Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


tema 2 linguistica 1, Ejercicios de Lingüística

Asignatura: linguistica, Profesor: gondar gondar, Carrera: Lenguas y Literaturas Modernas, Universidad: USC

Tipo: Ejercicios

2017/2018

Subido el 26/03/2018

iruneea
iruneea 🇪🇸

4

(17)

12 documentos

1 / 9

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
TEMA 2
INTRODUCCIÓN: COGNICIÓN, INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN.
REPASO TEMA 1:
As LINGUAS:
-Son un sistema de signos e de iconas.
-Son códigos.
-Son institucións sociais.
-Son instrumentos de comunicación.
-Son medios de interacción entre humanos.
QUE É UN CÓDIGO? LINGUAS COMO CÓDIGOS? (PREGUNTAR PARA ASEGURAR)
-DEFINICIÓN DE CÓDIGO: É un conxunto de sinais, cada un dos cales se asocia a un feito da experiencia ou
mental, e que é o resultado da nosa percepción do mundo (distinta ao que é realmente).
-DEFINICIÓN DE LINGUA: as linguas son medios de categorizar e exteriorizar a nosa visión do mundo.
-O proceso é o seguinte: CAPTACIÓN DO MUNDO EXTERIOR OU INTERIOR--- APREHENSIÓN un
proceso mental, individual, consiste en asimilar ou comprender algo)---- CATEGORIZACIÓN ----
CODIFICACIÓN A TRAVÉS DA LINGUAXE.
O ser humano non observa elementos concretos do MUNDO EXTERIOR, senón que categoriza a realidade. Un
concepto correspóndese cunha clase de algo, pero non fai referencia ao elemento concreto. Estas categorizacións
aparecen reflexadas na linguaxe. Do mesmo xeito, no MUNDO INTERIOR (sensación, sentimentos...) lévase a
cabo unha categorización.
Son moitos os psicólogos e filólogos que consideran que no SALTO ENTRE A APREHENSIÓN E A
CATEGORIZACIÓN, a linguaxe xoga un papel importante, posto que é o instrumento que serve para categorizar o
mundo interior e exterior.
CONCLUSIÓN: Polo tanto, entre o signo e a realidade extralingüística hai unha arbitrariedade radical, ao igual que
entre o significado e o significante. Cada lingua clasifica esa realidade dunha maneira particular. A clasificación
que fai unha lingua e a que fai outra pode coincidir ou non. Estas diferenzas lingüísticas non veñen dadas pola
realidade extralingüística, senón pola propia lingua e polos propios falantes.
-EXEMPLOS DA FUNCIÓN CLASIFICADORA DA LINGUAXE:
Nomes cos que se designan as cores: o ser humano pode percibir a transición dunha cor a outra, pero na
linguaxe esta transición é máis difícil de manifestar.
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9

Vista previa parcial del texto

¡Descarga tema 2 linguistica 1 y más Ejercicios en PDF de Lingüística solo en Docsity!

TEMA 2

▲ INTRODUCCIÓN: COGNICIÓN, INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN.

REPASO TEMA 1:

As LINGUAS:

-Son un sistema de signos e de iconas.

-Son códigos.

-Son institucións sociais.

-Son instrumentos de comunicación.

-Son medios de interacción entre humanos.

• QUE É UN CÓDIGO? LINGUAS COMO CÓDIGOS? (PREGUNTAR PARA ASEGURAR)

-DEFINICIÓN DE CÓDIGO: É un conxunto de sinais, cada un dos cales se asocia a un feito da experiencia ou mental, e que é o resultado da nosa percepción do mundo (distinta ao que é realmente).

-DEFINICIÓN DE LINGUA: as linguas son medios de categorizar e exteriorizar a nosa visión do mundo.

-O proceso é o seguinte: CAPTACIÓN DO MUNDO EXTERIOR OU INTERIOR--- APREHENSIÓN (é un proceso mental, individual, consiste en asimilar ou comprender algo)---- CATEGORIZACIÓN ---- CODIFICACIÓN A TRAVÉS DA LINGUAXE.

O ser humano non observa elementos concretos do MUNDO EXTERIOR, senón que categoriza a realidade. Un concepto correspóndese cunha clase de algo, pero non fai referencia ao elemento concreto. Estas categorizacións aparecen reflexadas na linguaxe. Do mesmo xeito, no MUNDO INTERIOR (sensación, sentimentos...) lévase a cabo unha categorización.

Son moitos os psicólogos e filólogos que consideran que no SALTO ENTRE A APREHENSIÓN E A CATEGORIZACIÓN, a linguaxe xoga un papel importante, posto que é o instrumento que serve para categorizar o mundo interior e exterior.

CONCLUSIÓN: Polo tanto, entre o signo e a realidade extralingüística hai unha arbitrariedade radical, ao igual que entre o significado e o significante. Cada lingua clasifica esa realidade dunha maneira particular. A clasificación que fai unha lingua e a que fai outra pode coincidir ou non. Estas diferenzas lingüísticas non veñen dadas pola realidade extralingüística, senón pola propia lingua e polos propios falantes.

-EXEMPLOS DA FUNCIÓN CLASIFICADORA DA LINGUAXE:

Nomes cos que se designan as cores: o ser humano pode percibir a transición dunha cor a outra, pero na linguaxe esta transición é máis difícil de manifestar.

GALEGO CASTELÁN PORTUGUÉS FRANCÉS LATÍN

Branco Blanco Branco Blanco Albus: branco mate.

Candidus: branco, branco. Negro Negro Preto noir Ater: negro mate.

Niger: negro brillante.

En latín úsanse termos diferentes segundo o ton de branco ou negro, pero noutros indioma s, como por exemplo no galego, hai que recorrer a un adxectivo para indicar que tipo de negro ou branco é.

GALEGO/ CASTELÁN GALÉS

Verde, azul, gris. glas

En galés úsase un mesmo signo para designar estas tres cores, o que non quere dicir que non saiban distinguir entre as tres cores.

Algo parecido ao que ocorre coas cores, pasa co nome dalgúns alimentos nalgunhas linguas. Mentres que hai linguas que usan termos completamente diferentes para designar unha mazá e unha pataca, hai linguas como o francés que lles dan o mesmo nome e que as diferenzan polos complementos. Mazá é “pomme”, mentres que pataca é “pomme de terre”.

Co xénero distínguese ente macho e femia (can/cadela). Porén, hai termos que non teñen esta distinción de xénero sen ningún motivo aparente e hai que diferencialos por medio de outros recursos (aguia macho/aguia femia).

Os xéneros que se lle dan a algunhas palabras nunha lingua, non se corresponden cos que se lles dan noutras. Exemplo: el puente/a ponte. Non hai ningún motivo para que algo sexa masculino ou feminino, posto que a realidade non inflúe nisto.

O mecanismo de creación dun significante nunha lingua non se ten que corresponder co mecanismo de creación do significante doutra lingua, que pode ser por medio dun lexema ou por medio dun morfema.

GALEGO/CASTELÁN Tío/tía

Irmán/irmá

Trátase dun medio significante de modo gramatical: un termo distín do outro a través dun morfema de xénero.

FRANCÉS Oncle/tante

Frère/soeur

Trátase dun medio significante léxivo: un termo distínguese do outr medio dunha palabra completamente diferente.

INGLÉS Aunt/uncle

Sister/brother

Nas linguas tamén son frecuentes as distinción semánticas. FÁLATAME INFORMACIÓN. ...presentan un tipo de organización moi diferente:

En ocasións:

Albus vs candidus

Neno vs nena

Noutras ocasións, neutralízanse as diferenzas entre ambos conceptos e:

Albus abrangue a candidus.

Neno abrangue a nena.

Ex: “María tivo un neno e quería unha nena” (opóñense).

Ex: “Hoxe é o día internacional do neno” (o significado de un inclúe o significado do outro”.

  • Intraidiomática. Posibilidades de expresión limitadas. Omnipotencia expresiva.

-Dependendo do GRAO DE COMPLEXIDADE:

  1. Códigos SIMPLES:

1.6. Presentan un número reducido de sinais: inanalizables (=non articulados).

1.7. Non admiten combinación de sinais.

  1. (^) Códigos COMPLEXOS (os máis complexos da linguaxe humana).

1.8. Presentan un maior número de sinais: analizables (=articulados).

1.9. Admiten combinación de sinais.

-Dependendo da CAPACIDADE DE INTERRUPCIÓN DAS MENSAXES:

  1. C. en STAND BY (en espera).

1.10. (^) Permiten a interrupción de mensaxes. Exemplo: “o exame, aínda que non o creas, pareceume fácil” e “[3+(2*5)]=10”.

  1. C. SEN STAND BY (sen espera).

1.11. Non permiten a interrupción das mensaxes.

-Dependendo de se SE BASEAN OU NON NOUTRO CÓDIGO:

  1. (^) C. DIRECTOS:

1.12. Son orais.

1.13. As linguas de signos.

1.14. Xestos que acompañan á lingua oral (guiñar un ollo).

  1. C. SUBSTITUTIVOS:

1.15. (^) De 1º grao: precisan da linguaxe para poder subtituíla.

1.15.1. Sistema de escritura silábico/alfabético.

1.15.2. Códigos de asubíos.

1.16. De 2º grao: baséanse na escritura e indirectamente, na linguaxe.

1.15.3. Código morse/braille.

• CARACTERÍSTICAS DA LINGUAXE HUMANA: DO SINAL.

-FÍSICAS.

1.CANLE VOCAL-AUDITIVO (buscar).

2.TRANSMISIÓN IRRADIADA: como consecuencia da física do son, as sinais acústicas transmítense polo medio aéreo en forma de ondas e de maneira radial a partir do punto de orixe. Polo tanto, poderá ser captada por todo individuo que se atope dentro da distancia adecuada.

3.PERCEPCIÓN DIRECCIONAL: o receptor percibe a sinal acústica dende unha determinada dirección. A localización do punto exacto é posible grazas á audición biaural, que compara as sinais recibidas por cada un dos oídos para determinar a procedencia do son.

4.ESVAECEMENTO RÁPIDO/CARÁCTER TRANSITORIO: as sinais vocais emitidas polos seres humanos esvaécense con rapidez e non perduran no espazo ou no tempo. Isto permite que o canal de transmisión non quede saturado por sinais que se superpoñen constantemente.

5.CARÁCTER DISCRETO: os sons dunha lingua opóñense uns a outras a través dunha serie de trazos fónicos distintivos. Outros elementos, como por exemplo, os lexemas, os morfemas, as oracións... tamén son unidades discretas. É esta propiedade da linguaxe a que posibilita que poidamos dividir unidades complexas noutras máis pequenas.

-C. SIMBÓLICAS:

1.SEMANTICIDADE: é a capacidade de asociación entre un significado e un significante. Esta propiedade só a teñen aquelas linguas compostas por iconas e signos, non por indicios.

2.ARBITRARIEDADE: existe unha relación non natural e convencional entre o significante e o significado dentro das linguas.

3.REFLEXIVIDADE: fai referencia ao carácter metalingüístico que ten a propia lingua.

-C ESTRUTURAIS:

1.DUALIDADE: é o mesmo que a dobre articulación. (ter en conta que a definición de Scandell é estraña porque chama 1ª articulación a aquela que Martinet chama 2ª e 2ª á que este chama 1ª porque en lugar de partir do complexo ao simple parte do simple ao complexo).

2.PRODUTIVIDADE: a linguaxe humana é produtiva/creativa porque mediante a combinación de unidades finitas e regras finitas de creación pódense crear infinitas mensaxes. Isto é o que fai da linguaxe humana un instrumento eficiente e económica. Ademais, isto tamén resalta a capacidade do ser humano para percibir e entender mensaxes infinitas e que xamais escoitar antes. De feito, o noso coñecemento lingüístico permite aplicar patróns xerais a casos particulares para a creación de signos novos. Por exemplo, a derivación serve para crear palabras derivadas. Do mesmo xeito, pódense crear esquemas sintáctivos para a creación doutros novos. Por exemplo, SUX+PDO+COMPL.

-CARACTERÍSTICAS QUE DEPENDEN DA PRODUTIVIDADE:

1.COMPOSICIONALIDADE: capacidade de usar signos complexos (compostos por outros máis pequenos). Deste xeito, un signo complexo pasa a estar condicionado polo significado dos signos máis pequenos que o compoñen.

2.EFICIENCIA: todas as linguas contan con unidades cuxa referente (entidade extralingüística á que remite) pode cambiar segundo o contexto. P ex: este é o caso dos deícticos (pronomes, indefinidos, artifgos, adverbios...). Estes designan a un ente que pode variar segundo o contexto. TI e EU cambian dentro dun diálogo dependendo de quen teña o turno de palabra. Isto favorece á economía da linguaxe humana posto que se pode empregar o mesmo signo en ocasións diferentes para dicir expresións totalmente distintas. Isto no sistema de comunicación animal non existe.

3.RECORRENCIA (NON A ENTENDO): consiste en usar os mesmos patróns de organización das unidades lingüísticas en distintos compoñentes da mesma lingua.

Exemplo fónico: /p/ e /b/: totalmente opostos en posición prenuclear (pata, bata) e sen oposición en posición posnuclear (observar, apto).

▲ INTERACCIÓN E COMUNICACIÓN.

• INTEACCIÓN E COMUNICACIÓN.

Como nos comunicamos? Abonda o código (concibido como emparellamento de sinais con significados) para unha comunicación efectiva?

MODELO CLÁSICO: o modelo clásico define o ACTO COMUNICATIVO como o FENÓMENO que ten lugar nun determinado contexto, cando un emisor transmite unha mensaxe a un ou máis receptores a través dunha determinada canle, usando un código que ambos comparten e coñecen.

PORÉN, este é un modelo simplista da comunicación:

-Atribúe unha importancia excesiva ao código.

-Non ten en conta ou só en moi pouca medida as relacións entre os interlocutores.

-Tampouco ten en conta, ou en moi pouca medida, a situación comunicativa, agás cando se producen interferencias no canle que dificultan a comunicación.

CONCLUSIÓN: na comunicación lingüística, o código é unha condición necesaria, pero non suficiente, para que teña lugar unha comunicación exitosa. Na produción e interpretación das mensaxes tamén están implicados moitos aspectos que non dependen do coñecemento do código lingüístico, senón dos contextos que interveñen na interacción comunicativa:

•.1. O contexto lingüístico ou verbal: (COMPLETAR)

•.2. Contexto situacional:

•.3. Contexto sociocultural: condicións sociais e culturais que interveñen na interpretación da mensaxe, tanto ....

  1. EXEMPLOS:

•.4. “Acabo de ver un BANCO”: esta é unha palabra que ten moitas acepcións. Aínda que coñezamos todos os significados, isto non abonda para saber a cal se quere referir o emisor. Non abonda o coñecemento do léxico, é necesario coñecer o contexto extralingüístico (neste caso) ou lingüístico (como no seguinte exemplo).

•.5. “Acabo de velo aí”. Non se sabe a que se refire o emisor. É necesario coñecer o referente lingüístico, que pode ser “viches o meu paraugas?”.

•.6. “o meu é máis rápido”. Este é un enunciado vago, non se sabe en que consiste a rapidez, a que se refire e como se mide a rapidez. Pode ser un ciclomotor e a velocidade medirase en km/h. Pode ser un ordenador e a velocidade mídese en segundos. Poder o pegamento e a velocidade mídese no tempo que tarda en secarse. Pode ser un fontaneiro e a velocidade mídese na axilidade coa que repara ou na rapidez coa que acude para realizar o seu traballo.

•.7. “Vale más pájaro en mano que 100 volando”. É informativa, unha advertencia.

•.8. “Esta clase é un forno”: é un acto indirecto cunha forza ilocutiva directiva. Preténdese que alguén abra a porta para que a temperatura baixe.

•.9. “este neno ten un pai”. Non se ofrece nada que achegue información nova. É interpretado coma un acto de fala indirecto, pode querer dicir: “non o agredas, que o vou defender” ou “o neno non necesita axuda, que ten un pai”.

•.10. “Mira un río sen auga”; “Mira un río con auga cristalina”. Estes son enunciados normais que ofrecen información relevante porque é raro atopar estas características nun río. “Mira un río con auga”. Xa non é un enunciado normal porque estamos transmitindo información xa coñecida para o interlocutor.

  1. CONCLUSIÓN: estes exemplos demostran que non chega o coñecemento do código e o significado dos elementos dunha lingua para interpretar as mensaxes, é necesario completala con información procedente do contexto ou da nosa experiencia co mundo (da natureza, culturais). Con isto resolvemos ambigüidades, establecemos hipóteses sobre a intención do emisor, completamos os significados das mensaxes... Do mesmo xeito, un emisor pode producir mensaxes ambiguos pero cunha intención. Ademais, a selección e combinación de elementos que levamos a cabo para construír unha mensaxe está determinada polo obxectivo da mensaxe, polo tema, pola distancia social que sentimos con respecto ao interlocutor (como consecuencia de patróns sociais, do sexo, do poder relativo que se lle atribúe aos participantes no acto comunicativo), do medio (lingua oral vs lingua escrita) e do grao de confianza, que vai marcar a selección duns elementos ou doutros para a construción da mensaxe.

▲ COMPETENCIA COMUNICATIVA

Este é un concepto introducido polo lingüista Dell Hymes en 1968 no marco da súa Etnografía da comunicación para dar conta do conxunto de saberes que cómpre posuír para “comunicarse por medios lingüísticos de maneira axeitada”. Ex: un neno dende pequeno adquire a competencia de saber cando falar, con quen, cando e onde; adquire a capacidade de avaliar os actos de fala doutros...

A COMPETENCIA COMUNICATIVA comprende máis saberes que os incluídos no concepto de LINGUA de Saussure ou no de COMPETENCIA LINGÜÍSTICA de Chomsky, que se corresponden practicamente co coñecemento do código.

A COMPETENCIA COMUNICATIVA abrangue:

-Competencia lingüística: consiste no coñecemento das regras fonético-fonolóxicas e gramaticais e do vocabulario dunha ou máis variedades dun idioma para ser capaces de producir e comprender enunciados dotados de significado.

-C sociolingüística: é a capacidade de producir e interpretar os enunciados co sentido axeitado á situación en que se producen. Na determinación do significado que posúe o enunciado dunha determinada situación (sentido) interveñen os significados establecidos no código, a intención comunicativa dos interlocutores (forza ilocutiva), as súas relacións sociais e afectivas, as súas características persoais e as condicións externas (escenario, tema, tipo de texto).

-C textual: é o coñecemento dos diferentes tipos de textos para poder crealos e interpretalos de forma coherente. Cada persoa ten unha competencia textual diferente, pero sempre hai unhas nocións mínimas. Hai que saber que é diferente a linguaxe que se debe empregar nun texto académico-científico, da linguaxe nun texto infantil. Do mesmo xeito, na fala é moi distinta a linguaxe dunha conferencia, que ten a intención de informar e convencer, á do discurso do parlamento.

-C táctica: é o dominio das estratexias verbais que prmiten compensar as interrupcións na conversa debidas a unha competencia lingüística insuficiente ou ás interrupcións no fluxo da comunicación a causa doutros factores. A súa adquisición resulta especialmente importante cando se aprende unha lingua distinta á materna.

-C sociocultural. O uso dunha lingua repousa sobre un entramado referencial que está parcialmente determinado polo contexto sociocultural en que a usan os seus falantes nativos. Polo tanto, o uso axeitado dunha lingua require