Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Apuntes unidade 3, Apuntes de Periodismo

Asignatura: Producción da Información, Profesor: Berta García Orosa, Carrera: Periodismo, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2016/2017

Subido el 09/12/2017

saramtnez
saramtnez 🇪🇸

5

(1)

5 documentos

1 / 9

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
TEMA 3. AUTOCENSURA: INFLUENCIAS EXTERNAS Á
INFORMACIÓN
Neste tema imos falar das inuencias e presións externas á
información, é dicir, todos aqueles factores que afectan
negativamente á información que chega ao público (todos estamos
condicionados). Pode pasar que algo que se ten que publicar, non se
publique, ou que algo que está publicado non sexa un feito
xornalístico.
Maxwell McCombs, na súa teoría sobre a axenda Setting (1977),
sinalou os seguintes ltros como inuencias á hora de publicar ou non
unha noticia:
Propiedade dos medios
Individuais
Organización do traballo
Ideoloxía
Fontes
Anunciantes; publicidade
A. Inuencias externas á información e autocensura:
Os factores actuais, denominados de autocensura, son as
inuencias das que nunca deberiamos facer caso á hora de
publicar unha noticia:
Propiedade dos medios:
Segundo quen sexa o dono do medio de comunicación, terá
uns obxectivos ou outros. Por exemplo: nos medios privados
o obxectivo é a obtención de benecio, polo que publicarán
aquilo que lle interese ao propietario. As empresas de
radiotelevisión, son empresas que teñen licencia do Estado,
polo que lle dan prioridade aos valores noticia. En función de
se é un medio público ou privado terá unha axenda
mediática ou outra.
Denición de axenda mediática: cantidade de temas
que tes que, posteriormente, elixirás ou non, seguindo
diferentes factores; temas que aparecen nos medios.
Por exemplo: se COPE fose da Igrexa, non trataría
temas do preservativo, do aborto, etc.
Individuais:
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Apuntes unidade 3 y más Apuntes en PDF de Periodismo solo en Docsity!

TEMA 3. AUTOCENSURA: INFLUENCIAS EXTERNAS Á

INFORMACIÓN

Neste tema imos falar das influencias e presións externas á información, é dicir, todos aqueles factores que afectan negativamente á información que chega ao público (todos estamos condicionados). Pode pasar que algo que se ten que publicar, non se publique, ou que algo que está publicado non sexa un feito xornalístico.

Maxwell McCombs, na súa teoría sobre a axenda Setting (1977), sinalou os seguintes filtros como influencias á hora de publicar ou non unha noticia:

  • Propiedade dos medios
  • Individuais
  • Organización do traballo
  • Ideoloxía
  • Fontes
  • Anunciantes; publicidade

A. Influencias externas á información e autocensura:

Os factores actuais, denominados de autocensura, son as influencias das que nunca deberiamos facer caso á hora de publicar unha noticia:

• Propiedade dos medios:

Segundo quen sexa o dono do medio de comunicación, terá uns obxectivos ou outros. Por exemplo: nos medios privados o obxectivo é a obtención de beneficio, polo que publicarán aquilo que lle interese ao propietario. As empresas de radiotelevisión, son empresas que teñen licencia do Estado, polo que lle dan prioridade aos valores noticia. En función de se é un medio público ou privado terá unha axenda mediática ou outra.

  • Definición de axenda mediática: cantidade de temas que tes que, posteriormente, elixirás ou non, seguindo diferentes factores; temas que aparecen nos medios. Por exemplo: se COPE fose da Igrexa, non trataría temas do preservativo, do aborto, etc.

• Individuais:

Cada persoa vai ter unha serie de mecanismos individuais (cultura, ideas, coñecemento previo, etc.), que van condicionar a súa selección sobre que é noticia e o tratamento que lle vai dar.

Exemplo: roda de prensa xinecólogos. Unha xornalista de TVE de 50 anos, pregunta sobre a menopausa (pola súa idade, este tema atínxelle moito), mentres que unha periodista de Antena 3 e outra de Tele5, ambas de 20- anos, preguntan pola píldora do día despois.

Exemplo 2: unha persoa de Madrid non fará unha noticia de Galicia da mesma forma que un galego, xa que non tería a mesma cantidade de información que este.

• Acceso aos feitos:

É fundamental que o xornalista chegue aos feitos, senón non pode facelos noticia (os sucesos aos que os xornalistas non teñen acceso, non son coñecidos). O xornalista non vai buscando feitos, acude a lugares fixos onde se producen feitos xornalísticos todos os días (isto trátase dun erro, xa que debería buscalos e non ir sempre ao mesmo lugar).

Aparece aquí o termo de “rede de escenarios”, que trata de explicar que nun entorno sempre vai haber uns sitios onde haxa sempre noticias (concello, Xunta, Parlamento, etc.) mentres que outros lugares (Alameda, Campus, etc.) se non ocorre algo excepcional non va haber noticia. A nivel España, ocorre isto con Galicia: a non ser que ocorra algo fóra do normal, non saímos.

• Xornalismo especializado:

Capacidade de comprensión dos feitos.

• Formato:

O formato condiciona a información en 2 sentidos: por unha parte, mediante a limitación do espazo (escoller unha noticia ou outra) e , por outro lado, encher espazos baleiros que teñen que estar cubertos. Non é posible que nun informativo se diga: “non hai noticias relevantes, pasemos ao tempo”.

Outro aspecto que condiciona ao xornalista en canto ao formato son os límites espazo-temporais. Estes, caracterizan o produto informativo e impoñen unha preselección antes de que sexan aplicados aos outros valores noticia. Os diarios manteñen normas máis ou menos ríxidas de maquetación

número de corresponsais. Isto leva á homoxeneización e a temas potencialmente interesantes que son olvidados.

As noticias que son compradas ás axencias son case iguais. Os titulares teñen máis independencia. Moitos xornais só responden a criterios de rendibilidade.

A inmediatez e a urxencia afectan á calidade da información. Por iso, moitos xornalistas recorren ás axencias. Ademais, sen contrastar. Polo tanto, mesmas fontes, mesmas citas e non recoñecemento da autoría das axencias.

A axencia EFE é unha empresa pública española, a diferenza de France Press e Reuters: ao Estado interésalle o control das axencias pola influencia que estas teñen sobre a información. Estanse adaptando ás novas tecnoloxías.

• Cultura:

Determinado acordo sobre as normas sociais, ideolóxicas... Exemplo: anteriormente ninguén publicaba nada sobre a monarquía (existía un pacto tácito). Neste caso, cabe falar do xenocidio ruandés. Tratan o tema do xenocidio en Ruanda dende un punto de vista racista, sen informar da verdadeira realidade. Ademais, os feitos non están contextualizados, o que dificulta a comprensión por parte do público. Podemos destacar á lectura de Mecanismos de creación de heroes e antiheroes: a través da forma en que redactas, podes caracterizar un personaxe. Inténtase manipular a visión dos lectores ofrecendo unha imaxe preconcibida dos distintos protagonistas dunha noticia. Outro mecanismo utilizado son os verbos. Exemplo: a Bush sempre se lle asocian verbos de acción que denotan dotes de mando e poder; a Bin Laden, atribúenselle verbos que nos fan velo como un ser acurralado, con escasas posibilidades de acción. Con todo isto, os medios acabaron perfilando a un heroe (Bush) e o seu antagónico, o antiheroe.

Ademais do consenso do que falabamos, a cultura inflúe nas características psicolóxicas e culturais do xornalista. A cultura chega a determinar se algo se cubre ou non (axenda setting) e como se cubre (framing).

A cultura inflúe á hora de abordar un tema xornalístico, tanto na creación, como na difusión.

• Convencións xornalísticas:

Dáse un cambio no rol do xornalista. Así, hoxe en día atopámonos con 3 tendencias:

  • O xornalista non pode ser obxectivo.
  • O xornalista ten que ser honesto.
  • O xornalista ideolóxico: ten que defender unha figura ata o fin.

Hai unha serie de convencións que non nos deixan redactar como queiramos. Un exemplo é que temos que escribir en forma de pirámide invertida (o máis importante vai ao principio).

• Vertebración:

É o esqueleto dos medios, onde imos introducir as diferentes noticias; organización dos medios, consecuencia da organización do traballo. Hai 4 tipos de ordenación (vertebración):

  • Temática: distribúe as noticias en función dos temas (política, sociedade, cultura, economía...)
  • Territorial: divide a estrutura das noticias a través do territorio (A Coruña, Lugo, Galicia, España...)
  • Mixta: combina as 2 anteriores (temática e territorial. Exemplo: sociedade Galicia). Nos informativos, polo xeral, existe unha vertebración mixta.
  • Caótica: non ten ningún tipo de estrutura. Organízanse en función de valores xornalísticos.

A vertebración pode ser consecuencia da organización do traballo, así como está moi ligada ao formato: se non teño unhas boas declaracións, a noticia non chegará a ser publicada.

• Demanda do público:

Hai moitísimos factores que determinan que se vexa un telexornal, por exemplo, non só a demanda do público. Ben porque nos interesa o contido, etc. Tamén os xornais non escriben en galego porque cren que o público non respondería ben, aínda que non hai probas.

A demanda do público pode ser un real ou un suposto. Case nunca se publica en función da demanda do público. Na TV si que temos o que coñecemos como “líderes de audiencia”.

Moitos medios non teñen estudos; moitas veces son suposicións dos gustos nas que inflúen outros factores. 3

• Publicidade:

Tes a maqueta do xornal, primeiro sempre vai a publicidade e logo metemos a información. Temos aquí xente que paga ao medio para darse a coñecer ou tamén para manterse. Exemplo: En El País é 60% información e 40% publicidade. A publicidade decide espazos e orienta temas.

• Relación cos sectores hexemónicos:

Propósito de informar ao público servindo ao interese de minorías (os políticos e as empresas queren estar nos medios de comunicación, todo o mundo quere estar nos medios de comunicación).

“Área de loita pola visibilidade”: loitan por aparecer, envían información para que se publique.

  • 1º sector: administración pública.
  • 2º sector: empresas.
  • 3º sector: sector privado sen ánimo de lucro: exemplo das cooperativas.

• Fontes:

Hai unha serie de fontes (actores) que buscan estar nos medios de comunicación. Van aos medios para conseguir visibilidade e espazo na opinión pública. Fonte é todo aquilo que nos achega información.

• Novas tecnoloxías da información e da

comunicación:

A tecnoloxía é fantástica, pero ás veces consigue que fagamos cousas que non están ben. As novas tecnoloxías van totalmente unidas ao formato: se eu teño unha noticia en Internet, ten que ter un vídeo, aínda que sexa absurdo. Ademais, observamos en Internet unha actualización constante. É imprescindible que poña un vídeo porque senón non parezo dixital: xa que teño tecnoloxía, utilízoa. Aquí, mencionaremos a lectura de O futuro do xornalismo (exemplo: satélite da TVG. Como costa diñeiro, utilízano, aínda que a información non importe).

O xornalismo vive nunha paradoxa cada vez máis pronunciada, nunca como ata agora a información fóra un ben tan abundante nin se consumira en tanta cantidade e

por tanta xente. Mais tampouco os medios viviran unha situación económica tan crítica e deficitaria.

Os medios sofren unha perda de ingresos porque a publicidade xa non precisa do soporte xornalístico.

Por outra banda, coa chegada de Internet e a revolución dixital, os xornalistas foron perdendo protagonismo, a audiencia tomou a palabra, xa que agora dispón das mesmas ferramentas de acceso á información e de medios de publicación online. Non obstante, as tecnoloxías non son substitutivas senón complementarias.

A raíz dos cambios na profesión, o xornalista convértese nun profesional multifuncional, versátil.

O único que pode frear agora a profesión e a industria é a súa propia obcecación (non aceptar as novas tecnoloxías).

As novas tecnoloxías non só condicionan o contido, senón tamén a estrutura (pirámide invertida).

En exemplos de abuso da tecnoloxía, atopamos a infografía, unha representación gráfica interactiva. Con ela, abusamos da tecnoloxía e desviamos o seu uso correcto e necesario.

B. Exemplo do conflito do Sáhara Occidental

Trata do modo no que a prensa española segue o conflito no Sáhara para ver se existe realmente unha axenda informativa internacional propia. A prensa española non trata a información do xeito que a tería que tratar.

A hipótese principal que se pretende demostrar con este ensaio é a desatención por parte da prensa española no conflito do Sáhara, en sintonía co desentendemento do goberno do conflito.

A análise dos principais xornais españois xunto con Le Martin confirma esta hipótese.

Os diarios menos próximos ao goberno amosan partes do conflito que a este non lle interesa amosar. Os máis próximos ao goberno non amosan isto. Por exemplo: El País preocúpase por non tocar o tema ou facelo alleo, mentres que Le Martin se preocupa por colocalo sempre na sección de Nacional. Na prensa española, en contraste con El País, ABC e El Mundo, circunscriben a Nacional máis información.

A dedicación de Le Martin en termos cuantitativos é moito maior que a do País, aínda sabendo que este publica máis, xa