Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Individuo vs Comunidad, Apuntes de Periodismo

Asignatura: Historia del Mundo Actual, Profesor: Juan Hernandez Les, Carrera: Periodismo, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2014/2015

Subido el 10/08/2015

diegopolc8
diegopolc8 🇪🇸

3.4

(9)

7 documentos

1 / 2

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
Individuo vs Comunidade
Unha simple cuestión de óptica. Así se explica esa delgada
liña que separa ao héroe do vilán, ao san do demente, ao
fiel do transgresor… A tenacidade e confianza dun individuo
atopa os límites en mismo. Un exercicio de fe nos
valores e crenzas propias que pode chegar a poñer en
xaque a toda unha comunidade. Esa é unha das moitas
lecturas e moralexas que se extraen da película “Local
Hero” e da que quería facer especial fincapé.
Antes de nada desexaría realizar unha puntualización ao
respecto deste tema. Os límites márcaos o propio
individuo, eso sí, sempre e cando non se invada nin se
elimine a liberdade dos demais. A pesares deste pequeno
hándicap o suxeito conta cun amplo marxe de manobra
para facer a guerra pola súa conta, desafiando incluso a
toda unha comunidade.
Moitas das celebridades (e non tan celebridades) que
escribiron a súa páxina na historia con letras douradas,
comezaron deste xeito. Foron tildados de tolos e o seu
pequeno mundo acabou rendido aos seus pés, abraiado
ante a potencia do seu descubrimento ou innovación.
E esta conxuntura non é propia dun certo tipo de
comunidades, senón que esos “héroes” tan pronto
aparecen no ámbito científico ou político, coma no relixioso
ou deportivo. Vexamos algúns exemplos. Poucos
aventuraban o éxito do señor Christiaan Neething Barnard
porén el confiou nas súas posibilidades e demostroulle ao
mundo que era posible realizar un transplante de corazón.
Así mesmo, Alexander Graham Bell fixo que a voz humana
se puidese transmitir en tempo real a través dun aparato
telefónico. Sen dúbida algunha, moitos o tomaron por tolo.
Él sabía o que facía.
De tódolos xeitos non é preciso cambiar o mundo para
deixar a nosa pegada e mellorar o que nos rodea. Así se
xustifican os casos de Juan Bosco ou María Mazzarello,
pf2

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Individuo vs Comunidad y más Apuntes en PDF de Periodismo solo en Docsity!

Individuo vs Comunidade

Unha simple cuestión de óptica. Así se explica esa delgada liña que separa ao héroe do vilán, ao san do demente, ao fiel do transgresor… A tenacidade e confianza dun individuo só atopa os límites en sí mismo. Un exercicio de fe nos valores e crenzas propias que pode chegar a poñer en xaque a toda unha comunidade. Esa é unha das moitas lecturas e moralexas que se extraen da película “Local Hero” e da que quería facer especial fincapé.

Antes de nada desexaría realizar unha puntualización ao respecto deste tema. Os límites márcaos o propio individuo, eso sí, sempre e cando non se invada nin se elimine a liberdade dos demais. A pesares deste pequeno hándicap o suxeito conta cun amplo marxe de manobra para facer a guerra pola súa conta, desafiando incluso a toda unha comunidade.

Moitas das celebridades (e non tan celebridades) que escribiron a súa páxina na historia con letras douradas, comezaron deste xeito. Foron tildados de tolos e o seu pequeno mundo acabou rendido aos seus pés, abraiado ante a potencia do seu descubrimento ou innovación.

E esta conxuntura non só é propia dun certo tipo de comunidades, senón que esos “héroes” tan pronto aparecen no ámbito científico ou político, coma no relixioso ou deportivo. Vexamos algúns exemplos. Poucos aventuraban o éxito do señor Christiaan Neething Barnard porén el confiou nas súas posibilidades e demostroulle ao mundo que era posible realizar un transplante de corazón. Así mesmo, Alexander Graham Bell fixo que a voz humana se puidese transmitir en tempo real a través dun aparato telefónico. Sen dúbida algunha, moitos o tomaron por tolo. Él sabía o que facía.

De tódolos xeitos non é preciso cambiar o mundo para deixar a nosa pegada e mellorar o que nos rodea. Así se xustifican os casos de Juan Bosco ou María Mazzarello,

iconos para os máis relixiosos. Figuras tamén son Josep Guardiola ou o recentemente finado Luis Aragonés para todo amante do fútbol. Eles dous demostráronlle a un país enteiro que era posible gañar realizando bon xogo.

E para terminar quería resaltar o caso que máis me chama a atención. Sorprendentemente, deuse no campo da política, ese sector tan criticado nos últimos tempos. Aí emerxeu a figura de Nelson Mandela, que deixou a un lado as diferencias de cor na Sudáfrica e uniu a un país fragmentado. A súa tenacidade e insistencia fixo recapacitar a gran parte dos seus contemporáneos e avanzar á sociedade. Quizais a clave se sitúe nese punto, nesa delgada liña na que os ideais dunha persoa axudan a unha comunidade a cambiar, a mellorar, a crecer. O individuo ao servizo da súa comunidade.

Díaz Martínez, Diego 141 D