
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Libro de Follas Novas- Risa Dáme
Tipo: Apuntes
1 / 1
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!

Follas novas é un libro concibido cun espírito moi distinto ao que deu de si Cantares gallegos, moito máis pesimista e desesperanzado. Foi publicado, ademais, con moita demora a respecto da súa escrita, en circunstancias pouco alentadoras e case contra a vontade da súa autora. Os poemas que o compoñen reflicten, en conxunto, unha realidade individual e colectiva moito máis dura, sufrida, preocupante e problemática que os que aparecen en Cantares gallegos.Follas Novaspublícase en 1880 na Habana grazas ao interese de Alejandro Chao, editor galego emigrado na capital cubana e amigo íntimo de Murguía e Rosalía. Sábese que boa parte das composicións deste volume foron escritas en Madrid, cando o matrimonio vivía en Simancas, segundo o testemuño de Murguía. Saíu a lume baixo o patrocinio editorial de «La Propaganda Literaria», apoiado economicamente pola Sociedad de Beneficiencia de Naturales de Galicia, da Habana, que promoveu unha subscrición popular de axuda económica para sufragar certos gastos de publicación. Enténdese así a dedicatoria no libro aos membros da devandita asociación. Así pois,a maioría dos poemas que o compoñen levaban escritos case 10 anos e, de feito, está anunciado con este título xa en 1872. Estudosos como Francisco Rodríguez apuntan a que o momento político adverso (fracaso do Sexenio Revolucionario, Restauración monárquica, falta de concreción de medidas democráticas logo da 1ª República, centralismo españolizador...), xunto coa marcha irregular da (re)nacente literatura en galego, serían causas dabondo para explicar que un libro como Follas Novastardase en ver a luz. Nesta altura, en Madrid estaba triunfando no teatro José Echegaray, quen sería o primeiro premio Nobel, hoxe esquecido, das letras españolas, comezaban as representacións por Europa da Casa de Bonecas de Ibsen e aparecía a derradeira obra de Dostoyevski, Os irmáns Karamazov. Como autoras daquela altura podemos falar de Cecilia Böhl de Faber (que escribiu co pseudónimo de Fernán Caballero e foi a dedicataria de Cantares Gallegos), Gertrudis Gómez de Avellaneda, a popular George Sand, todas elas falecidas uns anos antes da publicación de Follas Novas, e de Carolina Coronado. Rosalía de Castro supera calquera comparación. É, como veremos, un caso á parte.Comeza o libro que nos ocupa coa débeda de gratitude que a autora expresa tercoa Xunta directiva da Sociedade de Beneficencia dos naturales de Galicia na Habana. É por iso que lles dedica Follas Novas, que, segundo ela di, "trata das cousas da terra, e vai escrito na nosa léngua". E remata: "Recíbana, non polo que val, sinón polo que significa". Nunha breve frase aparecen condensados algúns dos eixos fundamentais desta obra: a reivindicación nacional, tanto a través dos temas reflectidos como, e sobre todo tendo en conta a novidade que isto supón naquela altura, pola lingua empregada, así como a conciencia da empresa na que a autora, propositadamente, se embarcaba, que é a da criación dunha literatura propiamente galega, o cal se xustifica, e volvemos ao comezo, precisamente polo emprego da lingua galega. A edición orixinal conta cun prólogo de Emilio Castelar, xornalista, novelista e político progresista que fora o 4º (e último) presidente da breve I República española. Unha sinatura, pois, de grande renome que foi solicitada por Murguía para que servise de barreira protectora ao libro de Rosalía. Presenta Castelar un "conjunto de tal suerte nuevo y original" que aínda que "la literatura gallega no tuviese ningún otro libro más que las Follas Novas de Rosalía Castro, bastábale para su lucimiento y su gloria". É de salientar tamén nas palabras deste autor que naturaliza o emprego da lingua galega para a expresión literaria e que cando fala eloxiosamente da escritora non a adxectiva en feminino senón en masculino, o cal neses momentos ten unha intención claramente prestixiadora. Antes de presentar a obra poética, compón Rosalía "Duas palabras d'a autora", que Pilar García Negro ten definido como un dos primeiros ensaios da nosa Literatura (xunto co prólogo de Cantares). Nel fai unha reivindicación da súa valía como escritora e explícanos que falará de temas que non só asume como propios senón dos que se converte en portavoz, como a denuncia dos males que acarretan "a emigrazón e o rei", ou como as penurias económicas derivadas do despoboamento forzado dunha Galiza, que, afirma, se aínda segue en pé é grazas ás mulleres que, esforzada, solidaria e solitariamente,traballan arreo para que así sexa. E todo isto faino en galego, consciente de que foi ela quen se atreveu a empregalo nun libro, Cantares, e agora noutro, Follas, coaindisimulada intención de (re)construír a nosa Literatura. Ratifícase en que ao ser ela quen enarborara esta bandeira non pode desertar dela