


















































Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: Derecho Eclesiastico del Estado, Profesor: Concha Presas, Carrera: Derecho, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 58
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!



















































Responden a unha serie de características: ao principio de cooperación (artigo 16 CE, paragrafo 3 e na lei orgánica de liberdade relixiosa, artigo 7).
Establécense unha serie de requisitos para que se poidan firmar estes acordos. Esíxese a inscrición no rexistro de entidades relixiosas como establece o artigo da LO de liberdade relixiosa. Esixencia do notorio arraigo que se regula polo Real Decreto 593 3 de xullo de 2015. O lexislador sinala que a súa determinación debe de basearse en dous elementos: ámbito territorial da confesión relixiosa e número de crentes. Fronte a esta esixencia legal,o Goberno ante a diversidade de comunidades relixiosas que teñen o mesmo credo esixiu que se agrupen en federacións para poder firmar acordos que sexan obrigatorios para todas elas. Os acordos que se celebren coas distintas confesións relixiosas deben de ser aprobados mediante lei, votar en Cortes por esixencia do artigo 7 da LO de liberdade relixiosa. Así pois, podemos dicir que quedan baixo a protección que lles aporta na súa aplicación e vixencia o propio ordenamento. Pero tamén quedan baixo o poder decisorio das Cortes quen pode derrogalo en calquera momento. Por isto, pódese dicir que toda a forza normativa a obtén o acordo da propia lei que o incorpora ao ordenamento estatal. Tamén se pode manter que a natureza xurídica do acordo aprobado por lei trátase dunha lei estatal que ten o seu orixe nun proxecto de lei que foi redactado de común acordo con os destinatarios e interlocutores sociais que levan a cabo o desenvolvemento da norma. Teñen que cumprir todos os criterios de calquera norma de rango legal e seguir os procedementos establecidos ao efecto.
Así pois, estas leis son orgánicas segundo o artigo 81 CE, as relativas ao desenvolvemento dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas e a súa aprobación, modificación ou derrogación esixe a maioría absoluta do Congreso. Diferéncianse dos acordos firmados entre o Estado Español e a Igrexa Católica porque estes considéranse Tratados Internacionais e para eles a súa modificación, derrogación e suspensión segue o establecido no artigo 96 CE (os tratados internacionais validamente celebrados unha vez publicados oficialmente en España, forman parte do ordenamento interno, as súas disposicións só poderán ser modificadas, derrogadas ou suspendidas segundo as normas xerais do dereito internacional).
A lei 24 , cos evanxélicos, consta de 12 artigos, 3 disposicións adicionais e 1 disposición final. Basicamente gardase a mesma estrutura co resto. Artigo 1 fala dos dereitos e obrigacións, da personalidade xurídica, da certificación dos relixiosos. Artigo 2 fala dos lugares de culto, da inviolabilidade que estes representan. Artigo 3 fala dos ministros de culto, quen son. Artigo 4 fala das obrigacións ás que están suxeitos estes ministros de culto. Artigo 5 fala de obrigacións tamén dos ministros de culto, como que quedarán incluídos no réxime xeral da Seguridade Social. Artigo 6 fala das funcións de culto ou asistencias relixiosas. Artigo 7 recoñécese efectos civís ao matrimonio celebrado ante os ministros de culto, requisitos que se ten que levar a cabo para que ese matrimonio teña efectos civís. Artigo 8 fala da asistencia relixiosa. Artigo 9 garante asistencia relixiosa en internados, centros e establecementos penitenciarios, hospitais... Artigo 10 fala e está concorde co que establece o artigo 27 CE, educación evanxélica, do dereito que teñen os pais, recóllese por quen será impartida, os seus contidos... Artigo 11 fálase de operacións non suxeitas a tributo, exencións de impostos. Artigo 12 recóllese o descanso semanal, dende a tarde do venres ata o día completo do sábado.
Lei 25, coa federación das comunidades xudías de España, a Lei 26 cos musulmáns mesma estrutura 14 artigos, 3 disposicións adicionais e 1 disposición final. Nestes artigos fálanse dos dereitos e obrigacións. Artigo 1 dos lugares de culto. Artigo 2 fala de cemiterios, dotarán dos beneficios legais que se establecen para os lugares de culto. Artigo 3 fala dos ministros de culto,
esixencia do título de rabino ou de imáns. Artigo 4 obrigación dos ministros de culto de cumprir o servizo militar. Artigo 5 obrigacións dos ministerios de culto de someterse ao réxime xeral da Seguridade social. Artigo 6 fala das funcións propias da relixión xudía ou islámica. Artigo 7 fala dos efectos civís do matrimonio celebrado segundo a propia normativa formal israelita ante os ministros de culto ou segundo a forma relixiosa establecida na lei islámica. Artigo 8 recoñécese o dereito dos militares xudías a recibir asistencia relixiosa e a participar en actividades e ritos propios da relixión xudía. Artigo 9 fala da asistencia relixiosa en hospitais, orfanatos... Artigo 10 recoñece o dereito á educación islámica ou xudía. Artigo 11 fala da exencións. Artigo 12 fala do descanso laboral para as comunidades israelitas e islámicos, tarde dos venres ou día completo do sábado. Artigo 13 fala da conservación do patrimonio histórico artístico xudío e islámico que continuará ao servizo da sociedade para a súa admiración e estudo. Artigo 14 fala que se podan distinguir os produtos alimentarios e cosméticos e protexer o uso correcto das súas denominacións e do sacrificio dos animais que se realice de acordo coas leis xudías e islámicas, pero respectando a normativa sanitaria vixente. Con respecto aos islámicos fai referencia a alimentación nos internados e establecementos públicos ou concentrados que se deben de adecuar aos preceptos relixiosos islámicos así como o horario de comidas no mes do Rabadán.
Como fonte tamén se cita a lei 15 do 2015 que modifica o artigo 60 do CC. Neste artigo 60 mantense que o matrimonio celebrado segundo as normas do dereito canónico ou en calquera das formas dos acordos anteriores produce efectos civís e tamén se recoñecen efectos civís ao matrimonio celebrado en forma relixiosa prevista polas Igrexas, federacións, comunidades... inscritas do rexistro de entidades relixiosas que obtiveran notorio arraigo en España.
Outra fonte, o Real Decreto 593 de 3 de xullo de 2015 polo que se regula a declaración de notorio arraigo das confesións relixiosas en España. Real Decreto 594 polo que se regula o rexistro de entidades relixiosas en España. A partir de entón, o Goberno da validez civil aos ritos relixiosos do matrimonio de ortodoxos, testigos de Jehová, mormón? polo tanto a LO de liberdade relixiosa tamén establece esta medida de outras disposicións para ter eficacia civil en España outros colectivos de carácter relixioso.
TEMA 2: LEI ORGÁNICA DE LIBERDADE RELIXIOSA.
Esta lei está de acorde co artigo 16 CE, xa que nesta lei desenvolvese ese dereito fundamental de liberdade relixiosa e de culto.
No seu artigo 1 establece que o Estado garante o dereito fundamental de liberdade relixiosa e de culto. No paragrafo dous establece o principio de igualdade relixiosa tamén recollido na relixión. Pero tamén recolle que non poderán alegarse motivos relixiosos para impedir a ninguén o exercicio de calquera traballo ou actividade ou o desempeño de cargos ou funcións públicos. No paragrafo 3 mantense que ningunha relixión terá carácter estatal, principio de laicidade. O artigo 7 recolle o principio de colaboración de firmar acordos con varias entidades relixiosas.
No artigo 2 desenvolve todos os dereitos para todos os colectivos de carácter relixioso. Entre todos estes dereitos atopamos que a liberdade relixiosa e de culto manifesta unha serie de dereitos individuais e unha serie de dereitos colectivos.
En primeiro lugar no artigo 2.1 a) garántese o dereito de toda persoa a procesar as crenzas relixiosas que libremente elixa, a non procesar ningunha, o dereito a cambiar de confesión ou abandonar a que tiña e o dereito a manifestar libremente as súas crenzas ou a ausencia das
Outra cuestión son os ritos matrimoniais. 8 ritos matrimoniais. A recibir sepultura digna sen discriminación por motivos relixiosos. Poden ser recoñecidos como un aspecto das prácticas de culto. Nos cemiterios suprímese a división de parte civil e relixiosa, dereito de toda persoa a ser enterrados, os concellos deben construír cemiterios públicos.
O dereito que asiste a recibir asistencia relixiosa da propia confesión ou a non ser obrigado a recibila. Existe o problema da determinación do suxeito ante o cal se pode esixir. O TC di que este dereito é esixible fronte ao Estado polos membros das confesións. Sen embargo, o Estado non pode prestar por si mesmo a asistencia relixiosa, a persoa só pode pedilo. Pero si a confesión se negase a prestala o Estado non podería obrigala a levala a cabo.
A liberdade de propaganda e educación relixiosa está regulada no artigo 2.1 c) a persoa ten dereito a recibir e impartir ensinanza e información relixiosa de toda índole xa sexa oralmente, por escrito ou por calquera outro procedemento e elixir para si e os menores non emancipados a educación relixiosa e moral que estea de acordo coas súas conviccións. A LOMCE na súa disposición segunda fala de que a relixión católica será de oferta obrigatoria para os centros e voluntaria para os alumnos. A ensinanza de outras relixións axustarase ao recollido nos acordos de cooperación de 1992. Esta lei é unha lei que despois de 20 anos a relixión católica conta para facer a nota media de fin de curso. En cambio, a lei anterior a esta a LOE do ano 2006 non conta nin é avaliable ao fin de curso. Os alumnos que non elixan relixión terán que estudar outra asignatura que son os valores culturais e sociais en primaria e valores éticos en secundaria. Non se examinan de esta materia a final de ciclo.
Este dereito a impartir pode levar a confusión con outros dereitos fundamentais. Debemos distinguir o dereito a difundir e propagar as propias crenzas relixiosas o cal está garantido no artigo 16 da Constitución do dereito ao acceso dos grupos relixiosos aos medios de comunicación social de titularidade pública, dereitos que están contemplados no artigo 20 da Constitución. Non existe xerarquía entre eles, son obxecto de ponderación polos órganos xurisdicionais e corresponde á xurisprudencia constitucional establecer os criterios de interpretación e a solución dos conflitos que podan xurdir entre estes. Farase unha solución caso por caso. A vista das circunstancias concretas o cal non exclúe que o TC estableza unhas liñas de prevalencia. Así nesa colisión entre o artigo 16 e 20, o TC sinalou o carácter prevalente da liberdade de expresión. Así o fundamenta nunha sentenza de 1990 120, tales liberdades non son só dereitos fundamentais senón que tamén significa o recoñecemento da opinión pública e libre que está ligada ao pluralismo político, valor esencial do Estado democrático, estando estas liberdades dotadas por isto dunha eficacia que transcende á común e propia dos dereitos fundamentais.
Existencia de diferentes colexios que da lugar a un pluralismo escolar. O dereito a escoller para así e os menores suxeitos á patria potestade a elixir a súa educación. Este dereito garántese pola existencia no noso sistema educativo dun pluralismo escolar conforme ao cal xunto aos centros públicos, ideoloxicamente neutrais, existen centros privados que poden ser ideoloxicamente caracterizados. Dito dereito garántese nos centros públicos segundo o manifestado polo TC dunha forma directa mediante a organización dos mesmos de ensinanzas de seguimento libre para facer posible o dereito dos pais a elixir para os seus fillos a formación relixiosa de acordo coas súas conviccións. Tamén queda garantido de xeito indirecto mediante a prohibición nos centros públicos de calquera forma de adoutrinamento ideolóxico.
Os símbolos relixiosos. Os centros públicos deben de observar neutralidade. O uso destes está permitido na medida que responde ao ideario propio do centro.
No apartado d falase do dereito de reunión. A lei garante o dereito a reunirse ou manifestarse xuridicamente con fines relixiosos e a asociarse para desenvolver as súas actividades relixiosas de conformidade co ordenamento xurídico xeral e o establecido na presente lei orgánica. As reunións en lugares pechados non precisan unha autorización previa. En lugares de tránsito público e manifestacións si que teñen que ser comunicadas por escritos. Cando a autoridade gobernativa considere razóns fundadas de que poden producirse alteracións do orde público poderán prohibir a reunión ou manifestación ou propoñer a modificación de fecha, lugar, duración e itinerario da reunión ou manifestación. Sobre os estados de alarma, excepción e sitio, os dereitos de manifestación ou reunión poden ser prohibidos.
O artigo 22 CE comprende o dereito á asociación. Non require inscrición rexistral. Poden acollerse confesións que non desexen inscribirse no rexistro de entidades relixiosas ou tamén entidades que lle fora negada a súa demanda de inscrición no mesmo. Sen embargo a LOLR, cando fala do rexistro establécese que si se exercita ese dereito implica adquirir personalidade xurídica para a asociación.
A dimensión comunitaria de liberdade relixiosa está regulada no artigo 2.2, a liberdade comprende o dereito de Igrexas... a establecer lugares de culto ou reunión con fines relixiosos e a designar e formar aos seus ministros, o dereito a divulgar e propagar o seu propio credo, o dereito a manter relacións coas súas propias organizacións ou tamén con outras confesións relixiosas sexa en ámbito xeral, co estranxeiro ou no ámbito nacional. Con esta expresión, búscase facer unha expresión colectiva do fenómeno relixiosa. A inscrición no rexistro de entidades relixiosas é o medio para a adquisición da personalidade xurídica por parte destas comunidades e confesións. Así pois, esa inscrición de acordo co disposto no artigo 6 LOLR establécese que esas confesións inscritas terán plena autonomía. Esta autonomía conleva a unha autonomía normativa, capacidade para establecer as súas propias regras de organización. Esa inscrición tamén da lugar a que podan establecer as chamadas cláusulas de salvagarda da súa identidade relixiosa, do seu carácter propia, do debido respecto as súas crenzas. Estas cláusulas teñen como finalidade a diferenciación entre as distintas confesións para evitar confusións. Así pois, convén destacar sentencias do TS que afirman que a identidade non esixe unha diferenza total no referente a doutrinas e organización podendo existir elementos comúns de coincidencia entre unhas confesións e outras.
A salvagarda dálle carácter propio e refírese tanto a orixinalidade dos contidos como ao réxime de funcionamento e disciplina de cada grupo relixioso. Teñen unha especial incidencia no ámbito das relacións laborais. Así estas entidades e algunhas institucións por elas creadas poden ser consideradas como empresas ideolóxicas ou como organización de tendencia. Esa inscrición supón para as mesmas, segundo o artigo 7 da lei, a posibilidade de firmar un acordo de cooperación co Estado.
Límites.
O orde público, o máis importante (Artigo 16CE, estudar). Se atendemos á LOLR, o artigo 3 (ler).
O TC mantén que non pode aceptarse a opinión segundo a cal os dereitos recoñecidos e consagrados pola CE só podan quedar acotados segundo os límites da propia constitución se non que debe considerarse a protección non só de outros dereitos constitucionais senón tamén outros bens constitucionais protexidos.
liberdade relixiosa. A sentenza do TS no cal uns pais testemuñas de Jehova rexeitan unha transfusión de sangue para o fillo, e acusase aos pais de responsabilidade penal. O TS absolve aos pais dicindo que o menor xa tiña 13 anos, certa madurez e os pais de acordo coa liberdade relixiosa podían defender as súas conviccións. Outra sentenza fala de que o dereito á integridade física e moral resultará afectada cando se impoña a unha persoa asistencia medica en contra da súa vontade. Así, esa asistencia médica coactiva vai constituír unha limitación vulneradora do dereito fundamental á integridade física a non ser que teña unha xustificación constitucional.
A moralidade pública como límite á liberdade relixiosa. A comisión dos DDHH das Nacións Unidas, infírese de diferentes tradicións sociais, filosóficas e relixiosas. As limitacións á liberdade de manifestar a propia relixión ou crenza decretadas buscando protexer a moral deben de basearse en principios que non deriven dunha soa tradición. A moralidade está formada por un conxunto de valores aceptados pola sociedade a cuxa formulación concorren os distintos grupos relixiosos do orde social pero tendo en conta que a laicidade prohibe a identificación de ditos valores cos dun grupo determinado. Entón o TC mantén que si se teñen en conta a moral pública como un elemento común da vida social é susceptible de concrecións diferentes segundo as épocas e países, polo tanto, non é algo inmutable dende unha perspectiva social. O TC defende a moral pública como un elemento ético común. Polo tanto, esta problemática leva a utilizar cada vez máis unha ética en común que aparece na Lei de Reprodución Asistida. Que responda á maioría da sociedade e dos contidos CE e que poda ser asumida pola sociedade.
A tutela xurisdicional son o conxunto de técnicas e procedementos que o cidadán pode utilizar para obter nos tribunais a reposición dos seus dereitos fundamentais. Son o conxunto de recursos que pode empregarse ante os órganos xudiciais pola posible violación de dereitos. O artigo 4 da LOLR prevé a protección da liberdade relixiosa a través do amparo xudicial ante os tribunais de carácter ordinario pero prevé tamén a protección da liberdade relixiosa a través do amparo constitucional ante o TC.
Polo tanto, no ámbito xurisdicional a liberdade relixiosa como os demais dereitos fundamentais contempla tres niveis: ordinario, constitucional e o internacional.
pacto. A reclamación pode ser plantexada por un Estado contra outro pero tamén poden os cidadáns reclamar contra os seus respectivos Estados. Pero é requisito previo que o Estado afectado recoñecera a competencia do convenio. En segundo lugar, podemos dicir que no ámbito do Consello de Europa o Convenio de Roma regula unha serie de proteccións aos dereitos recoñecidos ao Convenio que se articula en dous órganos. Estes órganos son a Comisión Europea de DDHH e o Tribunal Europeo de DDHH e, xunto a estes, exerce poderes de carácter adicional nesta materia o Comité de Ministros do Consello de Europa. Fan falta uns requisitos previos para acudir a estes tribunais. En primeiro lugar, o Estado demandado debeu de aceptar o sistema xudicial do convenio. En segundo lugar, a violación denunciada se refira a un dereito recoñecido en dito convenio. E, en terceiro lugar, esíxese que se esgotaran todos os recursos xudiciais do dereito interno.
Calquera persoa, grupo de persoas ou organización non gubernamental que sexa súbdito dun dos Estados membros poden demandar ao Estado ante a Comisión pola violación dun dereito recoñecido no Convenio. A Comisión intenta amañalo amistosamente entre as partes, senón o consegue redacta un informe no que se consignan os feitos e redacta un dictamen sobre os mesmos e trasládao ao Comité de Ministros. A partir de este momento, o asunto pode resolverse ben polo Comité de Ministros ou polo Tribunal Europeo de DDHH. Ao Comité de Ministros correspóndelle decidir nun prazo de 3 meses pero si o caso non foi enviado polo propia Comisión ou polo Estado demandado. As decisións do Comité de Ministros ou do Tribunal son vinculantes. O control da súa execución correspóndelle ao Comité de Ministros e pódese traducir nunha indemnización á parte lesionada. A representación da defensa xurídica do Estado Español correspóndelle a unha persoa nomeada conxuntamente polos Ministros de Xustiza e Asuntos Exteriores e para o exercicio de todas estas funcións contan co asesoramento dun servizo xurídico que depende do Ministerio de Xustiza.
A tutela penal.
A doutrina planteouse como nun Estado laico como o español está moi protexida esa liberdade relixiosa. Uns autores móstranse afirmativamente ante isto, dicindo que é importante que teñan uns delitos propios para ter unha convivencia pacífica. A consideración da liberdade de conciencia como un dereito primario é a base de todos os dereitos de liberdade. A regulación constitucional da liberdade relixiosa de diferenza co resto das liberdades xustifica esa medida. Outro sector da doutrina , móstranse contrarios á protección penal porque estes delitos podíanse comprender noutros delitos do CP.
O TC sinala que o carácter aconfesional do estado español non impide que os sentimentos da sociedade se protexan, a relixión pertence as bases da convivencia democrática que debe de ser protexida. Protexida na Sección 2 do Capítulo 4 do Título 1 do CC, está ubicada no título dedicado aos delitos contra a CE e no capítulo relativo aos delitos cometidos como ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais. Engloba os artigo de 522 a 526, no CP baixo a rúbrica chamada de delitos contra a liberdade de conciencia, os sentimentos relixiosos e o respecto aos defuntos.
No artigo 522 tipificase impedir a práctica ou asistencia a actos de culto e outro ritos, así como obrigar a practicar ou concorrer a ditos actos ou a outros reveladores da profesión relixiosa. Son
A obxección de conciencia non sae na Declaración de DDHH nin no Pacto internacional de d. Civís e políticos. En 1978 realizouse unha petición universal aos Estados en orde a promover o recoñecemento ao obxección de conciencia ao servizo militar.
O TC no ano 87 di que non existe no noso ordenamento un recoñecemento implícito da obxección de conciencia, que ten unha natureza excepcional e que non cabe admitir máis obxeccións que aquelas expresamente recoñecidas pola CE ou por unha lei ordinaria.
En España só se alude á obxección de conciencia no artigo 30.2 CE. O Código Penal derrogou a lei da obxección de conciencia militar e unha lei do 98 que regulaba a obxección de conciencia e a prestación social substitutoria derrogou a lei 48 do 84. En 1999 cando se produce a suspensión do servizo militar a partir do 31 de decembro do ano 2002, fecha adiante ao ano 2001 mediante un Real Decreto. No artigo 138 da lei do 2007 recoñece a obxección de conciencia para os reservistas obrigatorios.
A obxección de conciencia ao xuramento. Para o acceso a cargo público debese xurar ou prometer en nome da conciencia ou do honor. Elimina todo tipo de obxección de conciencia neste sentido. Sen embargo a xurisprudencia atopouse coa negativa a xurar ou prometer. Sentencia do País Vasco no cal o tribunal pronunciouse sobre a constitucionalidade do xuramento ou promesa ao acatamento á Constitución. O artigo 23 CE establece que o acceso a cargos públicos en condicións de igualdade cos requisitos que sinalan as leis. O artigo 9.1 di que os cidadáns e os poderes públicos están suxeitos á CE e ao ordenamento xurídico. A STC 122 sobre o Parlamento de Galicia. As sentenzas establecen o compromiso a afirmar que só por imperativo legal acatan a CE, dito isto non exclúe o deber de suxección á CE. O TS no 2008 ditaminou que o Goberno vasco está obrigado a esixir o cumprimento do deber de xuramento ou promesa de acatar a CE a cada un dos membros da policía vasca.
O xurado é concibida como un deber cidadán que está limitado por incapacidade, incompatibilidade e prohibicións legais. Os maiores de 65 anos, os que xa desempeñaran nos 4 anos precedentes funcións de xurado, os que teñan cargas familiares, que teñan traballo cuxa substitución traia problemas para o mesmo, residencia no estranxeiro, os militares profesionais en activo cando concorran actividades de servizo... A xurisprudencia sinala que non se recoñece este tipo de obxección non parece que o cumprimento deste deberes legalmente impostos supoñan unha violación da liberdade ideolóxica e relixiosa. O TC di que o dereito de liberdade relixiosa do artigo 16 non resulta por si só suficiente para eximir aos cidadáns por motivo de conciencia o cumprimento de deberes constitucionais.
Mesa electoral. Hai que destacar unha instrución número 6 do 2011 que recoñece expresamente a obxección de conciencia por motivos relixiosos e que son causas persoais que poidan xustificar a escusa do membro designado dunha mesa electoral. Di que como causa a pertenza a comunidades relixiosas na que o ideario ou réxime de clausura resulten contrarias ou incompatibles coa participación na mesa electoral. O interesado deberá de acreditar dita pertenza e senón fose coñecido por notoriedade deberá alegar os motivos de obxección ou incompatibilidade. En cambio, a LO que regula o réxime electoral indica que os cargos que forman as mesas electorais son obrigatorios e establece que poderán alegar ante a Xunta Electoral da zona algunha causa xustificada e documentada que lles impida a aceptación do cargo. Entre as causas non exclúe a obxección de conciencia. A xurisprudencia, STS 2007 di que o artigo 16 CE non choca co desempeño do cargo electoral que conforme á lei lle foi designado xa que non lle impide asumir ou profesar calquera opción no campo de ideas pero como cidadán integrante do corpo social se atope moral e xuridicamente obrigado a aceptar
normas esenciais que manteñen con orde, liberdade e xustiza a estrutura da sociedade na que vive.
Ao sistema educativa. Á escolarización obrigatoria homologada optando os pais pola ensinanza en casa. O STC 2010 di que esta conduta é antixurídica xa que implica o incumprimento dun deber legal e, en consecuencia, o dereito dos pais a que seu fillos reciban unha educación relixiosa e moral de acordo cos seus principios relixiosos. Protexer facultade dos pais a elixir por factores ideolóxicas un tipo de ensinanza que implique a inscrición en centros homologados de carácter público ou concentrado. Outro problema é o das asignaturas, en concreto que traten temas de educación social, non se admitiu facendo súa a doutrina do Tribunal Europeo de DDHH. A educación sexual non constitúe un intento de adoutrinamento tendente a establecer un comportamento sexual determinado. Por último, educación á cidadanía. A doutrina do TS do 2009 establecía que o contido desta asignatura corresponde a unha idea imparcial, plural e neutral. Difusión e transmisión pero tamén a promoción de valores que constitúen o espazo común do sistema constitucional así como informar e instruír a todas as condicións morais, ideolóxicas e relixiosas. Non constitúen adoutrinamento.
Fiscal. A lexislación española non a ampara en función tributaria. O problema da obxección de conciencia fiscal é unha cuestión política, a súa resolución corresponde ás Cortes Xerais, non pode establecerse co amparo á obxección de conciencia. Non cabe opción para que o contribuínte estableza unhas formas alternativas.
Festas relixiosas e o descanso semanal. O estatuto de traballadores establece que o descanso semanal corresponde a un día e media, normalmente o domingo e establece 14 festas laborais e 4 de ámbito nacional. Os artigo 12 das comunidade israelitas, establece de descanso a tarde do venres e o sábado. Os islámicos paralizan a xornada laboral os venres para rezos, as horas deixadas de traballar serán retribuídas sen ningún tipo de custe. Os exames se coinciden co día de precepto deberá de cambiarse o exame. O descanso semanal do domingo ten un carácter secular e non relixioso. En canto ás festas relixiosas, recoñécese sempre que medie acordo co empresario e a vía para o recoñecemento das festividades relixiosas islámicas están sendo os convenios colectivos excepto no caso de Ceuta que dende o 2010 a festa musulmá do sacrificio é festa oficial. STS 2001 di que ten dereito a un descanso en determinados días do ano nos calees se produce a celebración dun acontecemento de carácter relixioso. O artigo 12, recolle a conclusión da xornada laboral unha hora antes no tempo de Ramadan. Problema de protección do traballador. Unha sentencia da sala de Xustiza militar 2000 na que se trata un delito de desobediencia dun soldado que se nega a cumprir unha orde alegando que se podía marear ao estar en ‘ por atoparse no mes de Rabadán. O artigo 3 establece que os alumnos destas confesións están dispensados da asistencia a clases ou exames cando coincida con festas relixiosas ou de descanso semanal. Sempre que estea permitindo polas administracións. Cos exames recóllese a posibilidade de que a administración estableza fechas alternativas se coincide con esas festividades.
Dilemas éticos entre o principio e o fin da vida.
A regra xeral sería unha autonomía individual para adoptar decisións racionais sobre o que afecta directamente ao seu destino vital aínda que sexan erróneas ou lesivas para a saúde. Sen embargo, esta autonomía individual ten límites, como a prohibición da eutanasia activa, vacina obrigatoria... Que ocorre cando colisionan os propios intereses dunha persoa cos intereses dun
resolución xudicial de dar asistencia médica obrigatoria e alimentar aos recorrentes cando como consecuencia da folga de fame se constitúa un perigo para súa vida. O dereito á vida ten un contido de protección positiva que impide configuralo como un dereito de liberdade que inclúa o dereito á propia morte. A privación da propia vida é un acto que a lei non prohibe pero non implica un dereito subxectivo que obrigue ao apoio do sector público para vencer a resistencia que se opoña á vontade de morrer. Non é posible admitir que a CE no seu artigo 15 garante o dereito á propia morte.
No caso da eutanasia, recoñéceselle a liberdade á persoa para privarse da vida (suicidio) pero nega que configure un dereito subxectivo e que sexa conforme ao dereito a colaboración de terceiros. A STC 120/1990 considera que o dereito á vida non contempla o dereito á morte. A sentenza do 154/2002, trátase dun testemuña de Jehová de 13 anos cuxos pais rexeitan a transfusión de sangue. En primeiro lugar, responsabilidade dos pais pola morte do seu fillo. A audiencia absólveos. O TS mantén o contrario, anula a sentenza anterior e condena aos pais por homicidio. O TC absolve definitivamente aos pais baseándose en feitos tales como que era un neno maduro que tiña criterio pola súa idade e que a liberdade relixiosa dos pais derivase o seu dereito a defender as súas convicións relixiosas, polo menos ata non verse obrigados a tratar de levar ao seu fillo ante unha conduta contraria ás ensinanzas éticas que lle ensinaron. A lei 2002 establece a necesidade dun consentimento para calquera tipo de intervención clínica.
Farmacéutica. Pode darse a negativa dos farmacéuticos a vender produtos destinados a facer imposible a concepción ou posterior desenvolvemento do óvulo unha vez fecundado. O código de ética farmacéutica aprobado no 2001 prevé de modo expreso a obxección de conciencia no caso da venta de píldoras anticonceptivas. A sentenza 145/2015 establece a obxección de conciencia farmacéutica fronte as posibles sancións derivadas da negativa á venta da píldora mencionada. Protéxese ese dereito na vía lexislativa, na lei 5/1990 de ordenación farmacéutica en Galicia que contempla esta obxección dicindo que a administración sanitaria garantizará que o dereito a obxección de conciencia do profesional non limite ou condicione o dereito á saúde dos cidadáns. Esta sentenza establece que ampara o recurso interposto polo farmacéutico e declara que foi vulnerado o seu dereito á obxección de conciencia. Recoñece o dereito e anula a resolución que se deu en outubro de 2008 e a do 2011.
LIBERDADE DE EXPRESIÓN.
É a liberdade de manifestar os propios pensamentos, ideas ou crenzas a través da palabra escrita ou oral, a través da expresión artística e científica. O artigo 20.1 a) CE establece que se recoñecen e protexen os dereitos a expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinións mediante a palabra, o escrito ou calquera outro medio de reprodución. O artigo 20 CE no apartado d) establece que tamén existe o dereito a comunicar ou a recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión. A lei regulara o dereito á cláusula de conciencia e ao secreto profesional no exercicio de esas liberdades.
O TC sobre os temas de liberdade de expresión e de información. Di que a proximidade existente entre a liberdade de expresión e de información da lugar a que ambas se atopen integradas nun mesmo texto, sendo difícil separalas ou diferencialas. Débese determinar o elemento preponderante entre elas. Como criterio común para ambas liberdades hai que contrastar que os límites a estas liberdades deben de interpretarse con criterios restritivos. Así, unha STC do ano 88 no seu fundamento xurídico 5 mantén que nos casos casos que a lei ofrece non sempre é fácil separar a expresión de pensamentos, ideas e opinións da estrita comunicación informativa pois a expresión de pensamentos necesita a miúdo apoiarse na narración dos feitos e á inversa.
O TC marca en varias sentenzas do ano 90, 96... unha serie de diferenzas. Son dúas liberdades distintas. En primeiro lugar polo obxecto ao que se refiren. A liberdade de expresión ten poro obxecto a libre comunicación de ideas ou pensamentos, é dicir, de opinións. A liberdade de información ampara a libre comunicación de feitos. En segundo lugar, diferéncianse polos límites. Os límites da liberdade de expresión son as inxurias, aquelas opinións que resulten inxuriosas para as persoas ás que se dirixen. As frases inxuriosas non forman parte esencial de ningunha expresión de ideas. O límite da liberdade de información atópase na veracidade.
O artigo 20 CE no seu apartado 4 di que estas liberdades teñen o seu límite no respecto dos dereitos recoñecidos neste título, nos preceptos das leis que os desenvolvan e, especialmente, no dereito ao honor, intimidade, propia imaxe, protección da xuventude e a infancia.
STC 105/1990 di que ao tratarse da formulación de opinións e crenzas persoais sen pretender sentar feitos ou datos obxectivos dispón dun campo de acción que ven só delimitado pola ausencia de expresións inxuriosas.
A veracidade non vai esixida a unha total exactitude no contido da información. Queda fora da garantía constitucional as informacións erróneas. O informador para obter a protección do artigo 20.1 d) CE, ten que comprobar a veracidade dos feitos empregando a dilixencia esixible a un profesional. Cando se persegue non dar opinións senón subministrar información sobre feitos que pretenden ser certos, a protección constitucional esténdese unicamente á información veraz. Requisito de veracidade que non pode esixirse a xuízos ou valoracións persoais ou subxectivas. O límite da liberdade atopámolo nunha sentenza 88 mantén que aínda que a información sexa inexacta se era obtida e difundida rectamente é digna de protección. Aínda que se incorran en erros circunstanciais, non se esixe que a información sexa verdade senón que os feitos sexan vertidos coa neglixencia razoable xa que as afirmacións erróneas son inevitables nun debate libre, de tal forma que de impoñerse a verdade como condición para o recoñecemento do dereito a garantía única sería o silencio.
Que a noticia sexa veraz non esixe exactitude no contido da información. Na STC 240/1992, o periódico de País contra o cura de Cangas, confunde Io con Viño. Considera que se contrastou a noticia e que cumpriu coa veracidade. Conclúe que o erro de identificación no que se incorreu non alcanza transcendencia suficiente para entender quebrantado o carácter de información veraz e en consecuencia privalo de protección constitucional por non afectar o mencionado erro ao contido esencial do mensaxe que se transmite.
Outras sentenzas din que non contribúe á formación da opinión pública libre as noticias falsas ou rumores.
Polo que se refire á liberdade de expresión, STC comprende a crítica á conduta doutro que poda inquietar ou desgustar a aquel en contra ao que se dirixe. Outra sentenza di que isto non implica que o artigo 20 CE recoñeza un pretendido dereito ao insulto.
O dereito ao honor recoñecido no artigo 18 é un límite da liberdade de expresión. O TC considera que o dereito ao honor e todo aquilo que vulnera unha opinión ou unha información difamante. Esta definición deu lugar a que se inclúa no mesmo e actúen como límites as liberdades do artigo 20 e que se inclúa a dignidade das persoas xurídicas, aos grupos relixiosos, étnicos... Non obstante o TC exclúe outras nocións como a dignidade e o debido respecto ás institucións.
Cláusula de conciencia.
Recollido no artigo 20, establece que a lei regulará o dereito á cláusula de conciencia e o segredo profesional no exercicio destas liberdades. É un dereito do periodista a rescindir o contrato que o une á empresa obtendo as indemnizacións que lle correspondan no caso de despido improcedente cando se produza un cambio notable de carácter xeral na orientación informativa ou na liña ideolóxica da empresa de comunicación para a que traballa. O ámbito de aplicación non é só para as empresas de prensa, senón tamén para as informativas, como a radio, televisión, as axencias informativas...
A LO que regula a cláusula de conciencia dos profesionais de información establece o seguinte. Sobre o seu contido di que é un dereito constitucional dos profesionais de información, ten por obxecto garantir a independencia no desempeño da función profesional. Os profesionais da información teñen dereito a solicitar a rescisión da relación xurídica coa prensa de comunicación na que traballen cando no medio de comunicación co que estean vinculados laboralmente produzan un cambio substancial de orientación informativa ou liña ideolóxica. Ou tamén cando a empresa os traslade a outro medio do mesmo grupo que polo seu xénero supoña unha ruptura patente coa orientación profesional do informador.
O exercicio deste dereito dará lugar, en primeiro lugar, a unha indemnización que non será inferior á pactada contratualmente ou, no seu defecto, á establecida por lei para o despido improcedente.
Os profesionais da información poderán negarse motivadamente a participar na elaboración de informacións contrarias aos principios éticos da comunicación, sen que isto poda supoñer sanción ou prexuízo.
O TC nunha STC do ano 2002 di que a cláusula de conciencia é un dereito garantía dos informadores que teñen esta protección por atoparse sometidos a maiores riscos no exercicio da súa liberdade de expresión e de información.
Os medios de comunicación social de titularidade pública.
O artigo 1.1 e 16 CE esixen unha neutralidade ideolóxica, que non se asuma unha ideoloxía concreta e determinada. Debe de existir un pluralismo ideolóxico. Esta neutralidade garántese no artigo 20 CE ao establecer a liberdade de expresión e de información. No seu apartado 3 di que a lei regulará a organización e control parlamentario dos medios de comunicación social dependente do Estado ou calquera ente público e garantizará o acceso a ditos medios dos grupos sociais e políticos significativos respectando o pluralismo da sociedade.
O Convenio de Roma mantén que toda persoa ten dereito a esa liberdade de expresión. A LOLR no artigo 2.2 recolle o dereito das comunidades relixiosas a divulgar e propagar o seu credo.
A lei 17 do 2006 de radio e televisión de titularidade pública. Estatuto da radio e televisión.
Teñen que inspirarse no respecto ao pluralismo político, relixioso, social e cultural. O Consello de Administrador asignará un tempo gratuíto aos grupos políticos e sociais máis representativos a parte do tempo que lle corresponde en informativos xerais e especiais por noticias de carácter relixioso. O Consello de Administración ten as seguintes competencias: velar polo cumprimento da programación; velar por ese pluralismo relixioso; fixar os principios básicos e as liñas xerais da programación e tamén a programación relixiosa; ten que determinar o porcentaxe de horas de programación destinada a grupos sociais significativos fixando os criterios entre eles e tendo en
conta os seguintes criterios como representación parlamentaria, ámbito territorial de participación... Así ese porcentaxe de horas determínase semestralmente e fíxanse uns criterios de distribución entre os distintos grupos. Poden expoñer as súas doutrinas ou informar dos seus acontecementos e experiencias que non son actividades publicitarias, porque non se admiten uns espazos publicitarios relixiosos porque se corre o risco de que podan derivar en condutas grosengristas.
TEMA 5: A LIBERDADE DA EDUCACIÓN.
Artigo 27 CE di que todos teñen dereito á educación e recoñécese a liberdade de ensinanza. A educación terá por obxecto o desenvolvemento da personalidade respectando os principios fundamentais de democracia e os dereitos e liberdades fundamentais. O artigo 3 di que os poderes públicos garanten o dereito que asiste aos pais para que os seus fillos reciban a formación relixiosa e moral que este de acordo coas súas convicións.
A LOLR no artigo 2.1 c) toda persoa ten dereito a recibir e impartir ensinanza e información relixiosa de toda índole xa sexa oralmente, por escrito ou por calquera procedemento. Elixir para si e os menores non emancipados e incapacitados baixo a súa dependencia dentro do ámbito escolar a educación relixiosa e moral de acordo coas súas convicións.
A Declaración Universal dos DDHH di que o obxecto da educación é o pleno desenvolvemento da persoa humana e o fortalecemento do respecto dos dereitos humanos e dos dereitos fundamentais. O Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos no artigo 13 tamén recolle este dereito. A Convención sobre os Dereitos do Neno (artigo 28) recoñece todas as medidas para facer efectivo este dereito.
STC 133/2010 mantén que ese dereito á educación implica o libre desenvolvemento de personalidade e das capacidades dos alumnos que comprende a formación cidadá en igualdade e tolerancia e co pleno respecto aos dereitos e liberdades dos membros. Así, a educación é un servizo público, o cal implica a inspección, homologación (27.8 CE), a gratuidade e a obrigatoriedade na ensinanza básica.
Os distintos autores pregúntanse se é compatible a ensinanza da relixión na escola pública co principio de laicidade. Supón unha confusión entre actividades relixiosas e actividades públicas, claramente contraria co principio de laicidade. Outros din que é compatible, xa que a liberdade relixiosa está implicitamente recollida no artigo 16 CE. Os poderes públicos deben de evitar os obstáculos que impidan ou dificulten ás persoas o exercicio dunha liberdade. Este dereito esta recoñecido aos pais no artigo 27 CE.
O TC confirma esta última postura manifestando que aconfesionalidade do estado e a neutralidade das institucións públicas non impide a organización nos centros públicos de ensinanza, seguimento libre... para facer posible o dereito dos pais a elixir para os seus fillos a formación relixiosa e moral que este de acordo coas súas propias conviccións. A STC 5/ establece que a ensinanza confesional da relixión en centros públicos resulta acorde co principio de laicidade porque non supón a adhesión nin a identificación do Estado cos dogmas e a moral que integran o contido desta materia. Así, este tipo de ensinanza non é contraria ao dereito de liberdade relixiosa dos alumnos e dos seus pais debido a que presentan un carácter voluntario.
A LOMCE na súa disposición adicional 2 trata o tema da ensinanza da relixión. No seu apartado primeiro di que a ensinanza da relixión axustarase ao establecido no acordo sobre ensinanza e asuntos culturais do 1979 subscrito entre a Santa Sede e o Estado español. A tal fin e de
Polo que se refire aos profesores da relixión católica, o acordo sobre ensinanza e asuntos culturais do 69 no seu artigo 3 pon que nos niveis educativos de ensinanza, esta será impartida polas persoas que para cada ano escolar sexan designadas pola autoridade académicas entre aquelas que o ordinario de lugar propoña para exercer esta ensinanza. Con antelación suficiente o ordinario comunicará os nomes dos profesores que sexan considerados competentes para dita ensinanza. Nos centros públicos a forma de nomealos recaerá con preferencia nos profesores de EGB que así o soliciten. Ninguén será obrigado a impartir ensinanza relixiosa. Os profesores de relixión formarán parte a todos os efectos do claustro de profesores dos distintos centros.
O artigo 7 do acordo establece que a situación económica dos profesores de relixión católica, nos distintos niveis educativos que non pertenzan aos corpos docentes do Estado, concentrarase en que a administración central e a conferencia episcopal española.
O Real Decreto 196 do 2007 que regula a relación laboral dos profesores de relixión prevista na disposición adicional terceira da LOE que non foi modificada pola LOMCE. Este real decreto establece que os profesores que impartan a ensinanza das relixións deberán cumprir os requisitos de titulación establecidos para o nivel educativo no que impartan docencia ademais do que para a súa actitude establezan os acordos subscritos entre o Estado español e as diferentes confesións relixiosas. Tamén se establece que os profesores que non teñan categoría de funcionarios e impartan a ensinanza de relixións nos centros públicos farano en réxime de contratación laboral e a súa situación quedará regulada polo Estatuto dos traballadores. Estes profesores acederán ao destino mediante criterios obxectivos de igualdade, mérito e capacidade. Percibirán iguais retribucións ás que reciban os profesores interinos segundo cada nivel educativo.
O artigo 10.2 dos acordos establece que a ensinanza será impartida por profesores pertencentes á federación correspondente e de acordo as normas establecidas nesa federación. A resolución de 1986 que produce a publicación do acordo do consello de ministros polo que se autoriza a firma do convenio sobre a designación e réxime económica das persoas encargadas da relixión correspondente. Antes do comezo de cada curso escolar comunicarase ás administracións educativas competentes as persoas que considere idóneas para impartir a ensinanza relixiosa nos diferentes niveis educativos. O Estado compensará economicamente ás persoas polos servizos prestados. O importe económico por cada hora de ensinanza terá o mesmo valor que a retribución real por hora de clase de calquera materia impartida por un profesor interino
En todos os Estados europeos, a relixión esta sufragada excepto en Francia.
Polo que se refire aos profesores da relixión católica, España só paga o custe dos profesores de relixión nos niveis de infantil e primaria Andalucía, Canarias, Aragón, Cantabria, Ceuta e Melilla. Preténdese que sexan pagadas polas autonomías.
Os contidos da ensinanza e os libros de texto serán sinalados polas comunidades respectivas.
Liberdade de cátedra.
Recoñécese no artigo 20.1 CE. é un artigo dedicado á liberdade de expresión. Esta ubicación débese a que é unha proxección da liberdade ideolóxica e do dereito a difundir pensamento, ideas,opinións dos docentes no exercicio da súa función. É diferente segundo se trate de centros públicos en niveis inferiores ou se trate de centros a nivel universitario.
Si se trata de centros de niveis inferiores, a programación xeral da ensinanza é competencia dos poderes públicos que limitan a liberdade académica do profesor. O Goberno fixa as ensinanzas
mínimas que constitúen os aspectos básicos do curriculum co fin de que todos os alumnos teñan un contido en común.
A nivel universitario establécese liberdade de cátedra, investigación e estudo. A lei atribúe a catedráticos e profesores a plena capacidade docente e investigadora. Hai que ter en conta a competencia do Estado para establecer os plans de estudo. Teñen que esixir a existencia dun denominador común mínimo, esixible para obter académicos e profesionais en todo o territorio.
A xurisprudencia sobre a liberdade de cátedra a veces foi contraditoria. Nunha sentenza de outubro do 90 di que supón plena capacidade do profesor para fixar programa, para elaborar material didáctico e ten autonomía na avaliación do alumno. Esta sentenza contradí unha STS de febreiro do 89 que fai referencia á liberdade de cátedra sen control ou censura previa. O TC na STC 217/1992 no seu fundamento xurídico 2 establece que a liberdade de cátedra non pode identificarse co dereito do seu titular a autoregular integramente e por si mesmo a función docente en todos os aspectos ao marxe e con total independencia dos criterios organizativos do centro universitario. Establece como límite a programación xeral da ensinanza o cal impide que o titular estea alleo a todo control.
O centro privado pode ter un ideario propio e pódese expoñer neles todas as doutrinas científicos sempre que non polemice, incorra en apoloxía ou menosprezo do ideario e non converta as súas explicacións nun adoutrinamento dos seus alumnos. O ideario do centro non modifica o contido da liberdade de cátedra, simplemente esixe que se respecte o seu contido. O TC sobre esta cuestión di que a existencia dun ideario coñecido polo profesor ao incorporarse libremente ao centro non obriga en a converterse en apoloxista do mesmo nin a cambiar a súa ensinanza en propaganda ou adoutrinamento nin a subordinar o seu ideario ás esixencias que o rigor científico impón ao seu labor. A súa liberdade é a liberdade no posto docente que ocupa, é dicir, nun determinado centro e debe de ser compatible coa liberdade do mesmo centro. A liberdade do profesor non lle faculta para dirixir ataques abertos ou solapados contra ese ideario. Así o mantén a STC 5/1981 no seu fundamento xurídico 10.
A función de examinar é unha actividade institucional e pública na que o profesor actúa en nome e representación da institución habilitada para conceder títulos académicos. Non forma parte da liberdade de cátedra, non é unha actividade persoal xa que pode ser obxecto de revisión en relación cos contidos, varemos e os criterios calificadores. Isto, non conculca o contido da liberdade de cátedra, que no seu orixe naceu como loita á censura dos libros e dos profesores. O profesor é libre para elaborar un programa docente, para recomendar un bibliografía adecuada... pero todo isto sometido á uns criterios que respecten uns contidos mínimos que integran e identifican a disciplina que ensina e explica. Así pois, o punto de desencontro entre a liberdade de cátedra e as competencias das institucións educativos será un encontro de mínimos e nunca un desencontro de materias e contidos distintos.
O programa de exame reflexa os contidos propios da disciplina e ten que existir unha coincidencia de contidos entre os programas docentes e o programa de exame, aínda que existan diferentes de orientación ideolóxica e científica e enfoques e propostas de solucións distintas.
Os límites da liberdade de cátedra son os derivados de calquera actividade que infrinxa a liberdade de expresión. Os derivados dos artigo 27.2, respecto dos principios democráticos de convivencia. Respecto á dignidade persoal do alumno e a súa liberdade de conciencia. Prohíbese o adoutrinamento e dogmatismo. Os límites derivados das competencias educativas, máis estreitos nos inferiores que no universitario. Respecto ao regramento do réxime dos centros. Respecto aos dereitos e liberdades que compoñen o dereito de educación para pais e