Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Arqueoloxía I, Apuntes de Arqueología

Asignatura: arqueologia I, Profesor: Jose Manuel Caamaño Gesto, Carrera: Historia, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2016/2017

Subido el 19/11/2017

raquelctz_
raquelctz_ 🇪🇸

3.2

(5)

6 documentos

1 / 16

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
A Arqueoloxía é a ciencia que estuda as culturas do pasado a través da análise e a interpretación
dos vestixios materiais. Esta é unha ciencia histórica, non auxiliar da historia, é dicir, é ciencia por
si mesma. A finais do s. XVIII e principios s. XIX utilizábase como un sinónimo de historia antiga en
xeral, mais con tempo mudou a estudo de antigüidades, referíndose ó mundo grego e latino. O
nacemento da arqueoloxía moderna ven marcado pola publicación en 1764 da obra Historia da Arte
da Antigüidade por parte do autor Winckelmann, coñecido a partir deste momento como o pai desta.
Esta é válida para todas as épocas históricas, incluso para aquelas que non contan con escrita, posto
que non se basea en fontes escritas, senón nos datos materiais que unha civilización produce. É
máis, tamén é moi necesaria para estudar épocas e pobos máis recentes, posto que as fontes
literarias son sempre parciais, é dicir, representan sempre unha determinada interpretación dos
feitos e incluso teñen unha corrente de intereses. Os datos arqueolóxicos son imparciais de por si,
pero o arqueólogo ten que saber interpretalos con obxectividade e sen que os seus ideais e prexuízos
turbien o estudo. A diferenza do historiador da arte, este estuda todos os recursos materiais para
reconstruír a vida da civilizacións pasadas.
I. Arqueoloxía protohistórica/prehistórica
A arqueoloxía prehistórica consiste no estudo con técnicas arqueolóxicas das sociedades
prehistóricas a través dos seus restos materiais, sendo estas sociedades ágrafas antigas (non se
teñen en conta as sociedades ágrafas actuais, que son estudadas pola antropoloxía ou pola
etnografía).
A prehistoria é a parte da historia que constrúe explicacións só a partir de fontes materiais, xa que
son as únicas das que dispón, utilizando técnicas arqueolóxicas. O termo prehistoria foi acuñado a
finais do século XIX grazas ós xeólogos preocupados por determinar a antigüidade da terra. No seu
estudo distínguense dous campos principais: a arqueoloxía prehistórica, xa mencionada
anteriormente, que abarca a dimensión técnica do estudo, e a prehistoria propiamente dita, que
abarca as actividades de interpretación e síntese do mundo prehistórico.
A arqueoloxía protohistórica designa o período do pasado no que certos pobos que, inda que non
contaban con escritura, conviviron con outros que si a posuían e que lles permitiron a conservación
de testemuñas literarias e tradicións que orixinariamente eran orais. Por tanto, aplícase ó momento
no que unha sociedade comeza a ter contacto ca escritura, ben sexa directa ou indirectamente.
A protohistoria comeza no momento de aparición da escritura en Mesopotamia (IV milenio). Hai que
ten en conta que a escritura non aparece de maneira simultánea, xa que, por exemplo, na Península
Ibérica, aparece no I milenio grazas ó contacto co mundo grego e fenicio.
Este período engloba uns trazos sociais e culturais comúns (que a definen): o desenvolvemento dos
primeiros centros protourbáns, a especialización artesanal, a introdución da metalurxia, o comercio
a longa distancia e a metalurxia, a aparición de formas políticas centralizadas e completas, entre
outros.
Península Ibérica
Abarca dende o final da Idade do Bronce ata a romanización, e ten un carácter transitorio, o que fai
que poida ser estudada dende a prehistoria e tamén dende a arqueoloxía clásica. Nace das culturas
protourbanas do bronce final (especialmente da área tartésica, en España), e abarca as
colonizacións orientais (fenicios). Estuda as influencias destas culturas no mundo indíxena do
mundo do ferro (iberos, celtas, celtiberos, castrexos).
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9
pfa
pfd
pfe
pff

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Arqueoloxía I y más Apuntes en PDF de Arqueología solo en Docsity!

A Arqueoloxía é a ciencia que estuda as culturas do pasado a través da análise e a interpretación dos vestixios materiais. Esta é unha ciencia histórica, non auxiliar da historia, é dicir, é ciencia por si mesma. A finais do s. XVIII e principios s. XIX utilizábase como un sinónimo de historia antiga en xeral, mais con tempo mudou a estudo de antigüidades, referíndose ó mundo grego e latino. O nacemento da arqueoloxía moderna ven marcado pola publicación en 1764 da obra Historia da Arte da Antigüidade por parte do autor Winckelmann, coñecido a partir deste momento como o pai desta.

Esta é válida para todas as épocas históricas, incluso para aquelas que non contan con escrita, posto que non se basea en fontes escritas, senón nos datos materiais que unha civilización produce. É máis, tamén é moi necesaria para estudar épocas e pobos máis recentes, posto que as fontes literarias son sempre parciais, é dicir, representan sempre unha determinada interpretación dos feitos e incluso teñen unha corrente de intereses. Os datos arqueolóxicos son imparciais de por si, pero o arqueólogo ten que saber interpretalos con obxectividade e sen que os seus ideais e prexuízos turbien o estudo. A diferenza do historiador da arte, este estuda todos os recursos materiais para reconstruír a vida da civilizacións pasadas.

I. Arqueoloxía protohistórica/prehistórica

A arqueoloxía prehistórica consiste no estudo con técnicas arqueolóxicas das sociedades prehistóricas a través dos seus restos materiais, sendo estas sociedades ágrafas antigas (non se teñen en conta as sociedades ágrafas actuais, que son estudadas pola antropoloxía ou pola etnografía).

A prehistoria é a parte da historia que constrúe explicacións só a partir de fontes materiais, xa que son as únicas das que dispón, utilizando técnicas arqueolóxicas. O termo prehistoria foi acuñado a finais do século XIX grazas ós xeólogos preocupados por determinar a antigüidade da terra. No seu estudo distínguense dous campos principais: a arqueoloxía prehistórica, xa mencionada anteriormente, que abarca a dimensión técnica do estudo, e a prehistoria propiamente dita, que abarca as actividades de interpretación e síntese do mundo prehistórico.

A arqueoloxía protohistórica designa o período do pasado no que certos pobos que, inda que non contaban con escritura, conviviron con outros que si a posuían e que lles permitiron a conservación de testemuñas literarias e tradicións que orixinariamente eran orais. Por tanto, aplícase ó momento no que unha sociedade comeza a ter contacto ca escritura, ben sexa directa ou indirectamente.

A protohistoria comeza no momento de aparición da escritura en Mesopotamia (IV milenio). Hai que ten en conta que a escritura non aparece de maneira simultánea, xa que, por exemplo, na Península Ibérica, aparece no I milenio grazas ó contacto co mundo grego e fenicio.

Este período engloba uns trazos sociais e culturais comúns (que a definen): o desenvolvemento dos primeiros centros protourbáns, a especialización artesanal, a introdución da metalurxia, o comercio a longa distancia e a metalurxia, a aparición de formas políticas centralizadas e completas, entre outros.

  • Península Ibérica

Abarca dende o final da Idade do Bronce ata a romanización, e ten un carácter transitorio, o que fai que poida ser estudada dende a prehistoria e tamén dende a arqueoloxía clásica. Nace das culturas protourbanas do bronce final (especialmente da área tartésica, só en España), e abarca as colonizacións orientais (fenicios). Estuda as influencias destas culturas no mundo indíxena do mundo do ferro (iberos, celtas, celtiberos, castrexos).

Ten unha gran tradición científica grazas ó impacto que produciu en Europa o coñecemento da cultura ibera, e neste momento comezan a producirse grandes descubrimentos: Xacementos de Cerro de Los Santos, en Albacete (1869) e Dama de Elche (1897).

Nos anos 30 e 40 comezan as escavacións en xacementos levantinos, descubrindo cerámica ibera. Esta, que estaba feita en torno e xeralmente decorada con decoración antropomorfa, zoomorfa ou xeométrica, espertou un gran interese na comunidade científica pola súa técnica e decoraciçon. Ademais, nestes anos comezan os estudos dos tartesos por Schulman, estudos nos que combina datos arqueolóxicos con fontes escritas, e que conseguen unha gran difusión en Europa.

Trala Guerra Civil destacan os traballos sobre a colonización grega, sobre todo en Ampurias, comezada a escavar por Martín Almago. Neste ámbito destaca o estudo da cerámica importada.

A partir dos 70 reanúdanse os estudos sobre os fenicios, levados a cabo polo Instituto Arqueolóxico Alemán, e demostran a importancia das colonizacións fenicias no sur da península. Ademais descóbrense a existencia de factorías fenicias que se estenden polo sueste peninsular.

Unha serie de xacementos contribúen a divulgar a cultura ibera, como a Dama de Baza, Porruna (gran cantidade de relevos), ou Pozo Moro (enterramento en forma de torres decorados con relevos). Nos últimos anos comézase a estudar novos ámbitos desta cultura, como o urbanismo, o mundo funerario, os lugares de culto (santuarios), a cerámica ou a iconografía.

  • Próximo Oriente

É o estudo das 1º sociedades occidentais con escritura. As zonas xeográficas concretas son: as terras de Anatolia (cultura hitita), os vales do Tigris e Éufrates (sumerios, acadios, babilonios, asirios), a meseta de Irán (medos e persas), a franxa costeira do levante/Líbano (fenicios) e o tramo inferior do Nilo (exipcios).

A diferenza dos estudos clásicos, os cales teñen unha importante tradición filolóxica, os estudos orientais carecen de importantes testemuños escritos, salvo algunhas referencias latinas, gregas e da Biblia. Por esta razón, o estudo do Oriente Próximo depende fundamentalmente da arqueoloxía, responsables do descubrimento de textos e arquivos documentais.

Como excepción, a exiptoloxía, asirioloxía, etc., son disciplinas históricas globalizadoras, pois integran a arqueólogos, filólogos (Exipto, Sumeria, Acad, Persia), ceramistas e epigrafistas (xeroglíficos, cuneiforme, demótica).

Esta nace como disciplina científica no s.XIXI, momento ata o cal as culturas orientais eran coñecidas a través de fontes bíblicas, cuxa veracidade como fonte histórica é dubidosa. Do único que tiñamos algo máis de información era de Exipto, a través do renacemento, grazas a fontes clásicas romanas que foron recopiladas neste período. Porén, estes datos estaban vinculados á superstición máxica, polo que non eran moi fiables.

O interese por este mundo exipcio nace logo das campañas de Napoleón (1798). A partir desta data realízanse grandes expedicións científicas a esta rexión que dan orixe a múltiples publicacións.

Na primeira metade do S.XIX descífrase a escritura cuneiforme e tamén a escritura xeroglífica, polo que se poden facer as primeiras ordenacións cronolóxicas, ou datacións. Pero hai que chegar á segunda metade deste século para ver os primeiros intentos de realizar unha labor arqueolóxica

Podemos atopar referencias á arqueoloxía da man de autores como Homero ou Hesíodo; no s.V a.C. estas referencias fanse máis frecunetes, destacando autores como:

  • Heródoto: fai descricións de monumentos e materiais do mundo clásico. Por exemplo, fai referencias á escavación dunha tumba que se pensaba que era de Orestes. Tamén describe as ofrendas depositadas en Delfos tras a batalla de Platea.
  • Tucídides: fai referencias á arquitectura e asentamentos arqueolóxicos do seu tempo.

No s. IV a.C. nacen os grupos de escritores críticos da arte, que escriben obras sobre as teorías artísticas clásicas, dándonos datos sobre como era o gusto grego. Tristemente, estas obras pérdense case en totalidade, e só son coñecidas grazas a Plinio, que nos fala delas. Entre os autores destacan:

  • Xenócrates (s.II a.C.): ateniense especialista na modalidade tareútica (técnica de fabricar pezas cinceladas). Foi discípulo de Lisipo e un gran crítico da arte.
  • Antígono de Caristo: escultor que vive en pérgamo.
  • Durides de Samos: pérdense todas as súas obras.

Outro grupo de autores foron os periegetas, autores que realizaron descricións de monumentos e obras de arte que se atopan nos lugares ós que van de viaxe. As obras son guías de viaxes nas que recollen inventarios dos templos (imaxes, ofrendas), e relatos referidos ós xacememntos ou estatuas que ven. Destacan os autores:

  • Eleliodoro de Atenas: autor de 15 libros sobre os monumentos da Acópole, nos que describe a súa historia, os seus monumentos, e os cultos e tradición practicados nela.
  • Polemón: viaxa por Grecia e Asia Menor e Sicilia, reflectindo estas rexións na súa obra.
  • Pausanias (moi importante): viviu no s. II d.C., e a súa obra constitúe unha guía de turismo con información dos monumentos que visita persoalmente. Escribiu dez libros onde describe a Grecia continental que recorre. É curioso que ó falar do Partenón non cite a Fiddias , pooolo que fai dubidar ós autores do s.XIX se non o realizou este.

Ademais de todos estes autores, cabe destacar a outros que tamén aportaron datos:

  • Apolodoro de Atenas: adica crónicas ó rei de Pérgamo, Atalo II, nas que en realidade estuda o arte grego e considera o momento cumio con Fidias e Policleto.
  • Estrabón: escribe a mediados do s.I a.C. e conta o descubrimento dunha necrópole antiga de Corinto.
  • Mundo romano

O mundo romano sente un grande interese polo mundo grego, o que se reflicte a través do coleccionismo do arte grego, das copias realizadas, e da valoración da escultura e das artes menores. Así, hai unha gran influencia do mundo grego nas obras do escritores romanos, que nos dan unha visión do gusto artístico da sociedade romana. Autores que destacan son:

  • Varrón: coñécense poucos datos.
  • Cicerón: viaxa por Grecia e Asia Menor observando monumentos gregos. Ocupa o cargo de questor en Sicilia (un dos máis importantes), e o seu interese lévalle a buscar e escavar Arquímides. Grazas ós seus testemuños podemos reconstruír o ambiente artístico de Roma no s.I a.C. Unha das súas obras máis importantes é Discurso contra Verres, na que reflicte os gustos dos coleccionistas, a actividade dos artistas e os santuarios gregos coas súas obras.
  • Vitrubio: autor da época de Augusto, na súa obra De Arquitectura (fonte esencial para o coñecemento da pintura romana, describe as normas sobre a arquitectura en xeral: -materiais de construción

-Tipos de templos -Ordes arquitectónicas Arquitectura doméstica -Decoración de edificios

  • Petrólio: na súa obra Satyricon redactada na época de Nerón, reflicte moi ben a través dun personaxe chamado Trimalción os gustos dos novos ricos polo coleccionismo e amosa a súa presolución típica de ir presumindo polos seus coñecementos pero no fondo demostra a falta deles. Faise alusión a como quere que sexa o seu mausoleo, o cal é unm dato importante para coñecer o gusto funerario da época. Aporta datos interesantes sobre a pintura romana, deixando ver unha predilección popular pola pintura narrativa; en cambio, os máis ilustrados prefiren pinturas de pintores gregos famosos.
  • Marcial: nace en Hispania (Bilbilis) cara o ano 40 a.C.?. Escribe Epigrama, obras satíricas do estilo de Satyricon, e Liber speactaculorum. NNElas da referencia do ambiente cultural da sociedade romana e do gusto artístico da época. Ademais, aporta importantes datos sobre a toréutica grega e as obras de Lisido??
  • Plinio o Vello: escribe Naturalis historiae, na que escribe unha verdadeira historia da arte antiga. No libro 34?37 realiza un maxistral tratado sobre os escultores gregos, e no 35 fala da pintura.

A fin do mundo antigo e a idade media

A partir fo s.III d.C. xorde a crise do imperio romano, e é necesaria a construción de fortificacións contra a ameaza bárbara rapidamente, o que conleva ós saqueos de necrópoles e destrución de edificios para utilizalos como materiais construtivos. Ex: murallas do Aureliano en Roma, ou as de Valeriano en Atenas (tamén as de Lugo). A comezos do s.IV, o arco de Constantino realízase con fragmentos doutros edificios. Tamén se culpa ó cristianismo de ter un papel destacado na destrución do mundo antigo, pero esencialmente foron os romanos os que destruíron o seu propio patrimonio para protexérense.

Tamén hai destrucións provocadas pola guerra e ataques, como os incendios de Roma levados a cabo polos bárbaros Alerico (410),, Gerserico (455) e Ricinero (472). No ano 537 rexéitase un ataque dos reis godos dende o Mausoleo de Adriano arrebolando as estatuas de mármore que decoraban o edificio.

Noutras ocasións os monumentos antigos reutilízanse, o que permite a súa conservación, como o Panteón romano, o Templo de Antonino e Faustino ou o Partenón de Atenas. Ademais, con frecuencia facíanse edificios collendo materiais de edificacións antigas, como a utilización do mármore do Teatro Arlés e as columnas en Santa Sofía de COnstantinopla. Ó lado destas construcións houbo monumentos que se salvaron grazas a estar en zoas despoboadas, como Paestum, Palmira, ou Leptis Magna.

Humanismo e renacemento

É un período dun grande interese pola investigación arqueólixca clásica, en especial polo mundo romano.

É curioso sinalar que os grandes destrutores do mundo clásico non foron os medievais, senóns os mecenas renacentistas, debido ó seu interese polas antigüidades e polo afán de decoraren os seus palacios con detalles romanos.

Tamén se realizan grandes destrucións como a do Templo de Minerva no foro, o Arco de Portogallo, a Basílica de Giunio Basso. O Papa Urbano? VIII fai arrancar a cuberta orixinal de bronce panteón romano.

Aparece nesta época figura do erudito, personaxe presente en toda Europa, especialmente en Francia, que realiza múltiples publicacións sobre antigüidades. Para discutir sobre estas reúnense en Academias, fundadas neste século.

s.XVIII

Nacen novas academias e institucións que se preocupan polo estudo de Antigüidades. Lévase a cabo escavacións a gran escala, como a de Pompeia en 1748 por Borbon? Ou a de Herculano? En 1738, coa intención de reunir obxectos e pezas bonitas para decoraren os palacios. Estas sacan á luz cantidade de tesouros, sobre todo pinturas. A de Pompeia resulta máis sinxela, pero a de Herculano abandónase cedo por dificultades de escavación, pois estaba sepultada debaixo de barro quente que se endureceu e que por tanto dificultaba a escavación.

Xorden neste século grandes investigadores como Winckelmann. Este crea unha metodoloxía para o estudo da arqueoloxía. Pon en valor a estética do mundo grego e romano, e é o primeiro que fai unha división arqueolóxica en diversos períodos. Establece tamén a terminoloxía de arcaísmo, clasicismo e decadencia.

Neste período aumentas as coleccións e créanse os grandes museos do Louvre, Vaticano, de Múnich e Británico.

Na segunda metade deste século a arqueoloxía do vello mundo ten un carácter diverso e heteroxéneo. Por unha parte, hai unha tendencia esteticista da arqueoloxía clásica con figuras como Wincklemann, unha prolongación da actitude do humanismo renacentista. Por outra, un crecente nacionalismo que vai desenvolver o estudo doutras culturas non estudadas: mundo celta, arqueoloxía gálica ou bretoa.

Un dos avances máis importantes neste século é a utilización do criterio estratigráfico que se aplica á escavación arqueolóxica. O mérito dos estudosos é ter conservado nas súas obras o recordo e a documentación gráfica de monumentos xa desaparecidos.

♦ Episodio dos mármores do Partenón

Foron traídos ó Museo Británico por Lord Elgin, embaixador en Constantinopla. Os trucos autorízano para realizar calco e debuxos no Partenón para a ensinanza de artistas, mais un campellán do embaixador converteu isto nun espolio.

Non todos os mármores foron arrincados, moitos fragmentos xa estaban utilizados nunha casa próxima. Unha vez extraídos, foron enviados a Londres en 200 cestas, das cales 12 perdéronse nun naufraxio, inda que por sorte foron recuperadas logo de 3 anos de traballo. Os que inda quedaban en Atenas foron incautados polos franceses, pero logo dun acordo son enviados a Londres. As últimas cestas chegaron en 1812.

Estes mármores foron moi discutidos xa que moitos negaron que foran obra de Ribias? E considéranos imitacións de época romana. Este espolio espertou discusións na súa época que inda continúan na actualidade.

É certo que retirar obras de arte do seu lugar de orixe é un acto lascivo? Dun contexto histórico e por conseguinte criticable, pero hai que admitir que sen estes traslados a cultura do noso tempo non se tería enriquecido con moitos coñecementos da arte grega.

Hai que dicir que as esculturas xa estaban maltratadas pola transformación do templo en Igrexa e logo en mesquita, e logo foron destrozadas polos venecianos nun bombardeo contra os turcos (1678?).

Os relevos debían de parecer nesa época non só abandonados, senón tamén expostos a toda clase de perigos, entre eles a súa utilización por parte dos turcos para facer cal para pintar a fortificación.

Romanticismo e s.XIX

Nesta época xeneralízanse as viaxes científicas e realízanse grandes empresas científicas co patrocinio oficial ou privado. Nestas expedicións participaban o sabio de gabinete, o explorador e o aventureiro. Neste século ten gran importancia o método de crítica de copias, é dicir, a través do estudo de distintas copias inténtase chegar ó orixinal. Grazas a este método identifícanse grupos escultóricos como Atenea e Marsias ou o Discóbolo de Mirón. Nesta época instálanse no Brittish as esculturas do Partenón, as cales espertaron un grande interese por toda Europa. Coa súa entrada acentuouse o interese pola arte grega. Por exemplo, en 1812 foron levados tamén a Londres os relevos dun templo famoso: o Templo de Apolo en Bassae?, con relevos que representan a centauromaquia.

No ano 1811 realízase unha expedición á illa grega de Egina. Nela descóbrense os restos dun templo cuxas esculturas dos frontóns foron para ó museo de Munich. A importancia destes mármores estaba en que eran os primeiros que se coñecían da época arcaica, o que crea unha gran afición a este período como unha tendencia romántica cara o primitivo e arcaico. Estes mármores foron restaurados sen respectar a súa orixinalidade.

En 1822 inícianse as escavacións de Selinunte?, que son levadas a cabo polos británicos. Nelas sácanse á luz cantidade de templos gregos e metopas. En 1860 reanúdanse as escavacións de Pompeia, que nos dan novos datos sobre a vida cotiá romana, así como da súa pintura, mosaicos, escultura, arquitectura, etc.

En 1809 realízanse as primeiras escavacións no foro romano, que levaba o nove de “campo vacuno”?

En 1863 realízase unha expedición internacional a Samotracia, e un dos grandes descubrimentos foi a Niké Alada. Nestas datas inícianse as escavacións en Atenas, levadas a cabo no cemiterio Dipylon. Nesta necrópole descóbrese por primeira vez a cerámica de tipo xeométrico e sácase á luz as orixes da arte grega. Dade que nesta época inda non se coñecía o arte prehelénico de Creta nin os grandes xacementos de pintura paleolíticos, consideróuselle a esta arte como un documento do inicio da arte na sociedade humana.

No 1875 inícianse as escavacións do santuario grego de Olimpia, nas que se utilizan inscricións de Pausánidas para escavar. Isto permite identificar grandes esculturas como son as do templo de Zeus en Olimpia, o Hermes de Praxirelas, a Niké de Teónido, e Basas? De estatuas con nomes de artistas.

A finas do s.XIX as escavacións levadas a cabo polos ingleses en Éfeso e Pérgamo descobren dous- tres? grandes conxuntos helenísticos: Olimpia (arcaico grego ara romano), Éfeso (s.VII a.C. ata época de Bizantino) e Pérgamo (época helenística ata época romana). Deste último destaca o seu altar, actualmente no Museo de Berlín, cuxos frisos can firmados por diversos artistas. Tamén destaca o seu urbanismo helenístico.

En 1877 unha expedición francesa escava o santuario de Delos e Delfos, sendo este último o maior de toda Olimpia. Na súa planta atopáronse importantes esculturas, concretamente a modalidade dos Kouroi, destacando o conxunto de Cleobis e Biton. Descóbrense metopas do tesouro dos atenienses e tamén frisos do tesouro dos Sifnios, así como o Auriga de Delfos.

-A consideración de que a arqueoloxía é unha disciplina que se aplica a reconstruír aqueles períodos históricos que non xeraron ningunha documentación escrita ou que esta é moi escasa.

Na Idade Media consérvase en real un grande repertorio documental, de aí a que os medievalistas non lle concederan á arqueoloxía a súa importancia.

-A labor arqueolóxica nalgúns momentos non estivo exenta de certo interese pola búsqueda de obxectos valiosos. Curiosamente na Idade Media non se producen pezas de grande valor que poidan ser recollidas nunha escavación arqueolóxica.

-Nos derroteros (o desenvolvemento da historiografía polos que discorreu a análise da Idade Media), como o feudalismo, nos que a arqueoloxía pouco podía aportar, pois os aspectos de carácter cotiá (vivenda), que son os que aporta a arqueoloxía, non eran tidos en conta.

-A presenza na época medieval de súas áreas xeográficas ben diferenciadas, que presentaban as súas peculiaridades: o mundo cristiá e o mundo árabe.

Todo isto fai comprender o pouco desenvolvemento da arqueoloxía medieval ara os anos 70.. Isto non quere dicir que xa a finais do s.XIX se realizan escavacións en monumentos medievais destacados como Santa María de Ripoll, San Juan das Abadesas, ou a Alhambra de Granada. Mis isto non é o comezo pois son realizadas por historiadores da arte que se preocupan máis polo bonito.

As diferentes escolas medievais que xorden no s.XIX seguen tres liñas principais qe influirán no seu desenvolvemento.

  1. A primeira escola céntrase no estudo monumental da evidencias documentais. Esta desenvólvese dende principios do s.XX en torno a figuras como Gómez Moreno, que crea o que chamaríamos unha escola monumentalista, pois o que estuda son monumentos (abadías, igrexas) que pertencen á cultura visigoda, mozárabe e asturiana (principalmente). Nesta escola a historia da arte e a arqueoloxía van xuntas. A partir destes estudos, varios autores traballan intensamente sobre edificios e monumentos que abarcan dende final do período romano ata o prerrománico. Ademais desta corrente monumentalista, estúdase a arqueoloxía visigoda, que ten un gran desenvolvemento nos anos 30 e no período da etapa franquista cando as relacións con Alemaña foron máis intensas. Por exemplo, nos anos 30 é corrente que traballasen en España arqueólogos alemáns en colaboración con españois como Martínez Salta-Oleya?. Estes autores remarcaban os vínculos da historia de España cos pobos xermánicos (eran prexermánicos). Pola contra, outros estudosos españois reclamaban a importancia do substrato baixo-imperial do mundo visigodo, como Mergelina?. A mediados dos 40 introdúcese o concepto da arte hispano-visigoda. Desenvólvense novas sínteses e limitan a presenza visigoda no espazo concreto da península en función da distribución dos cemiterios e as súas manifestacións artísticas e monumentais, destacando o profesor Palol?.
  2. Unha segunda corrente foi a do estudo do rexistro material da cultura andalusí. Estes estudos desenvolvéronse dende finais do s.XIX con investigacións en grandes monumentos como son o Madinat Elvirat?, Medinat Al-Zar? e Bobastro? Durante o s.XX proséguense as investigacións, sobre todo con motivo da rehabilitación de monumentos, como na Alhambra ou Mesquita de Córdoba. Dende os anos 30 comézanse a publicar os resultados destas investigacións en revistas analizando temáticas arqueolóxicas como cidades, necrópoles, arquitectura, cerámica, etc.
  1. Unha terceira liña foi a actividade desenvolvida dende os anos 60, destacando arqueólogos como Zozayou?, Rosello, García Guinea, Ángel del Castillo e Manuel Río. Estes estudos céntranse nos reinos cristiáns. Un dos ámbitos que máis chamou a atención posiblemente pola maior abundancia e espectacularidade dos restos foi do período andalusí ou hispano-musulmá. Destacaríamos nestes estudos figuras antigas como Torres Yalvés?. En cambio, os reinos cristiáns espertaron pouco interese , como se pode deber a que son zonas con abundante documentación escrita, polo que se podería reconstruír o pasado sen a necesidade da arqueoloxía. A pesar disto, tamén se realizaron escavacións importantes na catedral de Santiago.

Na década dos 70 produciuse un aumento da investigación de mundo medieval, o que fixo que se abrisen novos xacementos e que se publicasen múltiples artigos. A aqueles arqueólogos veteranos ignóranse ?? por moitos arqueólogos mozos.

Dentro dos campos que máis impulso acadan está a arqueoloxía andalusí, da que se escavaron múltiples xacementos, e se sistematizaron moitos temas, como de fortificacións ou de cerámica. Na zona cristiá tamén se intensifican os traballos pero a un menor ritmo.

Neste impulso inflúe a repercusión do desenvolvemento xeral da arqueoloxía nestas datas. Por outro lado, as fontes documentais que eran as que ata entón se empregaban para reconstruír a historia medieval, comezan a esgotarse, e por iso se utilizan novos recursos como a arqueoloxía. Todas estas factores fan que a arqueoloxía medieval española recupere unha parte do retraso que levaba con respecto a outros países europeos.

Toda esta xeración de arqueólogos medievais precisou un medio de difusión e conexións, creando a chamada Asociación de Arqueoloxía Medieval. Coa súa creación divúlgase traballos e resultados de escavacións. Fúndase nos 80, e entre as súas actividades están a publicación dun boletín arqueolóxico (dende 86) e a organización de congresos de arqueoloxía medieval (dende 85, con moito seguimento).

A pesar destes avances, a ensinanza de arqueoloxía medieval apenas se ten en consideración e son poucas as universidades españolas que a teñan nos seus plans de estudos.

Temática

Os temas que máis se estudan pódense ver ó analizar os actos dos congresos nacionais de arqueoloxía medieval: metodoloxía, arqueoloxía medieval, restauración e consolidación, estudos faunísticos, graffitti, numismática, temas tecnolóxicos.

Dende un punto de vista temático, nos últimos tres decenios produciuse unha profunda innovación nas liñas de investigación. Nos anos 80 trabállase fundamentalmente na creación de instrumentos de datación e análise, sobre todo estudos de cerámica. Estúdase tamén sobre sistemas de cultivo arraigado, organización de espazos rurais, castelos e cemiterios e necrópoles.

A partir dos anos 90 hai un crecemento da práctica arqueolóxica con traballos realizados durante a rehabilitación de monumentos en cidades e en obras públicas. Unha das temáticas máis desenvolvidas é a arqueoloxía urbana, que se realiza en cidades vivas e cidades abandonadas. Outro tipo son as escavacións en asentamentos rurais. Nesta época aparece a “arqueoloxía da arquitectura”, que consiste na lectura arqueolóxica do paramento.

♦ s.VII-X Fronte a variedade de rituais anteriores, prodúcese unha uniformización dos ritos, xa que só se atopan nesta época enterramentos no interior das aldeas. Os rituais funerarios son variados, así temos fosos simples, fosos tallados na rocha, tumbas feitas con muros ou con laxes e sarcófagos.

Métodos de estudo ♦ A cerámica: é o material máis abundante das escavacións, pero estas non estaban estudados e houbo que realizar unha sistematización para datala. A maioría de procesos de estudo están realizados cuns criterios estritamente arqueolóxicos: a descrición da peza (tipoloxía, calidade, cores e decoración). Porén, hai que dicir que faltan ensaios de sistematización e estudos para encadrar a cerámica nos contextos históricos. Sería interesante que se analizaran os focos de produción, sistemas de distribución, estudo da influencia das modas, ou o carácter simbólico da decoración. ♦ As fortificacións: a maioría dos seus estudos están realizados con criterios descritivos e a veces estudando a fortaleza illada do seu contexto. Sería conveniente que se estudaran coa axuda dunha arqueoloxía especial, encadrando as fortificacións no seu contexto estratéxico militar. ♦ Núcleos de poboación rurais: son moitos os hábitats que se escavaron, pero moitos destes estudos seguen un plantexamento descritivo. Sería conveniente estudar os modos de vida, a alimentación, a actividade económica, a organización social, etc. ♦ Mundo funerario: traballouse moito nel, inda que estes traballos limítanse á escavación das necrópoles e á análise dos restos. Sería conveniente estudar a actitude ante a morte, os ritos funerarios; acompañado de análises antropolóxicas do cadáver para saber o sexo, enfermidades, medias de vida, etc. ♦ Estudos de ámbito relixioso: escávanse moitos edificios de tipo relixioso inda que hai problemas porque moitos seguen en uso, polo que realizar escavacións resulta complexo. Sería interesante investigar como as novas relixións se adaptan ó cristianismo anterior e incluso á relixión pagana.

Dentro da arqueoloxía medieval prestouse pouco interese á civilizacións mozárabe, xudía e mudéxar.

A documentación arqueolóxica de xacementos de época clásica e posterior

Tipo de xacemento

  • Materiais dispersos en superficie. Os xacementos en época romana son abundantes, se os comparamos coa época prehistórica, e hai gran variedade de restos, e o tamaño das dispersións acada grandes proporcións e ás veces afloran grazas ás tarefas agrícolas. A agricultura provocou continuas remocións de terra e traslados de solos dun lugar a outro. Estes aportes de terra poden ter un dobre impacto na arqueoloxía: -poden provocar a remoción de xacementos

-poden conter materiais arqueolóxicos procedentes doutros lugares, polo que se pode inventar un xacemento que non existía

  • estruturas construtivas.

O número de variedades construtivas aumenta a medida que avanza a historia. Estes restos de estrutura poden pertencer e unha gran variedade de xacementos,

-zonas militares?, como fortíns, bastións, murallas e campamentos.

-zonas de explotación agrícola, como vilas romanas ou os casaríos romanos

-asentamentos rurais, como mansións (pousadas no camiño) e vicus (poboados pequenos)

-zonas de explotación mineira

-zonas de produción de elementos construtivos, como fornos cerámicos

-estruturas relacionadas co mundo funerario

Algúns destes elementos construtivos poden aportar datos cronolóxicos pero hai que ter presente o problema da súa reutilización.

  • Minas e canteiras.

Nestas épocas (clásica) multiplícanse este tipo de xacementos; asistimos a un grande impulso da construción (necesítase materia prima) e nestas épocas explótase tamén un gran número de recursos minerais (sobre todo ouro).

A pedra é a base da construción pero tamén serve para crear elementos ornamentais e escultura. A partir de época romana, o intercambio de pedra de calidade é un feito constatado (hai un mercado de pedra). As canteiras ó aire libre son facilmente recoñecibles debido ás marcas que quedan ó extraer os bloques, pero ás veces extráense tamén materiais mediante a apertura de pozos e galerías.

Asistimos nesta época a un grande desenvolvemento da minerais, sobre todo a relacionada coa extracción de metais, como o ouro, prata, cobre, estaño, ferro e chumbo. É interesante tamén estudar as galerías para ver como están traballadas as paredes e se existen repisas para colocar elementos de iluminación. Hai que ver tamén se hai respiradoiros, e tamén buscar restos materiais como lucernas, picos e cestos.

  • Covas, abrigos e arte rupestre.

A partir da prehistoria, as covas e abrigos teñen unha finalidade como santuarios e lugares de enterramento. Destacan os santuarios fenicios, ibéricos e celtibéricos. Con frecuencia nelas utilízanse as paredes para elaborar pinturas, gravados ou graffitti. Nalgúns casos pódense atopar exvotos, que son feitos en cerámica, pedra ou bronce.

  • Necrópoles e enterramentos

O mundo funerario desta época presenta unha gran variedade de tumbas e enxovais. Pódese diferenciar entre tumbas simples e tumbas monumentais. Entre as tumbas simples pódese atopar enterramentos:

-tipo cista, típico da idade do bronce pero que pervive en época romana, un enterramento máis ou menos cadrado, que se fai colocando tellas laterais e unha cubrindo e cerrando a estrutura.

-tipo ataúde, nos que aparecen restos do propio ataúde, como cravos.

-sepulturas de sarcófago, que poden ser sinxelos e pobres, ou decorados con escenas de mitoloxía clásica ou da Biblia.

-tumbas a dúas augas, tumba rectangular que se tapa por enriba.

-tumbas con tellado chá, tumba rectangular que se tapa con tellado horizontal.

-Armas, como espadas, cascos, puñais, lanzas, escudos, e puntas de frecha.

-Útiles, como punzóns, machada, fouces, ciceis.

-Obxectos de adorno, como brazaletes, fíbulas, pendentes, “acus crinales” (agullas para o pelo, pinzas).

Numismática

A moeda aparece no s.VII a.C. en Asia Menor, pero a súa aparición na Península non se da ata o s.V a.C. grazas á colonia grega de Ampurias. Tras as guerras púnicas, as poboacións indíxenas comezan a acuñar moeda imitando modelos gregos, e tamén acuñan moeda aquí os fenicios. Pero o gran desenvolvemento da numismática na Península Ibérica é a partir da época romana, e a moeda aporta información a nivel histórico, político, cronolóxico, artístico e xeográfico.

As lendas aportan datos sobre onde foi acuñada e en que data, e por conseguinte, aporta datos de intercambios comerciais.

Epigrafía

É o estudo da escritura sobre materiais duros. Danos información de contido político, relixioso, cronolóxico, topográfico e funerario.

Tipoloxías das inscricións:

-honorarias, para xenerais, méritos de guerra?

-funerarias, nas tumbas

-votivas, adicadas a divindades

-monumentais, nos monumentos cos nomes dos emperadores

-epigrafía xurídica, de dereito romano, límites de zonas, etc.

  • “tesseras hospitalis”, en bronce, de “pacto de hospitalidade”, onde un se compromete a defender a outro.