














Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
resumen diapositivas con que hice con ia
Tipo: Apuntes
1 / 22
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!















Pensar e repensar o significado do goberno local nun mundo en rápida transformación Importancia de reforzar as capacidades e competencias dos gobernos locais Mellores garantías para democratizar e afianzar a toma de decisións e mellorar a calidade de vida da cidadanía O local cada día é mais global As bases da nova orde mundial estanse forxando dende abaixo, dende a revolución metropolitana Só sobre a proximidade se poden articular as respostas aos conflitos e necesidades cotiás
Novas axendas transversais e necesidade de implicación da cidadanía Desxerarquización dos niveis competenciais. Visións abertas que impliquen a moitos actores Reivindicación do concepto de goberno local fronte “administración local”. Expresa a vontade de reivindicar a vontade política de goberno Competencias cruzadas e responsabilidades compartidas As entidades locais responsables da distribución do benestar cotiá Eixos clásicos das políticas locais: desenvolvemento económico, ordenacion do territorio e servizos ás persoas Súmase dende os 90´a sustentabilidade medioambiental Reforzo da dimensión política das institucións locais Renovación e cambio estratéxico A concepción do público non se esgota no institucional
Canto costa o auga? Quen controla a súa distribución? De ónde ven e quen controla a enerxía que necesitamos para que todo funcione? Temos sistemas de mobilidade lóxicos e sustentables? Mantemos o control e a capacidade de dirección pública sobre os datos que os servizos municipais xestionan? Dispoñemos de plataformas dende as comunidades locais en materia de oferta de vivenda e aloxamentos na cidade? Onde nos educamos e cómo nos coidamos? Podemos reforzar a produción de alimentos e distribución dende unha perspectiva de proximidade e produción ecolóxica? Hai capacidades para incentivar a economía colaborativa no local?
Crítica ao concepto de gobernanza: “códigos de boa conducta e de tantos panos quentes e pócimas que receitan os curandeiros da democracia representativa...” Minifundismo local Parlamentarización do goberno local Ampla potestade autoorganizativa mediante os Reglamentos orgánicos Organización de grupos políticos con dotacións económicas nos municipios de gran poboación
O tamaño das entidades locais inflúe tanto na eficacia (combinación de eficiencia, promoción do desenvolvemento económico e distribución ) como na calidade da democracia Cál é o tamaño ideal? Cal é o tamaño que produce mellores servizos a coste reducido? Cál é o tamaño adecuado para mellorar a participación cidadá e reforzar o control do goberno por parte da cidadanía? Dous enfoques ou tendencias
1- A fragmentación excesiva reduce a eficiencia. O tamaño pequeno dos municipios impide a correcta prestación dos servizos Canto mais pequeno é un municipio menos recursos que imposibilitan a prestación de servizos Países como o Reino Unido ou os países escandinavos apostaron pola fusión de municipios nos anos sesenta e setenta A redución do rol do Estado e a descentralización relaciónase co aumento do tamaño dos municipios Garantir o equilibrio territorial, asegurar os servizos públicos tanto nas cidades como nas áreas rurais
2- Teoría da Elección Pública A fragmentación das entidades locais mellora a atención das necesidade da cidadanía pois se incrementa a súa capacidade de elección e permite a mellor actuación do mercado, no que se incrementa a competencia e tamén a eficiencia Suposto de partida: as entidades locais son igual que empresas privadas e os/as cidadáns a clientela que buscan mellores servizos de acordo coas súas preferencias Críticas: a elección dos servizos colectivos en función de preferencias e a estratexia maximizadora da racionalidade non se cumpre A elección pública non contempla formas redistributivas que compense as persoas máis desaventaxadas
Non está tan clara a relación entre tamaño e eficiencia Tamaño entendido baixo que dimensións? Poboacional? Xeográfico? Concentración poboacional? Poboación rural e urbana? Carencia de evidencias empíricas concluíntes sobre o tamaño como variable independente
Debates Sobre a fusión dos concellos (voluntaria ou imposta) Solucións aplicadas en diferentes países 1- Fusión
As reformas áxiles e radicais precisan dun goberno estatal forte que impulse ou force os cambios
Teoría da Elección Pública Buchanan, Tullock, Niskanen Enfoque presente nas políticas conservadoras británicas, estadounidenses o do goberno conservador español Este enfoque critica a expansión do gasto público, o endebedamento excesivo Os gobernos locais despilfarran e son ineficaces (maximización de orzamentos, programas, plantillas...) Precísase:
Críticas:
Fronte a idea do despilfarro, en realidade, os concellos non poden gastar en exceso porque as competencias locais non permiten a xeración de ingresos propios mediante impostos. Ademais os gobernos locais completan os seus servizos con iniciativa privada
A crítica da maximización das burocracias locais en base a plantilla de persoal a costa do colectivo en moitas ocasións
Preferir burocracias fragmentadas implica desatender os problemas de coordinación
A escolla entre os servizos públicos e privados da cidadanía está vinculado normalmente ao nivel de renda
Tese do Estado Dual Políticas de inversión social vs. Políticas de consumo social As primeiras teñen por obxectivo o mantemento de bens e produtos ( gas, electricidade, carreteras, ferrocarrís, portos, préstamos públicos...) Son servizos prestados polo Estado, permiten a actividade privada As políticas de consumo social oriéntase ás necesidades de consumo dos diferentes grupos de poboación (pensións, prestacións da seguridade social, prestacións sociais, educación, saúde, vivenda...). Dinámica pluralista Implican dous tipos ben diferentes de políticas públicas, as de inversión social son máis pechadas e corporativas e as de consumo social máis abertas, democráticas e competitivas Nesgo corporativo do Estado
TEMA 3 Ano 70´ recuperación do termo Relacións Intergubernamentais Importancia das unidades gubernativas e as súas interaccións así como a variedade do persoal político, funcionariado, regularidade dos contactos, etc. Outros enfoques: Modelo de dependencia de poder e Análise de Redes O enfoque das Relacións Intergubernamentais xorde para superar o enfoque federalista
3 niveis de entidades territoriais (collectivité territorial) 1º nivel Comunas (municipios) 36.672, actualmente 34. 2º nivel Departamentos 100 3º nivel Rexións 26, a partir de 2016 redución á 13 departamentos para concentrar servizos comúns e eliminar órganos de goberno provincial. Rexións cun peso de poboación máis parecido á Alemania (5,1 millóns por lander)
A Asamblea Constituínte e os Decretos de 1789 estableceron que todo nucleo veciñal debe constituirse en municipio Disección cartesiana dos revolucionarios franceses. Uniformidade legado revolucionario 1 departamento + capital no centro (ningún punto a máis dunha xornada a cabalo) Napoleón mantivo a esencia deste ordenamento incorporando a figura do PREFECTO á cabeza dos Departamentos Suprimíronse as eleccións municipais e departamentais, non foron restablecidas ata finais do século XIX Órganos monocráticos fronte a colexiados Para controlar a periferia estableceuse unha cadea de mando onde o Prefecto conectaba a administración central coa periférica “O emperador de a pé”
Restablecidas as eleccións locais a partir do s. XX as funcións do Prefecto eran: A) Dirixir o poder executivo departamental B) Intervención nas administracións locais, como na elaboración dos orzamentos e nos propios órganos locais C) Dirección de prestación de servizos nas comunas pequenas Xacobinismo radical encarnado na figura do prefecto (emisario do centro á periferia e emisario da periferia ao centro) Para equilibrar a centralización no modelo francés o SENADO componse por membros escollidos por un colexio electoral formado por todos os cargos electos territoriais ou de membros de varias asambleas (nacional, local, europea)
O Senado está composto por 348 senadores/as escollidos por parte dos concelleiros/as do país, nunha selección indirecta, así como representantes de cidadáns franceses no extranxeiro Mandato: 6 anos, renovación cada tres anos da metade Ex. Chirac foi previamente alcalde de París Nos anos 90´a metade da Asamblea Nacional eran alcaldes/as 1982, proceso de descentralización con Mitterand Proceso de descentralización e delimitación de competencias Os prefectos deixaron de ser nomeados discrecionalmente polo goberno 1983 , transferencia importante de poderes ás entidades locais (comunas, departamentos)
1984, Estatuto da Función Pública, aumento dos recursos económicos e humanos. Solapamentos e friccións entre niveis gubernativos. Proceso de descentralización GASTO PÚBLICO 2/3 Estado 1/3 60% Comunas (concellos); 30% Departamentos; 10% Rexións
O responsable da lexislación local é o lander e non o goberno federal Escaso estudo das relacións intergubernamentais. As investigacións centradas en maior medida na relación dos estados alemáns coa Federación ou a UE Entidades locais: competencias delegadas dos landers e o goberno federal Recursos propios asegurados polo Imposto de Actividades Económicas (IAE). O 40% vai ao goberno federal e ao lander, a cambio, os concellos poden disfrutar do 14% do IRPF A maior parte dos ingresos municipais proveñen das transferencias dos landers (gasto corrente e capital) e desde a federación (gastos de capital)
SUECIA 2 niveis administrativos centrais: nacional e local Os países escandinavos caracterízanse por ter un PODER LOCAL forte As reformas locais mais importantes producíronse na segunda metade do século XX
Reformas: 1- Redución do número de municipios mediante fusións 2- Introdución de maior democracia local 3- Introdución de mecanismos de mercado na xestión local Antes de 1950 había 2500 municipios, HOXE 286 municipios
Aumento importante dos recursos locais, aumento do nivel impositivo e aumento de transferencias estatais Estrutura estatal: 21 Rexións administrativas 23 Condados 286 municipios Os municipios xestionan a maioría dos servizos sociais, o ensino primario e secundario, os servizos básicos relacionados coa vivenda, auga, planificación urbana, electricidade, gas
Os/as concelleiros/as teñen un elevado número de competencias No nivel rexional están as políticas delegadas do goberno central e tamén as competencias propias de asistencia sanitaria –xestión de hospitais de cobertura supramunicipal- É o nivel con menos relevancia política e administrativa Suecia é un Estado unitario cun alto grao de descentralización Gasto público do Estado 25% para os municipios
REINO UNIDO No século XX leváronse a cabo 3 fusións 1- 1830- 2- 1930-1975 Redución das funcións, nacionalización das empresas de gas, electricidade e auga Gasto público 18% do PIB/Incluía vivenda e educación no eido local Proceso de fusión: 521 corporacións 3- A partir dos anos 90´ gran fusión
Comisión en 1992 para revisar o nivel local en Inglaterra, non en Escocia e Gales
Niveis das entidades locais: 1-Condados (counties ou rexións) 2- Distritos 3- Parroquias 100 corporacións unitarias a partir dos niveis anteriores Poder centralizador e desconfiado das entidades locais Control do gasto polo goberno central e rivalidade política entre o goberno conservador e as entidades locais laboristas Introdución do POLL TAX polo goberno central con efectos distributivos negativos
TEMA Entrada na axenda política: durante a Transición Organización territorial do poder: desenvolvemento multinivel das políticas de xénero A Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL) A maioría das leis autonómicas optaron polo municipio como principal xestor dos servizos sociais
3 tipos de organismos de igualdade
Concellarías e áreas técnicas de igualdade ou da muller Centros de información e recursos para as mulleres Consellos de participación das mulleres
Recursos económicos deficitarios
Plantilla feminizada e precarizada
Estratexias políticas
Evolución desde intervencións personalizadas con mulleres cara medidas estratéxicas de carácter integral e preventivo
Estratexia do maistreaming de xénero, a principios da primeira década do 2000, estaba nunha fase incipiente
Desde a década de 1990 os concellos españoles comezaron a elaborar plans de igualdade
Areas de acción e actuacións
Foron ampliándose a medida que foron evolucionando as estratexias políticas dos municipios.
Ámbitos de actuación máis comúns (Roldán, 2004): Formación, Orientación e Inserción Laboral; Participación social e Asociacionismo de mulleres; Asesoramento Xurídico, Atención e Asesoramento sobre violencia de xénero e Atención Psicolóxica.
No 2010 Santiago de Compostela ocupaba o posto 40 no Índice sobre o nivel de desenvolvemento das políticas municipais de xénero en Galicia. No ano 2015, ao inicio da lexislatura, o escenario era o seguinte:
Intitucionalización Concellaría de servicios sociais e igualdade (creada en 1991) Centro de información ás mulleres ( creado en 2004)
Recursos humanos: 1 traballadora social, 1 avogada e 1 administrativa compartidas con Servizos Sociais 1 psicóloga a tempo completo 1 xefa de servizo, compartida con Servizos Sociais
Orzamento específico das políticas de xénero: 231.287,51 Euros (incluído persoal)
Estratexia política
Obxectivo: actuacións centradas case exclusivamente na atención individualizada a mulleres en situación de violencia. Perspectiva moi asistencialista. Público ao que se dirixían as políticas: mulleres, maioritariamente en situación de violencia Plan de igualdade: non existía un plan de igualdade en vigor, o anterior rematara non 2012, e fora prorrogado ata 2014.
Accións e ámbitos de actuación ( segundo a Memoria do CIM do 2014)
Atención individualizada (traballadora social, psicóloga e avogada) Actos conmemorativos do Día 8 de Marzo: homenaxe a tres mulleres que abren camiño Xornadas formativas para profesionais que traballan no ámbito da violencia de xénero Actos conmemorativos do día 15 de maio: “ Día Internacional da Familia” (Inchables e contacontos). Convocatoria de subvencións movemento asociativo e de defensa da muller ( 17. Euros).
Maratón deportivo solidario Pink Power, celebrado con motivo do Día Mundial contra o cancro de mama. Actos conmemorativos do día 25 de novembro: II Congreso Internacional de intervención e prevención da violencia de xénero. Apoio económico para: IX Xornadas de formación, educación, xénero e igualdade, organizadas polo centro interdisciplinario de investigacións feministas e de estudos de xénero da USC. II Xornadas crianza consciente e coaching familiar.
No ano 2015, comeza unha nova lexislatura Compostela Aberta, unha candidatura das denominadas de “Unidade Popular
Institucionalización:
Concellaría de Igualdade, desenvolvemento económico, emprego e turismo. Quixéronse desvincular as políticas de xénero dos servizos sociais, para tratar se superar a perspectiva asistencialista que predominaba.
Centro de información recursos a mulleres Persoal: administrativa, traballadora social e psicóloga a tempo completo. Avogada e Xefa de servizo compartida con Servizos Sociais.
Estratexia Obxectivo: Transformar as causas estruturais que xeran as desigualdades. Búscase transformar as estruturas patriarcais e os roles de xénero Público destinatario: toda a poboación Plan de igualdade: No 2015 realizouse unha diagnose participativa sobre as desigualades de xénero. No 2016 deseñouse un plan de igualdade 2017-2020. Foi aprobado no pleno municipal e preveuse un orzamento para a súa aplicación por parte das diferentes áreas.
Violencia patriarcal
Compostela en Negro / En negro contras as violencias Unha campaña global e transversal de sensibilización sobre a violencia patriarcal que se inicia no ano 2015
Ano 2018:seguiuse incidindo mais na dimensión explicativa e educativa
Bus en negro contra as violencias: organizáronse intervencións en varias parroquias e barrios : Laraño, Fontiñas, Enfesta, Bornais e Conxo
Exposición sobre as violencias machistas na Praza do Obradoiro: mostra, patrocinada pola Fundación Paideia e por Finsa, consta dun triángulo completamente negro dentro contén a información necesaria para contextualizar e explicar a orixe e as diferentes formas da violencia contra as mulleres
Xornal sobre as violencias machistas: un xornal monográfico sobre a violencia contra as mulleres, que se enviou a todas as casas
Accións formativas, obradoiros en materia de igualdade Recicla o Xénero: intervencións pedagóxicas e de sensibilización nos IES, xerando reflexión sobre os roles e estereotipos de xénero, o mito do amor romántico e a sexualidade Obradoiros novas masculinidades: obradoiros dirixidos a homes que queren traballar o xénero e a sexualidade. Formación dirixida a persoal técnico do concello: formación sobre a importancia e como incorporar a perspectiva de xénero nas políticas públicas
Quen representa ás persoas anciáns, as crianzas , as minorías en risco de exclusión, etc. poden facer chegar a súa voz? E outros cidadáns/as, as persoas que van ao barrio para traballar, a comprar, a divertirse, os que pasan por aí, os que quererían ir aí a vivir, os que posúen bienes alí?
É ridículo limitarse ao que a miúdo din as leis, por exemplo sobre os períodos de información pública e as alegacións respecto aos plans e proxectos de urbanismo Débese entender e ampliar a participación ao proceso de elaboración dos programas, plans e proxectos e tamén á hora de facer o seguimento da execución e na xestión Sen embargo, é controvertido que se faga intervir a participación no momento formal da decisión, tanto por razóns de eficacia como de lexitimidade
Hai materias que son máis participativas que outras? As relacionadas con políticas públicas de carácter social, cultural, educativo, de lecer e recreo son as máis habituais O urbanismo e a vivenda tamén, aínda que a miúdo concíbese a participación como vinculada aos máis directamente interesad@s ou afectad@s Algunhas materias máis "novas" esixiron establecer modos de participación para garantir a eficacia da acción pública como na protección da calidade ambiental, a prevención en materia de seguridade cidadá e o control do funcionamento de servizos de natureza pública, privatizados ou concertados
A participación considerouse tradicionalmente non posible ou non adecuada, como na elaboración dos orzamentos, pero a experiencia recente dos orzamentos participativos desminte esta cuestión No se pode excluír materias a priori da participación, aínda que sexa necesario establecer diferentes modalidades dependendo de se se trata de participar en procesos normativos, de xestión de servizos ou de control de funcións exercidas por un axente público ou privado, ou de elaboración ou execución de proxectos ou programas
A participación implica información previa, suficientemente completa e comprensible para crear unha opinión, e comunicación para facer chegar esta opinión ao destinatario público correspondente Require espazos públicos de deliberación A participación será efectiva se pode desembocar nunha negociación cos interlocutores públicos que toman a decisión, polo cual os colectivos participantes deberán establecer posicións claras Son necesarias estruturas estables e algunhas normas básicas para que non dependa exclusivamente da vontade do goberno
Hai intereses e valores que se deben defender, porque deben poder expresarse, incluso os máis particulares, insolidarios e excluíntes (é a mellor maneira de superalos) As sociedades son heteroxéneas e as políticas públicas teñen que adaptarse a demandas moi diferenciadas O conflito pode ser positivo, a cooperación social é necesaria e os poderes públicos necesitan interlocutores
Mediante a participación é posible que se expresen os colectivos máis débiles ou vulnerables, os menos escoitados, e é unha responsabilidade dos gobernos locais darlles a palabra
Para que se poidan expresar estas demandas e necesidades, tamén para facer evolucionar a concepción dos dereitos Non chega con coñecer conceptualmente calquera dos mecanismos ou formas participativas, posto que o mesmo mecanismo é dunha eficacia moi distinta segundo o contexto no que se produce, o tipo de Goberno que o utiliza ou o acepta, o nivel asociativo da poboación, etc. Todos os instrumentos que se citan de participación e democratización da xestión pública todos son susceptibles de ser usados de tal modo que non serven para case nada ou teñen efectos perversos: _ Creación de escenarios ficticios de participación, lexitimación de actuacións que só teñen en conta intereses de grupos de presión, xeración de redes clientelases ou cooptar a líderes de colectivos movilizados…
Regulamentos de participación cidadá -Oficinas de información, radio e televisións locais Apoio ás asociacións cidadás Consellos de participación cidadá no que a participación ten un rol principalmente consultivo, que pode ser crítico, cooperativo, de proposta ou de control pero tamén crea marcos de debate que contribúen á orientación das políticas públicas e á cooperación cidadá
Plans ou programas e orzamentos Inciden directamente na orientación das políticas públicas e permiten combinar a participación das entidades coa da cidadanía As diferentes dimensións da participación cidadá aparecen vinculadas: información e comunicación, confrontación conflitiva , cooperación, deliberación antes de a aprobación formal e seguimento ou control da xestión ou execución posterior
Consultas populares Os alcaldes ou alcaldesas, previo acordo por maioría absoluta do Pleno e autorización do Consello de Ministros/as para a realización de consultas populares Sobre asuntos de competencia propia municipal, carácter local, de especial relevancia para os intereses da veciñanza e que non sexan relativos á Facenda Local
Mecanismo avanzado de participación, equiparable por analoxía ao referendo estatal, o cal, ao contrario que o de «iniciativa popular xa está previsto en numerosas Ordenanzas de Participación Cidadá A súa utilización real até agora foi mínima. Estamos en 2022 e a práctica parece confirmar que a consulta popular representa un mecanismo máis «útil» aos intereses políticos Instrumento de «sondaxe de opinión», o seu resultado non é vinculante
A pesar do respaldo cidadán recibido o pasado 20 de febreiro de 2022 no referendo popular e do apoio unánime por parte de todos os partidos políticos, o camiño non está a ser fácil
A partir dos 90´ a participación cidadá convértese nun valor en sí mesmo da lexitimación do poder local Xorden novos instrumentos: consultas, concertacións con asociacións veciñais, etc.
Asúmese a participación como un valor intrínseco da democracia A democracia participativa posúe diversas dimensión: deliberativa, de construción de proximidade, de espazo colectivo fronte a desafección, soberanía do cidadán fronte a administración, etc. Para J.M. Ruano hai unha excesiva idealización do discurso da participación Debería implicar unha transformación profunda dos modos de produción das políticas públicas
O local é o territorio adecuado para reconquistar a cidadanía e os dereitos No obstante, para Ruano a teoría da democracia participativa supón un discurso da indeterminación, non garante a natureza democrática da vida local A participación é un concepto “atrapa-todo” “todoterreo” que confunde mais que aclara, un concepto ambigüo Prodúcese unha asimetría entre o discurso, a retórica da democracia participativa e as infraestruturas reais da participación e o seu uso
Rei Reguladora das Bases do Réxime Local Artigo 24, 69, 72 Dereito a información e a participación cidadán Erixe a corporación como ente facilitador da máxima información sobre a súa actividade e a participación cidadá Artigo 70.3 “todos os cidadáns teñen dereito a obter copias e certificacións acreditativas dos acordos das corporacións locais
Artigo 71 O alcalde ou alcaldesa co acordo do pleno e a autorización do goberno central poden someter a consulta popular aqueles asuntos de competencia propia municipal que sexan de especial relevancia para a veciñanza coa excepción dos relativos á Facenda Local
Os Regulamentos dos Plenos definen a creación de consellos municipais sectoriais para facilitar a participación dos veciños e veciñas e asociacións Modelo español facilitador da participación vía asociacións, vía solicitude de subvencións
1- Información As incipientes políticas de transparencia non conseguiron erradicar a cultura da opacidade da administración nin as relacións cidadanía- autoridades político-administrativas (Ruano,
A transparencia dentro das administracións locais é vivida como unha carga, un problema engadido á xestión diaria Produce fortes resistencias internas do funcionariado e das autoridades políticas e técnicas
2- Consultas
Respecto ás consultas populares os datos revelan que un 75% NON son autorizadas pola administración central Condicionada pola aprobación mediante maioría absoluta do Pleno e o Goberno central Principal resposta da negativa: son competencias supramunicipais A maioría das autorizacións teñen que ver con cuestións menores ( festas patronais, ordenación urbana...) Son rexeitadas cuestións importantes para a calidade de vida da cidadanía: insfraestruturas en rede, instalación ou non de industrias, proxectos con impacto medioambiental...
3- A co-decisión Implica unha lóxica distinta entre administración e o medio social Os datos de participación nas estruturas de co-decisión (consellos, foros, consultas...) continúan sendo baixos pese aos esforzos dos gobernos locais Non está claro que os mecanismos participativos se traduzan nunha transferencia de poder real á cidadanía (Ruano, 2010)
A literatura especializada sostén que as persoas participan en política si: A) Teñen tempo B) Se senten afectadas por problemas colectivos que perciben como graves C) Se consideran que a súa decisión pode cambiar o resultado Risco da participación: control, instrumentalización da participación por parte da cidadanía con maiores recursos ou mellor organizados. Isto pode levar á quebra do principio de igualdade e no control das decisións administrativas por parte de grupos determinados
A apertura dos espazos participativos (consulta, co-decisión, etc.) alteran a lóxica da participación mediante o recoñecemento das autoridades políticas dunha liña paralela de representación de intereses particulares fronte aos intereses da maioría Os procedementos participativos están baixo o control e a iniciativa dos partidos e gobernos locais pois son os que controlan o proceso, definen a axenda, fixan as regras do xogo e condicionan o acceso dos actores sociais ao proceso de discusión Ademais, a participación en si mesma non implica transferencia de poder político algún
TEMA 6
O sistema electoral para as eleccións municipais está regulado pola Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral Como se determina o número de concelleiros/as que corresponden a cada municipio? O procedemento vén establecido no artigo 179 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral
Activo Poden ser titulares de dereito activo ao voto nas elección municipais, á maiores da cidadanía española, todas as personas residentes, ben os cidadáns e cidadanas da UE, as persoas extracomunitarias que teñan permiso de residencia e que procedan de países que teñan asinado un acordo con España Pasivo
a) Poden ser candidatos/s todos os concelleiros/as que encabecen as correspondentes listas das candidaturas con representación na Corporaciónn
b) Se algún deles/as obtén a maioría absoluta dos votos dos concelleiros/as é proclamado alcalde ou alcaldesa
c) Se ningún deles obtén maioría absoluta, é proclamado alcalde ou alcaldesa o concelleiro/a que encabeza a lista que obtivo o maior número de votos populares no municipio. En caso de empate, resolverase por sorteo
Falta de innovación en materia electoral Lexislación uniformista na maioría dos estados independentemente da súa poboación, tamaño e estrutura do territorio Os partidos políticos non están moi dispostos a experimentar fórmulas innovadoras Opcións: experimentación nos modelos federais respetando o sufraxio universal e a periodicidade
Sistema proporcional, maioritario (1 ou 2 voltas) ou mixto. Adecuado para grandes cidades Elección directa do alcalde ou alcaldesa, favorece opción presidencialista Alcaldía á lista mais votada, pode dar lugar a situacións con alcaldes/as sen maioría no Pleno. Importancia do sistema de partidos Circunscripción única ou distritos electorais (barrios, agrupación de barrios)
Agrupacións de electores, “listas cívicas” Candidaturas individuais Convocatoria obrigatoria de “primarias” Posibilidade de moción de censura por iniciativa popular que permita o cese de alcaldes/as por incumprimento voluntario de programa electoral. É o denominado “voto programático” O voto obrigatorio a todas as persoas residentes no municipio
Reino Unido, a cidadanía ten que encher tres papeletas Dúas para o Pleno -1 para os 11 concelleiros/as que representan a toda a cidade e outra para os 14 que representan aos distritos- e unha terceira para o alcalde/sa Para elixir alcalde/sa, hai a opción (aínda que non é obrigatorio) de emitir dous votos, de primeira e segunda preferencia. Se un dos candidatos/as obtén máis do 50% dos votos, resulta elixido automaticamente. Se ningún chega a esa porcentaxe, quedan os dous aspirantes máis votados (eliminando ao resto) e téñense en conta a segunda preferencia, de forma que gaña quen obteña máis votos en total (combinando os de primeira e segunda preferencia)
Alemaña, non existe unha lei única que regule o proceso electoral Cada rexión e cidade-Estado (Hamburgo, Bremen, Berlín) ten a súa en virtude do federalismo alemán O voto é directo e a listas abertas, non bloqueadas Nas rexións, os alcaldes/as son elixidos directamente pola poboación e os prazos dos seus mandatos varían moito, de cinco a dez anos En 12 estados federados, o rexedor/a escóllese por maioría absoluta e, se ningún candidato/a obtén ese resultado na primeira volta, os dous máis votados teñen que ir ao
ballotage (segunda volta que se realiza entre os dous candidatos/as máis votados), onde lles bastará a maioría simple. Noutros catro Estados, os alcaldes/as son elixidos polos Parlamentos locais
Francia, as eleccións municipais son unha combinación entre os comicios maioritarios a dúas voltas e os proporcionais, dependendo do número de habitantes da localidade As listas que logran máis da metade dos votos fanse coa metade dos postos de concelleiros/as municipais, unha modalidade denominada “prima maioritaria”, e o resto repártese de forma proporcional entre esa mesma lista e as seguintes que lograsen máis do 5% En caso de non alcanzar ningunha lista, celébrase unha segunda volta, na que poden manterse as que obteñen máis do 10% dos sufraxios en primeira, e poden fusionarse as que obteñen máis do 5%
Italia, nos municipios de máis de 15.000 habitantes os electores/as poden votar só para o alcalde/sa (poñendo a cruz sobre o candidato/a que prefiran) ou tamén para o Pleno municipal (poñendo a cruz sobre o símbolo dun ou dous partidos)
Se ningún candidato/a obtén máis do 50% de votos, celébrase unha segunda volta de desempate (ballotaggio) dúas semanas despois, entre os dous candidatos máis votados.
De participación política
Económicos- A unha retribución
Formular declaracións de bens patrimoniais e de causas de incompatibilidade e sobre calquera actividade que poida proporcionar ingresos
Política Control no Pleno da acción de goberno Moción de censura Cuestión de confianza Responsabilidade política da Xunta de Goberno ante o Pleno Administrativa Civil Penal