienistas e reformistas do XIX tentaron reformar estas formas, mediante a creación de gran vías ou boulevards
- Nos últimos anos, en parte, teñen gentrification (elitización): proceso polo que grupos sociais de rendas altas, en xeral mozos, de elevado poder adquisitivo, adquiren propiedades nos centros urbanos. Estes procesos de substitución da poboación local son máis ou menos consentidos polas administracións
- Ensanche: é unha operación unitaria planificada de expansión urbana, de proporcións grandes, na que se formula unha trama regular de trazado xeométrico e dimensión iguais ou proporcionais Faise unha reparcelación sistemática dos tecidos rurais preexistentes e introdúcese un plano ex-novo. Localízanse nas periferias das antigas cidades xunto a estradas de entrada, estacións de ferrocarril ou portos. Orixinariamente eran edificacións reducidas ou baratas pero agora están no núcleo das cidades e son zonas, polo xeral, revalorizadas. Problemas:
- Avellentamento dos edificios
Un centro urbano, sexa cal for o seu tamaño, mantén relacións económicas, sociais e culturais coa área xeográfica que lle rodea, xa sexa para abastecerse ou para fornecer produtos e servizos. Christaller e, máis tarde, Lösch (1906 1945), lanzaron as súas teorías explicativas dos lugares centrais, unhas leis que permitirían, en conxunto, prever a distribución dos asentamentos urbanos no espazo, así como o seu número e o seu tamaño. O xeógrafo alemán Walter Christaller (Baden Wurtemberg, 1893) incorporou á xeografía as investigacións do economista Von Thünen sobre a localización agraria, de Alfred Weber sobre a localización industrial, e o seu compendio por Engländer. Estudou as leis que rexen a distribución das cidades meridionais de Alemaña na súa primeira obra, Die zentralen Orte in Süddeutschland (Os lugares centrais no sur de Alemaña, 1933) e abriu unha nova liña de investigación. A localización, número e tamaño das cidades podían deducirse a partir das funcións urbanas. A TEORÍA DOS LUGARES CENTRAIS: É unha teoría que postula, a existencia dunha distribución e xerarquización dos lugares centrais nun espazo isotrópico. Sentaba as bases para explicar a organización das redes urbanas, teorizando as pautas de ordenación dos núcleos urbanos considerados como centros de servizos que equipan á poboación circundante
- A teoría chámase «dos lugares centrais» porque asume que alí onde se prestan servizos achéganse as persoas. Desta maneira aparece un punto no espazo que organiza o territorio ao redor de si.
- Existe unha lóxica de comportamento económico que goberna a aparición de servizos e as súas posibilidades de triunfar
- É unha continuación da escola deductiva do pensamento alemán representada por Von Thünen 1783 1850.
- Refírese á distribución espacial da demanda do consumidor e os patróns de localización dos servizos e certas manufacturas orientadas cara ao mercado Propósito da teoría dos lugares centrais: Trata de explicar tres interrogantes:
- Existen leis que determinan o número, tamaño e distribución da poboación
- Por que existen entón poboacións grandes e pequenas?
- E porqué están distribuídas tan irregularmente? SUPOSTOS DA TLC:
- A superficie terrestre é completamente plana e homoxénea. En termos técnicos, un plano isotrópico.
- A fertilidade e o clima son iguais en calquera punto do plano
- Todas as fontes de material requiridas para o desempeño das actividades económicas, están igualmente dispoñibles en calquera sitio e teñen o mesmo custo
- Os custos de transporte son exactamente proporcionais á distancia
- O plano é ilimitado, isto é, sen fronteiras
- Neste plano isotrópico non existen barreiras ao movemento, xa que
- O movemento ocorrerá en todas direccións coa mesma facilidade
- Existe un só tipo de transporte CONCEPTO DE REDE HUMANA En función das relacións de xerarquía entre os núcleos urbanos e a súa contorna, as cidades pódense clasificar por orde de influencia en:
- Metrópoles rexionais e subrexionais: Cidades de tamaño medio con servizos especializados (administración, sanidade, área industrial, …) que abastecen a unha rexión.
- Metrópoles nacionais: Son as grandes cidades do país, con proxección internacional. Servizos moi especializados e centros de decisión política e económica.
- Metrópoles mundiais: Son centros de poder político e económico mundial, como Tokyo, Nova York ou Londres. En España:
- METRÓPOLES NACIONAIS (Madrid e Barcelona)
- Concentran a maior parte das sedes de grandes empresas: centros de toma de decisión empresarial.
Existen diferentes ideas e tendencias relacionadas co desenvolvemento das cidades e coa vida nela. En contra do que se dixo, o desenvolvemento do espazo urbano non se traduciu necesariamente nunha maior igualdade de oportunidades dos cidadáns para acceder á vivenda, aos equipamentos ou aos servizos. A cidade segue a ter as súas fronteiras internas. A difusión da cidade soe ter efectos positivos tipo:
- Redución das densidades (ás veces asfixiante) da cidade central
- Homoxeneización da dotación de lugares de traballo, equipamentos, infraestruturas... O TIPO DE CIDADE E AS SÚAS CONSECUENCIAS SOCIOECONÓMICAS A segregación segue a existir. Non todos os grupos sociais “escapan” dos espazos centrais e de feito aparecen barrios degradados neses espazos centrais que perden oferta comercial, servizos sociais. O que é moi grave porque moita da xente que fica neses barrios non soe ter acceso ao vehículo privado. Se na cidade central se producía moita interacción entre clases sociais, nas periferias non se dá comunicación social. Créanse barrios periféricos pechados para as rendas altas (modelo condominio en Latinoamérica, gated community en EUA). Nas cidades de baixas densidades con casas unifamiliares téndese a unha maior incomunicación, que se agrava naqueles membros das familias sen acceso ao vehículo privado. Danse barrios de renda alta que soen coexistir con favelas, villas miseria, bidonvilles... nos países en vías de desenvolvemento. Existe tamén unha dinámica de cidades xardín ou de baixas densidades como cidade de élite e altas rendas. Dispersión + alta densidade – riqueza Dispersión + baija densidade + riqueza Pode establecerse un modelo de cidade universal ou depende docontexto?. En realidade non existe un modelo de cidade universal. O contexto histórico, socio-económico, territorial etc, son moi importantes.
CIDADE E SERVIZOS
Os servizos son aquelas actividades cuxo resultado non é un produto, senón un intanxíbel non almacenábel.
- Teñen unha enorme diversidade: comercio, transporte, turismo, ensino, administración, saúde, servizos persoais, relixión...
- En todo caso, ao longo do tempo foron crecendo e diversificándose
- Sobre todo desde a emerxecncia do sistema-mundo, cando o comercio xa é moi importante e medra a intermediación
- Tamén porque o sector industrial e o agrario requiren progresivamente máis servizos
- A consolidación do Estado do benestar tamén os multiplicará Tradicionalmente en xeografía falábase de agricultura, industria, transporte e comercio. Clark (1939) foi o primeiro en falar de sector terciario como aquel que non é nin primario nin secundario Gottmann (1960) introduce a idea de ‘sector cuaternario’ = aquelas actividades de servizos para a produción das empresas que ían alén do terciario máis habitual (transporte, comercio, etc.) Martinelli (1984) propuxo catro clases:
- Servizos destinados á infraestrutura social
- Servizos de distribución
- Servizos ás empresas
- Servizos aos/ás consumidores/as finais Na actualidade a diversidade é moi ampla. Nos países centrais o proceso de terciarización xeralizouse no último medio século e enténdese que a economía ofreza unha enorme cantidade de servizos e por isso as sociedades desenvolvidas están ‘terciarizadas’ Nos países periféricos o terciario tamén medrou moito (aínda non acada as porcentaxes de ocupación ou de PIB ca ten nos países centrais). Podemos atopar diferentes tipos de servizos:
- SERVIZOS Á PRODUCIIÓN: En 1º lugar, están os servizos de distribución, en segundo lugar os servizos ás empresas e por último están as actividades financeiras.
- SERVIIZOS AO CONSUMO:
- O agroturismo
- Turismo urbano A INDUTRIA E A CIDADE INDUSTRIA: Consiste na transformación dunha materia prima ou produto semifacturado a outro produto, elaborado en serie, polo xeral no seo dun edificio especializado: a fábrica
- Sempre está relacionado cos medios mecánicos e polo tanto sen traballo manual (exclúese a artesanía)
- Implica produción a gran escala e estandarizada
- A industria está localizada. Require sempre un alto investimento en capital, o que implica que se soe presentar mediante multinacionais
- Implica unha organización social concreta (obreir@s e proletariado) que traballa para a obtención dun salario
- Xorde propiamente coa Revolución Industrial
- É un proceso orixinalmente urbano que se vai trasladando as periferias ou áreas ruais (dependendo do proceso industrial) Localización industrial e o modelo clásico de Weber (1909): Según weber son os recursos (materias primas e fontes de enerxía), a man de obra, o mercado de consumo e os transportes os que explican a distribución industrial.
- Este modelo esquece o capital e omite as relacións desiguais que se producen nas relacións centro/periferia, así como a división internacional do traballo, unha teoría considerada na actualidade como clave.
- A man de obra presenta “calidades” distintas no espazo e non se pode considerar homoxénea e indiferenciada, como formula o modelo weberiano
- Tampouco ten en conta que a vontade do empresário (por razóns afectivas ou lóxicas persoais) introduce moitos matices á localización industrial. A teoría da división internacional do traballo. Según esta teoría, a localización industrial depende:
- Dunha banda, do lugar no que se producen as innovacións
- Da outra, das vantaxes económicas dos novos espazos industriais, cun baixo custo da man de obra, escasa conflitividade laboral e vantaxes fiscais As tarefas de deseño, investigación ou fabricación de prototipos quedan nos países centrais. Pola contra, as tarefas máis repetitivas desprázanse aos países periféricos, que se converten en máis dependentes tecnoloxicamente. De tódolos xeitos,existen diferencias envidentes entre países centrais e mesmo entre rexións internas por país. Consolídase deste xeito un sistema no que as distintas fases do proceso industrial se localizan en países diferentes e o transporte é unha variable fundamental que as inter-relaciona. O primeiro país que se contaxia do modelo inglés é Bélxica. Cara a xa tiña industria téxtil, siderúrxica e química. En 1799 un industrial inglés emigra a Verviers e crea a primeira fábrica con máquinas de fiar do continente. Axiña contaxia a Alemaña, que cara a 1870 xa é unha das primeiras potencias do mundo e nas vésperas da 1ª GM supera en produción industrial ao Reino Unido. O Ruhr é a reserva de carbón máis importante de Europa. Francia non inicia a súa industrialización até a segunda metade do século XIX A Europa Oriental e Rusia vaise incorporando, e máis tarde a Europa Meridional. Destaca que en Silesia, Galitzia e Moravia, onde se descobre cara a 1840 unha zona de xacementos carboníferos que se comezan a explotar cara a 1860. Doutra banda, o Val do Donetz, que crece a partir de 1880. Fóra de Europa, só os EUA (a partir de 1870) e Xapón (logo de 1868) van iniciar a súa revolución industrial e ambas as dúas expándense notabelmente. Esta xeometría é a base das relacións centro-periferia, na que o centro é industrial e a periferia é agraria
- As grandes fábricas con moit@s obreir@s tenden a desaparecer, substituídas pola robótica
- Requírese unha man de obra máis especializada e cualificada
- O paro como fenómeno estrutural? A opción de diminuír as xornadas laborais.
- A ética do traballo e a loita contra a economía mergullada
- Agora téndese a unha produción moi flexíbel, adaptada á demanda, fragmentada e dispersa
- Á beira das grandes industrias hai enormes constelacións de pequenas industrias provedoras que as abastecen e que son moito máis adaptativas, tanto no tocante aos procesos como por exemplo en termos laborais
- A incidencia do teletraballo
- En paralelo á crise de sectores industriais tradicionais, como siderúrxico, aparecen novas industrias, por exemplo a electrónica e a informática. Demandan persoal cualificado e están situadas polo xeral en contornos ambientalmente privilexiados. POLÍGONOS E PARQUES INDUSTRIAIS
- Os polígonos industriais son os espazos industriais urbanizados de xeito unitario, por iniciativa pública e/ou privada, para acolleren industrias que chegan do exterior ou dunha cidade próxima. Poden ter vantaxes de tipo fiscal (zonas francas) ou os custos de urbanización poden estar pagos.
- Os parques industriais son aqueles espazos urbanizados e dotados de equipamento que presentan estándares de deseño (arquitectónico e urbanístico) altos e que se deseñan para acolleren industrias e servizos de última xeración. OS PARQUES TECNOLÓXICOS OU TECNOPOLOS Os parques tecnolóxicos ou tecnopolos son asentamentos industriais semellantes aos parques industriais pero que poñen o acento na concentración de actividades de alta tecnoloxía e servizos, sempre con carácter innovador
- Prodúcese unha estreita relación entre investigación e industria
- Dáse unha certa preponderancia do capital risco (viveiros de empresas)
- Normalmente hai empresas de pequeno tamaño, moi innovadoras 2. ESPAZOS RURAIS INTRODUCIÓN Na actualidade existe certo acordo o considerar que o rural e o urbano non se distinguen demasiado ben. En primeiro lugar, no mundo occidental vivimos nunha cultura eminentemente urbana dende o punto de vista:
- Cultural
- Económica (servizos)
- De tipo de asentamento Esta realidade cambia noutras rexións do mundo onde existe un mundo rural claramente identificable. Pola contra, en occidente, o rural se mantén como unha realidade moi presente na administración e noutros sectores.