







Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: Lingua galega II, Profesor: , Carrera: Lengua y Literatura Gallega, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 13
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!








1) Lingua estándar e tipo de variedade
Tipo de variedade
Diastrática (estrato culto da sociedade) e diamésica (lingua escrita). De entre as diversas variedades sociolectais, é frecuente seleccionar a variedade das elites culturais, sociais, económicas e políticas, denominadas tamén variedades de prestixio. De entre as diversas variedades funcionais, ou rexistros, para a codificación gramatical e léxica é frecuente seleccionar a variedade máis fixa e tradicionalmente relacionada cos usos das capas sociais cultas (e ao mesmo tempo máis próxima ao estándar): a lingua escrita. De entre as diversas variedades xeolectais, é frecuente seleccionar a variedade da zona xeográfica onde se encontra o poder político ou económico dun país ou rexión lingüística.
2) Definición
Unha lingua estándar, estándar lingüístico ou variedade estándar(concepto que non debe ser confundido cos de norma lingüística, linguaescrita ou lingua literaria) é unha variedade amplamente difundida, e en xeral entendida por todos os falantes da lingua, frecuentemente é a forma usada na educación formal e a usada máis amplamente polos medios de comunicación. En moitos casos, aínda que non sempre, a forma estándar pode ser unha lingua planificada a partir do diasistema dunha lingua, co obxecto de obter un modelo de lingua unitario para o ensino, os usos oficiais e os usos escritos e formais, que á súa vez permita cohesionar política e socialmente o territorio onde é oficial.
Estándar e norma
Norma obxectiva ou usual
" a) Norma obxectiva ou norma usual (norme d’usage) : todo (sub)sistemalingüístico defínese pola presenza, frecuencia e pautas de distribución (segundo certos parámetros sociolingüísticos) dun determinado conxunto de trazos; o que é o mesmo, por unha norma obxectiva inherente e constitutiva, que ten carácter implícito e que se manifesta no uso. Neste senso, pois, a noción de norma remite ao corrente, ao normal en senso cuantitativo e descritivo, ás pautas observables na actividade lingüística dun grupo ou nunha situación comunicativa determinados. Así pois, toda variedade lingüística está definida por unha norma inherente: o normal -obxectivo no meu dialecto (galego) de orixe é pronunciar[“sEgho] e non [“cEgho] ou [“cEgo], igualmente, a norma dese mesmo dialecto maniféstase na pronuncia [novo] e exclúe a pronuncia [nOvo]; o mesmo acontece con [diso] e [sente] fronte a [dixo] e [xEnte], ti fixestes e non che vin fronte a ti fixeches e non te vin. Dito outramente, o meu dialecto orixinario é un (sub)sistema caracterizado precisamente por esas e outras variantes normais , e conxuntamente definen a súa norma obxectiva específica."
Norma prescritiva
" b) Norma prescritiva : esta noción implica a vixencia de determinados códigos de comportamento, entendidos como conxuntos de regras imperativas, instrucións e recomendacións contidas nun corpus metalingüístico (gramáticas, dicionarios, manuais e outros textos), por tanto, explícitas. É unha noción que remite ao normativo , o que se aconsella ou impón como ‘correcto’ –e correlativamente, o que recomenda como ‘aconsellable’ ou se tolera como ‘admisible’, ou ben o que se califica como‘desaconsellable’ ou se refuga como ‘incorrecto’–en nome dalgunha doutrina (no noso caso, dalgún‘ideal de lingua’, do que falaremos a seguir) e/ ou autoridade. A norma descritiva (o estándar-código) define a variedade padrón, ou sinxelamente o padrón lingüístico. A vixencia dunha norma prescritiva implica a existencia dun dispositivo ideolóxico e dun aparello institucional socialmente recoñecidos, con autoridade para definir o que é correcto (lexítimo) e con capacidade para impor o seu criterio (Bartsch 1987: 133-49). A vixencia das prescricións lingüísticas fúndase máis ben no que en termos gramscianos podemos denominar hexemonía (dominio consentido que non na coerción (dominación imposta e mantida pola forza). Isto significa que a vixencia da norma lingüística repousa nun consenso na avaliación das variantes e variedades no seo comunidade lingüística, un consenso que entre outras cousas se manifesta na asignación de sancións e recompensas simbólicas, outorgadas espontaneamente polos seus membos (xuízos implícitos ou explícitos, conscientes ou semiconscientes, do tipo que mal/ben fala fulano! ou Ben/mal dito! ). Así e todo, non se pode esquecer que para a inculcación xeneralizada da norma lingüística (especialmentena escrita) é fundamental o papel de institucións formativas, nomeadamente o sistema educativo, cun aspecto coercitivo, expresado en premios / penalizacións prácticas (por caso, unha mellor/ peor notanun exame a causa da ortografía)."
3) Características do estándar
•Como modelos de lingua artificiais e elaborados, apréndense tras longos anos de instrución. Así, o estándar do galego, en tanto norma supradialectal, non é un dialecto do galego, nin un diasistema. Tampouco é unha norma social ou norma usual, entendendo por norma usual o xeito particular do uso dalingua nun determinado grupo, sexa este social, xeográfico ou funcional. Se fose unha norma usual, habería multitude
6) Tipoloxías da estandarización no eixo diatópico.
Segundo a ou as variedades xeográficas que sirvan de base ao estándar, existen tres tipoloxías de estándar: unitario monocéntrico, unitario policéntrico (ou composicional) e pluricéntrico:
7) Estándar, ideal de lingua e conflito lingüístico
A creación dunha lingua estándar representa a miúdo o triunfo de certa variedade funcional, xeolectal ou sociolectal. A súa selección adoita ocasionar que outras variedades que difiren da estándar perdan prestixio social. Por iso nalgúns países a selección dunha lingua estándar pode xerar un conflito social e político, ao ser entendida como unha actitude excluínte. En noruegués, por exemplo: existen dous estándares paralelos, o bokmål, baseado parcialmente na pronunciación local do danés na época en que Dinamarca dominou a Noruega e o nynorsk, baseado en formas dialectais do oeste de Noruega. Pola súa banda, o italiano inclúe dialectos cuxa variación é maior da que exhiben as dúas versións do noruegués.
8) Variedades estándar das linguas modernas
Variedades estándar das linguas modernas O italiano estándar deriva da variante xeográfica usada en Florencia e non dodialecto romano. O francés tomou a variedade da Illa de Francia (París) como modelo estándar. O alemán estándar non se basea nunha cidade ou rexión específicas senón que foi desenvolvido nun proceso que durou varios centos de anos, durante o cal os escritores intentaron expresarse de forma tal de ser comprendidos nunha área o máis extensa posible. Ata principios do século XIX o alemán estándar era un idioma exclusivamente escrito, aprendido case como un idioma estranxeiro polos habitantes do norte do país, cuxos dialectos eran moi diferentes. O resultado foi que estes falantes intentaron pronunciar o alemán estándar seguindo coidadosamente a ortografía; esta forma do fala estendeuse máis tarde cara ao sur. Outras linguas estándar presentan menos complicacións. No inglés británico, a pronunciación estándar ( Received Pronunciation ) baséase no sociolecto dos internados privados. En Estados Unidos, o estándar aproxímase aos dialectos do norte do Medio Oeste.
Excluír a evasión cara á lingua medieval
Valorar a contribución do portugués peninsular e brasileiro, mais excluír solucións contrarias áestrutura lingüística do galego
Estándar ortográfico e morfolóxico
Estándar léxico
Estándar fonético
Criterios xerais Seguindo o razoamento dos parágrafos anteriores, e na liña dos traballos mencionados máis arriba como antecedentes (v. sección 2), a proposta que se presenta a través deste dicionario de pronuncia está baseada nas mesmas directrices do estándar escrito: a) continuidade coa lingua falada pola comunidade; b) actitude purista fronte á influencia do castelán; c) atención á extensión xeográfica e demográfica das formas consideradas; d) preferencia polas formas conservadoras fronte ás innovadoras; e) harmonía coas demais linguas romances e co portugués en particular, de maneira especial na adaptación de termos novos.
b) O camiño histórico cara ao estándar
1910 : Ribalta, Aurelio: “Nota sobre reforma de Ortografía gallega”, en Libro de konsagrazión. Feixe de poesias gallegas. Madrid: Sucesores de Hernando, pp. 137-
1929 : Couceiro Freijomil, Antonio: Ortografía gallega. Bases para su unificación. Con un apéndice del prof. Abelardo Moralejo. Ourense: Imp. La Popular.
1933 : Seminario de Estudos Galegos: Algunhas normas pra a unificazón do idioma galego. Santiago: Nós.
1965 : Otero, Carlos-Peregrín: “Con la benia de la Academia: apéndice sobre ortografía gallega”, Grial , 7, 24-47.
1966 : Carballo Calero, Ricardo: Gramática elemental del gallego común. Vigo: Galaxia.
1970 : Real Academia Galega: Normas ortográficas do idioma galego. A Coruña: RAG.
1971 : Real Academia Galega: Algunhas normas para a unificación morfolóxica do idioma galego. A Coruña. [Reedición en 1977 como Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Coruña: RAG].
1971-1974 : Instituto da Lingua Galega: Galego 1. | Galego 2. | Galego 3. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago. 1977 : Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego. Madrid: Anaya. ["[e]stas normas son o resultado dunha serie de seminarios filolóxicos semanais promovidos polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago, celebrados desdeNadal de 1976 a xuño de 1977. Neles participaron mestres, filólogos, escritores e sociolingüistas" (p. 3)].
1979 : Carballo Calero, Ricardo: Gramática elemental del gallego común. Vigo: Galaxia. [É a 7ª edición da obra de 1966].
1979 : Montero Santalla, X.M.: Diretrices para a reintegración lingüística galego- portuguesa. Ferrol: Ed. do autor.
1980 : Comisión de Lingüística-Xunta de Galicia: Normas ortográficas do idioma galego. Santiago: Xunta de Galicia.
1980 : Asociación Socio-Pedagóxica Galega: Orientacións para a escrita do noso idioma. Santiago: Xistral.
1982 : Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega: Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Coruña / Santiago de Compostela: Real Academi aGalega / Instituto da Lingua Galega. 1982 : Associaçom Sócio-Pedagógica Galega: Orientaçons para a escrita do nosso idioma .Ourense: Galiza.
1989 : Associaçom Galega da Língua: “Proposta normativa da AGAL”, en Estudo crítico das «Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego». A Coruña: AGAL, 181-284.
1995 : Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega: Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Coruña / Santiago de Compostela: Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega. 2003 : Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega: Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Coruña / Santiago de Compostela: Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega. 2012 : Real Academia Galega: Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Coruña: Real Academia Galega.
HISTORIA DO ESTÁNDAR LITERARIO GALEGO
Presupostos básicos da periodización "Para entender rectamente a nosa proposta, hai que ter en conta: (a) o paso dunha época a outra non se produce por salto, existe solución de continuidadeentre elas, polo tanto, existen períodos e obras de transición; (b) o desenvolvemento do galego literario contemporáneo é un proceso acumulativo: en cada época permanecen pegadas da anterior; (c) o avance dista de ser lineal: aparecen obras que anuncian claramente tendencias quesó se desenvolverán posteriormente, e hai momentos de recuamento non tanto no desenvolvemento da norma coma no do uso (especialmente, no período inmediatamente posterior á guerra civil)." (125)
característico é a reactivación dos mecanismos de creación de palabras (neoloxía) por medio da derivación e da metaforización." (140)
GALEGO PROTOESTÁNDAR
En Galicia o cultivo da lingua despois da guerra retómase a partir da décadados cincuenta. A situación de partida dánola o limiar de R. Piñeiro e C. Fernández de la Vega á traducción galega do Cancioeiro da poesía céltiga editado por J. Pokorny (Piñeiro & Fernández, 1952):
I) O galego non acadou unha fixación literaria plena.
II) A fixación debe facerse gradualmente sen violentalo normativamente.
III) O galego atópase aínda nun período de escolma e urbanización. IV) Non podendo establecerse unha clara liña entre o galego literario e o popular a seguinte fase será de unificación.
V) Conforme estas consideracións existe unha discreta variedade de formas e téndese a unha maior sinxeleza ortográfica
No que atingue ó léxico, notamos unha continuación das tendencias puristas do período anterior (co rexeitamento do castelanismo) e unha certa moderación nopulo diferencialista, á que contribúe a afluencia masiva de neoloxismos comúns (dogmatizar, enigmático, paradigmático) ou calcados do castelán (como desenrolo e subdesenrolo) e cultismos, que ineludiblemente aparecen no novos tipos de texto en que o galego é cultivado. Os vulgarismos continúan tendo cabida na língua literaria, aínda que se reduce a súa frecuencia. Isto débese a que o léxico patrimonial a penas aparece vulgarizado (ó reducirse drasticamente a frecuencia de variantes con vacilación novocalismo átono). O léxico culto aparece deformado no sentido do diferencialismo. Abundan os pseudogaleguismos: brilar , outo, condeado, abandoar, adoutriñar, aceitar, adxetivo, acramar, ademirar, autopeifeicionarse (AC); siñificativo, orgaización, coleitiva, ouxetivación, caráiter, adeministrar, ausolutistas, aititude,esceición, eleición, apricando, escrusivo, ouxecións (AEG). Como se ve polos exemplos, ó lado de formas vulgarizadas con vocalización en -u (de tipo popular) aparecen vocalízacións en -i. O influxo do portugués en que si se dan vocalizacións deste tipo nas palabras semicultas non debe ser alleo á súa extensión e xeneralización (por ultracorrección) dentro do galego.
A pesar do celo anticastelanista, continúan a escoar palabras castelás no galego literario, algunhas delas baixo disfrace galego: alacena / alacea, colador, bolsillo, buzón, cabildo, aiunas, clavixa, aficioado (AC); prantexamento, desenrolo, garantizar, inversión (AEG). Con relación á influencia da língua antiga, o galego de posguerra unicamente herda da etapa anterior (sen case innovar neste terreo) unha man de arcaísmos (abelaneira, conquerir, vegadas, coor, áer, capíduo, ren). Os lusismos son tamén na súa meirande parte herdados anque esporadicamente son introducidos algúnsmáis. De uso neste periodo son: estudo, gosto, nuben, bigode, cha, chefe, tencionar,cárrega, afastar. O máis destacable dos procedementos neolóxicos é a reutilización de palabra spopulares en contextos cultivados, de maneira que se amplía o campo significativo daquelas. Expresións insólitas ata esta época son as seguintes:
encetar a leitura, canle de comunicación, esculca centifica, o eido da economía, o miolo do noso problema, o aparello produtivo, as industrias fornecedoras de, esgazar a relación de dependencia, tecer as relacións (AEG).
Prescritivismo funcional e ilustrado Elasticidade "Un prescritivismo elástico, pois postula que as normas lingüísticas se ofrezan como orientacións para o comportamento lingüístico máis que imporse como ditames imperativos para o común dos falantes (cousa distinta é os falantes-modelo, coma os profesores, locutores, actores e personaxes públicos, con obrigas específicas econtextos de instrución formal)." (431-432) Relativismo "Relativista, pois proclama o valor pragmático e simbólico da diversidade da lingua, recoñece o valor de cada un dos estilos e variedades da lingua e asume o convencionalismo das variedades estandararizadas, ao tempo que admite que existen erros non só subóptimos, mais tamén superóptimos. A valorización das variedades vernáculas e dos estilos de comunicación informais implica que aparezan como tan inapropiadas variantes marcadamente informais en contextos formais como a inversa,variantes marcadamente formais en contextos informais." (432)
Gradación "Prescritivismo graduado, pois sostén que as prescricións teñen máis forza e validez para certos estilos de comunicación que para outros, e incluso que carecen de xustificación para algúns." (432) Proporcionalidade "Prescritivismo proporcionado, pois defende que a esixencia de conformidade á normativa non deben ser as mesmas para todos os falantes e todas as situacións." (432).
Purismo racionalmente motivado
"Canto ao purismo racionalmente motivado, xa Bartsch (2003: 40-41) argumentou a prol da xustificación dun certo conservadorismo lingüístico navariedade exemplar da lingua, en termos que non cómpre reiterar aquí. Fixemos invocación tamén da necesidade de defender o galego da presión poderosísimado castelán, que ameaza simplemente coa súa absorción e disolución." (432)
Norma suxectiva e ideal de lingua
"Algúns autores propoñen distinguir aínda outro tipo de norma, a que denominan norma subxectiva ou norma ideal, fundada nas actitudes e o sistema de valores en que estas se sustentan e que guían a avaliación subxectiva do desempeño lingüístico dos falantes ou acualidade dos textos. O certo é que a norma, “qualquer que seja, não pode ser compreendida apenas como un conjunto de formas lingüísticas [variantes]; ela é também(e principalmente) um agregado de valores socioculturais articulados com aquelas formas” (Faraco 2002: 39), de feito, o que atopamos é “um complexo entrecruzamento de elementos léxico-gramaticais e outros tantos de natureza ideológica” que no seu conxunto definen as normas (Idem, 41; véxase tamén de Castilho 2002)." (429) "A norma subxectiva non se confunde coa norma prescritiva, mais en todo caso pode dicirse que a segunda está fundada nun determinado ideal de lingua. Concretamente, en Galicia e en relación co idioma podemos distinguir tres grandes tipos de ideais de lingua, que se poden colocar nun continuum organizado nun eixo que vai da maior proximidade á maior distancia con respecto ao galego vernáculo:" (429)