Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Apuntes unidade 2, Apuntes de Periodismo

Asignatura: Producción da Información, Profesor: Berta García Orosa, Carrera: Periodismo, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2016/2017

Subido el 09/12/2017

saramtnez
saramtnez 🇪🇸

5

(1)

5 documentos

1 / 8

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
TEMA 2. COMO NACEN AS NOTICIAS?
A. A actividade do xornalista no medio
O xornalista ten a función de coller unha información para dar á
poboación. Como xa se dixo anteriormente, no xornalismo non
existe a obxectividade, o único que existe é a honestidade
profesional. O máis sinxelo é que o xornalista vaia a por unha
previsión simple, pero deberíamos buscar algo importante para
o cidadán. O xornalista busca unha serie de temas.
Rutina
Busca de feitos + escolma (selección)// traballar cos
feitos: fontes e documentación // elixe os elementos
importantes dos datos obtidos e edita // feed-back do
público.
“O traballo informativo transforma os sucesos en
acontecementos xornalísticos” (Tuchman)
Polo tanto, o xornalista busca feitos, recibe os que chegan
e escolma. En segundo lugar traballa cos feitos
seleccionados: fontes e documentación. Logo, escolle os
elementos importantes dos datos obtidos e edita a
posición no xornal (feed-back do público). Por último
temos unha información, alguna queda dentro e outra non
(o xornalista escolma e xerarquiza).
Pasos conversión acontecemento en noticia
1. Temos unha realidade
2. Dita realidade convértese nun acontecemento
xornalístico
3. Proceso de producción
4. Información publicada
Temos varias realidades
1. Todo o que acontece
2. A que chega ao medio, que pode ser, por unha
banda, a que chega directamente ao medio ou a
que o xornalista busca (realidade mediática/axenda
mediática).
3. A realidade publicada. Isto é unha pequena parte do
que coñecemos.
pf3
pf4
pf5
pf8

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Apuntes unidade 2 y más Apuntes en PDF de Periodismo solo en Docsity!

TEMA 2. COMO NACEN AS NOTICIAS?

A. A actividade do xornalista no medio

O xornalista ten a función de coller unha información para dar á poboación. Como xa se dixo anteriormente, no xornalismo non existe a obxectividade, o único que existe é a honestidade profesional. O máis sinxelo é que o xornalista vaia a por unha previsión simple, pero deberíamos buscar algo importante para o cidadán. O xornalista busca unha serie de temas.

• Rutina

Busca de feitos + escolma (selección)// traballar cos feitos: fontes e documentación // elixe os elementos importantes dos datos obtidos e edita // feed-back do público.

“O traballo informativo transforma os sucesos en acontecementos xornalísticos” (Tuchman)

Polo tanto, o xornalista busca feitos, recibe os que chegan e escolma. En segundo lugar traballa cos feitos seleccionados: fontes e documentación. Logo, escolle os elementos importantes dos datos obtidos e edita a posición no xornal (feed-back do público). Por último temos unha información, alguna queda dentro e outra non (o xornalista escolma e xerarquiza).

• Pasos conversión acontecemento en noticia

  1. Temos unha realidade
  2. Dita realidade convértese nun acontecemento xornalístico
  3. Proceso de producción
  4. (^) Información publicada

• Temos varias realidades

  1. Todo o que acontece
  2. A que chega ao medio, que pode ser, por unha banda, a que chega directamente ao medio ou a que o xornalista busca (realidade mediática/axenda mediática).
  3. A realidade publicada. Isto é unha pequena parte do que coñecemos.
  1. A realidade excluída: vai haber partes que non se van a publicar. Excluímos información por motivos profesionais (exemplo: non interesa á audiencia).
  2. A realidade silenciada: é a censurada. Non se publica por motivos non-profesionais. (Exemplo: presión política, casos de intimidade…)

B. O acontecemento xornalístico, noticia e enfoque

Un acontecemento é un feito, o obxecto da noticia. O feito ten que ser real. Un acontecemento xornalístico é un feito noticiable, ten que cubrir os requisitos para ser noticia. Debe interesar á audiencia. Se un acontecemento é ou non xornalístico é decidido polos propios xornalistas.

A noticia é un feito. Un suceso, un relato, unha información e un público. Segundo Fontecuberta, a noticia é un suceso que implica algún xénero de acción, unha información, onde se describe ou se relata a acción en termos comprensibles, e un público ao cal se dirixen esas noticias a través dos medios de comunicación.

O primeiro que imos recibir sempre van ser acontecementos, logo iremos decidindo cales deles poden chegar a ser noticia, e o seguinte paso é convertelos en noticia.

Exemplo: de 1000 acontecementos, 50 se converten en acontecemento xornalístico e 30 deses chegan a ser noticia. O proceso de selección é moi grande.

A primeira fase de producción non é a estrutura, senón o tema. O que vai decidir dito tema é o gatekeeper (“gardabarreiras”). Estes son os encargados de seleccionar os acontecementos que se van converter en noticia ou non.

Unha vez decidimos que un tema é noticia podemos darlle diferentes enfoques:

Exemplo: “Accidente bus Coruña-Sada”

Enfoque de suceso: ocorreu e xa está. Contamos como un suceso.

Enfoque político: se relacionamos este accidente de bus co resto de accidentes de buses ocorridos recentemente e o relacionamos á súa vez coa crise e a falta de diñeiro para financiar e mellorar o medio de transporte.

Á hora de elixir o enfoque dáse o problema de que non sabemos en que sección do xornal meter á noticia.

Unha derivación do xornalista como defensor é a de xornalista como guardián (watchdog) que investiga e denuncia as inxustizas, a corrupción, etc., que se dan nas instancias de poder da sociedade.

Dende a perspectiva crítica afírmase o papel manipulador da prensa nos países capitalistas. Schiller recolle 2 formas en que se materializa esta manipulación dos mass media:

a. Fragmentación da información: prodúcese unha visión focalizada da realidade. Ademais, a enorme cantidade de información que recibe un cidadán, colocando asuntos de grande trascendencia social con otros triviais, produce unha trivalización de contidos que son significativos. Non se chega a discernir cal é a información máis significativa, xa que esta información queda camuflada na sobrecarga de información.

b. A urxencia da información: a instantaneidade informativa é un dos principios do xornalismo, mais debilita a comprensión do receptor. A urxencia creada para dar a noticia tende a inflar e desinflar posteriormente a magnitude dos temas tratados.

3. O produtor da realidade social

A profesionalidade do xornalista baséase na capacidade do mesmo en saberse distanciar das relación do poder para explicar os acontecementos, é decir, non nos podemos deixar influenciar.

Danse 3 tipos básicos de relación entre o comunicador e o público:

a. Un modelo de dominación: o comunicador define o seu propio rol con respecto á audiencia de forma clara. Pretende imponer certas opinión e propósitos ao receptor.

b. Un modelo autista: o comuncador basea o seu traballo comunicativo nas súas destrezas profesionais e nos xuízos profesionais e técnicos dos seus colegas.

c. Un modelo de equilibrio/intercambio: neste modelo o comunicador trata de establecer

contacto coa súa audiencia sobre a base do desexo que ten o individuo de conectar cos otros. Prodúcese a resposta e o intercambio de coñecementos entre o comunicador e a audiencia. No modelo de equilibrio/ intercambio establécense as relación a través da comunicación cun público que comparte as ideas do comunicador.

Unha vez temos o tema podemos tratalo dende diferentes enfoques. (Exemplo: o presunto problema dos príncipes podemos metelo, ben en prensa rosa, ou ben nun tema de política se consideramos que pode supor un problema para a sucesión).

Teño que decidir en función do que lle interesa á audiencia.

Con respecto ao rol do xornalista como produtor de noticias con relación ao público, Tuchman afirma que a noticia tende a dicirnos que queremos saber, que necesitamos saber e que deberíamos saber. O xornalista non pode renunciar a ser el o que estableza que é noticia porque estaría renunciando á súa profesión. (As fontes poden pretender sinalar que é importante pero, en última instancia, é o xornalista quen decide).

C. Os valores noticia

Son un conxunto de criterios, operación de instrumentos cos que os aparatos de información abordan a tarea de elixir cotidianamente, entre un número imprevisible e indefinido de acontecementos, unha cantidade finita e tendencialmente estable de noticias.

Algúns deles:

  • Actualidade: todas as noticias teñen que ser de actualidade (os xéneros interpretativos e de opinión non teñen que ser actuáis). Outra excepción son os acontecementos atemporais como o botellón.
  • Novidade: algo de fai tempo que non se coñecía e se publica porque agora se coñece. (Exemplo: o rei quedou co presidente do Goberno onte/ Andersen foi visitar a Dickens mentres escribía os seus famosos contos).

A través do tempo, fóiselle dando un distinto tratamento á profesionalidade xornalística. Dende un estudo ao largo de diversas fases históricas foise vendo unha variación do rol do xornalista. A investigación dos medios de comunicación sobre a profesionalidade xornalística naceu a partir do gatekeeper, para engadir comparacións internas de cada nivel e interesarse nos nexos entre os diversos niveis. Dentro desta profesionalidade xornalística temos 3 modelos:

  • Gatekeeper
  • (^) Advocate
  • Rol do xornalista. O xornalista “obxectivo”: mecanismo a través do cal o Goberno, as institucións ou a élite política poden transmitir as súas propias opinións e interpretacións da realidade.

Temos que entender que estes 3 modelos de profesionalidade xornalística non son modelos que remplacen uns aos otros, senón que coexisten.

Poderiamos relacionar tales modelos coas correntes dos medios de comunicación:

  • (^) Funcionalismo: a idea do xornalista é a seguinte: seleccionar acontecementos para ser noticias. Posibles disfunciones: fonte engaña a xornalista e publica información falsa.
  • Crítica: os xornalistas non só transmiten información senón que son actores políticos que interveñen na realidade. É decir, o xornalista modifica a realidade co fin de espertar conciencias dos cidadáns.
  • Na interpretativa o xornalista se limita a analizar a realidade.

En realidade, no estudo sobre a profesionalidade xornalística discútese dende o concepto de obxectividade ata o modelo de información. Hoxe, temos un debate sobre a profesionalidade xornalística. Podemos entendela como profesionalidade como eslogan ou, por outra banda, a profesionalidade como práctica abertamente constructiva.

Na profesionalidade xornalística como eslogan, defínese positivamente a figura do xornalista, recualificando a función e a autonomía da figura profesional. O concepto de profesionalidade xornalística depende do país. Enténdese a competencia do xornalista como un mero servicio funcional. Aquí poderiamos nomear tamén o concepto dos que pensan que o xornalismo non debería ser unha carreira universitaria, senón un oficio.

Por outro lado, na profesionalidade entendida como práctica produtiva rutinaria, entendemos que o profesional da comunicación é un mediador de símbolos, unha persoa que traduce xestos, os coñecementos e os intereses de certa comunidade.

• Ética do xornalismo:

Temos que entender, en primeiro lugar, que a comunicación deshonesta non é xornalismo. Non é xornalismo todo aquilo que violes os principios deontolóxicos da actividade informativa. A ética é a única razón de ser do xornalismo, é a verdade, a esencia da información. Algúns din que unha prensa ética é o sustento dunha nación democrática. Ademais, na actualidade, na crise na que estamos inmersos, a cidadanía precisa dunha información veraz e libre que desempeñe na vida social o papel que lle corresponde. A día de hoxe, existen moitas medidas a nivel mundo para mellorar a calidade xornalística, entre as que podemos destacar “The ethical journalism initiative”, que é un intento por recuperar e consolidar os valores tradicionais do reporterismo orientado a implementar a calidade da información xornalística devaluado por, por exemplo, os recortes financeiros.

Por último, cabe destacar 2 conceptos. Por unha banda, os xornalistas non poden ser obxectivos porque son persoas e, en segundo lugar, debemos ter moi en conta que os xornalistas deben propocionar á poboación unha clara diferenza entre información e opinión, xa que é un dos dereitos fundamentais do receptor.