






















Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: arte antigua, Profesor: M. Dolores Fraga Sampedro, Carrera: Historia, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 30
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!























Es conocido como edad de piedra debido a que esta es el instrumento principal.
La pintura paleolítica es llamada asi debido a que el soporte de la misma es la pared rocosa de las cuevas.
El arte moviliar son pequeñas obras de hueso o marfil pensadas para su transporte.
Consideramos arte prehistórico a toda referencia gráfica tanto realista como esquematica.
Para su estudio solo contamos con la obra de arte en si, no contamos pues con fuentes para su estudio.
Métodos de datación:
-Estratigrafía
-Carbono 14
-Termoluminiscencia
-Paleomagnetismo
-Uranio-Torio
Estilos:
Estilo I: 30.000—25.000 a.c.
-Gravetiense 1ª fase
Estilo II: 25.000—17.000 a.c.
-Gravetiense 2ªfase
-Intergravetosolutrense
-Solutrense 1ªfase
Estilo III: 17.000---13.500 a.c.
-Solutrense 2ªfase
-Magdaleniense 1ª y 2ª fase
Estilo IV: 13.500--- 8.500 a.c.
-Magdaleniense 3ª y 4ª fase
-Magdaleniense 5ª fase
En el estudio del arte prehistórico hay que destacar enormemnte la figura del francés LEROI GOURHAM , este durante los años 60 del siglo pasado tras un estudio de las cuevas , llevó a cabo numerosas comparaciones con arte mueble ayudando a la datación de pinturas rupestres.
La zona de aparición del Paleolítico Superior , se encuentran en : PROXIMO ORIENTE, EUROPA , CULTURAS CLANES (CALIFORNIA ) y MONGOLIA.
Interpretaciones del arte prehistórico:
-Arte por el arte: 1865---
-Desarrollao de la etnografía y su aplicación en la comparación de los restos con los primitivos actuales. Finales del S XIX.
-Magia Simpatica. Principios del S XX
-Magia y totemismo. 1ª mitad del S XX
-Ceremonias y rito. Religiosidad de la cueva. Mediados del S XX
Bovidos----sexo femenino
-Teoria de los dos sexos (1962-1971) Caballos---Sexo masculino
Ausencia de transmisión oral
-Finales del SXX-principios del XXI: Periodo muy extenso en ámbito humano y geológico, el arte tendra diferentes funciones
Movil multicasual
Las cuevas no solo son santuarios, si no que se habitan
Importancia del territorio y el entorno.
-La gama de colores: abarca desde el negro al violáceo. Y del rojo al amarillento pasando por el ocre.
Paleolico Superior, medio e inferior
-Caracteristicas comunes:
-Se centran en la representación de atributos femeninos
-desinteres por la cabeza
-de 5 a 22 cm
-arte mueble
-abultamiento en el vientre
Os cilindros son selos adicados a un deus.
Período de Uruk. Arquitectura.
Neste período non se representan as divindades, a diferenza do Protodinástico.
O inicio deste arte sumerio no IV milenio a.C. xurde en torno á cidade de Uruk.
Entre os primeiros templos atópanse:
O Templo de Eridú VII , construído a principios do IV milenio a.C., está constituído por unha sala moi ampla, na que se atopan o altar e a mesa de ofrendas, e en torno a ela uns bastións ordéanse como capelas ou dependencias auxiliares.
A entrada principal posúe unhas escaleiras en eixo acodado, o que significa que a persoa que entra ten que dar un xiro de 90º para dirixirse ó altar, e unha fachada monumental con intención de decoro.
Componse tamén dun exterior coidado, cun contorno dentado formado por entrantes e saíntes con contrafortes para dinamiza-lo exterior do templo, polo que cumple unha función ornamental, que xoga cos efectos lumínicos.
O templo érguese sobre unha plataforma para ser sacralizado, xa que se considera á montaña como un lugar sacralizado. Debido a isto, se a superficie sobre a que se constrúe é plana, retírase a terra, colocando no seu lugar outra máis “sagrada” e posteriormente constrúese a plataforma sobre a que se erguerá o templo.
Non é correcto identificar este tipo de templos cos chamados zigurats, xa que o templo organiza o territorio administra os bens, etc. e, ademais, ten unha función administrativa. Pola contra, o zigurat non aparece no período de Uruk, e adícase a un deus, polo que ten unha función meramente relixiosa.
En pleno período Protohistórico ou de Uruk destacan:
O Templo branco de Uruk (actual Warka) adicado ó deus An. Este erguíase sobre unha plataforma sagrada e o fiel tiña que rodealo para acceder á fachada principal en eixo acodado, existindo unha segunda entrada en eixo axial. Hai unha organización homoxénea das capelas do interior do templo que rodean á sala principal e un aterrazamento da parte superior. O exterior presenta un contorno dentado composto de entrantes e saíntes a modo de ornamentación.
O Templo de Nannar en Khafadye, está adicado a Nannar, deus luar ou da noite, e érguese nun lugar complicado, rodeado de casas. Para erguelo seguiuse o procedemento de retira-la terra para posteriormente depositar outra máis “pura” sobre a que se construiu a plataforma. Ten unha entrada en eixo acodado e o altar sitúase nun extremo. Na parte lateral hai unhas escaleiras que dan acceso a un nivel superior de aterrazamento. Posteriormente, debido ó esplendor da cidade, aumentouse o templo e a terraza localízase fóra, servindo a parte lateral para acumula-los bens, tributos, etc.
O Templo de Eanna en Uruk, adicado á deusa Innana, está realizado en caliza e posúe unhas dimensións colosais. Ten unha gran sala que aboca en tres capelas, unha zona tripartita, estando a central adicada a Innana con capelas laterais. No exterior altérnanse contrafortes de maneira regular decorados con conos pintados que outorgan maior monumentalidade ó templo.
Período de Uruk. Escultura.
Na escultura sumeria da época do período de Uruk destacan, fundamentalmente, dúas obras:
O Vaso ritual de Uruk (actual Warka), feito de alabastro entre os anos 3300 e 3100 a.C. Posiblemente cumprise a función de vaso ritual ou de ofrendas, e divídese en rexistros que expresan unha narración:
Os dous rexistros inferiores, de menor tamaño, representan elementos da natureza e rabaños de carneiros e ovellas.
Pola outra banda, os dous rexistros superiores representan, no inferior destes dous, a ofrenda dos habitantes de Uruk á divindade, feito representado con homes nus, pois ante a divindade, a modo de ritual, debían despoxarse das roupaxes a modo de purificación. Na rexistro superior a este aparece a representación dunha divindade, Innana, e a festividade de ano novo, realizada no inicio da primaveira. Non aparece directamente a divindade, senón o seu representante (sacerdote) e posiblemente o monarca. Omítese a figura da divindade, pero aparecen as ofrendas adicadas a ela, e o monarca (representando a divindade e á comunidade) e o sacerdote ían vestidos. A disposición das figuras presenta unha perspectiva xerárquica, aparecendo o sacerdote e o monarca en maiores dimensións co resto, e o artista resolve as figuras mediante un baixorrelevo que non omite os detalles. Por último, nesta escultura pódese observa-lo respecto dos sumerios á divindade, pois aparece representada unha petición á mesma co obxectivo de controla-la natureza.
A outra obra a destacar é a Dama de Warka , realizada no ano 3300 a.C. en alabastro, non é unha escultura exenta, pois é plana na súa parte posterior, o que suxire que estaría adosada a un muro. Nela pódese observar unha maior preocupación polo realismo, cuns ollos ocos e grandes, mais non tan esaxerados como nas esculturas anteriores, e unhas cellas ocas. A parte superior suxire que probablemente levase un recubrimento a modo de cabelo feito de metal ou incluso de ouro. Por último, aínda que haxa quen considere que se trata da representación da deusa da fertilidade Innana, representaría a unha oferente perpetua.
Período Protodinástico/Dinástico Arcaico. Arquitectura.
Nesta época prodúcese o descubrimento do ladrillo planconvexo, concretamente no ano 2340 a.C., feito que permite realizar arcos de medio punto.
Nesta época destacan fundamentalmente dous templos:
O Templo oval de Khafadye , adicado á deusa Innana, que presenta unha serie de novidades. Entre estas atópanse o plano oval e os arcos de medio punto, conseguidos grazas ó ladrillo planoconvexo, e unha primeira entrada monumental. O templo está fortificado, debido á tensión política existente entre as cidades desa época. Era preciso protexe-lo templo ante a ameaza de invasión, polo que este presentaba unha maior complexidade. Este, ademais, aparecía máis alonxado, e co santuario máis illado. Existían tamén unha serie de dependencias encargadas de protexe-lo templo, de menores dimensións cós anteriores, pois unicamente cumpría a función relixiosa. Mantiña o eixo acodado.
O Templo de Nannar de Khafadye , que introduce unha serie de dependencias no primeiro patio, e o templo máis alonxado, mantendo o eixo acodado.
Época Protodinástica. Escultura.
O Vaso de Khafaje , pertencente á primeira etapa do Protodinástico arcaico, presenta no seu extremo un águia e un león loitando contra un touro, representando o combate entre as tres forzas da natureza (águia-aire, león-o máis fero dos carnívoros, touro-máis fero dos herbívoros). Neste vaso existen varios grupos:
Aparece no vaso tamén a Roseta, símbolo en forma de lúa, representando á deusa Innana, filla do deus lunar e deusa da¡¡´fertilidade. Ademáis, represéntase tamén o curso dun río arredor dun home, representando a forza do home como dominadora da natureza. Tamén existe no relevo un home cunha serpente, en representación da fertilidade.
Todos estes elementos que aparecen no vaso atenden a súa función, pois era un vaso de ofrenda de ano novo que representaba as peticións realizadas á deusa.
Por outra parte, atopamos nesta escultura placas perforadas, encargadas por un promotor reflexado no epígrafe. O orificio servía para introducir unha hacha. Eran conmemorativas, pois tiñan unha función de xuramento e fidelidade á deusa e eran un recordo permanente do ano novo ou a inauguración dun templo, o que aparece no epígrafe. Entre as que destacan atopamos:
Placa de Dudu , sacerdote de Lagash, na que hai unha intención narrativa con varios rexistros. Nela aparece o águia leontocéfala con dous leóns, e na parte inferior as ofrendas dese ano novo.
Placa de Ur-Nanshe , rei de Lagash, na que aparecen dous rexistros, o superior presenta ó rei como promotor da construción do templo xunto ó seu séquito, realizando unha ofrenda, e o rexistro inferior presenta o banquete de celebración pola inauguración do templo, e xunto ó monarca, á dereita, aparece o seu copeiro. Hai un claro rexistro xerárquico, no que o rei aparece representado en maior tamaño co resto das figuras humanas.
Outro tipo de relevo levado a cabo na época Protodinástica son as estelas da vitoria, que son placas de pedra labradas no anverso e reverso nas que se narra o combate ate a obtención da vitoria por parte dun monarca. Entre estas destaca a estela de Eannatum de Lagash sobre o rei de Ush de Umma. No anverso nárrase a vitoria do rei de Lagash fronte ó de Umma coa intención de potenciar o poder do monarca. Podemos velo na parte superior conducindo ao exército que o segue en bloque, representando a unidade e obediencia do exército ó rei. Pódese ver que son superiores polas características faciales. Na parte inferior están pisando ó exército de Umma, e o rei vai nun carro cunha lanza matando ó rei de Umma, e porta unha túnica e unha tiara que o diferencia. Ademáis, encontrámonos cuns buitres, por isto se lle chama a estela dos buitres.
No reverso podemos ver o reflexo simbólico do leontocéfalo pechando cunha rede aos soldados inimigos e podemos ver ao rei facendo unha serie de libacións pola victoria.
Os monarcas sumerios están sometidos aos deuses, polo que non son todopoderosos.
Taracea: Utiliza materiais de incrustación e é unha especie de paralepípedo de madeira,no que se narran unha serie de historias, representando as etapas do home ate a morte. Aínda que non está moi claro como é, denomínase Estandarte de Ur. Foi encontrado no cemiterio real de Ur nun axuar funerario.
Está dividida nunha serie de rexistros e tamén conta con:
Arte Acadio
2334-2125 a.C.
En canto ó mundo acadio, entre os principais reis de Akkad, destacan, en primeiro lugar, Sargón I de Akkad, e despois algúns dos seus sucesores, como Rimush, Manishtusu, Naram-Sin (alcanzou a maior extensión territorial do reino), e Shar-Kali-Sharri.
No mundo acadio o monarca posee un poder absoluto fronte ó pobo, a diferenza do mundo sumerio, xa que se lle considera un ser semidivino, e rei dos 4 confíns da Terra. Todo isto terá importantes influencias no arte, pois será empregado polo monarca para exaltación do seu poder.
Estes extenderán o seu poder sobre o mundo sumerio, aproveitando unha invasión gútea.
Nesta época prodúcese unha reformulación do templo sumerio, introducindo unha antesala e unha ampliación da cella
O primeiro exemplo que nos atopamos é o Templo de Abu,en Tell Asmar (actual Eshnunna) , reformado en época acadia, posúe tres grandes capelas e un peche moi elevado entre estas e o exterior. Manteñen o eixo acodado da época sumeria e a dificultade de acceso ó templo dende o exterior. Ademáis, a introdución da antesala respecto do santuario ou cella principal, dificulta aínda máis o acceso dende o exterior.
Na arquitectura non relixiosa os acadios tamén presentan novidades fronte ós sumerios, ca introdución do palacio, no que se presenta un interés polas cuestións defensivas, xa que se introduce un maior grosor e altura dos muros; a organización arredor dun gran patio, núcleo rector do resto das dependencias. Normalmente hai un ou dous patios principais, arredor dos que se organizan o resto das dependencias.
O primeiro exemplo reseñable é o Palacio Vello de Assur ,cun patio principal que organiza as dependencias, e a proteción vese reforzada pola maior complexidade de acceso, introducindo na súa entrada un laberinto de acceso.
O Palacio de Naram-Sin en Tell Asmar , composto por varios patios que organizan as dependencias da construción, ten unha entrada laberíntica que dá acceso á zona pública, pero tamén hai unha zona privada reservada para o monarca e a súa familia.
Estes palacios érguense sobre colinas ou lugares elevados, para facilita-la tarefa defensiva.
En primeiro lugar, faremos referencia á retratística acadia, que está composta por escultura en busto, na que destaca o retrato rexio como medio de demostración do poder real, coma no caso da Estatua de Naram-Sin. Aquí podemos observar unha vez máis o arte ó servizo do poder real. A diferenza do sumerio, o acadio presta máis atención ó realismo no rostro, realiza un
sería unha construción artificial que tentaba imita-la montaña sagrada, onde se manifestaba a divindade e se producía o encontro entre os homes e os deuses.
Outro elemento arquitectónico destacable é o Templo e palacio dos gobernadores de Eshnunna , en cuxa construción se atopa anexionado ó palacio un gran templo, e no outro lado, outro templo de pequenas dimensións, do que se especula, podería tratarse da capela palaciega. Deste xeito produciríase unha división entre o público, en relación ´templo de maiores dimensións, e o privado, en relación ó de pequenas dimensións.
O propio palacio contaba cunha parte privada á que se accedía mediante unha escaleira, polo que nos atopamos ante un palacio de dous andares, establecendo de novo unha división entre o público e o privado do monarca.
En relación ós templos, no caso do de maiores dimensións, a cella vaise separando cada vez máis dos fieis a modo de santa santorum. Ademáis, contaba con muros grosos e antecedíalle un patio.
O pequeno santuario presenta unha cella ampla, redúceselle o acceso mediante un pasadizo, e ten un espazo anterior ou antecella que o separa do fiel. A esta antecella antepónselle un patio que organiza as dependencias.
No que se refire ó cubrimento exterior, está decorado, ó igual ca en etapas anteriores mediante a sucesión de entrantes e saíntes co uso de contrafortes, o que ten unha finalidade ornamental pero tamén estrutural. Por último, mantense o eixo acodado no templo de maiores dimensións.
No referente á escultura en bulto, introdúcese un novo material: a diorita, material moi valorado polo escultor, feito observado na seguinte inscripción:
“Esta estatua non está feita de plata nen lapislázuli, nen de cobre nen de plomo; […] está feita de diorita”.
Ademáis desta novidade, este período presenta outra serie de características:
Nestas esculturas neosumerias adiciónanse unha serie de inscripcións, como por exemplo:
Nesta escultura en bulto pódense observar dúas variantes: as estatuas en pé, asimiladas ó monarca que logra o ben pro seu pobo, ademáis de pedir ese ben á divindade, ou sedentes, entre as que destacan:
A Estatua sedente de Gudea de Lagash , localizada actualmente no Louvre, presenta ó monarca sedente cas mans no peito a modo de oración ou plegaria continua. O artista emprega a diorita anteriormente mencionada, que lle dá maior volumetría, e púlea moito ate logra-lo brillo do material. Ademáis, pódese observar na representación un gran naturalismo nos músculos e mans. No seu faldellín introdúcese o epígrafe, e no regazo porta unha tablilla na que aparece a planta dun templo, insinuando así que el é o seu promotor. Este feito é un rasgo distintivo respecto das etapas anteriores, pois na Sumeria protodinástica o monarca aparecía como construtor, que son os que traballan cas mans, mentres que aquí prefírese presenta-lo monarca como arquitecto, que traballa co raciocinio.
Outra obra escultórica en bulto é a Cabeza de Gudea de Lagash (2150 a.C.), situada tamén no Louvre, na que o monarca non porta tiara, senón un bonete, que tamén é un símbolo de identificación real. O relato, aínda que idealizado, presenta un gran naturalismo, xa que tiñaa os ollos pintados, e as cellas non se conseguían mediante materiais de incrustación, senón que están labradas.
A Estatua de Ur-Ningirsu (2130 a.C.), fillo de Gudea de Lagash, presenta unha peculiaridade que manifesta a influencia acadia no arte neosumerio, pois aparece con barba, xa que habitualmente aparecían afeitados.
Por último, existe outra estatua de Ur-Ningirsu de pé, sen barba, e noutra de Gudea tamén de pé aparece o epígrafe no faldellín e espalda, onde, entre outras cousas, se explican os motivos da súa realización.
Deixando a escultura en bulto, pasamos a falar das estelas neosumerias, das que non se conserva ningunha da vitoria, pero si outras, entre as que destaca a Estela conmemorativa de Ur- Nammu , realizada a fins do III milenio a.C. e conservada no museo de Pennsylvania. Nela realízase un relato pormenorizado ante as divindades sen motivos bélicos. Presentase ó monarca ante Sin e Ningal, a esposa de Sin. O monarca aparece nunha escea de libación. Os primeiros rexistros da estela representan a xustificación da construción do templo, e no reverso preséntase a celebración da consagración do templo. No primeiro rexistro do anverso aparece o monarca, diferenciado por portar un bonete, fronte á divindade, diferenciada por porta-la tiara divina con cornos. No referente á situación, o monarca aparece de pé e o deus sedente, portando un cetro na man esquerda e un bastón e unha corda na dereita, o que simboliza o traspaso do poder por parte do deus ó monarca, simbolizando o bastón o poder e a corda de medir a xustiza. O faldellín do deus representa o tradicional kaunakes, representando o concepto atemporal de eternidade, mentres que o rei non. O trono no que se atopa está situado sobre unha plataforma, simulando a sacralización do templo. Neste caso non hai unha perspectiva xerárquica, e o monarca aparece nun pequeno escorzo, máis real, pero, pola contra, o deus aparece nun perfil clásico e atemporal.
Arte Paleobabilónico
Este período divídese, á súa vez, noutros dous, marcados por distintos acontecementos políticos:
Período de Isin-Larsa (2025-1763 a.C.)
Período de Hammurabi (1792-1595 a.C.)
técnica, esta presentaría un gran realismo en aspectos coma os ollos, decorados con materiais de incrustación.
Por outro lado, o Relevo de Lilith, de Terracota , que representa a unha divindade, pois porta tamén unha tiara con corns, preséntaa flanqueada por dous búhos e erguida sobre dous leóns. Identifícase ca deusa Lilith, unha deusa maligna que actúa polas noites, por iso posúe ás e ten coma mensaxeiros ós búhos. No que se refire ós leóns, estes representan a súa maldade cos homes, potencia e ferocidade. No referente á técnica, esta posuía policromía en substitución dos materiais de incrustación, o que tamén lle aporta gran realismo en aspectos como a mirada. Porta os seus atributos, que constan de dúas cordas, ás que se lles atribúen varias interpretacións.
Por último, unha das máis representativas esculturas desta época Paleobabilónica, neste caso un relevo, é o Código de Hammurabi , realizado no ano 1753, que consta dunha estela realizada en diorita negra de dous metros e medio de altura, cuxa parte inferior se achaba totalmente inscrita con escritura cuneiforme que recollía un código xudicial. Na parte superior existía unha escea que se interpretou como a presentación do Código ante o Deus. Esta representaba a Hammurabi de pé, con actitude devota ante o rei, portando un bonete e barbado, ademáis de presentar un pequeno escorzo, moi forzado, en representación do mundo real. O deus, identificado como o deus Shamash, atópase sedente sobre unha base, en representación da mítica montaña sagrada, e repousado sobre unha silla que representaría un templo. Ademáis, a divindade está entregando ó monarca a vara de medir e unha corda enrolada como símbolos da súa función de rei lexislador e conquistador. Por outro lado, a obra serve como elemento de difusión do Código lexislativo, pero ó mesmo tempo adquiría unha clara función como instrumento de propaganda do rei e a súa ideoloxía, posto que hai que ter en conta que a actividade lexislativa e a compilación das leis nun código foron un dos principais logros do soberano.
Arte Asirio
Esta etapa divídese tamén noutras internas:
Paleoasirio (2150-1470 a.C. cando os asirios pasan a depender de Mitanni)
Mesoasirio (1350-1000 a.C.)
Neoasirio (1000-612 a.C.) Época de maior esplendor do arte en Asiria.
Este pobo encontrábase presente na zona nordeste de Mesopotamia en grupos nómadas liderados por xefes e que, durante a etapa Paleoasiria, entran baixo a dependencia de Mitanni. Finalmente na etapa Mesoasiria o rei Asur-Uballit I consegue a independencia e xa na etapa neaoasiria chega o esplendor.
Caracterizado por unha gran personalidade, trátase dun arte belicoso, con forza e rigor, debido ó costume militar da cultura. A cidade chamábase Assur, ó igual co seu deus. O proxecto de dominación era de carácter divino, polo que o pobo amosa mostras de fanatismo cara esas acións de culto ó deus e ás acións militares, constituíndo un forte exército. Aceptan o arte acadio e reformúlano.
Neste período o rei será protagonista das esceas. Fronte ós deuses mesopotámicos, os cales estaban relacionados cunha función concreta, o deus Asur era o deus dos deuses, sen función concreta. Respecta ó resto de divindades mesopotámicas.
Así, neste arte asirio, destaca en primeiro lugar o Altar de Tukulti-Ninurta I , realizado entre os anos 1250 e 1210 a.C., está adicado ó deus Nabu, deus da sabiduría e a escritura, representado na obra mediante o seu símbolo: un estilete, instrumento empregado para a escritura. Así prodúcese unha variación respecto das representacións divinas anteriores, pois neste caso realízase mediante o seu símbolo en vez de facelo mediante a súa representación directa. Isto é un importante cambio respecto das obras de épocas anteriores, posto que nestas o encontro entre o monarca e o deus era case íntimo, e nesta época iso era impensable. En relación á escea, o rei aparece portando un cetro fronte ó símbolo divino en dous momentos cronolóxicos distintos, en primeiro lugar de pé e posteriormente xenuflexionado representando a súa obediencia ó deus.
Outra obra importante, tamén promovida polo rei Tukurti-Ninurta I, é o Kar Tukulti-Ninurta, templo de Asur , construído entre os anos 1260 e 1230 a.C., foi feito xunto a un zigurat, coma no caso de Mari. O santuario de Asur posúe dúas entradas, e unha das entradas proporciona un acceso á cella en liña recta, e a outra un de eixo acodado, distribución orixinada no templo de Ischali. A cella ancha e pouco profunda, co seu podio, está recortada na masa do zigurat, como para facer fincapé en que o deus, na súa epifanía, xurde da montaña.
Este mesmo rei tamén promoveu unha reforma dun templo de Ishtar, constituíndo en Asur o Templo de Ishtar de Tukulti-Ninurta I , que, erguido sobre un pequeno basamento, muda o espazo interno e a ubicación do santuario. Así, engade unha capela secundaria e coloca á estatua da deusa nun dos extremos, máis elevada do que en épocas anteriores, alzándose nunha cámara que constituía case unha estancia separada, sobre unha escalinata.
Posteriormente, en época de Tiglat-Pileser I, a fins do século XII a.C., constrúese en Asur o templo de Anu e Adad, deuses do ceo e a tormenta. Esta construción consistía nun gran templo dúplice composto por dous zigurats cadrados cunha capela ou cella na parte superior de cada un deles precedido dun gran patio.
Outro edificio a destacar construído en Asur é o Templo de Sin e Samash , deuses da lúa e o sol. Neste templo suprímese a presenta do zigurat, pero posúe tamén dúas cellas.
Xa na época Neoasiria, na que destacan os reinados de Assurnasirpal II, no século IX a.C., quen estableceu a súa dependencia en Nimrud; Sargón II, no século VIII, quen estableceu a súa dependencia en Khorsabad; e Assurbanipal, no século VII a.C., quen estableceu a súa dependencia en Nineveh (Nínibe).
Así temos, en primeiro lugar o Palacio de Assurnasirpal II , no que se regularizan estritamente os espazos mediante a existencia de dous grandes patios rodeados de estancias. O patio principal, de carácter público, organizaba as dependencias públicas. Unha gran sala do trono servía de intercesión ca zona privada, antecedida do outro gran patio. A zona pública recibía o nome de Babanu e a privada o de Bitanu, e diferenciábanse pola súa complexidade.
A continuación, o Palacio de Sargón II , erguido sobre unha cidadela amurallada, atópase no terceiro nivel do amurallado, en el os arquitectos non empregan aínda o plano. En canto á composición da estrutura, vanse proxectando módulos que se xustapoñen formando finalmente unha unidade. O edificio logra unha maior dimensión e complexidade, cun acceso mediante unha triple porta, que dá lugar a un patio principal (babanu) que organiza as dependencias públicas. Tras estas dependencias atópase un gran templo con tres cellas, das cales non se sabe a divindade exacta á que están adicadas. Nas proximidades hai un zigurat autónomo, pero non se atopa anexionado ó templo.
No referente á arquitectura Neobabilónica, o primeiro a destacar é a propia cidade, rodeada dunha gran muralla que posuía oito portas, cada unha delas adicada a unha divindade. De todas estas, a máis destacada é a Porta de Ishtar , que era a entrada principal, e a partir da cal se iniciaba a Vía das Procesións, que era unha impresionante arteria que cruzaba lonxitudinalmente a cidade, a cal tiña unha clara función cerimonial, tanto no ámbito político coma no relixioso, pois pasaba polo templo da Festa de Ano Novo e avanzaba durante douscentos metros entre muros decorados con frisos de ladrillos vidriados con figuras de leóns, símbolos da deusa Ishtar.
A Porta de Ishtar, a partir da cal arrancaba esta vía, estaba composta por unha estrutura dobre, en correspondencia co dobre encintado da muralla da cidade, e estaba rematada por dous torreóns rematados en almenas e achábase decorada a base de ladrillo vidriado e policromado, con representacións zoomórficas de touros e dragóns híbridos de cor amarela e branca, símbolo dos deuses Adad e Marduk. En relación a esta técnica de emprego de ladrillos vidriados, xa existente en Mesopotamia dende o IV milenio a.C., cando adquiriu un importante desenrolo e promoción foi durante o Imperio Medio exipcio, e espallouse polo Mediterráneo e Asiria, ate chegar a Babilonia, onde, no caso da Porta de Ishtar, alcanzou o seu máximo explendor, pois moldeouse creando relevos.
Un dos templos con maior importancia é o Esagila , adicado ó deus Marduk. A súa estrutura seguía a modalidade dun templo baixo de tradición mesopotámica, o cal constaba dun santuario principal e dous patios en torno ós que se situaban numerosas dependencias auxiliares. O máis destacado do conxunto consistía na súa luxosa cella, na que, segundo Heródoto, se achaba unha escultura de Marduk feita en ouro.
O outro edificio relixioso de grande relevancia era o coñecido como Etemenanki “casa fundamental do Ceo e da Terra”, identificado ca “Torre de Babel” dos textos bíblicos. Este zigurat, composto por unha gran mole de adobe recuberta de ladrillos, que se alzaba sobre un grandísimo terraplén en forma re ctangular, pechado por unha muralla con doce portas, o cal albergaba no seu sector meridional un conxunto de edificios auxiliares. Ó parecer, o edificio constaba de sete pisos, supostamente de cores diferentes, así coma dunha escaleira exenta que daba acceso ó segundo piso. Dende alí debíase acceder á cúspide, na que existía un templo ó que, segundo os expertos, Nabucodonosor II decorou con ladrillos esmaltados en azul claro.
Por outra parte, no relativo á arquitectura civil, o máis importante é o Palacio Meridional de Nabucodonosor II , que recibe ese nome posto que estaba situado no medio do lado norte da muralla, e a súa estrutura presentaba variacións respecto da tipoloxía de palacio construído ate o momento. Tiña unha planta trapezoidal e organizábase en torno a cinco patios separados por portas e corredores, formando un laberinto de pequenas células. Esta xustaposición de estancias constituiu un dos seus principais riscos diferenciadores respecto dos palacios asirios.
O palacio contaba cun salón do trono que puido estar abovedado e que se diferenciaba dos asirios en que en vez de situa-lo trono nun dos lados máis curtos da estancia facíao no maior. Por último, a estas diferencias habería que sumarlle a da decoración, constituída por unha amable combinación de ladrillos vidriados azuis, con decoración de colmnas con capiteis vexetais en azul, amarelo e branco, que diferían sobremaneira da decoración a base de relevos bélicos propia dos palacios asirios.
Arte Persa
O arte persa é a única rexión periférica que conta cun estilo propio, cuxa orixe atopámola nos tempos prehistóricos. Ímonos centrar na arte do Imperio Persa Aquemenida que Ciro II o
Grande fundou no século VI, aínda que todo apunta a que a orixe deste Imperio está entre o 1300 a.C. e o 900 a.C. cando dúas tribus nómadas de orixe indoeuropea chegaron á Meseta de Irán, tamén unha segunda onda conformada por pobos iranios. Este Imperio estendeuse por Mesopotamia e ao longo do Mediterráneo, chegando ao seu fin cando Alexandre Magno dominou todos os territorios.
Coa extensión do seu Imperio os persas conquistaron Babilonia e con isto o rei convertíase en <
Neste eido os persas desenvolveron unha actividade moi importante creando edificios grandiosos que incluían elementos de todos os pobos, como poden ser cornixas exipcias ou columnas de inspiración xónica. Tratábase de construcións adinteladas, realizadas en pedra alternada con ladrillo e adobe, e cun elemento clave, as columnas. Estas últimas foron utilizadas para crear grandes salas hipóstilas. Este último elemento deu lugar a unha arquitectura nova e orixinal. Todo isto era utilizado polos persas para crear os seus edificios máis importantes: os palacios e as tumbas. Por último temos que destacar que a arquitectura persa non se orientou cara a construción de edificios relixiosos, o cal pode ser explicado polo feito de que se pensa que o culto relixioso se facía ao aire libre.
Imos falar agora de conxuntos arquitectónicos característicos do arte Persa:
Por último temos o edificio máis singular do complexo: a Sala de Audiencias (Palacio S). Este edificio adopta unha nova fórmula arquitectónica, a apadana.
Tratábase dun gran cámara rectangular con pórticos abertos nos seus catro lados que constaban con dúas fileiras de columnas de 5,5 m que comunicaban coa sala interior. Na sala interior había 30 columnas de 11 m repartidas en dúas fileiras, ademais contaba con nichos de pedra. A diferenza de alturas facía que o teito se situase moi por riba dos pórticos e permitía a iluminación dende arriba. Constatouse a existencia de relieves na porta de acceso á cámara de audiencias, pero so se conservan partes baixas. Para terminar hai que dicir que en todas as construcións de Pasargada as canterías son de dúas cores: negro e branco.
En canto á escultura persa sempre se pensou que como a arquitectura houbo participación helena, pero actualmente isto está moi entre dito; isto débese a que está máis que constatada a participación de artífices procedentes doutros lugares do Imperio nos programas culturais persas. Hai que engadir que esta escultura esta subordinada á arquitectura xa que se centra nos capiteis, nas figuras das portas e nos relieves.
Nos relieves podemos ver unha influencia do arte asirio, pero cun tratamento técnico e estilístico e unha finalidade diferentes, o que mostra a capacidade dos persas para crear unha realidade nova a partir da influencia dos pobos conquistados; todo isto é un reflexo de cosmopolitismo. O relieve máis antigo encontrámolo nunha xamba da porta de Pasargada, trátase dun demo ou un xenio alado cuxa finalidade era a de gardián dunha das portas do palacio; podemos ver unha a tradición e a clara influencia asiria, pero os persas engaden trazos propios. Ademais o gorro é unha das máis complicadas coronas divinas exipcias, polo tanto temos mostras das influencias exipcias.
Esta obra non constitúe unha tendencia exclusiva, xa que o arte persa segue desenvolvendo trazos propios
Os relieves rupestres de Behistún tallados en época de Darío I son unha constatación dun paso a un estilo propio. Recrea un episodio histórico da historia de Persia , e recorre a unha iconografía de longa tradición mesopotámica: o rei representado en maior tamaño pisando o pescozo ao seu adversario, xunto cunha procesión de personaxes encadeados e a deidade en forma de disco sobrevoando. Nesta escultura podemos ver como os persas introducen un novo modo de traballar as figuras, dotándoas dun volume que as facía sobresaír do muro; nova técnica que se pon como exemplo da influencia grega.
Esta influencia grega concrétase na experimentación deste coa representación dos corpos para dotalos dunha maior plasticidade; podemos concretar co convencionalismo nas ropaxes tamén. Todo isto fixo que a escultura estivese perfectamente integrada na arquitectura.
Exemplos:
Por último mencionar que destes exemplos e en todos os que se atoparon podemos deducir que a repetición é unha das esencias do arte persa aqueménida. A ordenación das figuras responde a un esquema cunha finalidade estritamente decorativa.
Escultura de vulto:
Este tipo de escultura aqueménida tamén tiña un carácter ornamental, polo cal, a pesares das diferentes influencias, a obra e o seu espíritu son completamente persas. Como dixemos previamente referíndonos aos relevos os esquemas con esa finalidade decorativa están baseados na repetición.
Esta escultura ten unha estreita relación coas artes aplicadas xa que está caracterizada polo detalle exquisito, a riqueza e a adecuación ao deseño.
ARTE EXIPCIO
En Exipto existían dúas zonas, que foran previamente estados independentes: o Alto Exipto e o Baixo Exipto. Polo tanto existían:
O monarca era considerado supremo e todopoderoso e polo tanto o arte tamén estaba ao seu servizo e ao das clases dirixentes. A dimensión espiritual considérase unha parte propia do individuo e os exipcios diferenciaban entre:
A unidade no mundo exipcio conseguiuse cun único goberno e produciu a asimilación das experiencias artísticas de ambos reinos pero con algunhas cidades como puntos referenciais. Despois do Imperio Antigo sitúase en Memphis e posteriormente trasládase a Tebas (despois do Imperio Medio).
Deusa Vadyet.