



Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Este documento analiza la evolución del concepto de clase social a lo largo de las primeras décadas del siglo xix, cuando gradualmente reemplazó a estamentos, categorías y órdenes como principal forma de denotar divisiones dentro de las sociedades. Inicialmente, el término tenía un significado económico debido a la influencia de david ricardo, quien identificó la categoría social de los trabajadores con la categoría económica del trabajo. Los economistas políticos de la escuela 'ricardiana social' desarrollaron estas suposiciones en una teoría económica exhaustiva de la división de clases, que fue luego adoptada y ampliada por karl marx. La visión marxista de la clase social ha sido persistentemente influidas por la creencia inspirada por marx de que la clase (primariamente económica) tiene un valor altamente predictivo y explicativo respecto al comportamiento individual y colectivo.
Tipo: Apuntes
1 / 5
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!




Clase social Zygmunt Bauman Nu curso das tres primeiras décadas do século dezanove o termo clase substituíu gradualmente a estamentos, categorías e ordes converténdose na palabra principal para denotar divisións dentro das sociedades. O cambio de vocabulario reflectíu a significación decrecente dos estamentos e das cualidades adscritas ou herdadas en xeral e a importancia crecente das posesións e ingresos entre as determinantes da posición social. Tomado pola teoría social do seu contexto orixinal no debate político, clase acabou por se referir a grandes categorías da poboación, distintas doutras categorías no tocante á riqueza e a posición social correspondente, derivando o seu status distintivo nomeadamente da súa situación na produción e distribución de riqueza social, compartindo entón intereses distintivos que quer se opuñan, quer complementeban outros intereses grupais, e amosando, logo, unha tendencia ó comportamento e actitudes políticas, culturais e sociais grupais distintivas. No primeiro momento do debate, déuselle a clase un significado pronunciadamente económico, probablemente por influencia de David Ricardo, que identificou a categoría social dos traballadores coa categoría económica do traballo, entendido como un dos factores da produción capitalista. Os economistas políticos da escola “socialista ricardiana” – William Thompson (1824), Thomas Hodgskin (1825) e outros- desenvolveron as suxestións de Ricardo nunha teoría económica exhaustiva da división de clase, que foi logo adoptada e ampliada por Karl Marx Os moitos usos de clase na investigación e teoría científico-social están invariablemente influídos pola visión maxistral de Marx da división de clase a xeito de, simultaneamente, fonte principal da dinámica social e o principio fundamental da súa interpretación. Mesmo se os aspectos historiosóficos da teoría da clase de Marx (a historia toda é a historia da loita de clases; o cambio social acontece por causa das revolucións de clase; o conflito entre capitalistas e traballadores, que xorde da forma de produción capitalista, ten que levar a unha revolución proletaria e a unha forma de produción nova, socialista) son cuestionados ou rexeitados, o persistente interese pola clase e, amais, a constante centralidade da categoría de clase no discurso científico-social débese á crenza inspirada por Marx nun valor altamente preditivo e explicativo da clase (primodialmente económica) a respecto do comportamento, tanto individual coma colectivo. A capacidade de adaptación a este último aspecto do legado teórico de Marx débese en boa parte a estar en harmonía xeral coa co visión do mundo liberal dominante, que interpreta a acción individual, en xeral, a xeito de procura racional do interese, e asígnalle ó “gaño” o papel de motivo central da conduta humana. A continua popularidade da teoría de clase de Marx viuse axudada pola incorporación destas premisas tácitas do senso común e pola estratexia resultante de interpreta-los antagonismos sociais a xeito de conflitos de intereses económicos (quere dicir, a incompatibilidade de obxectivos racionalmente procurados por varios grupos diferentemente colocados no proceso económico). Defini-las clases a xeito de grandes grupos unidos polo seu emprazamento común no proceso económico e pola aspiración, contra os esforzos doutras clases, a unha parte mellorada do produto da plusvalía foi un hábito firmemente establecido na economía política clásica antes de Marx. A decisiva contribución de Marx consistíu en advertir no conflito de clase outra dimensión: a loita pola xestión da plusvalía social. Á vista de que, na orde capitalista, o dereito á plusvalía era prerrogativa dos xestores do proceso produtivo, o esforzo racional para ampliar a participación de clase no produto da plusvalía debe recoñecérselle á xestión da produción; á vista de que, tamén no sistema capitalista, o dereito a xestiona-lo proceso produtivo é prerrogativa dos propietarios do capital (ou dos medios de produción), unha clase excluída do acceso á plusvalía só pode desafia-la súa privación disociando o dereito de xestionar do dereito á propiedade: por medio da expropiación dos propietarios do capital. Na sucesión das formas históricas da loita de clase, o conflito entre os capitalistas e os seus traballadores presentouno, logo, Marx a xeito de equivalente moderno tanto do conflito entre os señores feudais precapitalistas e os seus servos e o conflito entre a aristocracia propietaria da terra e os capitalistas propietarios da industria. Amais, a aproximación específicamente marxista á análise de clase da sociedade industrial consiste en combinar estas dúas dimensións do conflito de clase e a tendencia a interpreta-la primeira (a redistribución da plusvalía) a xeito de manifestación inmadura, ou estadio temperán, da segunda (a xestión da produción da plusvalía). En consecuencia, o estudo da clase e mailo conflito de clase inspirado por Marx centra a súa atención no combate entre propietarios do capital e traballadores industriais. Máis específicamente: neste conflito, tido por crucial na era histórica actual, os estudos dedicados á clase interésanse pola progresión dos
traballadores industriais dende a súa situación obxectiva a xeito de factor no proceso de produción capitalista (“clase en si”) á adquisición dunha conciencia da súa situación e, finalmente, á apropiación dunha estratexia política dirixida a superar radicalmente a súa subordinación ó capital por medio da abolición do propio modo de produción capitalista (“clase para si”). Entón, para a teoría de clase inspirada por Marx, a maior dificultade xorde do fracaso evidente dos traballadores industriais á hora de facer algún avance notable na liñada progresión prevista. Século e medio despois de que as presuposicións historiosóficas esenciais da teoría de clase de Marx se fixeran públicas no Manifesto comunista (1848), non parece que en ningures os traballadores do mundo industrializado chegasen ó limiar da transformación socialista da sociedade. A fenda entre as predicións xeradas pola teoría de clase e a verdadeira tendencia da evolución histórica viuse moi realzada a causa da Revolución rusa, en 1917: a revolución que declaraba cumpri-la promesa marxista da transformación socialista aconteceu nunha sociedade pouco avanzada no desenvolvemento capitalista, mentres que tódolos tímidos intentos de revolución socialista nos países verdadeiramente capitalistas con gran número de poboación a traballar na industria fracasaron. O que, dende a perspectiva teórica, parecía unha abraiante incongruencia da praxe histórica, disparou os repetidos intentos de pensadores marxistas por elaborar teorías complementarias que explicasen o fracaso da materialización da tendencia histórica prevista. A primeira foi a teoría da “falsa conciencia” de Lukács (1923), pensador que marcou a pauta no que ía ser unha cadea longa de teorías complementarias. Lukács distinguíu a “estado de conciencia dunha clase”da “conciencia de clase”; a primeira era o estado de ideas e motivos empiricamente comprobable dos membros dunha clase que xurdía da experiencia asequible na súa vida e negocios diarios, mentres que á segunda só se podía chegar por medio dunha ollada a vista de paxaro da situación total da sociedade, e por medio dunha estudo racional da totalidade da información relacionada co sistema social (Lukács estaba influído neste aspecto polo método dos “tipos ideais” de Max Weber). En opinión de Lukács, non había pasaxe automática da primeira á segunda: a información necesaria para construí-la conciencia de clase “ideal típica” non era asequible no ámbito da experiencia individual limitada polas tarefas da sobrevivencia diaria. A conciencia empírica de clase amosou, logo, tendencia a seguir sendo “falsa conciencia”, desorientada e inducida a erro por polos horizontes estreitos da experiencia individual (de non ser que se vise asistida polas análises científicas filtradas nas mentes dos traballadores a través das canles das súas organizacións políticas). Na sutil revisión que Lukács fixo do modelo orixinal, a pasaxe da “clase en si” á “clase para si”, lonxe de ser un proceso automático garantido pola lóxica da economía capitalista, converteuse en cuestión de loita ideolóxica. Sen esa batalla de ideas a pasaxe non sería verosímil, por non dicir inevitable. Fixéronse numerosas suxestións na literatura sociolóxica da metade dos anos sesenta para expo-la discrepancia entre a privación obxectiva dos traballadores e a carencia aparente de oposición radical ó sistema responsable dela, que se deixaba argumentar por conta dos estudos empíricos que levaron ocasionalmente á localización de factores que quer mantiñan a persistencia da privación, quer incitaban a oposición a ela. Dahrendorf (1959) fixo un intento temperán de analiza-lo problema en termos da pasaxe dos “case-grupos” unidos só polos “intereses latentes” ós “grupos de intereses” dos que a conciencia do destino común fai que os intereses viren “manifestos”. Compartir intereses latentes é unha condición necesaria, máis insuficiente, da pasaxe dun tipo de conciencia a outra; a segunda delas require que estean presentes unha serie de factores. Desenvolvendo esta intuición, Morris e Murphy (1966) suxeriron que a conciencia de clase debería concibirse a xeito de “procesual e emerxente” que vai dende a “non percepción da diferenza de status” ó “comportamento asumido á vista dos intereses e ideoloxía do estrato” e ten distintas etapas, cada unha delas suxeita a un conxunto de factores un tanto diferentes. Nun estudo colectivo moi influínte dos traballadores de funda ( The Black-Coated Worker , 1958), Lockwood partía do marco das “etapas” ou “progresión” entón dominante no estudo da conciencia de clase post- marxista e propuxo que dependendo do tipo de emprego (que estaba determinado pola técnica), da presenza ou ausencia de vida comunal e outros aspectos culturais do modo de vida, podían desenvolverse diferentes tipos de conciencia (“tradicional, “deferencial” ou “privatizada”) que acadarían en cada caso un grao de permanencia fundado na súa congruencia coas condicións de vida específicas. O estudo temperán da conciencia de clase que fixo Parkin (1974) encirrou conclusións similares: Parkin sinalou, a xeito de tipo actitudinal con máis probabilidades de xurdir da experiencia vital dos traballadores, unha ideoloxía de “subordinado”, que collería forma quer “deferente”, quer de xente “con aspiracións”, mais que en ambos a dous casos induciría ós traballadores a face-las paces co sistema que é responsable da súa posición subordinada. Todas estas teorías complementarias presupoñen que a situación vital dos traballadores no modo de produción capitalista produce necesariamente unha tendencia anti-capitalista nas súas conciencias. É esta presuposición, e só esta presuposición, a que fai problemática a ausencia evidente de acción anti-
exacto da teoría de clases (nin alternativa a ela) e poden analizarse mellor no seu propio marco de referencia, a xeito de teorías da estratificación (baseadas nunha imaxe patrón de gradación, máis ca de división.) No que atinxe á que é propiamente a teoría de clases, tanto as aproximacións post-marxistas coma post- weberianas seguen fieis ás premisas fundamentais articuladas a principos do século dezanove: a clase é antes de nada un fenómeno económico e o conflito de clase é por riba de todo cuestión da defensa ou mellora da posición económica, quere dicir, da participación na distribución da plusvalía social. Pódese dicir que a formación discursiva da clase adquiríu a súa forma actual no período de reinterpretación, en termos económicos, dos conflitos sociais que se extenden no curso da historia europea entre a revolución francesa e a “primavera das nacións” en 1848. Só recentemente a reconsideración do modelo de clases da sociedade se desenvolveu dabondo para pór en cuestión as propias premisas nas que se fundamenta o discurso da clase. Unha das liñas de cuestionamento importante vén da obra de Foucault (1980), que revelou a íntima conexión do sistema social moderno non tanto coa invención da técnica maquinal ou co espallamento da forma de traballo capitalista, senón co establecemente dun tipo movo de poder “disciplinario”, dirixido directamente ó control do corpo humano e que usa a vixilancia a xeito de método principal. Dende este punto de vista, os intensos conflitos sociais do século dezanove, posteriormente interpretados a xeito de manifestacións do movemento obreiro aínda non estruturado, vense como o derradeiro estadio da loita defensiva contra novas formas de poder controlador; mentres que as orgnizacións económicamente orientadas dos traballadores das fábricas, retratadas na teoría de clase a xeito de especimes do movemento obreiro maduro, vense a xeito de produtos do desprazamento ó campo da distribución do conflito orixinal, centrado no control. Sexa a que for a visión da aplicabilidade da teoría de clases á comprensión dos dous últimos séculos, xorden outras dúbidas verbo da súa utilidade no estudo do actual estadio do desenvolvemento social. Habermas (1978 [1973]), Offe (1964), Gorz (1982) e Touraine (1971) entre outros prestaron atención, cada un dun xeito lixeiramente diferente, ó tamaño celéricamente decrecente da forza de traballo industrial, á diminución do papel da negociación entre os propietarios do capital e os traballadores industriais á hora de organiza-la distribución da plusvalía e á crecente mediación e, abofé, iniciativa do estado á hora de reproduci-las condicións esenciais da produción social de plusvalía. Á vista destas evolucións, é cada vez máis difícil manter que ser membro dunha clase siga a se-la clave principal do mecanismo de reprodución das privacións socialmente inflixidas (e, de xeito máis xeral, da diferenciación social en canto tal) ou, se imos a iso, unha variable explicativa maior no estudo do comportamento grupal e individual. Polo de agora, ninguén propuxo concepto alternativo ningún que teña tal exhaustividade e coherencia para substituí-la clase na descrición e interpretación da desigualdade socialmente producida. Algúns sociólogos tentaron substituí-la clase a xeito de determinante primordial da identidade con outros criterios, nomeadamente os de xénero, etnicidade, raza ou cultura. Polo xeral, os sociólogos contemporáneos non se ven inclinados a aceptar que unha dimensión da estratificación subsuma tódalas outras. A identidade trátase adoito dicindo que é multidimensional e é ben coñecida a habilidade dos individuos para construír e desconstruí-las súas identidades sociais. Amais, o grao no que se goce desta liberdade pode terse polo elemento máis salientable á hora de defini-lo status social. As categorías sociais máis amplas, previamente tratadas como se fosen dadas, analízanse agora tamén a xeito de produtos da acción humana. Amais, non se cre que haxa principio de división ou estratificación que se poida aplicar ós membros todos da sociedade. A noción de infraclase (“underclass”) suxire tácitamente que unha parte da poboación está excluída do “sistema de clases”. Bibliografía Dahrendorf, R. (1959) Class and Conflict in Industrial Society , Londres. Foucualt, M. (1980) Power and Knowledge , ed. C. Gordon, Brighton. Gorz, A. (1982) Farewell to the Working Class , Londres. Habermas, J. (1978 [1973]) Legitimation Crisis , Londres. Hodgskin, T. (1825) Labour Defended Against the Claims of Capital , Londres. Lockwood, D. (1958) The Black-Coated Worker , Londres. Lukács, G. (1967 [1923]) History and Class Consciousness , Londres. Marx, K. (1980 [1848]) Communist Manifesto , Londres. Offé, K. (1964) “Political authority and class structures” en D. Senghaas (ed.) Politikwissenschaft , Frankfurt. Parkin, F. (1974) Class Inequality and Political Order , Londres. (1979) Marxism and Class Theory , Londres. Rex, J. (1967) Race, Community and Conflict , Oxford. Runcima, W. G. (1966) Relative Deprivation and Social Justice , Londres.
Thompson, W. (1824) An Inquiry into the Principles of the Distribution of Wealth most Conducive to Human Happinness , Londres. Touraine, A. (1971) The Post-Industrial Society , New York. Lecturas adicionais Argyle, M. (1994) The Psychology of Social Class , Londres. Bottomore, T. (1965) Classes in Modern Society , Londres. Giddens, A. (1973) Class Structure of the Advanced Societies , Londres. Lash, S. e Friedman, J. (eds.) (1992) Modernity and Identity , Oxford.