




Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: Historia del arte y culturas antiguas, Profesor: M. Dolores Fraga Sampedro, Carrera: Historia, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 8
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!





Arte prehistórico O arte prehistórico resulta un tema difícil de abordar posto que está en constante revisión e non contamos con testimonios escritos nin orais. Considérase como arte paleolítico calquer rexistro gráfico dunha sociedade preliteraria cuxo significado debe ser desentrañado recorrendo a ciencias auxiliares, como a etnografía ou a arqueoloxía. Esta arte pode ser de dous tipos: arte moble, que engloba ás pezas talladas en diferentes materiais que se poden transportar, e arte parietal, realizado nas paredes das covas, tanto de carácter sagrado como habitables. Este nace no Paleolítico superior, aproximadamente no ano 40.000 a.C. A cronoloxía máis seguida na actualidade é a deseñada por Leroi-Gourhan, o cal a elaborou partindo de complexos estudios estadísticos mediante a utilización da informática e aproveitando as datacións do C14 e os adiantos conseguidos con novos métodos de escavación. O seu sistema presenta como novidade o ter fixado unha secuencia evolutiva única, ca axuda da arte moble.
E stilo I: 30.000 – 25. Auriñaciense Gravetiense 1ºfase
Estilo II: 25.000 – 17. Gravetiense 2ªfase Intergravetosolutrense Solutrense 1ºfase
Estilo III: 17.000 – 13. Solutrense 2ªfase Magdaleniense 1ªfase
Estilo IV: 13.500 – 8. Magnaleniense 2º e 3º fase Magdaleniense 4º e 5º fase
Os significados que se lle atribúen a esta arte son diversos: a ornamentación e o ocio, a intención de invocar a un ser superior para favorecer a acaza ou a fertilidade (maxia simpática), a visión do animal como tótem que pode representar ou protexer o grupo humano, os ritos relixiosos (condición relixiosa da arte), a representación de mitos e lendas, ou a representación dos sexos masculino e feminino a través de animais.
A maioría destas mostras foron realizadas durante o paleolítico medio polo homo sapiens sapiens, inda que na actualidade cuestiónase se tamén foron realizadas polo home neandertal. Isto foi descuberto grazas ós avances nos métodos arqueolóxicos como a estratigrafía.
En canto á arte parietal, é moi pouco común atopar representacións antropomorfas, xa que a maioría son representacións de animais. Isto pódese deber ó culto do animal como ser mítico, a un
certo antropocentrismo, pois o ser humano considerábase o centro de todo e representaba o que lle rodeaba, a unha certa obsesividade pola perduración dos animais, etc. Nun principio as pinturas eran monocromáticas e bicromáticas, posto que só utilizan a cor negra, obtida do manganeso, que ás veces pode ser apreciada como azul e violácea debido ó deterioro co tempo, e a cor vermella, procedente do óxido do ferro e que adquire tons ocres ou avermellados en función do asentamento. Máis tarde introdúcese o estudo da cor e excipientes para conservar a cor, como a graxa animal, xa que ó seren realizadas con lapis de carbón posuían unha mala conservación e as figuras van desaparecendo. Estas pinturas foron realizadas tanto por un só artista como por varios, e incluso se poden apreciar aportacións de distintas culturas na mesma cova. Isto débese á convivencia de representacións de animais de climas máis fríos, como os mamuts ou o oso cavernario, co animais de climas máis cálidos, como toros ou felinos. Isto conleva a que sexa difícil chegar a unha cronoloxía concreta.
Nos seus comezos (auriñaciense), as figuras estaban representadas a grandes rasgos, mais xa aparece con claridade o concepto de animal. Xa a partir do gravetiense, represéntanse unhas constantes para identificar o animal: a curva en forma de S, dúas patas representadas con claridade, un canon desproporcionado (cabeza máis pequena que o corpo), a aparición dun so corno ou de dous en perspectiva torcida (visto de perfil pero cos cornos de fronte), máis detalle no pelaxe; porén, inda non se representan cores (é monocromático) nin movemento.
Desta etapa dátase a Cova de Chauvet, a cal rompe esquemas, xa que nela aparece a cor e non aparecen os animais definidos.?????????????????????????????????????????????
Tamén podemos apreciar na Cova de Pech Merle como se introduce a cor para definir ós animais (crins do cabalo, punteado) e como se aprobeita a cova para dar máis realismo suxerindo volume. Ademais, para suxerir espacio, o artista superpón os dous cabalos.
Nestas dúas últimas pinturas pertencentes á cova de Lascaux podemos apreciar, na primeira, un cervo cuxa cornamenta aparece destacada de forma espectacular, demostrando que sabe interpretar e transmitir a natureza, mentres que o corpo está inacabado. Con isto, o artista deixa que o espectador reconstrúa o resto do animal. Na segunda aparecen uns cervos na auga, co que se intenta transmitir unha narración.
Xa na última etapa, a Magdaleniense, podemos atopar covas como a de Altamira (13.000-10.000).
Nesta cova pódense apreciar as novas innovacións, como o canon proporcionado dos animais, o ensamble do corpo máis detallado, a perspectiva usada de forma perfecta, a degradación tonal, etc. Ademais, o artista utiliza as protuberancias da rocha para dar suxestión de volume, como podemos ver na pintura do bisonte morto (ó estar en quietude é máis sinxelo observar a súa natureza). Na figura da cerva podemos apreciar un escorzo, xa que o artista fai esta pintura tendo en conta o ollo do espectador (a barriga, na zona central, é máis grande).
Nesta etapa podemos atopar outras covas como a de Niaux, na que a pintura do bisonte conta coas innovacións propias deste estilo, pero tamén con novas experimentacións, como a falta de cor.
En canto ó arte moble, a súa maior representación son as estatuas femininas, coñecidas tamén como as Venus Paleolíticas. Ata fai pouco considerábase que estas databan do 40.000 a.C, mais recentes investigacións mostran posibles antecendentes pertencentes ó paleotítico inferior (250.000). Estas son representacións de pequeno tamaño (5’12 cm to 20 cm), e nelas destácanse os atributos femininos e engrósase o ventre, mentres que a cara non é representada.
En paralelo con esta última foi creada a Venus de Kostenki (28.000), na cal se pode apreciar un proceso de estilización. Esta ten un amuleto, o que pode explicarse por representar unha muller en concreto ou por ser unha imaxe dentro dunha imaxe (ten orificios para ser colgada).
Do ano 23.000 dátanse as Venus de Brassempouy e Lespugue. Da primeira só se conserva a cabeza, mais nela ocorre algo insólito: está representada a cara. Neste feito podemos ver un gran intereés do artista polo naturalismo. Na segunda, englóbase nun círculo central os atributos da muller, dándolle unha forma piramidal, xeometrizando así a figura feminina. Desta forma, o artista amosa como é capaz de esquematizar a natureza e as súas formas xeométricas.
Tamén podemos atopar Venus labradas na rocha, como a Venus de Laussei (23. 000) ou a de Abrid Patau (21.000).
Outras formas de escultura foron a representación de chamáns ou de teriátropos, seres protectores medio humanos medio animais.
Todas estas representacións déronse nos mesmos focos xeográficos e nunha cronoloxía similar.